• Save
Sintaxe
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Sintaxe

on

  • 2,711 views

 

Statistics

Views

Total Views
2,711
Slideshare-icon Views on SlideShare
2,689
Embed Views
22

Actions

Likes
1
Downloads
0
Comments
0

4 Embeds 22

http://almanaquenordes.blogspot.com 10
http://www.slideshare.net 7
http://www.perezgrande.blogspot.com 3
http://perezgrande.blogspot.com 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Sintaxe Sintaxe Presentation Transcript

    • AS UNIDADES LINGÜÍSTICAS Almanaque Nordés
    • A SINTAXE
      • A sintaxe estudia as relacións que establecen as palabras entre si e a súa combinación para formar unidades superiores: frases, oracións, enunciados e textos.
    • O TEXTO
      • É a unidade superior de comunicación.
      • Esta constituído por unha sucesión de oracións que trasmiten unha mensaxe completa.
    • O ENUNCIADO
      • É a unidade lingüística que expresa unha mensaxe completa nun contexto determinado.
      • Ten autosuficiencia semántica, independencia sintáctica e entoación propia.
      • Pode estar constituído por unha palabra, unha frase ou por unha oración.
    • A ORACIÓN
      • É a unidade gramatical con sentido completo.
      • Ten autonomía semántica (sentido completo) e autonomía sintáctica (non desempeña ningunha función dentro doutra oración).
    • A FRASE
      • É a unidade lingüística con sentido e sen verbo.
      • Esta constituida por palabras que desempeñan unha función dentro da oración ou dentro doutra frase .
    • TIPOS DE FRASES SEGUNDO O GRAO DE COMPLEXIDADE
      • Frases simples: no seu interior non hai outras frases. Exemplo: O can.
      • Frases complexas:no seu interior hai outras frases. Exemplo : O can de Sabela.
    • TIPOS DE FRASES SEGUNDO OS SEUS COMPOÑENTES
      • FRASES ENDOCÉNTRICAS :
      • Están constituídas por un núcleo e, ocasinalmente, modificadores. Poden ser:
      • - Frases substantivas. o núcleo é un substantivo ou un elemento que funcione como tal: coche vermello , Nós , …
      • - Frases adxectivas . O núcleo é un adxectivo: Parece bastante simpático.
      • - Frases adverbiais. O núcleo é un adverbio: Vive moi l onxe.
      • FRASES EXOCÉNTRICAS :
      • Están formadas por dous constiuíntes. Poden ser:
      • - Frases nominais . Formadas por un determinante e un nominal: Había varios rapaces .
      • - Frases preposicionais . Formadas por un relator ( nexo) e un termo (frase substantiva ou nominal): Por teléfono.
    • TIPOS DE ORACIÓNS
      • A oración consta de dous elementos: un suxeito un predicado:
      • Gústanme moito as historias de misterios.
      • Predicado suxeito
      • Poden ser:
      • - ORACIÓNS SIMPLES. Teñen un único predicado: Mariña vive en Sanxenxo.
      • - ORACIÓNS COMPOSTAS. Teñen máis dun predicado: Xurxo dixo que este verán iría ao festival de Ortigueira.
    • ORACIÓNS SIMPLES SEGUNDO A NATUREZA DO PREDICADO:
      • - ORACIÓNS PREDICATIVAS . Teñen como predicado un verbo predicativo. Contrúense con predicado verbal(PV):
      • Ti compras roupa cara .
      • PV
      • - ORACIÓNS ATRIBUTIVAS OU COPULATIVAS . Teñen como predicado un verbo copulativo ( ser, estar, parecer, semellar,…), seguido dun atributo que precise a significación léxica. O predicado denominase Predicado nominal (PN):
      • Ti sempre estás contento.
      • PN
    • ORACIÓNS SIMPLES SEGUNDO A VOZ VERBAL:
      • ACTIVAS . Levan un verbo en voz activa que expresa unha acción realizada polo suxeito:
      • As choivas inundaron os campos.
      • Suxeito v.voz activa CD
      • PASIVAS . Levan un verbo en voz pasiva, o cal expresa unha acción que é recibida polo suxeito. Exprésanse mediante a contrucción verbal ser + participio, que concerta co suxeito:
      • Os campos foron inundados polas choivas .
      • Suxeito v.voz pasiva compl.axente
    • ORACIÓNS SEGUNDO O SEU SIGNIFICADO :
      • ENUNCIATIVAS . Afirman ou negan algo: Esta semana pasada rexistráronse temperaturas moi elevadas .
      • INTERROGATIVAS . Formulan unha pregunta: Que che pasou? (interrogativa directa). Dime por que non viñeches a festa
      • ( interrogativa indirecta).
      • EXCLAMATIVAS . Expresan de maneira subxectiva un sentimento ou estado de ánimo do emisor: Por fin chegamos!
      • IMPERATIVAS . Expresan unha orde, mandato ou prohibición: Cala a boca!
      • DESIDERATIVAS . Expresan un desexo: Oxalá estiveses aquí .
      • DUBITATIVAS . Expresan dúbida: Quizais me inviten ao cine