Familias léxicas

6,990 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
6,990
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
7
Actions
Shares
0
Downloads
32
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Familias léxicas

  1. 1. FAMILIAS LÉXICAS Familia léxica: É o conxunto de palabras que presentan a mesma raíz etimolóxica Familias léxicas regulares: as palabras que as compoñen presentan un lexema idéntico: terra, terrestre, soterrar, aterrar, terroso... Pode suceder que, por razóns ortográficas, algunha das palabras integrantesdunha familia léxica presente unha grafía diferente, sen alterarse a raíz desde opunto de vista da pronuncia. Neste caso, a familia léxica segue considerándoseregular (ex. barco, barquiño, embarcar, barqueiro...) Familias léxicas irregulares: as palabras que as componen presentan, por razóns de evolución da lingua, dous ou máis lexemas lixeiramente diferentes. FAMILIAS LÉXICAS IRREGULARES cor corar colorar colorante colorido incoloro dor dorido doloroso condolencia doenza doente doer dolencia lúa luar lunar lunático luarada aluar luneta alunar alunaxe lume lumear Iluminar luminoso lumegar alumar lumeiro iluminación luminotecnia luminosidade orde desorde ordenar ordenador contraorde coordinar subordinar persoa persoal personaxe personalidade impersoal persoeiro personalizar saír saínte sobresaínte saída Salientar saliente sobresaliente segredo segredar secreto secretamente secretario só soamente soidade solo solista solitario soar resoar disonancia resonancia consoante soante consonantismo consonancia táboa taboado taboeiro tabular tabulador taboleiro vir convir conveniente inconveniente provir intervir proveniente interviniente vixiar vixiante vixía Vixilancia vixilante vontade Voluntario voluntarioso voluntariedade xear xeada conxelar xelado xerar xeral dexenerar xeneral xeralmente xeración xeneralizar xeneralidade
  2. 2. EXERCICIOS 1.- Formar as familias léxicas de mar, ferro, barco e tolo 2.- Buscar a palabra que non forma parte de cada familia: a) Plano, planisferio, planura, planear, chan, chaira... b) Peito, peitoril, peitoral, peitear, antepeito, peituga.. c) Leite, leito, leitón, lactosa, lácteo, leiteira... d) Alba, albor, alboroto, alborada, alborexar, albo... e) Sol, parasol, soleira, solaina, xirasol... 3.- Completar: a) Se non é vogal, é ..................., e forma parte do sistema .................... da lingua b) O ................ é un alimento de variados sabores que necesariamente hai que conservar no ............... do frigorífico c) Naquela novela había unha grande cantidade de .................... e para poder facer un bo estudio deles, creo que sería adecuado ................ ou facer un inventario completo de todos eles d) A pesar de non posuír unha técnica moi depurada era un xogador tremendamente .................... e) Non me preocupan tanto as actitudes particulares como as .................... e estaba claro que aquela situación que no inicio fora moi positiva comezaba agora a .................... f) Cando ela morreu, presentoulle ao seu marido as súas .................... en .................... porque a familia nunca a tería aceptado nas honras fúnebres g) Finalmente démonos conta de que aquela infornmación .................... do .................... de anuncios era totalmente incorrecta h) Os científicos da NASA analizaron con axuda dos seus .................... a composición das mostras .................... recollidas polos astronautas da misión i) Aquel ....................do exército era capaz de.................... aos seus subordinados máis próximos accións impropias da condición militar4.- Substituír as palabras subliñadas polo adxectivo ou advervio correspondente: a) Presentouse por propia vontade b) Un produto que dá cor c) Un conflito entre xeracións diferentes d) Un líquido sen cor e) Unha morte que causa dor f) Uns verbos sen desinencias de persoa g) As medidas que conveñen para solucionar o conflito h) Unha persoa que vive sen compañía i) Un xogador que pon moita vontade no xogo l) Un político que sobresae _______________________________________________________________

×