Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega

on

  • 746 views

A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijóo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega, levados a cabo desde o propio goberno galego contra a ...

A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijóo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega, levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar.

Statistics

Views

Total Views
746
Views on SlideShare
439
Embed Views
307

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

7 Embeds 307

http://cartaxeometrica.blogspot.com.es 290
http://cartaxeometrica.blogspot.com.ar 10
http://cartaxeometrica.blogspot.co.uk 3
http://cartaxeometrica.blogspot.com.br 1
http://cartaxeometrica.blogspot.com 1
http://cartaxeometrica.blogspot.ch 1
http://cartaxeometrica.blogspot.pt 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega Presentation Transcript

    • A lexislatura do goberno do PPna Xunta de Galiza con Feijoocomo presidente caracterizousepolo desprezo e contínuos ataquesá lingua galega levados a cabodesde o propio goberno galegocontra a lingua que ten a obrigalegal de protexer e promocionar.Feijoo pasará á historia como oprimeiro presidente da Xunta deGaliza que lexislou contra o uso edereitos do galego.
    • Feijoo traballou arreo nadesgaleguización do noso paísartellando un plan deexterminio da lingua galegapara acelerar aínda máis oproceso de substitución dogalego polo español,aldraxando continuamente aopobo galego e a súa lingua.
    • Durante os 3 anos e medio de goberno do PP na Xunta de Galiza, non seconseguiu nin un só adianto para o galego. Pola contra, Feijoo, servo dacaverna españolista, empregouse a fondo para atacar ao galego e destruíra súa oficialidade.
    • Eliminou as Galescolas,desposuíndo así a Galizadunha rede de ensino infantilna lingua propia do país.
    • Aprobou un decretazo contra o galego reducindo, aínda máis, a presenzado galego na escola. O galego é o único idioma que ten prohibido o seuuso en determinadas materias de ensino.
    • Prohibiu que física,matemáticas, química,tecnoloxía, informática poidanser impartidas en lingua galega.Traslada a mensaxe ao pobo deque a nosa lingua “non vale”para as ciencias e tecnoloxías.
    • O PP na Xunta adquiriu unha aplicación informática, para unorganismo totalmente desgaleguizado como é a administración dexustiza, que impide usar o galego.O galego tampouco lles vale para a xustiza!
    • Modificou a Lei da Función Pública Galega para que as/osempregadas/os públicos non teñan aobriga de demostrar o coñecemento do galego.Como se garante o noso dereito a sermos atendidos en galegose non é obrigatorio o seu coñecemento?
    • Feijoo axfisiou aos medios decomunicación impresos queusaban o galego (Xornal.com,Galicia Hoxe, A Nosa Terra...)até facelos desaparecer porfalta de axudas públicas...agásao xornal conservador “La Vozde Galicia”, a quen inxectasuculentas cantidades de cartospúblicos sen facer uso dogalego.
    • Tirou ao lixo milleiros de libros de texto valorados en 3,8 millóns €polo “gran delito” de estaren escritos en lingua galega!
    • Feijoo ameaza con derrogar a Lei de Normalización Lingüísticaaprobada por unanimidade no Parlamento Galego hai 30 anos.Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como única formaoficial a galega e volver á toponímia franquista (Arteijo, Puentearenas,Rianjo, Puertosín, Chandreja de Queija...)
    • Deturpan barbaramente anosa toponímia.O Conselleiro de CulturaRoberto Varela, pronuncioupublicamente en FITUR(Madrid) “Desván de losMonjes” e “Toro” para sereferir ás nosas vilas de“Sobrado dos Monxes” e“Touro”.Tampoco os nomes das nosasvilas lles valen!
    • En febreiro de 2009, representantes do PP (Carlos Negreira, AlfonsoRueda, Corina Porro...) percorreron as rúas compostelás xunto a Galicia Bilingüe, Falange Auténtica, Víctimas del Terrorismo...nunha penosa evergoñenta manifestación de odio e racismo lingüístico onde se corearon frases contra a lingua galega.
    • De maior gravidade, se cabe, foi cuestionar mediante a censura de textos escolares, que o galego é a lingua propia de Galiza!
    • O desprezo do PP pola nosa lingua é tal que Feijoo non tivo ningún tipode reparos en burlarse dun dos grandes símbolos da nosa identidadenacional, Castelao, traducindo ao español no Parlamento Galego ofamoso discurso “Alba de Groria” que Castelao pronunciou no exilio.
    • O PP continúa reproducindo oesquema de autoodio que aopobo galego lle foron inculcandohistoricamente os seusantecesores ideolóxicos e queCastelao denunciaba en“Sempre en Galiza”: “Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dosnosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falargalego era falar mal e falar castelán era falar ben”.
    • Mais a galegofobia non poderá con nós. A Mesa pola NormalizaciónLingüística, símbolo e orgullo dun pobo que non se resigna a que anosa lingua sexa ninguneada, é a maior asociación cultural do país edesenvolve un traballo firme, inquebrantábel e continuado na defensada lingua desde hai máis de 25 anos.
    • Como resposta ás medidas regresivas que no ámbito da lingua e dacultura estaba a aplicar o goberno de Feijoo, A Mesa impulsou aplataforma unitaria Queremos Galego, formada por máis de 700entidades de todo tipo coa vontade de articular unha ampla respostacolectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego.
    • A convocatoria de Queremos Galego o 18 outubro de 2009 supuxo a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores mobilizacións de toda a historia de Galiza reunindo a máis de 100.000 persoas.
    • Movámonos a favor de aquilo que nosune e identifica, que nos sitúa ás galegase aos galegos no mundo no mesmo nivelque ás outras culturas do planeta, aquiloque nos fai universais: a nosa lingua.Non permitiremos que o PP continúelexislando contra a lingua galega,desprotexendo os nosos dereitoslingüísticos ou cuestionando consensosbásicos arredor do idioma, que tantotraballo custou construír.
    • Continuemos loitando polos nosos dereitos lingüísticos que como pobonos corresponden, polo dereito básico de podermos vivir en galego nanosa propia terra. E ese día non ha tardar en chegar, pois como ben dixoo noso gran poeta nacional, Uxío Novoneyra: A FORZA DO NOSO AMOR NON PODE SER INÚTIL.