Aproximacións á palabra        No estudo da gramática saliéntase unha das unidades lingüísticas talvez máis complexas dede...
O LADRÓN DE PALABRAS        Era un país hai moito tempo no que as palabras eran valiosas como o pan ou a auga,como en todo...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

A palabra

289

Published on

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
289
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "A palabra"

  1. 1. Aproximacións á palabra No estudo da gramática saliéntase unha das unidades lingüísticas talvez máis complexas dedelimitar e de definir, como é a palabra. Ten habido posturas diversas por parte dos lingüistas, sen que seache, a día de hoxe, aínda unha resposta unánime a como se pode percibir esta unidade. Nesa certapolémica incide o criterio de como se debe entender:1. En primeiro lugar, pode entenderse como unha entidade material ou palabra fonolóxica, vistapreferencialmente desde o plano da expresión, analizábel en sílabas e fonemas, sen que isto loxicamentelle impida ser considerada como un signo: casa, ca-sa, /kasa/. PALABRA FONOLÓXICA2. Por outra parte, a palabra pode verse mesmo como unha entidade pertencente ao dominio daortografía, xa que presenta determinadas características ortográficas. Estamos a nos referir ásconvencións ortográficas (A Coruña / *Ha Khoruña), ás indicacións que prescriben uso do acento gráfico(é, traizón etc.), ás situacións de homofonía e homografía (vén, verbo / ben, adverbio), á correctaseparabilidade dos constituíntes frásicos (Veu devagar / *Veude vagar / *Veu de vagar / *Veudevagar) etc.3. En terceiro lugar, é susceptíbel de se entender como unha entidade abstracta salientandoprincipalmente o seu significado lexical. Deste xeito, a palabra sería perspectivada como un lexema,como unidade fundamental do léxico dunha lingua. PALABRA LEXICAL4. En cuarto lugar, pode tamén entenderse como o membro dun paradigma, caracterizado polascategorías gramaticais: por exemplo, cando pensarmos na unidade miña, que pertence ao sistema dospronomes posesivos, ou en ti, que corresponde ao inventario dos pronomes persoais, achámonos diantede unidades de contido gramatical: persoa (P1), número (singular) e xénero (feminino) en miña; persoa(P2) e número (singular) en ti. PALABRA GRAMATICAL5. E, igualmente, unha unidade como casa na secuencia pequena casa de pedra presenta un cadrode rexencia sintáctica diferente do de pequena e de pedra, pois o seu carácter nuclear é diferente aode pequena e ao de de pedera nesa unidade frásica. Do punto de vista da sintaxe, (i) hai palabras concapacidade para rexeren outras palabras adxacentes sintáctica ou semanticamente, (ii) hai unidades quesó se poden comportar como subordinadas e (iii) existen outras que manteñen relacións deinterdependencia (como as preposicións) con outros elementos (os termos). As palabras integrantes depequena casa de pedra prensentan, por tanto, relacións diferentes entre si e é casa o elemento nuclearque resulta modificado por pequena e por de pedra. PALABRA SINTÁCTICA Por estas circunstancias, a palabra é susceptíbel de ser analizada e estudada desde variasdisciplinas lingüísticas, tales como a ortografía, a fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe, a lexicoloxía oua semántica. A problemática da palabra proxéctase na existencia de diversas definicións. Para uns, osque se centran nos seus trazos morfolóxicos, a palabra ten de ser entendida como a forma libre mínimacon independencia fonolóxica. Mais, non lle negando a súa básica caracterización morfolóxica, taménpode ser percibida como o elemento central do plano lexical, que é a portadora dun significado lexical; asívista, sería a parte do discurso menor e autónoma. Por iso a palabra é unha unidade de forma e decontido. Para Freixeiro Mato (2006, II: 27) trátase dunha unidade gramatical, de limites pouco precisos,situada entre o morfema e a frase, na que se combinan tanto a vertente do significado como a dosignificante. En conclusión, á vista destas definicións, podemos sintetizar que se trata dunha unidade do ámbitoda morfoloxía, dotada de significación e intermediaria entre o morfema e a frase no marco das unidadeslingüísticas gradativas, que presenta características ortográficas, fonéticas e fonolóxicas, morfolóxicas,sintácticas, semántico-lexicais ou discursivas. Por este motivo, é susceptíbel de se estudar desde diversasdisciplinas e saberes lingüísticos. Autor: Xosé Manuel Sánchez Rei. Universidade da Coruña Obra: Unidade Didáctica. O léxico Fonte: Palabras con memoria. Iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
  2. 2. O LADRÓN DE PALABRAS Era un país hai moito tempo no que as palabras eran valiosas como o pan ou a auga,como en todos os países do mundo. Un día chegou un estranxeiro e parou a falar cunha muller nun camiño. Aquel home levabaun coitelo ao cinto e un dente de ouro. Estiveron falando e falando e, nun momento dado, oestranxeiro fixo así coa man e rouboulle unha palabra á muller e saltou ao cabalo e marchou agalope. O ladrón de palabras seguiu galopando até que chegou a unha aldea. Alí entrou nunhapousada e púxose a falar cun médico que viña de curar a un enfermo. O ladrón sacou unhamoeda de ouro e dixo: - Cámbioche esta moeda de ouro polas tres últimas palabras que acabas de dicir. O médico dixo que non, As palabras non son miñas, que son de moita outra xente. Mais oladrón de palabras agardouno no bosque e púxelle na gorxa o coitelo e rouboulle aquelas trespalabras sen perder o sorriso dourado. Ao día seguinte o ladrón chegou a unha cidade e entrou nun pazo. Nunha man levabaunha bolsa con ouro e noutra, unha bolsa con palabras. Díxolle ao señor mostrándolle o ouro: - Mércoche todas as palabras que pronunciaches hoxe. - Non –dixo o nobre-, as plabras non se venden. Mais o estranxeiro ameazouno co coitelo e rouboullas unha a unha. Máis adiante, o ladrón de palabras asaltou a un home que viaxaba a cabalo. Era un poetaespecialista en cancións de amor. O ladrón sacou a daga e díxolle: -As palabras ou a vida. O poeta respondeu: -As palabras non son miñas, son do meu pobo. Eu nunca as vendería. Mais o ladrón de palabras foi contra el e arrincoulle as palabras do corazón. Axiña correu a voz por todo o país de que lles estaban roubando as palabras. E moitaxente botou man das armas para defendelas. Cóntase que, de entre toda a xente da vila, os quemellor protexeron as palabras foron os labregos coas gadañas e as fouciñas, e os mariñeiros, coscoitelos e os arpóns. E que as mulleres máis valentes as escondían nas faldriqueiras ou nascamisas de liño. Mais o ladrón de palabras continuou roubándolles as palabras mesmo ás nenas queaprendían a ler e aos nenos que ían mercar zapatos. E aos mestres nas escolas e aos avogadosque sabían de leis. E pouco a pouco aquel país seguiu perdendo moitas das súas palabras efoise facendo día a día cada vez máis pobre porque era o país ao que lle roubaban as palabras. Dise que a xente para protexer as palabras e gardalas en segredo mesmo as deixou deescribir. E que por medo ao ladrón de palabras moitas persoas, desconfiadas, durante séculos sópronunciaban as súas palabras coa familia ou entre a xente amiga. Así pasaron os anos e cóntase que naquel país aínda hai xente que segue tendo medo doladrón de palabras. E hai quen di que ás veces o ladrón segue aparecendo nunha parada de busou nunha floristería ou nunha escola cunha bolsa e un coitelo e un sorriso cun dente de ouro. MADE IN GALIZA, SÉCHU SENDE. 2007 As cousas que non se din ou non se nomean, non son (El ladrón de palabras, GRUP D’ESTUDI DE LLENGÜES AMENAÇADES (GELA), de la Universitat de Barcelona, dentro del proyecto: CARPETA DE LA DIVERSITAT LINGÜÍSTICA, subvencionado por la Comunidad Europea) El ladrón de palabras de Antonio de la Fuente Arjona (Obra de teatro para nenos, 1992) O ladrón de palabras. Anxo Fariña (conto infantil en ANT. 2008)

×