Uploaded on

LUÍS SEOANE. EXPOSICIÓN REALIZADA POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES ELVIÑA (A CORUÑA). CURSO 2009-2010

LUÍS SEOANE. EXPOSICIÓN REALIZADA POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES ELVIÑA (A CORUÑA). CURSO 2009-2010

More in: Education , Travel , Technology
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
No Downloads

Views

Total Views
3,297
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
23

Actions

Shares
Downloads
14
Comments
0
Likes
1

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. LUIS SEOANE 1910-1979
  • 2. CRONOLOXÍA Funda as coleccións Hórreo e Dorna en Emecé Editores. 1940 Debuxa sen parar. Publica o seu primeiro libro, Trece estampas da traizón 1937 Participa na campaña do Estatuto de Autonomía . Estalla a Guerra Civil . Fuxe ao exilio en Bos Aires dende Portugal. 1936 Trasládase a A Coruña , onde exerce como avogado laboralista . Amizade e faladoiros con Huici , Cebreiro , Fernández Mazas ... Ingresa no Partido Galeguista . 1934 Ilustra libros e revistas . Realiza as súas primeiras exposicións . Milita en partidos de esquerda republicana e galeguista . 1927- 1933 Trasládase a Santiago de Compostela , onde estuda o bacharelato , licenciándose en Dereito . 1920 Regresa a Galicia coa súa familia, vive na Coruña , onde realiza os seus primeiros estudos . 1916 Nace o un de xuño en Bos Aires, nun fogar de emigrantes galegos. 1910
  • 3. CRONOLOXÍA Crease na Coruña a Fundación Luís Seoane cos fondos do artista doados pola súa viúva. 1996 Dedícase o Día das Letras Galegas a súa figura. 1994 Volve a Galicia . Realiza exposicións por España, Alemaña, Italia, Suíza, Brasil... Cofundador de Sargadelos e o Museo Carlos Maside . Morre en 1979. 1963-1979 Exposicións en Nova York. Funda a revista Galicia emigrante , a editorial Citania . Medalla na Exposición Universal de Bruxelas e do Senado de Arxentina. 1952-1962 Viaxa por Europa . Expón en Londres. Coñece a Henry Moore, Hebert Read, Lucian Freud, Pablo Picasso... 1949 Funda a editorial Botella de Mar . Expón en Bos Aires e Caracas. 1948 Homenaje a la Torre de Hércules é galardoado xunto a Historia Natural de Buffon, ilustrado por Picasso, como un dos mellores libros da década. 1945 Funda a revista Correo literario e a Editorial Nova . 1943
  • 4. Fotografía da familia de Luís Seoane (1916). Luís tiña daquela seis anos. É o que está a carón do seu pai
  • 5. Orla da licenciatura da Facultade de Dereito. 1933. Seoane é o primeiro da cuarta fila
  • 6. Caricatura de Carlos Maside. Quizais sexa o Artista que máis Influíu na súa formación Inicial. Colabora na súa mocidade na publicación de revistas. Resol
  • 7. Ilustra libros
  • 8. Cartelista. Colabora activamente na campaña do Estatuto de 1936
  • 9. A OBRA
    • Pertence á xeración dos renovadores da arte galega , xunto a un grupo de artistas que nacen ao redor de 1900 como: Carlos Maside (1897-1958), Arturo Souto (1901-1964), Manuel Torres (1901-1995), Manuel Colmeiro (1901-1999), Fernández Mazas (1902-1942) e Laxeiro (1908-1996)
    • Introducen as vangardas artísticas , das que teñen un coñecemento directo a través de publicacións.
    • De tódolos ismos quizais sexa o expresionismo o que máis asuman.
    • Todos eles trataron de conciliar unha temática galega coas búsquedas europeas de renovación da arte.
  • 10. ILUSTRADOR
    • Deseña ilustracións para publicacións, carteis propagandísticos e revistas de vangarda .
    • Na mocidade ilustra, entre outros, poemas de Cunqueiro e Lorenzo Varela. Fai exposicións no Café Español de Santiago.
    • Realiza carteis propagandísticos. Resaltando o que realiza para o estatuto de autonomía de 1936: O Estatuto Libertará á Nosa Terra .
    • Chegado ao exilio publica Trece estampas de la traición . Fustigando aos militares que se levantaron contra a República, con caricaturas que lembran a George Grosz.
  • 11. O xeneral locutor O mulo Mola
  • 12. ILUSTRADOR
    • Durante este período ilustra libros.
    • En 1944 recibe o primeiro grande recoñecemento internacional con Homenaje a la Torre de Hércules .
    • Deseña as tapas da revista Galicia emigrante . Mulleres campesiñas cun debuxo rotundo que harmoniza cunha cor plana dotada de símbolo estacional.
    • Deseñou carteis publicitarios para as firmas comerciais ( Cinzano e Dupuy ).
    • A influencia é moi grande: Grosz , Léger , Matisse , Picasso , Castelao ou Maside .
    • O esplendor da ilustración galega (e o cómic) non é alleo á súa obra.
  • 13.  
  • 14. HOMENAXE Á TORRE DE HÉRCULES
  • 15.  
  • 16.  
  • 17.  
  • 18. O GRAVADOR
    • Seoane combina o traballo dun artesán coa difusión industrial .
    • Gravar é un rito: Gravan os labradores os xugos dos bois e as propias zocas. Gravan os nenos nos pupitres das escolas .
    • Durante a mocidade xa utiliza o gravado como forma de difusión propagandística.
    • Aínda que traballou gravado en metal, o linóleo, a serigrafía, a litografía e o estarcido a estampación que máis frecuentou foi a xilografía .
    • Collendo como referencia o grupo expresionista alemán Die Brücke (A Ponte) (1905) e os seus angulosos gravados influídos polas tallas da arte primitiva africana, os gravados da Baixa Idade Media e pola obra de Durero . A xilografía ou gravado en madeira é unha técnica antiga, popular e profundamente enraizada na tradición alemana que Seoane vai recoller.
    • Fixo máis de corenta libros de gravados para ilustrar libros seus e doutros autores (Lorenzo Varela, Federico García Lorca, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Franz Kafka, Unamuno)
  • 19. MARÍA PITA E TRES RETRATOS MEDIEVAIS. 1944 ROI XORDO. 1944
  • 20. CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954
  • 21. CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954
  • 22. GRAVADO. JULIO CORTÁZAR E DURERO. 1967
  • 23. PAUL KLEE MIGUEL HERNÁNDEZ. 1967
  • 24. MULLER CON SOMBREIRO. SEN DATA O CONDE ASASINO DE SOBRADO. 1972
  • 25. O PINTOR
    • Seoane faise pintor no exilio .
    • Nos seus primeiros óleos (segunda metade dos anos corenta) predominan os grandes volumes , grandes pinceladas de cor . Máis que a liña perfilan as figuras. Na súa temática predominan as personaxes populares (emigrantes, campesiños) e nus femeninos .
    • Despois da súa viaxe por Europa, en 1949 , a pintura evoluciona nun proceso de síntese (influenciado principalmente por Henry Moore e Picasso) cara un cubismo sintético .
    • Durante os anos cincuenta as liñas en negro van aparecendo rotundas, xeometrízanse e definen os contornos das figuras. As cores son vivas e planas . O espacio ocupado polas cores non coincide cos contornos marcados polas liñas , o que provoca superposicións nunhas zonas e espazos brancos noutras.
  • 26. O PINTOR
    • Nos anos sesenta a evolución na síntese provoca a esquematización das liñas . A cor deixa de estar subordinada á liña e ten un forte protagonismo. Dá sensación de “ collage ” onde as cores semellan trozos de papel cortados e pegados na superficie do lenzo. Neste proceso chega a raiar o abstracto pero sin perder o valor da figura humana.
    • En 1968 o artista proclama as súas influencias:
    • Matisse no vitalismo. (importancia das cores )
    • Léger no xenio risoño , a vea popular .
    • Picasso nas formas cúbicas e a expresividade.
    • Paul Klee na fantasía expresiva .
    • Torres García na disciplina formal .
  • 27. Torso de de nu nunha pena na praia. 1945
  • 28. Vello e o paxaro. 1950 Muller pelando patacas. 1950
  • 29. Campesiño 1950
  • 30. Mozo campesiño 1950
  • 31. O gaiteiro 1950
  • 32. Muller con Cesto 1952
  • 33. Figuras 1956
  • 34. Muller con vara de rosquiñas 1958 Muller con rodete 1959
  • 35. Figura sentada en ocres e vermellos 1957 Figura en verde con fondo ocre 1957
  • 36. TRES MULLERES. 1963
  • 37. O MECO. 1963
  • 38. MANTÓN VIOLETA. 1973 CORPIÑO VERDE CON FONDO AMARELO. 1973
  • 39. A CONVERSA. 1975
  • 40. CARTÓNS PARA TAPICES Leiteira, 1979 A sega, 1979
  • 41. COMENTAR UN CADRO
    • É unha historia que sucedeu de certo e que lin nos xornais, unha historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxou ata Suíza para ver ós seus fillos que traballaban aló. Ela aquí vivía soa, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xenebra, peduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro dicíase onde tiña que chegar a muller. A pobre íalle amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito para que lle dixeran que tren tiña que coller, a que ventaniña tiña que se dirixir, en que cola poñerse... Non falaba máis ca galego e ficou completamente tola despois dunha viaxe que non remataba nunca. Cando chegou a Xenebra non sabía quen era nin recoñecía a ninguén: soamente amosaba o seu letreiriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar si quera. Aló, como en todas partes sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rendible, non serve, e os seus fillos tampouco puideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sen conciencia, e mandárona de volta para a aldea. Lin a historia nos xornais e axiña pintei o cadro que ves: co letreiro case que abonda. A traxedia coméntase a si mesma.
  • 42. EMIGRANTE 1963
  • 43. COMENTARIO SOBRE A PINTURA DE SEOANE É unha pintura moi elaborada? É unha pintura de apariencia tosca? É unha pintura culta? É unha pintura popular? Mantén o contacto coas vangarda? Mantén o contacto coa tradición? É unha pintura universal? É unha pintura galega?
  • 44. MAR DE ORZÁN. 1973
  • 45. O MURALISTA
    • A guerra civil frustrara moitas iniciativas de muralismo por parte dos renovadores galegos. Arturo Souto, Maside entre outros, desexaban pintar nas paredes dos edificios públicos galegos, como facían os mexicanos Orozco, Rivera, Siqueiros en México. Episodios do pasado histórico de Galicia e o traballo da clase traballadora galega na terra e no mar.
    • Seoane coñece a pintura mural dos mexicanos e os europeos (Matisse, Léger, Miró...).
    • A súa pintura non é ocasional. Pinta máis de trinta murais que fixo en Arxentina (bares, bancos, teatros, corredores e vestíbulos de edificios privados, durante os anos cincuenta e sesenta.
    • A pintura mural permite superar o elitismo da arte e comunicarse directamente co público .
  • 46. Esbozo de mural para un banco da provincia de San Xoán
  • 47. O MURALISTA
    • O pintor que sobe a un andamio non é o mesmo home que pechado no seu taller. Completa a súa vida. A súa vida será verdadeiramente pública e xulgada por unha extensa maioría . Está na rúa .
    • Está interesado na integración das artes e a arquitectura .
    • Co seu traballo Galicia aparecerá nos muros (xentes medievais, músicos, labores campesiños e mariñeiros).
    • Ademais da pintura utiliza outros materiais industriais: porcelana, lousa, mosaico, cerámica, pedra picada, mármore, resinas sintéticas, metais recortados ou vitrais.
    • Á volta a Galicia realiza dous murais na fábrica de Sargadelos e outro no Castro de Sada .
  • 48.  
  • 49.  
  • 50.  
  • 51.  
  • 52. O ESCRITOR
    • Forma parte dos escritores do exilio, que denuncian sen concesións o sufrimento do pobo galego: pobreza, emigración e exilio.
    • Para Maside o Seoane escritor non é inferior en nada ao artista.
    • As aportacións que fai á nosa literatura son: recuperación da poesía civil , innovación do teatro , ensaio na investigación artística.
    • As obras de poesía son: Fardel de eisilado (1952), Na brétema , Sant-Iago (1956), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972).
    • O teatro: A soldadeira (1957), Esquema da farsa (1957) e O irlandés astrólogo (1959). Ademais de dramaturgo destaca temén como escenógrafo .
  • 53. O ESCRITOR
    • Narrativa: Tres hojas y un ajo verde .
    • Escenografía: decorados para El trébol florido de Rafael Alberti en Bos Aires (1965). Os vellos non deben namorarse de Castelao (figuríns, decorados e máscaras) en Coimbra (1969). Castelao e a súa época de Ricard Salvat. Non se chegou a estrear en Portugal (1969). As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares (1973) en Ribadavia polo grupo coruñés O Facho.
  • 54. O ESCRITOR
    • Ensaio : investigación e crítica da arte. Realiza monografías dedicadas a autores galegos (Xosé María Cao, Pérez Villamil, Serafín Avendaño, Eiroa, Souto, Castelao ou Maside) e universais (Piero della Francesca, Grünewald, O Bosco, Diego Rivera e Georg Grosz)
    • Realizou locucións radiofónicas para os galegos en América (en castelán aínda que se incluían textos literarios en galego). En 1954 comezou a emitir Seoane o programa “Galicia emigrante”, audición que mantivo ata o ano 1971 e para a que colaborou con 900 traballos.
  • 55. O EDITOR
    • Todos os camiños de Seoane desembocan no libro; o ilustrador, gravador, debuxante, maquetista.
    • Na súa mocidade compostelana ao redor da editorial Nós dirixida por Ánxel Casal descubre o traballo do libro.
    • Será en Arxentina onde materializará esta actividade con outros exiliados como Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. Con eles naceron as editoriais galegas na emigración e o libro galego moderno.
    • Funda en Emecé editores as coleccións Hórreo e Dorna coleccións de literatura galega que contarán con ilustracións súas.
    • Funda a editorial Nova onde crea as coleccións Camiño de Santiago e Pomba . Segue Botella de Mar , Citania ... Publicándose algunhas das obras fundamentais da literatura e a arte galega.
  • 56. FARDEL DE EISILADO
  • 57. A INDUSTRIA CULTURAL
    • Seguindo o espírito da Bauhaus da alemaña entreguerras, xunto Isaac Díaz Pardo, trata de promover a industria artística ou o que é o mesmo, difundir a cultura.
    • En 1968 nace o Laboratorio de Formas de Galicia amplísimo proxecto restaurador no que se integran escritores e artistas, tanto do interior como do exterior de Galicia.
    • En 1970 inaugurase a Fábrica de Sargadelos e o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside que xunto a Cerámicas do Castro (fundada en 1949) pretenden recuperar o impulso artístico.
  • 58. COMPLEXO DE SARGADELOS Pezas de personaxes da literatura e historia galegas, realizadas para cerámica do Castro, 1968.
  • 59. OBRA EN MUSEOS A FUNDACIÓN LUÍS SEOANE
    • Ten obra en importantes museos como o Museo de Arte Moderna e o Metropolitano de Nova York , Biblioteca do Congreso de Washington, Children´s Museum ( Detroit ), Museo de Belas Artes de Caracas , Montevideo , Santiago de Chile e Museo de Arte Moderna e Nacional de Belas Artes de Boas Aires . En Galicia, no Museo de Castrelos de Vigo , no de Pontevedra , no Carlos Maside e na Fundación Luís Seoane creada en 1996 con sede na Coruña .
  • 60.