Titorial OPAC_Consulta do catálogo_Biblioteca Pública da Coruña Miguel Gonzalez Garces

6,127 views

Published on

Titorial OPAC para a consulta do catálogo da Biblioteca´Pública da Coruña Miguel Gonzalez Garcés

Published in: Education, Lifestyle, Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
6,127
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Titorial OPAC_Consulta do catálogo_Biblioteca Pública da Coruña Miguel Gonzalez Garces

1. 1. Titorial para a Consulta do Catálogo Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
2. 2. Pode consultar o noso Catálogo . dende os OPACs da propia Biblioteca ou . dende a súa casa a través de Internet no seguinte enderezo electrónico http://bibliotecas.absys.xunta.es/abnetopac/abnetcl.exe/O7013/ID2f9b0f99?ACC=101
3. 3. Antes de comezar debe saber que ENDEXAMAIS debe empregar as frechas do navegador
4. 4. Esta é a páxina principal do noso Catálogo
5. 5. Pode escoller o idioma que quere empregar
6. 6. Pode facer unha busca sinxela no catálogo completo da REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA
7. 7. Ou escoller no despregable o catálogo da biblioteca onde quere facer a busca. Neste caso, o da Bca.PC González Garcés
8. 8. Para facer unha busca avanzada no catálogo completo prema aquí
9. 9. Accedemos á seguinte páxina que nos permitirá introducir os termos de busca en distintos campos
10. 10. Se só quere consultar os fondos da Bca. PC González Garcés No despregable debe escoller esa opción
11. 11. Seguidamente debe introducir o termo de busca no campo correspondente … … e premer o botón Buscar
12. 12. As referencias bibliográficas resultantes amosaránselle en forma de listado e agrupadas nun número de 10, 20, 50 ou 100 rexistros
13. 13. Para ver o resto da lista avance picando neste botón
14. 14. Prema no resultado que lle interese consultar
15. 15. Accederá á seguinte páxina que lle amosará a descrición ou datos bibliográficos da referencia seleccionada
16. 16. Con este despregable pode escoller o modo de visualización
17. 17. Se quere volver ao listado prema aquí
18. 18. Se quere cambiar os termos de busca prema aquí
19. 19. Esta icona indícalle o tipo de material de que se trata: monografía (libros), publicación periódica (revista, xornal…), audiovisual (CD, DVD), material gráfico (cartel, gravado), etc. Neste caso, trátase dun libro
20. 20. Aquí indica que é unha Gravación sonora
21. 21. Neste caso, trátase dun Vídeo
22. 22. E nestoutro, dunha Revista
23. 23. Nalgúns documentos a descrición bibliográfica inclúe unha imaxe da cuberta, caso da revista Grial
24. 24. E no Material gráfico pode acceder á súa imaxe dixitalizada cando así se indique na referencia
25. 25. Para visualizar a imaxe digital, prema aquí
26. 26. Este é o resultado para este Cartel Hai máis de 800 carteis coa súa imaxe dixital que pode consultar no noso catálogo
27. 27. Tamén pode consultar a imaxes destes carteis na seguinte ligazón http://www.flickr.com/photos/bertez/sets/72157594530319052/
28. 28. Prema aquí para unha mellor visualización
29. 29. E este é o resultado da visualización en pantalla completa
30. 30. Volvemos ás buscas no Catálogo. Se despois dunha busca quere consultar os exemplares dispoñibles, a súa localización, situación ou signatura, prema aquí
31. 31. Os documentos que forman parte do noso fondo teñen que poñer
32. 32. Aquí indícase o lugar no que se localiza o documento Sala Xeral (Consulta) Sala de Préstamo Audiovisuais (Fonoteca) Hemeroteca Sala Infantil Depósito
33. 33. Esta é a SIGNATURA pola que debe pedir o documento
34. 34. E aquí pode ver se o documento está dispoñible ou cal é a súa data de devolución
35. 35. Póde empregar a opción de marcado para escoller os libros que lle interesen do listado
36. 36. Individualmente, ou ben …
37. 37. … marcando todos os que se ven na pantalla
38. 38. Pode consultar un listado só cos documentos que lle interesaban e xa marcou, premendo aquí
39. 39. Ten varias opcións para o listado
40. 40. Pode envialo ao seu enderezo electrónico, gardalo nun ficheiro ou visualizalo na pantalla
41. 41. E pode escoller o formato en que o quere gardar ou visualizar: Bibliografía ou OPAC
42. 42. Cando escolla a opción enviar por e-mail , debe indicar o seu enderezo electrónico, e recibirá un correo co asunto absysNET bibliografía
43. 43. Tamén pode facer renovacións, reservas, etc.
44. 44. Para reservar un documento ten que ahegarse á Biblioteca pero as renovacións pode facelas dende a casa Mostrámosllo noutro Titorial, que atopará tamén na nosa páxina web Como RENOVAR OS PRÉSTAMOS dende a casa
45. 45.

E xa para rematar –

Se non atopa o documento no noso catálogo, pode solicitalo a outras Bibliotecas

Temos dous sistemas para estas solicitudes:

. Préstamo Intrabibliotecario

no caso de recorrer ás bibliotecas que forman a

Rede de Bibliotecas de Galicia

. Préstamo Interbibliotecario

no caso de recorrer a bibliotecas alleas á Rede

46. 46. No caso do Préstamo Intrabibliotecario, entre as bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia , o primeiro é buscar no catálogo completo
47. 47. Despois de visualizar a referencia bibliográfica, prema en exemplares para ver en que biblioteca está o documento Lembre que as bibliotecas especiais dos Museos e Arquivos non prestan os seus fondos
48. 48. Comprobamos que hai exemplares en 2 bibliotecas - Biblioteca Pública de Santiago e Biblioteca Municipal de Ferrol - , e que todos están dispoñibles Agora só ten que achegarse á biblioteca e solicitar o documento
49. 49. No caso do Préstamo Interbibliotecario, entre bibliotecas alleas á Rede de Bibliotecas de Galicia, o primeiro é solicitar o documento de que se trate a través do formulario dispoñible na propia Biblioteca ou na súa páxina web
50. 50. Este é o formulario Unha vez recibida a solicitude, o bibliotecario investigará en qué bibliotecas está dispoñible o documento solicitado. Logo, comunicarallo ao usuario, ao tempo que lle informará do coste do servizo, se é o caso
51. 51. Grazas pola súa atención