Galiza

371 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
371
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
52
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Galiza

  1. 1. PCPI-1º OUT-2012 TEMA: GALIZA I. O MEDIO NATURAL. II. POBOACIÓN. ECONOMÍA. SOCIEDADE. III. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL. VOCABULARIO: 1. Relevo: o Litoral e o Macizo Galaico (as serras, as chairas, as depresións, os vales fluviais). 2. O Litoral: cantábrico e atlántico. As Rías: Altas e Baixas. 3. As Serras: setentrionais, centro-occidentais, orientais e sudorientais (Pena Trevinca: 2124m, Cabeza de Manzaneda: 1778m). 4.As Chairas: Terra Chá. 5. As Depresións: Depresión Meridiana, Maceda e A Limia. 6. Os vales fluviais: Canón do Sil. 7. Bosques caducifolios e especies arbóreas mediterráneas. 8. Descenso demográfico. Proceso de avellentamento. Emigración. 9. Mecanización do agro. Especialización gandeira. Agricultura mercantilizada. Espacialización comarcal. Marisqueo. Acuicultura. Primeira zona pesqueira de España. 10. Material de transporte, industria alimentaria, industria téxtil. 11. Servizos: comercio, transportes e turismo. 12. Estatuto de Autonomía (1980). Institucións autonómicas. Competencias. Organización territorial. 13. Nacionalidade Histórica vs. Comunidade Autónoma. ACTIVIDADES: 1. Comentario crítico oral e escrito do texto: “Galicia é nación porque creou unha cultura”, entrevista realizada polo xornal El País a Ramón Villares, catedrático de Historia e presidente do Consello da Cultura Galega. 2. AULA DE INFORMÁTICA: -Busca en google de información arredor de Galiza. 3. AULA DE VÍDEO: Proxección e realización de actividades en torno ao filme : Sempre Xonxa. 4. SALA DE PRENSA: -Busca, en xornais estatais, de novas sobre Galiza. 4. BIBLIOTECA: -Exercicios sobre mapas de Galiza. DEBATE: Existe Galiza? LECTURAS: Made in Galiza, Sechu Sende. Ed. Galaxia.
  2. 2. PCPI-1º OUT-2012 TEMA: GALIZA I. O MEDIO NATURAL. Debaixo da imaxe de Galiza como un país atlántico, chuvioso e cuberto por un manto verde, podemos descubrir unha grande variedade de formas e matices. O relevo de Galiza é unha sucesión discontinua de serras, chairas, depresións e vales fluviais que configuran o Macizo Galaico, o cal vai perdendo altitude do Leste cara ao Oeste, até morrer no Litoral. O Litoral esténdese ao longo de 1195 km. de costa. Entre a ría de Ribadeo e o Cabo Ortegal esténdese o Litoral Cantábrico, cun relevo suave e rectilíneo. Entre o Cabo Ortegal e a desembocadura do río Miño esténdese o Litoral Atlántico, cun relevo movido entre cantís, lagoas litorais, dunas, prais e rías. As Rías forman o trazo máis orixinal do relevo do noroeste peninsular. Son linguas de mar que penetran nos vales fluviais e ás máis curtas e rodeadas de escarpadas serras reciben o nome de Rías Altas (desde o cabo de Fisterra ao cabo de Ortegal). As Rías Baixas son máis amplas e menos abruptas, mesmo na súa entrada podemos atopar illas (Illas Cíes, na entrada da ría de Vigo; illas de Ons, na entrada da ría de Pontevedra; illa de Sálvora, na entrada da ría de Arousa). Estas rías
  3. 3. PCPI-1º OUT-2012 esténdense desde o Cabo de Fisterra até A Guarda. A transición entre as Rías Baixas e as Rías Altas faise a través da Costa da Morte, espazo litoral que abrangue a costa de Muros a Laxe. As Serras galegas son de pouca altitude e redondeadas. As serras Setentrionais atópanse perto do Cantábrico (S. da Capelada, s. da Faladoira, s. de Lourenzá, s. do Xistral...). As serras centro-occidentais coñécense co nome Dorsal Galega, porque cruza Galiza de norte a sur (S. da Loba, s. da Serpe, s. do Faro, s. do Faro de Avión...). As serras máis altas e escarpadas atópanse no sur e no oriente do país. As serras orientais e sudorientais que separan Galiza de León e Castela (S. dos Ancares, s. do Caurel, s. do Eixo, s. da Queixa, s. do Xurés) posúen os picos máis elevados: Pena Trevinca (2124m), Cabeza de Manzaneda, Pía Páxaro, Penarrubia, Cuíña, Mustallar... As chairas son pequenos altiplanos (penichaira). As máis famosas son a Terra Chá, a Terra de Cuntis e a Terra de Chantada). As depresións son zonas afundidas sucadas por ríos. A máis estensa é a Depresión Meridiana, que desce cara ás Rías Baixas, abranguendo os vales dos ríos Tambre, Ulla, Umia e Lérez. Outras depresións máis pequenas son as de Maceda (entre o río Arnoia e o río Miño) e A Limia (entre o río Limia e o Támega). Os vales fluviais inzanGaliza de cursos de auga. Algúns ríos labran vales encaixados de fortes pendentes, como o Canón do Sil.
  4. 4. PCPI-1º OUT-2012 A paisaxe natural galega está cuberta por bosques caducifolios (carballos, bidueiros, ameneiros e castiñeiros), propios dun clima atlántico, no que a humidade é elevada, as temperaturas son suaves e as precipitacións abundantes. Este clima xunto coa abundancia de ríos proporcionan unha vexetación densa e diversa.Un bo exemplo desta paisaxe natural seguen a selo as Fragas do Eume. Galiza pertence á rexión natural atlántica, agás os vales do Sil e do Miño, cuxo clima ten matices mediterráneos, polo que medran especies arbóreas mediterráneas (sobreiras e aciñeiras). Esta paisaxe natural foimodificada polo ser humano coas accións de repoboación, corta e incendios. O bosque caducifolio foise substituíndo por terras de cultivo, áreas de monte baixo (toxos, fieitos e xestas) e piñeiros e eucaliptos, árbores de crecemento rápido que ocupan grandes extensións na zona occidental. Galiza conta con recursos ambientais de grande valor ecolóxico que están sendo obxecto de graves agresións.Os nosos ríos e costas están sendo contaminados por verquidos incontrolados de augas residuais e de residuos sólidos (perxudican a pesca e diminúen a calidade das augas de baño). Os afundimentos de petroleiros ante as nosas costas ten deitado contaminadoras e destrutoras mareas negras, especialmente na zona da Costa da Morte. Terra adentro atopamos vertedoiros incontrolados de lixo que constitúen importantes focos de contaminación. Finalmente, os incendios forestais provocan un grande desastre ecolóxico ao arrasar grandes superficies boscosas e de monte. ACTIVIDADES: 1. Le comprensivamente o texto e elabora un resumo do mesmo despois de dar os seguintes pasos: -subliñado das ideas máis importantes, -xerarquización desas ideas a través dun esquema, -redacción con palabras propias dun novo texto que será unha síntese do anterior. 2. Elabora un esquema que recolla: Os problemas ambientais en Galiza. 3. Sinala no mapa os principais elementos do relevo galego. 4. Trata de razoar e explicar as seguintes afirmacións: -A Serra do Barbanza e a Serra da Queixa son as zonas máis chuviosas de Galiza. -Nos vales do Sur de Galiza podemos atopar cultivos como o viño e o aceite, que son típicos de clima mediterráneo. 5. Redacta unha breve descrición sobre as características paisaxísticas e climáticas da zona na que está asentada a túa poboación.
  5. 5. PCPI-1º OUT-2012 TEMA: GALIZA I. POBOACIÓN. ECONOMÍA. SOCIEDADE. CUESTIÓNS SOBRE O TEXTO: 1. Define os seguintes conceptos: despoboamento, proceso de avellentamento, descenso demográfico. 2. Segue a ser Galiza un país fundamentalmente rural? 3. Que consecuencias se derivan do despoboamento de certas zonas do interior de Galiza? 4. Que factores inflúen na concentración de poboación na costa galega? 5. Que está a suceder no teu concello?
  6. 6. PCPI-1º OUT-2012 COMENTA DE XEITO CRÍTICO O SEGUINTE MAPA E OS DATOS QUE SOBRE A POBOACIÓN GALEGA PODES TIRAR DAS TÁBOAS QUE SE ATOPAN DEBAIXO.
  7. 7. PCPI-1º OUT-2012
  8. 8. PCPI-1º OUT-2012 AS TRANSFORMACIÓNS CULTURAIS actividade: Busca de información sobre grupos musicais actuais.
  9. 9. PCPI-1º OUT-2012 TEMA: GALIZA III. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL. ACTIVIDADE: Elabora un organigrama semellante ao anterior atendendo ao sistema político galego.
  10. 10. PCPI-1º OUT-2012
  11. 11. PCPI-1º OUT-2012
  12. 12. PCPI-1º OUT-2012 ACTIVIDADES: 1. Averigua todo o que poidas en torno aos conceptos de parroquia e comarca. 2. Explica a diferenza entre concello e comarca. A que comarca pertence Rianxo? 3. Sinala no mapa as comarcas da túa provincia. 4. Explica a diferenza entre concelleiro e conselleiro 5. Busca información sobre as institucións autonómicas: -Localización das sedes. -Consellarías do goberno autónomo. -Nome do presidente e do vicepresidente da Xunta.
  13. 13. PCPI-1º OUT-2012
  14. 14. PCPI-1º OUT-2012

×