Prexuízos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Prexuízos

on

  • 1,002 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,002
Views on SlideShare
949
Embed Views
53

Actions

Likes
3
Downloads
7
Comments
2

3 Embeds 53

http://kmiodasletras.blogspot.com.es 31
http://kmiodasletras.blogspot.com 21
http://kmiodasletras.blogspot.be 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
  • Grazas, Román! Mais está incompleta por razóns que teñen que ver co traballo na aula. Pretendo facer o mesmo cos tres prexuízos que faltan, pero na aula, con cada un dos tres grupos que van asistir a unha charla con Núñez Singala. A ver se sae algo, senón ficará incompleta.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
  • Parabéns por esta achega!
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Prexuízos Prexuízos Document Transcript

  • Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 1. O GALEGO É UNHA LINGUA BRUTA, SOA MAL. A afirmación de que o galego é unha lingua que soa mal leva implícito o feito de quehaxa línguas que s, pólo contrario, soan bem, HAI LINGUAS QUE SOAN BEN E LINGUAS QUE SOAN MAL? LINGUAS QUE SOAN BEN LINGUAS QUE SOAN MAL CUESTIÓNS: 1. Que teñen en común as línguas da primeira columna? E as da segunda columna? 2. En que pensas cando opinas sobre as línguas da primeira columna? E sobre as da segunda? 3. Busca imaxes que asocies ás línguas da primeira columna e imaxes para ás da segunda. 4. Cal é o prexuízo que se esconde detrás? 5. Explica que é o racismo e que é o nazismo, partindo das seguintes afirmacións: -O racismo consiste en desprezar, denigrar ou minusvalorar o que é diferente. -Os nazis vían o mundo desde os prexuízos. INFORMACIÓN: 1. Averigua a orixe das palabras: bárbaros, bérberes, bables e algarabía. 2. Averigua que queren dicir estas expresións: “catalán cerrado”e “galego cerrado”. Como se di “español cerrado”? 3. Cal é o prexuízo que se esconde detrás? CONCLUSIÓN: Nas películas de Tarzán retrátase a conxunción de dous mundos opostos: o dos brancos-ingleses e o dos non brancos-indíxenas. Nas películas deberían aparecer retratadas as dúas lenguas destes dous grupos, pero aparecen tres: tamén a de Tarzán. Pero Tarzán foi un bebé que se perdera na selva antes de aprender a falar, polo que o lóxico sería que non falase ningunha, xa que os idiomas son un herdo cultural (Falamos porque os nosos pais nos transmiten ese coñecemento, pero se a un neno se lle priva dese contacto con persoas que falan, entón non aprenden ningunha lingua). Pero Tarzán falaba. Así que laguen tivo que ensinarlle ou el escoltar a laguen. Os únicos habitantes da selva eran os non negros-indíxenas, polo que a única lingua que podía falar era a deste grupo. Mais Tarzán falaba unha lingua distinta á dos indígenas, un idioma propio que resultaba comprensible polo espectador: Ancagua, Chita, ancagua! -POR QUE TARZÁN NO FALA A ÚNICA LINGUA QUE PODERÍA TER APRENDIDO NA SELVA? CAL É O PREXUÍZO QUE SE ESCONDE DETRÁS? DESPREZAR O GALEGO É SER RACISTA!
  • Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 2. APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO, SE TODOS FALASEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE.Esta afirmación esconde dúas: unha é unha aparente verdade e a outra é unha mentira: a) Se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse. b) Aprender galego é unha perda de tempo ONDE SE AGOCHA A MENTIRA? Tres amigos deciden ir cear xuntos. Van a un bo restaurante. Comen e beben e, candorematan, piden a conta. O camareiro dilles que son 250€. Cada un deles saca da súa carteiraun billete de 100€. Entre os tres xuntan un total de 300€. Unha vez que pagan, sóbranlles 50€. O gasto foi de 250€, pero como xuntaron 300€entre os tres, sóbranlles 50€. Dado que o camareiro se mostra moi amable, deciden darlleuna propina de 20€. Neste momento sóbranlles aínda 30€, e como son tres amigos acordanque cada un deles recuperará 10€. De modo que cada un garda na súa carteira un billete de10€. O custo da celebración foi, pois, para cada un dos amigos, de 90€: 100€ que cada quenpuxo, menos 10€ que recuperou. Polo tanto, en total, entre os tres gastaron na cea90+90+90=270€ máis os 20€ de propina para o camareiro: 290€.Se gastaron 290€ pero xuntaran 300€, onde van os 10€ que faltan?CONCLUSIÓN: Igual que na afirmación do PREXUÍZO 2, o problema está mal formulado: Xúntase unhaverdade aparente cunha mentira cativa! Os 20€ da propina do camareiro xa estaban incluídos nos 270€ totais que gastaran ostres amigos, pois a cea custáralles 250€. Non gastaran 290€, senón 270€. Sobráranlles 30€dos 300€ que xuntaran para pagar. CAL É A MENTIRA QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO PREXUÍZO 2.b: APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO!? Nunca aprender foi unha perda de tempo. Os vellos sempre dixeron : O SABER NONOCUPA LUGAR. Mais a xente que entrou en contacto coa informática parece que desenvolveuo prexuízo do disco duro do ordenador . Resulta que conciben o seu cerobre coma un lugarlimitado para almacenar datos, cunha capacidade de memoria finita. Polo tanto teñen queseleccionar o que aprenden ( o que gardan no disco duro) non vaia ser que se lles esgote asúa capacidade. Esta concepción é totalmente contraria ao feito en como funciona realmente a mentehumana, pois esta, cada vez que adquire un coñecemento, aumenta a súa capacidade, mellorao seu funcionamento. A frase dos nosos maiores debería ser O SABER CREA LUGAR!  Os nenos das comunidades bilingües teñen vantaxe sobre os nenos das comunidades monolingües á hora de aprender novas linguas.  Cantas máis linguas se saben, máis doado é aprender outras linguas.  Cantas máis linguas se saben, máis doado é adquirir outros coñecementos: matemáticas, física, filosofía, arquitectura, bioloxía… REIVINDICAR O DESCOÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA É DE PALETOS!
  • Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) CAL É A VERDADE APARENTE QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO PREXUÍZO 2.a: SE TODOS FALÁSEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE!? O mito da lingua común é unha idea relacionada co mito da torre de Babel e aconsideración da fragmentación lingüística coma un castigo divino (dentro do credo cristián).En vez de ver a existencia de 5 mil linguas no planeta como símbolo de outras tantas culturase, polo tanto, como unha variadísima e grandísima riqueza humana, deféndese unESPERANTO cómodo, práctico para entendernos entre todos os habitantes da terra.Deféndese a UNIFORMIDADE, que leva necesariamente ao pensamento único, á falta deliberdade para ser diferente, e de aí ao fascismo. É O ESPERANTO (O INGLÉS) A SOLUCIÓN? Imaxina que todos os dirixentes de todos os países da Terra se poñen de acordo para usar unha única lingua: a mesma para todos/as.  Se non somos capaces de conseguir que 870 millóns de persoas hoxe deixen de pasar fame, como conseguiríamos establecer a mesma lingua en todo o planeta?  Se o 20% da poboación mundial é analfabeta, como conseguir que todos/as utilicen, saiban, coñezan unha mesma lingua (que non é a súa)?  Para que lugar/es do mundo queremos una única lingua?  Cal é a lingua única que queremos? O inglés? E por que non o español, que ten máis falantes que o inglés? E por que non o chinés, que é a lingua máis falada do mundo e a futura lingua do comercio e das finanzas? E cal chinés?  Gustarianos un mundo así? Cando a Castelao lle preguntaron que pensaba sobre o mito da lingua única, respondeu algo parecido a isto: Os cabalos das estepas rusas, os cabalos da Pampa arxentina, os cabalos da meseta castellana e os cabalos de Sabucedo en Galiza rinchan igual. Será porque os animais están no idioma universal, na linguaxe única? Por que, entón, o ser humano quere descender na escala da evolución e ser un animal? É A UNIFORMIDADE UNHA TENDENCIA NATURAL? A tendencia natural é a fragmentación lingüística, o feito de que dunhas linguas xurdan outras é inherente a todas as linguas do planeta. Esa tendencia á fragmentación non é cousa do pasado. Hoxe, a pesar de internet e do mundo globalizado, esa tendencia natural mantense:  Os filmes estadounidenses non se dobran ao español, senón ao español de España, ao español de México, ao español de Arxentina…  Os correctores ortográficos de Word ofrecen 19 variantes para o español, dezaoito para o inglés, dezaseis para o árabe, quince para o francés…  Sería posible a uniformidade lingüística, é dicir, que unha lingua se mantivese sempre idéntica a través do tempo e do espazo?  Sería posible que a lingua única (o inglés, o esperante) non se fragmentara?  Sería posible que todos/as falasemos igual?  Quereríamos falar todos igual? Pensar todos igual? Ser todos idénticos? REIVINDICAR UNHA ÚNICA LINGUA OBRÍGANOS A DEIXAR DE SER GALEGOS/AS! DEBEMOS SER IGUAIS EN DEREITOS E DEBERES, MAIS NON EN SERES!
  • Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 3. FALAR GALEGO CANDO HAI ALGUÉN QUE NON O FALA É DE MALA EDUCACIÓN. Esta afirmación parécelle evidente a moita xente, mais non sempre o evidente é oacertado. POR QUE É FALSA A EVIDENCIA? Un día alguén díxome: -Imaxina que corres nunha carreira e que chegando á meta fas un esforzo por gañar e adiantas o que vai de segundo. En que posición te sitúas? A miña resposta foi: -De primeira! Pareceume evidente. Se adiantaba ao segundo poñíame de primeiro. De tan evidente, a miña afirmación resultou falsa! A Landeiras, unha aldea de montaña cos pés na ría de Arousa, chegou un día un médico. Viña de Santiago, onde estudara e empezara a traballar na consulta de outro médico máis vello. Mais o xove médico non nacera en Santiago, senón en Cacheiras, outra aldea perto de Compostela. En Landeiras eramos, comigo, 40 veciños/as. Todos/as falabamos galego. Mais cando o médico estaba presente, todos/as nós remexíamos un español acastrapado, por educación! Segundo os datos do Atlas Sociolingüístico de Galicia, fala galego habitualmente o 75% da poboación e o 25% fala castelán normalmente. Segundo isto, unha de cada catro persoas fala español en Galicia e tres de cada catro falan galego. Por suposto, en Galicia todos os que falan galego comprenden e falan tamén español. E todos os que falan español comprenden aínda que non falen galego. Polo tanto a comunicación é posible aínda que cada quen empregue unha lingua distinta. Se tres de cada catro galegos falan galego e só un fala español, tres de cada catro conversas fanse en galego e só unha en español. É dicir, o galego debería estar presente no 75% das conversas e o español no 25% restante. Por que, entón, o resultado é tan diferente que o galego só está presente no 32% das conversas, mentres que o castelán está presente no 68%? Talvez o galego está a morrer de boa educación!? REIVINDICAR A BOA EDUCACIÓN SÓ PARA OS GALEGO-FALANTES É UNHA FORMA DE ELIMINAR O GALEGO DAS RELACIÓNS SOCIAIS!
  • Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012)PREXUÍZO 4. O GALEGO NON O DAMOS FALADO BEN... Esta afirmación percibe a figura, mais deixa escapar o fondo. Cal é o fondo? Que seagocha detrás da afirmación inacabada? QUE SE AGOCHA DETRÁS? QUE VES? Copa de Rubin. Ilusión óptica. 1. 2. 3. 1._______________ 2._______________ 3._______________ 4._______________ 5._______________ 4. 5. Edgar Rubin, Percepción. Figura e fondo. CUESTIÓNS:  Que custa ver máis a figura ou o fondo?  Que é máis doado percibir: a apariencia ou a realidade que se agocha detrás?  Por que os españois non dan falado ben outras linguas?  Por que os franceses, ingleses, estadounidenses, cando andan polo mundo só se expresan na súa lingua e non se molestan nunca en aprender outras linguas ou en facerse entender polos seus interlocutores?  Que se agocha detrás da afirmación inacabada? O galego non o damos falado ben…pero________________si! TRADUCE O SEGUINTE PARÁGRAFO AO CASTELÁN: A miña moza vaicheme __________________________________ aprender a cociñar. Estou farto de __________________________________ ir comer fóra. O que non sei é se __________________________________ darei feito a receita do raxo con __________________________________ pan reseso. ____________ __________________________________ ___ REIVINDICAR QUE FALAMOS MELLOR O ESPAÑOL QUE O GALEGO É IGNORAR A NOSA PROPIA REALIDADE. É TER UNHA TALLA “XL” E INSISTIR EN USAR UNHA “S”!
  • Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESOGALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 5. O GALEGO É UNHA LINGUA IMPOSTA. PREXUÍZO 6. O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA. PREXUÍZO 7. O GALEGO NON O FALA NINGUÉN.