Na busca dun Modelo para a Economía Galega (xuño 2013)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Na busca dun Modelo para a Economía Galega (xuño 2013)

on

  • 442 views

Intervención no Ciclo de Debates "Galicia en Clave Económica" organizado pola Deputación de Lugo, o diario El Progreso e o portal web de información Economía Digital. ...

Intervención no Ciclo de Debates "Galicia en Clave Económica" organizado pola Deputación de Lugo, o diario El Progreso e o portal web de información Economía Digital.
Análise do Modelo Económico actual de Galicia: intervención da administración pública na economía, factores capital, terra e traballo, distribución sectorial da produción, cadeas de valor ata produto final, atributos de competitividade e modos de chegar ós mercados.
Consideración específica sobre a importancia do tamaño das empresas e a súa relación coa produtividade e a innovación. Concepto de produtividade e innovación segundo o modelo de Porter. Relación entre custos e competitividade.
Análise económica comparada entre as economías galega e vasca: PIB per cápita, saldo comercial con España e co Mundo, innovación, estratexia competitiva.
Aplicación do modelo de competitividade nacional de Porter á economía de Galicia. Factores endóxenos (sector agroalimentario), Cadeas de Valor, novamente dimensión empresarial, vocación exterior, mercados exteriores.
Conclusión a partir da evolución demográfica de Galicia; relación peso da poboación galega sobre o total español.

Statistics

Views

Total Views
442
Views on SlideShare
442
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Na busca dun Modelo para a Economía Galega (xuño 2013) Na busca dun Modelo para a Economía Galega (xuño 2013) Document Transcript

  • Ciclo de debates:Galicia en clave económicaNa busca dun ModeloLugo, 19 Xuño 2013Deputación de Lugo. El Progreso. Economía DigitalMarcelino Fernández Mallo
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 2Galicia en Clave Económica. Na busca dun Modelo.Grazas ante todo á Deputación de Lugo, ó xornal El Progreso e a EconomíaDigital pola convocatoria e organización deste Ciclo tan procedentesempre pero en especial nunhas circunstancias como as actuais.Por empezar polo principio, definiriamos o Modelo Económico como oxeito de organizarse a actividade económica dentro dunha unidadeterritorial. Xa que logo, haberemos falar cando menos da intervención daadministración pública na economía, dos factores capital, terra e traballo,da distribución sectorial da produción, das cadeas de valor ata o produtofinal, dos atributos de competitividade e por fin sobre os modos de chegarós mercados.Atendendo a estes elementos, podemos afirmar que o Modelo Económicode Galicia se caracteriza por ser, obviamente, un modelo capitalista, conintervención reactiva da administración pública que actúa máis sobrefeitos e operacións, e con criterios dubidosos, que a partir dunha políticaeconómica e industrial definida. A asignación de fondos públicos presentaasí mesmo unha notable falta de eficiencia económica, primando endemasiadas ocasións proxectos de cuestionado potencial para a creaciónde riqueza colectiva.Trátase dun Modelo que abandona ou mesmo castiga o factor terra,cunha alta proporción de superficie erma ou inzada do especies alóctonasde rendemento rápido e contrarias á biodiversidade e á paisaxe.Igualmente penaliza o litoral así como ríos e rías ata índices insostibles xasexa por medio de edificacións, plantas industriais, granxas acuícolas ouminicentrais eléctricas, en xeral ademais con escasa capacidade dexeración de emprego.Respecto ao factor capital, non soubemos xestionar o sector financeiropropio que acabamos de perder. Por outra banda, os principais capitaisprivados tenden a preferir o investimento noutros territorios mentres queGalicia amosa unha reducida e volátil capacidade de captación deinvestimento exterior. Sobre o factor traballo, e neste sentido a cousa émáis opinable, coido que temos unha clase directiva con carencias
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 3frecuentes, e uns recursos humanos con alta formación desaproveitada.Respecto ó factor custo, os salarios medios en Galicia sitúanse no tramobaixo dentro da economía española, que á súa vez resulta un dos paísesmáis baratos entre os seus socios próximos.Sobre a estrutura económica, neste apartado debemos subliñar o pesoexcesivo que ostentaba a construción sobre o PIB, arredor dun 15%, e quenon sabemos como imos compensar unha vez estoupou a burbullainmobiliaria. Igualmente, coa excepción das enerxías alternativas e oagroalimentario, amosamos unha escasa presenza relativa en sectores cunmaior potencial de desenvolvemento nas vindeiras décadas,nomeadamente tecnoloxías de aforro enerxético e medioambientais,tecnoloxías da comunicación, biotecnoloxía, servizos persoais ó cidadán,novos materiais ou alimentación e produtos ecolóxicos.Respecto á estrutura empresarial, o tamaño medio das nosas empresas éextremadamente reducido en termos comparados. As microempresas enEspaña (menos de 10 empregados) supoñen o 95,2% do seu tecidoprodutivoipor un 92,1% da UE. Pois ben, dentro de España, Galiciapresenta un ratio de microempresas tan so inferior a Asturias, Castela-León e Estremaduraii. Por outra banda, en proporción de empresas conmáis de 200 empregados, Galicia unicamente está por riba das dúasCastelas, La Rioja e Estremadura de novo.Xusto é salientar dentro da estrutura produtiva o peso das Cooperativasen Galicia, que dalgún xeito vén compensar o claro exceso demicroexplotacións. Algunhas desas cooperativas esténdense ó longo dasdistintas etapas dunha cadea de valor co cal se consegue non so unhamaior produtividade senón tamén un valor engadido superior.Poderiamos citar exemplos en distintos sectores coma Coren, Feiraco ouCondes de Albarei.Sobre os atributos de competitividade do noso modelo económico, nonson doados de identificar. Malia dispor Galicia de elementos sobre os quebasear unha oferta diferenciada, o seu uso non está xeralizado como paraconstituír unha proposta integral. Son elementos como a imaxe desalubridade e benestar, a paisaxe mesmo tan maltratada, a produtividade View slide
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 4e calidade do produto de terras, rías e mar, unha especialización exitosanalgúns sectores, unha cultura e idioma propios e, finalmente, a positivaidentificación con determinados fenómenos coma a Moda galega ou oTurismo rural.Sen embargo, a nosa economía amosa unha serie de contra-atributos decompetitividade tanto ou máis relevantes. Velaí os minúsculos índices deinnovación, o cativo valor engadido dos nosos produtos, a baixaprodutividade do noso tecido empresarial e as evidentes carencias nadistribución, por amentar soamente os máis evidentes. Precisamente nafase final da cadea de valor, a penalización do comercio tradicional e deproximidade a prol dos centros e superficies comerciais implica a caídadunha vantaxe competitiva dos nosos produtos fronte a artigos foráneosno mercado local, mentres que nos mercados exteriores tampouco fomosquen de artellar unha estrutura potente de comercialización.Definido ata aquí o Modelo Económico actual de Galicia, cómpre agoracontrastar os seus resultados. Para iso, en economía debemos usarvariables e referencias. De nada serve apelar ós números se non osconfrontamos con entidades comparativas. Eu propoño utilizar o PaísVasco como benchmarking dadas as similitudes co noso País: ámbolosdous pertencentes ao Estado Español, os dous na cornixa cantábrica, pesotradicional do agro e a pesca, tamaño similar e reconversións industriaisen ámbalas economías cando a entrada na CEE.O primeiro que chama a atención é que malia Galicia presentar un 27% depoboación máis ca Euskadiiii, o PIB vasco é un 16% superior ó galego o queimplica que o PIB per cápita é un 49% maioriv. Esta enorme etranscendental diferenza so pode explicarse a partir do modeloeconómico de ámbolos dous territorios. Analizando os mercados dedestino da produción, obsérvase que mentres que o consumo interior ésimilar, a produción de Euskadi acada un 20% de maior penetración nosmercados internacionais e, sobre todo, un 70% máis no mercado español(24.551 millóns € vs 14.451 millóns €)v.Aínda que en cifras notablemente inferiores ás do País Vascovi, unha boanova para Galicia sería que con datos de 2011, o saldo comercial tantorespecto a España como ao Mundo é positivo, inda que se tornaríanegativo deducindo as exportacións de PSA-Peugeot-Citroen e do grupo View slide
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 5Inditex. Velaí outra debilidade do modelo económico galego: esadependencia dos sectores do automóbil e a confección. E así, mentres quea cota sobre o total exportador dos dous maiores sectores en España é do24,8%, elévase ata o 43,3% en Galiciavii.Continuemos coa comparación das economías galega e vasca. En Euskadio paro é do 15% fronte ó 21% de Galiciaviiiaínda que en Galicia temosunha taxa de ocupación inferior á do País Vasco, 55% contra 57% (60% enEspaña)ix. Ítem máis: os galegos emigramos nunha proporción superior ádos vascos, o que en boa lóxica habería “aliviar” as nosas cifras dedesemprego. Mentres que a emigración interior amosa númerosproporcionais nas dúas Comunidades Autónomas, as diferenzasdispáranse cando miramos a emigración exterior. Así, en 2011 segundo oINE, 5.285 persoas con nacionalidade española marcharon de Galicia caraó estranxeiro, un fenómeno que nada máis se deu 2.282 veces no PaísVascox. Este conxunto de cifras vén a significar, simplificando, que aeconomía vasca é capaz de dar traballo ós seus cidadáns mentres Galiciasegue a precisar o recurso da emigración.Atendendo á estrutura empresarial, detectamos outros elementos dignosde salientar. Así, un terzo das 25 compañías españolas máis innovadorasson vascas. No top 1000 de empresas europeas por volume investidor enI+D, figuran cinco empresas vascas; galegas, so unha, Pescanovaxi. Éimportante a capacidade do modelo económico vasco para reter os seusbuques insignia, como pode ser o caso de Iberdrola, outro factor clave dodesenvolvemento. E así podiamos continuar a senda da comparación: osector forestal vasco desenvólvese sen sufrir o andazo do eucalipto; aindustria recibe enerxía sen a necesidade de inzar os ríos de minicentrais;o esforzo urbanístico en torno ó Guggenheim parte dun concepto e unobxectivo de rendemento evidente; a cultura vasca recibe o apoioinstitucional e social converténdose nun factor de diferenciación da súaoferta, etc.Habemos preguntarnos onde están os porqués desta tan desfavorablecomparación para Galicia? En primeiro lugar, coido que en boa parte haiunha diferenza significativa de actitude, de protección e promoción doselementos endóxenos, eses factores propios que no País Vasco sondefendidos e potenciados e que en Galicia normalmente infravaloramos e
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 6mesmo cedemos moitas veces a cambio de nada. Mais hai taménargumentos netamente económicos, claro está.Unha clave radica no tamaño. Está contrastado de xeito empírico o efectodo tamaño sobre a produtividade e a innovación (nun momento veremosporque menciono esas dúas variables precisamente). Así, mentres asempresas entre 20 e 50 traballadores amosan un valor engadido percápita lixeiramente por riba dos 40.000 €, as empresas de máis de 250traballadores duplican esa contíaxii. Cantas empresas galegas teñen máisde 250 traballadores? Nove. Cantas hai no País Vasco? Vinte e catroxiii.Seica o primeiro elemento a corrixir no modelo da economía galega sexa adimensión, movemento que así mesmo haberiamos aplicar á nosaorganización territorial a cal está a lastrar a capacidade de xeración deproxectos económicos.Que outros factores débense salientar ademais do tamaño das empresas?Eu propoño tirar proveito de estudos contrastados, en concreto do máisimportante traballo sobre a competitividade das nacións que se teña feito.Propoño coller o modelo de Michael Porter e aplicalo á economía galegapara vermos o que sae (como saben, Porter conduciu durante catro anosun estudo en dez países e cen sectores no cal participaron máis de 30investigadores, ao cabo do cal determinaron as bases para acompetitividade das economías nacionais. É unha perspectiva candomenos a ter en contaxiv).Para Porter, a prosperidade das nacións créase, non se herda. Nonprocede das condicións naturais dos países, tampouco dos tipos de xuroou de cambio como defendía a teoría clásica, senón da capacidade dossectores de actividade para innovar e progresar de modo continuo. Asdúas variables clave segundo a investigación de Porter son produtividadee innovación. Mais convén analizalas para non obtermos conclusiónsprecipitadas.Cando se fala de produtividade non habemos entender simplementecustos. A produtividade é unha relación entre o valor engadido e aunidade de gasto. Que o custo non adoita ser a clave do modelo resultaunha evidencia doada de obter da realidade empírica. Cales son as dezeconomías con maior capacidade de penetración nos mercados
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 7exteriores? China, Estados Unidos, Alemaña, Xapón, Holanda, Francia,Corea do Sur, Italia, Bélxica e Reino Unido. Agás China, países con custoslaborais moi superiores ó galego. Contrastando a relación entre custolaboral por hora e o desemprego en Europa, volvemos comprobar oaparente paradoxo: os países cos maiores custos presentan a taxa de paromáis baixa e viceversa.España: 22,50 € - 26,8 %Suecia: 43,80 € - 8,4 %Bélxica: 41,90 € - 8,4 %Dinamarca: 37,90 € - 7,0 %Francia: 36,30 € - 11,0 %Alemaña: 35,30 € - 5,4 %Finlandia: 33,80 € - 8,0 %Holanda: 33,70 € - 6,5 %Austria: 32,30 € - 4,9 %Grecia: 14,70 € - 26,8 %Fonte: Eurostat Abril 2013Os custos por suposto son importantes mais, alén das conxunturas máisou menos favorables, a clave sostible dos modelos económicos deprosperidade encóntrase principalmente no numerador do cociente, nacapacidade de xerar valor engadido e transmitilo ó mercado. E iso porquea función da economía é conseguir o maior benestar dos seus cidadáns.Tentar rebaixar o denominador a través da diminución dos salariosproduce unha perda da calidade de vida, e iso vai en contra da propiaesencia da economía.Velaí a importancia crítica da innovación entendida como procesoxeralizado e continuo. Como se entende a política de innovación enGalicia? Basicamente a través de programas de apoio temporais a partirduns criterios determinados: cumpres os criterios, presentas unexpediente dentro dunhas datas e recibes unha subvención ou unpréstamo en condicións vantaxosas. E isto ano tras ano.Porter fala doutro tipo de estratexia, a de crear o ambiente na economíaque favoreza a orientación cara ao futuro e as tendencias, ao dinamismointerno e ao desafío competitivo constante. Entende a innovación como
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 8un novo produto, un novo proceso –máis barato e eficiente–, un novosegmento ou nicho de mercado, unha mellora do servizo, unha novacapacidade, unha nova forma de facer marketing, unha nova tecnoloxía,un xiro na xestión… é dicir, como unha práctica de xeral implantación. Emáis como unha filosofía de acumulación, de cambios permanentes, antesque en termos dun avance espectacular puntual. Digamos: innovacióncomo pauta común e cotiá de dirección. Ese vén sendo o factor críticopara a competitividade das economías.Como conseguir esas condicións que estimulen a innovación e o aumentoda produtividade de xeito continuo? Porter identifica catro conceptos queconforman o seu diamante da competitividade:O primeiro é o aproveitamento dos factores endóxenos, como se creanvantaxes a partir dos elementos internos, e pon como exemplo Holanda,líder mundial no sector das flores non so pola dispoñibilidade de solo eclima axeitado senón principalmente por contar con varias entidadesespecializadas no cultivo eficiente e diversificado, no envasado eempaquetado coas máximas garantías e na distribución a calquera puntodo planeta.Galicia conta cunhas condicións edáficas privilexiadas e cun altorendemento das súas terras e das súas rías. A demanda mundial deproduto agroalimentario excede a oferta e amosa unha forte tendencia aocrecemento. Galicia ten que recuperar canto antes a súa especializaciónagrogandeira e desenvolver as capacidades necesarias para actuar aolongo da cadea de valor alimentaria e constituírse en potencia mundial enprodutos nos cales existe esa potencialidade.O segundo elemento do diamante de Porter é o grao de sofisticación dademanda. Un mercado máis esixente obriga a un maior grao dedinamismo e innovación. Con algunhas excepcións, o nivel de esixencia doconsumidor galego, minorista ou industrial, está lonxe dos mercados máisavanzados. Velaí a necesidade de ampliar o marco de referencia, tal comofixo o País Vasco. A empresa galega non pode contentarse con atender omercado interior pois esa actitude sería a súa condena. Máis tarde oumáis cedo chegará competencia de mercados próximos máis avanzados e
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 9recurtará as vendas locais. Os mercados exteriores –o español e mailointernacional–, han ser o destino natural do produto galego. Destamaneira, tamén estará defendendo a súa posición no mercado interior.O terceiro elemento de competitividade vén sendo a estrutura eestratexia das empresas. Habemos retomar aquí o comentado sobre adimensión das empresas galegas. Resulta fundamental promover oaumento de tamaño das unidades produtivas de Galicia, idealmente através do seu propio crecemento natural. Pero con seguridade tamén serápreciso promover joint ventures, operacións de integración vertical,consorcios de exportación; e facilitar fusións, retomar os clusters, porsuposto potenciar os movementos cooperativos… Moitas son as fórmulasdispoñibles para adoptar en cada sector ou cadea de produción. Maissempre mantendo un alto nivel de competencia sectorial pois a rivalidadeinterna contribúe igualmente á mellora da produtividade e á innovaciónsegundo o modelo de Porter.A calidade dos provedores resulta ser o último elemento identificado. Eneste punto volvemos evocar a conveniencia de deseñar a políticaindustrial a partir dun esquema de cadea de valor e non de sectoresestancos. O fluxo de información, de ideas e propostas, os proxectosconxuntos entre as empresas operantes nas distintas fases da cadea devalor, representan outro factor crítico de competitividade. O conflitopermanente entre produtores e industria no sector lácteo revélase unexemplo nítido desta problemática que está a condicionar, negativamenteneste caso, o crecemento da actividade en Galicia.Quedan moitas cuestións por recoller (infraestruturas, formación,emprendemento, enerxía…) pero o tempo é limitado. Rematarei cun datofinal, de síntese: o PIB galego representaba en 1940, un 7% do totalespañol, en 1960 era un 6% e na actualidade se sitúa no 5%. O caso depoboación é aínda máis extremo: en 1940 Galicia representaba o 10% dapoboación española, un 8% en 1975 e na actualidade se sitúa no 6%. OModelo actual non funciona, condúcenos aceleradamente cara áinsignificancia. Quizais o elemento clave que precisa a economía de Galiciasexa Ambición e Coraxe para cambiar o seu Modelo.
  • Marcelino Fernández Mallo Galicia en Clave Económica - Páxina 10iSubdirección General Apoyo a PYMES. Retrato de las PYMES 2012iiEmpresas españolas. Competitividad y tamaño. Servicio de Estudios Cámaras deComercioiiiPadrón Municipal Xaneiro 2012. Galicia: 2.781.498 habitantes; País Vasco: 2.193.093habitantesivPIB Euskadi 2012: 65.261 miles de millóns de euros; PIB Galicia 2012: 56.376 millóns.PIB per cápita Euskadi: 30.829 €; PIB per cápita Galicia: 20.723 €. Ref.http://www.datosmacro.com/pib-ccaavInforme trimestral sobre el comercio interregional en España. C-intereg, a partir dabase de datos DataComex do Ministerio de Economía y Competitividad.viIdem. Saldo comercial Galicia con España 3.343 millóns €; co Mundo 2.814 €. Saldocomercial do País Vasco con España 6.970 millóns €; co Mundo 3.179 millóns €viiC.21 Los cinco capítulos arancelarios más importantes en Galicia y España enimportaciones y exportaciones. Año 2010. La internacionalización de la economíagallega 2011. Fundación NovacaixagaliciaviiiTaxa de paro da poboación de 16 e máis anos por Comunidade Autónoma,decembro 2012. Enquisa de Poboación Activa do Instituto Nacional de EstatísticaixTaxa de actividade da poboación de 16 e máis anos por Comunidade Autónoma,decembro 2012. Enquisa de Poboación Activa do Instituto Nacional de EstatísticaxFluxo de emigración con destino ao estranxeiro por Comunidade Autónoma e país denacemento. 2011. Migraciones exteriores. Instituto Nacional de Estatísticaxi2012 EU Industrial R&D Investment ScoreboardxiiEmpresa y productividad: una cuestión de tamaño. Servicio de Estudios de La Caixa.xiiiLas 5.000 primeras empresas de España, 2012. Actualidad EconómicaxivCompetitive Advantage of Nations, Michael Porter, Harvard Business Review