O texto argumentativo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

O texto argumentativo

on

  • 485 views

 

Statistics

Views

Total Views
485
Views on SlideShare
330
Embed Views
155

Actions

Likes
1
Downloads
1
Comments
0

1 Embed 155

http://marlou.blogaliza.org 155

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

O texto argumentativo O texto argumentativo Document Transcript

  • (Fonte: Moradías do vento) LINGUA GALEGA E LITERATURA 2013-14 O TEXTO ARGUMENTATIVO Que é a Argumentación? Argumentar é achegar razóns para defender unha opinión e transformar a opinión do lector-oínte. Opapel do destinatario é de suma importancia (identificalo, coñecer os seus gustos e valores, prever a súa opinión...) para seleccionar os argumentos máis axeitados e eficaces, e para contraargumentar (expoñer razóns que contrarresten ou invaliden os razoamentos alleos). A argumentación utilízase normalmente para desenvolver temas que se prestan a certa controversia. A argumentación identifícase co enunciado dun problema ou situación que admite posicións a favor ou en contra dunha tese (opinión que se defende). A argumentación adoita combinarse con outros modos de organizar o discurso, como a explicación ou a descrición, para conseguir un texto máis eficaz e dinámico. Así acontece no ensaio, no que predomina o procedemento argumentativo en combinación coa exposición. En que ámbitos nos servimos da Argumentación?  Situacións de carácter interpersoal: (discurso menos planificado) o vida cotiá (discusión entre dúas persoas), o entrevista laboral,  Situacións de carácter social: (discurso máis planificado) o cartas ao director, o artigos de opinión, o manifestos, o anuncios publicitarios, o debates, o mesas redondas...  Situacións técnicas: (discurso moi formal e vocabulario técnico) o artigos de investigación, tratados (ámbito científico), o instancias, (ámbito administrativo) o alegacións, sentenzas, demandas... (ámbito xurídico).  Situacións académicas: os exames, informes, traballos académicos
  • (Fonte: Moradías do vento) LINGUA GALEGA E LITERATURA 2013-14 Estrutura dun texto argumentativo I. INTRODUCIÓN A finalidade é presentar o tema, captar a atención do destinatario e espertar nel interese e unha actitude favorable. II. TESE A tese é a postura que se mantén ante o tema. Pode aparecer ao principio ou ao final do texto e é o núcleo da argumentación. III. ARGUMENTOS Unha vez exposta a tese, empeza a argumentación propiamente dita. Unha tese que non se apoie en argumentos racionais non constitúe unha boa argumentación. Só os datos obxectivos ou as afirmacións demostrables cientificamente constitúen argumentos válidos nun texto científico-técnico. Ao defender unha opinión adoita adoptarse unha destas tres posturas argumentativas:  Postura positiva: o emisor-argumentador achega argumentos que apoian a súa tese.  Postura negativa: ofrécense razóns que refutan ou rexeitan argumentos contrarios ao propio punto de vista.  Postura ecléctica: acéptanse algunhas razóns alleas (concesións) e achéganse argumentos propios. IV. CONCLUSIÓN Recórdase ao receptor/interlocutor a tese, as partes máis relevantes do exposto e insístese na posición argumentativa adoptada. Tipos de argumentos:  De competencia. O autor preséntase como competente para realizar actividades relacionadas coa tese que se defende.  De analoxía. Inclúese un exemplo que apoia a tese. Poden ser feitos tirados da realidade, relatos, lendas...  De datos. Recórrese a datos estatísticos para apoiar a tese.  De autoridade: Baseados no prestixio dunha persoa ou institución que é recoñecida pola súa competencia no tema tratado.  Baseados en leis ou regras de carácter xeral
  • (Fonte: Moradías do vento) LINGUA GALEGA E LITERATURA 2013-14 Elaboración dun texto argumentativo 1º) Investigar sobre o tema Antes de empezar a escribir un texto argumentativo hai que investigar sobre o problema ou situación que admite posicións a favor ou en contra dunha tese.  Informarémonos sobre a cuestión  Leremos artigos  Falaremos con persoas con diferentes puntos de vista  Examinaremos os argumentos a favor e en contra da tese 2º) Organizar os argumentos Despois de decidir a tese que queremos defender temos que pensar na forma máis axeitada de organizar os argumentos.  Prepararemos un esquema  Explicaremos o problema  Desenvolveremos os argumentos dun modo completo  Formularemos unha proposta ou tese definitiva  Examinaremos as obxeccións (contraargumentos) 3º) Elaborar o texto argumentativo  Formularemos unha introdución breve e indicaremos a tese que imos defender. A introdución debe ser breve e precisa; non pode ser unha introdución demasiado xeral.  Expoñeremos os argumentos con claridade. o Expoñeremos un argumento por parágrafo. o Desenvolveremos os nosos propios argumentos dun xeito coidadoso e completo o Desenvolveremos os posibles contraargumentos, se ben dun modo non tan completo como os argumentos a favor da postura defendida. o Evitaremos as falacias (argumentación aparentemente lóxica e verdadeira que logo resulta ser falsa). As falacias lóxicas son utilizadas comunmente para xustificar argumentos ou posturas que non son xustificables utilizando a razón. o Non afirmaremos nada que non poidamos probar. o Usaremos coidadosamente os conectores:      Adversativos: pero, non obstante, agora ben, con todo, aínda así... Consecutivos: así que, mentres que, de modo que, de maneira que... Explicativos: por iso, en consecuencia, así pois, por tanto... Aditivos: así mesmo, igualmente, de igual modo, por outra parte, pola súa banda, á súa vez, ademais, por engadido, por demais, mesmo, inclusive... Contraargumentativos: aínda que, a pesar de que, malia que, se ben... 4º) Redactar un parágrafo de conclusión. Reafirmaremos a tese exposta inicialmente. (Fonte: Moradías do vento)