Your SlideShare is downloading. ×
  • Like
Os grandes conxuntos rexionais
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Now you can save presentations on your phone or tablet

Available for both IPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Os grandes conxuntos rexionais

  • 280 views
Published

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
280
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1

Actions

Shares
Downloads
1
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. PCPI - MSC ABRIL-2013 TEMA: O DESENVOLVEMENTO NO MUNDO: DESIGUALDADES NORTE - SUR I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. VOCABULARIO: 1. Superpotencia. Asociación de estados.. 2. Áreas ou conxuntos rexionais. 3. Produto interior bruto (PIB). Índice de desenvolvemento humano (IDH). 4. Renda per cápita. 5. Sector primario, sector secundario e sector terciario. 6. “Catro tigres” do Pacífico. 7. Magreb. Africa subsahariana. 8. Europa Occidental. UE. 9. Federación Rusa. 10. Mercosur. Tratado de Libre Comercio (ALCAN) ACTIVIDADES: 1. Comentario crítico escrito do texto: China, o xigante asiático. 2. AULA DE INFORMÁTICA: -Busca en google de información arredor do país elixido para facer o traballo de investigación e exposición deste trimestre. 3. AULA DE VÍDEO: -Proxección individual dos distintos documentais sobre os países elixidos para o -Traballo de Xeografía. Proxección dos documentais : Trabajo infantil (102) e Invisibles 4. SALA DE PRENSA: -Busca de información en xornais sobre conflitos político-relixiosos en activo. 4. BIBLIOTECA: -Busca de información para a realización do Traballo de Xeografía. -Exercicios sobre mapas de Europa e España. DEBATE: Outro mundo é posíbel?
  • 2. OS CENTROS DE PODER MUNDIAL Desaparecidos os bloques que dividían ao mundo arredor das dúas superpotencias (URSS e USA), entramos no s.XXI cunha única superpotencia militar e económica: os EEUU, pero con varios centros de poder, moi inferiores militarmente, pero cun potencial económico semellante. Tres son os principais centros de poder económico do mundo: dous estados, EEUU e Xapón, e unha asociación de estados, a Unión Europea. Cada un deles xoga un papel dominante na economía dunha área diferente do planeta e, conxuntamente, controlan a meirande parte dos intercambios comerciais e financeiros a nivel mundial. Outras potencias menores (como Canadá, Australia, China e Rusia) completan a rede dos principais centros económicos do mundo. Atendendo ao seu nivel de desenvolvemento e á súa localización xeográfica, podemos clasificar os países do mundo en grandes áreas ou conxuntos rexionais: América do Norte, Iberoamérica, Europa Occidental, Europa Oriental, África, Asia Meridional e o Pacífico. Sumarémoslles dous grandes países de dimensións continentais: Rusia e China. AMÉRICA DO NORTE Compoñen esta rexión dous países: Canadá e EEUU. Os dous superan os 9 millóns de kms cadrados. EEUU ten unha poboación de arredor de 275 millóns de habitantes. Canadá rolda os 31 millóns. A densidade de poboación é moi baixa nos dous (30 hab. por km cadrado en EEUU e 4 hab. por km cadrado en Canadá). Máis do 75% da poboación dos dous países é urbana., polo tanto os dous dispoñen de extensos espazos abertos despoboados. O produto interior bruto (PIB) de EEUU está perto dos 8 billóns de dólares e o de Canadá sitúase nos 700.000 millóns. Estes dous países forman parte dos países máis ricos do mundo, ou o que é o mesmo, dos países con maior renda per cápita e co maior índice de desenvolvemento humano (IDH). A existencia de abundantes recursos naturais está na base do potencial económico desta rexión. EEUU e Canadá son os primeiros produtores mundiais de minerais. EEUU é o primeiro produtor mundial de electricidade, o segundo de petróleo, gas natural e carbón. Canadá é o terceiro produtor mundial de gas natural, o quinto de electricidade e ocupa un lugar importante na produción de petróleo e carbón. Con respecto á produción agrícola, EEUU é o segundo produtor mundial de cereais e o primeiro exportador. Canadá é o terceiro exportador mundial. Ambos países posúen unha gandaría moi desenvolvida e un importantísimo sector forestal. Con toda a súa importancia, as actividades do sector primario ocupan unha porcentaxe moi pequena da poboación activa (o 3% en EEUU e o 5% en Canadá). Isto débese a que se trata de actividades moi especializadas e mecanizadas. A industria ocupa en EEUU a cuarta parte da poboación activa e algo menos en Canadá. Dispoñen dunha importante industria derivada da extracción e aproveitamento dos minerais. A fabricación de automóbiles e maquinaria forma parte da industria tradicional dos EEUU e de Canadá. Ademais están a desenvolveren vertixinosamente a industria das novas tecnoloxías: informática, robótica, microelectrónica, aeronáutica... Aínda así, EEUU, a pesar dos seus recursos naturais e da súa potentísima riqueza industrial, ten que importar gran cantidade de materias primas e produtos enerxéticos, o que o converte no país coa balanza comercial máis deficitaria do planeta. O PACÍFICO A parte ocidental do océano Pacífico constitúe unha das rexións máis dinámicas economicamente falando. Liderada pola economía xaponesa, viviu nas últimas décadas un forte crecemento económico, especialmente nalgúns países como Corea do Sur, Taiwan, Singapur e a antiga colonia británica de Hong Kong, na actualidade territorio chinés. Coñecidos como os “catro tigres” do Pacífico, son os exemplos máis claros dun intenso proceso de
  • 3. industrialización que tamén afecta, aínda que en menor medida, a outros países como Tailandia, Malaisia ou Indonesia. Xapón é un pequeno país de menos de 400.000 kms. cadrados, cunha poboación que supera os 126 millóns de habitantes e unha densidade de máis de 334 hab. por km. cadrado. Os recursos naturais dos que dispón son moi reducidos se exceptuamos os produtos da pesca, que colocan a Xapón como no segundo nivel mundial. A súa actividade económica baséase no sector secundario (industrial) e no sector terciario (servizos). Para realizar estas actividades Xapón debe importar boa parte das materias primas que utiliza. Aínda así é o primeiro produtor mundial de vehículos. Tamén é unha potencia mundial na industria das novas tecnoloxías, especialmente na robótica e na fabricación de produtos informáticos. Australia é un país que se atopa no Pacífico sur, cunha economía en expansión. Cunha densidade de poboación de 2’4 hab. por km. cadrado, Australia dispón de abundantes recursos naturais. Conta cunha mineiría moi importante e con importantes recursos agrícolas; ademais conta coa cabana de gando ovino máis numerosa do mundo e , polo tanto, é un dos principais produtores de lá. ASIA MERIDIONAL A economía máis dinámica desta rexión é a de India, o segundo país máis poboado da terra. Dispón dunha industria moderna e desenvolvida, aínda que máis do 50% da poboación segue adicada á agricultura tradicional. É a potencia que lidera o progreso dos países pobres do seu entorno (Paquistán, Bangladesh, Myanmar, Sri Lanka e Nepal). Pertencen a esta rexión tamén os países de Oriente Próximo e Medio como Iraq, Irán e Arabia Saudí. Países ricos en petróleo nos que as condicións xeográficas, a concentración da riqueza en poucas mans e a fuga de beneficios a mans das compañías occidentais, teñen impedido un desenvolvemento económico adecuado tanto da agricultura como da industria e do sector servizos, case inexistente. A competencia mundial polo petróleo converteu a esta zona nun dos maiores focos de tensión a nivel internacional: dúas guerras recentes no Golfo Pérsico, invasión de Afganistán, invasión de Iraq, guerra palestino-israelí... IBEROAMÉRICA A ampla rexión iberoamericana ocupa un papel secundario na economía mundial. O seu papel é o de exportadora de materias primas como o petróleo. Os intentos de desenvolvemento autóctonos fracasaron debido ao control dos seus recursos por compañías norteamericanas e á presión dos EEUU sobre os gobernos nacionais. Algúns están sumidos na pobreza a pesar de contar cun grande potencial natural. Todos arrastran grandes problemas económicos, políticos e sociais. Brasil é a principal potencia rexional, pois conta con 175 millóns de habitantes, e os maiores recursos naturais do Centro e do Sur de América. A rexión debátese entre a posibilidade de adoptar formas de integración das súas economías, como Mercosur (mercado común de América do Sur formado por Brasil, Arxentina, Uruguai e Paraguai), ou integrarse nun mercado común baixo a hexemonía de EEUU na liña do Tratado de Libre Comercio (ALCAN) acordado por EEUU, Canadá e México. ÁFRICA O continente africano é o máis pobre do planeta. Cunha agricultura moi atrasada, os seus principais recursos naturais son explotados por compañías pertencentes aos países desenvolvidos. Cómpre distinguir entre os países do Norte (Marrocos, Alxeria, Tunicia, Libia, Mauritania e Exipto) e os países da África Subsahariana. Os países do Norte dispoñen dunha renda máis elevada, un maior control dos seus recursos e un maior nivel de industria e servizos. A estabilidade política tamén é maior no Norte que no Sur. Os países da África negra contan cos rendas por habitante máis baixas do planeta. A súa poboación é eminentemente agrícola. Os seus recursos están controlados por empresas europeas
  • 4. ou norteamericanas, apoiadas en gobernos corruptos. A pobreza e a corrupción alimentan constantes conflitos civís, moitas veces mesturados con enfrontamentos raciais. EUROPA Europa Occidental, artellada en torno á UE, constitúe un dos espazos económicos máis ricos do mundo. Dispón dunha agricultura moderna. A industria dispón de recursos propios. Aínda que posúe escasos recursos enerxéticos que debe importar. Talvez por iso a súa balanza comercial é deficitaria. A UE é un dos principais centros mundiais de comercio e servizos. Conta coa segunda rede viaria do mundo e a primeira flota mundial. Rusia e Europa Oriental camiñan dun xeito distinto ao Occidente euroeo. Tras a desintegración da URSS en 1991, formouse a Federación Rusa, liderada por Rusia. A Federación dispón de inmensos recursos, tanto en Europa como nos seus territorios asiáticos. É un dos máis importantes produtores mundiais de industrias derivadas da mineiría. Tamén é un importante produtor agrícola. Desde a caída dos reximes de socialismo de Estado, cunha economía dirixida polo propio Estado, Europa Oriental está sometida a profundas transformacións, camiñando cara a unha economía de mercado, que está a provocar graves problemas económicos, políticos e sociais, o que conleva períodos de crises asociadas a importantes movementos migratorios cara ao Oeste. CUESTIÓNS 1. Elabora un esquema partindo do tema anterior. 2. Cales son os tres grandes centros de poder económico mundial? 3. Por que existe unha única superpotencia? 4. Cales son os principais recursos de América do Norte? 5. Por que é deficitaria a balanza comercial dos EEUU? 6. Cal é a causa do éxito industrial de Xapón? 7. Quen son os “catro tigres”? 8. Cal é a potencia líder de Asia Meridional? Por que? 9. Cales son os principais produtores de petróleo de Oriente Próximo? Son países ricos e desenvolvidos? Por que? 10. Cal é a principal potencia rexional de America doSur? Que é o Mercosur? 11. Que dúas zonas podemos distinguir en África? 12. Cales son as causas da situación da África negra?
  • 5. I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. ACTIVIDADE: Elabora un comentario crítico do texto anterior.
  • 6. I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. OS CONFLITOS ÉTNICOS E RELIXIOSOS Os conflitos polos recursos ou os derivados da desigualdade apóianse a miúdo en diferenzas étnicas ou relixiosas. Pobos con culturas ou relixións diferentes enfróntanse entre si polo acceso a determinados recursos ou para conseguir un sistema político máis democrático e máis xusto. Estes conflitos están encirrados por situacións inxustas, nas que o pobo ou comunidade desfavorecida ve negada a súa dignidade e coutadas as súas posibilidades de mellora e desenvolvemento. Nalgúns destes concflitos é a intervención soterrada dos Estados poderosos ou das grandes empresas multinacionais, que buscan impoñer os seus interese económicos, a responsábel do crecemento da tensión e do desencadeamento da guerra. a tensión existente entre unha parte do mundo islámico e o occidente cristián, que xa ten desembocado en guerras en Afganistán e Iraq e que está destrás do atentado contra as Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11 de Setembro de 2001, é o máximo exemplo deste tipo de conflitos, nos que a loita por recursos importantes como o petróleo se suma ás diferenzas relixiosas, para dar lugar ao que algúns chaman o “choque de civilizacións”. ACTIVIDADE: Busca na prensa diaria (na Sala de Prensa) información recente sobre diferentes conflitos político-relixiosos que se estean a producir actualmente. Posteriormente elixe un deles e elabora un artigo sobre o mesmo.
  • 7. I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. OS CONFLITOS ÉTNICOS E RELIXIOSOS Os conflitos polos recursos ou os derivados da desigualdade apóianse a miúdo en diferenzas étnicas ou relixiosas. Pobos con culturas ou relixións diferentes enfróntanse entre si polo acceso a determinados recursos ou para conseguir un sistema político máis democrático e máis xusto. Estes conflitos están encirrados por situacións inxustas, nas que o pobo ou comunidade desfavorecida ve negada a súa dignidade e coutadas as súas posibilidades de mellora e desenvolvemento. Nalgúns destes concflitos é a intervención soterrada dos Estados poderosos ou das grandes empresas multinacionais, que buscan impoñer os seus interese económicos, a responsábel do crecemento da tensión e do desencadeamento da guerra. a tensión existente entre unha parte do mundo islámico e o occidente cristián, que xa ten desembocado en guerras en Afganistán e Iraq e que está destrás do atentado contra as Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11 de Setembro de 2001, é o máximo exemplo deste tipo de conflitos, nos que a loita por recursos importantes como o petróleo se suma ás diferenzas relixiosas, para dar lugar ao que algúns chaman o “choque de civilizacións”. ACTIVIDADE: Busca na prensa diaria (na Sala de Prensa) información recente sobre diferentes conflitos político-relixiosos que se estean a producir actualmente. Posteriormente elixe un deles e elabora un artigo sobre o mesmo.