1. Á noitiña daquel día,
o día primeiro da semana,
estaban os discípulos nunha
casa coas portas pechadas por
medo aos xudeus.
Nisto entrou Xesús,
púxose no medio e díxolles:
PAZ A
VOSOTROS…
Ciclo C
PAZ convosco
2. E dito isto exhalou o seu alento
sobre eles e díxolles:
- Recibide o Espírito Santo:
Aos que lles perdoedes os pecados,
quedaranlles perdoados:
Aos que llelos reteñades,
quedaranlles retidos.
Xn 20, 19-23
3. O Papa Bieito XVI subliñaba que en Pentecoste
o Espírito Santo concede aos fieis
o don de comprender.
“Supera as rupturas iniciadas en Babel
– a confusión dos corazóns,
que nos enfronta uns a outros -, e abre as fronteiras”.
4. O vento do Espírito sácanos de noso individualismo
Ábrenos á comprensión de todos
Axúdanos a superar os nosos límites e prexuízos
Introdúcenos no pobo de Deus que é esencialmente
católico, é dicir universal.
5. O Papa subliña
a importancia do saúdo
de Xesús que desexa
aos seus o don da paz.
Unha paz que non nace
dos ferrollos,
senón das presenzas do Señor
no medio das comunidades,
chamadas a vencer o medo.
6. Xesús exhala o seu alento
sobre os discípulos
e comunícalles o seu Espírito
para que poidan perdoar
os pecados.
O alento de Xesús recorda o sopro de Deus
sobre o home inicial para que teña vida.
7. O Espírito ofrécenos a paz e,
grazas ao perdón de Deus, inicia en cada un
de nós unha nova creación
e unha nova revelación da súa vontade.
8. O vento impetuoso e
O sopro da brisa.
Evócannos a forza e beleza do natural,
pero remítenos a un mundo sobrenatural.
A festa de Pentecoste é representada
por dous símbolos bíblicos:
9. Así é o Espírito de Deus.
Purifícanos e arranca as nosos ancoraxes.
O furacán rise das fronteiras. E o vento de Deus invítanos a
superar os nosos particularismos,
aldeanismos e nacionalismos.
Grazas ao vento purifícase o ambiente contaminado,
pero ninguén o pode deter cando sopra impetuoso.
10. Grazas ao alento podemos respirar e vivir.
Pero o alento é silandeiro.
Cando se fai sonoro indícanos
que estamos enfermos.
11. Tamén o perdón é discreto.
O griterío das prazas o das promesas políticas non
se compaxina co perdón que nos dá a paz
e crea verdadeiras comunidades.
12. Pai celestial,
ti déchesnos o Espírito para
que nos encha de vida
e nos guíe polos caminos do
amor.
Fainos dóciles
á súa orientación para que
vivamos na unidad
e na paz.
Por Xesucristo noso Señor.
Amén.