Your SlideShare is downloading. ×
Erotismo na Antiga Grecia
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Erotismo na Antiga Grecia

1,338
views

Published on

Un paseo pola sexualidade da Antiga Grecia a través das súas obras de arte

Un paseo pola sexualidade da Antiga Grecia a través das súas obras de arte

Published in: Education, Travel

1 Comment
1 Like
Statistics
Notes
No Downloads
Views
Total Views
1,338
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
49
Comments
1
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. E r o t i s m o n a A n t i g a G r e c i a Un paseo pola sexualidade da sociedade grega a través das súas obras de arte. Por Alba Sánchez Varela 1º Filoloxía Clásica
  • 2. O home Na antiga Grecia o home era considerado un ser superior á muller. Os homes eran seres racionais e sensatos, capaces de se dominaren a si mesmos e de non caer baixo o influxo das paixóns. A súa virilidade sustentábase en parte no feito de seren suxeitos activos e dinámicos que posuían o poder da polis ( πόλις ) e se ocupaban dos asuntos da política e da guerra.
  • 3. A representación dos órganos sexuais masculinos simbolizaba a forza da natureza, unha forza que os converteu nun obxecto sagrado de uso cotián como amuleto e protector contra o mal de ollo, (colgantes, petadores das portas, Hermas...). A imaxe da esquerda representa un tintinnabulum , un obxecto utilizado en Roma xeralmente realizado en bronce que simbolizaba un falo con campaíñas ó que se lle engadían patiñas, rabo e ás, como se fose un animal. Tamén en Roma proliferaban os fascines , amuletos de falo. O falo erecto traía boa sorte.
  • 4. A vida pública pertencía ós homes. Os simposios ou banquetes eran unha desas institucións masculinas nas que só participaban homes, bebendo hidromel e viño mesturado con auga e falando sobre política e filosofía. As únicas mulleres que tomaban parte nestes banquetes eran as heteras ou cortesanas, amenizándoos con bailes, cancións e espectáculos. A imaxe de abaixo, elaborada polo pintor de Hasselmann, representa a unha muller regando e coidando o que semellan ser falos que brotan da terra.
  • 5. A muller Na Grecia clásica, como no resto do mundo antigo, o papel das mulleres era ter fillos que perpetrasen a estirpe do esposo e sostivesen a cidade e a vellez dos seus pais. Eran perpetuas menores de idade, estaban sempre baixo a tutela dun home. As doncelas eran preparadas dende moi pequenas para o matrimonio e ensinábanlles a tecer e a administra-la casa. Estaban feitas para o xineceo.
  • 6. Na casa do cidadán acomodado existían dúas zonas ben diferenciadas: as dependencias propiamente masculinas e o xineceo, este último sen fiestras á rúa para evitar ós miróns. Irónicamente, as mulleres con posibles, as de boa familia, vivían nun case perpetuo encerro; as pobres, as que se tiñan que busca-la vida día a día, gozaban de bastante liberdade. Pero ambas estaban condenadas á ignorancia: as pobres por non teren os medios para aprender, as ricas porque unha muller sabia resultaba desprezable. O decoroso, polo menos en Atenas, era unha apariencia fráxil, unha mirada baixa e submisa, unha actividade confinada ó xineceo e unha actitude non participativa. As únicas mulleres que eran capaces de soster unha conversa dun nivel medio eran as heteras, prostitutas que hoxe poderiamos chamar “de alto standing”, e non era aconsellable que unha muller decente se asemellase a elas. De feito, no mundo antigo a prostitución estaba socialmente aceptada, posto que xeraba cartos.
  • 7.
    • Os gregos estaban convencidos de que as mulleres eran por natureza suxeitos pasivos, volubles e caprichosos, dominados pola irracionalidade. De aí o desprezo que por elas sentiron. A femia humana era por nacemento unha fera incontrolable de esencia inmóvil, estática e pasiva, pero podía ser dominada polo home.
    • Os primeiros textos misóxinos aparecen xa no período máis antigo e podemos destacar este fragmento de Hesíodo:
    • “ Non deixes que unha muller de traseiro embelecido te engane con palabras engatusadoras e mimosas. Primeiro está o teu graneiro. O home que confía nunha muller confía nun engano “”
    • Esta situación de privación de liberdade non ocorría noutras cidades da Hélade como Esparta, na que as mulleres novas ían á palestra igual que os rapaces e as esposas entraban e saían cando querían. Por certo que recibían o honroso título de potnia ( πότνια ), señora. Esta liberdade que se lles concedía debíase á necesidade de criar fillos fortes e valerosos e de coidar da cidade cando os homes estaban en guerra.
  • 8. O d e s n u d o O desnudo en Grecia non ten ninguha connotación negativa senón que é outro tipo de vestido que diferencia ós sexos, etnias e clases sociais. Por suposto o desnudo era exclusivamente masculino. Os primeiros atletas participaban nos Xogos Olímpicos cubertos cunha especie de taparrabos pero a partir da 15ª Olimpiada fixérono xa en coiros. Na palestra competían tamén desnudos. As primeiras estatuas de homes desnudos foron os kuroi ( κουροί ), representacións de mozos idealizados dotadas dunha grande rixidez e hieratismo, coas liñas moi marcadas, os ollos amendoados e os xenitais pequenos. De feito, estes eran considerados signo de decencia e virilidade, non así os xenitais grandes, dos que se cría que aportaban fealdade ademais de ser propios de sátiros e seres monstruosos. Pouco a pouco a escultura irá evolucionando e as formas se suavizarán para dar paso a unha representación máis realista.
  • 9. As representacións femininas eran as korai ( κοραί ), doncelas que compartían as mesmas características que os kuroi pero ían sempre vestidas con fermosos ropaxes. As esculturas de mulleres, a partir das korai, sempre irán cubertas ata o século IV, cando Praxíteles esculpa á venus de Cnido, á dereita. Vemos xa unha evidentísima relaxación nas formas e unha gran suavidade na súa expresión. Xa non é estática nin ríxida. A estatua causou grande escándalo no seu tempo e o autor empregou a excusa de qu a deusa fora sorprendida despois do baño. Fose como fose, o denudo masculino era propio do seu xénero natural. O feminino era algo artificial, case tanto como a primeira das mulleres: Pandora.
  • 10. A p e d e r a s t i a A idea do amor entre homes é grega, os que amaban a un home eran os máis virís e era precisamente esa virilidade, esa andreia , o que facía que buscasen ós seus semellantes. Na sociedade de hoxe en día entendemo-la pederastia como unha parafilia enfermiza e totalmente deplorable. Na sociedade da Grecia antiga, a pederastia era non só un grato pracer senón tamén case unha institución estatal .
  • 11. A parella pederástica estaba formada por un erastés (ἐραστής), suxeito activo que penetra, e erómenos (ἐρόμενος), suxeito pasivo que se deixa penetrar. Estes adolescentes acadaban a idade de merecer ós doce anos aproximadamente e ós dezaoito xa se lles consideraba demasiado maduros. Entre os dezaoito e os vintecinco anos os rapaces debían absterse de calquera actividade pederástica. Os erómenos non debían entregarse inmediatamente ó seu erastés . Tiñan que conquistalos e facerse de rogar antes de ceder. O erastés tamén tiña que gañarse o seu amor e satisfacer ó seu efebo facéndolle regalos, que usualmente consistían en animais (galos, lebres, patas de cordeiro...). Parece ser que se trataba dun rito de paso da adolescencia á idade adulta. Na Atenas clásica, a pederastia era propia das clases aristocráticas e en Esparta, no cuartel, tamén se daban este tipo de prácticas .
  • 12. Eros entre mulleres Da homosexualidade feminina sábese moi pouco. Algúns textos constatan que as mulleres, insatisfeitas debido á forte división dos sexos que había na Grecia antiga, poderían ter canalizado esa insatisfacción cara a homosexualidade de xeito natural, e en mitoloxía temos as relacións afectivas entre Ártemis e Atenea con ninfas dos seus séquitos, os amores de Ifis e Iante ou o travestismo de Zeus e Leucipo para seducir respectivamente a Calisto e Dafne. Houbo incluso un tratado nos séculos alexandrinos, elaborado por Filanis de Leucadia, que versaba sobre posuras homosexuais femininas. Semella que en Lesbos a parella máis común era a da muller madura e a mociña, pero o carácter formativo da relación era evidente, aínda que se establecía sobre bases máis igualitarias que a pederastia masculina.
  • 13. O sexo Os gregos distinguían dous tipos de sexualidade: a destinada á reproducción, o sexo conxugal encerrado dentro da casa (οἰκός), unha obriga do cidadán para co Estado xa que se debían aportar fillos para sustenta-la cidade, e a da recreación, o sexo por pracer , que se atopa fóra da casa, en prostíbulos, con heteras, escravos ou concubinas. Sobre esta distinción falaremos un pouco máis adiante. Tanto para os gregos como para os romanos, o sexo merecía especial respeto debido á súa función sagrada de enxedrar vida. Para os gregos, o amor era unha pulsión física, un irreprimible desexo de copular, sede sexual . Non concebían a líbido dentro do matrimonio, dentro del o sexo era entendido como un traballo, unha obriga para co Estado, deixaba de ser diversión. Se un esposo non odiaba á súa muller o máis positivo que por ela sentía era filía (φιλία), un cariño repousado que excluía o amor paixonal. A esposa non suscitaba paixón, só servía para te-los fillos. Os gregos da época clásica non sempre concebían que puidese haber unha reciprocidade na erótica, no eros (ἔρως) dunha parella. Ó suxeito sexualmente activo, o home, correspondíalle un suxeito pasivo, a muller, que servía para o seu pracer. O home era sexualmente libre, a muller non. Os homes non se namoraban, iso era cousa de mulleres, porque o amor traía consigo enfermidade, nósos (νόσος), irracionalidade, e iso non é masculino nunha sociedade na que a andreia (ἀνδρεῖα) se basea no control dun mesmo. O comportamento da muller é distinto, namórase, enaxénase.
  • 14. Os gregos coñecían todas as posibles posturas do amor, aínda que na práctica atíñanse ás dúas que consideraban máis comúns e eficaces: o misioneiro, co home enriba da muller, controlando todo o proceso da penetración, e a catro patas, penetrando dende atrás e erixíndose de novo como o suxeito activo. Hai mostras destes sucesos tanto na literatura coma na arte da cerámica. “ [...] pero se me obriga pola forza contra a miña vontade [...], deixareime de mala gana e non lle seguirei nos seus meneos[...]. Non levantarei cara o teito as miñas zapatillas persas[...] nin me porei a catro patas como unha leoa encima do raiador de queixo ”. ( Lisístrata , Aristófanes, 225 - 235). Entre os gregos, o amor e o sexo celebrábanse nas festas dionisíacas, nas afrodisias e nas Tesmoforias, nas que as mulleres cociñaban alimentos con formas fálicas.
  • 15. P r á c t i c a s As felacións sempre eran obrigadas para as heteras, pois era algo denigrante para elas. O caso contrario non apareceu representado xamáis en Grecia e só aparece documentado no mundo romano unha vez, nunha imaxe das termas suburbanas de Pompeia. Un cunnilingus era algo vil e degradante. Outras prácticas como a masturbación están máis discutidas. Algúns autores afirman que os gregos a entendían como unha conducta condenable. Outros autores defenden que a consideraban como un alivio natural e un sucedáneo da relación sexual. En canto á masturbación feminina, sábese que as mulleres empregaban uns consoladores chamados olisboi (ὀλίσβοι), pero non quedan case testemuñas, a non ser una imaxe bastante polémica da copa de Apolodoro, datada contra o ano 500 a.C., sobre a que os estudosos non se poñen de acordo e sobre a que circulan numerosas teorías: para uns trátase dunha escea de masturbación na que unha muller está estimulando a outra, para outros, trátase tan só dun ritual no que unha muller lle está perfumando o monte de Venus a outra, debido quizais ó recipiente que porta, un exáliptron, un contedor de perfumes de uso funerario.
  • 16. En canto ó voyeurismo , semella ter tido escasa incidencia nos costumes gregos, polo que aparecerá máis adiante no mundo romano inventando a figura do escravo que observa oculto ós seus amos mentres estes teñen relacións íntimas. Por último, os gregos untaban o seu pene con aceite de oliva antes de copular; ó parecer era un costume hixiénico. Tamén as damas se untaban antes de introducirse o olisbos . E como dato curioso, era frecuente a depilación feminina do pube, debido a unha especie de odio dos varóns por ese factor.