quen de avistar Irlanda e dirixirse a ela para
explorala. De aí a lenda de que os irlandeses
son descendentes de Ith, fill...
O AQUARIUM FINISTERRAE
O Aquarium
Finisterrae
atópase na
beira do
oceáno
Atlántico, a
carón do
histórico faro
da Torre de
...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH

722 views
626 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
722
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
506
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH

  1. 1. quen de avistar Irlanda e dirixirse a ela para explorala. De aí a lenda de que os irlandeses son descendentes de Ith, fillo de Breogán, pai da nación galega, segundo recolle E. Pondal no poema Os pinos, texto musicado por Pascual Veiga para convertilo en himno galego. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE SAÍDA DIDÁCTICA Á CORUÑA A segunda é o mito de Hércules, recollido polo rei Afonso X, o Sabio, na súa General Estoria, no séc. XIII. Nela cóntase como o héroe Hércules construiu unha enorme torre para festexar a súa vitoria sobre o xigante Xerión. Á beira da torre, levantou a cidade de Crunia, en lembranza da primeira muller que habitou este lugar e da que Hércules ficou namorado. Cando Hércules marcha, deixa ao seu sobriño, Hispán, como señor do lugar. El transforma a torre en faro ao colocar no alto un grande espello máxico co que a poboación podía vixiar a chegada de naves amigas ou inimigas. A Fundación Luis Seoane está situada nun antigo cuartel rehabilitado. O edificio foi concibido como un grande hórreo de granito e cristal, coa finalidade de divulgar a obra e o legado deste intelectual galeguista. Luís Seoane naceu en Bos Aires, onde emigraran seus pais. Formouse en Galicia, pero tras o golpe de estado do 36 volveu, exiliado, a Bos Aires. Foi avogado, promotor cultural (Laboratorio de Formas de Galicia), editor (ed. Botella ao mar), director e fundador de revistas (Galicia emigrante), poeta (Fardel d’eisilado, 1952; Na brétema, SantIago, 1956), narrador, autor teatral, ensaísta (Castelao artista, 1969), pero sobre todo foi un dos máis grandes artistas gráficos galegos de todos os tempos. A súa obra plástica enmárcase no expresionismo e aproxímase á arte abstracta. En 1945 os seus gravados e debuxos Homenaxe á Torre de Hércules recibiron en Nova York un importante premio, xunto coa obra de Picasso, Historia Natural de Bufón. ITINERARIO 8:30h. SAÍDA DE RIANXO 10:00h. AQUARIUM FINISTERRAE 13:00h. TORRE DE HÉRCULES 14:30h. CC OS ROSAIS 16:30h. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE 20:00h. REGRESO A RIANXO TEL. IMPREVISTOS: 639975156 Dado que a curiosidade é a man que alcanza as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAINA 1. Averigua que outros bens foron considerados Patrimonio da Humanidade. 2. Onde situarías o golfo Ártabro? 3. Cales dos seguintes produtos intercambiarían os galaicos cos pobos mediterráneos que os visitaban camiño do Mar do Norte? Arados, arpas, perfumes, viño, seda, liño, carne salgada, aceite de oliva. 4. A que se corresponde na actualida o Porto de Brigantium fundado polos romanos? 5. Quen foi Gaio Sevio Lupo? 6. Consigue a letra do himno galego. 7. Cal debería ser o nome da Torre de Hércules? DEPARTAMENTOS de FÍSICA E QUÍMICA e LINGUA GALEGA E LITERATURA
  2. 2. O AQUARIUM FINISTERRAE O Aquarium Finisterrae atópase na beira do oceáno Atlántico, a carón do histórico faro da Torre de Hércules. Atópase nun espectacular entorno natural. A Casa dos Peixes acolle toda a costa galega. Dado que a curiosidade é a man que alcanza as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAI A TÚA CORIOSIDADE… 1. En Galicia hai moita cultura mariñeira , algo terán que ver os moitos Km. de litoral. Cántos? 2.Cantos corresponden ás fermosas praias galegas? 3. A densidade da auga do mar é maior cá da auga doce, se ben non todos os mares ou océanos teñen a mesma densidade. Cal é o seu valor medio no caso do océano Atlántico? E o Mar Vermello é mais denso? Por qué? Canto máis ou menos? 4. Pode ser que algunha vez de pequeno lle preguntaras a alguén onde se mete a auga do mar ao baixar a marea. Agora sabes a resposta? 5. As femias das nécoras son máis saborosas cós machos. Como se diferencian? 6. Cal é o animal mariño existente máis grande? Cánto mide e cal é o seu peso en Kg? A cantas persoas alimentaríamos cos seus filetes? 7. Miles de anos despois chamámoslle “lanterna de Aristóteles” a unha parte dun animal mariño descrita así por ese sabio grego. A que parte? 8. Cal era a temperatura da auga dos océanos cando estes se formaron? 9. Cada ano alonxámonos máis de América. Canto exactamente? 10. Ordena estes peixes de menor a maior segundo os anos que viven: bacallau tiburón balea esturión cabaliño de mar solla 11. Cal é o peixe máis veloz? Que velocidade acada? 12. Se unha xarda sae detrás dun atún, ao cabo de unha hora, que distancia lle levaría o atún? 13. Que peixe pon máis ovos? Cantos? 14. Quen pobou antes a Terra: os dinosauros ou os tiburóns? 15. Teñen espiñas os tiburóns? Teñen escamas? 16. Cantos penes ten un tiburón? Son ovíparos? 17. Os tiburóns detectan as súas presas incluso a kilómetros de distancia debido ao gran desenrolo dos seus sentidos, para iso é determinante a chamada “liña lateral “ e a ampola de Lorenzine. Que detectan cada unha delas? A TORRE DE HÉRCULES A Torre de Hércules é un faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro no mundo, de orixe romana, en funcionamento. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela. Durante a Idade Media proliferaron relatos fantáticos en torno á Torre de Hércules. Até que no séc. XVIII, servíndose do método científico, o Padre Cornide dera á luz os primeiros estudos históricos sobre a orixe romana da Torre, até entón proliferaran especialmente dúas lendas. A primeira é una lenda irlandesa do séc. XI recollida no Libro das invasións. Nela nárrase a viaxe dos celtas gaélicos desde Oriente Próximo, tras a caída da Torre de Babel, até Galicia, onde un dos seus reis, Breogán, ordenou a construcción dunha torre en Brigantia. Desde esa torre, o seu fillo Ith, foi

×