Oferta de optativas do departamento de lgl
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Oferta de optativas do departamento de lgl

on

  • 270 views

 

Statistics

Views

Total Views
270
Views on SlideShare
164
Embed Views
106

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 106

http://www.edu.xunta.es 106

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Oferta de optativas do departamento de lgl Presentation Transcript

  • 1. O galego abre portasO galego abre portas Oferta de optativas doOferta de optativas do Departamento de LinguaDepartamento de Lingua Galega e LiteraturaGalega e Literatura
  • 2. Un dos estereotipos que máis danan a imaxe do galego e a dos estudos baseados nel é aquel que o presenta como unha lingua pouco útil. Unha lingua que pecha portas nun mundo aberto e globalizado. Na base desta imaxe atopamos prexuízos e falsidades moi estendidos nos tempos que corren.
  • 3. Prexuízo 1. Crer que a utilidade dunha lingua é proporcional ao número dos seus falantes. Segundo isto tod@s deberíamos falar chinés! Ou portugués?
  • 4. As linguas europeas máis faladas (Obsevatório da língua portuguesa)
  • 5. Prexuízo 2. Crer que o galego é unha lingua que só serve para andar por casa. Segundo isto portugueses e brasileiros deberían estar obrigados a aprenderen español ou inglés para comunicárense “fóra das súas casas”!
  • 6. A LUSOFONÍA: O PORTUGUÉS NO MUNDO
  • 7. Prexuízo 3. Crer que o galego profesionalmente couta as perspectivas de traballar fóra, que si nos ofrecen o español ou o inglés. Segundo isto, resulta incomprensible que os nosos emigrantes foran quen de sobreviviren fóra das súas aldeas!.
  • 8. O galego estúdase en 37 universidades de fóra de Galiza Fonte: SXPL
  • 9. A optatividade, unha medida de atención á diversidade As materias optativas deben contribuír a completar a formación do alumnado ou ampliar a propia formación xeral.
  • 10. Cremos na pedagoxía inclusiva, que se centra nunha formación integradora que atende á diversidade do alumnado, aspecto que se pode e se debe abordar a través dunha oferta ampla e diversa de optativas. A optatividade, unha medida de atención á diversidade
  • 11. O alumnado debe escoller libremente as optativas que mellor lle parezan para configurar unha formación o máis global, integral e humanística posible. A optatividade, unha medida de atención á diversidade
  • 12. Optativas ofertadas polo Departamento de Galego O Departamento de Galego ten o deber de velar porque as materias referidas á lingua, cultura e medio galegos, materias ao servizo da normalización da lingua e cultura galegas, sexan ofertadas como optativas a todo o alumnado do IES Félix Muriel.
  • 13. Optativas ofertadas polo Departamento de Galego • Literatura Galega do século XX e da actualidade (LGA) • Segunda Lingua Estranxeira: Portugués (2ªLE-P)
  • 14. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) Esta optativa completa os coñecementos literarios que ao longo da ESO e do Bacharelato son abordados na materia LINGUA GALEGA e LITERATURA. Pero, ademais, está ao servizo doutros obxectivos fundamentais. PARA QUE SERVE A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE? PARA QUE SERVE A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE?
  • 15. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) Para o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumno/a a un nivel superior. Esta materia optativa preparará extraordinariamente ao alumnado para superar a proba de acceso á Universidade. PARA QUE SERVE A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE? PARA QUE SERVE A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE?
  • 16. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) Para cumprir unha función normalizadora, dado que a Literatura Galega é a Literatura dunha lingua non normalizada, sofre ela tamén as eivas provocadas pola minorización, os prexuízos e as actitudes lingüísticas dos falantes desta lingua. PARA QUE SERVE A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE? PARA QUE SERVE A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE?
  • 17. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) CONTIDOS. Os contidos desta materia céntranse nun percorrido pola Historia da Literatura Galega desde que se inicia o século XX até hoxe. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 18. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) METODOLOXÍA. O alumno/a será o protagonista da súa aprendizaxe, será quen deba buscar e seleccionar a información necesaria para convertila en coñecemento propio, polo que a metodoloxía coa que se desenvolverán eses contidos será eminentemente práctica. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 19. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) METODOLOXÍA. O alumnado realizará na Aula de Informática un traballo de investigación arredor de diferentes temas, que posteriormente exporá ante os seus compañeiros/as e para o cal deberá servirse das novas tecnoloxías. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 20. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) METODOLOXÍA. O alumnado realizará comentarios, elaborará artigos ou redactará informes arredor dos textos literarios que se propoñan para o seu estudo na Aula, tratando sempre de vinculalos a outras manifestacións artísticas (música, pintura, cinema...). CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 21. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) METODOLOXÍA. Dos bos lectores nacen os escritores. Con esta premisa favorecerase a creación artística propia, a produción de textos novos partindo dos textos dos nosos escritores/as máis relevantes. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 22. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. O traballo de investigación, os comentarios e as produción literarias propias serán os tres instrumentos para cualificar a materia. Os tres terán o mesmo peso (30%). Reservarase un 10% para o labor normalizador do alumnado. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 23. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. Os criterios de avaliación centraranse no grao de desenvolvemento das competencias básicas así como na actitude do alumnado cara á Lingua e a Literatura Galegas. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 24. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. Todo o alumnado iniciará o curso cunha nota de 5 na materia. Poderá subir ou baixar esa nota en función do seu labor e actitude cotiáns na aula. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 25. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. Non será preciso realizar tarefas fóra da aula, agás a lectura de textos ou obras da Literatura Galega, pero será necesaria a asistencia a clase para non perder a condición de “aprobado/a”. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 26. Literatura Galega do séc. XX e da actualidade (LGA) CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. Non será preciso realizar tarefas fóra da aula, agás a lectura de textos ou obras da Literatura Galega, pero será necesaria a asistencia a clase para poder superar a materia. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE.
  • 27. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués No mundo actual, cada vez máis globalizado, a aprendizaxe de linguas estranxeiras constitúe unha necesidade de achegamento á información, ao coñecemento e ás tecnoloxías, así como a distintas formas de vida e maneiras de pensar de diferentes culturas. A necesidade de coñecer outras linguas faise cada vez máis evidente na Europa de hoxe, que se define a si mesma como unha comunidade multilingüe. Decreto 133/2007, Currículo de ESO. LOEDecreto 133/2007, Currículo de ESO. LOE
  • 28. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. A lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outorga unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega en moitas vertentes, nomeadamente na cultural pero tamén na económica.
  • 29. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Artigo 1 Os poderes públicos galegos promoverán o coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas para afondar nos vencellos históricos que unen Galicia cos países e comunidades de lingua portuguesa e polo carácter estratéxico que para Galicia teñen as relacións económicas e sociais no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • 30. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Artigo 2 O Goberno galego incorporará progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa no ámbito das competencias en linguas estranxeiras nos centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • 31. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Artigo 3 Deberán ser promovidas, así mesmo, as relacións a todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa, constituíndo este un obxectivo estratéxico do Goberno galego. De maneira especial, fomentarase o coñecemento desta lingua por parte dos empregados públicos, a participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo – económico, cultural, ambiental, deportivo, etc.–, así como a organización na Comunidade Autónoma galega de eventos con presenza de entidades e persoas de territorios que teñan o portugués como lingua oficial.
  • 32. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O portugués, nacido na vella Gallaecia, é: • idioma de traballo de 20 organizacións internacionais, incluída a Unión Europea; • lingua oficial de 9 países e do territorio de Macau, na China; • lingua oficial de potencias económicas como o Brasil e outras economías emerxentes; •a lingua máis falada no conxunto do Hemisferio Sur.
  • 33. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel No curso 2005-06, botou a andar a experiencia con 5 alumn@s en 1ºBacharelato, que non puideron continuar en 2º dado que non todos promocionaron e non se puido constituír grupo. No curso 2006-07, o número de alumn@s aumentou en 1º e xa houbo tamén grupo en 2ºBacharelato. Nos seguintes cursos, mantívose esta optativa e estendeuse á ESO, se ben de forma irregular, constituíndose sempre un grupo en 4º ESO.
  • 34. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel O portugués non é unha lingua estranxeira calquera, senón unha lingua irmá: •Doada comprensión escrita •Doada comprensión oral De aí que o índice de aprobados se sitúe no 99% e mesmo, algúns anos, no 100%.
  • 35. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel A adquisición de contidos e o desenvolvemento das competencias básicas por parte do alumnado: •O alumnado que se achega por primeira vez ao portugués, habitualmente, non aprende só o bloque de contidos referido ao 1º curso, senón tamén ao 2º e ás veces ao 3º. •O alumnado que se achega por segundo ano xa atende ao nivel de contidos de 4º ESO e ás veces a algún de 1º Bacharelato.
  • 36. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel Na actualidade, cursan Portugués en Bacharelato 35 alumnos/as. • Poden realizar a Selectividade examinándose de Portugués como Lingua Estranxeira, en lugar de Inglés. •Poden entrar a través da proba de acceso en calquera titulación que esixa o B1 (Na Universidade, para calquera titulación, esixen o B1 nunha Lingua Estranxeira (B2 para Erasmus).
  • 37. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel DIDÁCTICA. 1. Aprendizaxe de lecto- escritura • Caderno fotocopiado (4-5€) • Aula virtual
  • 38. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel DIDÁCTICA. 2. Comprensión e expresión oral • Escoita en CD de textos e cancións • Visionado de debuxos animados, filmes, reportaxes…
  • 39. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel DIDÁCTICA. 3. Cultura: países da lusofonía, música, cinema, TV, debuxos animados, historia, literatura…. • Investigación a través de internet • Reportaxes en vídeo e papel
  • 40. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués O Portugués no IES Félix MurielO Portugués no IES Félix Muriel DIDÁCTICA. 3. Presenza no centro dunha persoa Leitora 4. Realización, na fin de curso, dunha saída didáctica a unha cidade portuguesa.
  • 41. SAÍDAS PROFESIONAIS DE ESTUDOS CENTRADOS NO GALEGO e/ou PORTUGUÉS? •DOCENTE DE LINGUAS •TRADUTOR/A PROFESIONAL XENERALISTA •MEDIADOR/A LINGÜÍSTICO E CULTURAL •INTÉRPRETE •LECTOR/A EDITORIAL •REDACTOR/A •CORRECTOR/A •REVISOR/A •LEXICÓGRAF@ E XESTOR/A LINGÜÍSTICOS •SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
  • 42. SAÍDAS PROFESIONAIS DE ESTUDOS CENTRADOS NO GALEGO e/ou PORTUGUÉS? • SERVIZOS LINGÜISTICOS E CULTURAIS. Empresas de base tecnolóxica que nacen como cooperativas e que atenden unha crecente demanda de servizos especializados por parte de institucións públicas e empresas privadas: • empresas de novas tecnoloxías (desenvolvemento de software, hosting, servizos web…), • empresas do mundo editorial, •medios de comunicación, • empresas de xestión cultural, • empresas de produción audiovisual
  • 43. SAÍDAS PROFESIONAIS DE ESTUDOS CENTRADOS NO GALEGO e/ou PORTUGUÉS? •PARTICIPACIÓN DAS INSTITUCIÓNS EN FOROS LUSÓFONOS DE TODO TIPO – ECONÓMICO, CULTURAL, AMBIENTAL, DEPORTIVO, ETC. (A partir da Lei 1/2014, nacida ao abeiro da ILP Valentín Paz-Andrade) • EMPREGABILIDADE ALÉN DAS NOSAS FRONTEIRAS (Porque, a través do portugués, o galego é unha lingua internacional)
  • 44. O galego abre portasO galego abre portas Oferta de optativas doOferta de optativas do Departamento de LinguaDepartamento de Lingua Galega e LiteraturaGalega e Literatura