Your SlideShare is downloading. ×
0
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Roberto vidal bolaño. letras galegas 2013

373

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
373
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Adrián 4B
  • 2. Roberto Vidal Bolaño (Compostela, 1950 – 2002) é unha figura imprescindiblepara oTeatro Nacional Galego. Bolaño é o dramaturgo máis prolixo da historia danosa literatura; mais a razón da súa importancia non está só nos seus numerosostítulos, senón na súa calidade, así como no seu obxectivo de armar, coa súaprodución teatral, un edificio teatral galego perdurable. Director, actor, autorteatral, un dos pioneiros na produción audiovisual en Galiza e, sobre todo, escritor.En todas as súas facetas, a produción de RVB caracterízase por un irrevogablecompromiso coa lingua galega. Porén, aínda sendo un autor monolingüe engalego, non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que éconsiderado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto doséculo XX.
  • 3. Bolaño naceu nun barrio obreiro de Compostela, o barrio de Vista Alegre, ao quelle cantan as Ataque Escampe (grupo compostelán cuxo batería é Roi Vidal,primoxénito de RVB). Naceu en 1950, seis meses despois de que Castelao foraenterrado no cemiterio da Chacarita, en Bos Aires. Empezou a traballar con 12anos nunha empresa de coches. Estreou a súa primeira obra de teatro con 15anos, mentres traballaba en calquera oficio que lle xurdira e estudaba en horarionocturno no Instituto Xelmírez.
  • 4. Bolaño quería ser director de cine, pero el era un traballador asalariado que nonpodía permitirse moitos luxos, polo que a súa formación levouna a cabo comoespectador: vendo moito cine e asistindo ás escasas representacións teatrais quedaquela se estreaban en Compostela. De aí lle ven á súa produción teatral a olladacinematográfica, que provocaba no espectador a necesidade de moverse dunhabutaca a outra para abranguer todas as perspectivas posibles nas representaciónsdas súas obras. En 1971 entrou a formar parte do Equipo de cine Reina Lupa, Lupaformado por Euloxio Ruibal. Sempre que puido participou, como actor, comoguionista ou como creador, en proxectos audiovisuais… As súas actuacións enSempre Xonxa , A lingua das bolboretas ou Mareas Vivas son só un exemplo.
  • 5. Manuel Lourenzo Euloxio R. Ruibal R. Vidal Bolaño Francisco TaxesEntre 1973 e 1980 participa nas Mostras de TeatroAbrente de Ribadavia co grupo Teatro do Entroido , queviña de crear xunto coa súa primeira muller, Laura Ponte, econ Xaquín Marcos. Nesta etapa forma parte do GrupoAbrente ou Grupo de Ribadavia, grupo formado por Ribadaviadramaturgos que participaron ou se deron a coñecer nesasMostras de Teatro. • Laudamuco, señor de ningures •Ladaíñas pola morte do Meco
  • 6. • Bailadela da morte ditosaEn 1977, RVB é despedido do banco no quetraballaba, polo que poderá e deberá adicarseenteiramente ao teatro para poder vivir del. O seugrupo Teatro do Entroido formará unha cooperativaco grupo Teatro Andrómena, de onde nace Teatro Andrómenado Estaribel. EstaribelEn 1983, partindo da obra orixinaria de MéndezFerrín, dramatiza, dirixe, protagoniza e produce coFerrínTeatro do Entroido, un brillante espectáculo entodas as súas dimensións, literarias e políticas: oPercival.Percival • Percival
  • 7. • Agasallo de sombrasEn 1984 nace o Centro Dramático Galego. A súa segunda montaxe será unha obraescrita por RVB sobre a relación entre Rosalía de Castro e M. Murguía.O CDG debía nacer ao servizo da lingua e da cultura galegas, mais non resultou asíe mesmo produciu obras en castelán. Polo que a posición de Bolaño, crítica copoder político e absolutamente belixerante na defensa dun teatro nacional galego,provocou que fose vetado por ese poder político e non apoiado por moitos dosseus compañeiros/as de profesión. Aos cales lles adicou o seu feroz monólogoCrapice des Dieux.
  • 8. RVB adicouse durante un tempo á dobraxe na TVG, convencido de que esta era imprescindible para un cine galego normalizado.En 1985 nace a TVG e RVB refuxiarase no mundo audiovisual . Comprendía anecesidade de crear un Audiovisual Galego e quería contribuír á creación dun CineNacional que nos servise como expresión cultural. Mais tamén se verá afastado daindustria audiovisual, agás na súa faceta de actor. Os seus proxectos non foron benacollidos, porque tampouco interesaba a creación dun Audiovisual Galego desdeunha perspectiva nacional, senón subsidiario e subalterno do español, mesmoservíndose da lingua castelá. •Novo de Parmuíde •Un mundo de Historias •Morosos varios
  • 9. A adicación de RVB ao mundoaudiovisual non o afasta da escritateatral. Publica Cochos no 1986 e, en1991, obtén o premio ÁlvaroCunqueiro por Saxo Tenor. Será o Tenorprimeiro dunha ampla lista depremios que recibirá ao longo dosanos 90: o Rafael Dieste e finalista doNacional de Literatura, por Días senGloria; o Camiño de SantiagoGloriadeTeatro Profesional, por As actasescuras; novamente o Rafael Diesteescuraspor Doentes (homenaxe ao seuadmirado Valle-Inclán)…En 1992 fundara con Belén Quintánsa compañía Teatro do Aquí.
  • 10. As actas escuras de Bolañocuestionan a existencia dos restosde Santiago o Maior na catedralcompostelá. A obra xira en torno áconfrontación: investigacióncientífica / crenza relixiosa. E o seufinal confunde aos dogmáticospois o crego protagonista prefiremorrer sen recibir os sacramentos.A obra valeulle ao seu autor unnovo veto. Os responsables docertame nin a publicaron nin arepresentaron. Viu a luz das mansda AS-PG no ano 97 e non foiposta en escena até 15 anosdespois.
  • 11. Neste período, Bolaño non para deescribir e representar obras de teatro;obras que colocan o xénero dramáticogalego á altura que os autores doRexurdimento colocaran o xénero poéticoe os autores da Época Nós colocaran oxénero narrativo.• Rastros•Anxeliños•Criaturas•A burla do galoAdaptou e dirixiu:•Rosalía (de Otero Pedrayo)•Xelmírez ou a gloria deCompostela (Daniel Cortezón)
  • 12. No 2002 publícase o monólogoSen ir máis lonxe, considerado o lonxeseu testamento teatral. Bolañoentrega ao público a súaderradeira montaxe teatral,Animaliños. A pesar de estarAnimaliñosenfermo, cumprira nela coasfuncións de autor, escenógrafo,iluminador e director.Ese mesmo ano despedirase detodos nun cadaleito centrado noescenario do Salón Teatrocompostelán, sede do CDG.Enriba do cadaleito o seu nariz depallaso e o seu chapeu…
  • 13. A Sala NASA foi, mentres oconcello de Santiago non apechou, o espazo creativoda compañía teatralChévere. Alí Bolaño foi unChéverehabitual. Convertiuse nopadriño profesional paraeste grupo especialista enUltranoites.O CDG está a representar aobra de Bolaño Días sengloria.Edicións Positivas ven depublicar a súa obracompleta.…
  • 14. • ASOCIACIÓN ROBERTO VIDAL BOLAÑO• REAL ACADEMIA GALEGA (RAG)• BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA (BVG)• GALIPEDIA• LETRAS GALEGAS• BOLAÑO NA AXENDA CULTURAL DA AELG• BOLAÑO NA NASA• Gorinho (RVB. Un home do aquí)

×