Linguas de diáspora

199 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
199
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Linguas de diáspora

  1. 1. Linguas de diáspora
  2. 2. Índice 1. ¿Que é unha lingua de diáspora?. Diferenciación entre cales se consideran neste texto linguas de diáspora e cales non. 2. Escolma e descrición das seguintes linguas de diáspora: sefardí, arromanés, meglenorromanés e romaní. Situación en que se atopan.BibliografíaCaballero Rodríguez, O. “Aproximación sociolingüística a la comunidad gitana rom deColombia” en Condicionamiento de la Expresión a Necesidades Mnemotécnicas en losRelatos de la Tradición oral de la Comunidad Gitana Rom de Colombia, FORMA YFUNCIÓN 14 (2001), páginas 67-82. Departamento de Lingüística, UniversidadNacional de Colombia, Bogotá. D.C.Costas, X.H. “O Arromanés e meglenorromanés” en Guía das linguas de Europa,Santiago de Compostela, 2002, Edicións Positivas.Jiménez González, N. “¿El romanó, el caló, el romanó-kaló o el gitañol? Cincuenta ytres notas sociolingüísticas en torno a los gitanos españoles” en Anales de HistoriaContemporánea, 2009, Nº 25. Edicións da Universidade de Murcia. P. 149-161.Matras, Y.; Reershemius, G. “Standardization Beyond the State: The Cases ofYiddish, Kurdish and Romani” en Standardization of nacional languages/ Symposiumon language standardization, Von Gleich, U.; Wolff, E. (eds.). Hamburgo, 2-3 Febreiro1991. Unesco Institute for Education, 1991. P. 103-123.Salinas Catalá, J. “Un viaje a través de la historia de la escolarización de las gitanas ygitanos españoles” en Anales de Historia Contemporánea, 2009, Nº 25. Edicións daUniversidade de Murcia. P. 165-166.Bibliografía consultada para o sefardí:http://www.proyectos-saluda.org/index.php?option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1olhttp://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladino1.htmhttp://www.proel.org/index.php?pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoespahttp://www.lateinamerika.uni-koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf 2
  3. 3. ¿Que é unha lingua de diáspora?. Diferenciación entre cales se consideranneste texto linguas de diáspora e cales non. Entendo neste texto como linguas de diáspora aquelas que pertencen a unhacomunidade de persoas que está espallada por distintas rexións da xeografía terrestre eque as súas linguas non están recoñecidas oficialmente nos distintos estados onde estánintegradas esas comunidades (nin recoñecidas oficialmente no lugar de orixe). Algunhasnun momento da historia foron comunidades emigradas, outras simplemente estándacabalo entre fronteiras políticas distintas (e non recoñecidas en ningún dos paísesonde está distribuída a comunidade). É dicir, distingo dous tipos de linguas de diáspora:(i) a migración dunha comunidade de falantes dunha mesma lingua cara a destinosdistintos e asentándose nese destino coa preservación da lingua e cultura de orixe,formando nese novo destino unha propia comunidade lingüística e cultural nonrecoñecidas; (ii) linguas que quedaron partidas por fronteiras administrativas, que nonestán recoñecidas e que son minorizadas nos estados en que se reparten. “Linguas de diáspora” é un termo tirado do inglés diaspora languages, onde seintegran estas linguas. Tamén se poden recoñecer como linguas desterritorializadas (porfalárense en varios estados) ou mesmo linguas sen estado. Son linguas en situación de minorización, que apenas se serven ou non se servende organismos para a súa regulación, defensa ou recoñecemento oficiais. En moitoscasos as comunidades de falantes destas linguas sufriron procesos de marxinación ouexclusión, polo que o sentimento de identidade foi sempre moi forte para estas persoas.Isto fixo que a mantenza da lingua e consecuentemente da cultura que acompaña a esalingua se fixese posible. Cando falamos de linguas de diáspora podemos estar pensandoen linguas con pouco potencial de falantes ou case extintas, pero vemos que isto é moidispar: o romaní, a lingua dos pobos xitanos, calcúlase que ten arredor duns 5 millónsde falantes. O sefardí ou xudeu-español, e o arromanés, que xunto coas anteriores sonas linguas tratadas neste texto, gozan dunha saúde bastante máis delicada: 150.000 e300.000? falantes aproximadamente. O meglenorromanés tan só é falado por arredor de10.000 persoas. Estas catro últimas van ser as linguas sobre as que hei falar. Aínda que aquí me remita unicamente a linguas faladas en Europa e mesmo enSudamérica (ata onde chega o sefardí e tamén o romaní), a situación de linguas dediáspora esténdese por Asia, América, e África. A modo de cita cabe destacar asituación do aleutiano, unha das linguas esquimós, que se fala dende Rusia ata EE UU e 3
  4. 4. Canadá e que non ten ningún rango de recoñecemento oficial. En 1995 posuía 305falantes (http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_aleutiano). En África a situación de linguas de diáspora é abundante, como en Asia: porcitar algún exemplo como o idioma berta (falado en Sudán e Etiopía, non recoñecidonin regulado), como o tamazight, falado por xente bérber en Marrocos e Alxeria e queconta cuns tres millón se medio de falantes. Linguas que están na mesma situación enAsia: o xavanés, é unha lingua falada por 80 millóns de persoas entre Indonesia,Malaisia, Timor Oriental, Nova Caledonia e Surinam (Sudamérica) pero que non tenrecoñecemento oficial nin regulación algunha. Polo tanto, tan só considero neste traballo como linguas de diáspora aquelas quenon teñen recoñecemento oficial, ou que teñen un lixeiro recoñecemento pero que nonestán integradas no sistema educativo e non se promove por parte das administraciónsningunha acción por integrala na sociedade (por exemplo o caso do sefardí, ou oarromanés, que se recoñece en Macedonia como “lingua minoritaria”, é unrecoñecemento insignificante, tan só de papel e véxase con que categoría ). Sofren todaso fenómeno da minorización lingüística, e nalgúns casos marxinacións e represións dosfalantes de arromanés, meglenorromanés ou romaní. É dicir, dentro do malo, estas tresúltimas están no eslavón máis baixo, e todas nun grave perigo de desaparición. Escolma de linguas de diáspora, descrición das linguas e situación en que seencontran. O sefardí: É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia Hercegovina, Grecia,República de Macedonia, Bulgaria e Marrocos. Conta na actualidade cuns 150.000falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a súa subdivisión é a seguinte: é unhalingua románica, do grupo occidental, ibérico, coñecida como xudeu-español. Está recoñecida por Israel e regulada pola Autoridade Nasionala del Ladino,situada en Israel. Ladino é un dos nomes polo que se coñece a esta lingua. Comezou achamarse así porque se traducía os libros da liturxia hebrea, inintelixibles para moitospracticantes, á forma latina do castelán medieval. Os sefardís foron os xudeusexpulsados da Península Ibérica que refusaron converterse ó catolicismo (RR CC,Edicto de Granada, 31 de Marzo de 1492), e que levaron consigo a lingua que falaban etransmitírona ata a actualidade. Pode dicirse que é un español antigo, que apenasevolucionou. É unha lingua diferente pero totalmente intelixible. 4
  5. 5. O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo Sefarad identifícase coaPenínsula Ibérica. É un nome biblíco que aparece no contexto de cando a destrución deXerusalén, moitos xudeus foron expulsados a Sefarad. Hoxe crese que a identificaciónSefarad- Península Ibérica é falsa. Os sefardís a maioría das veces refírense á súa linguacomo espanyol (grafía propia). O termo “xudeu-español” fíxose necesario paradistinguilo do español moderno. Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en perigo de morte, poisa perda nas comunidades sefardís é progresiva quedando restrinxida ó ámbito familiar,que en moitos casos non o transmite. En Israel acontece o mesmo, aínda que algúnsdescendentes están intentando recuperala como apunto máis adiante. Aquí coma enEspaña o único que hai son institucións que fan algunha promoción da lingua. AAsociación Nasionala del Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en xudeu-español, Aki Yerushalayim ("Aquí Xerusalén"), a radio Kol en Israel emite en Sefardí;en España tamén hai un medio de comunicación que promove o xudeu-español: RadioExterior de España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de 20 anos noaire. O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión (Beerseba, Israel) leva unimportante labor docente de axuda á preservación do xudeu-español, onde nestauniversidade se imparten clases deste idioma.. http:// www.youtube.com/watch?v=4izbvb4k2R0 Na actualidade podemos dicir que o xudeu-español é un conxunto dialectal quepresenta dúas modalidades: oral e escrita. A oral divídese en dous grupos: a varianteoriental, falada polos xudeus sefardís que partiron cara a Portugal, Países Baixos, Italia,Península Balcánica e Imperio Otomán, mantida actualmente en Israel, Turquía e algúnspaíses balcánicos. En Israel está habendo unha certa recuperación por parte dosdescendentes de sefardís que emigraron a Israel trala creación do novo estado. A variante occidental, coñecida como haketía (falada polos xudeus sefardís dazona norte de Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla), con moito préstamo doárabe. A lingua de tradución do hebreo dos textos sagrados, é o ladino, que tamén se lleaplica á lingua vernácula pero que en orixe era a forma de designar á tradución de textoslitúrxicos, que tamén se coñece como xudeu-español calco. Trala chegada dos sefardís ó Imperio Otomán, permitíuselles preservar a súalingua, convertéronse na burguesía dos lugares que habitaban sendo a comunidade máis 5
  6. 6. influínte. Isto propiciou a mantenza da idioma, e fixo que os continuos expulsadosespañois ó chegar a estes lugares seguiran mantendo a lingua, ademais de castelanizarós xudeus que eran nativos dos lugares do Imperio Otomán. Nesta etapa calcúlase quepodería haber uns 350.000 sefardófonos. No século XIX co auxe dos nacionalismoscomezou a perseguirse, infravalorarse e minorizarse, era a lingua dunha comunidadenon nativa e chocaba coa ideoloxía que comezaba a ter auxe. Co exterminio nazimorreron o 90% dos falantes. Trala formación do estado de Israel, os sefardís que caraalí emigraron viron que podían manter a súa lingua dentro dun mundo hebraico e xudeue seguírona transmitindo, chegando na actualidade a uns 100.000 falantes en Israel. Uns15.000 en Turquía e o resto dividido nos restantes países onde se fala, chegando arredorduns 150.000 falantes na actualidade. Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do xudeu-español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, onde se conseguiu naUniversidade de Ben Gurión chegar a impartirse. Hai filólogos que optan pornormalizar o sefardí tomando a base do castelán estándar do que se toma numerosovocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e eslavos. Hai desconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súaproximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por asimilarse totalmenteó castelán moderno. A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos, que nontransmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo, pois senten que non énecesaria xa que os seus fillos cobren as súas necesidades coas linguas do territorioonde está a comunidade. Hai publicacións constantes en sefardí e ten unha literatura considerable,ademais de contar con literatura popular e de tradición oral moi numerosa para asituación en que está e en que estivo. O arromanés: o arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (romanésde Macedonia), é a lingua máis arcaizante con respecto o grupo dacorrománico do queforma parte. É unha lingua románica, do grupo oriental, onde están as linguasdacorrománicas (istriorromanés, romanés, arromanés e meglenorromanés). É unhalingua desprazada, e mesmo negada polos seus falantes, dada a represión que sufrironno século XX. Non se pode dar unha cifra exacta dos falantes actuais e tampoucoaproximativa, porque as cifras bailan entre 150.000 falantes e 1.500.000. Ten 6
  7. 7. comunidades de falantes en Grecia (quizais a máis numerosa), en Macedonia, enBulgaria, en Albania, en Serbia e en Romanía. Antes da I Guerra Mundial os arromaneses tiñan os seus propios estados dentroda Grande Valaquia e Pequena Valaquia (Macedonia e Grecia respectivamente).Despois da contenda quedaron divididos en catro estados. Tan só foi recoñecido enGrecia, pero despois da II Guerra Mundial reprimiuno duramente, houbo un proceso dehelenización cultural fortísimo (goberno dos ultranacionacionalistas gregos). A chegadade refuxiados gregos que foran expulsados de Turquía e instalados no norte de Grecia, oéxodo ás cidades, a administración grega e a escolarización grega fixeron que ascomunidades arromanesas e meglenorromanesas quedasen estragadas. Os nomes,apelidos, topónimos... foron helenizados. En 2001 o Tribunal Superior grego condenouó activista cultural arromanés Sotiris Bletsas por distribuír documentos oficiais da UEen que se reclamaban a normalización do arromanés en Grecia. Os arromaneses na súamaioría practican a relixión Ortodoxa de rito grego, por iso en Albania e Macedonia, osmembros das comunidades arromanesas son considerados gregos de lingua romanesa(non arromanesa) e incluídos entre as minorías gregas. En Macedonia, Bulgaria e Serbiason asimilados ás minorías romanesas que hai nestes estados (a pesar de ser recoñecido 7
  8. 8. en Macedonia como lingua minoritaria). En Romanía considéranos “romanesesretornados”. En resumo, ou son considerados gregos por relixión, ou romaneses porproximidade lingüística. De aquí podemos tirar a conclusión do misterio que hai entorno o número de cifras. O meglenorromanés: é unha lingua romance oriental (grupo dacorrumano) quese fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur da República de Macedonia. Osfalantes deste idioma chámanlle á súa lingua vlaheshte (valaco) (en Grecia este nometen un matiz pexorativo e despectivo, significa parvo), mentres que en romanés, do calmoitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por un intervalo que vai das cinco mil ás doce mil persoas,principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ó nordeste de Salónica emenos falantes hai na República de Macedonia, situados ó pé da fronteira gregapróxima ó Meglená. Cando rematou a Primeira Guerra Mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara a Romanía establecéndose en Cerna, distrito de Tulcea.Como ten moita afinidade lingüística co romanés, acabou asimilándose a este idioma enRomanía. Os meglenorromaneses viven nunha rexión comprendida entre a cidademacedonia de Gevgelija (con 1500 falantes) e a zona grega de Meglen, nos arredoresdas cidades de Notía, Skra, Koúpa, Períklea e en localidades serbias: Jabuka, Kacharevoe Gudurica, no sueste de Voivódina e próximas a Belgrado. Na zona fronteiriza Grecia –Macedonia fálano unhas 6.000 persoas. Durante a guerra civil grega (1946-49) osmeglenorromaneses tiveron que marchar a países próximos. Algúns que volveronestablecéronse no sur de Macedonia. Os que quedaron en Grecia tiveron que ocultar osseus nomes para evitar represalias do goberno dictatorial grego, por iso se pensa queseguramente se fala máis meglenorromanés do que deitan á luz as estatísticas. Os arromaneses e meglenorromaneses teñen por segunda lingua (ou primeira nasxeracións máis novas) a lingua do estado en que viven. O 24 de xuño de 1977 oConsello de Europa instou ós países balcánicos a teren en conta ós arromaneses nomomento de asinar, ratificar e aplicar a Carta Europea das Linguas Rexionais eMinoritarias, pero, na práctica, isto nunca aconteceu. Os movementos culturaisarromaneses sitúanse na emigración (Francia e Estados Unidos), onde fan publicaciónspara que cheguen ós territorios desta fala. Ambas as dúas linguas están nunha posiciónmoi feble e corren grave risco de desaparecer. A Asociación Arromanesa situada en 8
  9. 9. Francia fala de que en Grecia hai arredor de 500.000 – 600.000 arromaneses, pero quesó usan a lingua uns 50.000. A maioría viven en rexións rurais e montañosas. EnAlbania a cifra está en trono a uns 300.000, pero só a falan 50.000, situados na costa sure na fronteira con Grecia. En Macedonia estímase que hai uns 200.000 arromaneses. Naactualidade, debido ás negociacións entre albaneses e macedonios, recoñeceuse oalbanés como lingua das zonas de albaneses en Macedonia (30% do territorio), erecoñeceuse o arromanés como lingua minoritaria e estase a debater a súa entrada noámbito escolar. En Bulgaria habería uns 100.000 arromaneses, dos cales entre 10.000 e40.000 falarían a lingua. En Serbia sitúanse na provincia do norte, en Voivodina. Comoacontece cos meglenorromaneses, aquí tamén son considerados romaneses. O romaní: tamén chamado romanó, é a lingua propia da comunidade xitana.Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e hoxe é falada en Europa, oestede Asia, norte de África e América. Conta con cerca de 5 millón de falantes. A linguasufriu unha enorme fragmentación e incluso case desaparición nalgúns países dado ocontacto con linguas dos países onde se foi asentando este pobo nómade. O estudo doromanó permitiu establecer unha orixe indoeuropea do idioma, da rama indoariana.Pénsase que o pobo é orixinario do norte da India, ou de Paquistán, e tendo en conta ospréstamos lingüísticos que foi incorporando pódese saber cal foi o itinerario seguidopolos xitanos. Debido as constantes migracións dos seus falantes, o idioma está moifragmentado, en tantas variantes como grupos hai dentro da etnia xitana. Afragmentación lingüística explícase por diversos factores: (i) o nomadismo practicadodurante séculos polos falantes desta lingua e o maior ou menor contacto de cada unhadas ramas migratorias coas linguas e culturas por onde transitaban; (ii) falta denormativización das variedades debido ó seu carácter exclusivamente oral; (iii) carenciade identidade territorial e étnica entre os distintos grupos; (iv) o holocausto nazi taménfixo decrecer á poboación xitana. En España, por exemplo, a variedade de romanó é o caló, que se atopa en graveperigo de extinción (como todas as variedades). Ademais o seu uso tan só se restrinxe aunha noción de identidade, non se usa na comunicación, ten simplemente a súa razón deser na identificación de xitano ante outros xitanos. Esta situación varía duns países aoutros: aquí e en Inglaterra as respectivas linguas desprazaron ó romanó practicamente,pero por exemplo en Albania ou Bulgaria hai xitanos monolingües en romanó; os 9
  10. 10. xitanos manús (que residen en Alemania, Bélxica, Francia, Holanda e Italia), ó igualque os xitanos kalderás (espallados polo norte de Europa e Sudamérica) son bilingües,na súa variedade e na lingua do seu país. No século XX, na antiga Unión Soviética e na ex-Iugoslavia houbo moitapublicación literaria en romanó, tanto en periódicos como en revistas. Nos países quenaceron da ex-Iugoslavia segue habendo publicación en romanó; e en Romanía agoraestá habendo material didáctico en romanó. Emisoras de radio de Alemaña, Austria,Chequia, Italia e Suecia emiten en romanó, e canles de televisión de Macedonia eInglaterra tamén teñen programas nesta lingua. Por outra banda, internet converteusenun espazo divulgativo da lingua do pobo xitano. Pola contra, o caló, a variedadeespañola do romanó, non ten máis que unhas pasaxes bíblicas e algunhas coplasflamencas e mesmo dicionarios, pero nada máis. A Comisión de Lingüística da Unión Romanó Internacional foi a encargada delevar a cabo a estandarización do idioma dos xitanos. Primeiro procedeuse a realizacióndunha enquisa dialectolóxica para saber como eran os dialectos romaníes e a distancialingüística entre eles. Consensuáronse criterios de estandarización: flexibilidade noléxico, flexibilidade na sintaxe e respecto pola ortografía: deseño dun alfabeto (principalferramenta aportada pola estandarización). Este proceso segue en marcha cun aumentoprogresivo, e cunha publicación en diversos países de métodos de ensino desta formaculta de romanó. En España coñécese moi pouco este estándar, só en círculos restrinxidos. A faltade integración do pobo xitano na sociedade é un obstáculo que dificulta o seucoñecemento por parte desta etnia. O castelán impuxo aquí a súa gramática sobre alingua xitana, quedando reducido a algunhas palabras de orixe romanó dentro docastelán. Os estudos non só corroboran a multitude de variantes dentro das linguasromaníes (aínda que segue sendo unha realidade non explorada de todo), senón ademaisas relacións e funcións entre as distintas variantes, o que fai imposible pensar nunhalingua romanó unificada entre os distintos grupos xitanos, como pretenden algúnslíderes políticos desta etnia. Do aquí falado pódese deducir que a flexibilidade lingüística das variedades delingua xitana débese a unha necesidade adaptativa: alí onde se sedentarizan, co tempo, ainfluencia das linguas dominantes sobre a propia faise evidente nalgúns casos, levando a 10
  11. 11. incorporar características das linguas coas que entran en contacto (estruturas,expresións, sintaxe...). Protección desta lingua: Varios países pertencentes ó Consello de Europa firmaron a Carta Europea dasLinguas Minoritarias ou Rexionais comprometéndose a protexer esta lingua. Os quefirmaron en favor de protexela foron Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia,Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia. Queda sen protexer enAlbania, Bosnia Hercegovina, Bulgaria, Croacia; República Checa, España, Estonia,Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Macedonia, Moldavia, Noruega,Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suíza, Turquía e Ucraína.Aínda que haxa algunha labor de protección seguen estando minorizadas en todos ospaíses.Na miña escolla de linguas de diáspora deixei de lado algunhas linguas como o curdoou o yiddish, que buscando información e de acordo co meu criterio a seguir tiven quedescartalas por estaren recoñecidas oficialmente en Iraq e no estado ruso de Oblast,onde chegaron xa ó ámbito académico elemental.Todas as linguas minorizadas seguen o mesmo patrón: comunidades desprezadas queson desprazadas. Os fanatismos ideolóxicos foron e seguen sendo culpables dopensamento de superioridade sobre as minorías. Todos estamos contaminados deprexuízos e incluso quen máis contaminados están son os falantes destas linguas.Todas estas linguas están abocadas á desaparición. O motor de cambio non parece quevaia suceder, pois tamén como organismo vivo que son as linguas teñen un comezo e unfinal. A pena é o final tráxico que lles espera. 11
  12. 12. 12

×