23 de abril de 2014
Día do Libro
“Todas as
historias
se tecen
cos fíos
da vida”
Agustín Fernández Paz
Os ríos da vida
Din que todas as persoas
necesitamos as
historias, tanto coma a
auga que bebemos, tanto
coma o pan de cada...
Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu
interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a ...
Abrir un libro é deixarse
levar pola fervenza de
voces, de linguas, de
recendos, de
paisaxes… Unha
maxia secreta e
inesgot...
ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla
irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola
fervenz...
ONDE HAI UNHA
BIBLIOTECA HAI
UNHA LUZ que
traspasa todos os
muros, unha luz
que se fai máis
intensa cando
medran as persoa...
Un mundo máis
solidario, máis
plural, máis
culto, máis xusto.
Un mundo onde
non se escoite a
voz adormecedora
dos
poderoso...
O libro
A fiestra aberta ao ar
vivificador, franca
aos saberes, ao
pensamento
diverso, ao voo da
imaxinación, á
descuberta...
Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un
libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos
que puido
escoller, escoll...
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber
que escribiron dentro del
para que teña eses aires
de superioridade.
Vaia!
Non est...
O lugar da lectura
Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube s...
O lugar da lectura
Unha laranxa do paraíso
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha b...
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello
A lúa na boca.
A tona do tempo
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
Carlos Negro
FONTES
•IMAXES: cadros de Leandro Lamas
•TEXTOS: citas de
–Agustín Fernández Paz,
–Paco Martín,
–Paula Carballeira,
–Carlo...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

1,005 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,005
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
546
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

  1. 1. 23 de abril de 2014 Día do Libro
  2. 2. “Todas as historias se tecen cos fíos da vida” Agustín Fernández Paz
  3. 3. Os ríos da vida Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas. Agustín Fernández Paz
  4. 4. Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pausóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo…. Agustín Fernández Paz
  5. 5. Abrir un libro é deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir. Agustín Fernández Paz
  6. 6. ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensión máxica que teñen as palabras e descubrimos que as páxinas dos libros poden conter o mundo enteiro. Agustín Fernández Paz
  7. 7. ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar.
  8. 8. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta. Agustín Fernández Paz
  9. 9. O libro A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser… O libro! Paco Martín
  10. 10. Só un libro Non sei que facer. Miña irmá regaloume un libro. Un libro. Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este. Un libro. Por que? Que lle fixen eu? Miroo e remíroo. Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos. Nada. É só un libro.
  11. 11. Vouno abrir. Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade. Vaia! Non está nada mal. Empézame a caer simpático. Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo. Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento. Era xusto o que eu quería. Un libro. Este libro. Paula Carballeira
  12. 12. O lugar da lectura Unha illa de luz na xema dos dedos. Unha porta sempre entreaberta. Unha duna cara ao vento. Unha nube sobre a herba. Unha casa encantada.
  13. 13. O lugar da lectura Unha laranxa do paraíso Unha pousada no inferno. Unha man e unha fouce. Unha carapucha vermella. Unha bufanda colorada. Unha alfombra no ceo.
  14. 14. A pulga e o xigante. A rosa e o cravo. A serpe e a mazá. A fonte e o cervo. A flor da candea.
  15. 15. A fenda do espello A lúa na boca. A tona do tempo A pedra e o canto. A voz e o silencio. Carlos Negro
  16. 16. FONTES •IMAXES: cadros de Leandro Lamas •TEXTOS: citas de –Agustín Fernández Paz, –Paco Martín, –Paula Carballeira, –Carlos Negro

×