• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
 

E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S

on

  • 1,041 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,041
Views on SlideShare
872
Embed Views
169

Actions

Likes
3
Downloads
6
Comments
0

2 Embeds 169

http://terceiroeso2.blogspot.com 105
http://terceiroeso2.blogspot.com.es 64

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S Presentation Transcript

    • ECOLOXÍA DAS LINGUAS
    • ECOLOXÍA DAS LINGUAS
      • As linguas non restan. As linguas suman. As linguas non pesan. Non son un lastre para quen as leva. Pola contra, son elas as que levan o peso da historia enriba da cabeza. (...) Porén, malia non ter peso, as linguas pertencen á natureza. Mesmo son o enxerto máis logrado e actúan como o pole para a semente. Verbo desa fecundación, quixera lembrar que na lingua galega os seres máis nomeados son dous cativos coleópteros. O vagalume é chamado de máis de cen maneiras diferentes e algo semellante ocorre coa xoaniña. (...) O vagalume e a xoaniña escasean agora por mor dos herbicidas.
      • Unha lingua é comparábel a un senlleiro ecosistema. Se sentimos noxenta a queima dun bosque amazónico ou a seca dun río, ou a perda dunha obra artística e monumental, cómo ser insensíbel ante a vida das linguas! (...) A vida das linguas é unha metáfora das nosas vidas.
      • (...) Hai que considerar as linguas parte esencial do medio ambiente. O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) di que a perda dunha lingua e do seu contexto cultural representa a queima dun libro de consulta único do mundo natural. De seguir a actual tendencia, calcúlase que dentro de 100 anos, o 90% dos idiomas do mundo estarán extinguidos ou a piques de se extinguir.
      • MANUEL RIVAS (Luces. El País. 18/01/2008)
    • Cada dúas semanas morre unha lingua En menos dun século desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo. En colaboración co instituto a prol das linguas en perigo, a publicación National Geographic está a realizar un proxecto de documentación, para identificar os lugares do mundo onde a situación é máis crítica. Cada 14 días, apuntan, unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010 probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo algunhas sen testemuña escrita ou audiovisual ningunha- e con elas a sabedoría acumulada dos seus pobos. O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas que esmorecen, como por exemplo a implantación de programas de aprendizaxe para os cativos en idade escolar. Porén, afirman que o éxito destes plans depende do grao de implicación dos estados. Así, salientan como positivo o traballo feito co hawaiano, co maorí e co hebreo, e avogan polo uso das novas tecnoloxías para acadar resultados máis positivos. Fonte: xornaldixital Vieiros.
    • A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra. Cantas linguas se falan hoxe no mundo? Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes. Menos de 300 linguas superan o millón de falantes. O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE .
    • A ONU recoñece uns 200 estados, pola contra hai milleiros de linguas vivas. As fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas. O normal é que a un estado lle correspondan varias linguas. O FALSO MONOLINGÜISMO FRANCÉS
    • Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan.    A UE , como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo .  A EUROPA DAS NACIÓNS
    •  
    • A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro. 
    • No continente europeo hai moi poucos estados monolingües: tradicionalmente mencionamos os casos de Islandia e Portugal (co permiso do mirandés), hoxe deberiamos incluír varias ex-repúblicas soviéticas. No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes países…
    •  
      • TIPOLOXÍA DAS LINGUAS
      • LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS. ( Segundo o número de falantes)
      • LINGUAS OFICIAIS E LINGUAS SEN ESTADO. ( Segundo o estatus legal)
      • - LINGUAS MINORIZADAS E LINGUAS DE PRESTIXIO. ( Segundo o estatus social)
      CAUSAS DA DESAPARICIÓN DUNHA LINGUA: 1. Substitución da lingua . 2. Desaparición da lingua : 2.1. Desaparición física dos falantes , 2.2. Ruptura da transmisión familiar .
    • Linguas minorizadas
    •  
    • As linguas do Estado Español
    • Territorios de fala galega
    • O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.
    • O galego-portugués no mundo
    • POR QUE ESTA DIVERSIDADE E NON UNHA ÚNICA LINGUA? Sempre en Galiza , Castelao.
    • Cuestións para a reflexión
      • Por que meu irmán comezou a falar moito antes ca min?
      • Por que na lingua esquimó teñen multitude de nomes para a “foca”?
      • Por que se comezou a usar por España adiante o termo galego “chapapote”?
      • Cal é a familia lingüística do galego?
      • Por que os falantes abandonan a lingua de seu?
      • Por que esta diversidade e non unha única lingua?
      • Que é a “eco-lingüística”?
      • Exercicio 5. da páxina 36 do Libro de Apoio.
    • FONTES…
      • Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. (pax.7 e 11)
      • Guía das linguas de Europa . X. H. Costas. (pax. 9, 17, 33)
      • As linguas de España . Mª V. Moreno. (pax. 59-61)
      • Sempre en Galiza . Castelao. (pax. 43)
      • Artigos e tiras cómicas tirados da prensa cotiá.
      • Imaxes tiradas da rede e da presentación de Román Landín aloxada en slideshare.
      • Libro de apoio (pax. 33)