Díaz castro. letras galegas 2014
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Díaz castro. letras galegas 2014

on

  • 2,802 views

 

Statistics

Views

Total Views
2,802
Views on SlideShare
295
Embed Views
2,507

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

18 Embeds 2,507

http://coordinadoraendl.org 1232
http://www.coordinadoraendl.org 595
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es 427
http://avozdoalobre.blogaliza.org 214
http://feedly.com 9
http://trafegandoronseis.blogspot.com 7
http://blogsaverroes.juntadeandalucia.es 6
https://twitter.com 3
http://www.trafegandoronseis.blogspot.com.es 3
http://trafegandoronseis.blogspot.de 2
http://www.google.es 2
http://trafegandoronseis.blogspot.nl 1
http://trafegandoronseis.blogspot.kr 1
http://trafegandoronseis.blogspot.co.uk 1
http://trafegandoronseis.blogspot.mx 1
http://trafegandoronseis.blogspot.co.at 1
http://trafegandoronseis.blogspot.com.br 1
http://alinguademarlou.wordpress.com 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Díaz castro. letras galegas 2014 Díaz castro. letras galegas 2014 Presentation Transcript

  • Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas, 2014
  • Os Vilares, Guitiriz. 1914-1979
  • Dende neno tiven contacto directo cunha natureza chea de vida, de seres vivos, de cores vivas. Mergullado nun mundo de paz e silencio ininterrumpido e animado pola música das augas, dos ventos, das aves, dos cantares viriles dos labregos. (…) Esta foi a raíz da miña inspiración e da miña vocación poética.
  • Foi aos oito ou dez anos… Na escola primaria. Daquela empecei a fiar os meus primeiros versos. Eran poemas malos, en castelán, xermolos dos que virían despois. A verdade é que eran cousas que non podían ser gardadas.
  • Ata os trece anos, podo dicir que non empecei a escribir de verdade. Acórdome dunha vez que fun á praia de Sada. Levei un papel de estraza e alí, mirando ao mar, escribín un soneto. Tería catorce anos.
  • Na miña familia había unha tradición, xa anterga, de curas… E unha grande relixiosidade. Eu non sabia se había ou non había vocación, pero deixeime arrastrar polos cariños familiares. Foi máis tarde, ben máis tarde, cando me din conta de que aquel non era o meu camiño. (…) Pero alí (no Seminario de Mondoñedo) foi onde me perfeccionei eu, aprendín a escribir, aprendín a escribir en verso.
  • A miña cultura orixinal é galega, pero despois tiven unha cultura sobreposta, a castelá. Empecei a escribir en castelán porque daquela era o que estaba de moda. O exemplo de Aquilino Iglesia Alvariño foi o que máis me influiu na elección da lingua galega para escribir poesía, o que me determinou a escribir e publicar en galego.
  • A primeira poesía publicada por Díaz Castro nunha revista católica foi ¡Toma mi corazón!. A partir de aí publicou poemas en galego e castelán espallados por diversos medios impresos. Pero houbo dous poemarios, que redactara durante a súa estancia no Seminario de Mondoñedo, que nunca viron a luz, Follas verdes e Follas ao aire.
  • Despois virían os anos no exército e, aínda que se prestou voluntario para ir á primeira liña de combate, non participou na guerra do 36, pois os franquistas déronlle un posto de enfermeiro no Hospital de Pontevedra. Aí escribiu o soneto ¡A la bandera española! e un longo poema en galego titulado No combate.
  • Ao seu regreso xa non permaneceu no seminario máis ca uns meses. En 1940 incorporouse ao equipo de profesores do León XIII, colexio privado de Vilagarcía de Arousa. Combinou as súas clases coa aprendizaxe de idiomas, que acabarían por convertilo, co tempo, nun dos mellores tradutores españois.
  • En 1946 déixase convencer para presentarse ao certame poético de Betanzos, cun poema en español, Cántico de la ciudad, e outro en galego, Nacida dun soño. Gañou nas dúas categorías. A partir de entón comeza as colaboracións poéticas na prensa.
  • En 1948, Díaz Castro chega a Madrid para tomar posesión como tradutor no Ministerio da Gobernación, ás ordes dun coronel do Servizo de Intelixencia. O seu bo facer neste posto levarao a formar parte do Instituto de Cultura Hispánica e entregarase completamente ao seu labor traducindo todo tipo de textos para o español. Non regresará, máis que esporadicamente, a Galiza até 1983, xa xubilado.
  • No medio da súa xeira madrileña, casará e publicará a súa única obra, Nimbos. Foi Fernández del Riego quen lle pediu un poemario para a colección poética que viña de abrirse con Os eidos, de Novoneyra. En 1961, Díaz Castro cumprirá co pedido.
  • Tras o seu regreso a Guitiriz, en 1983, volverá a espallar as súas publicacións por varias revistas e entrará en contacto con toda a intelectualidade da Galiza dos oitenta.
  • A obra poética galega editada por Díaz Castro e non reunida en Nimbos ficou espallada en revistas e xornais. Unha grande parte da súa escrita xerouna noutras linguas, nomeadamente en castelán.
  • Único poemario de Díaz Castro, que foi publicado en 1961. O poeta, adscrito por Méndez Ferrín á Xeración do 36, por ver interrompido o seu labor coa guerra civil, diferénciase de todos os poetas da súa xeración no seu distanciamento de calquera das posicións dos intelectuais de esquerdas da época, do nacionalismo ou mesmo do galeguismo.
  • Díaz Castro non se encadra en ningunha das correntes dos coetáneos cos que máis se relacionou, nin no neotrobadorismo de Cunqueiro, nin no intimismo de Pimentel, nin no clasicismo de Carvalho Calero, nin sequera no paisaxismo de Novoneyra e, desde logo, está moi lonxe da poesía social de Celso Emilio ou de Manuel María. A súa tendencia ruralista, na liña de Crecente Vega, desde o paisaxismo herdado do séc. XIX por Noriega Varela, é só compartida co seu mentor, A. Iglesia Alvariño.
  • Nimbos está conformado por 32 composicións, estruturadas en 7 partes: Pórtico, Noite, Lus, Espranza, Milagre, Soño e Ferida. Trata diversos temas (o amor, o recordo, a ausencia, a esperanza) pero destaca especialmente a figura da muller, que aparece de múltiples formas ao longo do poemario (nai, amante, esposa, viúva… forza instintiva, símbolo da Terra).
  • Na liña dos místicos españois e do simbolismo bíblico, a obra xira en torno a catro eixos temáticos: • A reflexión sobre a propia creación poética • A contraposición Luz (Deus, pasado, infancia, memoria) / Sombra (Mundo, Ser Humano) • A relación entre o Tempo (dos ciclos da natureza) e a Historia (bíblica, clásica, celta e a historia contemporánea de Galiza) • Galicia como nai (cadro costumista, descanso do poeta e patria asoballada)
  • Os tópicos literarios clásicos sulcan o poemario, desde a captatio benevolentiae até o ubi sunt? pasando polo locus amoenus ou o tempus fugit. Tamén aparecen dous lugares comús máis contemporáneos: o concepto da vida como navegación e a concepción do mundo ao revés. Todos eles póñense ao servizo da concepción tráxica da vida que alenta na obra e da temática relixiosa, omnipresente en Díaz Castro e tan pouco habitual na nosa Literatura.
  • O símil e a metáfora son os recursos preferidos por Díaz Castro e a eles súmase a abundante simboloxía que percorre a obra. • O anxo, mensaxeiro de Deus, que cumpre a súa vontade na Terra. • A árbore, ser de dous mundos (sombra e luz), símbolo da vida humana. O símil e a metáfora son os recursos preferidos por Díaz Castro e a eles súmase a abundan simboloxía que percorre a obra. • O anxo, mensaxeiro de Deus, que cumpre a súa vontade na Terra. • A árbore, ser de dous mundos (sombra e luz), símbolo da vida humana.
  • PÓRTICO. Entrada ao espazo poético. Captatio benevolentia Coma ventos fuxidos Estes non son poemas, nin cimentos de poemas siquera. Son fragmentos de min mesmo perdidos, coma ventos fuxidos, por antigos camiños esquencidos: ¡Díaz Castro perdido no traxeito dun recordo moi longo, recolleito por un anxo e salvado nalgún intre de amor desesperado!
  • NOITE. Desilusión do poeta polo mundo Sic transit gloria mundi Borrallo ¡Ave, césar, ei! Ti fas e desfás: non hai copa nin reino vedados para ti, ¡por quen choran tóda- las estrelas xa sobre a cinza horrible do que ardeu sen lus!
  • ESPRANZA. A confianza na chegada de mellores tempos. Terra sucada ¡Terra sucada, poema de cen versos, na outonía! Orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas… Ferve o grau, pulo enterrado da espranza, nena dormida. ¡Terra do ceo arrincada! Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida!
  • MILAGRE. A nova vida que trae a primavera mostra as cousas boas do Mundo. Cova alumada ¡Cruel, cruel, cruel realidade! ¡Ai laio sobre o escombro dun soño que non se erguerá máis! Para aló do mundo, un sol sen noite nin historia busca a ruina esquencida e énchea toda de gloria.
  • SOÑO. Na liña da tradición mística hispánica. Coma un río Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar deixando unha chorima en cada pedra, eunha bágoa de Deus en cada herba. (…)
  • FERIDA. O poeta reafírmase no seu labor como creador de palabras. Coma unha insua ¡Pro veu a noite derrubando todo! E eu, sedento dunha áncora ou baía, Dinme a buscar teus cen perdidos nomes Para te chamar, ¡0uh nai, ouh insua miña!
  • Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
  • Debuxo de Carmela Castro (1º Bacharelato, IES Félix Muriel, Rianxo)
  • FONTES BIBLIOGRÁFICAS
  • FONTES DAS IMAXES