• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Proxecto irradio lingua
 

Proxecto irradio lingua

on

  • 961 views

Proxecto de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística do Ceip de Barrantes(Tomiño) para o curso 2011/2012.

Proxecto de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística do Ceip de Barrantes(Tomiño) para o curso 2011/2012.

Statistics

Views

Total Views
961
Views on SlideShare
658
Embed Views
303

Actions

Likes
0
Downloads
3
Comments
0

5 Embeds 303

http://irradiolingua.blogspot.com 130
http://www.irradiolingua.blogspot.com 110
http://irradiolingua.blogspot.com.es 42
http://www.irradiolingua.blogspot.com.es 20
http://www.blogger.com 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Proxecto irradio lingua Proxecto irradio lingua Document Transcript

    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes INDICE 1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO………………………………………...3 2. OBXECTIVOS A 5. PROPOSTA METODOLÓXICA……………………………………………..7 6. ACTIVIDADES……………………………………………………………….9 7. UTILIZACIÓN DOS RECURSOS EXISTENTES …………………………13 8. NECESIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO………………...14 9. MEDIDAS PARA DIFUNDIR O PROXECTO ENTRE O ALUMNADO, FAMILIAS E COMUNIDADE…………………………………………………14 10. PLAN DE AVALIACIÓN…………………………………………………..15
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “ Agora tódalas as novidás son por mapa e agulla, e os pilotos non saen da coarta levantada, que é como andar con bastón polas rúas de Basora, e non atoparás entre os pilotos do Califa de Bagdad un que seipa navegar por soños e memorias, e así non logran ver nada do que hai, do que é miragre e fermosura dos mares ¡Doado é dicir que non hai Cotovías!” Álvaro Cunqueiro, extraído de Se o vello Sinbad volvese ás illas 1. XUSTIFICACION DO PROXECTOAfirmaba Berkeley que unha mesa ou un prado só existen nas mentes de quen as estápercibindo, pero esta polémica é allea ás meniñas e meniños que nacen ao mundo e áscousas. Entre outras definicións posíbeis, unha lingua acaso sexa iso: un particularxeito de interpretar a realidade que nos rodea.Nese longo camiño é a voz, que para os árabes significa indistinta e atinadamentepalabra, discurso e memoria, a que xoga un papel fundamental nesa interpretación quenenas e nenos comparten na escola; coa voz como palabra, nomean todo aquilo que osrodea e o descoñecido e abstracto cobra concreción e nome; coa voz como discurso,elaboran construcións máis complexas coas que afondar máis naquilo que nun comezoeran entes illados; coa voz como memoria, indagan nas experiencias anteriores econstrúen un relato ordenado do seu pasado. Tamén, outras voces máis vellasinfórmanos doutros tempos e doutras cousas, de historias remotas e de feitos. Non sóiso: os sentimentos, os soños, ou mesmo os medos e as ledicias traducidos en palabras,modelan o carácter e a actitude de nenos e nenas diante do mundo e dos demais.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “Non sei si es amarga ou doce, voz que escoito e nunca ouvín, meu sangue non te conoce, non sei si es comenzo ou fin, si vés de afora ou de min” Eduardo Blanco- Amor, extraído do poema A Voz(De min e da sombra)A escola debe alimentar a natural querenza da persoa por falar e ser comprendida, eentendemos que o galego debe ser posto en valor, non só dende a estéril vindicación queinsiste no de sempre(hai moito silencio de máis nalgúns libros, xa sexan en castelán,galego, chino ou inglés), senón dende propostas esencialmente valiosas e orixinaisdende o punto de vista pedagóxico, con accións educativas que poidan proxectarse caraa contorna máis inmediata do centro e aínda á de lonxe, podendo perdurar no tempocomo referentes de boas prácticas na aprendizaxe das linguas. Igualmente,consideramos que unha potenciación efectiva do uso do galego require tamén a súaconxugación coas TIC, pois unha lingua precisa hoxe do vehículo das novastecnoloxías para garantir a súa pervivencia entre as futuras xeracións.Se ben é verdade que o eido rural é un dos grandes capitais económicos e socioculturaisde Galicia, as TIC posúen tamén un valor engadido para calquera comunidadesociolingüística, pois constitúen unha ferramenta importante para evitar a fenda dixitalno contexto da chamada sociedade da información, entre os grandes núcleos depoboación e as vilas e aldeas do rural.A situación sociolingüística do Ceip de Barrantes(Tomiño- Pontevedra), definida naplanificación sociolingüística do centro, amosa un uso maioritario do galego, ben entreas familias, profesorado e alumnado, se ben no tocante ao alumnado existe marxe paraincrementar
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “ O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos” Castelaoo seu uso habitual. Igualmente, entre as familias, observamos un predominio do castelánnos contextos formais, relegando o galego aos contextos informais ou familiares.Esta situación motívanos a emprender un camiño que afonda no espallamento do galegoe na creación de novos espazos de uso, tentando establecer novas canles departicipación e de intercambio entre os diferentes membros da comunidade educativa deBarrantes, favorecendo unha apropiación máis consciente e plena do uso do galego porparte das nenas e nenos, conectándoos coa realidade social e patrimonio cultural da súacontorna máis próxima.Neste senso, queremos incorporar, entre outras, as voces de avoas, avós e xente maiorda zona, que supoñen un caudal de experiencias que a escola debe aproveitar,vinculando o espazo- ámbito co tempo- conciencia, promovendo situacións de ensino-aprendizaxe do galego contextualizadas e significativas: significación é impacto,significación é orixinalidade, significación é conciencia.En último termo, o noso proxecto aposta por unha volta da persoa á natureza, ao seugoce, coñecemento e coidado, na actual situación de agresión paisaxística emedioambiental, verbo dos modelos actuais de crecemento e vida en sociedade.Xustifícase o noso proxecto tamén por entender que só as empresas que comprometendalgún xeito a un colectivo pola súa complexidade, son as que poden achegarnos a
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “Non hai mellor norma de conducta que o coñecemento do pasado” Polibiolugares insospeitados e mellorar as cousas. Responsabilidade, desafío e sentido do risco,para subir os muros dos nosos medos polos chanzos dos nosos soños.2. OBXECTIVOS 2.1. Obxectivos xerais Mellorar a competencia lingüística do alumnado. Achegarnos como comunidade educativa do Ceip de Barrantes á excelencia na aprendizaxe do galego e no seu uso. Converter o proxecto Irradio Lingua nun elemento transversal da práctica educativa do Ceip de Barrantes. Incorporar o uso da radio e das TIC para promover o galego, a oralidade e a literatura oral, a literatura, a música e o respeto á natureza, a través de formas cooperativas de traballo. Ampliar o radio de influenza da escola no seu contexto social e cultural, involucrando os diferentes elementos da comunidade educativa, en especial os maiores. Transformar dun xeito evidente a práctica educativa.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes 2.2. Obxectivos especificos Concienciar os distintos axentes da comunidade educativa(familias, profesorado, alumnado, institucións e asociacións do entorno) da importancia do galego, non só como lingua, senón como riqueza sociocultural que é importante coñecer e preservar. Favorecer actitudes positivas, tolerantes e abertas verbo do seu uso. Implicar especialmente ás familias(maiores e tamén nais e pais), promovendo a súa participación activa na vida da escola. Liderar iniciativas e actividades que esperten sentimentos positivos cara o uso da lingua, favorecendo o diálogo e o encontro entre intereses, motivacións e preferencias diversas. Incidir no carácter do galego como lingua culta e prestixiada, como todas as demais, pero tamén popular, vencellada ás tradicións e costumes da zona. Vertebrar propostas que fomenten o contacto entre xeracións e tamén entre os distintos colectivos que impliquen o seu uso dun xeito orixinal. Garantir o axeitado e orixinal tratamento do estudo das linguas en relación ao galego, favorecendo o acadamento da competencia lingüística. Integrar as actividades que conforman o proxecto na práctica docente cotiá, facendo realidade a intención de incorporar a música, o teatro, a natureza e as TIC á escola dun xeito tanxible. Elaborar e incorporar material didáctico innovador en relación ao estudo do galego para incorporalo ao arquivo do centro. Poñer á escola en contacto con asociacións e institucións do entorno, favorecendo iniciativas que nos conecten con outras escolas dos arredores.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Familiarizarse co potencial sociocultural e natural da zona de Barrantes en particular e do Concello de Tomiño en xeral. Coordinar, liderar e consensuar as actividades propostas no proxecto, organizando a recollida de información, colaboración e datos, para integralos ao proxecto. Incorporar as cancións, lendas, refráns e en definitiva as distintas manifestacións orais e escritas da zona para propiciar aprendizaxes máis significativas. Incorporar as TIC á actividade docente. Facer da actividade educativa unha viaxe compartida que supoña un certo grao de risco(en canto á innovación e a investigación) e supoña unha aprendizaxe real tamén para o profesorado. Garantir e fomentar un axeitado clima de convivencia entre os distintos membros da nosa comunidade educativa. Incidir no uso do galego e na súa valoración a través do traballo coas distintas manifestacións tanto orais como escritas. Familiarizar aos meniños coa tradición oral da zona a través do diálogo cos seus maiores, fundamentalmente a través de avós e avoas, incidindo especialmente a través das distintas manifestacións da oralidade. Efectuar un primeiro achegamento a figuras relevantes da literatura e cultura galega e universal, dacordo coas posibilidades de cada grupo de idade Favorecer o gusto polo traballo da lingua, a través da exploración das distintas formas musicais mesturadas coa palabra. Experimentar a expresión corporal a través da actividade teatral, iniciando ao alumnado no traballo da voz poética. Coñecer e disfrutar da contorna do centro a través da literatura oral. Propiciar o coñecemento e a autonomía dos nenos en relación ao uso das TIC.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “E Sinbad non podía contar ren, sen ollar o que contaba, e pasaba os ollos seus pola memoria propia, aliñando nela as figuras como si tivera dediante un espello, e tiña a ollada dos maxinativos, que a mitade é pra fora, prá variedade do mundo, e a outra mitade e prá dentro, pró gosto do invento e a calorciña que dá ao esprito sacar unha historia de nada, de onde están as verbas caladas e confusas, que é coma non estar” Álvaro Cunqueiro, extraído de Se o vello Sinbad volvese ás illas Afondar na interiorización do gusto e respecto pola natureza, percibíndoa como un elemento importante nas aprendizaxes. Vivenciar a experiencia radiofónica, afondar no seu valor pedagóxico e na súa historia, para mellorar a práctica educativa, coa difusión dalgunhas actividades do proxecto en emisoras locais e provinciais. 2. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO 2.1 Eixe vertebrador e cadro explicativo+O proxecto aséntase nos motivos representados no propio anagrama de portada, e queconstitúen a columna vertebral do mesmo : a lingua, verbo da oralidade e a literaturaoral, as variantes dialectais da fala propias da zona, pero tamén a metáfora Stone quealude á música en xeral e ao rock en particular(como estilo musical, pero tamén comoprincipio de procura e actitude debida para enfrontar os desafíos); a caricatura deÁlvaro Cunqueiro, verbo do Ano Álvaro Cunqueiro(2011), símbolo por excelencia daimaxinación na literatura galega, sen esquecer o Centenario da publicación de CantaresGallegos de Rosalía e a figura de Valentín Paz Andrade, figura homenaxeada nas LetrasGalegas de 2012, expoñente da burguesía ilustrada galega; o micrófono de radio, quesimboliza a máxima expresión da voz, e tamén as TIC; finalmente, a tipografía pop dodeseño de portada, verbo da expresión artística, compoñente importante do proxecto.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes IRRADIO LINGUA (cadro explicativo) ALUMNADOGalego Oralidadesaídas/visitas, literaturaCunqueiro música teatronaturezaRadio TIC’sfamilias(avoas, avós…) ESCOLA asociacións e institucións…emisora Irradio Lingua www.irradiolingua.blogspot.com“Encontros hercianos”: programa radiofónico con entrevistas do alumnado a avoas/avós, sesión decontacontos, lembranzas da infancia, teatro radiofónico…“ Rock é Lingua”: adaptación ou creación de nove cancións con texto orixinal en galego, en colaboracióncoas especialistas de Inglés e Música, para a súa posterior emisión.  “Contos de corredoira e balcón”: roteiro polas parroquias dos arredores, coa dramatización de contos para a veciñanza.  “Maratón de contos”: contada colectiva de contos por parte do alumnado na semana do Libro.“Se o vello Sinbad volvese ás Cíes”: saída didáctica a Vigo, facendo o roteiro Cunqueiro para afondar nasúa etapa viguesa; excursión en barco ás Cíes e emisión radiofónica de Se o vello Sinbad volvese ás illas,coa colaboración dunha radio local.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes ””Elas séntense paisaxe e gozan dun calado vivir fóra dos remuíños do vivir dos máis e pasan indiferentes unhas ás outras como se cada velliña fora a dona do mundo sinxelo das carballeiras, dos eidos e das colleitas. Están ao cabo do seu misterio, mais non din ren do seu segredo porque fai tempo que ollan aos homes como se foran formigas no chan do piñeiral” Ramón Otero Pedrayo, sobre as avoas galegas, en A Nosa Terra, nº 252 (1-9-1928)2.2 Actividades Tal e como se resume nos exemplos do cadro anterior, as actividades derívanse dos elementos principais que estruturan o proxecto e lle dan sentido ao mesmo. O deseño e selección das mesmas responde así ás diferentes combinacións dos elementos citados e, por riba de consideracións metodolóxicas que abordaremos máis adiante, atende a catro criterios básicos: orixinalidade, valor pedagóxico e innovador, heteroxeneidade, e interrelación ou coherencia, permitindo dunha banda distintos niveis de execución e afondamento e doutra, favorecendo a inclusión e a atención á diversidade. Somos conscientes de que o camiño que con este proxecto iniciamos require dun axuste paulatino e progresivo dos contidos das actividades e da súa correcta programación temporal, polo que ditas actividades deben permitir certo nivel de indagación e admitir distintos niveis de execución tamén entre o profesorado e alumnado, co obxecto de favorecer a plena adhesión ao proxecto e a suma de novos apoios.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes O ideal do proxecto será a apropiación por parte do profesorado das claves do seu funcionamento, e a autonomía progresiva do alumnado en relación ás actividades propostas. Emisora Irradio Lingua o “Encontros hercianos”: programa radiofónico nas ondas hercianas(en frecuencia aínda por determinar) de entre quince e trinta minutos de duración, e de emisión semanal ou quincenal, segundo a dispoñibilidade e grao de implicación acadado por parte das familias do alumnado, especialmente avoas e avós, pero tamén veciñanza ou xente da zona de distintos ámbitos(universitario, artesanal, xornalístico ou académico). As emisións poderán ser en directo ou en diferido, segundo as circunstancias e natureza do encontro: sesión de contacontos, lembranzas da infancia, lectura dun conto, lenda antiga ou ser mitolóxico da zona. Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com 1ª FASE 2ª FASE 3ª FASE Comunicación ás Recollida de Establecemento do familias da natureza contactos e calendario da da actividade colaboracións, actividade e comezo preparación da das emisións e emisora gravacións1ª quincena de novembro 2011 2ª quincena de novembro 2011/xuño 2012 o “Díxome, díxome”: espazo radiofónico de carácter semanal ou quincenal(orientación estimativa), presentado polo alumnado coa axuda do profesorado, para a divulgación de historias, expresións en desuso, curiosidades
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes toponímicas ou mitolóxicas, etc… Establecerase un sistema de quendas que permita a rotación dos diferentes cursos e ciclos da escola polo programa, e incluso colaboracións entre ciclos, cursos e Departamentos. Este será o espazo máis axeitado para expoñer ao resto da comunidade educativa os traballos e actividades realizadas no marco das distintas celebracións anuais(Samaín, Magosto, Nadal,etc…) De igual xeito, este espazo permitirá unha cobertura satisfactoria das actividades arredor da figura de Valentín Paz Andrade, homenaxeado, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com o “ Rock É& Lingua”: actividade de colaboración entre as distintas titorías e os Departamentos de Música e Lingua Estranxeira para a creación, recreación ou adaptación de nove cancións(unha por cada mes do curso), con textos orixinais en galego ou adaptados do castelán, inglés ou doutra lingua, interpretados e tocados polo alumnado coa axuda do profesorado. A presentación do programa por parte do alumnado será tamén rotatoria, e teranse en conta as posibilidades e limitacións de cada grupo, estando suxeita tamén ao criterio de cada titoría. Editarase un pequeno álbum-libro-cd, cos textos, ilustracións e sons, para ser incorporado ao arquivo da biblioteca. No tramo intermedio e final do proxecto procurarase a visita dalgún persoeiro do ámbito musical galego, para que comparta co alumnado as súas experiencias no eido da música e a creación.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de BarrantesRock É&Lingua(cronograma) 1ª FASE 2ª FASE 3ª FASE Gravación de cortinas Elección de alomenos Ilustración das musicais para os dúas cancións das tres mesmas e distintos programas da que se gravarán no elaboración do emisora. trimestre e gravación formato dixital1º mes de cada trimestre 2º mes de cada trimestre 3º mes de cada trimestre o “Mola a Gramola!”: espazo radiofónico de carácter mensual que se levará adiante durante o segundo trimestre, no que o alumnado pinchará nun tocadiscos cancións incluídas en discos vellos da súa familia, comentando algunha curiosidade ou aspecto relevante da/do artista en cuestión. Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com o “Teatro radiofónico: as Variacións Cunqueiro”: co gallo do citado Ano Cunqueiro(2011), este espazo radiofónico permitirá, cando menos, a estrea trimestral dun par de pezas orixinais adaptadas ou ben unha variación pertencente á obra teatral de Álvaro Cunqueiro, ou dalgunhas das pequenas xoias contidas n’A escola de menciñeiros ou Xente de aquí e de acolá. A actividade incluirá a cobertura parcial do proceso con gravacións de vídeo e fotos por parte do propio alumnado, podendo elaborar entradas e comentarios a través do blogue de referencia do proxecto.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes o “Faloume o bandullo”: espazo radiofónico centrado na literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro, mesturando tamén receitas que o alumnado trae da casa. Neste senso, as diversas festividades ao longo do curso constitúen unha ocasión perfecta para integrar estes saberes na acción educativa e no fomento da oralidade. o “Irradiolingua viaxeira”: colaboración con radios locais ou provinciais para unha emisión periódica a través dalgún destes medios. “Eu non sei pra onde vai méntral’o quedo mirando. Sólo sein que eilí se compre o soño que estoun soñando…” Uxío Novoneyra, sobre os soños, d’Os Eidos O Falador de SoñosActividade a nivel de titoría, a realizar durante o segundo trimestre e parte do terceirono ámbito da aprendizaxe da lingua galega, consistente na gravación en galego do relatodun soño dunha/dun compañeira/o por parte do alumnado, para a súa posteriorproxección e elaboración dun pequeno conto, podendo ilustrar con acuarelas, ceras ouacrílicos a historia resultante. A montaxe posterior de imaxe, audio e música poderaseexhibir no blogue do centro e por suposto, o relato pode ter difusión a través de Irradiolingua.Os materiais elaborados en libro-cd incorporaranse ao arquivo da biblioteca do centro,dependendo o volume dos mesmos das adhesións que experimente a actividade, suxeitaá dispoñibilidade das titorías.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de BarrantesFalador de soños(cronograma) 1ª FASE 2ª FASE 3ª FASE1º mes do trimestre 2º mes do trimestre 3º mes do trimestre A fiestra do meu mundo Actividade literario- fotográfica de desenvolvemento anual, na que o alumnado fotografía ao erguerse pola mañá, aquilo que ve ao mirar pola fiestra. Posteriormente, a/o nena/o comenta as fotos proxectadas na aula e explícalles aos demais peculiaridades e detalles. Esta actividade permite integrar o galego e a oralidade a través de usos máis formais da lingua na Área de Coñecemento do
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Medio, e tamén o uso das TIC, a través da gravación de voz e a integración coas imaxes e a música. A construción de textos explicativos con certo orde e coherencia completa o enorme caudal pedagóxico desta actividade, que nos introduce tamén na dimensión afectiva do alumnado. Realizarase un intercambio da experiencia e dos traballos cun centro urbano, para que o alumnado poida contrastar realidades diferentes, obtendo unha perspectiva máis ampla da realidade que o rodea. CooperarteA cooperación como principio de acción. O feito de compartir os esforzos e asexperiencias no camiño das aprendizaxes, a través da experiencia artística, non comosinxelos receptores do proceso creativo, senón adquirindo por momentos un papelprotagonista a partires da experimentación. A integración da expresión plástica conformas máis ou menos complexas da literatura e da oralidade, a través de novasinterpretacións das pinturas de Luís Seoane ou Colmeiro, pero tamén a Maruja Mallo,entre outros e non só, no seu día colaboradores e amizades do propio Cunqueiro.Perseguimos transcender o papel, o día despois da festa, a través do arquivo dixital dasproducións pictóricas do alumnado, tentando compoñer un catálogo que nos permitarealizar unha exposición no último trimestre do curso, en colaboración con outroscentros da zona. A actividade persegue dotar de coherencia co proxecto de Innovación áÁrea de Expresión Plástica, entre outras.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Contos de corredoira e de balcónActividade a desenvolver no terceiro trimestre, como celebración da primavera,consistente nun roteiro a pé ou en bicicleta polos arredores da escola, polos lugares quetradicionalmente quedan á marxe da escola, curiosamente os máis vencellados á vida doalumnado. Dramatización e contada por quendas de ciclos ou cursos dalgúns dos contose historias desenvoltas no proxecto ao longo do ano, con paradas no principais núcleosde poboación dos arredores, convidando ás persoas do lugar a que se asomen aosbalcóns. Maratón de contosEsta iniciativa goza dunha ampla tradición no centro e o proxecto ten que servirse detodas as dinámicas que xa estean en marcha e que contribúan ao desenvolvemento dosobxectivos. Esta actividade celébrase no terceiro trimestre do curso e constitúe, ademaisdunha celebración da oralidade e da literatura oral, un elemento que favorece o clima deconvivencia e tolerancia entre o alumnado. Saber ser, e saber estar. Díxomo unha maciñeiraActividade puntual co gallo do Día da Árbore, homenaxeando o centenario dapublicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, mesturando a oralidade coteatro, cun conto debaixo de cada árbore, por ciclos ou cursos.www.irradiolingua.blogspot.com
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Se o vello Sinbad volvese ás CíesSaída didáctica co alumnado a Vigo, realizando o Roteiro Cunqueiro, indagando naetapa viguesa do artista galego. Posterior viaxe en barco ás Cíes, e emisión radiofónicaen directo dende as illas dunha adaptación da obra Se o vello Sinbad volvese ás illas porparte do alumnado, en colaboración cunha radio local ou provincial na cidade de Vigo,para a súa difusión ao público.Esta actividade, a desenvolver dentro dun dos dous últimos meses de curso, suporá aculminación do proxecto que nestas liñas presentamos, e a mellor homenaxe posíbel ánosa lingua.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes 3. METODOLOXIAPor riba das convencións metodolóxicas que asolagan os documentos curricularesoficiais, e sen detrimento delas, como veremos a continuación, a realización doProxecto Irradio lingua baséase nunha suma que xulgamos interesante como punto departida: Innovación Acadamento da competencia comunicativa e da Galego Proxecto Irradio COMPETENCIA LINGÜÍSTICA por lingua entendido Oralidade parte do alumnado como TIC´s e dinamización do uso do lego pedagóxico galego na comunidade Radio educativa do Ceip de Barrantes I + D ++R IMAXINACION + DESEXO + ROCKEntendemos que os dous primeiros sumandos achegan ás persoas a lugares que antesnon existían: a imaxinación amósanos un feito que só existe na nosa cabeza, e o desexofainos camiñar cara el. O rock, entendido como principio de procura permanente, comosentido do risco, e como celebración da experiencia vital, consegue a cuadratura docírculo, vencendo os medos e enfrontando os desafíos e as propias limitacións.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de BarrantesAdemais, teremos presentes os seguintes principios: 1. Desenvolvemento en espiral; relacionado coa estada das aprendizaxes que propoñía Bruner e coa zona de desenvolvemento próximo de Vigotsky: talvez a/o nena/o non pode só, pero sí cunha pequena axuda e proposta que supoña un reto e comprometa a súa capacidade. As actividades relaciónanse entre si, desenvolvendo progresivamente os obxectivos previstos no proxecto. 2. Principio de adecuación; o que supón axustar o nivel e a esixencia das actividades ao nivel do alumnado. 3. Motivación; ofrecendo situacións de ensino- aprendizaxe que supoñan un reto para o alumnado. 4. Heteroxeneidade; o que supón unha concepción flexíbel e aberta das propostas pedagóxicas, premendo non só unha tecla de todas as posíbeis, senón abrindo o abanico de experiencias e a natureza das mesmas, facilitando así os distintos niveis de execucións e a diversidade de intereses e aptitudes. 5. Coherencia interna; dende este punto de vista, todas as accións e intencións deben confluír no sentido sustantivo do proxecto, que é que o alumnado adquira o maior grao de competencia lingüística, a través de experiencias innovadoras que afonden nas distintas situacións comunicativas. 6. Aprendizaxes previas; supón ter en conta o contexto no que o alumnado participa do proceso educativo, atendendo ao seu contexto e tendo en conta os seus saberes. 7. Cooperación; entendida como principio de actuación que supón a aceptación das propias limitacións e as dos demais, na renuncia persoal en parte a favor do ben colectivo. Supón unha concepción horizontal do traballo en equipo, na que
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes as mensaxes son de ida e de volta, e na que no caso do alumnado, este pode beneficiarse de modelos de coñecemento doutras/os compañeiras/os. 8. Flexibilidade e reaxuste; nos diversos elementos que compoñen o proxecto, por riba tendo en conta a natureza do mesmo, que supón un grao engadido de dificultade. 4. GRAO DE IMPLICACION DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS EXISTENTES A vocación transversal e plural do proxecto conta neste momento co apoio e colaboración da totalidade do profesorado, e á vez entendemos o proxecto como un punto de encontro de distintas sensibilidades, concepcións, inquietudes, ou ideas arredor do que é ou debe ser a escola, como algo inacabado e incompleto, no que todas as persoas poden engadirlle valor ao resultado final do mesmo, en prol dos obxectivos establecidos. Entendemos que a heteroxeneidade inherente a calquera colectivo debe constituír un ben que preservar, polo mesmo principio de cooperación e tolerancia do que antes falabamos. Precisando máis, os traballos e actividades distribuíranse dun xeito equitativo, promovendo que as eleccións das actividades a realizar das distintas titorías e departamentos se axusten a aqueles aspectos do proxecto co que máis se identifican as persoas que os levarán adiante. Este proxecto pretende enriquecer e diversificar non só a experiencia educativa do alumnado, senón tamén a práctica docente do profesorado.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Valoración dos resultados para o axuste do proceso DiálogoEquipo de Titorías e Equipo deNormalización e especialistas ActividadesDinamización complementarias e Cooperación extraescolares Realización das actividades 5. COLABORACION CON ENTIDADES CULTURAIS, ASOCIATIVAS, ETC... As distintas actividades que conforman o proxecto no seu desenvolvemento precisan das familias, sen dúbida, pois iso é o primeiro paso para afianzalo. Estableceranse contactos con algúns medios de comunicación locais e provinciais(Radio Tui, entre outros), en especial a radio, pois a natureza do proxecto así o demanda para unha execución satisfactoria do mesmo. Estableceuse contacto tamén con outros centros dos arredores, e agardamos poder completar e intercambiar algunhas das experiencias con centros de grandes núcleos de poboación. O Conservatorio de Tui, os concellos colindantes, ou o contacto coa Universidade de Vigo, a través de persoas relacionadas con Tomiño e Barrantes, deben contribuír á expansión e promoción do proxecto dentro do concello e fóra del.
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes 6. PLAN DE AVALIACION A natureza aberta do proxecto require dunha avaliación periódica que revise o nivel de consecución dos obxectivos específicos en relación ao grao de desenvolvemento das actividades. A simple formulación no papel de propostas é algo que carece de valor, se o proxecto non se manifesta como unha ferramenta útil e dinámica que poida adaptarse ás circunstancias que poidan derivarse durante o proceso. A este efecto, executarase unha avaliación mensual do mesmo, tendo en conta as actividades previstas, as actividades realizadas, e a súa contribución aos obxectivos, co fin de modificar ou variar aqueles aspectos das mesmas que poidan contribuír a un mellor desenvolvemento do mesmo. 7. Medidas para a difusión do proxecto entre o alumnado, familias e
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes¿Irradio Lingua: creación do espazo radiofónico e virtual do mesmo nome, a través daradio e en dial aínda por concretar, así como do bloguewww.irradiolingua.blogspot.com , para o seguimento e participación do proxecto porparte da comunidade educativa e demais? Irradio Lingua Encontros herzianos interxeracións Rock and Lingua O Falador de soñosA creación do espazo radiofónico posibilitará a elaboración de pequenos guiónsradiofónicos(poesía, teatro, narrativa breve, entrevistas entre o alumnado e emisión deseleccións musicais periódicas), sempre dependendo das posibilidades de cada titor egrupo de alumnado. Tamén se elaborarán breves cortinas musicais de entrada con textopara cada un dos programas. Encontros herzianos interxeracións: visitas periódicas de avoas e avós ou outros membros das familias(segundo a dispoñibilidade e o calendario), para:
    • Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes-sesións de contacontos-lendas ou historias-oficios antigos e recordos da infanciaA actividade alternarase coa emisión en directo dende Irradio Lingua ou ben coa súaemisión en diferido. Rock and Lingua: 9 sons; invención por parte do alumnado ou adaptación ao galego coa axuda do profesorado de nove cancións, unha por cada mes do curso, en colaboración coa Área de Música e a Área de Lingua Estranxeira. O Falador de Soños: gravación en vídeo por parte do alumnado aos seus compañeiros/as do relato de soños que tiveran, para a súa ilustración posterior con acuarelas e elaboración dun conto. A ventá do meu mundo: actividade fotográfico- literaria e oral, consistente na toma de fotos por parte do alumnado a través da fiestra da súa habitación ao se erguer para a súa exposición posterior na escola ao resto de compañeiras/os, e a súa montaxe en soporte dixital con gravación de voz. Intercambio da experiencia con algún centro pertencente ao medio urbán para contrastar as diferentes realidades. Cooperarte: traballo de ilustración por parte do alumnado de Infantil a partires das obras de Luis Seoane e Colmeiro, mesturando pequenos versos de Cunqueiro, co que colaboraron no seu día. Se o vello Cunqueiro volvese ás Cíes: saída didáctica a Vigo, facendo o roteiro de Álvaro Cunqueiro para afondar na súa actividade(2011 é o ano Cunqueiro) e viaxe en barco ás Cíes para unha emisión radiofónica dende alí en colaboración con algunha radio local.