Your SlideShare is downloading. ×
Proposta de organización do XX Aniversario da Facultade de Ciencias Socias da Universidade de Vigo (2014)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Saving this for later?

Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime - even offline.

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Proposta de organización do XX Aniversario da Facultade de Ciencias Socias da Universidade de Vigo (2014)

382
views

Published on

Traballo realizado no 2º cuatrimestre do curso 2011/2012 en 1º de Publicidade, na asignatura de "Teoría e práctica das Relacións Públicas" cos meus compañeiros: Cecilia Allo, Jael Álvarez, Alba …

Traballo realizado no 2º cuatrimestre do curso 2011/2012 en 1º de Publicidade, na asignatura de "Teoría e práctica das Relacións Públicas" cos meus compañeiros: Cecilia Allo, Jael Álvarez, Alba Barreiro, Marta Carnero e Aida Cousillas.

Published in: Education

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
382
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. ÍndiceA EMPRESA.................................................................................................................................................................... 2 Imaxe da empresa...................................................................................................................................................... 3 Recursos Humanos...................................................................................................................................................... 4 Director/a............................................................................................................................................................... 5 Creatividade........................................................................................................................................................... 6 Creatividade........................................................................................................................................................... 7 Organización de eventos...........................................................................................................................................8 Relación cos medios.................................................................................................................................................9 Administración....................................................................................................................................................... 10ANÁLISE PREVIA DA SITUACIÓN.....................................................................................................................................11OBXECTIVOS................................................................................................................................................................ 14PÚBLICOS.................................................................................................................................................................... 15MENSAXE CLAVE........................................................................................................................................................... 16ACCIÓNS..................................................................................................................................................................... 16Establecer comunicación con prensa, radio, televisión e medios de internet...........................................................................17 Concurso de cartelaría oficial dos eventos para os alumnos da facultade...........................................................................19 Designar un padriño/madriña do aniversario.................................................................................................................20 Exposición de fotografías realizadas polos alumnos ao longo dos 20 anos encadrándoas no seu contexto histórico..................21 Proxección das mellores curtas realizadas polos alumnos ao longo dos 20 anos..................................................................23 Ciclo de Charlas........................................................................................................................................................ 24 Collage coa forma da facultade feito con fotos...............................................................................................................26 Torneo póker entre facultades. Premios doados polas empresas locais..............................................................................27 Plantar unha árbore por cada ano transcorrido dende o nacemento da facultade................................................................28 Festa de aniversario entorno a celebración de Santa Kata...............................................................................................29 Cápsula do tempo...................................................................................................................................................... 30 Cóctel onde se reúnan os fundadores e persoeiros importantes da facultade......................................................................32ELEMENTOS DE MEDICIÓN............................................................................................................................................. 33ANEXOS....................................................................................................................................................................... 35BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS UTILIZADOS........................................................................................................................45 1
  • 2. A EMPRESA Vagalume Comunicacións nace en Pontevedra no 2009 a iniciativa dun grupo de xoves profesionais como empresaespecializada no ámbito das Relacións Públicas e a Comunicación de Organizacións, poñendo en contacto e resolvendoos problemas de interacción de diversas organizacións cos seus públicos. Proporcionamos aos nosos clientes un sistema de comunicación funcional e solvente permitíndolle unha relaciónmáis próxima aos seus públicos obxectivo. Neste proceso fusionamos innovación e tradición na procura dos resultadosdesexados polo cliente. Con ideas innovadoras e orixinais, asesoramos aos nosos clientes coa fin de marcar un punto a parte no sistemacomunicativo dos nosos clientes, xa sexa exterior ou interiormente. Entre outras accións, Vagalume Comunicacións ocúpase principalmente de:• Organización de eventos• Comunicación externa de empresas• Comunicación interna de empresas• Relacións cos medios e xeración de Publicity 2
  • 3. Imaxe da empresa O nome da empresa xurde pola intención dos promotores da mesma por sintetizar as orixes galegas da empresaxunto coas liñas mestras a seguir na mesma: a creatividade, a innovación e o respecto pola tradición. Na imaxe corporativa de Vagalume Comunicacións optouse por liñas modernas, sinxelas e claras, que reflicten deforma adecuada o estilo da empresa. No deseño a dúas cores o negro ofrece elegancia e sobriedade; o verderadioactivo outorga un punto orixinal e rechamante, mostra da creatividade na empresa. 3
  • 4. Recursos Humanos 4
  • 5. Director/a Ricardo Bermúdez Piñeiro é diplomado en Ciencias Empresariais e en Publicidade e Relacións Publicas pola Universidade de Vigo. Foi un dos promotores deste proxecto e actualmente traballa como director da empresa. 5
  • 6. Creatividade Alba Barreiro Bermúdez está licenciada en Publicidade e Relacións Publicas pola Universidade de Vigo. Ademais conta cun máster en Deseño gráfico realizado na Escola Elisava de Barcelona Ela é a encargada do departamento de Creatividade da nosa empresa. 6
  • 7. Creatividade Marta Carnero Vich conta cunha en Publicidade e Relacións Publicas pola Universidade de Vigo e realizou un máster en Informática e Deseño Web. Traballa no departamento de creatividade e está especializada no deseño web. 7
  • 8. Organización de eventos Jael Álvarez Naya é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un máster en Relacións Públicas. Foi a última incorporación á nosa empresa e é o encargado do proceso de planificación e produción de congresos, convencións e festivais, entre outras xuntanzas. 8
  • 9. Relación cos medios Aida Cousillas Iglesias é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un máster en Relacións Públicas. Encárgase da relación cos medios de comunicación (Prensa, radio, televisión e internet). 9
  • 10. Administración Cecilia Allo Pose é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Valladolid. É a responsable da Administración das contas dos clientes. Encárgase do contacto cos clientes, ademais de numerosos detalles administrativos. 10
  • 11. ANÁLISE PREVIA DA SITUACIÓN No ano 2014, a Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación de Pontevedra cumpre 20 anos. Sita no campus dA Xunqueira, esta facultade non destaca pola súa dilatada traxectoria histórica; pero si foi quen deadaptarse ás necesidades da investigación, do mercado e dos alumnos, e ofrecer algunhas das titulacións máisdemandadas dentro do Sistema Universitario Galego. Tres carreiras se imparten dentro desta facultade:• Grao en Comunicación Audiovisual : Proporciona ao mercado laboral titulados preparados para exercer deguionistas, produtores ou realizadores audiovisuais e multimedia. É unha carreira de grande demanda, polo que nonten problemas para cubrir as 40 prazas das que consta. Dentro do S.U.G., impártese tamén na Universidade deSantiago de Compostela e na da Coruña.• Grao en Publicidade e Relacións Públicas : Os alumnos desta titulación saen preparados para desenvolveractividades de creatividade publicitaria, de xestores e estrategas publicitarios, de directores de Comunicación eRelacións Públicas ou actividades relacionadas co protocolo, segundo como orienten a súa formación. É a carreira máisnumerosa en canto a alumnos, xa que cada promoción consta dun máximo de 100 alumn@s. Aínda así, tampouco tenproblemas de demandada, xa que é única no Sistema Universitario Galego.• Grao en Xestión e Administración Pública : É unha carreira orientada á preparación multidisciplinar dos alumnosque lles permita exercer de xeito directo (como funcionario ou persoal laboral, previa superación das probasoportunas), ou ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións 11
  • 12. tales como Mancomunidades, Comarcas ou Consorcios. Tamén no ámbito privado o graduado en Dirección e XestiónPública pode acceder a postos de traballo en empresas (asesorías e consultoras) en ONGs ou en fundacións. Se ben éúnica no S.U.G., non ten como as dúas anteriores unha petición de matrícula moi elevada, a pesar das súas 40 prazasdispoñibles. Trataríase da única carreira con necesidade de promoción externa. Actualmente, ademais das xa mencionadas titulacións de Comunicación Audiovisual en Compostela e A Coruña, afacultade ten varios competidores no seu eido educativo; como poden ser os ciclos superiores relacionados coaudiovisual que se imparten en Vigo, Compostela e sobre todo A Coruña, que goza dun gran prestixio. Existen ademaisas mesmas titulacións noutras universidades españolas, como por exemplo as de Madrid ou Barcelona, amplamenterecoñecidas polo seu prestixio e tradición. Con respecto as relacións co resto de facultades de Galicia, destacan as existentes coas de Vigo e Ourense,obviamente, pois pertencen á mesma universidade. Por outra banda, as universidades de Compostela e A Coruña. Aprimeira está máis próxima xeograficamente, a parte de compartir un título universitario, polo que o transvase dealumnos e bastante fluído. Na dA Coruña, a relación non é tan directa, a relación mais directa e que a titulación deINEF é compartida entre os campus de A Coruña e Pontevedra; aínda que tampouco teñan moitos máis puntos encomún. En canto ás relacións con facultades e centros de fóra de Galicia, hai que resaltar a facilidade coa que se recibenalumnos tanto do resto de España, como de Europa, entendendo así que fóra das nosas fronteiras, a facultade ten unhaimaxe bastante positiva. Pode influír como factor decisivo a grande cantidade de alumnos que se beneficia de bolsas eprogramas de intercambio para rematar/continuar os seus estudos noutras universidades, tanto de Europa como noresto do mundo (Estados Unidos, Brasil, etc.), e que un ano máis volveron ocupar tódalas prazas das que dispuñan. 12
  • 13. Doutra banda, faise necesario falar das relacións cos centros nos que se imparten ciclos formativos e que xa semencionaron antes. É certo que restan alumnos á facultade; pero non o é menos que moitos deses alumnos pasan polamesma despois de rematar ditos estudos, feito que, ademais de incrementar o nivel do alumnado, fomenta ainteracción entre os centros. Finalmente, cabe falar da situación da facultade dentro do seu entorno: Pontevedra. Trátase dunha cidade de máisde 80.000 habitantes, con carácter marcadamente burocrático e funcionarial, pola capitalidade da provincia homónima.Posicionada no centro das Rías Baixas, o río Lérez divide a cidade en dúas beiras. O centro universitario sitúase naribeira oposta do centro urbano. A pesar disto está relativamente ben comunicada coa cidade (a pé dende o centro nonleva máis de 15 minutos), de xeito que é normal que teñan lugar ciclos, mostras e coloquios varios días a semana,converténdoo para os amantes da materia (cine sobre todo) nun punto clave na xeografía da cidade. Cumpriría secadra, fomentar esta comunicación coa cidade mediante o incremento deste tipo de accións. 13
  • 14. OBXECTIVOS Da análise anterior pódense extraer unha serie de conclusións sobre as necesidades do centro universitario na súarelación co seu entorno (académico e xeográfico). A relación coa cidade (e xa non digamos coa provincia), excepto en ámbitos especializados (con conferencias, cicloscinematográficos, exposicións, etc.), é bastante deficitaria. A facultade, xa dende a súa inauguración, non logrouintegrarse na cidade, especialmente pola súa situación xeográfica. A súa aparición nos medios limítase as festasuniversitarias e algunha actuación destacada. Do mesmo xeito, a comunicación entre as distintas facultades do campus de Pontevedra non é moi fluída, non sopola dispersión (xa que na ubicación principal localízanse 5 das 7), senón pola interrelación dos alumnos das mesmas. Así as cousas, para a realización desta serie de eventos con motivo do vixésimo aniversario deste centrouniversitario estableceranse os seguintes obxectivos principais.1. Outorgar notoriedade ao aniversario da facultade.2. Dar a coñecer e integrar á facultade e, por extensión, ao campus a nivel urbano, provincial e de toda acomunidade galega.3. Colaborar na relación e incremento da interacción entre os alumnos do Campus de Pontevedra . 14
  • 15. PÚBLICOS Dentro das persoas directa ou indirectamente afectados polo aniversario da facultade de Ciencias da Comunicaciónatópanse alumnos, posibles novos alumnos, ex alumnos, profesores, ex profesores, PAS e institucións locais eautonómicas e habitantes do entorno xeográfico. Institucións locais e autonómicas ademais da poboación de Pontevedra, xa que, para dar a coñecer a facultade entoda a comunidade galega, fai falta a súa colaboración e participación. Os representantes das institucións estaránpresentes na facultade nos eventos de inauguración e peche da campaña, xa que ao estaren presentes daranlle máisrelevancia aos actos. A poboación pontevedresa estará convidada a asistir a maior parte dos eventos da campaña; sena súa asistencia os eventos non terían a repercusión desexada. Alumnos da facultade, que son os que van a colaborar na realización de eventos e participación de concursos, e quese constituirán como os receptores principais da campaña. Ao estar cinco días da semana na facultade, estaráninformados en todo momento de todo o que sucede: concursos, eventos, etc. Os profesores da propia facultade tamén serán receptores principais da campaña. Servirán de canalizadores entre acampaña e as súas materias, é dicir, aqueles eventos que estean relacionados coas súas asignaturas. Queremos quesexan proporcionados, xa que grazas a eles, os alumnos implicaranse máis no aniversario e así poderemos cumprir osobxectivos pactados. Alumnos foráneos que podan chegar a converterse en alumnos da facultade, que grazas aos eventos e aos mediosde comunicación, poderán interesarse polas carreiras dispoñibles na facultade. Sempre se deu o caso de que se unhapersoa estase a plantexar onde comezar os seus estudos universitarios e ve e compara o que se fai nunhas e noutras 15
  • 16. facultades/universidades vai a ir a que lle chame máis a atención, e nos queremos aproveitar iso, chamaremos aatención dos posibles novos alumnos cos eventos que sairán reflectidos nos medios de comunicación. Ex alumnos y ex profesores que decidan participar na campaña. A súa colaboración será clave nas charlas que seorganizarán ao longo do curso, nas que aportarán as súas experiencias persoais sobre o seu paso pola facultade.MENSAXE CLAVE Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. 20 anos en Pontevedra.ACCIÓNS Ao longo de todo o curso escolar desenvolveranse distintas accións para dar resalte ao vixésimo aniversario dafacultade. A continuación descríbense todas elas. Non deben ser interpretadas por separado, senón como o que son,accións pertencentes a un todo, o aniversario. Do mesmo xeito, non serán accións ríxidas, senón que están suxeitas acambios nas limitacións económicas, climatolóxicas ou de calquera outra índole, así como a imprevistos que sempresoen ocorrer. No ANEXO final recóllese un calendario detallado coa periodificación das accións que a continuación secomentan. 16
  • 17. Establecer comunicación con prensa, radio, televisión e medios de internet O contacto cos medios é unha ferramenta imprescindible de toda acción de relacións públicas que pretenda ternotoriedade. Cos comunicados de prensa mantemos ao día aos informadores das actividades que realizaremos. Nesteplan de accións preténdese outorgar notoriedade ao aniversario, polo tanto, é obvio que teremos un contacto constantecos medios locais para informalos do noso traballo. Na presentación do aniversario, entregaránselle a tódolos representantes dos medios un dossier co plan deactividades a realizar ao longo do curso. Ademais iránselle recordando cando se acheguen as datas de realización dasmesmas. En prensa escrita, contaremos coas cabeceiras máis importantes na entorno: o Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, eLa Voz de Galicia. Non esqueceremos as sucursais da prensa estatal na cidade e entorno (El País, ABC, El Mundo). Asímesmo, tódalas publicacións periódicas da Universidade terán información completa respecto ao tema. A radio pode ser o medio máis próximo ao cidadán, dunha maior flexibilidade nos seus tramos locais, e que podenofrecer unha cobertura máis ampla dos eventos a realizar. Por iso cómpre prestarlle moita atención. A Radio Galega, acadena Ser no seu tramo local, a Cope, Punto Radio e Onda Cero son as cadeas (non radio-fórmulas) que emiten noentorno (Vigo, Pontevedra principalmente) As canles de televisión que nos prestarán atención serán as de ámbito local, e puntualmente as “galegas” (Voz TV, aGalega e Popular TV). A difusión en internet é un elemento básico de calquera plan de comunicación actual. Crearanse contas nas 17
  • 18. principais plataformas sociais. Do mesmo xeito, reformarase a web da facultade para engadir un apartado propioreferido ao aniversario da facultade no que se irán indicando tódalas novidades. Os correos electrónicos serán o elemento clave para a comunicación cos medios. Mediante eles informaráselle, epuntualmente se lles recordarán as accións próximas 18
  • 19. Concurso de cartelaría oficial dos eventos para os alumnos da facultade O día 14 de outubro, no acto de presentación ante os medios, darase a coñecer o concurso da cartelaría doaniversario. Participarán nel os alumnos das carreiras da facultade. Solicitarase a colaboración dos profesores dasmaterias relacionadas coa creatividade para que fomenten a participación a través de exercicios. O prazo de presentación das propostas será dende o 4 de novembro ao 5 de decembro. Habilitando unha direcciónweb á que se deberán mandar todos aqueles que vaian ser presentados. O gañador, ademais de ver o seu cartel entódolos actos do aniversario, levará un premio en metálico de 500 euros. O día 9, seguinte día lectivo despois da data límite de entrega dos carteis, farase unha primeira escolla dos mellores,que logo serán impresos e expostos na facultade, someténdoos a unha votación da que sairá o vencedor. A votaciónserá en furna na facultade e rematará o venres desa mesma semana ás 14.00 horas. Para a impresión, contarase coa colaboración da imprenta da Deputación de Pontevedra, que normalmente soeprestarse a este tipo de traballos, facendo unha tirada inicial de 500 carteis en formato DIN- A3 e outros 500 en DIN-A2. O día 16, luns, anunciarase o gañador. 19
  • 20. Designar un padriño/madriña do aniversario. A proposta de designar un padriño ou madriña proporciona prestixio á universidade. Axuda a personificar aaniversario nunha persoa coñecida e cuns valores que se consideren adecuados. Estará presente nos actos máisimportantes realizados durante o curso escolar. A elección realizarase por medio dunha votación de todos compoñentes do facultade(profesorado alumnado e PAS).Proporanse varias persoas recoñecidas no ámbito da publicidade, as relacións públicas, a comunicación audiovisual ou axestión pública. En principio quérese optar por individuos de orixe galega ou relación con Galicia e con relevanciamediática, para que sirva como aliciente máis para que acuda a xente aos actos programados. Un exemplo que puidera ser escollido é Pepe Domingo Castaño, que cumpre coas características e podería mover áparticipación a un público distinto ao habitual nestes actos. Esta elección farase a principios de outubro, para que esta figura nos acompañe ao longo de todo o curso. 20
  • 21. Exposición de fotografías realizadas polos alumnos ao longo dos 20 anos encadrándoas no seu contexto histórico Esta actividade desperta interese nos alumnos xa que se senten integrados no desenvolvemento das actividades dafacultade, ademais sería un xeito de que demostren a súa creatividade e maneira de traballar. A exposición das fotografías realizarase en paneis móbiles onde se exporán os traballos fotográficos e os autores,xunto coa titulación estudada, etc. De maneira anexa, poranse fotografías que representen un feito relevante do ano noque foron realizadas. Un resumo do acontecemento acompañará cada imaxe no panel. Un exemplo. Nun panel do ano2001, xunto con fotografías feitas polos alumnos nese ano, exporase unha fotografía do 11S e unha breve noción aorespecto. Para esta exposición de feitos, aparte de contar con imaxes propias, botarase man de bancos de imaxes esolicitarase a colaboración dos medios de comunicación locais,para que nos cedan imaxes e vídeos deseseventos/sucesos. A maioría dos paneis ubicaranse no baixo e o primeiro andar do edificio, xa que é onde existe unha maiorconfluencia de xente, sen descartarse o resto de andares. Se ben se priorizarán as obras dos alumnos da facultade, nesta actividade utilizaranse obras de alumnos doutrasfacultades do Campus (Belas artes principalmente) para xuntar un maior numero de imaxes e fomentar a visita afacultade de alumnos que non estudan na mesma. A exposición dos paneis fotográficos encadrados nos feitos comezará despois das vacacións do Nadal, unha vezsexan seleccionados e impresos. Ao igual que a para a cartelaría, tramitarase a colaboración da imprenta da deputación 21
  • 22. para a súa impresión. Rematará co final do curso lectivo, para dar tempo a que a xente a aprecie na súa totalidade, ecomo mostra transversal ao desenrolo do aniversario. Despois do aniversario, co obxectivo de sacarlle unha maior produtividade á exposición, e para dar a coñecer a obrados alumnos da universidade, esta exposición mostrarase en outras facultades e campus da Universidade de Vigo. 22
  • 23. Proxección das mellores curtas realizadas polos alumnos ao longo dos 20 anos As curtametraxes estarían enfocadas a incrementar a importancia destas a nivel galego e a destreza dos alumnosneste ámbito. Os visionados das curtas realizaranse en dous locais de Pontevedra en horario de tarde. Con isto a obra realizada nafacultade intégrase na cidade. Ademais, acudirán máis estudantes ao tratarse dun lugar alleo a universidade, ondeestán todo o día e relacionan con estudar. Un bar é un local de ocio onde existe maior liberdade. Estas actividades levaranse a cabo dende comezos do mes de marzo. Nestas datas, os estudantes atópanse maisrelaxados, xa que non teñen exames. A priori, pensando nun catálogo non moi amplo de curtas, os días elixidos para a emisión serán os mércores.Téntase con isto crear un patrón de conduta no público que acuda, facendo recordar cando e a onde teñen que acudir,formando parte da súa rutina. Estas actividades desenvolveranse en dous locais do núcleo de Pontevedra: PequeñoKarma e Pub Psyco. “Pequeño Karma” sitúase na rúa Charino. De recente apertura, ten unha clientela bastante ampla, conta concadeiras baixas e unha luz suave e cun proxector co que visionar as curtas. O “Pub Psyco” localízase na rúa Arcebispo Malvar, onde tamén contan con proxector e son habituais as súasadhesións a causas solidarias e/ou estudantís. 23
  • 24. Ciclo de Charlas Para este ciclo de conferencias, charlas, debates e coloquios poderíanse dividir aos ponentes en tres grupos:• Profesionais que teñan realizado os seus estudos na facultade.• Persoas que, pese a non estudado na facultade, se consideren interesantes polo seu traballo no eido audiovisual,publicitario, empresarial, ou das relacións públicas.• Profesionais mediáticos con fama a nivel estatal e internacional. Respecto ao primeiro grupo, con motivo de coñecer as experiencias dos compañeiros e ex-alumnos que tiveron éxitono eido laboral, plantéxanse un ciclo de charlas sobre como ten sido o seu paso pola universidade, e como sedesenvolveron con posterioridade aos seus estudos. Preténdense unhas charlas amenas, onde o poñente é unha persoamáis próxima ás experiencias dos estudantes, coas que se poderán sentir identificados. Para concretar nomes e datascontarase coa mediación do decano da facultade que, como un dos profesores de maior antigüidade, terá maiorfacilidade para o acceso a antigos estudantes. Neste caso, non se contempla unha gratificación económica máis alá dascompensacións por transporte e/ou trastornos ocasionados. Entregaráselle, iso si, unha insignia como mostra deagradecemento. As charlas realizaranse en horario de tarde preferentemente, pero, segundo a dispoñibilidade dos interesados e ointerese dos profesores, poderanse realizar algunhas en horario lectivo. Como serán persoeiros adicados ao mundoaudiovisual ou ao mundo publicitario, terán prioridade na asistencia os alumnos desas titulacións, xa que, obviamenteas prazas estarán limitadas polo aforo. 24
  • 25. No segundo grupo, iranse concretando ao longo do primeiro dos primeiros meses do curso universitario, a presenciade individuos que pola súa traxectoria sexan de interese para a formación dos alumnos. Serán, en principio, o grupomenos numeroso, xa que se tentará cubrir con persoas do primeiro, con maior relación coa facultade. Respecto agratificacións, daráselle o mesmo trato que aos anteriores. No último grupo, inclúense aos persoeiros con maior relevancia. Trataríase de traer a un grupo reducido de xenteimportante para darlle publicidade ao aniversario. Para iso contaríamos con xente como Lluis Basat, Luís Tosar, PepeDomingo Castaño, Pepe Barro, Javier Felipe, Pati Núñez, Javier Mariscal, Emilio Gil, Xosé Díaz, Iván Zulueta... Todos eles son ben coñecidos a nivel galego e estatal, polo que atraerían a atención dos medios e da cidadanía caraa facultade. Somos conscientes de que moitos de eles contan cun caché elevado, polo que se poderían axustar osnomes ao orzamento previsto. Tratarase de distribuír de xeito uniforme ao longo do ano 2014 as conferencias e charlas, pero para isto debesexogar coa dispoñibilidade dos conferenciantes. 25
  • 26. Collage coa forma da facultade feito con fotos Durante a segunda e terceira semanas do mes de febreiro, que van dende o 10 ata o 21 de febreiro, terá lugar atoma de fotos grupais para tódolos alumnos, profesores e membros de persoal que teñan ou tiveran relación coafacultade. Do mesmo xeito, promocionaranse unha plataforma nas redes sociais onde os interesados poderán, por unhaparte enviar as súas fotos, e por outra ver despois o resultado e a súa situación. Tódalas fotos recollidas servirán para realizar un collage xigante da facultade. Este ubicarase nunha parede do pisoinferior de forma permanente, como un elemento artístico (ou unha curiosidade) a visitar. Para a impresión das fotografías solicitarase a colaboración da imprenta da Deputación de Pontevedra. 26
  • 27. Torneo póker entre facultades. Premios doados polas empresas locais. A última semana de febreiro, a que vai dende o día 24 ó 28, terá lugar o torneo de póker fundamentalmente entreas facultades do campus de Pontevedra, aínda que non estará pechada á participación de alumnos do SistemaUniversitario Galego. Desenvolverase nesas datas para favorecer a participación do alumnado, xa que os exames doprimeiro cuadrimestre xa estarán rematados e, a principios do segundo as clases son máis levadeiras. O primeiro paso será abrir o prazo de inscrición, que comezará o luns 10 de febreiro e rematará ás 14.00 horas datarde do venres 21 de febreiro. Acto seguido procederase a un sorteo no que quedarán repartidas as mesas e o cadrode eliminatorias que se vai seguir. O día 24 comezaran as partidas, que se irán disputando durante os seguintes días, deixando para o venres 28 a granfinal da que sairá o gañador. O torneo levarase a cabo por internet, utilizando a opción de crear un clube privado que ofrece Pokerstars. Destexeito faise completamente posible que participen alumnos de tódalas facultades do S.U.G. Por outra parte, é o xeitomáis sinxelo de asegurarnos de que tódolos participantes xogan en igualdade de condicións e baixo as mesmas regras.Ademais con esta opción, ao tratarse dunha web preparada para un grande número de usuarios, garante que non vanxurdir contratempos no programa, xa que é o máis reputado lobby de póker Trátase dun programa de pouco “peso”para as computadoras, polo que tampouco se prevén fallos de conexión. É moi sinxelo de utilizar, e as propiasfacultades habilitarán as súas conexións para todos aqueles que non se poidan conectar dende ningún outro lado. Para os premios do concurso, falarase con empresas locais interesadas no patrocinio do torneo. Os premioslimitaranse aos participantes da mesa final. Segundo a predisposición dos patrocinadores optarase por premios enmetálico ou doutra clase, sendo a nosa intención inicial esta última opción. 27
  • 28. Plantar unha árbore por cada ano transcorrido dende o nacemento da facultade. Mediante esta acción, a facultade mostra o seu compromiso co medio ambiente, é unha acción moi vendible e congrande repercusión nos medios. O padriño/madriña estará presente e participará da plantación. Para esta iniciativa valóranse varias localizacións dentro da cidade: • Poden plantarse no entorno do campus pontevedrés, no que xa dominan este tipo de árbores. • Outra opción sería no centro, no casco urbano, contando coa colaboración do concello. • A última sería o parque da Illa das Esculturas tamén con moita árbore, pero de outra procedencia (Moita presencia de eucaliptos) En calquera dos casos, tentarase promover unha plantada masiva de árbores autóctonas a nivel galego. Para evitar aperda da biodiversidade vexetal á que nos aboca o monocultivo do eucalipto. Cada árbore plantada será dunha especie autóctona: carballo, castiñeiro, bidueiro, salgueiro, etc. Este evento celebrarase en torno a semana do 31 de marzo ao 4 de abril. Escollerase unha tarde na que o tempoacompañe. Buscarase a colaboración de viveiros e/ou invernadoiros locais para que doen as árbores. e tamén de asociaciónecoloxistas como Greenpeace, ADEGA ou Verdegaia. 28
  • 29. Festa de aniversario entorno a celebración de Santa Kata Santa Catarina de Siena é a patroa da facultade de Ciencias da Comunicación. O día propio deste santo é o 29 deabril. Xeralmente os alumnos teñen o costume celebrar no entorno a esa data (En principio, o xoves da semana na quecadre, que neste caso sería o 25) a súa festa universitaria. Nos últimos anos esta celebración, tradicionalmenteorganizada polos alumnos do terceiro curso, adquiriu unha grande popularidade, sendo a festa máis numerosa en cantoa número de participantes. Habitualmente, utilízase un tema como elemento vertebrador da celebración. O tema neste 2014 ten que estarsupeditado ao aniversario da facultade. Os vinte anos transcorridos han de servir de eixo temático da celebración parapoder formar parte da mesma. Deixáraselle certa autonomía creativa aos habituais organizadores para organizar oevento. Poderían tratarse temas como un aniversario persoal (torta, gorriños, velas, etc.), o progreso tecnolóxico e o mundoaudiovisual, cambios políticos e sociais, modas, etc. Esta semana, do 21 ao 25 de abril (posterior á Semana Santa) será a de maior numero de accións, xa quecoincidirán varias accións xa en marcha coas actividades propostas e organizadas polos alumnos, a chamada Cultur-Kata. Cómpre coordinarse cos organizadores do evento, para que non se “monten” accións. Nesta actividade a facultade colaboraría economicamente conforme ao que se vén facendo ao longo destes anos. Ogroso das accións (Concertos, concursos, futbolíns, etc.) fináncianse co que recadan nas barras de bebidas e comidas. 29
  • 30. Cápsula do tempo Unha cápsula do tempo é un recipiente hermético que se enterra con obxectos e mensaxes do presente para seratopados polas xeracións futuras. De aí o atractivo desta actividade, trátase de ligar aos individuos que introduzanelementos nesta cápsula nun próximo aniversario, concretamente o trixésimo, no curso 2023-2024. É un actoraramente utilizado dentro do entorno,que dotará dun carácter novidoso ao aniversario. Esta actividade será parte do evento de peche da campaña do aniversario,e preténdese que participen nela tódoloscompoñentes da facultade. Por isto, realizarase o enterro en horario lectivo, o venres día 9 de maio de 2014 ás 12:00horas. Despois dun proceso que durará case tres meses, enterrarase o cofre con fotografías conmemorativas doaniversario, cun dossier de prensa coas actividades realizadas ao longo do aniversario, os propósitos dos compoñentesda facultade para o ano 2024 data na que se abrirá a cápsula, e algún outro elemento que os alumnos considerennunha votación popular. A presentación do evento terá lugar o día 3 de febreiro. Os alumnos serán informados do evento que se vai acelebrar e en que consistirá, para que eles se sintan involucrados no acto. Situaranse dúas furnas na planta baixa docentro universitario. Nunha recolleranse os propósitos, consellos ou recordos que os alumnos queiran deixar na cápsula.Na outra, votaranse os obxectos que os alumnos cren oportuno introducir na cápsula dunha lista previamenteelaborada. Esta votación rematará unha semana antes do enterro da cápsula. As fotografías grupais sacaranse durante a semana do 10 de febreiro ate o 21 do mesmo mes. Os retratos constaránde fotos grupais dos diferentes cursos das tres carreiras que se están a cursar na facultade, e tamén fotos grupais dosprofesores que están ese ano na facultade. A parte, tamén se incluirán fotos dos eventos celebrados en conxunto có 30
  • 31. dossier de prensa. A cápsula enterrarase no recinto exterior da facultade,polo que convén un día soleado ou que, como mínimo, nonchova. Na data elixida debera haber bo tempo e os alumnos aínda non estarán en exames. Onde se enterre a cápsulaporase unha placa conmemorativa, para coñecer a localización e poder desenterrala nun próximo aniversario. Será unevento no que participen os alumnos e os profesores da facultade ademais do padriño/madriña da campaña e asautoridades locais e autonómicas. Este evento terá un custo estimado de 1500€, para facer a cápsula resistente, a placa e a organización. 31
  • 32. Cóctel onde se reúnan os fundadores e persoeiros importantes da facultade. Este cóctel servirá como colofón de todo o ciclo de actividades, e atraerá aos medios de comunicación locais facendoque se fale da facultade. Este tipo de actos son certamente máis distendidos e informais que outros actos. Nel, odecano da facultade e o reitor, lerán cadanseus discursos para dar peche ás conmemoracións do aniversario. Acontinuación serviranse pinchos fríos e bebidas para que, nun ambiente agradable, os asistentes pasen un bo rato. Enviaranse invitacións a este acto ao profesorado da facultade, aos decanos dos outros centros universitarios dePontevedra, ao reitor da Universidade, a representantes políticos e persoeiros eminentes da cidade, e a unharepresentación do alumnado. Asistirá tamén a este acto, como parte do seu cargo, o padriño/madriña do aniversario dafacultade. Os convidados rondarán a centena. Calcúlase un custo estimado deste acto entorno aos 1000€, que se tentarán rebaixar coa busca de patrocinadorespara o acto. É unha opción interesante para calquera das distribuidoras alimenticias establecidas na cidade (GADISA,Froiz, Grupo Eroski, Mercadona, Carrefour, Lidl, Moldes...) desenvolvendo así a súa RSC. A decoración e distribución de mesas, así como a colocación de vaixela, manteis, etc será revisada polos profesionaisde Vagalume Comunicacións. O día elixido para este acto é o 9 de maio, xa que se pretende pechar os actos o mesmo día que o enterro dacápsula do tempo, que se realizará pola mañá. O estar xa avanzado o mes de maio esperase contar con bo tempo, parapoder realizar o cóctel ao aire libre. 32
  • 33. ELEMENTOS DE MEDICIÓN Para comprobar que as actividades realizadas para o proxecto de Relacións Públicas para o vixésimo aniversario daFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo teñen o éxito agardado, levaranse a cabounha serie de accións de medida. Débese facer unha avaliación para coñecer a situación previa sobre a que se ten que traballar e ao remate dasaccións de comunicación farase unha avaliación que permita coñecer o resultado das actividades levadas a cabo e cal éa imaxe que os públicos teñen da institución. A investigación inicial consistirá en unha enquisa ao público da institución. Faremos enquisas aos tres principaisgrupos que formar a facultade: alumnos, profesorado e PAS. Desta maneira poderemos fixar os obxectivos máisclaramente. Xa que analizaremos a imaxe da institución, a percepción que dela teñen os públicos, o modelo deactividade que supón unha actitude participativa e incluso cales son as cousas que aos públicos non lles gustarían nacelebración do aniversario para cometer o menor número erros posible. Para coñecer como saen cada unha das actividades do programa é preciso facer un control da repercursión nosmedios cun dossier de prensa. Ao longo do proxecto recolleranse tódalas novas que aparezan en prensa escrita edixital, un informe de seguemento nas redes sociais e as aparicións nos medios audiovisuais locais. Así teremos boamedida do que a organización fai, tendo en conta o impacto nos medios e a análise de contido. Finalmente, cando se rematen tódalas actividades feitas con motivo do aniversario tense que realizar unha enquisapara coñecer os resultados obtidos pola institución. Desta maneira os públicos poderán manifestar cal é o grao desatisfacción que ten con respecto a celebración. Con isto permitirase coñecer cales son os puntos fortes e febles de cara 33
  • 34. a organización de futuros aniversarios. Coñecer o nivel de agrado do público é importante, xa que son os usuarios dafacultade, os principais beneficiados e o motivo fundamental da celebración. 34
  • 35. ANEXOS 35
  • 36. Planificación Aniversario Facultade Ciencias Sociais Pontevedra 2013-2014 setembro 2013 outubro 2013 novembro 2013 Inicio Fin Actolu ma me xo ve sa do lu ma me xo ve sa do lu ma me xo ve sa do Festivos, días non lectivos ou non útiles. 1 1 2 3 4 5 6 1 2 3 14/out Apertura presentación aniversario 2 3 4 5 6 7 8 7 8 9 10 11 12 13 4 5 6 7 8 9 10 14/out 18/dec Elección do padriño/madriña do aniversario 9 10 11 12 13 14 15 14 15 16 17 18 19 20 11 12 13 14 15 16 17 21/out 05/dec Período de selección fotos e curtas dos 20 anos16 17 18 19 20 21 22 21 22 23 24 25 26 27 18 19 20 21 22 23 24 04/nov 05/dec Prazo presentación concurso cartelería23 24 25 26 27 28 29 28 29 30 31 25 26 27 28 29 30 09/dec 15/dec Organización da impresión e gañador cartelería30 16/dec 10/xan Impresión de fotografías e cartelería 13/xan 09/mai Exposición fotografías (fotos+feitos relevantes) decembro 2013 xaneiro 2014 febreiro 2014 03/feb Presentación proxecto cápsula do tempolu ma me xo ve sa do lu ma me xo ve sa do lu ma me xo ve sa do 10/feb 21/feb Fotos grupais alumnos, profesores, personal, etc. 1 1 2 3 4 5 1 2 10/feb 21/feb Prazo inscripción Campionato de Póker 2 3 4 5 6 7 8 6 7 8 9 10 11 12 3 4 5 6 7 8 9 24/feb 28/feb Campionato de Poker entre facultades 9 10 11 12 13 14 15 13 14 15 16 17 18 19 10 11 12 13 14 15 16 06/mar 11/abr Exposición das curtas (Segundo o número)16 17 18 19 20 21 22 20 21 22 23 24 25 26 17 18 19 20 21 22 23 01/abr 04/abr Prantación das árbores23 24 25 26 27 28 29 27 28 29 30 31 24 25 26 27 28 21/abr 25/abr Semana de Santa Kata (Temática 20 anos)30 31 09/mai Enterro da cápsula do tempo 09/mai Cocktail Clausura marzo 2014 abril 2014 maio 2014lu ma me xo ve sa do lu ma me xo ve sa do lu ma me xo ve sa do 1 2 1 2 3 4 5 6 1 2 3 4 3 4 5 6 7 8 9 7 8 9 10 11 12 13 5 6 7 8 9 10 1110 11 12 13 14 15 16 14 15 16 17 18 19 20 12 13 14 15 16 17 1817 18 19 20 21 22 23 21 22 23 24 25 26 27 19 20 21 22 23 24 2524 25 26 27 28 29 30 28 29 30 26 27 28 29 30 3131 36
  • 37. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra outubro 2013 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 2 3 4 5 67 8 9 10 11 12 1314 15 16 17 18 19 20 PRESENTACIÓN ANIVERSARIO ELECCIÓN DO PADRIÑO/MADRIÑA DO ANIVERSARIO -ENTREGA DOSSIER AOS MEDIOS21 22 23 24 25 26 27 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS28 29 30 31 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS 37
  • 38. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra novembro 2013 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 2 3 TÓDOLOS SANTOS4 5 6 7 8 9 10 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS PRAZO DE PRESENTACIÓN CONCURSO DE CARTELERÍA11 12 13 14 15 16 17 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS PRAZO DE PRESENTACIÓN CONCURSO DE CARTELERÍA18 19 20 21 22 23 24 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS PRAZO DE PRESENTACIÓN CONCURSO DE CARTELERÍA25 26 27 28 29 30 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS PRAZO DE PRESENTACIÓN CONCURSO DE CARTELERÍA 38
  • 39. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra decembro 2013 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 12 3 4 5 6 7 8 PERÍODO DE SELECCIÓN DE FOTOS E CURTAS DOS 20 ANOS PONTE DA CONSTITUCIÓN PRAZO DE PRESENTACIÓN CONCURSO DE CARTELERÍA9 10 11 12 13 14 15 PERÍODO DE VOTACIÓN DO GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTELARÍA16 17 18 19 20 21 22 ANUNCIO DO IMPRESIÓN DE FOTOGRAFÍAS E CARTELARÍA GAÑADOR23 24 25 26 27 28 29 NADAL 39
  • 40. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra xaneiro 2014 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 2 3 4 56 7 8 9 10 11 12 IMPRESIÓN DE FOTOGRAFÍAS E CARTELERÍA13 14 15 16 17 18 19 EXPOSICIÓN DOS PANEIS COAS FOTOGRAFÍAS E FEITOS RELEVANTES20 21 22 23 24 25 26 EXPOSICIÓN DOS PANEIS COAS FOTOGRAFÍAS E FEITOS RELEVANTES27 28 29 30 31 EXPOSICIÓN DOS PANEIS COAS FOTOGRAFÍAS E FEITOS RELEVANTES 40
  • 41. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra febreiro 2014 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 23 4 5 6 7 8 9 PRESENTACIÓN PROXECTO EXPOSICIÓN DOS PANEIS COAS FOTOGRAFÍAS E FEITOS RELEVANTES CÁPSULA10 11 12 13 14 15 16 FOTOS GRUPAIS PRAZO DE INSCRIPCIÓN DO CAMPIONATO DE PÓKER17 18 19 20 21 22 23 FOTOS GRUPAIS PRAZO DE INSCRIPCIÓN DO CAMPIONATO DE PÓKER24 25 26 27 28 CAMPIONATO DE PÓKER ENTRE FACULTADES 41
  • 42. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra marzo 2014 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 23 4 5 6 7 8 9 EXPOSICIÓNS CURTAS10 11 12 13 14 15 16 EXPOSICIÓNS CURTAS17 18 19 20 21 22 23 EXPOSICIÓNS CURTAS DÍA DO PAI EXPOSICIÓNS CURTAS24 31 25 26 27 28 29 30 EXPOSICIÓNS CURTAS 42
  • 43. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra abril 2014 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 2 3 4 5 6 PLANTACIÓN DE ARBORES AUTÓCTONAS7 8 9 10 11 12 13 EXPOSICIÓNS CURTAS14 15 16 17 18 19 20 SEMANA SANTA21 22 23 24 25 26 27 EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS28 29 30 EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS 43
  • 44. Aniversario Facultade CienciasSociais Pontevedra maio 2014 luns martes mércores xoves venres sábado domingo 1 2 3 45 6 7 8 9 10 11 ENTERRO CAPSULA EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS CÓCTEL DESPEDIDA12 13 14 15 16 17 1819 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31 44
  • 45. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS UTILIZADOS• Páxina web do concello de Pontevedra.http://www.concellopontevedra.es/ (Recuperada día 29/04/2011)• Páxina web da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.http://www.csc.uvigo.es/ (Recuperada día 29/04/2011) 45