Presentacion Ames
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Presentacion Ames

on

  • 1,292 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,292
Views on SlideShare
1,290
Embed Views
2

Actions

Likes
1
Downloads
2
Comments
0

1 Embed 2

http://static.slideshare.net 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Presentacion Ames Presentacion Ames Presentation Transcript

  • Concello de Ames
    • -  Provincia A Coruña
    • -  Comarca Santiago de Compostela
    • -  Capital Bertamiráns
    • -  Distáncias 74 Km a La Coruña
    • - Superficie 80,04 km ²
    • - Parroquias 11
    • - Población 24.553 hab.
    • -  Densidade 306,76 hab./km²
    • - Xentilicio Amaense
  • Situación xeográfica
    •   O Concello de Ames está situado no Sudoeste da provincia da Coruña, na comarca da Amaía, limitando cos concellos de Santiago, Val do Dubra, A Baña, Brión e Teo.
  • O clima
    • O clima do concello de Ames está moi matizado pola súa localización nun val, sendo os invernos suaves e os veráns calorosos. As chuvias concéntranse fundamentalmente nos meses de outubro a maio.  
  • Espazos naturais
    • O val de orixe fluvial de Amaía, asentado sobre un amplo macizo granítico percorrido polo río Sar,
    • é un dos espazos de
    • maior valor paisaxístico
    • do municipio.  
  • Parroquias
    • Agrón (San Lourenzo) Poboación : 508 habitantes Superficie: 7,24 km2 Ameixenda (Santa María) Poboación : 381habitantes Superficie: 11,09 km2 Ames (San Tomé) Poboación : 1.461 Superficie: 16,43 km2 Biduído (Santa María) Poboación : 9.692 Superficie : 5,8 km2 Bugallido (San Pedro) Poboación : 1.384 Superficie : 8,04 km2 Covas (Santo Estevo) Poboación : 682 Superficie : 5,86 km2
    • Lens (San Paio) Poboación : 96 Superficie : 1,64 km2 Ortoño (San Xoán) Poboación: 6.465 Superficie : 9,03 km2 Piñeiro (San Mamede) Poboación : 279 Superficie : 6,14 km2 Tapia (San Cristovo) Poboación : 143 Superficie : 2,9 km2 Trasmonte (Santa Mariña) Poboación : 466 Superficie : 5,8 km2
  • Calendario de Festas
    • San Marcos. Ames (25 de abril)
    • Santa Lucía. Bugallido (2 de maio)
    • Virxe do Maio. Biduído (30 de maio)
    • Santo Antonio. Trasmonte (11 de xuño)
    • San Xoán. Ortoño (24 de xuño)
    • San Pedro. Bugallido (29 de xuño)
    • Virxe do Carme. Bugallido (17 e 18 de xullo)
    • Virxe da Madalena. Milladoiro (5, 6 e 7 de agosto)
    • Santo Estevo. Covas (3 de agosto)
    • Santa Mª Madalena (1 domingo de agosto)
    • Virxe do Carme. Covas (5 de agosto)
    • Virxe da Peregrina. Bertamiráns (12, 13 e 14 de agosto)
    • San Lourenzo. Agrón (10 de agosto)
    • O Sacramento. Agrón (11 de agosto)
    • San Roque. Agrón (12 de agosto)
    • Nosa Señora. Trasmonte e Biduído (14 ao 17 de agosto)
    • O Santísimo. Piñeiro (22 de agosto)
    • Santa Mariña. Ameixenda (28 e 29 de agosto)
    • San Paio. Lens (5 de setembro)
    • Santa Filomena. Ortoño (5 de setembro)
    • Natividade de María. Trasmonte (8 e 9 de setembro)
    • Nosa Señora do Corpiño. Oca (18 de setembro)
    • As Mercedes. Lapido. Ortoño (24 de setembro)
    • Santo Andrés. Agrón (2º sábado de outubro)
    • Virxe do Rosario. Agrón (2º domingo de outubro)
  • Economía
    • Un terzo da poboación dedícase a actividades do sector servizos. Ames conta con 1.000 microempresas, 40 pequenas e medianas empresas con menos de 250 asalariados e arredor de 1.000 establecementos. En canto á clasificación por condición xurídica, arredor de 700 empresas están creadas por persoas físicas, 300 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Case 900 empresas dedícanse ao sector servizos, preto dun cento á construción e outras tantas á industria. Existen 218 establecementos comerciais cunha superficie media de venda de 83 metros cadrados e 229 explotacións bovinas con 1.600 cabezas de gando. Por estrato de asalariados, hai máis dun milleiro de microempresas, 40 pequenas e medianas empresas (de 10 a 249 traballadores), unha entidade cun cadro de persoal superior aos 250 empregados e preto de 1.000 establecementos. Os datos de ocupación dos habitantes por sectores sinalan que case 200 se dedican á agricultura, 20 á pesca, preto de 1.000 á industria, 1.000 á construción e máis de 6.000 ao sector servizos.
  • Xeografía Física
    • Orografía
    • O mapa físico artéllase sobre un terreo ondulado, irregular e abrupto na metade septentrional do municipio e con suaves desniveis na zona meridional. A rede fluvial estrutúrase ao norte dende o Tambre e pola metade sur discorre o Sar con afluentes como o Pasos ou Armeiro. Os tramos da marxe esquerda transcorren principalmente por zonas sombrizas e os da marxe dereita por solana. No río Tambre hai aluvións cuaternarios dispostos en forma de terrazas fluviais. O Espiño, con 424 metros de altitude, ou o Pedrouzos, con 385 metros, son elevacións da Serra de Ameixenda. Cara o sur, onde a orografía é máis suave sobresae a Pena Mosqueira con 252 metros sobre unha terra fértil e de boa calidade para o aproveitamento agrícola.
    • Xeoloxía
    • Predomina o granito de dúas micas, que se estende no mapa xeolóxico de Pontealbar, Espiñeira a Bertamiráns; as migmatitas granitoides na zona de Roxos e cara á Escravitude e encóntranse abondosos depósitos arxilosos de rochas sedimentarias nunha pequena área de Bertamiráns.
  • Arquitectura popular
    • Cruceiros
    • Os cruceiros son monumentos que adoitan situarse nas encrucilladas de camiños, nas lindes de parroquias, nos adros de igrexas e casas nobres. Constan dunha cruz monumental con iconografía relixiosa no anverso e no reverso, capitel decorado, columna ou varal, pedestal e plataforma con escaleiras en forma de pirámide truncada.
    • Petos de ánimas
    • Os petos de ánimas son construcións tradicionais que enmarcan unha representación das ánimas do purgatorio cun peto esculpido que dispón dunha porta de ferro cunha rañura para botar moedas.
    • Pombais
    • Os pombais son construcións circulares ou poligonais destinadas a criar pombas que xeralmente forman parte das casas nobres e rectorais. Dispoñen de paredes de cachotería de pedra recuberta dun lucido branco, tellado con buratos, orientados cara a zona protexida do vento, que permiten a entrada e saída das aves cun pousadoiro que circunscribe o perímetro da construción.
    Fontes Unha das construción populares máis estendidas son as fontes. Xeralmente eran resultado dun traballo comunal e o seu coidado e mantemento correspondía igualmente á comunidade. En Ames hai dous tipos de fontes: a fonte de manancial ou mina e a do fonte de cano. Lavadoiros Os lavadoiros públicos construíronse co aproveitamento da auga sobrante das fontes, que circula dun estremo ao outro. Teñen forma rectangular cunha plataforma de pedra inclinada cara a auga para refregar a roupa, que remata nunha canle para depositar o xabrón. As súas dimensións varían en función do núcleo de poboación ao que daban servizo. Os máis antigos carecían de cuberta. Muíños Os muíños son edificacións que constan dunha canalización de auga cunha presa, unha canle e un cubo, un sistema de aparellos artellados para conducir o gran como son a trabe, os paos de moenga, a quenlla e o cacarexo e, finalmente, unha moa rotatoria para trituralo e convertelo en fariña. Cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes, lavadoiros e muíños constitúen unha parte destacada da arquitectura popular, da que Ames ten numerosas representacións asociadas á etnografía, ás crenzas e ás formas de vida ancestrais que foron adaptadas ao uso cotiá actual cun compoñente de identidade cultural.
  • Como chegar
    • A cabeceira municipal do concello de Ames, Bertamiráns, está a tan só 9,8 km de Santiago de Compostela. O outro núcleo urbano amiense, O Milladoiro, dista 5,8 km da capital de Galicia. As principais vías de comunicación entre a Santiago de Compostela e Ames son a C-543 que vai a Bertamiráns e a N-550 que pasa polo Milladoiro.
  • Distancias
    • By: Angel Mariño Pampín
    106,2km. Bertamiráns - Ourense 107,4km. Bertamiráns - Lugo 99,2km. Bertamiráns - Ferrol 79,3km. Bertamiráns - Vigo 53, 1km. Bertamiráns - Pontevedra 70, 1 km. Bertamiráns - A Coruña