Coherencia textual

1,469 views
1,325 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
5 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
1,469
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
228
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
5
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Coherencia textual

  1. 1. Lingua e Literatura Galega 3ºeso A ADECUACIÓN E A COHERENCIA TEXTUAL OBXECTIVOS: 1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade académica. 2. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural. 3. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico. 4. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección. CONTIDOS: 1. COMUNICACIÓN. Tema 2 : Os textos e os seus tipos. COMPETENCIAS: 1. C. EN COMUNICACIÓN -Saber escoitar. - Saber escribir. -Saber falar. -Saber ler. 2. C. PARA APRENDER A APRENDER -Ler e escribir comprensivamente. -Autocorrección. -Autoavaliación e coavaliación. 3. C. NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL -Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas. -Localizar a información. -Usar autonomamente os medios de comunicación social 4. C. SOCIAL E CIDADÁ -Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos (procedentes dos medios de comunicación, orais ou escritos) VOCABULARIO ESPECÍFICO: -Adecuación. Coherencia. -Intención comunicativa. -Emisor-Receptor. Canle. Tema MATERIAL: -Textos tirados de libros de texto, de artigos dos xornais... -Libro de apoio: A Coherencia. páx. 186 (1). ACTIVIDADES: 1. Realización dos exercicios da unidade. 2. Elaboración de definicións adecuadas para o vocabulario específico do tema. 3. Traballo coa prensa cotiá. AVALIACIÓN: A través de cada unha das actividades.
  2. 2. Lingua e Literatura Galega 3ºeso A ADECUACIÓN E A COHERENCIA TEXTUAL A adecuación é a propiedade en virtude da cal o texto se constrúe mostrando unha xusta correspondencia entre os elementos que participan na comunicación (emisor e receptor da mensaxe) e a situación comunicativa concreta (onde e cando se realiza a mensaxe). É por tanto, a correcta adaptación dun texto á situación comunicativa. Unha mensaxe producida por un mesmo emisor pode resultar adecuada nunha situación e inadecuada noutra. O contexto comunicativo condiciona o rexistro de lingua empregado. Así, por exemplo unha expresión como "esta novela é unha lata; non hai por onde collela; é mellor que pases dela" pode resultar adecuada nunha conversa informal entre dous compañeiros de clase. Porén, resultaría totalmente inadecuada se se incluíse, por exemplo, nunha crítica sobre a novela aparecida nalgún medio de comunicación, onde se preferiría unha expresión do tipo "a presente novela resulta notabelmente monótona e insubstancial; non ofrece ningún interese nin produce especial motivación, polo que non resulta nada recomendábel a súa lectura". A adecuación refírese, por tanto, á forma, ao xeito de expresar un contido determinado. Esta forma debe adaptarse á situación e aos interlocutores. Unha mensaxe informal nun contexto que require formalidade pode resultar vulgar ou, cando menos, pouco elegante. Ao contrario, unha mensaxe excesivamente formal nun contexto que reclama informalidade resultará pedante. 1. Factores que interveñen na adecuación Os factores que determinan a adecuación de cada rexistro en calquera acto comunicativo son, no esencial, a intención comunicativa, a canle, o tema e a relación emisor-receptor. a) A intención comunicativa. É a intención ou finalidade da comunicación: informar, persuadir, entreter, preguntar.. Algunhas delas teñen tendencia á expresión formal (como a información, por exemplo). Outras, pola contra tenden á expresión informal (os textos de entretemento ou moitos dos recursos de persuasión da publicidade, por exemplo). b) A canle. É o medio físico que empregamos para a comunicación. Pode ser oral (conversa telefónica, diálogo entre dúas persoas, intervención radiofónica...) ou escrita (carta persoal, xornal, novela, documento administrativo...). A tendencia habitual é que a oralidade tenda máis cara á informalidade, dado o seu carácter máis espontáneo, e a lingua escrita máis cara á formalidade e á aceptación con maior rigor das normas de corrección
  3. 3. lingüística. Con todo, como se pode observar nos exemplos dados, non sempre é así. c) O tema. Segundo o tema ou contido tratado, debe usarse un ou outro rexistro: un rexistro formal é requerido por asuntos serios ou importantes; o rexistro informal é chamado por contidos máis intrans-cendentes ou banais. d) Relación emisor-receptor. É a relación ou grao de familiaridade que manteñen os participantes dun acto comunicativo. Os rexistros formais ou informais utilizaranse segundo sexa esta relación, predominando o primeiro cando a relación sexa de pouca confianza e o segundo cando a relación sexa de maior familiaridade. Ist condicionará tamén as formas de tratamento (ti ou vostede). * Observa os factores que condicionan a adecuación nas seguintes mensaxes: - Por esta razón considero impresindíbel que o tema dos incendios forestais sexa levado ao Parlamento antes de que sexa demasiado tarde. - Veña! Dáme unhas poucas, ho! Levas papando nelas máis dunha hora e aínda non me has dar nada, lambón. - Art. 205. O Ministerio de Xustiza pode autorizar cambios de nome e apelido, logo de expediente instruído de forma regulamentaria. - Ola, Carme. Como vai iso? Canto tempo, eh? A que xa pensabas que me esquecera de ti? Pois non, chica, de min non te libras tan pronto, ou que pensabas, eh? - Ao meu avó diagnosticáronlle unha grave enfermidade. Afortunadamente, despois dunha arriscada operación, foise recuperando preogresivamente e na actualidade xa se encontra notabelmente mellor. - Vaia potra! Eu levo de rebaixas toda a semana e nada... E ti, na primeira tenda que entras, zas! esa chaqueta tan barata e tan guai. Así non vale, tía. -Bos días, señor Bouzas. Diríxome a vostede para ver se sería posíbel concertar unha cita con vostede na vindeira semana, se os seus múltiples compromisos llo permitiren. - Mira, papá, non vou poder ir contigo pescar mañá. Xa me gustaría, pero teño partido e xogamos fóra, así que síntocho, pero non vai poder ser.
  4. 4. EXERCICIOS 1.- A coherencia depende en gran medida da situación comunicativa. Indica cal pode sera situación de cada un dos seguintes textos, referidos todos eles a un mesmo acontecemento: Texto 1 Texto 2 Parece que nas últimas horas non se Pois eu nada máis empezar o movemento, produciron máis movementos sísmicos de collín e para fóra. Estaba na casa coa nena consideración, despois do gran tremor que maior e os dous á rúa, que aquilo parecía que sacudiu a comarca durante dous minutos, por se viña todo abaixo. Non sei vós, pero a min volta das 10 da mañá, causando o pánico da entroume un canguelo fino. Agoraparece que xa poboación. se calmou a cousa. Texto 3 Texto 4 Sismo Triacastela. 24 de maio. Baixei ao bar cando o sismo. Estou ben, só Intensidade: 5,1 escala de Richter. que non teño batería no móbil. Se chegas cedo, Hora inicio: 9h.57m. baixa. Duración: 1m. 44 ss. Réplicas: inapreciábeis (1,2 ás 11h.07m., a máis significativa) 2.- Reconstrúe o seguinte texto para que resulte coherente: * deste período só se conservan en galego algunhas mostras literarias, escasas en canto ao número e pobres cualitativamente * denominación que tamén adoita prolongarse ata o XVIII, aínda que neste século houbo características específicas que o individualizan dos anteriores * a difícil situación pola que pasou a lingua galega durante os séculos XVI e XVII fixo que estes se coñezan coa denominación de séculos escuros * mais non por iso houbo nesta etapa unha inxente producción literaria en castelán, ou en latín; non. * o galego practicamente desaparecera como lingua escrita, polo que * parece coma se os galegos, desposuídos do uso digno do seu propio idioma, fosen incapaces de se expresaren literariamente 3.- Completa os enunciados coas preposicións e conxuncións necesarias para que ofreza coherencia: - Deitei a nena .................. creo que xa durmía .................. cheguei ao final do corredor .................. esta rapaciña queda durmida cunha facilidade pasmosa - Díxenlle .................. ía facer algo para cear con el; .................. de que el nunca me convidara a min Eu non son rancoroso .................. dirixinme á cociña para comezar - Comezaba a escurecer cando chegou; .................. case se pode dicir que era xa noite .................. el apareceu tan campante, a esas horas, despois de estar todo o día desaparecido, .................. se nada. Cando o pai o viu .................. do cariño que lle tiña, non puido evitar darlle unha labazada
  5. 5. 4.-Completa os textos cos substitutos léxicos adecuados: Un terremoto sacode Colombia co saldo Devolto ao mar un delfín que varou na de decenas de mortos praia da lanzada O forte ................. que onte sacudiu Un ................. de algo máis dun metro de Colombia tivo un saldo provisional de 16 lonxitude foi devolto ao mar tras ser atopado mortos e centos de feridos. O ................. varado na praia da Lanzada. O ................. produciuse ás 13h.45 hora local e tivo unha foi descuberto arredor das nove da mañá; intensidade de 6,4 graos na escala de só dúas horas despois era empurrado á Richter auga por algúns veciños. O ......................... non lograba afastarse por si só da costa, polo que finalmente tivo que acabar sendo remolcado Táboas no derbi catalán Un home fere un deputado británico e asasina o colaborador deste cuha espada Un agresivo Espanyol e un Barcelona máis de samurai técnico asinaron xustas táboas no derbi disputado en Montjuich. Foi un partido no Un deputado liberal británico resultou que os ................. xogaron mellor o primeiro ................. e o seu asistente ................. ao tempo e os ................. a segunda metade. O seren atacados por un ................. que equipo españolista segue invicto mentres portaba unha espada de samurai. Os que o de ................. non alcanza o liderado. ................. sucederon na tarde do venres nas portas da sede do Partido Socialdemócrata. O ................. atacou coa ................. o ................. Nigel Jones. Nese momento, e nun intento de defender o seu ................. Andy Pennington antepúxose con rapidez entre ................. e ................. A cidade olívica solidarízase co terceiro Segundo varias testemuñas, ................. mundo recibiu cando menos dez cortes e morreu desangrado, mentres que ................. puido O próximo domingo ................. será a sede ser atendido das feridas nunha tenda galega da campaña cooperativa que próxima ao lugar do ................. O organiza a ONG Intermón, sucedendo á ................, Rob Ashman, de 49 anos, foi Coruña, xa que ................. foi a encargada detido pola policía dez minutos máis tarde, de organizar este mesmo evento no pasado cando paseaba por un centro comercial coa ano. ............. aínda ensanguentada. 5.- Continúa os enunciados usando diferentes procedementos de substitución léxica: * Exemplo: Encontraron unha vaca morta do outro lado da cancela  A res saltara soprendentemente o valado, feríndose de xeito brutal - Antón saíu onte de paseo e viu unhas amigas - Os prezos das obras de arte volven a subir nas poxas de todo o mundo - O encargado de negocios foi ascendido rapidamente polo xefe de sección - María anda con serios problemas de voz e perdeu o seu lugar na compañía - Desde hai moitos anos, o día do santo da avoa reúnese toda a familia no pazo
  6. 6. - As probas realizadas coas mostras extraídas dos chimpancés resultaron negativas - As caras das víctimas impresionaron a todo o mundo 6.- Propón titulares a partir dos enunciados mediante o recurso da nominalización: *Exemplo: O Deportivo clasifícase in extremis para cuartos de final  Clasificación in extremis do Deportivo - O conselleiro foi cesado fulminantemente polo presidente da Xunta - O Instituto Hidrográfico Portugués confirma que aparecen novas manchas de fuel na zona do afundimento - Centos de veciños de Fisterra protestan pola fonte que o concello colocou no medio da praza maior - Paralízase a construcción dun importante edificio porque incumpre a normativa vixente. - O goberno non financia de maneira suficiente os centros de ensino público - Os Estados do Sueste asiático están a rearmarse dun xeito preocupante nos últimos tempos - A auga non foi subministrada a unha gran parte da poboación das zonas afectadas 7.- Completa os texto con procedementos gramaticais de cohesión - O ancián pintor Wang-Foo e o seu discípulo Ling erraban polos camiños do reino de Han. Avanzaban lentamente e non ían moi cargados xa que ................. amaban a imaxe das cousas, non as cousas en si mesmas, e ningún obxecto do mundo lles parecía digno de ser adquirido - Chico Mendes naceu en 1944 no Seringal Ecuador, a seis quilómetros da fronteira boliviana e ................. viviría ata que ................. asasinaron en 1988. Aínda que foi bautizado co nome de Francisco, todos ................. chamaran sempre Chico. O bosque foi o ................. primeiro profesor. Non había escola, pero o rapaz, ................. devoraba ansiosamente todos os libros que caían nas ................. mans, parecía ter un don especial ................. definiríase máis tarde a si mesmo como un ecoloxista autodiacta. - Cinco adolescentes foron detidas pola policía acusadas de roubar e golpear varios menores. Segundo as testemuñas, tres das mozas atacaron un neno mentres as outras dúas entretiñan os seus compañeiros. Tanto ................. como ................. admitiron os seus cargos - A igrexa está á entrada da vila. Moi preto ................. , encóntrase a casa rectoral 8.- Constrúe un texto ben cohesionado a partir das seguintes afirmacións: É de noite. O ladrón fuxiu do cárcere. Os gardas déronse conta de que o ladrón fuxiu do cárcere. Os gardas perseguiron o ladrón durante toda a madrugada. Os gardas rexistraron as estradas próximas. Os gardas falaron cos veciños. Os gardas apresaron o ladrón o día seguinte pola mañá. O ladrón foi descuberto preto da vía do tren. O ladrón estaba durmindo no momento en que foi encontrado polos gardas.
  7. 7. 9.- Partindo dos seguintes enunciados, elabora un texto coherente e ben cohesionado: - O teixo común é unha árbore perennifolia do grupo das coníferas - O nome científico do teixo común é Taxus baccata L. - O teixo común pode acadar os dez metros de altura - Todas as partes do teixo común conteñen principios velenosos - Hai unha lenda negra en torno ao teixo - A crenza de que o teixo era velenoso contribuíu ao retroceso do teixo - O teixo é a árbore máis lonxeva das existentes en Galicia - O teixo pode superar os dous mil anos de idade - En Galicia non se encontran teixos moi vellos - En Galicia destacan o teixo de Pondedeume e o teixo de Piornedo - O teixo de Piornedo está datado en máis de setecentos anos - O teixo de Pontedeume ten un diámetro de 130 cm. - O teixo é apreciado pola excelente calidade da súa madeira - Hai unha década descubriuse na cortiza do teixo unha substancia de uso farmacêutico 10.- Enlaza os enunciados mediante conectores textuais - Estudias. Fas os exercicios. Merendas. Podes ver a televisión. - A fin de semana próxima irei visitar o meu irmán. Estarei pouco tempo. Non quero ser pesada. - Acaba de saír unha nova revista sobre a música e a literatura bravú. A min non me gustan moito. Non me atraen moito estas novas tendencias. Vouna mercar para observar o fenómeno. - Hai que estar ben informados para andar pola vida. A profesora dinos que debemos ler varios xornais e logo contrastar a información. 11.- A partir da información inicial, redacta tres textos que respondan á situación indicada, coidando a súa correcta adecuación O teu mellor amigo Iván está a punto de abrir un local novo em Ordes: unha discoteca. Vaille chamar Superdisco Iván. Ten previsto abrir ao público o xoves 24 de setembro. Para chamar a atención da clientela e dos medios de comunicación en xeral, ten previsto organizar unha gran festa de apertura á que convidou xa á xente que lle pareceu máis oportuno. Haberá barra libre e un concerto de Los Piratas. El cre que vai ser o bombazo da temporada. a) Cartel para pegar na rúa anunciando a próxima apertura e a festa de inauguración b) Mensaxe de texto ao móbil dunha amiga para informala e convencela para ir á festa c) Noticia xornalística informando do evento
  8. 8. 12.- Clasifica as palabras de cada serie de sinónimos nos rexistros indicados - Derramar, estragar, escarallar, botar a perder, murchar, ir a pique, malograr, podrecer, inutilizar, chafar, danar, arruinar, cascar - Falar, manifestar, pronunciar, parolar, conversar, largar, darlle á lingua, charlar, baduar, dialogar, esbardallar, fungar, expresar, expor - Roubar, furtar, levar, mangar, ratear, substraer, usurpar, levantar, limpar, botarlle a man 13.- Compara os seguintes textos: Onte, xa era ben noite, que eu case vos Onte, a última hora da noite, un turismo que estaba durmido, que primeiro estuven circulaba con matrícula estranxeira pola autovía aquelando a comida de mañá e logo estiven Pontevedra-Marín en direc-ción contraria e cun vendo a tele un pouquichiño e... ben, pois, notable exceso de velocidade, entrou en colisión nisto que oio un ruído e era que pasou un cunha moto cuxo conductor resultou ileso; non coche pola autovía, a matrícula parece que así o ocupante do sidecar, o cal sufriu trauma- non era de aquí, segundo dixeron uns tismo cranial e outras feridas de diversa despois, non che sei, e pasou, habiades de consideración, que fixeron cualificar o seu velo, a toda pastilla e aínda por riba polo carril estado, polos médicos do centro sanitario onde que non era del, )ouvistes tal cousa? (Que de foi ingresado, de prognóstico reservado. Tamén viño debían traer para vir así!(Abofé que desde o hospital se informou do elevadísimo debían vir borrachos coma pipos! E claro, índice de alco-lemia do conductor do automóbil. viñan dous rapaciños nunha moto desas con carricoche e (patapún! bateu con eles. A partir desta mesma tarde iniciaranse as investigacións oportunas para descubrir a Pero o peor fóichevos para eles que identidade deste último, así como a do seu morreron alí mesmiño, aínda que o fulano do acompañante, xa que ambos ían carricoche tamén quedou ben apañado o indocumentados e faleceron no acto. Solicítase pobre, que, o outro non, ao outro non lle a quen puider dar algún tipo de información pasou nada, pero ao amigo... Que cando o sobre os ocupantes do vehí-culo sinistrado se levaban vino eu, (Ai, meu Deus! Parecía un poña en contacto coa comisaría de policía máis cristo, santiño. Seica o levaron ao Hospital próxima. Xeral. E agora din que van comezar a preguntar como se chamaban e iso, que non Accidentes como o desta noite poñen tamén levaban documentos nin nada, a ver se de relevo a perigosidade desta estrada de vía alguén che sabe algunha cousa. dupla. Hai que ter en conta que é o undécimo accidente no que vai de ano e os veciños da (Bueno! Pero aquí é que sempre che nos zona afirmaron que continuarían ocorrendo en pasa algo disto porque mira que xa houbo canto non se tomaren medidas máis drásticas. unha chea de accidentes este ano e xa protestamos, pero os mandamais non nos dan -Non logramos chamar a atención das feito caso. Aínda han morrer moitos máis. autoridades -comentan- Seguirá habendo mortos. 14.- Reescribe, cambiando o rexistro a) O ancián ollaba atónito para a inmensidade líquida e glauca que viña morrer os seus pés c) Diagnostiqueille unha dor retroesternal con irradiación na rexión cubital esquerda, á parte dunha cefalalxia persistente e) )Onde lle entramos ás birras? E logo a ver se soltades a guita, tíos, que xa sei que levades pasta gansa da fina e hai que comprar a lupanda e buscar un sitio chachi pa baixala g) É un preparado con acción notabelmente beneficiosa para a saúde en pacientes con procesos gripais. Resulta igualmente útil no tratamento sintomático das afeccións provocadas polo arrefriado. O ácido acetilsalicílico é eficaz como antipirético, analxésico e antiinflamatorio.
  9. 9. Produce un alivio sintomático no tratamento da dor e da inflamación. Resulta inhibidor da agregación plaquetaria. h) Tela que ver, tío. Flipas por colores. Chámase Non marches sen min 2. Vai dun poli que lle secuestran a familia para facer chantaxe e pegar un pao nun banco moi importante. Mira, no medio da película vai o Van Dame e atópase co ghicho aquel, non sabes?, o mesmo que facía de malo en Mentiras perigosas, pois atópase con el no cuarto. Empeza alí a dar patadóns e tal e fai unha desfeita. 15.- Corrixe as caídas de rexistro dos seguintes textos: - Se eu fose un pintor excelente, pintaría unha paisaxe de verán cunha praia moi longa, detrás da cal habería unha montaña chea de flores. En realidade, eu non sei debuxar moi ben, pero despois dunha longa e fructífera aprendizaxe probabelmente conseguiría uns resultados guais - Creo que o texto se está a referir á etapa dos séculos escuros, porque nesta época a penas había producción literaria en galego. E despois todo iso rematou e pasamos ao Rexurdimento, un movemento que supón unha revitalización da literatura e da lingua galegas - Dificilmente podiamos esperar que a película superase a versión orixinal, xa consagrada como un clásico da cinematografía universal. Pero, cando menos, parecía que un proxecto cun equipo técnico tan solvente e un elenco de actores tan importante conseguirían uns resultados superiores a esta petardada monumental coa que nos están a tomar literalmente o pelo - Infórmase a todo aquel que infrinxir a prohibición de traspasar esta barreira que o camiño ao que dá acceso é privado e no contorno encóntranse cans soltos que poden resultar extremadamente perigosos para os intrusos. Se aínda así alguén pasa de obedecer o sinal, sáibase que hai cámaras en filmación continua e as gravacións serán empregadas para meter unha denuncia a quen sexa 16.- Converte o conto de Dieste nunha noticia xornalística: Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e media da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila, din que era unha balea moi pequena. [...] Eu non digo que fose como un Consistorio a aboiar na ría, non son tan argalleiro, pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. [...] Os entendidos din que viña perdida, que entrou pola boca da ría como nunha gaiola e que, de moito dar voltas sen atopar saída, foi dar alí sen folgos, deixouse estar un intre e, como eran as mareas vivas e moito o seu calado, foise un pouco o mar e varou. [...] Houbo moito rebumbio entre os mariñeiros sobre o que conviña. Botáronlle un rizón, pero o rizón escorregaba e non prendía. Empuxáron con remos, non sei moi ben para qué, e recuaban as lanchas, desatracando dela coma dun transatlántico. Fixéronse enleadas manobras, con moitos berros e xuramentos, para lle pasar un cabo arredor, pero alguén dixo que aquilo era como querer levar preso cun fío a Oitentaenove (o hércules da vila), e tiña razón. [...] De súpeto (eu supoño que estaría enchendo o mar e que a balea encontrou folgo por debaixo de si para se remexer), de súpeto pensei que afogabamos todos, solagados na foula da súa manobra [...] Agora, para rematar o conto, direivos que non atopou as portas do seu grande mar e foi morrer a Vilanova.

×