Your SlideShare is downloading. ×
Arte GóTica
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Arte GóTica

3,147
views

Published on

Published in: Education

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
3,147
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
12
Actions
Shares
0
Downloads
103
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. A ARTE GÓTICA
  • 2. ARQUITECTURA GÓTICA Introdución (páx. 56 Vicens Vives)
    • Dende o s. XII, novas técnicas construtivas permitiron que xurdise un novo estilo artístico: o Gótico .
    • Nado en Francia, estendeuse por Occidente e permitiu construír edificios máis altos e luminosos.
    • O desenvolvemento da economía e o aumento da poboación nas cidades orixinou a necesidade de novas construcións .
  • 3. ARQUITECTURA GÓTICA Introdución (páx. 56 Vicens Vives)
    • Deste xeito, as cidades viron xurdir numerosos grupos de canteiros, albaneis e carpinteiros, dirixidos por mestres de obra e arquitectos, que levantaron palacios para nobres e mercadores, concellos para o goberno da cidade e lonxas para os comerciantes.
    • Pero por enriba de calquera outro edificio, a cidade medieval elevou grandes catedrais , símbolos do poder económico das cidades, e da fe en Deus dos seus habitantes.
  • 4. ARQUITECTURA GÓTICA Arco oxival (páx. 56 Vicens Vives)
    • Principais características:
    • Utilización dun novo tivo de arco , máis alto e lixeiro que recibe o nome de oxival .
  • 5. ARQUITECTURA GÓTICA Bóveda de cruzaría (páx. 56 Vicens Vives)
    • Bóveda de cruzaría ou oxival . Formada por tramos separados por arcos oxivais.
    • Cada tramo integrábano dous arcos cruzados que se apoiaban sobre catro puntos de soporte, en columnas ou piares.
  • 6. ARQUITECTURA GÓTICA Bóveda de cruzaría (páx. 56 Vicens Vives)
    • Coa nova bóveda, elevábase a altura do edificio e distribuíase mellor o peso da cuberta, ó non caer directamente sobre os muros.
  • 7. ARQUITECTURA GÓTICA Vidreiras de cores (páx. 56 Vicens Vives)
    • Isto fai posible a abertura de grandes ventás cubertas con vidreiras de cores .
    Sainte Chapelle XIII
  • 8. ARQUITECTURA GÓTICA Vidreiras de cores (páx. 56 Vicens Vives) Catedral de León
  • 9. ARQUITECTURA GÓTICA Vidreiras de cores: rosetón (páx. 56 Vicens Vives)
  • 10. ARQUITECTURA GÓTICA Arcobotantes e contrafortes (páx. 56 Vicens Vives)
    • Para conter o empuxe das bóvedas, nos muros exteriores utilizábase un complexo sistema de arcobotantes e contrafortes que repartían o peso e reforzaban os muros.
  • 11. ARQUITECTURA GÓTICA Pináculos e frechas (páx. 56 Vicens Vives)
    • Para decorar estes elementos utilizábanse pináculos que remataban os contrafortes e que se coroaban con frechas .
  • 12. ARQUITECTURA GÓTICA Portada (páx. 56 Vicens Vives)
    • Herdou os elementos básicos do Románico : grandes arquivoltas decoradas con estatuas, un tímpano no espazo central e unha porta alintelada dividida en dúas entradas por un parteluz.
    • Así e todo, a profusión dos elementos decorativos outorgaba unha maior complexidade, e a maior altura dos arcos proporcionaba unha grande esvelteza.
  • 13. ARQUITECTURA GÓTICA Gablete e gárgolas (páx. 56 Vicens Vives) GABLETE GÁRGOLAS
  • 14. ARQUITECTURA GÓTICA Planta (páx. 56 Vicens Vives)
    • A planta continuou a ser esencialmente, de cruz latina, cun brazo longo e outro curto (transepto)
  • 15. ARQUITECTURA GÓTICA Construcción (páx. 56 Vicens Vives)
    • Construción dunha catedral gótica.
  • 16. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • Dous modelos arquitectónicos: gótico setentrional ou francés , caracterizado pola verticalidade e a ornamentación.
    Catedral de Burgos
  • 17. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • E o gótico meridional ou cisterciense , no que domina a liña horizontal e a austeridade decorativa.
    Claustro convento cisterciense
  • 18. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • O modelo setentrional ou francés atópase nos reinos de Navarra, Castela e León (a partir do século XIII) e as catedrais de León, Burgos e Toledo son os exemplos máis destacados.
    Catedral de Burgos
  • 19. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 56 Vicens Vives) Catedral de León
  • 20. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Interior da catedral de León
  • 21. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Interior da catedral de Toledo
  • 22. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • No século XV, a chegada de arquitectos centroeuropeos importou o gusto pola ornamentación excesivamente regargada denominada flamíxera .
    • Capela do Condestable de Simón de Colonia (Burgos)
    • Mosteiro de San Xoán dos Reis de Juan Guas (Toledo)
    Ciborio da catedral de Burgos
  • 23. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Ciborio da catedral de Burgos
  • 24. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • Capela do Condestable.
    • Simón de Colonia.
    • Catedral de Burgos.
    • Século XV.
  • 25. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • San Xoán dos Reis.
    • Juan Guas.
    • Toledo.
    • Século XV.
  • 26. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • O gótico meridional aparece na coroa de Aragón con obras tan destacadas como Santa María do Mar en Barcelona ou a catedral de Mallorca .
    Santa Mª do Mar Bastaixos
  • 27. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives) Catedral de Mallorca. S. XIII-XIV
  • 28. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico na península Ibérica (páx. 92 Vicens Vives)
    • Neste territorio tamén destaca a arquitectura civil ( lonxas e palacios ), froito da súa actividade comercial e da prosperidade da burguesía.
    Lonxa de Valencia
  • 29. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)
    • Implantouse maioritariamente nas cidades da man das ordes mendicantes ( dominicos e franciscanos ), que chegaron a Galicia no século XIII.
    San Francisco de Asís. Betanzos
  • 30. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)
    • As construcións góticas en Galicia caracterízanse para renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas, pero utilizaron amplamente os elementos góticos máis esenciais como as bóvedas de cruzaría e o arco apuntado .
    Mosteiro de Oseira
  • 31. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)
    • San Domingos de Bonaval (Santiago)
  • 32. Detalle do convento e igrexa de San Francisco (A Coruña)
  • 33. Restos arqueolóxicos do convento e Igrexa de San Francisco (A Coruña) Restos da Igrexa e Convento na Maestranza
  • 34. Restos arqueolóxicos do convento e igrexa de San Francisco (Xardín da Maestranza)
  • 35. Estado da Igrexa de San Francisco (Fotografía de 1945) FOTO BLANCO. La Coruña entre siglos
  • 36. Igrexa de San Francisco actualmente (traslado ó barrio de Paseo das Pontes)
  • 37. Igrexa de San Francisco actualmente
  • 38. Igrexa de San Francisco actualmente (Paseo das Pontes)
  • 39. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)
    • Claro exemplo destas influencias son os últimos tramos e o pórtico occidental da catedral de Tui , considerada o inicio do Gótico galego.
  • 40. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)
    • A mezcla entre Románico e Gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter , como os de Armenteira , Acibeiro, Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo), Oseira e Melón (Ourense).
    Mosteiro de Armenteira
  • 41. ARQUITECTURA GÓTICA O gótico en Galicia (páx. 110 Vicens Vives)
    • Pero continuou mesmo ata o século XV. San Martiño de Noia .
  • 42. ESCULTURA GÓTICA portada (páx. 58 Vicens Vives)
    • Utilizábase basicamente para decorar os exteriores das igrexas, sobre todo as fachadas.
    • Outros elementos eran as gárgolas que servían para evacuar a auga de chuvia dos tellados.
  • 43. ESCULTURA GÓTICA (páx. 58 Vicens Vives)
    • Gárgolas.
  • 44. ESCULTURA GÓTICA (páx. 58 Vicens Vives)
    • A partir do século XIV, a escultura independizouse da arquitectura e amosouse en retablos que decoraban as igrexas ou en monumentos funerarios .
    Virxe branca. Catedral de Toledo
  • 45. ESCULTURA GÓTICA portada (páx. 58 Vicens Vives) Sepulcro del doncel Martín Vázquez catedral de Sigüenza. XV Púlpito baptisterio de Pisa: Nicolás Pisano. XIII
  • 46. ESCULTURA GÓTICA (páx. 58 Vicens Vives)
    • A escultura gótica é moito máis realista que a románica, tanto nos vestidos coma na representación do rostro humano. Nalgúns casos, como nas figuras das tumbas, realizáronse verdadeiros retratos.
    Estatuas columna. Catedral de León. XIII
  • 47. ESCULTURA GÓTICA parteluz (páx. 58 Vicens Vives)
    • Comezaron a esculpirse imaxes exentas que representaban a reis ou personaxes importantes e tamén a dotarse de movemento as personaxes outorgóuselles un volume que non existía no Románico.
    Parteluz Catedral de León. XIII
  • 48. ESCULTURA GÓTICA portada (páx. 58 Vicens Vives)
    • As esculturas xa non representaban figuras illadas senon formaban escenas .
    • Fronte ó Románico, comezamos a coñecer ós autores das esculturas ou retablos como Guillermo Sagrera ou Gil de Siloé.
    Porta do Sarmental. Catedral de Burgos. XIII
  • 49. ESCULTURA GÓTICA Sepulcro (páx. 93 Vicens Vives)
    • Escultura de Gil de Siloé.
    Sepulcro do infante Afonso. Cartuxa de Miraflores. Burgos. XV
  • 50. ESCULTURA GÓTICA Galicia (páx. 111 Vicens Vives) Sepulcro Fernán Pérez de Andrade “O Bo”. S. Francisco. Betanzos. XV Portada principal catedral de Tui XIII
  • 51. PINTURA GÓTICA (páx. 59 Vicens Vives)
    • A pintura gótica amosaba preocupación por novos aspectos como a representación da profundidade, o estudo anatómico das personaxes, a descrición polo miúdo e detallista da vida cotiá, a representación dos sentimentos e unha nova valoración da luz e da cor.
    Giotto. Adoración dos Reis Magos. 1305
  • 52. PINTURA GÓTICA (páx. 59 Vicens Vives)
    • A pintura gótica interesáballe plasmar a realidade; por esta razón, aínda que os temas dos cadros eran esencialmente relixiosos, as personaxes eran retratos fieis dos homes e mulleres da época.
    Giotto. San Francisco falándolle ós paxaros. XIV.
  • 53. PINTURA GÓTICA Retablos e miniaturas (páx. 59 Vicens Vives)
    • A estrutura das novas igrexas góticas, que substituía parte dos muros por grandes fiestras, reduciu o espazo que o Románico lle concedía á pintura.
    • Así xeneralizouse a pintura sobre madeira ( táboas , retablos ), que se colocaban sobre todo na ábsida central da igrexa, detrás do altar.
    Van Der Weyden. Os sete sacramentos. 1ª m. XV.
  • 54. PINTURA GÓTICA Retablos e miniaturas (páx. 59 Vicens Vives)
    • As táboas góticas eran encargadas pola Igrexa, pero tamén por institucións (gobernos municipais, gremios) e por nobres ou burgueses que querían demostrar a súa relixiosidade. A miúdo, a figura do doador representábase nun recanto da pintura.
    • Nesta época foron tamén numerosas e moi importantes as miniaturas que adornaban libros sagrados, crónicas e relatos.
    • A técnica era pintura ó óleo .
    Van Eyck. Virxe do Chanceller Rolin. 1ª m. XV.
  • 55. PINTURA GÓTICA Técnica do óleo (páx. 59 Vicens Vives)
    • En arte coñécese como óleo aos aceites que se usan para combinar con outras substancias e obter así un produto idóneo para a pintura e como extensión, fóronse chamando óleos á mesma pintura en si.representábase nun recanto da pintura.
    • Esta pintura obtida coa mestura de óleos ofrecía moitas vantaxes ó pintor, entre outras, o poder realizar a súa obra lentamente e sen presas de acabado (o contrario do que ocorría na pintura ó tempero, ou ó fresco), o poder retocar a obra día a día, variar a composición, as cores, etc.
    • A pintura ó óleo foi aplicada por primeira vez, na primeira metade do século XV, por artistas flamencos como Van der Weyden ou Van Eyck.
    Van Eyck. Retrato de Giovani Arnolfini e esposa. 1ª m. XV.
  • 56. PINTURA GÓTICA pintura na Península Ibérica (páx. 93 Vicens Vives)
    • Durante todo o século XIII, a pintura gótica estivo dominada en Castela e León pola arte da miniatura (Cantigas de Afonso X)
    • A partir do século XIV, a Coroa Aragón convérteuse nun gran centro de pintura, recibindo primeiro as influencias da pintura italiana e no século Xv da pintura flamenga. A esta última tendencia pertencen Lluis Dalmau , Jaume Huguet e Bartolomé Bermejo .
    Jaume Huget. Retablo de San Abdón e San Senén. 1459-1460