• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
 

Carla Vidal. O Entroido tradicional galego

on

  • 299 views

Artigo elaborado por Carla VIdal, alumna de PCPI-2, arredor do Entroido tradicional galego.

Artigo elaborado por Carla VIdal, alumna de PCPI-2, arredor do Entroido tradicional galego.

Statistics

Views

Total Views
299
Views on SlideShare
131
Embed Views
168

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 168

http://www.bicodaria.com 168

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Carla Vidal. O Entroido tradicional galego Carla Vidal. O Entroido tradicional galego Document Transcript

    • O Entroido A orixe da palabra ``Antroido’’ ou ``Entroido’’ deriva do latín introitus que significa entrada ou comezo da primavera e do volta da vexetación. A súa orixe remóntase ás festas precristiás que se celebraban na antiga Grecia para venerar ao Deus Dionisios, que logo pasará a Roma onde había o costume de celebrar grandes festas polo Entroido. Os días sinalados son o domingo Faroleiro ou Borrallento onde os mozos utilizan farelo ou borralla para tirarlle ás mozas. No xoves de compadres pelexan cas mozas para quitarlles un boneco feito por elas para queimalo. Estes dous días representan a loita do poder entre os dous sexos.No xoves de comadres os papeis intercámbianse con respecto ao xoves de compadres. A loita chega ao corpo a corpo. Aínda que os días propios do entroido son o domingo, o luns e o martes nos que está prohibido traballar. Quen sexa descuberto facéndoo terá que pagar unha rolda de viños. Por último, o mércores de cinza é o día do fin da festa, no que se fai a queima do Meco ou o enterro da sardiña; nel que participan ``viúvas’’, ``curas’’ e ``nenos de coro’’. Os lugares nos que máis se festexa o entroido con traxes tradicionais son Maceda, Xinzo, Viana do Bolo, Laza e Verín, na provincia de Ourense. Cada personaxe tradicional ten a súa propia indumentaria. Os disfraces típicos de cada lugar varían, pero seguen un mesmo patrón. Os xenerais da Ulla visten con vellos traxes militares e un pucho tipo napoleónico coa cara descuberta; van montados en cabalos facendo desafíos e sermóns. As Madamas e galáns de Cobres levan uns traxes moi chamativos, feitos cunha base branca con colares, sombreiros, flores, plumas, abelorios… Sobre as roupas, as madamas levan moitas xoias de ouro que lle ían pedindo aos veciños como pulseiras, colares e pendentes, peiteados cun moño na cabeza… Bailan cos seus galáns no terreiro, un lugar reservado para eles. Os volantes de Chantada este disfraz ten unha estructura complexa que pesa 15 quilos, está feita con flores e moitas telas de cores formando volantes que cubren a persoa que o leva.
    • Os boteiros de Viana do Bolo A súa máscara pesa varios quilos, está formada por unha carauta negra de madeira con sorriso, nalgúns case mide un metro cadrado. A súa roupa é moi colorida, a camisa vai bordada con anacos de fitas de cores formando figuras xeométricas, pantalón de seda, flocos de cores nos laterais, unha faixa con picos e borlas e unhas polainas. A súa máscara pesa varios quilos, está formada por unha carauta negra de madeira con sorriso, en algúns case mide un metro cadrado. Os Felos de Maceda visten con elementos externos diferentes pero coa indumentaria convencional dos peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. O traxe dos cigarróns de Verín, consiste nunha pantalla con animal, careta, mango e pértega, pelica, bordados, faixa, pondóns de cores e chocallos. A historia deste disfraz é que puido ser un cobrador de impostos medieval, o encargado de levantar a caza do señor feudal ou un enviado da igrexa para facer crer os que dubidaban da súa fe. Os peliqueiros de Laza, é o nome que se lle dá ás máscaras típicas de Laza. Levan pelica, una pel de can colgando como se fose melena. O peliqueiro é ``sagrado’’, ninguén o pode tocar, vai botando fariña e formigas a quen se cruza no seu camiño e dá lategazos mentres salta baila; o público pode aleralo e incluso insúltalo. As pantallas de Xinzo de Limia, reciben o nome da carauta que ten cara de díaño e burla . A vestimenta está formada por unha camisa, un calzón branco e unha capa vermella. Corre polas rúas batendo con forza dúas vexigas e facendo soar as campaíñas que levan na cintura.
    • A GASTRONOMÍA DO ENTROIDO Con todo, aínda queda por mencionar a gastronomía, parte fundamental do entroido. Celébranse comidas familiares e veciñais, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións. A gran comida ten lugar o Martes de entroido, nalgunhas zonas trasládase ao Domingo ou ao Xoves anterior. Os pratos estrella son o cocido, o botelo cocido, a androlla de Viana ou o cabrito do Vilariño do Conso. Sen olvidar as sobremesas con filloas, orellas e bica. CARLA VIDAL (pcpi-2)