Your SlideShare is downloading. ×
Programación didáctica para o Módulo de Sociedade e Cidadanía (1012-13)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Programación didáctica para o Módulo de Sociedade e Cidadanía (1012-13)

156
views

Published on


0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
156
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÓDULO de SOCIEDADE e CIDADANÍA MSC – 1º PCPI Curso 2012-13 GUIÓN I. II. III. IV. V. VI. VII. VIII. INTRODUCIÓN OBXECTIVOS CONTIDOS COMPETENCIAS BÁSICAS CRITERIOS DE AVALIACIÓN INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN MÍNIMOS EXIXIBLES PARA ACADAR UNHA AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 1º PCPI IX. METODOLOXÍA X. AVALIACIÓN INICIAL XI. PROXECTO LECTOR E PLAN TICs XII. PROGRAMAS DE AULA (Secuenciación e temporalización dos contidos) Os PCPI son programas educativos de atención á diversidade, cuxa finalidade é frear o abandono escolar, integrar ao alumnado procedente doutros países e/ou facilitar a inserción laboral do alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
  • 2. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 I. INTRODUCIÓN Seguindo á Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia, observamos que o Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan. A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introducen modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que afectan a organización dos programas de cualificación profesional inicial e as posibilidades de acceder aos ciclos formativos de formación profesional. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada polas ditas Lei 2/2011, do 4 de marzo, e Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, establece no seu artigo 30 que lles corresponde ás administracións educativas organizar programas de cualificación profesional inicial destinados a alumnos e alumnas maiores de 15 anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de inicio do programa, para os cales se considere que é a mellor opción para alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria, co fin de que alcancen competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel 1 da estrutura actual do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, así como de que teñan a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e de que amplíen as súas competencias básicas para proseguiren estudos nas diferentes ensinanzas. Na actualidade, existe alumnado de educación secundaria obrigatoria con dificultades ou desfases na súa aprendizaxe que poden pór en risco o alcance das competencias básicas e dos obxectivos previstos e, como consecuencia, a obtención da titulación correspondente. Malia tales dificultades, este alumnado posúe capacidades que cómpre potenciar a través de medidas educativas específicas para poder finalizar a súa escolarización en condicións de desenvolvemento persoal e inclusión social satisfactorias, sen as cales probablemente teña que afrontar unha situación laboral de precariedade debido á falta de cualificación e de titulación. Para este alumnado establécense os programas de cualificación profesional inicial. A oferta deste tipo de programas poderá adoptar diversas modalidades, nas cales poderán participar os centros educativos, as corporacións locais, as Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 2
  • 3. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 asociacións profesionais, as organizacións non gobernamentais e outras entidades, baixo a coordinación e logo de autorización da Administración educativa. Estes programas incluirán módulos de carácter obrigatorio e outros de carácter voluntario para o alumnado. Os módulos obrigatorios darán acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e serán de dous tipos: específicos e formativos de carácter xeral. Os primeiros estarán referidos a unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel 1 do Catálogo nacional de cualificacións profesionais e inclúen un módulo de formación en centros de traballo. Os segundos teñen por obxecto desenvolver as competencias básicas que permitan cursar con éxito un ciclo formativo de grao medio e favorecer a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral. Os módulos de carácter voluntario son os conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, organizados de xeito modular ao redor de tres ámbitos: de comunicación, social e científicotecnolóxico. O obxecto desta orde é regular os programas de cualificación profesional inicial que se impartan na Comunidade Autónoma de Galicia. Finalidade dos programas de cualificación profesional inicial. 1. Os programas de cualificación profesional inicial, previstos no artigo 30 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa. Teñen unha marcada vocación profesional, permiten a relación co mercado de traballo e facilitan a inserción laboral nunha actividade profesional de xeito cualificado. 2. Establécense cunhas determinadas características e unha organización co fin de que o alumnado poida obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, o deseño dos módulos obrigatorios aos cales se refire a sección 2.ª do capítulo II desta orde permite que o alumnado que os supere teña a formación necesaria para poder acceder a un ciclo formativo de grao medio. No presente curso, hai dous grupos de PCPI 1º curso, cun total de 13 alumnas e alumnos en cada un deles. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 3
  • 4. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 II. OBXECTIVOS OBXECTIVOS XERAIS DO PCPI O obxectivo global dos Módulos formativos de carácter xeral é o desenvolvemento das competencias básicas que posibiliten cursar con éxito un ciclo formativo de grao medio, coa finalidade de favorecer a transición do mundo educativo ao mundo laboral. Estes inclúen, entre os módulos obrigatorios o Módulo de Sociedade e Cidadanía. Tal e como se enumeran na Orde do 97, que desenvolve o ROC do 96, onde se expón o currículo de Sociedade e Cidadanía, así presentamos os obxectivos xerais deste módulo: 1º) Que o alumnado consiga competencias profesionais propias dunha cualificación profesional de nivel 1 ( Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño). 2º) Que o alumnado teña a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria. 3º) Que o alumnado amplíe as súas competencias básicas para proseguir estudos nas diferentes ensinanzas por medio da superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio. 4º) Que o alumnado acceda directamente aos ciclos formativos de grao medio cando supere os módulos obrigatorios do programa. 5º) Que o alumnado obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria cando supere todos os módulos do programa. En resumo, o Módulo de sociedade e cidadanía I debe contribuír ao coñecemento do mundo actual, da sociedade e da súa organización, así como dos dereitos e dos deberes da cidadanía. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO MSC ● Coñecer e valorar as características organizativas, sociais e culturais fundamentais do contorno. ● Coñecer e valorar os principais trazos das organizacións sociais e culturais do Estado. ● Coñecer as características da sociedade democrática e tomar conciencia da necesidade de participación, con recoñecemento dos dereitos e dos deberes da cidadanía. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 4
  • 5. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 ● Coñecer as principias institucións supranacionais: Unión Europea e organismos internacionais. ● Coñecer e analizar os problemas sociais do mundo actual. III. CONTIDOS ● Coñecemento da organización social de Galicia. Institucións e servizos públicos da Comunidade. ● Coñecemento da organización do Estado español. O sistema das autonomías. ● O sistema democrático: participación cidadá; dereitos e deberes; a Constitución e o Estatuto de autonomía. ● Galicia e España en Europa. Organismos internacionais. Política de cooperación. ● Coñecemento doutros modelos sociopolíticos actuais. ● Desequilibrios e conflitos no mundo actual. A acción humana como causa e efecto dos problemas. A globalización. O compromiso persoal. ● A violencia como defecto da sociedade: violencia entre pobos e violencia de xénero. ● Desenvolvemento e consumo. Consumo responsable. ● Educación viaria: normas de seguridade e condución responsable. IV. COMPETENCIAS BÁSICAS Polo seu carácter integrador, o módulo social e cidadá contribúe dun xeito intenso e efectivo ao desenvolvemento de todas as competencias básicas da educación secundaria e non só daquelas (competencia social e cidadá, e competencia cultural e artística) que están natural e directamente relacionadas con el. Este ámbito integra coñecementos, técnicas e termos propios de diversas ciencias sociais (xeografía, historia, economía, demografía, socioloxía, psicoloxía social, ética) que, en moitos casos, utilizan instrumentos de razoamento e expresión matemáticos, que conducen ao logro da competencia matemática e da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 5
  • 6. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 Igualmente, unha metodoloxía adecuada na abordaxe deste ámbito debe partir da presentación de problemas reais que afectan aos adultos como cidadáns e como habitantes do planeta Terra, así como da aplicación dunha metodoloxía activa para a busca de solucións. Esta presentación contribuirá eficazmente ao logro da competencia para aprender a aprender e ao desenvolvemento da competencia dixital. Por outra parte, o diálogo permanente, o debate ordenado, a aclaración de sentimentos e valores, o cultivo do respecto ás diferenzas, que integran outro aspecto fundamental do ámbito social, serán un instrumento eficacísimo para o desenvolvemento da competencia da autonomía e iniciativa persoal. A linguaxe é o vehículo permanente de acceso, obtención e expresión da información social, polo que toda a actividade desenvolvida neste ámbito conducirá ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística, especialmente no desenvolvemento das habilidades que se poñen en xogo no diálogo interpersonal. CONTRIBUCIÓN DO MSC AO DESENVOLVEMENTO DAS CCBB Como é lóxico, o módulo contribúe dun xeito decisivo ao logro da COMPETENCIA SOCIAL mediante:  O desenvolvemento social do alumno/a a través do coñecemento da organización e da evolución das sociedades. O estudo da xeografía e da historia resulta fundamental para o desenvolvemento da competencia social e cidadá, xa que facilita a comprensión da realidade social e as relacións dentro dun modelo de sociedade cada vez máis plural.  O desenvolvemento de sentimentos de pertenza á sociedade en que vive, mediante o estudo dos trazos que a caracterizan.  O desenvolvemento da empatía, mediante a análise das actividades humanas no presente e no pasado.  O desenvolvemento da capacidade de diálogo para a análise dos problemas presentes e pasados da sociedade e a súa proxección sobre os problemas reais que deben encarar as persoas na súa propia vida.  O desenvolvemento de metodoloxías participativas, interactivas e de diálogo, que propicien habilidades para participar na vida cívica, para asumir os valores democráticos e para cumprir os deberes propios.  O desenvolvemento da capacidade de facer fronte a unha serie de novos desafíos como o coidado do ambiente, a orientación do Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 6
  • 7. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 desenvolvemento tecnocientífico, a responsabilidade polas xeracións futuras, a igualdade entre os sexos, a loita contra novas formas de exclusión social e contra as existentes, que impiden desvincular a competencia social e cidadá do desenvolvemento das demais competencias básicas.  O desenvolvemento de habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática, ao favorecer o desenvolvemento de destrezas que permiten participar, tomar decisións, elixir a forma axeitada de comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das consecuencias derivadas das decisións adoptadas.  O reforzo da autonomía, a autoestima e a identidade persoal mediante a aclaración de sentimentos e valores e o respecto dos demais.  O desenvolvemento de sentimentos compartidos e non excluíntes, ao aceptar e usar convencións e normas sociais e interiorizar os valores de respecto, cooperación e solidariedade.  A promoción da reflexión crítica sobre os valores do contorno ofrecendo como referente ético común os valores que sustentan a Declaración universal dos dereitos humanos, a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia.  O coñecemento dos fundamentos e os modos de organización dos estados e das sociedades democráticos, a evolución histórica dos dereitos humanos, o achegamento á pluralidade social ou ao carácter da globalización e as implicacións que comporta para os cidadáns. Utilizar os contidos do módulo para interpretar e comprender a realidade. 1. Analizar criticamente os usos discriminatorios da linguaxe mediante os cales se transmiten prexuízos e imaxes estereotipadas do mundo. 2. Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos (procedentes dos medios de comunicación, orais ou escritos) 3. Exercicio dos valores democráticos e dos dereitos civís. ACTIVIDADES: -Comentarios críticos. -Exercicio do diálogo e do respecto polo que discrepa. FONTES: -Prensa e medios de comunicación en xeral. A COMPETENCIA DE COÑECEMENTO E A INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO é desenvolvida neste módulo grazas a:  A análise do espazo no que se desenvolve a actividade humana, Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 7
  • 8. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 especialmente coa utilización dos procedementos de orientación, localización, observación e interpretación das paisaxes e a súa representación cartográfica.  Representación de feitos e fenómenos do mundo natural utilizando linguaxes e convencións simbólicas como a escala e signos convencionais.  A análise e a valoración da acción do home sobre o medio, tanto nos seus aspectos positivos coma na utilización abusiva que facemos del. 8  A aprendizaxe de procedementos relacionados co método científico, como a observación, a experimentación, o descubrimento e a reflexión e posterior análise.  Desenvolvemento do compromiso persoal e da participación responsable en proxectos colectivos e propostas que propicien o respecto e a defensa do patrimonio natural, industrial, histórico-artístico e inmaterial. A contribución á COMPETENCIA PARA A EXPRESIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA é tamén significativa mediante:  O coñecemento e a valoración do feito artístico, así como o respecto e conservación do patrimonio cultural propio e doutras culturas, a través do desenvolvemento de habilidades perceptivas e de análise.  A observación, análise e gozo das manifestacións artísticas insertas na paisaxe, como pontes, edificios civís, camiños, igrexas, pazos.  A observación, análise e satisfacción ante as obras artísticas relevantes.  A valoración do patrimonio cultural material e inmaterial, facendo especial fincapé no patrimonio de Galicia.  A audición de obras musicais e a súa análise e gozo, establecendo a conexión co contexto histórico en que naceron.  A valoración da cultura popular como elemento básico da nosa propia identidade galega nun mundo cada vez máis globalizado e uniformado favorecendo así a nosa propia autoestima e a creación de lazos solidarios na nosa comunidade.  A consideración da cultura como produción colectiva viva e aberta.  A valoración e desenvolvemento da liberdade de expresión, tolerancia e achegamento entre as culturas. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega
  • 9. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013  A percepción das artes como unha linguaxe universal que pode acercar culturas e favorecer o entendemento dos pobos. Valorar a riqueza cultural, a diversidade lingüística e a expresividade popular dun patrimonio artístico e uns temas recorrentes que son expresión de preocupacións esenciais do ser humano. 1. Relacionar as manifestacións artísticas e literarias. 2. Participar nas saídas didácticas a museos 3. Desenvolver a capacidade creativa. ACTIVIDADES: -Participar activamente en todas as saídas didácticas incluídas na programación do módulo. -Creación de textos (ou calquera outra manifestación artística) xurdidos das aprendizaxes previas ou dos modelos utilizados. O ámbito social contribúe tamén ao desenvolvemento da COMPETENCIA DO TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL, mediante:  O uso de técnicas de observación e análise para extraer información directamente da paisaxe.  O uso de fontes documentais escritas, gráficas e audiovisuais.  O uso das tecnoloxías da información como fonte de información escrita, icónica e musical.  O uso da linguaxe cartográfica.  O uso de programas informáticos adecuados para expresar a información obtida mediante informes, presentacións, etc.  O uso das TIC como instrumento de comunicación, inclusión e cohesión entre grupos étnica e culturalmente distintos. Desenvolvemento de destrezas para a busca e ACTIVIDADES: selección de información relevante, así como para a súa reutilización na elaboración de textos orais e Traballo de escritos propios. investigación con elaboración dunha 1. Uso de dicionarios. presentación en power-point para 2. Uso de correctores ortográficos. 3. Uso de enciclopedias. expor na aula. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 9
  • 10. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 4. Uso de xornais dixitais. 5. Produción de textos propios tras a selección, análise crítica, esquematización e síntese da información. 6. Uso de soportes electrónicos para a exposición de traballos de investigación e para o desenvolvemento do Plan TIC. FONTES: -Manuais da Biblioteca. -Páxinas web A COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA é favorecida a través de todos os ámbitos de coñecemento, porque a linguaxe é o vehículo imprescindible para a transmisión dos saberes, a súa apropiación e expresión. Pero o ámbito social contribúe a ela de modo significativo mediante:  O uso dun vocabulario propio e o dominio das habilidades de ler e escribir diferentes tipos de textos, que resultan fundamentais como elementos de información social e histórica.  A posta en xogo de habilidades para a comunicación verbal en grupo, mediante técnicas de diálogo e discusión, de toma de decisións. Debater en serio esixe exercitarse na escoita, na exposición e a argumentación e para iso é necesario verbalizar os conceptos, facer explícitas as ideas, formar os xuízos e estruturalos de forma coherente.  O uso dunha linguaxe non discriminatoria pola orixe, xénero ou calquera outra circunstancia.  A utilización e a comprensión da información oral e escrita, integrándoa nos esquemas previos de coñecemento. Utilización da linguaxe como instrumento de comunicación, oral e escrita. 1. COMPRENSIÓN: -Saber escoitar. - Saber escribir. 2. EXPRESIÓN: -Saber falar. -Saber ler. ACTIVIDADES: Comentarios de texto: orais e escritos -libres -críticos FONTES: -Prensa e medios de comunicación en xeral. -Textos ensaísticos. Tamén o ámbito social contribúe á COMPETENCIA MATEMÁTICA mediante o uso, para a análise da interacción do home co medio e das relacións económicas, de: Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 10
  • 11. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013  Operacións aritméticas, porcentaxes, proporcións, nocións estatísticas básicas na descrición e análise dos fenómenos xeográficos, económicos e históricos.  Uso de escalas numéricas, gráficas e proporcións.  Coñecemento dalgúns fitos históricos na construción da ciencia matemática: personalidades singulares, grandes descubrimentos.  Estudo da contribución da ciencia matemática a algúns acontecementos históricos. A COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER favorécese desde o ámbito social mediante:  A presentación de problemas reais que nos afectan como cidadáns e a busca de solucións realistas para eles.  A adquisición da capacidade de aprender de xeito autónomo, desenvolvendo ferramentas que a faciliten e buscando respostas que se correspondan cun coñecemento racional.  A formalización de técnicas para extraer información directamente da observación da paisaxe e de fontes documentais.  O desenvolvemento de estratexias que axudan ao grupo a formular problemas, discutilos e alcanzar conclusións.  Elaboración de valoracións persoais e conclusións razoadas: establecemento de relacións entre feitos diversos, explicación causal dos fenómenos. Utilización de textos relacionados coa xeografía, a paisaxe natural, a economía, a lexislación ou a historia para desenvolver as técnicas de estudo e aprendizaxe: 1. Ler comprensivamente. 2. Elaborar resumos e esquemas que organicen as ideas. 3. Interpretar as informacións dos textos, mapas... 4. Expor conclusións sobre tarefas académicas... 5. Autocorrección. 6. Autoavaliación e coavaliación. ACTIVIDADES: Lecturas (con apoio do diccionario) e actividades sobre as lecturas. FONTES: -Xornais. -Textos elaborados polo docente. -Mapas e gráficas tirados da rede. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 11
  • 12. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 Por último, o ámbito social ten unha contribución esencial ao desenvolvemento da COMPETENCIA PARA A AUTONOMÍA PERSOAL mediante:  A aclaración de actitudes e sentimento propios.  O desenvolvemento da autoestima e da seguridade persoal.  A aceptación das diferenzas de actitudes e valores e a asunción do propio rol dentro dos grupos a que se pertence.  Desenvolvemento da toma responsable de decisións relacionadas coa dimensión persoal, social ou profesional.  Participación activa na xestión dos asuntos públicos.  Coñecemento de estratexias para a inserción no mundo laboral, información sobre os seus dereitos e aspectos básicos das relacións laborais.  Elaboración e aplicación de estratexias persoais baseadas na información de carácter xeográfico, histórico ou sociolóxico para resolver situacións problemáticas e conflitivas.  Participación activa e creativa na xestión e a mellora dos espazos públicos, para defender e protexer o patrimonio cultural, artístico, natural e inmaterial. Regulación da propia actividade con progresiva autonomía. Aprender a analizar e resolver problemas, trazar plans e tomar decisións. 1. Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas. 2. Localizar a información. 3. Fomentar a autoestima. 5. Ser quen de usar autonomamente os medios de comunicación social (lectura do xornal) 6. Ser quen de servirse das TIC para o propio proceso de aprendizaxe. ACTIVIDADES: -Comentarios críticos. -Selección de lecturas voluntarias. -Uso da Biblioteca e da Sala de Informática fóra das horas de docencia directa. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 12
  • 13. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 V. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ● Coñecer a distribución xeográfica de Galicia (organización e paisaxes galegas, e a súa economía), localizar en mapas a súa situación, e argumentar as causas e as consecuencias das súas características. ● Coñecer a estruturación do Estado español en comunidades autónomas. Valorar as diferenzas como elemento enriquecedor. Saber localizar as comunidades en mapas. Organizar itinerarios para se mover entre elas. ● Coñecer e apreciar o sistema democrático. Representación da cidadanía. Participación como valor para a mellora da vida na comunidade. Deberes e dereitos. ● Coñecer de forma sumaria a Constitución española. Dificultades para os consensos. Significado dunha norma común. ● Coñecer de forma sumaria o Estatuto de autonomía e o longo percorrido pola historia ata chegar a el. O Goberno autónomo e as relacións co resto do Estado español. ● Analizar as desigualdades no mundo actual. Reflexionar sobre a multicausalidade. Valorar a cooperación entre os pobos. ● Recoñecer o consumo responsable. Papel da publicidade. Valorar igualmente a capacidade de comprender os prexuízos que pode provocar na vida persoal e na do contorno. ● Recoñecer a necesidade da seguridade viaria para persoas condutoras e peóns. O alumno/a debe ser o actor e protagonista na aula. A súa actitude, a súa capacidade para reutilizar as aprendizaxes recibidas e o seu labor como lector constituirán o soporte básico do seu proceso de avaliación, no cal a asimilación de contidos conceptuais serán só un banzo máis na escaleira da adquisición e desenvolvemento da competencia social e cidadá. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 13
  • 14. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 VI. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN O curso DE 1º PCPI, como os cursos de ESO, repartirá o seu labor en catro apartados, que constitúen os instrumentos de avaliación (recollidos nas Programacións de Aula, no apartado 6.- Secuenciación e Temporalización dos Contidos): Labor diario na aula e actitude. Traballo de investigación Lecturas (o xornal deberá lerse cada día) Exame O desenvolvemento deste módulo rexerase pola distribución do mesmo do seguinte xeito: Busca en internet daquilo qe o alumno non comprenda no material entregado póla docente; explicación dos contidos e realización de actividades arredor dos mesmos. Finalmente, debate dos contidos conceptuais ( do temario ) na aula, coa axuda do material aportado pola docente ou da información atopada na rede polo alumnado. A avaliación dos mesmos realizarase a través dun exame ao finalizar cada trimestre ou bem a través de cuestionarios virtuais ao finalizar cada apartado do temario. Ese exame seguirá o modelo do exame de acceso aos Ciclos formativos de Grao Medio, é dicir, realizarase a través dun cuestionario no que primará a comprensión e poderá elaborarse ao xeito tradicional ou na Aula Virtual. Elaboración e Exposición, na aula cada trimestre dun Traballo de Investigación, sobre a Historia de Galicia ou sobre um tema escollido polo alumnado baixo as orientacións da docente. O alumnado realizará este traballo a través da súa investigación persoal e individual coa axuda dos recursos sinalados polo docente e o material do que se poida servir na Biblioteca, no centro ou na súa propia casa. Para a investigación e exposición deste traballo será imprescindíbel o manexo das novas tecnoloxías da información e a comunicación. (PTIC) Realización de variadas Lecturas relacionadas coa sociedade en xeral e Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 14
  • 15. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 coa nosa sociedade actual en particular. Cada trimestre o alumno/a irá informado ao profesor/a oralmente, a través do correo-e ou da Aula Virtual mediante a realización de informes ou comentários que servirán de instrumento para a avaliación deste apartado do Módulo. Ademais tentarase que o alumnado lea todos os dias o xornal dun xeito crítico. (PL) O PCPI é unha das medidas de atención á diversidade que forma parte da Educación Secundaria Obrigatoria, polo tanto a asistencia a clase é obrigatoria. Neste sentido seguiremos as indicacións da lexislación actual, onde se recolle que: o A ausencia inxustificada dun alumno/a que supere o 10% das horas de duración de cada Módulo suporá un apercibimento. Se , despois do apercibimento, o alumno/a volvese a faltar até 10 sesións causaría baixa de oficio e será excluído do PCPI. Avaliarase a actitude do alumno/a cara ao labor diario na aula e cara ao proceso de ensino-aprendizaxe no día a día, mediante a realización continuada de todo tipo de actividades que nos axuden a poñer en práctica os conceptos explicados na aula. As adecuadas posturas e formas na clase, así como o interese pola materia e a atención a compañeiros/as e profesores/as, será máis importante (pois estamos educando en valores, formando persoas, antes que ningunha outra cousa) que un exame Trimestral ou Final. Neste sentifo seguiranse as pautas recollidas na lexislación vixente: o A actitude incorrecta, atendendo ao código disciplinario da empresa, ou por falta de aproveitamento, logo de audiencia ao alumno ou á alumna, suporá a baixa de oficio e a súa exclusión do PCPI. Os alumnos e as alumnas da modalidade C-Mixta do réxime ordinario incorporados ao programa en idade de escolarización obrigatoria que sexan excluídos dun convenio para a realización dos módulos profesionais por algún dos casos aos cales se refire o punto 4 do artigo anterior, poderán ser reincorporados ao nivel de educación secundaria obrigatoria de procedencia. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 15
  • 16. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 VII. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN PARA 1º PCPI Cada trimestre o alumno/a será avaliado polo seu labor cotián na aula e a súa actitude. Este apartado suporá un 50% no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 5 puntos sobre 10. 16 Cada trimestre o alumnado realizará a lectura diaria do xornal ademais doutras lecturas. Cada unha desas lecturas será avaliada a través de distintos procedementos (especialmente, cuestionarios virtuais) e suporá un aumento de até o 30% no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 3 puntos. Cada trimestre o alumnado realizará un traballo de investigación, para o cal deberá servirse das TICs. Este apartado suporá un 25% no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2’5 puntos sobre 10. Cada trimestre o alumnado realizará, cando menos, un exame (seguindo o modelo do exame de acceso a Ciclos Formativos) sobre os contidos conceptuais e procedimentais traballados na aula. Este apartado suporá un 25% no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2’5 puntos sobre 10. OBSERVACIÓN IMPORTANTE: O alumno/a que, nun dos apartados en que se distribúe a materia, obtivese un “cero” ou abandonase o seu labor, NON ACADARÁ OS OBXECTIVOS MÍNIMOS e, polo tanto, NON APROBARÁ O MÓDULO. VIII. MÍNIMOS EXIXIBLES PARA ACADAR POSITIVA AO FINALIZAR 1º PCPI UNHA AVALIACIÓN 1. Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións dos que falan Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega
  • 17. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 diante de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e máis no traballo colaborativo. 2. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (comentarios, opinións, exposicións de traballos coa axuda dos medios de comunicación e das TIC, informes...) 3. Busca e selección de información para ser convertida en coñecemento propio. 17 4. Detección do tema e dos subtemas de textos expositivos. 5. Composición, en soporte papel e dixital, de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas ...) 6. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas. 7. Recoñecemento Contemporánea. das etapas da Historia, especialmente da 8. Identificación dos océanos e continentes do planeta, dos países de Europa, das Comunidades Autónomas de España, de determinadas ciudades e de relevantes accidentes xeográficos. 9. Coñecemento das institucións da UE, do estado español e de Galicia, así como da súa organización política. 10. Actitude crítica ante calquera manifestación que atente contra a igualdade de dereitos entre os individuos, sexa por razón de raza, ideoloxía, relixión, sexo, orixe ou procedencia. 11. Diferenciación entre rexímenes democráticos e non democráticos. Denuncia dos conflitos bélicos activos hoxe no Planeta. 12. Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe. Non poderá superar o 1º curso deste programa un alumno/a que non posúa as habilidades mínimas de comprensión, expresión oral e escrita, elaboración de traballos de investigación, lectura comprensiva do xornal; ademais dunha actitude respectuosa co medio e unha actitude educada e solidaria con todos os demais membros da comunidade educativa . Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega
  • 18. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 IX. METODOLOXÍA A metodoloxía utilizada nas ensinanzas do módulo social e cidadá debe ter como horizonte o desenvolvemento de aprendizaxes significativas no alumnado. Unha das características máis relevantes das aprendizaxes significativas é a súa permanencia, porque establece un elevado número de relacións entre o novo coñecemento adquirido e a estrutura cognitiva do alumno/a. Os enfoques globalizadores favorecen a motivación e a riqueza dos significados que conforman os esquemas cognitivos. Esta concepción metodolóxica baséase no principio de que toda situación de ensinoaprendizaxe debe partir dunha situación próxima á realidade e que esta situación debe resultarlle interesante e crearlle a necesidade de formular cuestións e problemas aos que lles debe dar resposta. Para isto, cómpre utilizar instrumentos conceptuais e técnicos que proveñan das distintas disciplinas, pero a súa presentación aos alumnos debe vir xustificada desde o achegamento a temas dunha realidade que coñecen, que desexan analizar e comprender, e na cal poidan intervir. En calquera caso, debe recordarse que hoxe en día o máis próximo na experiencia non é necesariamente o que espacialmente temos a carón de nós e que realidades espacialmente distantes nos son familiares pola súa presenza recorrente no cine e nos medios de comunicación audiovisuais. O estudo dos contidos procedentes da xeografía e da historia debe ser integrador e globalizador, xa que o seu obxectivo básico é o coñecemento da realidade social. O estudo da interacción do home co seu medio debe ter un enfoque ecoxeográfico, que considere as múltiples variables, naturais e humanas, que conforman un espazo e, ademais, atenda ao dinamismo interno de cada variable e das súas interaccións. A paisaxe, como unidade espacial de análise ecoxeográfica, ten especial relevancia e permite abordar o estudo dos problemas a que a xeografía debe dar reposta. O estudo da historia permítelle ao alumno/a ter unha visión multicausal do proceso histórico, como algo evolutivo que condiciona e determina o presente. É necesario o estudo dos suxeitos históricos silenciados como as mulleres, a clase obreira, os pobres... dándolle o protagonismo que lles corresponde. Ao mesmo tempo, débese abordar o estudo do noso patrimonio cultural material e inmaterial como un conxunto herdado e construído colectivamente a través do tempo e do espazo. De aí que se entrelacen os planos do patrimonio cultural, histórico, artístico e ambiental, establecendo interaccións mutuas. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 18
  • 19. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 O estudo dos fenómenos sociais debe insistir permanentemente na diferenza entre a realidade deses fenómenos e as interpretacións que recibimos deles a través de todo tipo de fontes, favorecendo así o relativismo das interpretacións sociais e o respecto polas posturas diferentes e evitando o maniqueísmo. Deberase desenvolver unha metodoloxía que compare o inmediato co afastado, o propio co alleo, o máis concreto co máis abstracto, expresando así a importancia que no currículo debe concederse á xeografía, á historia e á cultura de Galicia. Se a motivación é clave en todo proceso de aprendizaxe, neste tipo de alumnado adquire unha relevancia especial. As actividades deberán ter sentido para eles, ser funcionais e vehicular aprendizaxes que poden ser transferidas á práctica no mundo que os rodea, de xeito que lles vexan utilidade patente. Esta é imprescindible para evitar o abandono antes de completar o proceso de aprendizaxe, de aí a importancia de desenvolver capacidades e habilidades encamiñadas á superación, con éxito, das dificultades con que se poden atopar no seu contorno persoal, sociocultural e laboral, reforzando así a súa autoestima. É moi importante que, canto antes, se responsabilicen do seu proceso de aprendizaxe. Unha metodoloxía que teña en conta tales aspectos favorecerá, polo tanto, que o alumnado poida deseñar os seus obxectivos de aprendizaxe, e que identifique as tarefas máis adecuadas para o seu estilo e ritmo de aprendizaxe, contribuíndo á súa superación persoal. A implicación activa deste alumnado nos procesos de formación só é posible si se senten partícipes deles, é dicir, se están implicados en todo o proceso educativo. Así, o papel fundamental do profesorado consiste principalmente en facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe máis que en transmitir coñecementos. Isto constitúe un dos principios básicos da atención á diversidade. Polo tanto, as liñas metodolóxicas terán en conta a gran diversidade das realidades de cadaquén, serán abertas á participación e promoverán actitudes tanto críticas e de diálogo, como investigadoras e creativas que permitan abrir vías de relación entre persoas que proceden de contornos cun patrimonio cultural propio, favorecer a integración da información dentro dos seus esquemas cognitivos e promover a autoaprendizaxe. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 19
  • 20. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 X. AVALIACIÓN INICIAL Nos primeiros días do curso, tras as presentacións, realizarase unha Avaliación Inicial para observar o grao de desenvolvemento das Competencias Básicas do alumnado. De aí que o importante desa avaliación non sexa lembrar os contidos traballados en cursos anteriores senón as habilidades para poñer en práctica eses contidos. O modelo desa avaliación inicial será semellante en todos os cursos e niveis educativos, cambiarán só os instrumentos de avaliación, é dicir, os documentos audiovisuais, os textos e/ou os xornais dixitais sobre os que traballará o alumnado, pois serán elixidos segundo o seu grao de dificultade en relación ao nivel de aprendizaxe no que se atopa cada alumno/a. O guión para esa Avaliación Inicial será o que segue: 1. CUESTIÓNS PERSOAIS 2. AVAL. CONTIDOS a) Cuestións moi sinxelas sobre contidos relacionados coa sociedade actual e xa traballados en cursos anteriores. 3. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (comprensiónexpresión oral) a) Proxección audiovisual. Recollida notas / apuntamentos. Explicación oral do recollido. b) Lectura en voz alta do primeiro texto do curso. Explicación oral do entendido na lectura. 4. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compresiónexpresión escrita) a) Elaboración do argumento da proxección audiovisual. b) Elaboración dun esquema da lectura. c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre a lectura. 5. AVALIACIÓN DAS OUTRAS COMPETENCIAS BÁSICAS: C. para Aprender a Aprender C. Dixital C. na Iniciativa Persoal C. Social e Cidadá C. Artística e Cultural -A través da lectura do texto e do esquema sobre o mesmo. -A través da exposición oral do argumento do filme. -A través da capacidade de autocorrección e autoavaliación. -A través da busca na rede dun xornal dixital e da súa lectura, destacando as novas importantes da xornada. -A través da busca na rede dun xornal dixital e da súa lectura, sendo quen de manter unha actitude crítica ante a información recibida. -A través da actitude crítica ante as manifestacións sexistas e os valores contrarios á democracia que xurdan das informacións recibidas nos distintos filmes e textos. -A través da relación entre os textos e as proxeccións ou audicións musicais. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega 20
  • 21. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 XI. PROXECTO LECTOR E PLAN TIC LECTURAS OBRIGATORIAS O Xornal (calquera impreso ou dixitalizado en galego) LECTURAS VOLUNTARIAS 1. Memorias dun neno labrego Neira Vilas 2. Ameaza na Antártida Ramón Caride 3. Palabras de Caramelo Gonzalo Moure 4. Asterix e Obelix 21 BD “ 5. As aventuras de Tintin 6. Das cousas de Ramón Lamote Paco Martín 7. Cartas a Lelo Neira Vilas 8. Mutacións xenéticas “ 9. Un mundo feliz. A. Huxley. 10. A revolta dos animais G. Orwell. 11. FranKenstein Mary Shelly AS TICs E OS RECURSOS DIDÁCTICOS 1. Material elaborado pola docente. 2. Libros de lectura. 3. Prensa cotiá. 4. Dicionarios dixitais. 5. Páxinas web suxeridas pola/o docente. 6. Presentacións sobre distintos temas. 7. Blogue de aula: http://marlou.blogaliza.org/ 8. Aula Virtual do IES Félix Muriel http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/aulavirtual/ XII. PROGRAMAS DE AULA (SECUENCIACIÓN TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS) E Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega
  • 22. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 PROGRAMACIÓN DE AULA PARA PCPI-1 (1ª AVALIACIÓN) I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (A súa Cualificación suporá 1/2 da nota global do trimestre, é dicir, até 5 puntos sobre 10) 0. Avaliación Inicial. 1. Galicia. Paisaxe natural. Recursos económicos. Institucións e servizos públicos da Comunidade. 2. O sistema democrático. Deberes e dereitos. Constitución e Estatuto de Autonomía. 22 3. A violencia, un defecto da sociedade. TITORÍA:  Técnicas de estudo.  Fomento da responsabilidade individual. II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A HISTORIA DE GALICIA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 1/4 da nota global do trimestre, é dicir, até 2’5 puntos sobre 10) TÍTULO: A cultura celta e o mito de Breogán. 1. Elaboración dun tema (máximo 30 liñas) partindo dos resumos feitos das páxinas web indicadas pola docente. 2. Realización dunha presentación que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICs. DATAS: Último día para a entrega: 26 de Novembro. Exposición: primeira-segunda semana de Decembro. III. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá aumentar até un 30% a nota global do trimestre, é dicir, até 3 puntos sobre 10) Poderanse realizar lecturas de todo tipo, procedentes da Literatura Galega, mais tamén obras non literarias, comics, revistas e xornais. Valorarase moi positivamente a lectura cotiá da prensa. A Avaliación destas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… (PL) (PTIC) IV. EXAME e/ou CONTROIS (A súa Cualificación suporá 1/4 da nota global do trimestre, é dicir, até 2’5 puntos sobre 10) Seguirá o modelo da Avaliación Inicial. Será eminentemente práctico, centrado na comprensión de textos, imaxes, mapas ou gráficas, así como no comentario dos mesmos. Ademais avaliarase especialmente a capacidade para buscar e seleccionar información, para despois convertila en coñecemento. DATA: Realización: segunda semana de Decembro. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega
  • 23. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 PROGRAMACIÓN DE AULA PARA PCPI-1 (2ª AVALIACIÓN) V. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (A súa Cualificación suporá 1/2 da nota global do trimestre, é dicir, até 5 puntos sobre 10) 0. Reforzo de contidos e procedementos traballados o trimestre anterior. 1. España. Historia recente. Institucións e servizos públicos do Estado. 2. Os fascismos e outros rexímenes non democráticos. 3. Un mundo en guerra. 23 TITORÍA:  Resolución de conflitos.  Habilidades comunicativas. VI. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A HISTORIA DE GALICIA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 1/4 da nota global do trimestre, é dicir, até 2’5 puntos sobre 10) TÍTULO: O Entroido tradicional galego 1. Elaboración dun tema (máximo 30 liñas) partindo dos resumos feitos das páxinas web indicadas pola docente. 2. Realización dunha presentación que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICs. DATAS: Último día para a entrega: 26 de Febreiro. Exposición: primeira-segunda semana de Marzo. VII. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá aumentar até un 30% a nota global do trimestre, é dicir, até 3 puntos sobre 10) Poderanse realizar lecturas de todo tipo, procedentes da Literatura Galega, mais tamén obras non literarias, comics, revistas e xornais. Valorarase moi positivamente a lectura cotiá da prensa. A Avaliación destas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… (PL) (PTIC) VIII. EXAME e/ou CONTROIS (A súa Cualificación suporá 1/4 da nota global do trimestre, é dicir, até 2’5 puntos sobre 10) Seguirá o modelo da Avaliación Inicial. Será eminentemente práctico, centrado na comprensión de textos, imaxes, mapas ou gráficas, así como no comentario dos mesmos. Ademais avaliarase especialmente a capacidade para buscar e seleccionar información, para despois convertila en coñecemento. DATA: Realización: segunda semana de Marzo. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega
  • 24. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA MSC DE 1º PCPI -2012-2013 PROGRAMACIÓN DE AULA PARA PCPI-1 (3ª AVALIACIÓN) IX. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (A súa Cualificación suporá 1/2 da nota global do trimestre, é dicir, até 5 puntos sobre 10) 0. Reforzo de contidos e procedementos traballados o trimestre anterior. 1. Europa. Institucións e servizos públicos da Unión. 2. Capitalismo e socialismo: sistemas económicos e políticos. 3. O cambio climático. TITORÍA:  Traballo en grupo. 24 X. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A HISTORIA DE GALICIA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 1/4 da nota global do trimestre, é dicir, até 2’5 puntos sobre 10) TÍTULO: 17 de Maio: día das Letras Galegas 1. Elaboración dun tema (máximo 30 liñas) partindo dos resumos feitos das páxinas web indicadas pola docente. 2. Realización dunha presentación que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICs. DATAS: Último día para a entrega: 26 de Abril. Exposición: primeira-segunda semana de Maio. XI. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá aumentar até un 30% a nota global do trimestre, é dicir, até 3 puntos sobre 10) Poderanse realizar lecturas de todo tipo, procedentes da Literatura Galega, mais tamén obras non literarias, comics, revistas e xornais. Valorarase moi positivamente a lectura cotiá da prensa. A Avaliación destas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… (PL) (PTIC) XII. EXAME e/ou CONTROIS (A súa Cualificación suporá 1/4 da nota global do trimestre, é dicir, até 2’5 puntos sobre 10) Seguirá o modelo da Avaliación Inicial. Será eminentemente práctico, centrado na comprensión de textos, imaxes, mapas ou gráficas, así como no comentario dos mesmos. Ademais avaliarase especialmente a capacidade para buscar e seleccionar información, para despois convertila en coñecemento. DATA: Realización: segunda semana de Maio. Sofia Rama Lorenzo. Prof. do Departamento de Lingua e Literatura Galega

×