UD 13 Sector Primario 2ª parte

647 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
647
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
301
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

UD 13 Sector Primario 2ª parte

  1. 1. XEOGRAFÍA DE ESPAÑA Eva 2º BACH www.aulasabertas.blogspot.com
  2. 2. Páx. 265-266
  3. 3. Nos últimos anos, a gandaría coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por: Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos. A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. Coa mecanización e a tecnificación incrementouse notablemente a produción. Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. Obtiveronse razas selectas que proporcionan elevados rendementos. Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada vez menos dependente das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada.
  4. 4.  A gandaría tiña como funcións principais as de fornecer de animais de labor as tarefas agrícolas (gando bovino e equino) e a produción de la (gando ovino). A produción de carne e leite para a alimentación era complementaria, ao seren produtos que só unha parte da poboación podía incluír como parte habitual da súa dieta. O gando bovino era máis frecuente nas rexións húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero resultaba frecuente certa mestura de especies no territorio. O gando porcino e aviario era bastante habitual, en pequenas cantidades, dentro das explotacións familiares.
  5. 5.  Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o avance da mecanización, e tamén perdeu importancia a produción de la ante os baixos prezos e o aumento das importacións. Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos. Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no inverno, que foron a base da prosperidade económica de numerosas comarcas hoxe en declive. A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que vai unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e por conseguinte, maior rendibilidade. As necesidades do mercado obrigaron á especialización e á intensificación das explotacións.
  6. 6.  Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial. A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC, comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
  7. 7.  Localízase principalmente en Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e zona pirenaica. Conta con 6,5 millóns de cabezas O 80% das cabezas destínanse a produción de carne e coiros; destacan as razas charolesa e limusina, que alcanzan maior peso ca as razas autóctonas. Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas para a engorda de becerros proliferaron tamén en territorios con escaseza de pastos, totalmente dependentes da compra de pensos. O outro 20% do gando vacún dedícase á produción de leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a competencia doutros países europeos e o establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que eliminaron moitas explotacións familiares de moi pequeno tamaño. Dentro deste sector, que se localiza especialmente nas rexións cantábricas, predomina a raza frisoa.
  8. 8.  Descensono consumo de carne de vacún e dos produtos lácteos derivados Cotas lácteas impostas pola UE que limitan a produción de leite e provocan a diminución do número de vacas de leite
  9. 9.  Localízase, sobre todo, en Estremadura, Aragón, Navarra e na zona da Meseta. A súa distribución é bastante dispersa con maior importancia no interior peninsular, onde aproveitan pastos estacionais: Castela- A Mancha, Gástela e León, Estremadura e Aragón suman o 70% do total. Conta con 24 millóns de cabezas Sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores. Nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda de carne de cordeiro e leite para fabricar queixos. Hai unha gran variedade de razas segundo rexións
  10. 10. O éxodo rural  redución do número de pastores Reduciónda superficie destinada a pastos para o gando ou a repoboación forestal Escasarendibilidade que proporciona a súa explotación
  11. 11.  Críanse de xeito intensivo en Cataluña, Castela e León, Aragón e na Rexión de Murcia, onde proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais Mantense a importancia da raza ibérica, criada de forma extensiva nas devesas salmantinas, estremeñas e onubenses, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional. Conta con preto de 24 millóns de cabezas Experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas.
  12. 12.  Baixo prezo da súa carne Sistemade cría intensiva (cría estabulada e expansión dos pensos) para lograr un maior rendemento
  13. 13.  O gando aviario É O QUE REXISTROU UN MAIOR AUMENTO NOS ÚLTIMOS TEMPOS, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas que chegan a superar, en ocasións, os 50 000 animais, a partir do consumo intensivo de pensos e un sistema de produción continua. O aumento rexistrado no consumo de carne de polo e ovos ten a súa orixe na expansión das granxas avícolas, mentres outros tipos de granxas (pavos, paspallases, avestruces, parrulos etc.) teñen escasa importancia ata o momento. Cataluña, Castela e León e Aragón son as CCAA nas que máis abundan as explotacións de cría avícola intensiva.
  14. 14.  Andalucía e a Meseta Terreos áridos ou montañosos con pastos escasos e de pouca calidade, como os do sueste peninsular e Canarias. Conta con 3 millóns de cabezas Sempre foi complementario do ovino Utilizado para a fabricación de queixos e consumo de carne. Maila ao seu descenso a produción mantense grazas a demanda do leite de cabra para a fabricación de queixos artesanais.
  15. 15.  Repoboación forestal nas zonas onde antes estaban as cabras Consumo xeneralizado de leite de vaca en vez do de cabra
  16. 16.  http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o- sector-primario.html http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC hx8&feature=player_embedded#!
  17. 17. Páx. 266-267
  18. 18.  Coidado e explotación dos bosques. Os principais produtos que se obteñen da explotación forestal son a madeira, a cortiza, a resina, os piñóns, as bagas, os froitos silvestres e os cogomelos. Destaca ademais o uso cinexético das zonas forestais. A explotación forestal en España realízase principalmente nos bosques atlánticos e do norte situados no Macizo Galaico, na Cordilleira Cantábrica, nos Pirineos, no Sistema Central e nos Montes de Toledo.
  19. 19. A explotación forestal en España, a pesar do incremento dos rendementos nos últimos anos, está moi por debaixo do que se obtén no norte de Europa. En España existen 26 millóns de hectáreas cualificadas como montes, que non están cultivadas nin ocupadas por prados e pastos, o que representa algo máis da metade do territorio. Dentro dese conxunto, os bosques ocupan uns 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). O peso económico destas actividades en España é moi inferior ao das actividades agrarias. Nalgunhas comarcas, o aproveitamento dos recursos forestais ten importancia.
  20. 20.  Obtención de madeira para carpintaría, fabricación de mobles, construción, fabricación de pasta de papel, ou uso de leña e carbón vexetal como combustible. Produción de cortiza, utilizada na fabricación de rollas e paneis illantes, dos que os países ibéricos son principais produtores mundiais. Obtense das sobreiras de Andalucía, Estremadura e Cataluña. A súa produción exportase a toda Europa. Resina, utilizada como materia prima na fabricación de pinturas e colas. Procede sobre todo dos bosques do Val do Douro. Recolección de alimentos como castañas, landras, piñas, bagas, froitos silvestres, cogomelos etc. Uso cinexético: a caza, tanto maior (xabaril, corzo, rebezo, cabra hispánica) coma menor (perdiz, paspallás, coello, lebre...), regulada polos coutos e a expedición de licenzas de caza e pesca. Actividade tradicional que hoxe está en auxe. Algúns bosques constitúen un recurso turístico de grande
  21. 21. É a máis importante forma de explotación dos bosques de España A utilización económica de bosques e montes varía segundo o tipo de propiedade: dous terzos do total son propiedade privada, caracterizada pola súa gran fragmentación (media de 3 hectáreas), o que dificulta unha explotación forestal racional e rendible; e o terzo restante é de propiedade pública, cun tamaño moi superior (500 hectáreas), teñen grande importancia na conservación das áreas forestais, porque permaneceron á marxe dos intereses do mercado. A principal rexión produtora de madeira é Galicia, de onde se extrae case a metade da madeira obtida no país, seguida polas rexións do Cantábrico (20% do total) e as áreas montañosas de Cástela e León (10%). A produción madeireira en España está a reducirse de forma lenta na última década. A causa atópase no aumento das importacións. Máis da cuarta parte da madeira que se consome en España procede xa de importacións, tanto procedentes de países tropicais (Brasil, Congo etc.) coma nórdicos (Rusia, Canadá etc.). As principais especies explotadas pódense dividir en dous grandes grupos: as frondosas na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.); e as coníferas na metade oriental da Península e nas illas (piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco canario, sabina albar).
  22. 22.  Na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, n ogueiras etc.), con climas de maior humidade e suavidade térmica. Ofrecen, na súa maioría, madeiras de calidade pola súa resistencia, que alcanzan un elevado prezo e se utilizan para a fabricación de mobles e na construción. Especies de crecemento lento, polo que a súa explotación debe ser controlada. Na actualidade, preténdese fomentar a repoboación con estas especies alí onde son autóctonas, fronte a piñeiros e eucaliptos, de maior crecemento madeirable, pero que esgotan e acidifican o solo con máis rapidez, sofren un maior risco de incendio e os seus produtos teñen menor valor no mercado.
  23. 23. Bosque pernnifolio
  24. 24. Bosque caducifolio
  25. 25.  Na metade oriental da Península e ñas illas Diferentes especies segundo o grao de aridez e o tipo de solo: piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco, de Córsega ou canario, sabina albar etc... Ocupan unha superficie lixeiramente superior, en parte, por beneficiárense dunha política de repoboacións masivas desde o pasado século, que apostou por especies de rápido crecemento como ocorre con boa parte dos piñeirais. Ofrecen, polo xeral, madeiras brandas, de calidade escasa ou media, que se destinan a industria de taboleiros e aglomerados, á fabricación de mobles baratos, así como á produción de pasta de papel.
  26. 26.  Incendios, tras os cales se especula coa terra queimada. Corta incontrolada, ligada a unha industria concreta. Acción antrópica que despraza ao bosque autóctono (faia, aciñeira, carballo, sobreira).- A repoboación con especies non autóctonas de rápido crecemento (piñeiro).As coniferas predominan sobre o resto (52%).- Cultivos forestais non autóctonos (eucalipto).
  27. 27.  http://www.iesgrancapitan.org/profesores/ bvaquero/bloggeografia/temasgeografia/te masgeografia/tema10elespacioruralyloscon dicionantes.pdf http://www.slideshare.net/isaacbuzo/los- paisajes-agrarios-de-espaa http://www.slideshare.net/alumnesflorida/ geografia-de-espaa-los-paisajes-agrarios
  28. 28. Páx. 267-272
  29. 29.  España é a primeira potencia pesqueira da UE. Elevado consumo de peixe. Falta de caladoiros dende o recoñecemento das augas xurisdicionais (imposición da zona de 200 millas de augas territoriais)  fenas en caladoiros afastados. O 90% das capturas son peixes (atún, bonito, bacallau, sardiña, arenque) e o 10% restante crústaceos e moluscos. PPC (Política Pesqueira Común) busca o desenvolvemento harmonioso do sector pesqueiro, de acordó con criterios de eficacia e de rendibilidade económica, dentro do respecto ao medio, buscando o equilibrio entre a capacidade extractiva e a potencialidade dos recursos pesqueiros, as rendas dos pescadores e a oferta dos consumidores a prezos razoables. A pesca é unha actividade en declive, tanto polo escaso número de mariñeiros coma polo número de capturas ou de barcos Na actualidade, aínda que o total capturado é menor ao de hai anos, o valor total é superior xa que se pescan especies máis cotizadas.
  30. 30. PESCA TRADICIONAL PESCA INDUSTRIAL OU TECNIFICADA OU ARTESANALTécnicas tradicionais Gran volume de capturas para abastecer aos mercados.Aparellos de pesca sinxelos:arcos, frechas, arpóns, nasas, Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxíaanzois e redes. avanzada e unhas infraestruturas portuarias.Practícase preto da costa. A pesca de baixura, próxima á costa. Os barcos proven cada día de peixe fresco as lonxas, desdeSistemas superficiais de cerco e onde se distribúe aos mercados locáis ede cebo rexionais.Sistemas de fondo como o A pesca de altura, que se despraza a granarrastre distancia da costa española, aos caladoiros internacionais. Realízana frotas de grandesRedes fixas como as almadrabas barcos con tecnoloxía avanzada, como sonares ou GPS, que lles permiten detectar os bancos de peixes.
  31. 31.  Frota de grande altura (buques de máis de 250 toneladas de rexistro bruto) coma a de altura (de 100 a 250 toneladas) sufriron un importante retroceso como consecuencia da aplicación dos límites territoriais internacionais. A frota litoral ou de baixura (de 20 a 100 toneladas), a pesar de ser a máis numerosa en toneladas, é a que sufriu máis as consecuencias da crise, posto que, por unha parte, necesita investimento para renovarse e, pola outra, a limitación das 200 millas prexudicouna notablemente. A frota familiar ou artesanal (de menos de 20 toneladas), en cambio, puido seguir subsistindo porque, a pesar de pescar menos cantidade, as especies pescadas son de alto valor comercial e moi apreciadas en gastronomía.
  32. 32.  O litoral español divídese en oito rexións pesqueiras: Cantábrica, Noroeste, Suratlántica, Surmediterrá nea, Levante, Tramontana, Balear e Canaria Concentración da frota nalgunhas áreas pesqueiras e, en concreto, en determinados portos. Os portos onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas
  33. 33.  A rexión do Noroeste é a máis importante, tanto en cantidade coma en valor da súa pesca, porque reúne máis do 85 % do total da frota. Os seus principais portos son o de Vigo (concentra a frota de grande altura) e o da Coruña (composición máis variada). Os portos que seguen en importancia son os das cidades andaluzas de Huelva e Alxeciras, na rexión Suratlántica. As Palmas, na rexión Canaria, é igualmeme destacable. O litoral mediterráneo. así como as rexións de Levante, Tramontana e Balear, engloban portos de menor importancia, xa que a súa riqueza mariña foi sobreexplotada. Os caladoiros peninsulares están limitados pola escasa superficie da nosa plataforma continental, á vez que sofren a sobreexplotación e están esgotados.
  34. 34.  Mediterráneo: a temperatura media é superior a do Atlántico, a salinidade é maior, existe menos fitoplancto (alimento básico dos peixes) e as mareas son case inexistentes  riqueza pesqueira é menor, aínda que destaca a captura de peixes emigrantes (sardina, bocarte, atún e bonito), capturados con aparellos de cerco e de arrastre, así como con redes fixas (almadrabas). Atlántico cántabro: temperatura media é inferior, salinidade é menor, existe máis fitoplancto e teñen lugar mareas  riqueza pesqueira maior. Destacan o atún, o bonito, o peixe espada, a sardina, o bocarte, a meiga, o peixe sapo, a pescada, o ollomol e o xurelo. Costa atlántica andaluza, pesca de sardina, bocarte, ameixa, navalla, lura, gamba e lagostino, que na actualidade acusan síntomas de esgotamento.
  35. 35.  Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terra Nova, en Canadá. Pero tamén faena nas proximidades do Sahara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas etc.). A crecente competencia doutras frotas obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Indico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo.
  36. 36.  Envellecemento da frota Envellecemento da poboación ocupada na pesca. Esgotamento dos caladoiros nacionais pola súa sobreexplotación Problemas de contaminación dalgunhas augas por verteduras industriais e urbanas ou de petroleiros. Restricións nas augas de numerosos países en que pesca a frota española con cotas máximas anuais e unha limitación no número de licenzas concedidas; esta é a orixe dalgúns conflitos (Marrocos, Mauritania, Canadá etc.).
  37. 37.  Dependen na a maior parte da Política Pesqueira Comunitaria, existente desde 1983. Entre as medidas inclúense: Prohibición de certas artes de pesca que esgotan os fondos ou do consumo de crías, que impide a rexeneración das especies. Renovación da frota pesqueira, con axudas financeiras ao desmantelamento de barcos antigos e a súa substitución por outros novos. Creación de empresas mixtas nos países en cuxas augas se pesca, que inclúen o emprego dunha certa proporción de pescadores deses países en barcos españois. Fomento da acuicultura e da innovación nos cultivos marinos, para compensar a redución das capturas. Subvencións á diversificación de actividades en áreas onde a actividade pesqueira era predominante, para xerar outros empregos,
  38. 38.  Primeira zona pesqueira de España e de Europa en volume de pesca desembarcada, o que se manifesta na dimensión da súa frota, no volume de pesca e no número de postas de traballo que xera (orixinando unha importante actividade económica, que contribúe cun 12% á riqueza económica galega), fomentando outras actividades económicas. A frota pesqueira con porto base en Galicia é a máis importante de todas as rexións europeas e tamén é a maior do Estado (Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois). A maior parte dos buques galegos son de pequeno porte (o 80%) A frota pesqueira galega opera tanto dentro das nosas augas coma fóra do ámbito territorial de Galicia (presente en case todos os caladoiros do mundo). Xunto á pesca, o marisqueo e a acuicultura son dúas actividades con grande importancia en Galicia. O marisqueo xurdiu como un complemento á economía familiar, pero desde os anos 50 experimentou un considerable pulo ao se incrementar a demanda. Pola súa parte, a acuicultura preséntase como unha alternativa á pesca tradicional, ao permitir obter unha maior produtividade sen esgotar os recursos. Galicia é líder neste sector, pois posúe a maior parte dos centros acuicultores de España e da UE. As instalacións concéntranse sobre todo nas Rías Baixas. Tamén hai explotacións de auga doce (de troitas, carpas, anguías...). É unha actividade en crecemento e ten moi boas expectativas de futuro.
  39. 39. O sector pesqueiro está a experimentar desde hai décadas unha forte crise: Esgotamento dos caladoiros Límite de 200 millas de augas territoriais como área pesqueira exclusiva de cada país polo cal Galicia tivo que deixar de faenar en zonas onde tradicionalmente o fixera A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) reduciu o número de licencias pesqueiras e a cota de capturas, o que provocou a perda de empregos e a diminución do número de barcos e das especies capturadas Os intereses da frota galega foron deixados a un lado nos convenios pesqueiros que a UE negociou con terceiros países (Canadá, Marrocos...). A contaminación das augas e das costas (o afundimento do Prestige no 2002 tivo consecuencias especialmente tráxicas).
  40. 40. A poboación rural As explotacións agrarias Técnicas e sistemas agrarios Estrutura gandeira Política Agrícola Común.
  41. 41. Páx. 219-221 Páx. 272 Diminúe a partir da segunda metade do século XX  DESAGRARIZACIÓNCAUSAS Éxodo rural O período desarrollista, iniciado tras o Plan de Estabilización de 1959, modificou situación ao acelerar o proceso de industrialización e, en paralelo, provocar un éxodo rural asociado a unha intensa desagrarización Modernización dos traballos agrícolas Proceso de urbanización  urbanización do campo (rururbanización)CONSECUENCIAS Demográficas  perda de habitantes Socioeconómicas  Despoboamento  aumento da ruralidade Ambientais  limpeza do monte?
  42. 42. A poboación activa de España dedicada ao sector primario reduciuse ao longo do século xx.1960, a taxa do sector primario era case do 40 % da poboación activa.1980  17,1 %2008  3,9%. Paralelamente, creceu a poboación vinculada ao sector secundario e, sobre todo, ao sector terciario. Produciuse, polo tanto, un abandono das zonas rurais.
  43. 43. O proceso de desagrarización foi máisintenso naqueles territorios que coñeceronun maior desenvolvementoindustrial, contan con grandes cidades, oupresentan un forte crecemento do turismonas últimas décadas. Iso explica que enMadrid, o País Vasco, así como en boa partede Cataluña e os dous arquipélagos, aporcentaxe de poboación agraria non supereo 2% do total de ocupados.En cambio, os valores máis altos deocupación en actividades agrariascorresponden as provincias do interiorpeninsular, en especial as que bordean afronteira con Portugal ou corresponden aáreas montañosas e menos accesibles. Nolitoral, tan so as provincias deMurcia, Almería e Huelva presentan taménporcentaxes de poboación agraria superioresao 8%, debido á expansión da agriculturaintensiva baixo plástico.En todas as provincias, os traballadoresagrarios son xa unha minoría. Pero boa partedos seus produtos son a base da industriaagroalimentaria e tamén contribúen apreservar algúns produtos de calidadevinculados a territorios concretos.
  44. 44.  Cultivos leñosos: plantas arbóreas ou arbustivas, que permanecen no campo tras a colleita anual. Característicos da cultura mediterránea: o oliveiral e o viñedo. Cultivos herbáceos: esixen a súa sementeira anual e inclúen, principalmente cereais como trigo, cebada, centeo, avea e millo, as leguminosas (feixóns, garavanzos, lentellas etc.) e a pataca, hortalizas e outros cultivos industriais (remolacha azucreira, tabaco, forraxeiras. Son os que ocupan maior superficie, pero a súa produtividade por hectárea resulta bastante baixa. As áreas de regadío ocupan unha quinta parte das terras cultivadas, pero nela xéranse dous terzos da produción agrícola total, debido aos altos rendementos que se obteñen. Litoral mediterráneo e Canarias. Ao seren estas deficitarias en recursos hídricos superficiais, acódese a extraer augas subterráneas e, nalgúns casos, ao transvasamento doutras cuncas (como o que une o Texo e o Segura) ou á desalgadura de auga marina. Estase a substituir de forma progresiva a rega por inundación a partir canles e regos, aínda maioritaria, pola aspersión ou a rega localizada por goteo, que aforran auga. As áreas de secaño son amplamente dominantes segundo a superficie ocupada, pero a súa produtividade é moi inferior e está sometida, ademáis, a maiores variacións interanuais por secas, xeadas, episodios de chuvias torrenciais, sarabia etc. A clásica triloxía mediterránea, formada por cereais, viñedo e oliveira, aínda ocupa a maior parte destas áreas.
  45. 45. Modernización dos sistemas de cultivoA agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son: Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que se teñen mellores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do policultivo polo monocultivo provoca maior rendibilidade. Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores, colleitadoras, motores para rega etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas etc.) ou sementes seleccionadas e transxénicas, manipuladas xeneticamente. Este tipo de investimentos reduce a necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias negativas: os residuos químicos poden contaminar o solo ou as augas, e existe un debate sobre os posibles riscos para a saúde derivados do consumo de produtos transxénicos. Forte incremento da superficie en regadío, que permite multiplicar ata por seis as producións obtidas en secaño, pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga. Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou o cultivo baixo plástico. No enarenado altérnanse capas de área e esterco, permitindo cultivar terras moi pouco fértiles; sobre todo, no sueste peninsular. O cultivo baixo plástico asociase ao uso de técnicas avanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios informáticos. Páx. 262
  46. 46.  Paisaxe montañosa Vexetación predominante/usos do solo: pastos + cultivo + bosques Hábitat disperso Clima húmido  verde da vexetación Zona do norte de España Presenza da gandaría Estrutura da propiedade en pequenas parcelas Agricultura e gandaría intensivas Casa aliñadas xunto a estrada ou aos camiños (hábitat disperso) Adaptación do medio humano e da súa actividade económica ao clima e as condición naturais
  47. 47.  http://geoperspectivas2bachiller.blogspot.com/ 2011/01/1_17.html

×