O galego hoxe

1,162 views
857 views

Published on

Published in: Education
2 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Respondinche no Marlou porque non pasei antes por aquí...
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Ola! poderíasme dicir a fonte e o período ó que corresponde o cadro sobre a porcentaxe de galego nos medios de comunicación? Seríame dunha grandísima utilidade para o meu Traballo de Fin de Grao, pero antes teño que referencialo. Moitísimas grazas.
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
No Downloads
Views
Total views
1,162
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
208
Actions
Shares
0
Downloads
21
Comments
2
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

O galego hoxe

  1. 1. O GALEGOHOXEPasado recente, presente e futuro da linguagalega. 35 anos de aparente normalidadedemocrática.De 1978 a 2013
  2. 2. ÍNDICE
  3. 3. CONTEXTO HISTÓRICO
  4. 4. CONTEXTO HISTÓRICO
  5. 5. LEXISLACIÓNA aprobación da Constitución Española de 1978 abriu unha nova etapade recoñecemento do plurilingüismo no Estado españolrecoñecemento do plurilingüismo no Estado español e deimportantes dereitos para as linguas distintas do castelán.
  6. 6. LEXISLACIÓNArtigo 31. El castellano es la lengua española oficial del Estado.Todos los españoles tienen el deber de conocerla yel derecho de usarla.2. Las demás lenguas españolas serán también oficialesen las respectivas Comunidadesde acuerdo con sus Estatutos.3. La riqueza de las disitintas modalidades lingüísticasde España es un patrimonio culturalque será objeto de especial respeto y protección.
  7. 7. LEXISLACIÓN
  8. 8. LEXISLACIÓNArtigo 5º1. A lingua propia de Galiza é o galego.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito deos coñecer e os usar.3. Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dosdous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planosda vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesariospara facilitar o seu coñecemento.4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
  9. 9. LEXISLACIÓN“A Constituciónde 1978, ao recoñeceros nosos dereitosautonómicos comonacionalidadehistórica, fixo posiblea posta en marchadun esforzoconstrutivoencamiñado á plenarecuperación da nosapersonalidadecolectiva…”
  10. 10. LEXISLACIÓN“Un dos factoresfundamentais desarecuperación é a lingua, porser o núcleo vital da nosaidentidade. A lingua é amaior e máis orixinal cracióncolectiva dos galegos…”“Únenos co pasadodo noso pobo, porque del arecibimos como patrimoniovivo, e uniranos co seufuturo, porque a recibirá denós como legado daidentidade común…”
  11. 11. LEXISLACIÓNA presente Lei,de acordo coestablecido no artigo 3ºda Constitución e noartigo 5º do Estatuto deAutonomía, garante aigualdade do galego edo castelán comolinguas oficiais deGalicia e asegura anormalización dogalego como linguapropia do noso pobo.”
  12. 12. LEXISLACIÓNTítulo IArtigo 1º. O galego é a lingua propia deGalicia. Todos os galegos teñen o deber decoñecelo e o dereito a usalo.Artigo 2º. Os poderes públicos de Galizagarantirán o uso normal do galego e docastelán, linguas oficiais da Comunidade.Artigo 3º. Os poderes públicos de Galiciaadoptarán as medidas oportunas para queninguén sexa discriminado por razón de lingua.
  13. 13. LEXISLACIÓNTítulo IIIArtigo 12º.1. O galego, como lingua propia de Galicia é tamén lingua oficial entodos os niveis educativos.2. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso daslinguas oficiais no ensino, de acordo coas disposicións da presente Lei.Artigo 13º.1. Os nenos teñen dereito a recibir o seu primeiro ensino na súalingua materna. O Goberno galego arbitrará as medidas para facer efectivoese dereito. As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitraránas medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego noensino.2. Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentespor razón de lingua. Tamén se evitará, a non ser que con carácterexcepcional as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, aseparación en aulas diferentes.
  14. 14. LEXISLACIÓNParte II. Artigo 7º.1. Recoñecemento, respecto, necesidade de promoción e fomentodo uso oral e escrito das linguas rexonais ou minoritarias na vida públicae na vida privada.2. Adopción de medidas especiais a favor das linguasrexionais ou minoritarias, destinadas a promover unha igualdadeentre os falantes destas linguas e o resto da poboación ou a ter enconta as súas situacións particulares, sen ser considerado comoun acto de discriminación cara aos falantes das linguas máisestendidas.3. Compromiso de promover a comprensión mutua entre todos osgrupos lingüísticos do país, obrando de tal xeito que o respecto, acomprensión e a tolerancia en relación ás linguas rexionis ouminoritarias figuren entre os obxectivos da educción e da formacióndispensadas no país…4. As partes comprométense a tomar en consideración osdesexos expresados polos grupos que utilizan estas linguas.
  15. 15. LEXISLACIÓNParte II. Artigo 8º.En materia de ensino, as partes comprométense, noreferente ao territorio onde se falan esas linguas, senprexuízo do ensino da lingua oficial do estado, a preverunha educación preescolar, un ensino primario, unensino secundario, un ensino técnico e profesional,un ensino universitario e cursos de educación paraadultos ou de educación permanente asegurados naslinguas rexionais ou minoritarias; a asegurar o ensinoda historia e da cultura das cales a lingua rexional é aexpresión; a asegurar a formación inicial e permanentedos docentes para poñer en práctica isto…
  16. 16. LEXISLACIÓNOBXECTIVOS XERAIS:1. Garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe,sabendo que conta co amparo da Lei e das Institucións.2. Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máisespazos de uso…3. Introducir na sociedade a oferta positiva de atender ao cidadán ouao cliente en galego como norma de cortesía dun novo espírito deconvivencia linüística.4. Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega queesfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súademanda.5. Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios queo capaciten para vehicular a vida moderna.
  17. 17. LEXISLACIÓNOBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ÁREA DE ENSINO(secretario desta área, Anxo Lorenzo):1. Garantir que todo o profesorado teña plenacompetencia para desenvolver o seu labor docenteen galego…2. Alcanzar un uso maioritario do galego nadocencia…3. Fomentar o uso progresivo do galego desde a etapapreescolar, para superar as fortísimas carencias quese observan…4. Lograr que o ensino obrigatoria garanta unhacompetencia plena en galego…5. Priorizar no ensino en galego a oralidade.
  18. 18. LEXISLACIÓNO presente decreto desenvolve a Lei de NormalizaciónLingúística, como o Decreto 247/1995, que recoñecía que aadquisición dunha competencia comunicativa engalego por parte do alumnado só se pode conseguir através da utilización vehicular desta lingua nunha partesignificativa do currículo. Por iso agora derrógase ocitado decreto e elaborase unha nova normativa orientadaá obtención dunha competencia axeitada do galego noensino obrigatorio, co fin de propiciar a igualdade plena eefectiva entre as dúas linguas oficiais por parte de todaa poboación escolar, garantindo igualmente a mesmacompetencia en ambas as dúas linguas.
  19. 19. LEXISLACIÓN Garantirase o cumprimento do establecido para esta etapa noPXNLG (04) En EP I¡impartiranse en galego Coñecemento do Medio,Matemáticas e Educación para a Cidadanía; garantindo acompetencia lingüística propia do nivel nas dúas linguasoficiais. Na ESO impartiranse en galego as Ciencias Sociais, Cienciasda Natureza, Matemáticas e Educación para a Cidadanía. No Bacherelato o alumnado recibirá polo menos o 50% da súadocencia en galego, nos termos establecidos para esta etapano PXNLG (04) Ademais das materias establecidas, o claustro completará onúmero de materias até un mínimo do 50%.
  20. 20. LEXISLACIÓN1. Decreto para o plurilingüismo, non para a normalización do galego comomanda a LNL. Elimínase ese termo do texto legal. Os ENL pasan a chamarseEDLG.2. Consulta ás familias pola lingua materna do fillo/a, non a establece aadministración, que abdica das súas funcións.3. Reparto das linguas vehiculares do ensino en tres terzos:•33% para o castelán•33% para o galego•33% para a Lingua estranxeira (nomeadamente inglés)4. En todas as áreas, materias ou módulos impartidos en galego ou castelán oalumnado poderá utilizarnas manifestacións oral e escrita a lingua oficial dasúa preferencia.5. As Matemáticas, a Tecnoloxía deben ser impartidas en castelán ou, se haiposibilidade de facelo, poderán ser impartidas en inglés, pero non en galego.
  21. 21. LEXISLACIÓNO Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou ilegal o decreto para odeclarou ilegal o decreto para oplurilingüismoplurilingüismo en aspectos claves e tumba dous dos piares básicos nos que seasentaba.• Anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunhaenquisa vinculante entre os pais e as nais en Educación Infantil. Nestesentido o TSXG indica que os poderes públicos teñen encomendada aprogramación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste casoeducativa non pode abdicar. A sentenza establece unha interpretación deacordo coa cal non poderá haber aulas exclusivamente en español edeberán fixarse medidas para a adquisición do galego en contornoscastelanizados.• Anula o artigo 12.3., no que se establecía que o alumnado poderíausar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario aodesenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do usoprogresivo do galego. Con respecto ao apartado da liberdade do alumnado paraexpresarse en castelán nas materias de obrigada impartición en galego indicaque promovía “insubmisos á normalización do idioma”.
  22. 22. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.A LNL dedica o seu título III ao uso do galego no ensino. Declara ogalego lingua oficial de toda a comunidade educativa e recoñece odereito de todos os nenos galego-falantes a recibir o seu primeiro ensinona súa lingua materna.A pesar do importante avance legal que supuxo a promulgación destalei, a realidade do día a día nos centros de ensino demostrou que ogalego progresara moi pouco en canto á súa utilización como linguavehicular doutras materias.Ante esta situación, nos inicios do séc. XXI, moitos colectivos deron avoz de alarma e denunciaron a sangría de falantes galegos que estaba avivir o noso idioma. As autoridades políticas aceptaron levar a cabounha análise da realidade lingüística do país coa fin de porlle remedio.Como resultado naceu o PXNLG.Informe do Consello Escolar de Galicia (2007)
  23. 23. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.Para acadar os obxectivos do devandito Plan, recolléronse as súasindicacións no Decreto 124/2007, polo que se regulaba o uso e apromoción do galego no ensino, que prescribía un mínimo do 50% dasmaterias en galego.Pero, co argumento de poñerlle fin a unha suposta «imposición» dogalego, o partido que hoxe está no goberno derrogou este decreto(aplaudido polo Consello de Europa) e substituíuno en 2010 polodenominado «decreto do plurilingüismo», que reducía a presenza dogalego nas aulas ao 33% en Primaria e Secundaria e en Infantildeixábao ao azar da escolla de nais e pais. Dous anos despois daaprobación da controvertida norma a Consellaría de Educaciónrecoñeceu, en sede parlamentaria, que a situación descrita non secorrespondía coa realidade. Aínda así mantivo e segue a manter envigor, a pesar de 6 sentenzas en contra, o Decreto do Plurilingüismo.Datos de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (Outubro 2012)
  24. 24. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.Os medios de comunicación representan na sociedade de hoxe un dosinstrumentos máis poderosos no asentamento dos valores sociais e culturais.Tense afirmado que a realidade non existe se non aparece nos medios. Noreferente á normalización das linguas, o seu uso nos medios, sobre todo nosmáis influentes, é decisivo. Se un idioma non ten presenza nos medios decomunicación, o camiño cara á súa marxinación resulta inevitábel.Na prensa diaria, a incorporación do galego foi realmente escasa. A prácticatotalidade dos diarios son de expresión castelá, reservando para o galego unespazo case irrelevante. Na primeira década do séc. XXI existía un único xornalescrito integramente en galego, Galicia hoxe (desde maio de 2003), continuadorde O correo galego (que viña sendo publicado desde 1994) e un semanario,vinculado ao sector nacionalista, A nosa terra. Ningún dos dous sobrevive nasegunda década do séc. XXI; tampouco o Xornal de Galicia, nacido en 2008servíndose do galego e do castelán para a súa edición. O ano 2011 foi terriblepara a prensa galega. Hoxe, Galiza non conta con ningún xornal impresoexclusivamente en galego, só o semanario Sermos Galiza veu suplir o espazoque deixara A Nosa Terra. Pola contra si podemos atopar diversas publicaciónsdixitais (Praza Pública, Sermos Galiza, A Nosa Terra, Dioivo...).
  25. 25. No que respecta á radio e aos medios audiovisuais, que son osque actualmente presentan un maior grao de penetración e influencia nasociedade, a situación non é moi diferente. Actualmente, contamos cunhaúnica emisora que emita integramente en galego, a Radio galega (ademaisdalgunhas outras de carácter local de menor relevancia). Nas demais, tantonas públicas como nas privadas, a presenza do castelán é case total. Unhaproba de que neste sector a situación non mellorou foi a desaparición deRadio 4 que emitía totalmente en galego; outra proba de que a situacióntampouco está a mellorar hoxe é que a creación de Radio Galega Músicacolocouse ao servizo da música foránea, sen apenas presenza da músicaque actualmente se fai no país.Na televisión, o galego só aparece de maneira habitual naprogramación da TVG, creada en 1985, e nalgunhas conexións territoriaisde TVE-1 e TVE-2 en Galicia. No resto da programación destas canlespúblicas, así como nas privadas Antena 3, Tele 5 e A Sexta ou naamplísima banda de emisións vía satélite, o galego simplemente non existe.A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.
  26. 26. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.No final do séc. XX, a presenza do galego era mínima tanto nosprogramas informáticos como en Internet. Pero, grazas a iniciativasextraoficiais, desde o ano 1996 até hoxe, podemos dicir que a Rede é o espazopúblico moderno que máis se serve do galego. A administración autonómicacomezou nos inicios do séc. XXI a prestar servizos en liña ao cidadán. Desdeentón apareceron numerosas páxinas web en galego e introducíronse osprimeiros buscadores e portais especializados en temática galega, entre os quedestacou Vieiros, o primeiro en ser creado, ou o xerador de blogues Blogaliza.Entre as 20 linguas do mundo máis utilizadas no “tuenti” atopamos o galego.Outro dos campos nos que o galego ten aínda un longo percorrido porandar é o da publicidade. A pesar de que as enquisas manifestan unha boadisposición do consumidor galego cara á publicidade en galego (catro de cadacinco galegos son partidarios do emprego da nosa lingua nos anunciospublicitarios), as empresas continúan a mostrar un grande receo a deixar deusar o castelán. Obsérvase así que mesmo na programación da TVG o casteláné claramente maioritario, a pesar de estaren primados economicamente osanuncios en galego.
  27. 27. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.A oficialidade supuxo un importante paso adiante no terreo legal e institucional noproceso de incorporación do galego a todos os campos da sociedade: adquire orango de lingua vehicular en todas as actuacións da administración autonómicae local. Recupérase a súa presenza na esfera administrativa e institucional quenon coñecía desde a Idade Media. Hoxe en día o funcionamento administrativo deinstitucións como a Xunta de Galicia ou o Parlamento galego desenvólvesehabitualmente en lingua galega, nas relacións escritas (formularios, comunicados,disposicións oficiais...), non nas relacións orais por parte do funcionariado e altoscargos, que manifestan aínda un grao de castelanización moi elevado.Na administración local obsérvase unha lenta tendencia cara ao uso do galego nadocumentación oficial (convocatorias, bandos, resolucións, anuncios...). Se ben, aideoloxía do grupo político predominante determina que nun organismo da admón.se empregue galego ou castelán.É de destacar a oposición sistemática dalgúns concellos a aplicar a lexislaciónvixente. Algúns casos chamativos son os concellos de A Coruña, Ponteareas ou aPobra do Caramiñal que continúan incumprindo a lexislación sobre toponimia, aoempregar os seus topónimos respectivos na forma castelanizada.
  28. 28. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.A actividade pública dos partidos políticos hoxe desenvólvese en galego.Isto, que empezou por ser unha práctica militante por parte de minoríasnacionalistas nas décadas de 1960 e 1970, foi asumido progresivamentepolas demais ideoloxías, esencialmente desde o recoñecemento oficial daautonomia galega. Aínda así, o grao de coherencia no seu uso é moi distintoduns grupos políticos a aoutros: móvese entre o emprego do galego por unhaconvición real de que só se pode defender un país a partir do respecto evaloración da súa propia lingua e un uso populista condicionado por unhasesixencias esencialmente electoralistas.Estase deste xeito a consolidar entre certos representantes políticos e cargospúblicos unha especie de diglosia invertida, de características contrarias átradicional: falan galego nos contextos formalizados (intervencións noparlamento, nas roldas de prensa, perante as cámaras de televisión...) ecastelán nos contactos administrativos internos e nos contextos informais.Estes feitos permítennos falar dun uso ritual ou protocolario ou litúrxico dogalego. Máis que un sinal de normalización, este comportamento representaun novo risco para unha recuperación real da lingua.
  29. 29. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.Na actualidade, a actividade cultural é un dos sectores onde o galegoexperimentou un maior fortalecemento. Ademais de conservar o seu carácter devehículo oral da cultura popular, a súa importancia como soporte da culturaescrita foi medrando nas últimas décadas. Hoxe existe xa un importante mercadopara o libro en galego. Contribúen positivamente neste proceso o aumento delectores potenciais en galego a raíz da progresiva implantación da nosa lingua nosistema sistema educativo e nos medios de comunicación. O número de librospublicados en galego aumenta de ano en ano (2156 libros en 2001, 1231 librosen 1998, 577 libros en 1990 ou 218 libros en 1982). Con todo, o castelán segue aser claramente dominante. É o idioma dos libros escritos noutras linguas.O teatro consolidouse nos últimos anos como un dos sectores melloridentificados coa nosa lingua. No cinema, a situación é ben distinta. Asexperiencias desenvolvidas neste campo, como Sempre Xonxa, Continental,Fisterra, Fronteira sur, Trece badaladas, O lapis do carpinteiro, 18 comidas,Pradolongo e algunha outra, representan intentos interesantes, pero unhaestrutura empresarial por consolidar. Se ben é importante resaltar a boa saúde daque comezaran a gozar as curtametraxes e o cinema de animación antes da criseeconómica.
  30. 30. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.No campo da relixión, a pesar de que a Igrexa foi sempre unhainstitución que se sentiu moi vinculada á sociedade galega,paradoxicamente foi tamén unha das que se mostrou nos usoslingüísticos máis afastada desta sociedade. A excepción ven dalgúnssectores máis progresistas do clero e de certas asociacións de cristiáns(Irimia). O número de misas que actualmente se celebran en galegonon supera o 15%, sendo no ámbito rural onde o castelán é máispredominante. Trátase dunha práctica lingüística aínda máissorprendente se temos en conta que a inmensa maioría dos cregosgalegos (por riba do 80%) declaran ser galego-falantes habituais. Osrepresentantes máximos da xerarquía católica empregan sempre ocastelán nas intervencións públicas e nos documentos pastorais.
  31. 31. A SITUACIÓNACTUAL DA LINGUA.Nas organizacións empresariais, os usos lingüístivos estáncondicionados pola composición social e polos hábitos decomportamento da clase á que pertencen os seus integrantes. É unsector moi remiso ao emprego do idioma galego. Sirva como anécdotailustrativa a petición que en 1984 facían os empresarios ourensáns deque unha carta da INTG "les sea traducida al cristiano" por estar escrita"en un idioma que desconocemos totalmente".O mundo da economía e das finanzas, integrado nas estruturaseconómicas estatais, desenvólvese igualmente case con exclusividadeen castelán. Só se ve un certo grao de galeguización nalgúns ámbitosrelativos ao contacto co público, como a correspondencia cos clientesou a publicidade, debidos en boa parte á resposta a iniciativas denormalización do sector promovidas por grupos non institucionais, comoA Mesa pola normalización lingüística ou á Coordinadora Galega deEquipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL).
  32. 32. CONCLUSIÓNSEVOLUCIÓN DALINGUA HABITUAL ENGALIZADESDE 1924 ATÉ 1974(MONOLINGÜISMO)
  33. 33. CONCLUSIÓNS1. LINGUA INICIAL
  34. 34. CONCLUSIÓNS2. LINGUA HABITUAL
  35. 35. CONCLUSIÓNS3. COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS
  36. 36. CONCLUSIÓNS4. LINGUA NO ENSINO
  37. 37. CONCLUSIÓNS5. ACTITUDE LINGÜÍSTICA
  38. 38. CONCLUSIÓNSGALEGOGALEGOCASTELÁNCASTELÁNDIGLOSIADIGLOSIAINVERTIDACONTEXTOS FORMAISCONTEXTOS INFORMAISCONTEXTOS FORMAISCONTEXTOS INFORMAIS
  39. 39. CONCLUSIÓNS
  40. 40. CONCLUSIÓNS
  41. 41. FONTES• O galego e as leis. Pilar García Negro (Ed. DoCumio).• Lexislación da lingua galega. Xunta de Galicia.• Constitución Española (1978).• Estatuto de Autonomía (1981).• Lei de Normalización Lingüística (1983).• Carta europea das linguas… (1992/2001)• Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega(2004)• Mapa Sociolingüístico de Galicia (2010)• Libro de apoio (Consorcio Editorial)

×