Mapa topográfico

2,998 views
2,437 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,998
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
588
Actions
Shares
0
Downloads
70
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Mapa topográfico

  1. 1. PERFIL TOPOGRÁFICO MAPA TOPOGRÁFICO
  2. 2. DEFINICIÓN DE MAPA TOPOGRÁFICO O mapa topográfico é unha representación da superficie terrestre mediante curvas de nivel que teñen como finalidade mostrar as variacións do relevo da Terra. Ademais das curvas de nivel, soen incluirse outras variables xeográficas como a vexetación, os solos, a rede hidrográfica, as localidades..., todas elas coa súa correspondente cor e símbolo.
  3. 3. AS CURVAS DE NIVEL Unha curva de nivel é unha liña debuxada nun mapa que une puntos que representan os lugares que están á mesma altitude ou altura sobre o nivel do mar. As curvas de nivel son pechadas, equidistantes e non poden cortarse entre elas. Unha de cada catro ou cinco curvas debúxase cun maior grosor e rotúlase a súa altitude correspondente; son as chamadas curvas mestras e, entre elas, describen as curvas de nivel intermedias
  4. 4. A ESCALA CARTOGRÁFICA  As escalas escríbense en forma de fracción onde o numerador indica o valor do plano e o denominador o valor da realidade. Por exemplo, a escala 1:500 significa que un cm do plano equivale a 500 cm na realidade.   Exemplos: 1:1 , 1:10 , 1:500 , 5:1 , 50:1
  5. 5. Escala gráfica  Nos mapas soe aparecer unha escala gráfica, que é un pequeno rótulo representando unha regra graduada, coa equivalencia da distancia. Para calcular a distancia real debemos medir a distancia no mapa e multiplicala pola escala. Para pasar da distancia real á representación sobre o mapa debemos dividila pola escala. Hai que ter en conta que sempre acadaremos resultados nas unidades nas que teñamos tomado as medidas
  6. 6.  Canto maior sexa o denominador, máis pequeno será o mapa final resultante: decimos que unha escala é pequena cando acadamos un mapa pequeno, e grande cando conseguimos mapas grandes para a representación do mesmo elemento.
  7. 7.  As diferentes escalas permítenos estudar fenómenos diferentes. A unha escala de 1:50 e 1:100 pódense estudar fenómenos de moito detalle (pódese debuxar un edificio, por exemplo).  Esas representacións chámanse específicamente planos.
  8. 8.  Con escalas entre 1:500 e 1:20.000 podemos representar rueiros das cidades.  Entre 1:20.000 e 1:50.000 podemos estudar comarcas e municipios.  Entre 1:50.000 e 1:200.000 podemos estudar as rexións e estradas.  Entre 1:200.000 e 1:1.000.000 podemos ver os países e as súas división.  A escalas inferiores a 1:1.000.000 podemos ver continentes e até o mundo enteiro
  9. 9. O PERFIL TOPOGRÁFICO Mediante o debuxo dun gráfico, coas distancias no eixe das x e as altitudes no eixe das y, pódese trazar o perfil dunha sección transversal do terreo que mostre a súa elevación. Se se esaxera a escala das altitudes, poderase observar con claridade as formas das montañas e dos vales
  10. 10. 1. MAPA TOPOGRÁFICO CON CURVAS DE NIVEL   Para levantar o perfil ou corte da superficie terrestre débese empregar parte da informcaicón que proporciona un mapa topográfico: as curvas de nivel e a escala. Os datos das curvas de nivel que aparecen nun mapa topográfico trasládanse a una un gráfico baseado no sistema de coordenadas: o eixe vertical reflicte as altitudes e o horizontal a distancia. Como a finalidade é representar as formas do relevo máis características da zona elexida coa menor deformación posible, o corte debe ser perpendicular ás curvas de nivel, pois de outra maneira falsearíanse e transformaríanse as pendentes.
  11. 11. 2. SINALAR NUNHA TIRA AS CURVAS DE NIVEL A elaboración dun corte topográfico sen o uso dun ordenador require varios materiais: lápiz, mapa topográfico da zona elexida a escala apropiada, papel milimetrado ou cadriculado para facilitar o trazado das liñas, e papel transparente (vexetal ou similar) que se colocará sobre a zona escollida para realizar o perfil e sobre o que se traballará para non estropear o mapa
  12. 12. 3. TRAZAR EN PAPEL MILIMETRADO UN EIXE DE ORDENADAS E ABCISAS Tras seleccionar no mapa a zona a perfilar, trázase unha liña recta para unir dous puntos (X e X´) sobre o papel transparente, tendo en conta que debe cortar perpendicularmente as curvas de nivel. Sobre esa liña márcanse cada unha das curvas de nivel do mapa que se cruzan con ela e anótase en cada sinal a altitude da curva cun lápiz para que despois de poida borrar. É convinte marcar só as curvas mestras se as curvas de nivel están moi xuntas, é dicir, se o relevo é moi accidentado.
  13. 13. 4. LEVAR OS PUNTOS DA TIRA AO EIXE No papel milimetrado debúxase un eixe de coordenadas tendo en conta as escalas decididas. O eixe horizontal debe ter a mesma escala do mapa topográfico. O eixe vertical, que presenta a altitude ou elevación do terreo, non debe ter unha escala demasiado esaxerada e esta decidirase en función da topografía da zona (convén observar cales son as curvas de nivel maior e menor); por exemplo, para un mapa de escala 1:50.000 podería ser 1:25.000, sabendo que 1 cm no mapa son 100 m de altitude na realidade.
  14. 14. 5. LEVANTAR O PERFIL TOPOGRÁFICO A recta X-X´ trazada sobre o papel transparente faise coincidir co eixe horizontal do papel milimetrado, evitando que se mova. Coa información de altitude de cada curva de nivel apuntada a lápiz, levántase cada punto do eixe horizontal cara arriba até alcanzar a altitude correspondente no eixe vertical, marcando os novos puntos. Unha vez sinalizados todos, únense cunha liña. Esta liña mostra o perfil do relevo en liña recta entre os dous puntos seleccionados X e X ´

×