Padrón <ul>O municipio de Padrón atópase ó sur da provincia da Coruña, no seu límite con Pontevedra. Dista 20 Km.  De Sant...
Xentilicio: Padronés - Irense  Provincia: A Coruña Comarca: Sar Poboación: 9.030 hab. Área: 48,4 km² Densidade: 186,57 hab...
Padrón ofrece aos seus visitantes case todo aquilo que poidan precisar: un pobo con moita historia, que é o berce do Xacob...
Sen dúbida, ó produto máis famoso de Padrón son os pementos de Padrón, e a referencia actual en espazos verdes son o Xardí...
É o momento de dar marcha atrás e regresar ata a igrexa de Santiago. Queda introducirse no centro urbano, nese burgo medie...
Xardín Botánico-artístico de Padrón Alén da estrada que vai da Coruña a Tui, na avenida de Compostela, está o xardín Botán...
O protagonismo deste espazo natural está notablemente demostrado: condición secular (entre os mais antigos da xeografía es...
Área recreativa do Santiaguiño do Monte As 132 escaleiras que conducen á área recreativa do Santiaguiño do Monte nacen alé...
Os estranxeiros que máis visitan o noso pobo son: Portugueses, Alemáns, Ingleses, Franceses, Mexicanos e Italianos  Españo...
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Polo que máis pregunta o visitante: Casa Museo Rosalía de Castro, Fundación Camilo José Cela, Pedrón, Santiaguiño do Monte...
 
 
 
 
 
 
 
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Trabajo

295

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
295
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Trabajo

  1. 2. Padrón <ul>O municipio de Padrón atópase ó sur da provincia da Coruña, no seu límite con Pontevedra. Dista 20 Km. De Santiago de Compostela e 86 Km. Da súa capital de provincia. A estensión do seu término municipal é de 48,4Km2. A localidade de Padrón levántase nun importante eixe de comunicación que percorre Galicia de norte a sur. A estrada N-550, a autopista do Atlántico A-9, e a vía de ferrocarril.Este é un concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca do Sar, a esta comarca tamén pertencen Rois e Dodro. </ul>Poboación no 2007: 9.030 habitantes segundo o INE (9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003).
  2. 3. Xentilicio: Padronés - Irense Provincia: A Coruña Comarca: Sar Poboación: 9.030 hab. Área: 48,4 km² Densidade: 186,57 hab./km² Entidades de poboación: Cargarcía (San Pedro), Cruces (Santa María), Herbón (Santa María), Iria Flavia (Santa María) e Padrón (Santiago). Alcalde: Camilo Forján Seoane (PSOE) Concelleiros: BNG:1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: C.I.PA 3, PG 1 Galegofalantes: 97,44%
  3. 4. Padrón ofrece aos seus visitantes case todo aquilo que poidan precisar: un pobo con moita historia, que é o berce do Xacobeo: casco antigo, xardíns, paseo do Espolón, monumentos, áreas recreativas, paseo marítimo, pesqueiras (onde se pesca a Lamprea) praia fluvial, pementos e outras moitas cousas máis. Polo que máis pregunta o visitante: Casa Museo Rosalía de Castro, Fundación Camilo José Cela, Santiaguiño do Monte, Xardín Botánico e como non, polos pementos de Herbón.
  4. 5. Sen dúbida, ó produto máis famoso de Padrón son os pementos de Padrón, e a referencia actual en espazos verdes son o Xardín botánico-artístico, por un lado, e a Alameda do Espolón.
  5. 6. É o momento de dar marcha atrás e regresar ata a igrexa de Santiago. Queda introducirse no centro urbano, nese burgo medieval do que a Historia Compostelana di que no século XII tiña multitude de casas e veciños, e que foi o corazón dos estaleiros nos que tomou corpo a primeira armada galega. E o mellor é seguir esa enorme alameda que aparece ante os ollos e que recibe o nome de O Espolón. Lugar emblemático de Padrón no que reside a estatua de Rosalía de Castro, un monumento doado polos padroneses en Uruguay, homenaxe ao que se sumaron os galegos residentes en Bos Aires. Alí mesmo, outra placa fai constar que Galicia coroou de loureiro ao grande poeta Ramón Cabanillas en abril de 1958. O Espolón é acougo, é paz, é amplo espazo para o lento camiñar e para a charla. A condición de que, está claro, non sexa domingo, porque entón é bullicio, ebullición e feira sen par á que acoden miles de persoas. O Espolón
  6. 7. Xardín Botánico-artístico de Padrón Alén da estrada que vai da Coruña a Tui, na avenida de Compostela, está o xardín Botánico-artístico, tranquilo Monumento Artístico Nacional (desde 1946) que incita ao paseo, ao faladoiro e á confesión. A fonte, e ata a estatua a Macías &quot;o Namorado&quot; co verso &quot;Cativo da miña tristura&quot;, pasan case desapercibidos no medio daquel verxel con cada un dos seus elementos identificados. Rodeando estatua material e versos inmortais conviven, en harmonía, o carballo (roble), tan popular en Galicia coa fotinia serrulada de Chinesa; o loureiro (laurel) co ave do paraíso de Sudáfrica; o espino albar (típico de toda Europa, Oeste de Asia e Norte de África) co cornexo de bentham (o árbore portafresas galaico), que se atopa no Himalaia; e, en fin, o palqui de Chile co aliso italiano (ameneiro) do Sur de Italia e a illa de Córcega. O visitante pode caer no erro de pensar que tan só hai unhas cantas especies. As censadas nese amplo pero ao mesmo tempo entrañable espazo (unha hectárea, en números redondos) son nada menos que 300, testemuñas mudas dun programa educativo-cultural silencioso pero efectivo: miles de persoas pasan por alí cada ano en visitas organizadas que difunden logo por toda Galicia o saber botánico que atesora Padrón.
  7. 8. O protagonismo deste espazo natural está notablemente demostrado: condición secular (entre os mais antigos da xeografía española), forma parte do Patrimonio Artístico (declaración monumental e artística desde 1946) , vinculación cultural (Apóstolo Santiago, Rosalía de Castro, Camilo J. Cela) relevancia xardinística (parterre xeométrico de deseño estructural), extraordinaria riqueza florística (300 especies) e individual ( 9 elementos forman parte do catálogo arbóreo monumental do Finisterrae.) Pero non se pode saír do Monumento Artístico Nacional sen unha mirada a outra estatua que inmortaliza a un home humilde: Ernesto Gende Rodríguez, un profesor que durante décadas desenvolveu un labor educativo altruísta.
  8. 9. Área recreativa do Santiaguiño do Monte As 132 escaleiras que conducen á área recreativa do Santiaguiño do Monte nacen alén do edificio onde naceu Nicasio Pajares, na calle Santiago. É posible ir tamén en coche, deixando á esquerda un cruceiro e pasando polo colexio público que leva por nome -¡como non!- Rosalía de Castro; pero o auténtico é ascender a pé, sobre todo tendo en conta que a distancia é curta. Arriba, un área recreativa con mesas, barbacoas, fontes, un pequeno cuberto, todo á sombra dos pinos e castiñeiros, ofrécese como o marco para o descanso, veciña da capela con tres portas (a principal non está na fachada, senón nun lateral) que mostra un interior de sobriedade espartana onde destaca unha imaxe do Apóstolo.
  9. 10. Os estranxeiros que máis visitan o noso pobo son: Portugueses, Alemáns, Ingleses, Franceses, Mexicanos e Italianos Españois : Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Bilbao e Sevilla Galegos das catro provincias destacando Lugo e Ourense
  10. 20. Polo que máis pregunta o visitante: Casa Museo Rosalía de Castro, Fundación Camilo José Cela, Pedrón, Santiaguiño do Monte, Xardín Botánico e como non, polos pementos de Herbón. Informámos tamén dos arredores e orientamos ó visitante de toda Galicia: Restaurantes, Hoteis, Hostalerías, e Casas Rurales xunto con outra información que precisen. Nº de visitantes anuais: 23.276 Estranxeiros: 5853 Españois: 18423 dos cales 2335 son Galegos Padrón ofrece aos seus visitantes case todo aquilo que poidan precisar: un pobo con moita historia, que é o berce do Xacobeo: casco antigo, xardíns, paseo do Espolón, monumentos, áreas recreativas, paseo marítimo, pesqueiras (onde se pesca a Lamprea) praia fluvial, pementos e outras moitas cousas máis.
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×