España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

on

  • 813 views

 

Statistics

Views

Total Views
813
Views on SlideShare
430
Embed Views
383

Actions

Likes
0
Downloads
8
Comments
0

12 Embeds 383

http://aulasabertas.blogspot.com.es 253
http://www.aulasabertas.blogspot.com.es 80
http://aulasabertas.blogspot.ru 13
http://aulasabertas.blogspot.com 10
http://aulasabertas.blogspot.com.br 8
http://www.aulasabertas.blogspot.com 5
http://xeografia2013.blogspot.com.es 5
http://www.aulasabertas.blogspot.mx 3
http://aulasabertas.blogspot.mx 2
http://aulasabertas.blogspot.de 2
http://aulasabertas.blogspot.com.ar 1
http://aulasabertas.blogspot.co.uk 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS Presentation Transcript

  • ESPAÑA UNHA ECONOMÍADE SERVIZOS16 A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA17 TRANSPORTES E COMUNICACIÓN18 OS ESPAZOS TURÍSTICOSXEOGRAFÍA 2º BACH
  • ESQUEMA DA UNIDADE 1. TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADEDO BENESTAR. 2. DISTRIBUCIÓN COMERCIAL E ESPAZOS DOCONSUMO. 3. OS SERVIZOS FINANCEIROS A SÚAORGANIZACIÓN ESPACIAL E A BALANZA DEPAGAMENTOS. 4. TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS. 5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS.5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.
  • VOCABULARIO BALANZA DE PAGAMENTOS: rexistra todos os intercambios económicos que selevan a cabo entre os axentes económicos residentes no país e os do resto domundo, nun período concreto, xeralmente un ano. España soe pechar a súabalanza de pagamentos con resultados positivos (excedentaria) grazas as divisas(diñeiro pertencente a un país estranxeiro) que achega o turismo. ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que sedesenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e as leis e normativaslaborais. Por exemplo, actividades do sector terciario banal ou marxinal que sepractican en España son a venda ambulante ou a servizo doméstico. ECOTURISMO: turismo que visita espazos naturais e que ten como base orespecto do medio. O Parque natural de Doñana (Huelva) ou o Parque NaturalIllas Cíes son dous exemplos de ecoturismo en España.
  •  FRANQUICIA: Un tipo de comercio onde unha empresa franqueadora cede a outras(cha-madas franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certoprestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual e de impoñer determinadascondicións (características dos locais, os produtos vendidos, os prezos ouestratexias comer-ciais). Este tipo de negocio está en rápido crecemento e conta conmáis de 700 franquías en España (tendas de moda, bares e restaurantes de comidarápida). PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT): Plan deinvestimentos elaborado polo Ministerio de Fomento no ano 2005, cuxo obxectivoprincipal entre 2005-2020 é impulsar a competitividade e o desenvolvementoeconómico español. Os maiores investimentos do Plan están dirixidos ao ferrocarril(50% del total). As estradas son o segundo gran destino das inversións (25,2%),seguido so transporte aéreo (6,3%) e marítimo e portos (9,4%). TAXAS AEROPORTUARIAS: valor que se lle cobra aos pasaxeiros do transporteaéreo polo uso das instalacións aeroportuarias. TOUROPERADORES: empresa que proxecta, elabora e organiza paquetes turísticos(viaxes, hoteis, itinerarios) e estadías de grades grupos de turistas, para a venda aopúblico a través de axencias retallistas. En España o influxo das grandes axenciasde viaxes ou touroperadores, promocionou determinadas zonas (Eivisa, IllasBaleares, Canarias) en detrimento de outras.
  • 1TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE DOBENESTAR(pregunta teórica) Sector servizos e o proceso de terciarización daeconomía en España e Galicia.a) Características do sector terciario.b) Causas da terciarización.c) Contrastes na localización dos servizos.
  • a) O proceso de terciarización da economíaespañola O sector terciario ou de servizos comprende unha ampla variedade deactividades de todo tipo, que teñen en común non producir bens materiaisde ningunha clase senón estar dedicadas a satisfacer necesidades, tantoda poboación , en xeral, coma das empresas. Desde hai xa case tres décadas, pódese dicir que España ten unhaeconomía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregose a produción que se xera no país proceden deste sector. A tendencia é queesta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal e como ocorreen todos os países do noso medio. Por iso adóitase afirmar que en Españavivimos un proceso de terciarización da economía. (Proceso decrecemento das actividades que comprende o sector terciario ou deservizos, ata convertérense nos predominantes nun territorio. Écaracterístico das sociedades máis desenvolvidas.)
  •  É un proceso recente porque en 1960, os traballadores dosservizos eran algo menos do 30% dos ocupados en España, o quesupoñía unha cifra similar á da industria inferior á do sector primario. Nas tres últimas décadas, o sector servizos xerou 8,8 millóns máisde postos de traballo, que se sumaron aos 1,3 millóns xurdidos naconstrución e compensaron as perdas producidas tanto no sectorprimario (-1,8 millóns de traballadores) coma no sector da industria(-0,2 millóns de traballadores). Ese crecemento do emprego está tamén moi relacionado coacrecente incorporación da muller ao emprego remunerado, poismáis do 85% das que traballan, fano sector servizos, por so un 10%que están empregadas na industria, un 3% no sector agrario e un2% na construción. Pola súa parte, dentro do sector servizos, un 53% dos seustraballadores son mulleres fronte ao 47% de homes. Por isopodemos dicir que boa parte da terciarización é reflexo daincorporación da muller ao mundo laboral.
  • b) Causas do crecemento dos servizos O rápido crecemento que experimentaron as actividades de servizos éo resultado de profundas transformacións que viviu a sociedadeespañola, que hoxe presenta as seguintes características:• É unha sociedade de consumo, en que o aumento do nivel derenda elevou a capacidade de compra e, con isto, o desenvolvementodo comercio e toda unha serie de servizos destinados á poboación.• É unha sociedade do benestar, en que aumentou a oferta de todotipo de servizos sociais (educativos, sanitarios, culturais, deportivos...),ofrecidos por institucións públicas e privadas.• É unha sociedade do ocio, en que aumenta á importancia doturismo e de diversos servizos relacionados co gozo do tempo libre(hostalaría, restauración ou espectáculos).
  • • É unha sociedade capitalista avanzada, en que o sector financeiro e deseguros ocupa un lugar destacado no control dos cartos e o crédito, básicospara o funcionamento das empresas e o propio consumo familiar.• É unha sociedade do coñecemento, en que cobran protagonismo unhaserie servizos avanzados que melloran a calidade e competitividade dasempresas (enxeñaría, deseño, servizos informáticos, asesoríatécnica...), xunto a centros de investigación e centros tecnolóxicos parapromover a I+D (investigación e desenvolvemento tecnolóxico).• É unha sociedade rede, en que tanto as persoas coma os produtos ou ainformación, teñen cada vez maior mobilidade, xerando densas redes defluxos ás que os territorios queren estar conectados, o que aumenta ademanda de todo tipo de transportes e telecomunicacións.• É unha sociedade regulada, porque a súa complexidade esixe unhaadministración pública eficaz que xestione o seu funcionamento.Todo isto supón unha gran diversidade de servizos, desde os máisespecializados e modernos ata os máis tradicionais e precarios.
  • Servizos sociaisServizos á PoboaciónServizos ás empresas e finanzasServizos de distribuciónPorcentaxe de poboación ocupada en servizosEn España predominan os servizos de distribución, que inclúen o comercio, ostransportes e as comunicacións. Xunto cos servizos á poboación de baixaprodutividade, suman o 55% do emprego total en servizos.Son máis escasos, en cambio, os empregos en servizos sociais (educación,sanidade, cultura etc.), así como en finanzas e servizos ás empresas (enxeñaría,consultoria, asesoramento legal, servizos informáticos, publicidade e marketingetc.).Iso reflicte certas limitacións no proceso de modernización do sector terciario e noacceso da poboación a servizos moi relacionados co benestar, que está cambiando
  • c) Contrastes na localización dosservizos A localización do emprego en actividades de servizos mostraimportantes diferenzas se se considera o volume total de persoasocupadas nas diferentes provincias. As de Madrid, Barcelona eValencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes amáis dunha terceira parte do total, seguidas por outras provinciaslitorais, xunto a Sevilla e Zaragoza. Se se considera en cambio a proporción do emprego terciariosobre o total, as diferenzas diminúen, cos valores máis altos enMadrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ambos osarquipélagos.
  • Esta distribución relaciónase coa influencia de diversos factores: Relaciónase coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a maioríadestas actividades buscan estar cerca dos seus clientes potenciais e, polotanto, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos. Inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento doturismo, sobre todo nas áreas litorais, pois iso engade un volume importante deconsumidores dalgúns tipos de servizos. A densidade de empresas no territorio, pois son as principais demandantesdalgúns servizos (transporte, telecomunicacións, servizos informáticos, xurídicos, demantemento e reparación) As administracións central, autonómica e local distribúense por todo oterritorio, pero a presenza de funcionarios e contratados nelas é maior naquelasprovincias e cidades onde se localiza a capitalidade nacional ou autonómica.En resumo, os servizos teñen hoxe unha grande importancia e dinamismo, ataconverse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, eporque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias delocalización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactosnegativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector.
  • PRÁCTICO :a) Importancia do sector servizos en Españab) Distribución territorial do empregoc) Factores da devandita distribución.
  •  a) Importancia do sector servizos en España. Desde hai xa case tres décadas , pódese dicir que oEstado español ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos ea produción que se xera proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúeaumentando nos próximos anos, tal como ocorre no resto de Europa. Por iso falamos dun proceso de“terciarización” da economía.É un proceso recente porque en 1960 os empregos nos servizos eran algo menos do 30% daspersoas ocupadas, o que suponía unha cifra parecida á da industria e inferior ao do sector primario.Este crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa incorporación da muller ao empregoremunerado, pois máis do 85% fano no sector servizos.Outros datos económicos reflexo deste proceso son a achega dos servizos ao PIB (69,53% no 2004 )ou a poboación ocupada censada neste sector (64,52% en 2004). b) Distribución territorial do emprego. O emprego no sector terciario correspóndese coasprovincias con maior poboación e con maior densidade de empresas. O emprego no sector terciario émaior nas comunidades autónomas cun peso importante do turismo, como Illas Baleares, Canarias eAndalucía, e noutras que concentran un grande número de servizos públicos e funcionan comocentros reitores do país, como Madrid. Pola contra, no resto das comunidades, a presenza do sectorterciario é menor (en Murcia, Castela – A Mancha, Navarra e A Rioxa danse as porcentaxes máisbaixas de emprego neste sector; isto débese a que as actividades do sector primario e da industriateñen un maior peso relativo). Hai casos excepcionais, como Ceuta e Melilla, nos que o emprego nosector terciario rolda o 90%, debido á ausencia doutras actividades produtivas. c) Factores da devandita distribución. Están relacionados con:‐ A repartición da poboación e o seu nivel de renda.‐ A presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, que engadeun volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos.‐ A densidade de empresas no territorio.‐ O peso das administracións central, autonómica e local, coa presenza de funcionarios e persoal
  • 2DISTRIBUCIÓNCOMERCIAL EESPAZOS DOCONSUMO
  • Importancia e evolución recente do comercioO comercio é a actividade que actúa como intermediaria entre a produción e oconsumo, ben en puntos de venda localizados no territorio ou de forma electrónica, através de internet. Resulta de grande importancia na economía de calquera país porvarias razóns: É necesaria para o desenvolvemento dunha economía de mercado. Xera densos fluxos de mercadorías, capital e información entre áreas produtoras econsumidores. Xera gran cantidade de postos de traballo.En España representa arredor do 15% do PIB e da ocupación total no país. Onúmero de locais comerciais actualmente duplica o existente en 1970.As características do emprego comercial máis significativas son: Case o 40% dos que traballan no comercio ségueno facendo en pequenosestablecementos familiares que non superan os 5 empregos (en competencia crecentecoas grandes empresas). A presenza da muller é moi elevada, pois supón case a metade (48,5%) de todos ospostos ocupados. Case unha terceira parte son empregos temporais e o resto fixos, o que supón un graode precariedade bastante elevado.
  • Tipos de actividades comerciaisSe distinguen dous tipos de comercios: Comercios por xunto, aqueles que llescompran aos produtores, polo xeral en grandescantidades, para vender a outros comercios senentrar en contacto directo cos consumidores. Comercios retallistas, que compran por xuntoe venden ao detalle, é dicir, en pequenascantidades e directamente aosconsumidores, todo tipo de produtos.En España, o comercio por xuntorepresenta soamente o 25% das empresas dedistribución comercial, pero o seu maior tamañopermítelles alcanzar, pola contra, case 50% dovalor ou riqueza que se xera. En cambio, ocomercio retallista é moito máis numeroso, perode tamaño máis reducido; aínda que nos últimosanos, tamén xurdiron empresas de maiordimensión, localizadas a miúdo en grandessuperficies comerciais.
  • Transformacións recentes no comercioretallistaAínda que o comercio retallista é unha actividade delonga tradición, na actualidade estanse producindo importantescambios na súa organización: Hai unha concentración de empresas, ao diminuír o númerodo pequeno comercio familiar en beneficio de grandes firmascomerciais, as veces de capital estranxeiro, que podencompetir con vantaxe (prezos máis baixos, compra a prazos,publicidade etc.). Simplifícanse algunhas canles de distribución, pois esasempresas actúan, á vez, como comerciantes por xunto eretallistas, porque lles compran directamente aos produtoresen grandes cantidades e lles venden aos consumidores outrosintermediarios. Apareceron diversas formas de comercio asociado, en queas pequenas empresas comerciais se unen (arredor dunhamarca común, nun mesmo local) para poderen competir coasgrandes. Nas dúas últimas décadas difundiuse o uso das novastecnoloxías de información: uso xeneralizado de tarxetas decrédito, códigos de barras, comercio electrónico a través de
  • Pautas de localización do comercio retallistaOs comercios localízanse alí onde hai clientes potenciais, polo que sedistribúen por todo o territorio. Non obstante, a súa densidade, calidade e variedadeson maiores nas rexións máis poboadas e con maior nivel de renda  asgrandes cidades, e dentro destas, as áreas centrais e barrios con grupos sociais demaiores ingresos. O turismo tamén aumenta a súa presenza nas áreas litorais e osarquipélagos. Barcelona e Madrid son as provincias con maior número de comercios, xunto conValencia e Sevilla. Aquí están tamén os de maior tamaño, polo que o seu volume devendas tamén é o máis elevado. Pero entre as primeiras provincias tamén están outras tipicamente turísticas comoAlacant, Málaga, Murcia ou Baleares. Respecto ao número de empregados por cada mil habitantes, Baleares (57,3) eCanarias (54,0) están na cabeza, moi por riba da media española (42,9). En cambio,pola súa cifra de negocios destacan Madrid e Cataluña, onde se localizan moitasgrandes empresas.
  • Os diversos tipos de áreas comerciaisÁreas decomercioretallistatradicionalGrandesAlmacénsEstablecementosde libre servizoCentroscomerciais ecadeas defranquía
  • Áreas de comercio retallista tradicional Segue sendo o máis numeroso, con locais depequeno tamaño en que traballa o seupropietario, as veces coa axuda familiar edalgúns vendedores asalariados. Dispérsase por todo o territorio, pero a súalocalización varía segundo a calidade, prezo eespecialización dos produtos que venden: Os comercios de alimentación e outros bens deprimeira necesidade encóntranse en case todasas localidades e barrios urbanos, polo que a súaárea de mercado é reducida. Os comercios especializados, que ofrecenprodutos máis caros e de consumo menosfrecuente, só se atopan en núcleos maiores e noscentros das cidades, polo que a súa área demercado é máis extensa.
  • Grandes almacéns Son establecementos que se organizan por seccións edepartamentos especializados e adoitan estar situados enedificios de varias alturas, sobre todo no centro dascidades e nas súas rúas máis representativas. Xurdiron en Francia a mediados do século XIX, e osprimeiros abertos en España localizáronse en Barcelona(Almacenes Capitolio, en 1916). O seu maior crecementoproduciuse a partir dos anos sesenta do pasado século,co crecemento da economía e a capacidade de comprada poboación, en competencia co comercio tradicional.Desde mediados da década seguinte, o liderado osténtaoa empresa El Corte Inglés, xurdida en Madrid en 1935. O éxito deste tipo de establecementos asociase á granvariedade de produtos e servizos que ofrecen, ademaisde contar con vendedores especializados que podenasesorar ó cliente. Non obstante, considérase unha formacomercial "madura", de crecemento xa reducido fronte aoutros competidores.
  • Establecementos de libre servizo Nos establecementos de libre servizo -xurdidos nos anos sesenta do século XX- desaparecea figura do vendedor, e os clientes elixen os produtos, xeralmente envasados ouempaquetados que se distribúen en expositores, pagando na caixa ao finalizar a súa compra. Os autoservizos son os de menor tamaño (ata 400 m2), e aparecen en todo tipo de núcleosde poboación; mentres, os supermercados (400-2500 m2) son xa característicos das cidades,pois esixen maior volume de clientes. Neste tipo de establecementos, predominan os produtosde alimentación xunto a outros complementarios. Son preto de 32 000 en toda España, coasprovincias máis poboadas na cabeza: Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia concentran unhaterceira parte do total. A estas seguen outras de gran desenvolvemento turístico como Alacant,Málaga e as dúas provincias canarias. Os hipermercados teñen un tamaño aínda maior (máis de 2 500 m2), e a súa oferta é máisvariada. Xunto aos produtos de alimentación, atopamos tamén artigos do fogar, roupa ecalzado. Tratan de atraer unha gran cantidade de consumidores, pola variedade da súa ofertae uns prezos relativamente inferiores aos do pequeno comercio. Isto conségueno ao mercarelevadas cantidades directamente aos produtores, ao ser grandes empresas (Carrefour,Auchan, Eroski, Hipercor, Mercadona). En España, estes establecementos xurdiron nosanos setenta, e xa son 625. A metade deles concéntranse en so dez provincias, e Madrid eBarcelona sitúanse na cabeza. Adóitanse localizar nas periferias urbanas, xunto a grandesvías de comunicación e con amplas superficies de aparcadoiro para vehículos privados, queson o medio máis utilizado para acceder a este tipo de espazos.
  • Distribución doscentroscomerciaiswww.aedecc.com
  • Centros comerciais e cadeas de franquíaEstes comercios, que xurdiron nos Estados Unidos a mediados do séculopasado, apareceron en España tamén nos anos setenta do século XX, e presentanas seguintes características: Agrupan nun mesmo edificio, de superficie superior aos 1000 m2, moitas pequenastendas independentes acompañadas por algún grande almacén, supermercado ouhipermercado, xunto a outros servizos de ocio (bares erestaurantes, cines, axencias de viaxes). Son propiedade dalgún gran grupo inmobiliario, e teñen unha xestión unitaria(administración, vixilancia, limpeza). Trátase de espazos privados e vixiados, cun ambiente que anima a consumir; o seuéxito converteunos nos espazos de consumo e ocio máis característicos da nosaépoca. En España, só había 19 centros comerciais en 1980, e 96 en 1990; hoxe, existen xa487 centros, que ocupan 12 millóns de metros cadrados.
  • Cadeas de franquía A maioría de negocios que se localizan nestes centrospertencen a cadeas de franquías, un tipo de comercio ondeunha empresa franqueadora cede a outras (chamadasfranqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e decerto prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anuale de impoñer determinadas condicións (características doslocais, os produtos vendidos, os prezos, estratexias comerciaisetc.). Este tipo de negocio está en rápido crecemento, á custa dotradicional pequeno comercio independente; conta con máis de700 franquías en España, que ocupan 63000 locais eempregan 260 000 traballadores. Sobre todo trátase de tendasde moda, bares e restaurantes de comida rápida así comode supermercados de alimentación. A súa localización limítase case en exclusiva aos centroscomerciais e as rúas principais dos centros dascidades, tipificando esas novas paisaxes do consumo cada vezmáis estandarizadas, dominadas polas mesmas marcas, osmesmos produtos e o mesmos tipos de locais.
  • 3OS SERVIZOS FINANCEIROS, ASÚA ORGANIZACIÓN ESPACIALE A BALANZA DE PAGAMENTOS
  • O sector financeiro españolO sector financeiro é clave para o desenvolvemento económico porvarios motivos: Capta os aforros dos cidadáns e os excedentes das empresas, concedendologo créditos para financiar o consumo da poboación (vivendas, automóbiles),así como para a actividade diaria das empresas. É unha actividade que crece coa economía no seu conxunto, polo que a súadimensión actual chegou a ser moi importante: en España supón máis de 250000 empregos e participa co 18% no PIB español. Os xuros e comisións que cobra o sector financeiro pola súa actividade xeranimportantes beneficios, polo que lle permitiu adquirir importantes participaciónsnoutros sectores (industrial, enerxético). Por todo isto, un mal funcionamento do sector financeiro, que supoña a perda deconfianza dos aforradores ou provoque restricións e encarecemento do crédito,repercute negativamente sobre todas as actividades, e pode provocar criseseconómicas importantes como a do ano 1929 ou a xurdida no 2008.
  • O sistema bancario en España compóñeno tres tipos de entidadesfinanceiras: os bancos, as caixas de aforro e as cooperativas de crédito. Bancos: os bancos son empresas privadas que teñen por obxectivo a obtenciónde beneficios para os seus propietarios. Caixas de aforro: son entidades de crédito similares aos bancos, pero teñenentre os seus obxectivos o xuro público, polo que dedican parte do seu beneficioa fins culturais e sociais. Na actualidade, debido a crise financeira están afusionarse e converterse en bancos. Cooperativas de crédito: xurdiron para apoiar pequenos aforradores einiciativas locais, e teñen menor importancia ca as anteriores. As cooperativas decrédito pertencen aos seus socios depositantes, que, á súa vez, se beneficiandos seus servizos financeiros. (FIARE en Galicia)
  • Un sector en rápida transformaciónUn sector en criseÉ unha actividade moi afectada pola globalización do capital e acreación da moeda única na Unión Europea, o que provocou importantescambios:1) Procesos de concentración para enfrontar a libre competencianos mercados o que provoca frecuentes fusións e absorcións. Comoresultado, só dous grupos bancarios españois (Santander CentralHispano e Bilbao Vizcaya Argentaría) reúnen 60% da cifra total donegocio bancario.2) Forte internacionalización coa compra de bancos noutros países,que ten como como contrapartida a entrada da banca estranxeira enEspaña, o que aumenta a competencia.3) Intensa renovación tecnolóxica, que aumenta a eficiencia quereduce empregos coa proliferación de caixeiros automáticos e a bancaelectrónica a través de internet como principais exemplos.
  • Características do mapa financeiro español Hai décadas as oficinas financeiras eran pouco numerosas elocalizábanse dentro das cidades de maior tamaño, nos centros denegocios. Isto correspondía a un modelo de localización moi polarizado,o desenvolvemento económico español supuxo unha multiplicación donúmero de oficinas, ata chegar as 44 000 no ano 2010, o querepresenta aproximadamente unha por la mil habitantes, a cifra máis altadentro da Unión Europea. As oficinas dispersábanse por todo o territorio para intentar a captacióndo maior número de clientes posible. Non obstante, a cantidade deempregos non aumentou coa mesma rapidez, pola xeneralización doscaixeiros automáticos e a banca electrónica, onde se opera a través deInternet. "En España habrá que cerrar 10 oficinas bancarias al día en lospróximos tres años para dejar la red en un volumen de entre 25.000 y30.000 oficinas, un tamaño más adecuado a la realidad del país". Estaes la principal conclusión del estudio ¿Tiene futuro la red de oficinasbancarias?, realizado en el IEB en el marco del Executive Máster en
  • Distribución das oficinas financeiras e o seu crecemento (SM)
  • A distribución do sector financeiro no territorio non é homoxénea, pois persistenimportantes contrastes espaciais: As sedes ou oficinas centrais, onde se encontra o persoal directivo e se toman asdecisións fundamentais de cada entidade financeira, concéntranse cada vez máis nasgrandes cidades. No caso dos bancos, das 150 sedes existentes no país, Madrid concentraa gran maioría, con 118, por só 9 sedes en Barcelona e 4 en Bilbao. Con respecto ao número de sucursais, as provincias de Barcelona e Madrid teñen unhacantidade parecida, e entre ambas reúnen unha cuarta parte do total, ao seren areas conelevada densidade de poboación. Hai numerosas empresas que requiren os servizosfinanceiros destas sucursais. Valencia, Biscaia, Alacant, Sevilla, A Coruña, Málaga e Murciaseguen en importancia, pero a repartición xeral está bastante equilibrada respecto as cifrasde habitantes. En cambio, as áreas máis dinámicas na apertura de novas oficinas son as zonas turísticasdo Mediterráneo, os dous arquipélagos de Baleares e Canarias e Madrid, mentres o seunúmero se reduce en provincias interiores que perden poboación (Soria, Segovia, Cuenca).Hai dous mapas financeiros que se superpoñen: O poder de decisión concéntrase cada vez máis nas grandes metrópoles, especialmente nosseus centros de negocios onde están as sedes das principais entidades. As sucursais de bancos e caixas de aforro dispérsanse por todo o territorio español, ante acompetencia por captar aqueles clientes que están localizados nas súas proximidades.
  • Balanza de pagamentos O intercambio comercial con outros países é importante para aeconomía dun país, e o volume dese intercambio, reflectido nabalanza de pagamentos, é un indicador do desenvolvementosocioeconómico A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambioseconómicos que se levan a cabo entre os axentes económicosresidentes no país e os do resto do mundo, nun períodoconcreto, xeralmente un ano. Desagrégase en balanza por conta corrente, balanza por conta decapital e balanza por conta financeira. España soe pechar a súa balanza de pagamentos con resultadospositivos (excedentaria) grazas as divisas (diñeiro pertencente a unpaís estranxeiro) que achega o turismo.
  • 4TRANSPORTESE COMUNICACIÓNS.
  • O transporte na economía españolaO transporte é unha peza clave na economía de calquera país: O resto de actividades económicas (agricultura, industria) necesitan do transportede mercadorías, xa que deben adquirir elementos de produción para levar a cabea súa actividade ou situar os seus produtos finais nos mercados. Para que a economía funcione de forma eficiente, tamén é necesario o transportede viaxeiros (traballadores, consumidores , ocio). Coa globalización aumentou a importancia do transporte na economía: as novasformas de produción globalizadas (deslocalización) provocaron undesenvolvemento sen precedentes do sector do transporte. Coa progresiva implantación das prácticas yust in time as empresas xa nonalmacenan grandes cantidades dos elementos de produción necesarios para a súaactividade, xa que isto lles supón un elevado gasto, e esixen que estes lles sexansubministrados a medida que os van necesitando. A produción faise así cada vez máis dependente do transporte: a ruptura da cadeade subministración (por exemplo, por unha folga dos transportistas da estrada)supón que nun breve período de tempo se interrompa a produción nas fábricas porfalta de su suministracións (por exemplo, na industria do automóbil).
  • Estrutura do transporte na economíaespañolaO nivel de importancia do transporte na economía española pode ser medido por unconxunto de indicadores referidos á produción, o emprego, o investimento e o consumo: As actividades de transporte xeran arredor do 4% do PIB español, e o 3,5% do emprego totaldo noso país. A maior parte do emprego corresponde ao transporte porestrada, especialmente condutores de camións. As infraestruturas de transporte constitúen unha condición necesaria aínda que non suficientepara o desenvolvemento económico español. Por isto, o Estado dedica unha boa parte dosseus orzamentos a investimentos en estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos. Adispoñibilidade de fondos europeos para o investimento en infraestruturas facilitou odesenvolvemento destas no noso país. As maiores partidas dedícanse á construción deautovías e liñas de alta velocidade ferroviaria. Consumo das familias. Unha importante parte do presuposto das familias españolas dedícaseao ámbito do transporte. A maior parte dese gasto familiar corresponde á compra devehículos para o transporte persoal e ao combustible e mantemento destes. Consumo de enerxía. O transporte é responsable de case a metade da enerxía totalconsumida no noso país, por diante da industria e dos fogares. No caso concreto do petróleo-do que España depende do exterior case por completo-, esa porcentaxe é aínda maior. Dado que o consumo de enerxía está ligado as emisións á atmosfera, o transporte é unhaactividade altamente contaminante. Por iso, e para diminuír a dependencia enerxéticaexterior, a actual política de transportes española pretende desviar tráficos desde os modos
  • A demanda de transporte en España Ao longo das últimas décadas, produciuse un grande incremento da demanda de transporteen España. Deste xeito, entre 1950 e o momento actual, o tráfico de viaxeiros multiplicousepor 32 e o de mercadorías fíxoo por 181. Pero non todos os modos de transporteexperimentaron unha evolución similar, e hoxe existen significativas diferenzas. O transporte por estrada e, en menor medida, o aéreo creceron máis ca o ferrocarril e omarítimo. En 1950, o ferrocarril situábase por riba da estrada tanto en viaxeiros coma enmercadorías. Hoxe, a estrada é, con gran diferenza, o modo de transporte dominante. Isto explícaseporque permite establecer conexións porta por porta, sen ter que utilizar outros modoscomplementarios (nas viaxes por ferrocarril e transporte aéreo ou marítimo é necesarioutilizar outro modo para acceder a estacións, aeroportos ou portos). O ferrocarril reduciu a súa participación no transporte de mercadorías a unha porcentaxemoi baixa -actualmente, céntrase no transporte de cargas pesadas e voluminosas-, pero otransporte de viaxeiros aínda mantén unha cota de mercado algo máis alta, debido sobre todoao éxito das novas liñas de trens de alta velocidade e o transporte de proximidades nasgrandes cidades. O transporte aéreo é cada vez máis utilizado polos viaxeiros para desprazamentos entredistancias relativamente longas ou para voos as illas ou entre elas, pero resulta moi caro parao tráfico de mercadorías, que utilizan máis a vía marítima por ser máis económica e de maiorcapacidade de carga ca o transporte por avión.
  •  PEIT http://www.rodadebara.org/xp_ca/html/PlaEstrategicTransport.pdf Vocabulario:http://www.slideshare.net/ghavilan/vocabulario-geografa
  • Comunicacións Páx. 347-348
  • PRÁCTICOS5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS.5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.5.2. IMPACTOS E POLÍTICAS DEORDENACIÓN.
  • 1.- Atendendo ao documento, conteste(puntuación máxima de 4 puntos):a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos dodocumento e as súas capitais (1punto).b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións: Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto). Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1punto). Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1punto).
  • a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos dodocumento e as súas capitais (1 punto). Costa do Sol: Andalucía: Sevilla; Costa Brava: Cataluña: Barcelona; Illa de Lanzarote: Canarias: Sta. Cruz de Tenerife e Las Palmas de GranCanaria Pireneo catalán: Cataluña: Barcelonab) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto).Gráfico lineal utilizado para representar a variable da ocupación hoteleiraestacional nalgunhas zonas turísticas de España durante os distintos meses doano 2005. No eixo horizontal aparecen representados os meses do ano, e no eixo verticala porcentaxe de ocupación hoteleira correspondente a cada una das zonasrepresentadas (Costa do Sol, Costa Brava, Illa de Lanzarote e Pireneo catalán),utilizando diferentes cores para identificar cada unha delas. Os datos recollidos para elaborar a gráfica proveñen dunha enquisa sobreocupación hoteleira realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
  • Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1punto). A liña verde representa un tipo de turismo de montaña (Pireneo catalán)que ten unha estacionalidade máis acusada que o turismo de sol e praia,con dous máximos. Nas áreas de montaña practícase un turismo invernalasociado ás estacións de esquí que explica por qué a ocupación máis baixase rexistra aquí na primavera e outono. O pico de ocupación de verán nas áreas de montaña prodúcese a causadun incremento do turismo rural e ecolóxico, vinculado á práctica deactividades de contacto coa natureza que máis recentemente se veñenpotenciando (sendeirismo, montañismo, rutas verdes,…). As condicións climatolóxicas tamén xustifican as diferenzas entre o Pireneocatalán e as demais localizacións, malia que na illa de Lanzarote aestacionalidade é menor, debido á continuidade relativa das condiciónsmeteorolóxicas (clima subtropical) ao longo do ano.
  • Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto).Entre as consecuencias negativas podemos destacar: A dependencia das condicións meteorolóxicas, especialmente significativanas áreas de montaña, onde a redución de días de neve pode diminuír autilización das instalacións. No nivel social, o predominio dos contratos temporais causa o aumento doparo en tempada baixa. No ámbito económico, a dependencia extrema do sector turístico é moisignificativa. No aspecto ambiental, o predominio do turismo de sol e praia produce unhadeterioración da liña de costa e urbanización masiva (grandesinfraestruturas como portos deportivos, espigóns, peirao…), a destrución depaisaxes singulares, a sobreexplotación de recursos, conflitos polo uso dosolo e da auga –sobre todo con usos agrarios e industriais, especialmenteno Mediterráneo-, contaminación mariña, vertido de residuos esobreexplotación de infraestruturas. A precariedade dos propiosestablecementos hoteleiros pode repercutir na contaminación visual docontorno.
  • 2.- Atendendo ao documento, conteste(puntuación máxima de 4 puntos):a) Comente brevemente a paisaxe turística: tipo, localización, orixes ecaracterísticas (1 punto):b) Comente a gráfica seguindo as pautas:- Factores de desenvolvemento turístico en España (1 punto):- Países de orixe e rexións de destino do turismo internacional (1 punto):- Impactos do turismo e políticas de ordenación (1 punto):
  •  El grafico de líneas representa la evolución del número de visitantes (en millones) y de ingresos porturismo (en millones de euro) en España entre 1955 y 2007, según los datos del Instituto de EstudiosTurísticos. Los visitantes incluyen a los turistas, que pernoctan al menos una noche y tienen unaestancia superior a 24H, y a los excursionistas, que no pernoctan y permanecen menos de 24H en elpaís. La evolución de los visitantes y de los ingresos por turismo ha experimentado una tendencia creciente alo largo del periodo, excepto en momentos puntuales ligados a crisis económicas, que inciden muydirectamente sobre las actividades de ocio, que son las primeras en suprimirse en estas épocas. El inicio del despegue del turismo se sitúa en 1959, cuando aparece en España una concepción delturismo como factor de desarrollo. El primer periodo de incremento de los visitantes y de los ingresosturísticos corresponde a la década de 1960. Las causas fueron el crecimiento económico de Europaoccidental, que permitió a los trabajadores disfrutar de tiempo y dinero para el ocio, y las condicionesfavorables que ofrecía España: proximidad geográfica a playas, veranos secos y calurosos, recursosculturales y bajo coste de la peseta en 1959. Entre 1973 y 1985 los turistas y los ingresos por turismo ralentizaron el crecimiento. Las causas fue lacrisis económica motivada por la crisis energética de 1973, con el encarecimiento del precio delpetróleo. A partir de 1985, se recupera el ritmo ascendente de turistas y de ingresos turísticos, excepto durante elbreve periodo de la crisis económica de principios de la década de los noventa. Las causas son elencarecimiento de la oferta española y, al mismo tiempo, el surgimiento de nuevos destinos turísticosatractivos en Europa y en el ámbito del Mediterráneo: Croacia, países árabes, norte de África(Marruecos, Túnez, Egipto). Se trata de destinos con los que España no podía competir en cuanto aprecios. Esto obligó iniciar una reconversión del sector, que nos condujera a un nuevo modelo turísticobasado en la calidad de la oferta y la sostenibilidad. Las consecuencias de la gran afluencia de visitantes y de ingresos turísticos entre 1955 y 2006 semanifiestan en todos los ámbitos: demográfico, poblamiento económico, político, social, medioambientaly territorial. En el futuro, la evolución de los visitantes y de los ingresos dependerá de la capacidad del sector de
  • Diversidade de paisaxes turísticas
  • Orientacións para o comentario: a) Relación entre a evolución do turismointernacional e o desenvolvemento turístico deEspaña. b) Causas do descenso do turismointernacional en 2009. c) Factores que explican o destino do turismointernacional por comunidades autónomas.
  • a) Relación entre a evolución do turismo internacional e o desenvolvemento turístico de EspañaEspaña comeza o seu desenvolvemento turístico na década dos sesenta e convértese nun dos 3principaisdestinos do turismo internacional. Ese crecemento inicial debeuse a unha serie de cambios nos paísesdoresto de Europa (sobre todo da Europa Occidental) que son os principais centros emisores do turismoquechega a España: aumento das rendas familiares, mellores prestacións sociais (vacacións,pensións dexubilación), a posibilidade de utilización de varios sistemas de transporte e a súa mellora paulatina.Xurdimento de grandes compañías internacionais (touroperadores).E en canto ao destino, España presentaba unha serie de vantaxes: proximidade, menor nivel devida queos países emisores e, polo tanto, prezos baixos, situación no Mediterráneo (condiciónsclimáticasfavorables), riqueza patrimonial, seguridade, mellora das infraestruturas do transporte edesenvolvemento da demanda interna para aumentar a oferta. No caso do arquipélago canario, a súasituación permite ter unha tempada turística durante todo o ano. O principal atractivo é o litoral(modelo
  • b) Causas do descenso do turismo internacional no 2009.No ano 2009 a tendencia de crecemento continuado do turismo internacional que chega a Españarompedebido á crise económica mundial que afecta de modo moi particular aos países da UniónEuropea, osprincipais emisores. A crise de confianza a raíz dos atentados islámicos en España.c) Factores que explica o destino do turismo internacional por comunidades autónomas.O litoral mediterráneo e os dous arquipélagos son o principal destino do turismo internacional, quebusca sol e mar; as condicións climáticas son moi importantes, ata o punto de dirixir parte do turismodepoboación xubilada cara ao litoral do Mediterráneo durante a tempada de inverno. A atracción deMadriddébese ao patrimonio cultural, do mesmo xeito que a da cidade de Barcelona, o turismo non é sóeuropeo senón de Estados Unidos e Xapón.
  •  http://estrabon.files.wordpress.com/2008/05/practicast13.pdf http://webs.ono.com/2geografia/terciario.html