Your SlideShare is downloading. ×
  • Like
Os ecos da Rosalía
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Now you can save presentations on your phone or tablet

Available for both IPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Os ecos da Rosalía

  • 501 views
Published

Pequeno opúsculo orientado ao alumnado de oito e nove anos da escola de Sofán, co gallo da nosa participación no Premio Rosalía de Castro de Experiencias Pedagóxicas 2010. A obra contén varios …

Pequeno opúsculo orientado ao alumnado de oito e nove anos da escola de Sofán, co gallo da nosa participación no Premio Rosalía de Castro de Experiencias Pedagóxicas 2010. A obra contén varios fragmentos e poemas da obra da célebre poetisa galega.

Published in Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
501
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
4
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Os ecos da Rosalía Lois Pérez Díaz
  • 2. PERSONAXES Bardo 1 Bardo 2 Rosalía Cunqueiro Castelao Marqués do Silencio Músico da orquesta O Raio Vermello Neno 1 Neno 2 Neno 3 Neno 4 Neno 5 Neno 6 O silencio e a voz. A forza da palabra e o valor da imaxinación. O diálogo cos que xa non están a través da literatura. O Marqués do Silencio, porque cambian os tempos pero non cambian as persoas. As ganas de pasalo ben, as ganas de celebrar, e a poesía. Cunqueiro, Castelao e Rosalía, sobre todo, Rosalía. E tantos outros que co seu esforzo lle deron pulos á nosa lingua: bonita, divertida, culta, atemporal. Disfrutádea. Falando, escribindo, recitando, querendo.
  • 3. Escea 1 Chega o solpor. Algunhas luces, óense ouveos ao lonxe, algúns cantos dos paxaros, zoa o vento, os nenos e nenas xogan na rúa antes de ir cearen. Entra o bardo en escea pola esquerda da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando un arpa Bardo 1: Nin ás escuras! -Todo está negro, as sombras envolven a vereda, e nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua. ¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen mideu as fonduras? ¡Alma non habrá que sepa...! ¡Ven...! A noite está escura. -¿Escura...?; mais relumbra non sei qué luz traidora... - É unha estrela que brila nas augas bulidoras. -¿E non oes que remuxe algo onde aquel herbal? -É o vento que anda tolo correndo entre a follaxe. -Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto... -¡Si é un vivo, matarémolo; non fala si é difunto! Mais aquí onde este cómaro, hai unha cova fonda: Ven, e santos ou demos, que nos atopen agora. Entra o segundo bardo pola dereita da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando outro arpa. Bardo 2: ¿Adonde iréi conmigo? ¿Dónde me esconderei, que xa ninguén me vexa e eu non vexa a ninguén? A luz do día asómbrame, pásmame a das estrelas, e as olladas dos homes na alma me penetran. É que o que dentro levo de min, penso que ao rostro Me sae, cal sae o mare ao cabo un corpo morto. ¡Houbera, e que saíra...!, máis non: dentro te levo, ¡fantasma pavoroso dos meus remordementos!
  • 4. Só sentiche da febre o mortal frío Que helou ata os teus osos. As cousas no seu tempo, E as feras no seu tobo. Nena 1: Eu non xogo máis! Facedes trampa! Non vale! Neno 2: Non sexas chorimicas! Nena 1: Non tal! Neno 3: Si tal! Nena 1: Non tal! Nena 4: Si tal! Nena 1: Non tal! Neno 5: Si tal! A nena 1 vírase anoxada. Neno 6: Si tal, imos cear, deixádeo, non paga a pena. Neno 2(tocando a fronte, reparando nel mesmo): Estou suando, estou roxo coma un tomate. Nena 3: Si, igual ca hoxe na clase cando che preguntou a mestra se sabías algo de Rosalía de Castro. Neno 4: E que vou saber eu desa muller? Se morreu hai moitos anos! Neno 5: Pois terías que saber que... Nena 3: Bueno, xa comeza este outra vez! Pesado, xa sabemos que es un chapón! Nena1: Pero poderá falar, tampouco sexades malos. Neno 2: Iso! A min interésame. O saber non ocupa lugar. Neno 4: E eu que teño que saber dela? Non quero saber nada. Pero se queres, dígoche a alineación do Sofán contra o Muros, no choque do dous mil oito! Nena 6: Esa si que é boa! Ti que vas saber!
  • 5. Nena 4: Escoita: Lupi, Manu Dosil, Gabi , Teo, Mayuyo, Aaron , Maxi, Gelo , Jaro , Bibi e Brais. Xogaron tamén Iván, Adán, Álvaro, Quico e Piti. Nena 1: Árbitro? Neno 4: Señor Vázquez Expósito, do colexio da Coruña, houbo protestas por alineación indebida. Nena 2(ollando cara o público, acenando): Mimá! Neno 5: Manda truco! Nena 3: Róncalle os... Nena 1: Nin se che ocorra! Non xures. Nena 3: Non se xura porque o dixo o cura. Nena 5: Iso rima! Nena 3: Eu non son túa prima. Todos a un tempo: Iso rima tamén. Neno 4: Dixo a parroquia amén! Todos a un tempo: Amén!! Neno 2: É verdade! Dixo así, dixo así: Parroquia, direivos dúas cousas! Neno 1,3,4,6: Cales? Neno 2(moi solemne, sinalando co dedo cara arriba): A primeira...! Somos a segunda parroquia que máis xura. E a segunda...! Que comamodemo se temos que ser a primeira. Todos comezan a rir a gargalladas. Neno 1: Agora estabamos a rimar, e non se che vía nada aburrido. Neno 4: Xa, pero isto é divertido, e a Rosalía de Castro, iso, iso...Iso é un aburrimento. Nena3: Algo de razón ten, porque agora que chega o Día das Letras Galegas, vailles dar aos mestres co rollo de sempre: veña chapar datas de nacemento, Todos: Vaia tormento! Nena 3: E onde tiñan a súa casa!
  • 6. Todos: Que lles pasa?! Nena 3: E milagres da súa vida. Todos: Que movida! Cruza a escena un descoñecido correndo e berrando: Cambia agora o ton do teu móbil! Envía tono ao 678milnovecentoscorentamillonsoitentaecatrooo!!! Nena 6: E ese quen era? Neno 3: Iso é cousa dos americanos. Están en todas partes. Díxoo o mestre de música. Neno 2: Os músicos non saben o que din, cala a boca. Neno 1: De que estabamos a falar? Todos: Das letras galegas. Neno 4: Pois eu sigo sen saber quen é Rosalía de Castro. Neno 5: A ver, Ángel, ilústrao. Neno 6: Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837. Neno 1: Naceu( e dirixíndose ao público) Na-...?! Neno 2: Xogou(dirixíndose ao público) Xo-...? Neno 3: Creceu(dirixíndose ao público) Cre-...? Neno 4: Estudou(dirixíndose ao público)Estu-...? Neno 5: Loitou. Loi-tou? Foi á guerra? Neno 1: Hai moitos xeitos de loitar, ho! Unha palabra ben dita pode ser máis poderosas cás balas. Neno 2: Dígocho eu! Cando se quenta o meu avó, chimpámonos todos da lámpada da cociña! Neno 3: E logo o teu avó é poeta? Neno 4(adiantándose cara ao público): Poeta son eu, mira: patada no cú, non sexas lambón! Tururú, tururú! Non me chamo Ramón! Neno 1: Xa, pero iso non lles tivo graza. Todos: A quen lle falas ti? Estás tolo.
  • 7. Neno: Pois a quen lle vou falar! Ao público! Estades aí? Non vos escoito! Estades aí? Neno 2: Este está tolo. Neno 3: Ves, non hai ninguén. Nin ti es poeta, nin hai público ningún. Neno 4(anoxado): Ahh! O que eu dicía, ata dubido de que todos eses, incluída a Rosalía existiran, son todo lerias. Neno 1(ollando cara ningures): Disparar palabras, (moi devagar) ratatatatatatá...Disparar palabras... Neno 4: Pero por moitas palabras que disparara, debían ser moi aburridos todos daquela, ou non reparaches ti en todas esas fotos en branco e negro? Neno 1: Iso! Na consola é todo luces,(acenando) chas,chas! é moi divertido, e a tele está moi ben tamén, os debuxos, e non toda esa xente vestida de negro. Neno 2: Home, en cor non podían ser pero por iso non serían aburridos, ou? Neno 3: Iso é certo. Serían coma nós todos eses? A Rosalía, o Cunqueiro, o Castelao, o Novoneyra... Neno 4(abaneando as mans e acenando cara o público): Ti levas esta avaliación notablemente notable. Como controla! Neno 1: Pois serían nenos coma nós, ou que vos pensades! Neno 2: Non sei eu... Neno 3: Non sei que che diga... Neno 4: Non sei que che diga, Rodriga. Todos(acenando ao mesmo tempo): Iso rima! Neno 2: Faise tarde, e o meu bandullo está que arde! Neno 3: A fame veu coa noite, e queren que as escoite! Neno 4: Teño sono e sopra o vento, e aquí só pasa o tempo! Neno 1: Si, será mellor que nos vaiamos.(todos se van agás o neno 1 que se detén e acena que dispara ao aire, polo miúdo) Ratatataata, disparando palabras: eco, noite, frío, lume, lúa, lúa, lúa... Todo escurece. Soa a música.
  • 8. Escea segunda De fondo, a natureza. Óese o vento, a auga, os paxaros, os cabalos, as polas das árbores. Misteriosamente, unha cama no medio de todo isto. Na cama, o neno revírase unha e outra vez, está a soñar. Desfilan na súa cabeza as imaxes deses descoñecidos dos que a mestra lle falou na escola: Rosalía, Castelao, Cunqueiro...E alguén Bardo 1(aparece na marxe esquerda do proscenio, empurrado por dous nenos que marchan): Baixaron os ánxeles Onda ela estaba, Fixéronlle un leito Coas prácidas alas, E lonxe lévano Na noite calada. Bardo 2(aparece na marxe dereita da escena, empurrado por outros dous nenos que marchan): Cando á alba do día Tocou a campana, E no alto da torre Cantou a calandria,
  • 9. Os ánxeles mesmos, Pregadas as alas, “¿por qué –marmúrano-, por qué despertala...?” Volta a música. Sobre a cama da nena durmindo comezan a desfilar as imaxes do seu soño. De súpeto, a música cesa e as personaxes oníricas semellan reais. A cama desaparece da escea. Aparece a pequena Rosalía, camiñando perdida polo medio do monte. Rosalía: Camiño do meu contento; I en tanto o sol non se esconde Nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando Cómo a lúa vai saíndo, Cómo o sol se vai deitando... Entra na escea Álvaro Cunqueiro, que se achega á Rosalía, fitándoa de esguello. Cunqueiro(ollándoa): Se me fago árbore vella á outra beira do río, E tócame ser a árbore que lembra e soña, Podes estar ben segura de que soñarei contigo, Cos teus ollos grises coma o mencer, E co teu sorriso,
  • 10. Co que se vestiron os beizos dos rosais, Nos días máis felices. Rosalía(erguendo e camiñando): E ti quen es? Cunqueiro: Eu chámome Álvaro, pero todos me coñecerán coma Cunqueiro(achegándose ao público) Cunqueiro! (mudando o ton, levando as mans ao estómago) Ai, teño algo de fame, os libros baleiran o bandullo. Rosalía: Que son eses ruídos? Cunqueiro: Seguro que é un corvo que fala, ou un sombreiro que quere ser home, ou un camiño que non ten fin, ou o mago Merlín! O mundo está cheo de cousas moi estranas. Entra na escea Castelao correndo, deténse no medio de Rosalía e Cunqueiro. Castelao(abrindo os brazos, esaxerando): As cousas estranas poderémolas cambiar, pero lembrade: que a fogueira do espírito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares. Cunqueiro: Ti tes futuro, rapaz, ti tes futuro! Dígocho eu! Coma que son de Mondoñedo! Rosalía(ollando para Cunqueiro): Que ben fala este rapaz, e non serás de Rianxo? Castelao: Son. Cunqueiro: En Rianxo voan sós os sombreiros? Rosalía: Xa o sabía eu. Gústame a calma da natureza. Castelao: Podíamos xogar a algo. Porque todo isto de falar e escribir está moi ben, pero eu quero xogar. Quero xogar!
  • 11. Cunqueiro: Que vos parece se... De súpeto, escurece a escea e chega a treboada, aparece na escea o Marqués do Silencio. Todos reparan nel cunha mestura de curiosidade e medo. O Marqués do Silencio camiña arredor dos tres nenos. Cunqueiro: Comeuche a lingua o gato, mangallón? Castelao: E logo non falas? Rosalía: Nin fala nin oe,(achegándose ao Marqués) Oes? Marqués do Silencio(erguendo os brazos, e levando a man á boca, pedindo silencio): Tsss!! Silencio! Silencio! Silencio! Cunqueiro: Toleaches, rapaz? Castelao: E porque teríamos que estar calados? Marqués do Silencio: Quero silencio! Quero silencio! E vós?(achegándose ao público) Queredes silencio? Abonda!! Rosalía: Vós, que vos quentades á llama de vivos lumiares, E só vivir vos compre baixo un ardente sol, Calade, se non entendedes encantos destos lares, E non entendendo os vosos, tamén calamos nós. Cunqueiro: Ti sabías que un elefante voador vale máis cá mil silencios, paspallán? Marqués do Silencio(achegándose ao centro da escea): Un silencio perfecto! Algún día falarase só de min, do Marqués do Silencio! Que ergueu grandes murallas, e construcións magníficas, e en silencio apañou e apañou grandes riquezas. Dentro de cen anos só se falará de min. Do Marqués do silencio. Castelao: Estás tolo, e non tés cabeza, roubároncha e prantáronche un bolo. O neno do soño érguese da cama. Repara neles estranado.
  • 12. Neno: Que facedes no meu soño? Rosalía: Soñar. Castelao: Pensar. Cunqueiro: Imaxinar. Marqués do Silencio: Calar! Silencio! Caládevos! Neno: Pois eu non me penso calar se non quero, e vós, nenos? Rosalía: Soño ou realidade, hai cen anos ou na eternidade, sempre quere mandar calar alguén, que non se oian as verdades, que non fale ninguén!! Neno: Teño unha idea!! Cunqueiro: Iso non é nada. Eu teño dúas mil. Castelao: Déixalle falar, deixa que o rapaz se explique, non é malo dialogar. Neno: Se isto é un soño, viaxa ao futuro entón, pídello ao demo, viaxa cen anos e descubrirás si se fala de ti, abondará con que vaias a unha biblioteca. Se eres famoso, nos libros sairás moi fermoso. Marqués do Silencio(pensativo, cos brazos cruzados, ollando cara arriba): Uuhmm! Non é mala idea. O futuro...O futuro!! Viaxarei ao futuro, irei a unha biblioteca, abrirei un libro, e saírei alí: fermoso, famoso, silencioso. Inmortal!! (comeza a rir a gargalladas) E ninguén se acordará de vós, calareivos para sempre, malditos!! O Marqués do Silencio marcha. Rosalía: ¡Señor, daille descanso na terra que o crióu! ¡Que o polvo torne ó polvo, i o espírito ó ceo, bon Dios! Cunqueiro: E recitas ben, tes madeira de poetisa, non é cousa de risa, pero agora perdo o tren!! Adeus, nenos!
  • 13. Castelao: Que será do Marqués? Aínda non aprendeu que o tempo silandeiro, ás veces déixalle aos últimos seren os primeiros. Eu marcho tamén, imaxina, oio murmurios da Arxentina. Rosalía: ¡Por Dios..., non vos vaiás! ¡Qué doce, mais qué triste tamén é a soledad! Rosalía marcha atrás deles. Neno: Que soño máis raro! Que lle acontecerá ao Marqués do Silencio, meu coitado? Falarán os libros del no futuro? Iso sería bastante duro, cecais o saiba deitado. O neno déitase na cama e a escea queda ás escuras. Escea terceira Óese música, e óense estoupidos de festa, e barafunda de fondo. Os nenos entran correndo, e axiña sentan para falar. Neno 1: Podíamos ir desconectarlles os cables aos da orquesta, que vos parece? Neno 2: Pois eu era máis partidario de ir roubar uns refrescos á barra. Neno 3: Vaia ambientazo! Imos ás lanchas? Músico da orquesta: Uff! Estou canso! Deixádesme sentar con vós? Neno 4: Senta oh, senta! Deixade as falcatruadas, que alí está o alcalde(polo baixo) Moito traxe, pero traía os zapatos cheos de lama. Neno 1: Onte tiven un soño. Neno 2: Eu tamén. Soñei que era o rei do mundo. Neno 3: Pois eu soñei que ti soñabas que eras o rei do mundo. Neno 4: Pois eu soñei que ti soñabas que el soñaba que era o rei do mundo.
  • 14. Neno 1: Pois eu soñei coa Rosalía de Castro, co Cunqueiro e co Castelao e co Marqués do Silencio, parecía o demo e... Todos: Oooohhh!! Músico da orquesta: Pois eu non soñei nada. Durmín debaixo do palco. Neno 1: E porqué? Músico da orquesta: Porque se escoita mellor o ruído da terra. Neno 2: E para soñar con tantos escritores, cearías sopa de letras ou? Neno 3(virándose de costas e cantando): A,e, i, o,u, dinlle ao demo sete patadas no seu cú! Neno 2: Toleaches? Neno 1: Non, non, en serio. Estaban alí, e eran moi moi reais. Pero o Marqués do Silencio quería que calaran todos, e logo foi ao futuro ver se aparecía nos libros e era inmortal... Neno 4(achegándose ao neno 1): Está ben, doutor, mirarémoslle a febre! Neno 3(ao tempo que o suxeitan os dous): Non presenta síntomas. A temperatura é normal. Neno 2: E ti pensas que o Marqués do Silencio existe? Neno 1: Existe ho! El é o culpable de moitas inxustizas que pasan no mundo, e... Neno 3: Nada, non hai que facerlle, toleou(achegándose ao público) Verdade que toleou, nenos? Neno 1: Que si, que si! E a Rosalía, e o Cunqueiro, e o Castelao, claro que existen! (dirixíndose aos nenos) Verdade que existe a Rosalía? E o Cunqueiro, existe? E o Castelao, existe? Neno 2: Pero se están mortos. Neno 3: É verdade.
  • 15. Neno 4: Que crueldade. Músico da orquesta(sinalando para o palco): Ei, están subindo ao palco os da comisión de festas. Todos: Recoiro!! Os nenos e o músico quedan escoitando aos da comisión, logo volta escoitarse a música. De súpeto, óense tronos e vento, cesa a música. Entra en escea o Marqués do Silencio. Neno 1: É el! É el! O Marqués do Silencio! Vedes, é real. Neno 2: Mimá! Neno 3: Mimá! Neno 4: Mimá! Músico da orquesta: Mami! Marqués do Silencio: Silencio! Silencio! Silencio! Neno 2: E porque íamos calar, mangallón? Neno 3: É certo. Ti non nos calarás. Neno 4: E a que ven tanto berro, ti que pides silencio? Músico da orquesta: E haberá que comer, digo eu, que de tanto falar entroume a fame. Neno 1: E que, viaxaches ao futuro? Marqués do Silencio(abafado, sen folgos, derrotado, ollando cara o chan): Viaxei. Neno 1: E fuches á biblioteca? Marqués do Silencio: Fun. Neno 1: E que aconteceu? Falábase moito de ti? Marqués do Silencio: Nada, non se falaba nada de min. Nada. Moito peor. Neno 2: E logo?
  • 16. Marqués do Silencio: Os libros falan da Rosalía, do Cunqueiro, do Castelao. Falan daqueles nenos que non me obedecían e falaban, e falaban... Neno 3: Coitado do Marqués, quería ser inmortal, non sabía que o silencio é un grande mal. O Marqués do Silencio marcha. Músico da orquesta: Que peor tristura que estar calado, Que non darlle voz ao sentimento, Ao príncipe que vive afogado, na grandeza que portamos dentro. Neno 4: Mimá! Ti para ser músico aínda lle dás ben á rima. Entra a Rosalía na escea. Os nenos e o músico quedan abraiados. Neno 1: Rosalía. Pero ti estabas no meu soño! Rosalía: Estaba. Neno 2: Pero vives? Rosalía: Algo así. Neno 3: Non o entendo. Neno 4: Eu tampouco. Como é posible? Rosalía: Vivo sempre que me falades, vivimos sempre que nos ledes. Músico da orquesta: E como é iso? Rosalía: Os libros son grandes porque levan vida. Neno 1: Como? Rosalía: Porque nos poñen en contacto coas persoas que viviron antes ca nós. Neno 2: Entón nós lemos... Rosalía: E nós vivimos. Neno 3: E se seguimos lendo...
  • 17. Rosalía: Nós seguimos vivindo. Neno 4: E nós podemos darlle a nosa voz aos que veñan? Rosalía: Podedes. Tan só tedes que querelo. Sempre estaremos aí, se nos buscades. Rosalía marcha. Os nenos quedan estranados, pero sorrintes. Comeza a soar de novo o ruído da orquesta e da festa. Saen todos os nenos e nenas á escea. Todos: Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. FIN