Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega

on

  • 531 views

 

Statistics

Views

Total Views
531
Views on SlideShare
528
Embed Views
3

Actions

Likes
0
Downloads
6
Comments
0

2 Embeds 3

http://www.mefeedia.com 2
https://twitter.com 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft Word

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega Document Transcript

    • qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galegawertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui Propostas e alternativasopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg 20/09/2012hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc Marcelino Fernández Mallovbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas
    • 1. DIAGNÓSTICO ESTRUTURAL1.1 Economía XeralUnicamente catro factores para entender a situación de calquera economíadentro do mundo actual:a) A globalización está desestabilizando o status quo económico das últimas décadas. Economías como a chinesa, a brasileira, a india, a rusa, a mexicana ou a sudafricana están a transformar os fluxos de relacións comerciais e a xerar unha demanda que o mundo non está preparado para enfrontar.b) A “financiarización” da economía ó abeiro do elevado crecemento nas décadas anteriores á crise actual. O crecemento prodúcese por tres vías básicas: o resultado da xestión, a asunción dun maior nivel de risco e o grao de endebedamento. A principal razón daquel período de bonanza localízase perniciosamente no enorme incremento dos riscos asumidos e o aumento exponencial do endebedamento das unidades produtivas e familiares.c) O consumo enerxético aumenta de maneira sostida. Distintas previsións falan dun período de entre 25 e 50 anos para o esgotamento dos combustibles fósiles. Este elemento capital obriga a fomentar o consumo optimizado da enerxía e a desenvolver alternativas ós combustibles fósiles, principais causantes, por outra banda, do quecemento da atmosfera.d) O crecemento español das décadas anteriores á crise sustentouse nunha burbulla inmobiliaria de dimensións colosais. Resulta imprescindible buscar canto antes as actividades que deben cubrir a porcentaxe no PIB que desocupou o estoupido da burbulla. Ademais, por mor dos excesos construtivos, España pasou en pouco máis de dez anos de ser o país da Unión cunha fenda máis estreita entre ricos e pobres, a ser o cuarto cunha diferenza maior. Hase recordar que canta meirande sexa esta fenda, menos estabilidade terá a economía, pois os ciclos incidirán na demanda interna con superior virulencia cá nos países de renda mellor distribuída.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 2
    • 1.2 Economía Galega1.2.1 Factores estruturaisEstes son os elementos que caracterizan a Economía Galega na súa na súaevolución das últimas décadas e os elementos estruturais, favorables edesfavorables, da nosa economía:Factores Favorablesa) Recursos Naturales: terra produtiva e notable tradición agrogandeira; recursos hídricos, eólicos e mariñeiros.b) Identificación pública de Galicia coa condición de “natureza”, “paisaxe” e “saúde”.c) Especialización sectorial en sectores industriais como a construción naval, compoñentes de automoción ou conservas. Reputación do deseño galego en moda téxtil.d) Numerosos portos de dimensión media, Vigo como principal porto pesqueiro e portos exterior en Coruña e Ferrol.e) Fenómeno Inditex. Empresarios de éxito no exterior, tanto en España como en América.f) Destino da Ruta Xacobea.Factores Desfavorablesg) Localización periférica e precarias rías de comunicación, tanto interior coma cos principais eixos de desenvolvemento.h) Avellentamento e despoboamento interior; agudo desaxuste entre zona de litoral e interior. A perda de traballadores novos por mor da emigración mantén a presión sobre a idade media da poboación, o que xera unha pirámide demográfica invertida.i) Falta de corporacións fortes en sectores básicos para o desenvolvemento como a enerxía ou as telecomunicacións. Malia o crecemento da dimensión media da empresa galega nos últimos anos, o tamaño segue a ser un hándicap salientable, o que dificulta a competitividade e aumenta o risco de absorcións foráneas.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 3
    • j) Saldo comercial negativo nuns 7.000 millóns de euros (positivo en 3.000 co estranxeiro, negativo en 10.000 con España).k) Nula capacidade de atracción de capital exterior. Cifras anecdóticas ano tras ano.Como consecuencia do desequilibrio negativo entre os factores anteriores, oPIB galego amosa un devalo imparable ó longo dos séculos XX e XXIrespecto á economía española. Se en 1940, representaba un 7% do totalespañol, en 1960 era un 6% e na actualidade se sitúa no 5%. O caso depoboación é máis extremo pois en 1940 Galicia representaba o 10% dapoboación española, un 8% en 1975 e un 8% e na actualidade se sitúa no6%. É dicir, o censo galego está a perder 2 puntos de peso cada 35 anosrespecto do total español, unha tendencia que dirixe a economía galegaaceleradamente cara á insignificancia.A pesar da perda de poboación, o PIB per cápita de Galicia mantensealonxado da media española e de Comunidades Autónomas como Cataluñaou o País Vasco. En 2011, era de 21.112 € en Galicia, 23.271 € en España,27.430 en Cataluña e 31.288 € en Euskadi.O motivo desta situación tan extremadamente desfavorable cabe atopala,ademais de nos factores sinalados con anterioridade, nas políticaseconómicas aplicadas, entre as cales cabe salientar tres liñas:l) O primeiro motivo foi non ter implantado coa decisión debida a innovación tecnolóxica nas empresas. Como dato, o esforzo galego de I+D+I representa a penas unha cuarta parte do esforzo das empresas vascas. Como se sabe, a innovación de procesos xera vantaxes de custo e eficiencia mentres que a de produto fomenta a capacidade de competir por diferenciación. Con excepcións sempre presentes, debemos afirmar que Galicia non avanzou dabondo en ningunha das dúas liñas. Malia presentar unha situación similar a Galicia hai vinte e cinco anos, o País Vasco conseguiu colocar compañías punteiras na maioría dos sectores de alta tecnificación e, polo tanto, de elevado valor engadido e potencial de crecemento.m) Un segundo factor implica á propia esencia da economía: a óptima administración dos recursos públicos, que en Galicia resultou especialmente lamentable dada a querencia de moitos dirixentes por proxectos improdutivos de alto valor propagandístico.n) O terceiro factor supón unha condición básica da competencia territorial: o fortalecemento dos factores endóxenos, xa apuntados en parágrafos anteriores. As políticas económicas aplicadas foron precisamente en contra dos factores endóxenos, debilitando deste xeito o conxunto daXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 4
    • economía. A fertilidade da terra foi “combatida” co abandono do campo; a produtividade das rías, con proxectos contaminantes; o valor paisaxístico e medioambiental, co espallamento de especies alóctonas e co desprezo de valores ecolóxicos; a cultura e lingua propias, co desmantelamento da industria asociada e a persecución do idioma; a capacidade de investimento foi desviada cara a outros territorios, etc.1.2.2 A balanza comercialDesenvolvemos brevemente este apartado dada a súa importancia capital.Galicia presenta unha balanza comercial claramente deficitaria. Debematizarse esta afirmación: a balanza comercial exterior galega presenta unaparente superávit (arredor de 3.000 millóns € en 2011) dado que secalcula respecto ás importacións e exportacións co exterior de España.Debido principalmente ó efecto de Citröen e Inditex, Galicia exporta apaíses estranxeiros máis do que importa. Porén, esa tal avaliación carece desentido pois a realidade é que as compras exteriores de Galicia, incluíndonaturalmente o conxunto de Comunidades Autónomas, superanamplamente as vendas galegas fóra do noso mercado. O déficit con Españaoscila en torno ós 10.000 millóns €. Esta eiva revélase de enormetranscendencia para a economía galega pois lastra de xeito decisivo as súasopcións de crecemento.No capítulo 3 verase a incidencia deste factor na elección dun modeloeconómico para o noso País.1.2.3 A organización territorialInda que non sempre se considere un factor de natureza económica,entendemos que a organización territorial xoga un papel decisivo naeconomía do País.Lembremos algúns datos esenciais: Galicia ten 315 concellos, dos calesdous de cada tres contan con menos de 5.000 habitantes. Dende 1950, apoboación española medrou un 64% por un 7% de crecemento demográficoen Galicia. Nese período, só 80 concellos galegos aumentaron poboación. Enmoitos dos concellos do interior, a recesión demográfica sobordou o 40% deperda de habitantes. A gran maioría de municipios galegos non conseguenxerar de seu nin sequera o 50% dos ingresos que precisan para cubrir osseus orzamentos anuais.Por riba destas cifras abondo significativas, as provincias carecen decalquera xustificación social e económica e amósanse incapaces paraXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 5
    • inverter a dinámica regresiva daquelas cun menor grao de dinamismo. Defeito, as deputacións revélanse coma un axente máis da vaga declientelismo e mesmo nepotismo que cubre tanto as actividades cotiás dosconcellos coma unha posíbel planificación cara ó seu desenvolvementofuturo.1.2.4 Mencións sectoriais: o sector primario e o enerxéticoa) Malia contar Galicia cunhas condicións meteorolóxicas e edáficas privilexiadas e unha secular tradición agraria e gandeira, a balanza comercial do sector agroalimentario galego presenta un déficit salientable, tanto considerando o comercio internacional coma o que se deriva das transaccións co resto de comunidades autónomas. Vexamos algún dato: agás a carne de vacún e de ave, que amosan crecementos sostidos relevantes entre 1985 e 2007, o resto da produción agrogandeira presenta unha situación de devalo continuo: estancamento do sector lácteo dende 1995 lastrado pola cota láctea e o prezo do litro en orixe; forte perda no peso do porco respecto ó total español; drástico retroceso da pataca, das hortalizas e das froitas; crecemento nulo dos cereais e do millo forraxeiro, etc. Interesante os datos de agricultura ecolóxica. En 2009, Andalucía contaba con 8.444 operadores deste ramo (produtores, elaboradores, importadores e comercializadores), Castela - A Mancha con 4.896, Extremadura con 3.743; Galicia con 528. Fixándonos na comercialización, Andalucía tiña 95 comercializadoras de agricultura ecolóxica por 112 de Cataluña. Galicia ningunha segundo o Ministerio de Agricultura.b) A explotación forestal derivou cara a unha perniciosa especialización en especies arbóreas alóctonas de crecemento rápido como piñeiro e, sobre todo, eucalipto, que está a producir un cambio radical da paisaxe así como o empobrecemento da fauna e flora e a redución do valor engadido da madeira. Hai que subliñar que este fenómeno de “eucaliptización” é exclusivo de Galicia (e en menor medida de Asturias e Cantanbria) en toda Europa.c) Enerxía: segundo datos de UNESA, Galicia produciu a través de centrais eléctricas instaladas nos leitos dos ríos, 27 mil qwh en 2009 para un consumo de 18 mil qwh, o cal implica un 50% de excedente. Das 900 centrais españolas, 150 son galegas, e que mentres a porcentaxe do PIB galego sobre o español é do 5, a proporción na produción eléctrica acada o 9%.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 6
    • Se tomamos a situación do Estado como valor neutral, podemos consultar o ratio que compara o peso da produción e o consumo de cada Comunidade sobre o total español, dato que para Galicia é dun 1,25 (9% da produción sobre 7,2% do consumo). Excedentarias como Galicia atopamos Estremadura, Castela - León, Castela - La Mancha ou Aragón; encontramos a balanza equilibrada en CC.AA. como Cataluña, Andalucía ou Navarra; e detectamos que Euskadi presenta un ratio do 0,27 e Madrid do 0,01. Noutras palabras, toda a enerxía que a economía madrileña precisa recíbea doutras Comunidades Autónomas mentres que Euskadi recibiría 3/4 partes.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 7
    • 2. DIAGNÓSTICO CONXUNTURALTendo en conta o valor de síntese das variables de poboación, resumiremosa evolución económica de Galicia nos últimos tres anos (última lexislatura)a partir dos datos de actividade e desemprego comparados con España eque amosamos na táboa a seguir: INCREMENTO GALICIA ESPAÑA GALICIA ESPAÑA T1 2009 T2 2012 T1 2009 T2 2012POBOACIÓN 2.738.423 2.720.467 45.870.483 46.163.116 -0,7% 0,6%POBOACIÓN > 16 ANOS 2.387.500 2.365.700 38.408.600 38.467.300 -0,9% 0,2%POBOACIÓN ACTIVA 1.331.100 1.309.600 23.101.500 23.110.400 -1,6% 0,0%POBOACIÓN OCUPADA 1.168.500 1.033.700 19.090.800 17.417.300 -11,5% -8,8%DESEMPREGADOS 162.700 275.900 4.010.700 5.693.100 69,6% 41,9%TASA ACTIVIDADE 55,8% 55,4% 60,1% 60,1% -0,4 -0,1TASA PARO 12,2% 21,1% 17,4% 24,6% 8,8 7,3Fonte: INEA evolución da economía galega queda reflectida observando as tresvariables esenciais na táboa anterior as cales demostran que Galicia secomportou peor cá economía española mesmo cando esta amosou uncomportamento extremadamente negativo. Así:a) A taxa de actividade descendeu en Galicia 0,4 puntos mentres que se mantivo en Españab) A taxa de paro, que estaba 8,8 puntos por debaixo da estatal, recorta esa diferenza positiva ata 7,3 puntos.c) O crecemento do número de desempregados é do 69,6% en Galicia por un 41,9% en España.A evolución do PIB confirma a tendencia negativa. No último exercicio, entermos reais, o PIB do País Vasco medrou un 1,3%, en Cataluña un 0,8%,un 0,7% en España e un exiguo 0,3% en Galicia.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 8
    • 3. UN MODELO PARA A ECONOMÍA GALEGAPartindo das forzas motrices da economía global do século XXI, dasdeficiencias estruturais da economía galega sinaladas nos apartadosanteriores e máis da negativa evolución dos últimos anos, cabe definir oModelo Económico polo que aposta o País para reverter esta situación deextrema fraxilidade xeral. De cara ó futuro, en principio, caben dúasgrandes opcións:a) Modelo “asiático” baseado en rendas baixas, captación de investimento produtivo e exportación.b) Modelo “occidental” baseado nun mercado interior desenvolvido e a competitividade sobre os eixos da innovación e a diferenciación.Para determinar o modelo acaído, habemos saber que o PIB galego destina,de modo aproximado, un 35% ó mercado interior, outro 35% ó mercadoespañol e un 30% ós mercados exteriores, principalmente a Unión Europea.A rebaixa dos custos salariais que supón o modelo a) implicaría a retraccióndo mercado interior pola súa menor capacidade de consumo. O efecto destaredución sobre os mercados español e europeo sería marxinal e non poderíacompensar a retracción do mercado galego. Pensemos que, sendoobviamente relevante, o factor custo non é o elemento crítico nacomercialización nos mercados desenvolvidos senón a calidade e adiferenciación, así como a penetración nas canles de distribución. Aíndamáis, a maioría das importacións galegas proceden de rexións económicascon custos salariais máis elevados cós galegos.Para que o impacto da redución de custos fose importante, a rebaixahabería ser de tal contía que achegase os prezos galegos ós niveis dospaíses emerxentes. O cal provocaría a pobreza da poboación galega, asegura emigración dos traballadores cualificados e unha rebaixa notable dosingresos públicos, co cal o investimento nos elementos de progreso comoI+D ou formación se vería negativamente afectada, creando un círculovicioso que conduciría o País cara a miseria.Unha demostración da falacia que supoñen as recomendacións para reduciros custos laborais co adaxo de facer fronte á globalización e á crise, está nalistaxe dos países cun maior saldo excedentario da balanza corrente.Eliminando as exportacións enerxéticas, os líderes mundiais son China,Alemaña, Xapón, Suíza e Holanda. Dentro de España, as ComunidadesAutónomas con maior saldo da balanza comercial (resto de España máiscomercio exterior) son Euskadi e Cataluña. En tódolos casos agás China,Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 9
    • falamos de economías con custos salariais notablemente por riba dosgalegos.O modelo ten que conducir a superar as eivas descritas nos apartadosanteriores e a xerar unha dinámica produtiva sobre a base da innovación ea tecnoloxía capaz de competir nos mercados da UE así como nos paísesemerxentes, e de crear os 40.000 postos de traballo anuais que han mantero índice de desemprego por debaixo do 10% ó tempo que detén apersistente emigración que segue a sufrir a nosa economía.Asemade debe compensar o déficit da balanza comercial con España, tantopotenciando a penetración de produto galego no mercado interior como asúa comercialización no resto de Comunidades Autónomas. Tendo enconsideración a atonía prevista no mercado peninsular durante os vindeirosanos, debe tamén procurar a expansión da súa actividadeinternacionalizadora entre os países da UE e igualmente entre os paísesemerxentes.A cuestión clave é como crearmos eses 40.000 postos de traballo quenecesitamos para manter un ritmo de crecemento similar ó tendencialespañol? O sector privado en Galicia demostrou durante décadas a súainsuficiencia para dinamizar a economía do País, a cal, como se viu, perdepeso ano tras ano no conxunto da economía española. Por este motivo,faise indispensable a acción decidida e decisiva dos poderes públicos. Osrepresentantes da Xunta actual manifestaron repetidamente a falta deferramentas do goberno autonómico para facer fronte á crise. A seguirpropomos o conxunto de accións directoras para unha intervención daadministración pública galega na procura dun crecemento económicosuficiente e sostible.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 10
    • 4. PROPOSTAS DE MEDIDAS ECONÓMICAS DE ALCANCE4.1 De ámbito estatalA economía española está a ser xestionada sobre a base exclusiva docontrol do déficit público. Non entraremos en recomendacións xerais pero sibrevemente nas que afectan ós ingresos fiscais pois deles dependen en boaparte as contas públicas de Galicia e, así pois, a dispoñibilidade de fondospara o estímulo da actividade.Hai que subliñar que España no carece de capacidade recadatoria senón quepadece unha extrema redución do seu volume recadador por mor da faltade actividade. Xa que logo, será preciso incidir nos ingresos públicosmentres non se recupere a dinámica produtiva. Estas serían catro medidasa propor ó goberno central.a) Equiparar o tratamento das rendas do capital ás do traballo, de xeito que se aplique a progresividade fiscal tamén a aquel concepto incrementando notablemente a capacidade recadatoria.b) Crear un tramo fiscal para constituír un Fondo investidor de modo que o cidadán mantén a titularidade deses capitais (e recibiría os rendementos dos mesmos) inda que a súa xestión pasa a ser competencia do Fondo. Con esta medida, se liberarían capitais para a súa aplicación a proxectos produtivos. Un exemplo: as rendas superiores a 500.000 euros tributarían ó 50% máis un 25% que se destinaría ó Fondo.c) Medida a aplicar sobre o imposto de sociedades. Desdobrar en dous tramos o tipo impositivo en función da contribución das empresas á recuperación. Súbanse 3 puntos, por exemplo, a aquelas que no cren emprego e redúzase esa mesma contía ás empresas que si o cren. Desta maneira, o 30% de tipo impositivo aplicable ás grandes empresas se desdobraría en 33 e 27 mentres que o 25 das PEMES pasaría a 28 e 22.d) Simultaneamente ó punto c) anterior, facilítese de forma notable a contratación, introducindo a exención total da contribución á Seguridade Social durante o primeiro ano (quizais tamén durante o segundo) e achéguese un 40% da carga salarial dos novos empregos. Esíxanse o 5% de creación neta de emprego para acollerse ó tramo fiscal bonificado e que os novos traballadores se dediquen maioritariamente a actividades de Innovación, Internacionalización e Mellora da Produtividade. Cun programa como o definido nos puntos anteriores, as empresas verían incrementar o seu custo salarial en torno ao 1,5%, importe similar ao beneficio fiscal que obterían. Para a Administración, as contasXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 11
    • tamén cadrarían, pois os ingresos tributarios non se resentirían mentres que o efecto sobre o gasto social sería igualmente neutro. A gran diferenza é que a Economía se reactivaría ao tempo que se melloraba a competitividade das empresas.4.2 De ámbito galegoUnha acción de goberno debe ser consciente das capacidades existentespara emprender políticas públicas activas de promoción industrial conpotencial de transformación da economía galega. É preciso desenvolver unprograma continuo de dinamización con múltiples polas de actividade ebaseado na promoción / mobilización pública e na xestión privada.Os obxectivos básicos dun programa desta natureza haberían ser:a) Intelixencia de Mercado: profundar notablemente no coñecemento das potencialidades das distintas cadeas produtivas galegas e nos seus mercados de destino ó obxecto de gañar cota e penetración.b) Recursos Especializados: canto maior sexa o grao de formación e especialización dos traballadores galegos, maior será o valor engadido que se poderá acadar en cada proxecto.c) Canles de Comercialización: resulta capital reforzar notablemente a capacidade de distribución dos produtos galegos, tanto por canles tradicionais como a través das chamadas novas tecnoloxías.d) Reforzo do Capital: o capital é un elemento clave no desenvolvemento de proxectos empresariais, nas súas distintas formas de investimento directo, financiamento ou garantía.e) Optimización do Territorio e Solo industrial: os factores vencellados á terra e ás comunicacións son outro elemento básico da produción onde cómpre incidir en clave transformadora.f) A Recuperación do Rural: tanto as tendencias dos mercados globais como as propiedades xeomorfolóxicas de Galicia, inciden na necesidade de recuperarmos o sector agrogandeiro.g) Tecnoloxía, Enerxía e I + D: son os elementos clave da competitividade, entendendo por tal non só a innovación de produto, senón tamén de custo, en especial en ciclo recesivo. O factor enerxía entraría dentro deste obxectivo.h) Marca: fundamental en determinadas actividades e mercados.i) Medidas sectoriais: con independencia das accións horizontais, cada unha das cadeas produtivas básicas da economía galega debe ter o seuXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 12
    • plan de acción para incidir nas eivas principais que lastran a súa continuidade e crecemento.Velaquí o Plan de Actuación en detalle:Intelixencia de Mercado1) Estudo Proxectivo para determinar as cadeas produtivas (Anexo 1) xeradoras de emprego a medio prazo. Galicia ten que saber sobre que actividades económicas se vai sustentar tanto o seu PIB coma o emprego no futuro. É preciso realizar unha análise das principais cadeas produtivas de maneira que sirva de referencia para o conxunto das políticas a aplicar. A actual estrutura produtiva amósase claramente descompensada, cun peso da construción e sectores afíns que duplica a media da Unión Europea. O novo modelo económico habería identificar e promover os sectores que deben encher ese baleiro do 10% do PIB que deixa o sector inmobiliario.2) Estratexia de vendas ó exterior por sector e mercado de destino. É preciso analizar as posibilidades de penetración do produto galego, de consumo e industrial, nos mercados españois, europeos, USA, brasileiro, mexicano, indio e chinés, entre outros, e deseñar de acordo con consultores especializados a estratexia acaída a cada sector e mercado para gañar cota de vendas.3) Sistema de detección de alertas empresariais. A partir de arquivos existentes de información financeira, é posible deseñar un sistema de detección de crises empresariais; por exemplo, co estudo da evolución da variable “distancia á quebra”. Desta maneira, habería a posibilidade de adiantarse á posíbeis dificultades en empresas importantes para o País.Recursos especializados4) Especialización formativa das Universidades galegas e busca da excelencia internacional en cadanseu campo. P. ex: Santiago: biotecnoloxía e enerxía. Vigo: enxeñerías. Coruña: tecnoloxías da comunicación. Entrada das empresas punteiras en cada actividade nos Consellos Reitores de I+D das Universidades. Liderado de I+D galego por parte das empresas e dependente das necesidades de innovación do tecido empresarial galego. Nun País pequeno, os recursos son especialmente reducidos. Eis a necesidade de seleccionar os sectores e proxectos ós que orientar o I+D.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 13
    • 5) Recuperación dunha parte importante dos traballadores especializados galegos que están fóra de Galicia e amosan desexos de retorno. É necesario crear unha base de datos destes traballadores para a súa consideración a efectos dos proxectos que xere este Plan de Actividade.6) Como caso expreso do punto 5) anterior, intento de recuperación para Galicia das empresas ou departamentos especializados de compañías galegas.7) Emprendedores: Unha lei de emprendedores debe facilitar o labor de lanzamento de proxectos empresariais, facilitando os trámites de constitución e reducindo as cargas dos primeiros exercicios. A creación dunha Unidade de Asesoramento ó Desempregado, dependente de Traballo, tería un impacto positivo sobre a actividade emprendedora, hoxe completamente desatendida pola Administración.Canles de Comercialización8) Faise imprescindible crear Unidades Comercializadoras, probablemente de promoción pública e xestión privada, que potencien de modo notable a penetración do produto galego no mercado español.9) O fenómeno exportador estase espallando entre a empresa galega pero nin ó ritmo necesario nin coa capacidade de distribución suficiente. É necesario promover dende o sector público Consorcios de Internacionalización multiproduto e profesionalizar a función exportadora de xeito que se amplíen decididamente tanto o número de empresas afectadas como os mercados de destino.10) Internet representa unha canle comercializadora de primeiro nivel, tanto en versión B2B como B2C. A empresa galega despreza este feito de maneira incomprensible. Resulta clave introducir nas primeiras 500 empresas galegas o comercio electrónico con criterios profesionales e dotalas de servizos cooperativos de difusión e soporte.11) Mercados locais en itinerancia. A recuperación dos mercados locais tería efectos positivos sobre o produto galego. A creación dun mercado local en itinerancia, con exposición, venda e divulgación, que chegue ás principais vilas galegas e españolas, permitiría un maior coñecemento dos beneficios de cada artigo e un superior recoñecemento de marca.Reforzo do CapitalXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 14
    • 12) Novo papel do IGAPE. O acceso ó financiamento será un factor competitivo esencial no novo marco económico. O IGAPE debe promover a súa actividade cara a captación de proxectos de investimento e das fontes de financiamento.13) Banca galega: Trala perda das Caixas galegas e do Banco Pastor, é preciso garantir a propiedade pública de Novagalicia Banco e a súa adscrición a Galicia. Mais tamén é preciso que os 4.000 millóns que leva colocados o Estado, máis os outros 5.000 millóns que previsiblemente recibirá, sexan destinados nunha proporción relevante ó financiamento empresarial dentro de Galicia. Adicionalmente, non se pode permitir de novo a xestión dolosa da etapa anterior así que deberán poñerse medidas de control dos planes de dirección e dos seus resultados.14) Reforzo das garantías públicas. Hai espazo para potenciar en maior medida o recurso ós avais públicos. O reforzo de AFIGAL e SOGARPO e a súa expansión con maiores dotacións e presenza no mercado sería unha medida acaída a tempos de recesión.15) Os grandes capitais galegos deben ser motivados a participar de xeito importante nos planes de investimento do goberno galego.16) A base de empresarios galegos no exterior tampouco non está a ser aproveitada debidamente. Eles deben ser protagonistas tamén deste Plan de Actuación pois son os empresarios exteriores que amosarán unha maior receptividade cara ás propostas do goberno galego no eido do investimento produtivo dentro do País.17) Capacidade de atracción de investimento exterior (FDI: foreign direct investment). Existe un mercado global de investimentos exteriores no cal Galicia nunca participou. Velaí o seu raquítico 0,12% de cota sobre os investimentos foráneos que se captaron en España en 2011 e que dá boa conta da pasividade galaica nesta liña de acción. Galicia non está presente no organismo especializado neste eido, a World Association of Investment Promotion Agencies, tal como están España, Andalucía, Madrid ou Cataluña, que conta con dúas institucións representadas. Galicia nunca recorreu ás ferramentas de captación de FDIs como o FDI Promotion Center, o Investment Map ou o Investment Gateway, entre outros, e tampouco nunca fixo achegamento ningún as chamadas Outward Investment Agencies, institucións que participan de maneira decisiva na localización dos proxectos internacionais. Os factores máis tidos en conta á hora de determinar a localización para un proxecto son as conexións exteriores, a facilidade de emprazamento e o número e cualificación dos recursos humanos. Sería preciso abordar xa a rede multimodal de transporte de mercadorías, dispoñer de soloXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 15
    • industrial a prezos competitivos e mellorar o noso ensino universitario (cuestións abordadas noutros puntos).Optimización do Territorio18) A Estruturación Territorial de Galicia, nos seus dous ámbitos (Organización e Ordenación), resulta absolutamente fundamental para unha asignación eficiente dos recursos públicos e para unha maior capacidade de captación de investimentos así como para o artellamento de infraestruturas empresariais. A creación de Áreas Metropolitanas e a agrupación económica de Concellos, ademais da ordenación do territorio en función do seu uso, son factores elementais para un programa de desenvolvemento. Deste xeito, se reforzaría a capacidade de mobilización de recursos e de coordinación de servizos en torno ás principais urbes de Galicia, nada para artellar unhas bisbarras ou comarcas que, superando os caducos límites provinciais e as inmobilistas fronteiras municipais, permitisen xerar políticas activas de reconstrución social, nada para coaligar os infraconcellos que atrofian a administración e empecen calquera estratexia territorial.19) Deseño propio da rede de transporte de mercadorías, a partir dun modelo integrador dos portos e o ferrocarril. Axilización da conexión ferroviaria dos portos exteriores de Caneliñas e Punta Langosteira.20) Deseño propio da rede de transporte de viaxeiros, a partir dun modelo integrador dos aeroportos e o ferrocarril.21) Polígonos industriais de última xeración. Superficies construídas con criterios ecolóxicos e dotados de equipamento residencial, de lecer, atención infantil, telecomunicacións, aulas formacións, heliportos. Custo moi competitivo por m2, que multiplicará a capacidade de asentamento de proxectos.Recuperación do Rural22) Plan integral de Recuperación do Rural: No rural reside unha das chaves para o desenvolvemento de Galicia. Por unha banda, as condicións dos mercados internacionais, coa demanda alimenticia medrando a ritmo inalcanzable para a oferta; por outra banda, unhas rendas laborais en devalo que provocarán o empeoramento da calidade de vida ou o desprazamento cara a zonas co custo de vida inferior; e finalmente, unha ampla dispoñibilidade de terreo en Galicia e uns recursos naturais privilexiados. Todo apunta ó rural. Artellando un programa de acción que contase coas cooperativas e principais firmas agrogandeiras e industrias alimentarias galegas, e cos sindicatos agrarios, e coas deputacións, mancomunidades e concellos, para poñerXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 16
    • en rendemento tanta superficie estéril e para recuperar tanto cultivo irresponsablemente abandonado; captando asesores en materia técnica, tecnolóxica, de mercados e de desenvolvemento e incorporándoos ó programa; mellorando as redes de servizos tanto de transporte como de infraestrutura tecnolóxica, educación e sanidade; fomentando a rehabilitación de edificios e vivendas abandonadas e dotando de condicións atractivas á residencia nas zonas rurais; diversificando as accións cara a áreas económicas complementarias en especial aquelas vinculadas ó medioambiente, á enerxía e ó I+D+i; e integrando o coñecemento rural nos programas de ensino do País. Habemos crear un “banco de proxectos agrarios” da man das Cooperativas e Empresas agrogandeiras do País mailas empresas do sector alimentación para facer produtivo o rural galego.23) Rede de Centros de Demostración Rural (CEDROS). Unidades estratexicamente situadas en distintas áreas do rural con funcións innovadoras e de gran potencial de desenvolvemento. Terían múltiples funcións de alto valor: apoio ó ensino no rural sobre o soporte das novas tecnoloxías (videoconferencias, encerados electrónicos...); obradoiros permanentes especializados en técnicas agrarias, gandeiras e de oficios artesanais; granxa escola (p.ex. asistencia para o ensino en Galicia dunha semana por curso e aula), asesoramento á poboación rural, conexión Internet, demostración para o sector turístico, venda produtos da zona, mantemento equipamento cultural, sinalética...Tecnoloxía, enerxía e I+D24) Mando único do I+D na Consellería de Industria, de modo que se optimice a función innovadora e sexa liderado polo sector económico (complementario do punto 4).25) Pór en marcha unha Matriz de xeración de proxectos de I+D a partir do cruzamento da táboa de cadeas produtivas (Anexo 1) e das tecnoloxías con maior potencialidade innovadora (Anexos 2 e 3) para a inspiración dos programas de I+D das distintas Consellerías, Centros Tecnolóxicos, Empresas e Universidade (neste caso, de acordo co punto 5). Desta maneira se garantiría a transferencia tecnolóxica, auténtica cuestión pendente na cadea do I+D. Ante a conxuntura actual de recesión, énfase especial nas tecnoloxías de proceso (optimización de custos e recursos). Anos importantes para aproveitar os Fondos Comunitarios destinados a I+D.26) Tan relevante como xerar proxectos de innovación baseados en novos deseños, procesos e tecnoloxías, é realizar a adquisición tecnolóxica axeitada a cada empresa que asegure a súa permanente adaptación áXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 17
    • contorna competitiva dentro do seu mercado. Unha entidade coma o FEUGA ou a propia OPIDI haberían facilitar a adquisición tecnolóxica mediante a transmisión dun coñecemento especializado dentro das cadeas produtivas identificadas no anexo 1.27) Resulta imprescindible renegociar as concesións das centrais hidroeléctricas do País, pechar aquelas cunha maior incidencia nos leitos, na auga, na fauna e na paisaxe, e aplicar unha taxa autonómica polas externalidades que comportan os proxectos hidroeléctricos.28) Galicia, País do Hidróxeno. O colapso previsible das principais fontes de enerxía esixe avanzar ineludiblemente na eficiencia enerxética e isto pódese conseguir a través da tecnoloxía do hidróxeno que permite almacenar a enerxía non consumida. A captura e almacenamento de enerxía a través do hidróxeno (p.ex. dos aeroxeradores) e a súa aplicación mediante baterías a usos distintos (p.ex. buques) pode constituír unha auténtica revolución. Galicia precisa un plan de acción que garanta a súa presenza nos proxectos actuais máis avanzados e o desenvolvemento de capacidades propias.29) Programa de implantación do teletraballo na Administración e posible extensión asesorada a institucións, organismos e empresas galegas.Marca30) Ecoloxía como forza motriz da política industrial de Galicia. Galicia ten as condicións para explotar a tendencia á protección medioambiental que existe en case que tódolos sectores de actividade. Crear a marca “Galicia, Empresa Verde” como garantía de control ecolóxico e de instalacións eficientes dende o punto de vista medioambiental pode aumentar a capacidade de captación de investimentos, así como a notoriedade exterior dos produtos galegos.Medidas sectoriais (por cadea produtiva)31) Busca dunha catarse transformadora dos principais sectores produtivos para a súa adaptación competitiva á nova era post-crise. Euskadi pode ser un exemplo digno de ter en conta: da man da consultora Monitor, revolucionou a súa industria. Colaboración con consultores internacionais (os mercados son internacionais) para deseñar a mellor estratexia en cada caso. Exemplos:  Compoñentes automóbil: diversificación e adquisición compañías complementarias. Adaptación a esixencias ecolóxicas.  Conservas: xeración de produtos de maior valor engadido, fusións e ampliación de mercados.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 18
    •  Carne de porco: profesionalización e tamaño  Cereais: recuperación de superficie cultivada e integración vertical  Hortalizas: recuperación de superficie e agricultura ecolóxica  Moble: deseño, posibles sinerxías con sector téxtil32) Como extensión e exemplo do punto 17. anterior, tomemos o sector lácteo. Imaxinemos un gran proxecto galego liderado por Coren (destinada a converterse na “Nestlé” galega) e a participación do proxecto de explotacións agrupadas ata xuntar gandos dun mínimo de vacas, para a xestión leiteira automatizada, integrando ademais terreos ermos para a produción de cereal. Imaxinemos un distribuidor como Gadisa integrado no proxecto: teríamos capacidade produtiva, proceso automatizado, I+D para produción de valor engadido, e fórmula de distribución. Un esquema similar habería de reproducirse no resto de cadeas produtivas identificadas no anexo 1.33) Unha das respostas á parálise do sector inmobiliario está a ser a rehabilitación de vivendas. Sen embargo, é posible multiplicar notablemente esta liña de actividade. Os cascos vellos da maioría das cidades galegas están en mala situación e mesmo hai múltiples edificios senlleiros en estado ruinoso. É preciso acelerar os programas de colaboración coas empresas construtoras para un plan integral a 4-5 anos. Necesario igualmente introducir criterios ecolóxicos e de aforro de enerxía.34) Potenciación do Valor Turístico de Galicia. Galicia presenta un enorme potencial para a captación de importantes fluxos turísticos alén do Xacobeo. A través da multiplicación da oferta e a promoción diferenciada pódese conseguir o aproveitamento desta oportunidade. A proposta sería a creazóns dos sete espazos integrados de xestión e promoción, que serían: Compostela, O Arco Ártabro, Galicia Natural (Ancares e O Courel), Galicia romana, A Ribeira Sacra, A Costa da Morte e As Rías Baixas. Desenvolver a industria de servizos turísticos: guías especializados, contact center de asesoramento, relación con axencias e tour operadores, artigos comerciais, sinalética urbana e en estradas, merchandising…35) A industria da cultura e a lingua galega. O noso idioma ten un amplo potencial de desenvolvemento económico que se está a desaproveitar. A música, a literatura, o teatro, o audiovisual… galegos deben multiplicar a súa difusión a través de usos eficientes dos medios de comunicación e o labor de apoio das institucións culturais principais do País (exemplo: co orzamento dunha soa das grandes exposicións que se adquiren nos mercados foráneos, poderíase financiar boa parte do labor creativo musical de Galicia).Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 19
    • 5. CONCLUSIÓNSO Modelo económico aplicado secularmente en Galicia está a demostrar asúa incapacidade para xerar valor engadido, para propiciar un crecementosostible e para reter os cidadáns galegos nas fronteiras do seu País. Comoconsecuencia, Galicia encarréirase cara a marxinalidade económica e, xaque logo, tamén institucional.As propostas recollidas neste documento xustifican a necesidadeimprescindible dunha acción decidida e ambiciosa dos poderes públicos quecomplementen a iniciativa privada, claramente insuficiente. O obxectivo émarcar e manter unha senda de dinamismo no eido da economía sostible,con innovación especialmente nos terreos da enerxía, a biotecnoloxía e osector agroalimentario, capaz de atraer proxectos de vangarda,administrando con eficiencia os recursos, participando activamente docomercio español e internacional, recuperando a paisaxe tanto rural comaurbana e semiurbana e aprendendo a utilizar a súa cultura e idioma comofactores de diferenciación. Temos recursos e condicións para que así sexa.Falta crer verdadeiramente nas nosas posibilidades, aplicar as capacidadesá nosa disposición e desterrar as prácticas do pasado que a ningures nosconducirán.Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 20
    • ANEXO 1: Cadeas produtivas básicas no futuro económico de Galicia1. Pesca, produtos conxelados e conserva2. Mexillón fresco e conserva3. Acuicultura intensiva4. Marisqueo e conserva de marisco5. Gando vacún e procesamento de carne6. Leite e produtos derivados7. Gando porcino e procesamento de porco8. Aves e produtos derivados9. Outras gandeirías10. Alimentación animal11. Cereais e produtos forraxeiros12. Hortaliza fresca e produtos elaborados13. Pataca e procesamento14. Froita fresca e produtos elaborados15. Industria do viño16. Industria da auga17. Textil e confección18. Madeira, produtos derivados e tratamento de refugallos19. Moble20. Industria química21. Metalurxia e maquinaria22. Informática e Equipos electrónicos23. Tecnoloxías da Información e as Comunicacións24. Biotecnoloxía25. Automóvil e empresa auxiliar26. Construción naval27. Industria da pedra e materiais de construción28. Industria da pizarra29. Xoiería, artesanía e precisión30. Enerxía eléctrica31. Enerxía eólica32. Enerxía solar33. Enerxía por biocombustibles34. Industria medioambiental35. Industrias de aforro enerxético36. Rehabilitación de edificios37. Xestión portuaria38. Loxística e distribución39. Publicidade e industria multimedia e audiovisual40. Turismo e industria culturalXornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 21
    • Anexo 2. Tendencias de innovación horizontal1. Solucións empresariais baseadas na mobilidade tecnolóxica2. Converxencia comunicación voz e datos3. Sofware de xestión4. Domótica5. Tecnoloxías inalámbricas6. Información e localización a distancia7. Tratamento imaxes tridimensionais8. Utilización de refugallos e subprodutos9. Seguridade e normalización10.Intelixencia artificial11.Robótica12.Nanotecnoloxía13.Especialización infantil Anexo 3. Tendencias de innovación sectorialEnerxía1. Produtividade parques eólicos e parques eólicos mariños2. Enerxía fotovoltaica (células fotoeléctricas e tratamento silicio)3. Enerxía por paneis solares4. Biomasa a partir de residuos o cultivos enerxéticos5. Biogás a partir de residuos biodegradables6. Biocarburantes a partir de aceites vexetais e cereais7. Sistemas de aforro enerxético8. A economía do hidróxeno9. Sistemas de minimización do impacto medioambiental das minicentrais10.Desaladores solaresIndustria1. Eficiencia xeral dos procesos produtivos2. Automatización procesos3. Envasado4. Deseño industrial5. Materiais6. Alimentación funcional7. Industria dos videoxogos (especialización en xogos-nicho)8. Tecnoloxía educativa9. Biotecnoloxía e saúdeMedio ambiente1. Detección, medición e eliminación de produtos tóxicos2. Medidas antipolución do aire3. Sistemas de conservación e preservación das augas4. Produtos sustitutivos da auga en usos substituíbles5. Reprodución e supervivencia animal6. Reprodución e supervivencia vexetal7. Protección dos bosques, prevención e extinción de incendios8. Tratamento de residuos e reciclaxe9. Aproveitamento silvopastoril10. Edificios “verdes”Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 22
    • Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 23