Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

402 views
324 views

Published on

A Era da Información ou Sociedade Postindustrial, ao igual que toda época anterior e/ou posterior da historia, ven especificada por unha serie de características que lle son propias e a definen. De todas estas, a información como ben de consumo que outorga poder e estatus a quen o pose convértese no elemento diferencial por antonomasia. O desenvolvemento desta nova “idade histórica” non sería posible sen o auxe das teconoloxías da información e a comunicación (TIC's), ferramentas que posibilitan a conexión e un acceso fácil e inmediato de millóns de persoas a unha gran cantidade e variedade de información, recursos e trámites en liña.
Os Movementos Sociais, e como tal, o Movemento Feminista, non son alleos a esta nova realidade, trasladando as súas reivindicacións á rede coa finalidade, non só de informar, difundir e comunicar a súa mensaxe, senón tamén de establecer un diálogo bidireccional con outros colectivos e/ou persoas.
Así pois, esta investigación céntrase nun grupo en concreto: a Marcha Mundial das Mulleres (MMM), colectivo do que serán analizados diversos espazos web co obxecto de determinar que estratexias segue de cara a ter un oco na rede e cal é a motivación que se agocha detrás destas.
Asemade, outra das características do momento histórico actual é a rapidez coa que se suceden os cambios: o que hoxe é vangarda, mañá está obsoleto. Isto é algo inherente tanto a internet no seu conxunto como, e sobre todo, aos modos de estar na rede.
En relación a isto último sinalar que, desde o 2010, ano de realización desta investigación, a MMM mudou a súa estratexia de estar e compartir online; creando, por un lado, espazos de opinión e debate dentro das súas propias webs e polo outro, participando activamente a través das redes sociais. De levarse a cabo hoxe este estudo, as dúas estratexias sinaladas serían o obxecto principal de análise do mesmo.

Published in: Career
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
402
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

  1. 1. MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES Participación en Rede Tese de Master Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Información Desenvolvemento Económico Setembro de 2010 Alumna: Eliana Bouzas Collazo Titora: Mariña Pose García
  2. 2. ÍNDICERESUMO ............................................................................................................ 4INTRODUCIÓN................................................................................................. 6FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA................................................................. 10 1.Marco Teórico ........................................................................................... 10 1.1.Medios de Comunicación e Feminismo .............................................. 11 1.1.1.Dos Medios Convencionais a Internet......................................... 12 1.1.2.Tic E Cultura Feminista............................................................... 13 1.2.Redes de Mulleres e Internet ................................................................. 19 1.2.1.Orixes .......................................................................................... 19 1.2.2. Beijing: Un Antes E Un Despois................................................ 21 1.2.3.Redes De Mulleres ...................................................................... 23 1.3. Marcha Mundial das Mulleres ............................................................ 26 1.3.1. Un Pouco De Historia................................................................. 27 1.3.2.Obxectivos ................................................................................... 28 1.3.3.Valores......................................................................................... 30 1.3.4.Estrutura ...................................................................................... 30 1.3.5.Encontros E Accións ................................................................... 31 1.3.6.Campos De Acción...................................................................... 34 1.3.7.A Marcha Mundial Das Mulleres En Galicia .............................. 36 2.Antecendentes............................................................................................ 38METODOLOXÍA............................................................................................. 42 1.Formulación Do Problema De Investigación.......................................... 42 2.Recompilación Bibliográfica .................................................................... 42 3.Definición Do Estudo De Investigación................................................... 43 3.1.Análise De Contido ............................................................................. 43 3.2.Entrevista Estruturada ......................................................................... 45 4.Establecemento De Contactos .................................................................. 46 5. Redacción E Presentación ....................................................................... 46 -1-
  3. 3. Marcha Mundial das MulleresANÁLISE DE CONTIDO ............................................................................... 48 1. Análise Dos Espazos Web........................................................................ 48 1.1. Espazo Xeral ....................................................................................... 48 1.2. Espazo Local ...................................................................................... 55 1.3. Espazo Específico ............................................................................... 58 2. Resultados ................................................................................................. 61CONSIDERACIÓNS FINAIS......................................................................... 68BIBLIOGRAFÍA.............................................................................................. 70ANEXOS ........................................................................................................... 76 -2-
  4. 4. RESUMO Cada época histórica ten elementos de seu que a diferencian da anterior e daposterior. Deste xeito, a actual, denominada Era da Información ou SociedadePostindustrial, ten como elemento diferencial a información, un ben de consumo queoutorga poder e estatus a quen o posee. Isto non sería posible sen o desenvolvementoexperimentado nos últimos anos por internet, unha ferramenta que posibilita quemillóns de persoas teñan acceso fácil e inmediato a unha cantidade extensa e diversa deinformación en liña. Os Movementos Sociais, e por ende o Movemento Feminista, non son alleos aesta realidade, trasladando as súas reivindicacións á rede coa finalidade de informar,difundir e comunicar a súa mensaxe. O modo en que o fan, varía duns grupos a outros.Así, esta investigación céntrase nun grupo en concreto: a Marcha Mundial das Mulleres,colectivo do que serán analizados diversos espazos web. O obxecto é determinar queestratexias segue de cara a ter un oco na rede e cal é a motivación que se agocha detrásdestas. -4-
  5. 5. INTRODUCIÓN Internet como axente de democratización é un concepto que está a espertar,polas súas características, interese tanto entre os investigadores da Sociedade daInformación como entre aqueles que estudan os Movementos Sociais e o uso que estesfan da rede. Así, unha das características deinternet é a comunicación bidireccional (modeloactivo –creación de contidos- fronte ao pasivo –lector, oínte ou espectador-). SegundoJavaloy, Espelt e Rodríguez (2001) este modelo de actor- protagonista, con iniciativa econtrol sobre a súa vida, é coherente coas persoas que participan en movementoscolectivos e dirixen as súas accións cara a consecución, consciente e deliberada, deobxectivos prefixados. Outra característica, é a súa horizontalidade, de persoa a persoafronte á comunicación vertical, xerarquizada, propia das institucións. O carácter noninstitucional e alternativo da comunicación faina apta para ser empregada por un grannúmero de usuarios que buscan expresar as súas opinións ao marxe dos gruposdominantes. Deste xeito, a creatividade e propostas de cambio que expresan osmovementos sociais teñen unha boa oportunidade na rede. Esta, estase a converternunha comunidade virtual onde persoas e grupos de todo o mundo poden intercambiarinformación, realizar debates e planificar as súas estratexias. (Javaloy, Espelt eRodríguez, 2001). Falar de internet é falar da sociedade da información, do coñecemento cultural eo intercambio de información entre calquera parte do planeta. Asemade, falar desociedade da información é falar de globalización, un proceso dinámico caracterizadopola comunicación e interdependencia entre as distintas rexións do mundo, unificandomercado, sociedades e culturas. O global determina, ou cando menos afecta o devir dolocal. As novas tecnoloxías da comunicación están a mudar profundamente a relaciónespazo-tempo e a reducir de xeito drástico o significado das distancias. Con todo, nontodos teñen o mesmo acceso ás tecnoloxías nin se benefician do mesmo modo: acompresión espazo temporal facilita o movemento e a comunicación pero, do mesmoxeito, pode deixar ao marxe a aqueles que non teñen acceso. A globalización é pois, -6-
  6. 6. Participación en Rede“unha fonte desigual e por tanto de unicidade dos lugares, que canto máis semundializan máis únicos se volven”. Nembargantes, a rede non só posibilita aglobalización senón que conta cos instrumentos para a súa crítica, ao permitir unhamaior visibilidade da diferenza, tal como amosa o seu uso por parte dos movementosanti-globalización. (Benach, 2006) O global fronte ao local, dúas realidades distintas ou as dúas caras dunha mesmamoeda? Para Crang (1999) existen tres grandes interpretacións: o mundo como mosaicoou a consideración dos lugares como pezas dun conxunto; o mundo como sistema; e omundo como rede. Nesta última interpretación, o local e o global non son contempladoscomo escalas diferentes senón como dúas maneiras de achegarse ás mesmas redessociais e espaciais. Redes nas que o local é global e o global é local “glocalización”, olocal non é un mero contrapunto do global senón que é un aspecto fundamental daglobalización: o singular e o xeral, o homoxéneo e o diferente, non son senón maneirasdistintas de contemplar as mesmas realidades (Benach, 2006). O movemento feminista non é alleo a todas estas cuestións e no seu seoconvivan dúas correntes principais e antagónicas, unha contraria ao uso das novastecnoloxías e a outra defensora do mesmo. Para as primeiras, as tecnófobas, a redereproduce valores masculinos e patriarcais e, polo tanto, é unha ferramenta máis desometemento das mulleres aos valores establecidos. Pola contra, as segundas, entendeno espazo virtual como neutro, sen carga de xénero. Fronte a estas posturas estremas,atópase o tecnofeminismo (Gil, 2004) que propón reforzar os mecanismos sociaisprecisos para favorecer a inclusión total das mulleres no proceso, tanto de uso como dexeración e programación da tecnoloxía. Esta tendencia está en consonancia co acordado na IV Conferencia Mundialsobre a Muller (Beijing, 1995): “debería potenciarse o papel da muller mellorando osseus coñecementos teóricos e prácticos e o seu acceso á tecnoloxía da información (...).A maioría das mulleres, sobre todo nos países en desenvolvemento, non teñen accesoefectivo ás infopistas electrónicas (...) e, polo tanto, non poden crear redes que llesofrezan novas fontes de información. Así pois, é necesario que as mulleres interveñanna adopción daquelas decisións que afectan ao desenvolvemento das novas tecnoloxías,co obxecto de participar plenamente na súa expansión e no control da súa influencia”(Obxectivo estratéxico J –a muller e os medios de difusión-). -7-
  7. 7. Marcha Mundial das Mulleres Internet permite ás mulleres comunicarse as unhas coas outras máis aló daslimitacións do espazo e a distancia física, ao tempo que lles posibilita contar con canlespara compartir e debater temas do seu interese ao marxe dos medios de comunicaciónconvencionais que ignoran, en boa medida, todo aquilo que afecta ao colectivofeminino. Nembargantes, non beneficia a todas do mesmo xeito, xa que o acceso e ocoñecemento é limitado pero, cada vez son máis as mulleres de todo o mundo que seconectan á rede. Esta realidade, segundo González e Barkle (2004), reforza as relaciónsentre elas e é unha forma de solidariedade e un medio para o empoderamento e acreación de comunidades virtuais. Ao abeiro de todo o anterior, o interese desta investigación céntrase en observarcomo as mulleres levan á internet os temas de seu, é dicir, cales son as súas tácticas parafacer oír a súa voz. É máis concretamente, o obxecto de estudo é a Marcha Mundial dasMulleres, un movemento autónomo formado por grupos de mulleres, de sindicatos e demovementos sociais sen lazos gobernamentais. A historia da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) está marcada “poladinámica reflexión-acción, construída do local ao internacional e viceversa” (MMM,2008). Este movemento xorde a partir do éxito dunha acción local e a necesidade decompartir esa experiencia con máis mulleres do mundo. A relación entre o global é olocal, entendidas non como escalas diferentes senón como dúas maneiras de achegarseás mesmas redes sociais e espaciais (Crang, 1999), está presente no devir domovemento. Así, a acción global de 2005 (a diferenza do acontecido no ano 2000) foiresponsabilidade dos grupos nacionais e rexionais co obxecto de facelos máis fortes,intensificar a solidariedade transfronteiriza e aumentar o contacto entre elas a nivelglobal. Tal como sinala o propio movemento “sen os grupos que actúan a nivel local, aMarcha perde a súa sustancia principal, que se alimenta pola acción deses mesmosgrupos. Pero os grupos non ocuparían o espazo internacional sen o papel de enlace queproporciona a Marcha”. En resumo, o un non se entende sen o outro, ambas realidadesnecesítanse e apóianse mutuamente. A Marcha Mundial das Mulleres conxuga varios elementos que, desde o meupunto de vista, a converten nun caso único de estudo de cara a explicar como osmovementos sociais en xeral, e o movemento feminista en particular, fan uso daRede.Estes elementos son: a comunicación horizontal; a súa interpretación do local e o global -8-
  8. 8. Participación en Redecomo dúas realidades, non alleas senón en continua retroalimentación; e o traballo enrede, entendida esta nunha dobre vertente: o traballo colaborativo e cooperativo entre osgrupos de mulleres (tecendo redes) e o uso de internet (da rede) para desenvolver e dar acoñecer a súa loita contra a violencia e a pobreza que sofren as mulleres. Así, expresanas súas inquedanzas e anhelos, ao tempo que establecen e manteñen lazos con distintosgrupos: adheridos á Marcha, outros grupos de mulleres e/ou outros movementos sociais Deste xeito, o obxectivo central deste traballo é identificar cáles son asestratexias da Marcha Mundial das Mulleres para construír espazos en Internet. A unnivel máis específico, centrase na análise de espazos webs de seu para, por un lado,observar o modo en que estas estratexias levan os seus intereses e inquedanzas aociberespazo e polo outro, como facilitan a interacción e a comunicación entre osdistintos grupos adheridos ao movemento e da Marcha con movementos aliados. Todoisto, coa finalidade de dar resposta a unha serie de interrogantes, tales como: cales sonas estratexias de ocupación da Rede que leva a cabo a MMM? Son estas coherentes cosseus principios, valores e obxectivos? Podemos englobar á Marcha en algunha dascorrentes do ciberfeminismo? Que significado ten a Rede para a MMM, é un obxectivoen si mesma ou unha ferramenta da cal valerse para acadar os seus obxectivos? -9-
  9. 9. FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA 1. MARCO TEÓRICO. As activistas polos dereitos das mulleres recoñecen, desde fai tempo, o poder dasferramentas e plataformas TIC para a mobilización, a redefinición da historia e aconstrución do coñecemento. A apropiación do espazo web por parte das mulleres e do movemento feminista,non estivo exento de debates e dificultades. Así, nun primeiro momento as TIC, ao igualque o resto das tecnoloxías e a ciencia, eran consideradas cousas de “homes”eelementos que perpetuaban o modelo patriarcal e andocéntrico dominante (De Miguel eBoix, 2002). Xunto a isto, os medios de comunicación convencionais ignoraban aquelestemas de interese para as mulleres. De cara a mudar a realidade, o movemento feminista optou por dúas vías detraballo: negociar cos medios convencionais para que incluíran temas do interese dasmulleres, ao tempo que crear os seus propios medios de difusión. En moitos casos, estasrevistas feministas en papel foron os antecedentes das primeiras webs feministas. Aaparición das TIC permite ás mulleres (e demais movementos sociais) ser a un tempoautoras, transmisoras e destinatarias da información, dando lugar a un novo espazoreivindicativo que ofrece maiores posibilidades pero que non esta exento de perigos. Oprincipal risco é a fenda dixital, exclusión social de todas aquelas que non teñen accesoou coñecementos suficientes para empregar as TIC. En pleno debate sobre muller e tecnoloxía e a aparición de diversas redes demulleres, tivo lugar a IV Conferencia Internacional sobre a Muller (Beijing, 1995),acontecemento do que tiveron información e no que puideron participar as mulleres detodo o mundo a través da Rede, xa que a prensa, radio e televisión non se fixeron eco damesma. Beijing converteuse, deste modo, no acontecemento que plasmou a necesidadedas mulleres de crear espazos, onde atoparse a si mesmas e construír unha identidadefeminina coherente coa Sociedade da Información e fóra da influencia patriarcal(Larrondo, 2005). - 10 -
  10. 10. Participación en Rede As TIC serviron e serven para difundir información, buscar apoios e amplificar apresión para o cambio. As novas aplicacións baseadas na web permiten aos usuariospublicar contidos, controlar os seus propios datos e crear comunidades dixitais; todo istofacilita cambiar a dinámica de poder entre quen crea a información, quen a emprega equen se apropia dela. Conscientes das vantaxes do uso das Novas Tecnoloxías para a creación deredes: rapidez na comunicación, dispoñibilidade de información e acceso aocoñecemento, cada vez máis mulleres se apropian e fan seu o espazo virtual, pero lonxede argumentacións idealistas que consideran a rede “un lugar liberador de carga dexénero” (Reverter, 2007). Este é o caso da Marcha Mundial das Mulleres (MMM), unmovemento de mulleres a escala global que xurdiu dunha acción local. O uso das TICestivo presente desde a súa orixe, de feito foi dada a coñecer a través dunha rolda deprensa na que participaron vía web, mulleres desde tres cidades diferentes.Con todo, aconsideración e emprego que as redes de féminas fan das TIC varía dunhas a outras. Asípor exemplo, para a MMM é unha ferramenta de comunicación e información perosaben da existencia dunha fenda dixital de xénero, polo que o seu uso non é extensible atodas as mulleres que participan no Movemento. Pola contra, o PARM de APCargumenta que as TIC son importantes para transformar as relacións de xénero.Independentemente desta cuestión, si algo teñen en común este tipo de redes é a loitapola defensa dos dereitos das mulleres. Loita, que na Sociedade da Información pasapor empregar os novos medios no debate arredor dos temas clásicos (violencia, pobreza,exclusión social, dereitos reprodutivos...); crear espazos por e para as mulleres, xa queas TIC non só son ferramentas senón tamén cultura, modos de transmisión e de estar; ecapacitalas en TIC (acceso, creación e difusión de contidos) para que, unha vez máisnon queden excluídas do coñecemento e, polo tanto, do poder e da toma de decisións. 1.1. MEDIOS DE COMUNICACIÓN E FEMINISMO Os medios de comunicación, ademais de transmitir información, contribúen acrear modos de pensar e interpretar a vida. Segundo Larrondo (2005), “representan undos eixos fundamentais de produción cultural e dispoñen, por esa razón, de poder paraconstruír identidades femininas”. - 11 -
  11. 11. Marcha Mundial das Mulleres Nas últimas décadas, as mulleres están acadando maior protagonismo nasociedade, protagonismo que non sempre é reflectido polos medios de comunicación.Así, numerosos estudos, tales como “Estudio longitudinal de la presencia de la mujer enlos medios de comunicación de prensa escrita” (Bueno Abad 1996) ou “Representaciónde Género en los Informativos de Radio y Televisión” (López Díez, 2002)1, amosan apermanencia de enfoques informativos nos que prevalecen o modelo patriarcal eandrocéntrico, ao tempo que continúan a transmitir estereotipos de xénero einvisibilizando á muller. Debido a isto, os medios son obxecto de crítica do movementofeminista, que ve a necesidade de seguir dúas liñas de actuación ao respecto: por unlado, negociar cos medios de comunicación convencionais de cara a aproveitalos paradifundir informacións de interese para o público feminino, habitualmente ignorado nasaxendas dos mesmos; e polo outro, a posta en marcha de vías de expresión propias,lonxe do influxo mediático dos grandes medios. Todo isto co fin, non só de dar acoñecer o movemento feminista senón tamén de cara a sensibilizar á poboación sobretemas que afectan ás mulleres. Deste xeito xurdiron (e seguen a xurdir) espazos decomunicación alternativos que funcionan como canle para a difusión do seu ideario,fundamentado na defensa da muller, os seus dereitos e o seu recoñecemento. 1.1.1. Dos Medios Convencionais A Internet En España, as primeiras publicacións de carácter feminista (Feminal, ElPensamiento Feminino...) son publicadas a principios do século pasado. Con todo, non éata a década dos setenta do S.XX cando este tipo de publicacións adquire relevancia.Nesta época, cómpre salientar a revista Vindicación Feminista, publicación fundada enBarcelona polo Colectivo Feminista e que no seu primeiro número (1976 e unha tiradade 35.000 exemplares) declaraba que nacía para “cubrir o baleiro dos mediosinformativos adicados á muller”. Outros exemplos da mesma época son Opción eMulleres Democráticas. Na década dos 80, saen á rúa publicacións como Tribuna Feminista, La MujerFeminista, Desde el Feminismo ou Mujeres Libertarias, editadas por grupos de mulleresfeministas. Todas elas tiñan en común a súa orientación non comercial e baixa tirada. 1 Mencionado por Larrondo Ureta no artigo “La Red al servicio de las mujeres: aproximación a la relación mujer y medios de comunicación en Internet”, 2005 - 12 -
  12. 12. Participación en Rede Na década dos 90, coa irrupción en escena das Novas Tecnoloxías daComunicación, o panorama mudou significativamente, xa que o ciberespazo propiciou acreación de modelos de difusión menos dependentes dos medios tradicionais. Asemade,o espazo virtual de Internet pon ao alcance do movemento feminista unha ferramentaque posibilita que as mulleres poidan ser autoras, transmisoras e destinatarias deinformación. O abaratamento e internacionalización da comunicación en rede facilitaque grupos de mulleres de todo o mundo interactúen de cara a formulación deestratexias de cohesión e/ou intercambio de experiencias e apoios nos espazoscomunicativos virtuais. Por todo isto, parece razoable afirmar que o colectivo femininoatopa na nova plataforma dixital un escenario reivindicativo sen igual, no que poderacceder a contidos coherentes cos seus intereses e necesidades informativas. (Larrondo,2005). Tal como indica Boix (2001), a primeira fase da presenza de moitas websfeministas xorde ao mudar as revistas tradicionais, o papel polo formato electrónico.Este adquire vida propia e, en moitos casos, acaba desbancando ao papel porque oúltimo ten máis custes de edición, resulta máis complexo modificar contidos e formato,a súa dinámica é menos interactiva e a súa distribución máis lenta. Algúns exemplospoden ser a revista Il Paese delle donne (Roma) ou Creatividade Feminista (México),unha das web feminista de maior prestixio en español. Tamén a radio e a televisión teñen o seu espazo a través da rede, tal como é ocaso de FIRE en Costa Rica, a primeira radio feminista que emite a través de internet(desde 1998) ou o grupo Penélopes que en 1999 comeza a emisión dun programa detelevisión dixital ao que se accede a través da súa web. Deste xeito, en opinión de Larrondo (2005), internet converteuse nun mediocomunicativo que ofrece novas posibilidades para o feminismo que, a súa vez, seenfronta a novos retos derivados da conxunción de comunicación e tecnoloxía dixital eque trae consigo a necesidade de construír unha identidade feminina coherente cosparámetros da Sociedade da Información. 1.1.2. Tic E Cultura Feminista Falar de novas tecnoloxías e dos seus usuarios, tradicionalmente, era falar enmasculino, xa que a historia da tecnoloxía estivo desde sempre vinculada aos homes.Dito así, podería pensarse que as mulleres contribuíron pouco ao progreso científico - 13 -
  13. 13. Marcha Mundial das Mullerespero, o que aconteceu foi que os seus logros científicos e tecnolóxicos foron ignoradose/ou deixados a un lado co fin de fortalecer e exaltar o discurso masculino dominante.Boa proba disto é, por exemplo, o descoñecemento das aportacións de Ada Lovelace,primeira programadora de máquinas, Grace Murray Hopper (COBOL32) ou as mulleresdo ENIAC33 (Piñeiro Otero, 2009). A esta realidade, debemos engadir, tal como sinalan De Miguel e Boix (2002)que a informática, a rede, non son só actividades que requiran unhas determinadashabilidades matemáticas e técnicas senón que tamén son cultura, é dicir, un conxunto denormas de comportamento, crenzas e actitudes non sempre explícitas. Parte destacultura son os videoxogos e a pornografía; onde a violencia, os corpos femininosfortemente sexualizados, a submisión da muller fronte ao home e outros contidosasociados a masculinidade ou misóxinos e sexistas fomentan un maior acceso doshomes ao mundo virtual, ao tempo que propicia o rexeitamento por parte das mulleres. Os condicionantes sinalados están detrás da fenda dixital de xénero. Estaengloba as dificultades de acceso ás novas tecnoloxías que teñen as mulleres encomparación cos homes. Así pois, o xénero, xunto a outras características individuaiscomo a idade, o nivel de estudos ou a situación laboral, pode converterse nun factormáis de exclusión social. Ao facer unha análise da situación da incorporación ás TIC,desde unha perspectiva de xénero, cómpre diferenciar a existencia de varias fendasdixitais de carácter e alcance diferente, tal como recolle o “Informe Anual sobre eldesarrollo de la sociedad de la información en España” (Fundación Orange, 2009). A primeira prodúcese no momento do acceso ás TIC e marca a diferencia entrequen as empregou nalgunha ocasión e quen nunca o fixo. Tendo en conta ascaracterísticas da poboación que accedeu a Internet algunha vez, a idade, o nivelformativo, a situación laboral e o xénero, obsérvase unha relación coa masculinización efeminización relativa a determinadas disciplinas académicas e as diferenzas en contidose intensidades tecnolóxicas que presentan. Así, esta problemática relacionase con feitoscomo o estancamento e/ou redución da porcentaxe de mulleres que estudan carreirastecnolóxicas ou coa escasa proporción de mulleres que traballan como profesionais dainformática. Con respecto á segunda fenda dixital de xénero, cómpre destacar o seu carácterfundamentalmente cualitativo, marcado polas diferenzas en habilidades tecnolóxicas - 14 -
  14. 14. Participación en Rede(que se sabe facer), na intensidade (canto se fai) e o tipo de uso (que se fai). Este feitoafecta de xeito especial a quen xa está incorporado a estas tecnoloxías. Supón a barreiramáis importante de cara á inclusión das mulleres en internet e o aproveitamento do seupotencial, en termos de capital humano e social ao facer un uso menor das TIC. En relación á terceira, é dicir, a aquela que ten que ver cos usos avanzados(aplicacións de internet máis innovadoras), obsérvase que os homes tenden a facer unmaior uso da rede con fins de consumo e lúdicos, nos que hai unha maior presenza deprodutos tecnolóxicos. Pola contra, as mulleres presentan unha tendencia maior a optarpor servizos cun maior contido práctico e social. Con todo, o devandito estudo tamén sinala a crecente presenza da muller nomundo internauta, ata o punto de que en países como Alemaña, Italia ou Xapón, amaioría de usuarios son mulleres. Pola contra, en países nos que a muller atopa maioresbarreiras, internet é unha tecnoloxía maioritariamente masculina. Así na India, só o 20%das internautas son mulleres e en Oriente Medio non acadan nin o 10% da poboacióninternauta. En España, segundo datos do INE (2009), as mulleres representan o 47,4 %dos internautas fronte ao 52,6 % dos homes. No caso galego, segundo datos doObservatorio Galego da Sociedade da Información (2008), o 45,1% dos internautas sonmulleres fronte ao 56,8% dos homes. As novas tecnoloxías da información fixeron posible superar todo tipo debarreiras de comunicación ao tempo que posibilitaron a realización de moitos avancessociais, tales como: achegar a información a sitios illados, o teletraballo, unha xestióndistinta da vida en xeral (e-administración, e-banca, e-learning...). Todo isto prometíaser fonte de igualdade, individualismo, emancipación e progreso. En troques, segundoMayte Bodeque (2008), ao igual que foi positivo, a sociedade da información e as novastecnoloxías trouxeron consigo novas formas de discriminación e exclusión social que faique o acceso e o uso, tal como vimos anteriormente, sexa diferente tanto a nivel global(diferenzas entre países, entre o Norte e o Sur) como dentro das propias sociedades(sexo, idade, nivel de estudos, ocupación, ingresos...). A popularización de novas tecnoloxías levou parello unha reflexión sobre asrepercusións do tecnolóxico na subxectividade contemporánea (Wajcman, 2006) e acultura feminista non é allea á mesma. Segundo Clúa (2006), se o feminismo dasegunda onda (anos 70) mantivo con frecuencia posturas contrarias á tecnoloxía, por - 15 -
  15. 15. Marcha Mundial das Mulleresconsiderala unha ferramenta máis do patriarcado para controlar a natureza das mulleres;estas, ante o determinismo tecnolóxico, empregaron como estratexia política areivindicación do especificamente feminino (valores anti-tecnolóxicos). Encontraposición ás posturas tecnófobas, o ciberfeminismo defende que as redes dixitaisson un espazo efectivo de cambio, no que os valores lineais, xerárquicos e patriarcaisson substituídos pola horizontalidade e a comunidade. O ciberfeminismo, en palabras deWajcman (2006), repensa o virtual como un ámbito que, aínda que tecnolóxico, nonposúe as súas características tradicionais: fronte ao control, o imprevisible e o fluxo dasidentidades, de xeito que as posicións de identidade fixas e duais nas que se fundamentao pensamento occidental desartéllanse. En termos semellantes exprésase Larrondo (2005), para quen os cambiosoperados pola chamada “revolución tecnolóxica”, permitiron ao feminismo aposibilidade de innovar accións anteriores e transformar o debate en torno á relaciónmuller-tecnoloxía. O ámbito técnico e científico xa non é exclusivo do sexo masculino eas mulleres comezan a ver as vantaxes que reporta o seu uso. Deste modo, odesenvolvemento das TIC e a súa relación coa causa feminista da lugar a unha novarepresentación da muller, a partir do uso das redes como internet. Tendo en conta esteenfoque, o feminismo pretende lexitimar e instaurar políticas de inclusión a través donexo de imaxes, palabras e expresións de diversa natureza. Dito todo o anterior, amesma autora considera o ciberfeminismo como “reflexo dos novos horizontes queteoría e praxe feministas vense inducidas a concibir en resposta das demandas da novatecnocultura”. Tanto para Barranquero (2003) como Larrondo (2005), o termo“ciberfeminismo” ten tres usos básicos: uso dos ordenadores e as novas tecnoloxías parapropagar a causa feminista; rama da crítica feminista que intenta desenmascarar ospresupostos patriarcais que hai detrás dos computadores e a rede, intentando que ociberespazo sexa un lugar de comunicación e intercambio simbólico máis equilibrado e,por último, creación de cibercomunidades e zonas autónomas onde as mulleres poidanatoparse a si mesmas e reconstruír a súa identidade fóra da influencia da mentalidadepatriarcal. Foi a británica Sadie Plant quen inaugurou o movemento ao referenciar a palabra“ciberfeminismo” en 1995, argumentando a necesidade de abrir un espazo “o - 16 -
  16. 16. Participación en Redeciberespazo”, onde os humanos en conexión coa tecnoloxía da información, encontrasennovos modos de construír o suxeito e a identidade humana. En setembro de 1997 tivo lugar o Primeiro Encontro InternacionalCiberfeminista en Kassel (Alemaña). O debate centrouse en definir que era ociberfeminismo, que aportaba e cales eran os seus obxectivos na nova era globalinformativa e tecnolóxica. Aínda que intentaron fixar algúns límites e apuntar métodos e obxectivos, omovemento segue sendo unha corrente híbrida de traballo, reflexión e análise sobretecnoloxías da información e xénero. Non cabe un proxecto único nin un espazo ondepoidan converxer as diferentes posicións, senón que se aposta polo intercambio, ainterdisciplinariedade e a heteroxeneidade de discursos. Así, o movemento sería unnovo modo de activismo feminista que emprega como canle e ten como obxecto deanálise os novos medios de comunicación tecnolóxicos e a súa relación coa construcióndo xénero e os discursos. (Barranquero, 2003). Para este mesmo autor, os trazos que definirían este movemento serían osseguintes: ♦ Disparidade de propostas: estas van desde o extremismo máis radical ata propostas máis moderadas e integradas. ♦ Aposta polo tecnolóxico: a primeira ruptura do ciberfeminismo co movemento feminista tradicional estivo motivada polo seu rexeitamento a un activismo feminista antitecnolóxico, que pensaba a tecnoloxía dentro dun discurso patriarcal e por iso debía ser descartada. Para o ciberfeminismo, a tecnoloxía é máis que un medio para a difusión de ideas, é unha das canles máis importantes para a propagación do feminismo. ♦ Aínda que algunhas correntes defenden que internet conseguirá anular as xerarquías a través do intercambio libre de información, maioritariamente crese que a rede inscríbese nun marco económico, político e social predeterminado que inflúe e é influenciada pola mesma. ♦ Crítica da hexemonía masculina: relacionada esta, entre outras, coa orixe militar da rede e co seu valor actual, fundamentalmente económico, en circuítos de - 17 -
  17. 17. Marcha Mundial das Mulleres mercado onde a muller non é vista tanto como suxeito consumidor da mesma senón como produto. Retomando o tema da disparidade de propostas, Reverter (2001) diferencia dúasgrandes posturas: a netopía e a distopía. A primeira delas engloba as “posturas dedinamización e avance”, defendidas por un ciberfeminismo liberal cuxosposicionamentos utópicos entenden o espazo virtual como un ideal liberador depolaridade de xénero, como abandeirado da igualdade e o pluralismo. Pola contra, asegunda da acubillo a “posturas de resistencia e defensa” que denuncian a escasarepresentatividade feminina no ciberespazo, así como a escaseza de modelostecnolóxicos femininos no mundo cibernético. Nesta última inxírese o “ciberfeminismoradical”, corrente que entende que a cibercultura non só non cambiou os estereotipos dexénero, senón que acentuou a discriminación e a opresión da muller. Continuando con este debate, Núñez (2007) alude aos posicionamentos utópicose fronte a estes, ou mellor complementándoos, sinala o tecnofeminismo que, segundofeministas como Wacjman, sería a solución óptima ás barreiras de acceso das mulleres áxestión das novas formas de tecnoloxía. Deste modo, o tecnofeminismo sitúa aociberfeminismo nunha realidade social que dificulta o acceso ás Novas Tecnoloxías, porparte das mulleres, e propón reforzar os mecanismos sociais precisos para propiciar ainclusión plena das mulleres no proceso non só de uso, senón tamén de xeración ouprogramación da tecnoloxía. Isto evitaría a fenda dixital e recuperaría para a muller unterreo que desde sempre se asociou ao home (Wajcman, 2006). Para Clúa (2006), o tecnofeminismo proposto por Wajcman é un novo enfoquedas relacións de xénero e tecnoloxía. A súa característica fundamental é a “análiseresponsable da tecnoloxía, fuxindo tanto da tecnofobia como do optimismo desmedido”. En España (Núñez, 2007) o tecnofeminismo foi reformulado por Boix co nomede ciberfeminismo social. Este faise eco non só das preocupacións e debates sobre asnovas construcións de identidade na rede, senón tamén de explorar unha aproximación ápraxe feminista desde a inclusión das mulleres no ámbito, tradicionalmente masculino,de programación e creación de redes. Tal como sinalaba Barranquero (2003), o ciberfeminismo carece dun corpusteórico preciso e ben delimitado. Isto non é impedimento para falar de prácticasdiscursivas igualitarias que conectan e difiren de feminismos precedentes. Neste senso, - 18 -
  18. 18. Participación en Redeo actual uso de internet da lugar a novos espazos de acción e reinterpretacións da teoríafeminista tradicional, que nin abandona os modelos anteriores nin os temas clásicos domovemento de mulleres. En relación ao ciberactivismo, este produce linguaxes e imaxes renovadas quetratan de mellorar a condición da muller e desafiar a idea de suxeito tecnofóbico coobxecto de acadar un maior acercamento do colectivo feminino a internet e promover oseu uso efectivo. Así pois, o ciberfeminismo (e máis concretamente o tecnofeminismoou ciberfeminismo social) sumase á transformación tecnolóxica que vive a sociedadeactual, impulsando a representación feminina na contorna virtual. Con este obxecto, sonbuscados novas canles de comunicación, ata o de agora descoñecidas, novos medios queposibiliten a loita feminista no escenario virtual (Larrondo, 2005). 1.2. REDES DE MULLERES E INTERNET O feminismo non é alleo á Era da Sociedade da Información e aínda que nunprincipio amosou as súas reticencias cara as TIC, agora a tendencia maioritaria éempregar a rede para difundir as súas ideas, valores e accións. 1.2.1. Orixes Na década dos 70 e 80 xurdiron diversas redes internacionais de mulleres quefacilitaron o coñecemento mutuo, o intercambio de ideas e experiencias desde diferentesrealidades económicas, culturais e sociais. A isto hai que engadir a celebración dediversas conferencias temáticas, auspiciadas por organismos internacionais comoNacións Unidas, as cales permitiron ás mulleres participantes intercambiar enderezos eteléfonos. Segundo Monserrat Boix (2001) estes feitos demostraron a importancia dacreación de redes aínda que o proceso de comunicación e contacto fora complexo, lentoe a miúdo elitista. A principios dos 90, aparecen as novas tecnoloxías da comunicación. O correoelectrónico e internet pronto foron vistas e empregadas para o desenvolvemento e adefensa dos dereitos das mulleres. A experiencia e o activismo na mobilización degrupos de mulleres no uso destas ferramentas permitiron que, anos despois, xurdiran - 19 -
  19. 19. Marcha Mundial das Mulleresproxectos alternativos, claves na consolidación da presenza e loita das mulleres e dofeminismo en Internet. Foi neses anos, cando algunhas organizacións sociais comezaron a estudar asposibilidades das TIC na democratización da comunicación e empregaban o correoelectrónico e os grupos de novas para debater estratexias e coordinarse. Os servidoresalternativos de referencia foron IGC en EEUU e GreenNet no Reino Unido, xermolo deAPC (Asociación para o Progreso das Comunicacións), unha das principais redesmundiais da sociedade civil na Rede. Un dos programas desta asociación sen ánimo de lucro é o PARM (Programa deApoio Rede de Mulleres). Este comeza a súa andaina en 1993 en resposta ásnecesidades e demandas das mulleres. A IV Conferencia Mundial sobre a Muller e orápido desenvolvemento das tecnoloxías das comunicacións internacionais, foron osfactores que desencadearon a súa posta en marcha. O desenvolvemento das TIC e o intercambio de información, propiciaron que ásorganizacións de mulleres de todo o mundo tiveran a posibilidade de ampliar o alcancee o impacto do seu traballo de cara a fortalecer a súa capacidade de rede. Internet ofertade xeito máis barato e eficiente a comunicación e o intercambio de información.Asemade, as mulleres están vinculando as súas redes informáticas con sistemas decomunicación autóctonas e non electrónicas (boletíns de novas, radio, teatro, educaciónpopular...) co obxecto de que aquelas mulleres e/ou territorios desconectados teñanacceso á información e non queden excluídas/os da sociedade da información e dasnovas oportunidades e desafíos que reporta (Boix, 2001). Con todo, debido a cantidade de información electrónica, cómpre, segundo aPARM, que as mulleres aprendan e obteñan as ferramentas axeitadas para acceder exestionar as mesmas e participen no intercambio electrónico de información, algo quenon está a acontecer. De aí a importancia de iniciativas como a de APC que traballan enprol do achegamento das mulleres ás TIC: garantes no acceso local, participación nasxuntanzas de política nacional sobre as TIC, desenvolvemento dos servizos deinformación, reenvío, capacitación en xénero, prestación de recomendacións sobre odeseño e implementación de tecnoloxías de información e comunicación... A finais de 1995 ten lugar en Barcelona, o Foro Internacional “Las periodistas,el Mediterráneo y el Futuro” organizado por Dones Periodistas de Catalunya. Deste - 20 -
  20. 20. Participación en Redeacontecemento douse cumprida conta a través de internet no que se pode considerarunha experiencia piloto. O ano 1996 (Monserrat Boix, 2001) é importante para o desenvolvemento degrupos de redes electrónicas de mulleres en diferentes países. En Italia, o Centro deDocumentación da Muller e a Asociación de Mulleres Orlando de Bolonia inauguran unservidor xestionado por mulleres e con contido de xénero. Dito servidor “Server Donne”ten unha dobre finalidade: dar acceso á rede a grupos de mulleres, asociacións emulleres a título individual e crear un espazo de internet onde as boloñesas poidanconectarse de balde. Tamén en Italia destacou Info@Perla, unha revista de reflexiónsobre as novas tecnoloxías e xénero que dou orixe a creación do grupo Medea,especializado na investigación da telemática relacionada con escenarios presentes efuturos da sociedade dixital. Ese mesmo ano pero en Francia aparece a rede Penélopes, que non só difunde oacceso á información senón tamén a súa producción a través de redes propias demulleres para acadar un movemento de resistencia maior. Pola súa parte, en AméricaLatina son introducidos diferentes textos de feminismo e xénero co apoio dos servidoresalternativos de APC na rexión: Neta, en México ou Ecuanex en Ecuador, por citar sódous exemplos. En 1997 póñense en práctica os programas de subvencións de organizacións einstitucións de apoio as Novas Tecnoloxías. Así, en Canadá, o goberno de Québecsubvenciona un Fondo de Autopistas de Información cuxa finalidade era a formación demulleres na investigación sobre o impacto das novas tecnoloxías e o xénero. Outros proxectos a destacar son Womenspace e a Marcha Mundial das Mulleres.O primeiro tivo as súas orixes en 1995 e foi un espazo (inglés e francés) para a reflexiónsobre o papel das mulleres en internet. Con respecto ao segundo, haberá tempo deprofundar nel, máis adiante, por ser o obxecto deste estudo. 1.2.2. Beijing: Un Antes E Un Despois Se en algo coinciden as distintas fontes consultadas é en considerar a IVConferencia Mundial sobre a Muller, celebrada en Beijing (China, 1995), o punto deinflexión no deseño de estratexias políticas do uso das novas tecnoloxías por parte dasmulleres. - 21 -
  21. 21. Marcha Mundial das Mulleres Os medios de comunicación e prensa tradicionais ignoraron ou, no mellor doscasos, pasaron por alto informar sobre a IV Conferencia Mundial sobre a Muller. Assúas temáticas, discusións e debates non eran do interese dos informativos da radio e atelevisión; tampouco ocupaban un espazo destacado nos xornais. Boa parte do queacontecía en Beijing era comunicado ao mundo a través de canles alternativos,especialmente a través da comunicación electrónica. O Programa de Apoio a Redes deMulleres (PARM- APC) preparou un centro de comunicación que rexistrou centos devisitas diarias, mantendo aberta a comunicación entre as mulleres que asistían áConferencia e as que permanecían nos países de orixe. Este, ao entender de Boix (2001)e Rostagnol (2003) “foi o gran fito para a consolidación das redes de mulleres da mandas TICs”, xa que internet foi a única ferramenta que lles permitiu estar informadassobre o que sucedía, ao tempo que participar a distancia nos debates que se estaban adesenvolver. Levar a cabo o dobre xogo de obter información e de diseminar a propia supón abase do diálogo propio das redes. Estes intercambios que permiten compartirpreocupacións, experiencias e ilusións son, para Rostagnol (2003), “os que posibilitan odesenvolvemento de comunidades solidarias, a partires das cales as organizaciónsavanzan cara logros sucesivos no camiño da construción dunha cidadanía plena”. Outra das razóns, polas que a Conferencia de Beijing supuxo un punto deinflexión, foi porque sentou as bases para o desenvolvemento futuro das políticasencamiñadas ao acceso e uso das TIC polas mulleres e a visibilidade destas por partedos medios. Neste senso, é importante facer mención ao obxectivo estratéxico J “Amuller e os medios de difusión”. Nel recóllese a necesidade de “aumentar o acceso damuller e a súa participación na expresión das súas ideas e a adopción de decisións nosmedios de difusión e por conduto deles, así como nas novas tecnoloxías dacomunicación (J.1)”; “fomentar unha imaxe equilibrada e non estereotipada da mullernos medios de difusión (J.2)”. Deste obxectivo estratéxico despréndese; por un lado, anecesidade de facilitar o acceso das mulleres as TIC, ao tempo que dispoñan desuficiente poder adquisitivo para poder sufragar o seu uso, habilidades técnicas paramanexar as ferramentas, capacidade intelectual para filtrar e avaliar a información,motivación para a busca de información e habilidade para aplicala a súa realidade. Polooutro, fai fincapé en que os medios deben promover unha imaxe non estereotipada das - 22 -
  22. 22. Participación en Redemulleres e non ignorar sistematicamente información do seu interese. Todo isto éimportante de cara a que estas non rexeiten as TIC por consideralas un espazo sexista eque vulnera a súa identidade como persoas e como mulleres. 1.2.3. Redes De Mulleres Nas últimas décadas, os movementos sociais en xeral e os movementosfeministas en particular, relaciónanse, cada vez máis a través de distintas agrupacións enrede. Estas redes nacen da unión de organizacións xa existentes, entre individuos ou deorganización e grupos. Segundo Rostagnol (2003), na maioría dos casos, as redes sonformacións de estrutura diluída pero con núcleos consistentes. Neste escenario, as TICsson un instrumento axeitado tanto para a formación como para a consolidación dasredes; permiten rapidez na comunicación, dispoñibilidade de información e acceso aocoñecemento. Son moitas as redes de mulleres. Non é obxecto deste traballo facer unhadescrición de todas elas pero si resulta de interese mencionar a algunhas delas2: Dawn,un movemento anterior ao boom das Novas Tecnoloxías que soubo facer uso delascando apareceron, PARM que centra o seu labor na capacitación TIC como arma para oempoderamento das mulleres, Alainet Mujer que defende o dereito das mulleres ácomunicación e á formación de redes e por último, Mujeres en Red e E-mujeres, dúasRedes a nivel nacional. Development Alternatives with Women for a New Era (DAWN). Esta organización ten a súa orixe en Bangalore, India en 1984 na antesala do Cumio Internacional que sinala o Decenio das Nacións Unidas para o Adianto da Muller. Nese momento, un grupo de mulleres comprometidas, de diferentes países, xuntáronse para compartir as súas experiencias en relación a estratexias de desenvolvemento, política e investigación. Cuestionaron o impacto do desenvolvemento nas persoas pobres, especialmente nas mulleres e expresaron a urxente necesidade de apostar pola implementación de procesos alternativos que cubriran as necesidades básicas para a supervivencia da maioría da poboación 2 A información relativa ás redes que se mencionan está extraida das súas respectivas webs. Consultar bibliografía ao respecto. - 23 -
  23. 23. Marcha Mundial das Mulleresmundial. Co tempo, transformouse nunha rede de intelectuais feministas,investigadoras e activistas do Sur que conta cun foro para feministas que sedediquen á investigación, análise e promoción de temas de carácter global(economía, sociedade e política) que afectan aos medios e nivel de vida e aosdereitos e as perspectivas de desenvolvemento das mulleres (especialmente daspobres e marxinadas das rexións do Sur). O seu obxectivo é apoiar amobilización das mulleres na sociedade civil para loitar contra as desigualdadesa nivel mundial, nacional e rexional ao tempo que promover alternativasfeministas.Entre as súas actividades inclúense a elaboración e difusión da análiseeconómica, cultural, política e social que están detrás das desigualdades dexénero, clase, raza e outras formas de discriminación; a participación en forosrexionais e mundiais, intergobernamentais e non gobernamentais, onde se debatasobre os procesos e prácticas que prexudican ás mulleres pobres no Sur; e o co-patrocinio de iniciativas globais da sociedade civil encamiñadas a acadar aequidade de xénero e/ou desenvolvemento sustentable.Programa de apoio ás redes de mulleres (PARM).Ao tempo que un programa de APC tamén é unha rede de mulleres de todo omundo que difunde o uso da tecnoloxía para o empoderamento da muller. Naceua principios dos 90 co obxecto de promover a igualdade de xénero no deseño, aimplementación, o acceso e o uso das tecnoloxías da información e acomunicación, así como nas decisións sobre políticas e marcos reguladores.Esta asociación está constituída por feministas e activistas que parten da idea deque as TIC son importantes para transformar as relacións sociais e de xénero.Máis de 175 mulleres de 35 países (bibliotecarias, programadoras, xornalistas,deseñadoras, académicas, investigadoras e comunicadoras) xúntanse on-line paratraballar en proxectos nos distintos continentes.As tarefas que desenvolven van encamiñadas a capacitar aos movementos demulleres no uso estratéxico e creativo das TIC para que poidan moldear eadaptar a tecnoloxía. Isto, segundo a asociación, facilita ás propias mulleres aposibilidade de analizar a converxencia entre os asuntos das TIC e a axenda - 24 -
  24. 24. Participación en Rede sobre os seus dereitos. Outra das súas principais tarefas é crear ferramentas e recursos para profundar na análise de xénero nos proxectos e políticas de TIC. As áreas nas que traballan son o activismo en xénero e políticas TIC, violencia cara as mulleres e TIC e avaliación de xénero e investigación en TIC. Entre os proxectos desenvolvidos pola Rede, sinalar os seguintes: ODM3: ¡Dominemos la tecnología! para erradicar la violencia hacia las mujeres, Iniciativa Open Net-Asia: marco de investigación con perspectiva de género sobre prácticas de censura y vigilancia o EroTICs: un proxecto de investigación sobre a sexualidade e internet. América Latina en Movimiento (Alainet Mujer). Área da Axencia Latinoamericana de Información cuxo propósito é “contribuír ao desenvolvemento dunha cultura democrática e participativa, fundamentada na igualdade entre os xéneros”. Traballa xunto a outras organizacións sociais que defenden os mesmos ideais de cara ao fortalecemento, a nivel internacional, do avance organizativo e reivindicativo dos movementos e redes de mulleres, a través do desenvolvemento dos procesos comunicativos. A área Mulleres de ALAI impulsa e promove o avance do dereito das mulleres á comunicación e a creación de redes sociais. A información sistematizada e análise que difunde da acubillo ás diversas posturas, propostas e problemáticas dos movementos de mulleres e feministas do continente americano. En España, débese facer referencia a dúas redes de mulleres: Mujeres en Red eE-mujeres. Segundo Núñez (2008), os presupostos teóricos destas dúas redes sondiferentes: Así, Mujeres en Red estaría máis próximo ao tecnofeminismo, entendidocomo transformación social mediante o acceso ás novas tecnoloxías. Nembargantes,Eleusis bebe da visión máis utópica da teoría ciberfeminista: a rede proporciona aposibilidade de situar os problemas feministas nun novo espazo de visibilidade. Mujeres en Red. Esta web nace en 1997 aloxada no servidor Nodo 50 (membro de APC en España). En palabras da súa fundadora, Monserrat Boix (2001) “era un proxecto meramente intuitivo xurdido do intento de investigar as posibilidades do uso das - 25 -
  25. 25. Marcha Mundial das Mulleres novas tecnoloxías en internet e favorecer a información e comunicación entre as mulleres no mundo”. Mujeres en Red non é unha ONG organizada senón unha comunidade virtual de mulleres que medra e muda a medida que o fan as circunstancias. Un dos seus primeiros cometidos foi visibilizar e organizar os recursos existentes, identificando as webs de mulleres e facendo unha listaxe por temas e países. Máis tarde apareceron os espazos temáticos: saúde, educación, muller e política, integrismos, globalización, xénero, violencia, aborto... O que buscaban era compartir o coñecemento como punto esencial para a loita no empoderamento colectivo das mulleres (Boix, 2001). Asemade, consideraron fundamental, ademais de crear un espazo común na web, dispor de contas de correo electrónico de cara o envío de informacións urxentes, de coordinación, axendas... E-mujeres:Asociación feminista para a igualdade das mulleres. Fundada a finais dos 90 por Bertomeu e Rubio, configúrase como unha revista on-line e a súa estrutura reproduce a arquitectura simbólica dunha cidade virtual (Núñez, 2008). O propósito do portal, segundo as súas fundadoras “é promover o intercambio, a convivencia e a civilidad entre mulleres”. O portal, seguindo o esquema de cidade virtual, divídese en ágora pública e virtual, ao tempo que proporciona información sobre saúde, asesoría xurídica e emprego, comunicación... Un dos seus puntos fortes é a oferta de recursos sobre distintas propostas teóricas da praxe feminista. Tamén conta cunha oferta formativa cuxo obxectivo é aproximar as mulleres ás TICs. 1.3. MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES3 A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de acciónsfeministas. Está composto por grupos de féminas e organizacións que actúan paraeliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia cara as mulleres. Loitan contratoda forma de desigualdade e de discriminación sufridas por estas. Os seus valores e 3 Todo a información de carácter descritivo recompilada sobre a MMM nesta investigación está extraida dos seus espazos webs así como das entrevistas realizadas a membros do Movemento. - 26 -
  26. 26. Participación en Redeaccións van encamiñadas a conseguir un cambio político, económico e social. Estes, asúa vez, artéllanse arredor da solidariedade mundial, a igualdade entre mulleres, entresexos e entre os pobos. Buscan o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e ofortalecemento das alianzas entre estas e con outros movementos sociais, tales como: OForo Social Mundial, REMTE (Red Latinoamericana de Mujeres Transformando laEconomía), Vía Campesina, LGBT (lesbianas, gays, bisexuais e transxéneros), ALAI(Axencia Latinoaméricana de Información), movementos antiglobalización... O diálogoda Marcha con movementos aliados ten un dobre obxectivo: por un lado, facerconscientes a estes das desigualdades internas de xénero e polo outro, participar a nivelrexional e temático en accións destes grupos afíns. As alianzas son máis fortes con aqueles grupos cos que a MMM ten unha maiorafinidade, pero a falta desta non imposibilita o establecemento de acordos puntuais congrupos que representan puntos de vista ou modos de actuar diferentes. Así, compartenaccións a nivel nacional e internacional con correntes feministas anarquistas emovementos antiglobalización, principalmente en contra dos cumios celebrados porentidades como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional, a OrganizaciónMundial do Comercio ou o G8. Do mesmo xeito, participan en debates ou establecenalianzas tácticas específicas sobre cuestións concretas con grupos ou redes feministas,con perspectivas moi diferentes a súa, como é o caso de grupos compostos e dirixidospor mulleres brancas, listas, ricas e xeralmente do Norte. Este modo de actuar responde a consigna do Movemento “cambiar o mundopara cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo para cambiar a vida dasmulleres”. Nela tratan de artellar (MMM, 2008) as loitas xerais coas loitas específicas,partindo da base de que xénero, raza e clase estruturan sociedades desiguais e inxustas.Do mesmo xeito, entenden que capitalismo e patriarcado non poden ser analizados porseparado e que a pobreza e a violencia sexista son dúas consecuencias dunha mesmarealidade e polo tanto requiren dunha abordaxe conxunta. 1.3.1. Un Pouco De Historia A MMM xorde no ano 1998 e o seu antecedente foi a Marcha das Mullerescontra a pobreza. Esta tivo lugar en Quebec en 1995 e foi iniciada pola Fédération desfemmes du Québec. Nela participaron arredor de 850 mulleres que marcharon durante - 27 -
  27. 27. Marcha Mundial das Mulleres10 días, levando consigo 9 reivindicacións de carácter económico. Ao termo do seupercorrido foron acollidas por 15.000 persoas. A Marcha contra a Pobreza mobilizou aoconxunto do Movemento feminista e gañou o respaldo de varios sectores da poboación. A presenza na Marcha, de 1995, dunhas vinte mulleres procedentes do Sur puxode manifesto a necesidade de solidarizarse a nivel mundial. Neste senso, a ConferenciaMundial de Beijing serviu para confirmar que, en calquera parte do mundo, as mulleresestán dispostas a loitar pola igualdade, o desenvolvemento e a paz. Foi aquí onde seconcibiu a idea dunha Marcha Mundial das Mulleres. A constitución desta Rede comezou no ano 1997. En outubro de 1998, unhas140 representantes de 65 países reuníronse en Montreal, invitadas polo Comité deCoordinación da Marcha, o cal estaba formado por mulleres do Quebec. Nestaxuntanza, acordáronse os dous eixos centrais da MMM: a eliminación da pobreza nomundo e a eliminación da violencia cara as mulleres. Estes, a súa vez, artéllanse en 17reivindicacións mundiais4 e reivindicacións nacionais. Tamén ese mesmo ano, 1998,queda constituído o Comité de Enlace Internacional (CEI). Este Comité, integrado por44 mulleres, será o encargado de organizar as accións mundiais.O 8 de marzo de 2000dáse a coñecer oficialmente a MMM, a escala mundial, a través dunha rolda de prensacelebrada en Montreal, e na que tamén participaron, a través da rede, mulleres que seatopaban en Nova Iork e Xenebra. 1.3.2. Obxectivos5 ♦ Fortalecer e manter un vasto movemento de solidariedade entre todas as mulleres e organizacións de base para que a Marcha constitúa un xesto de afirmación das mulleres do mundo. ♦ Promover a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes, entre mulleres e, entre todos os pobos. 4 http://www.marchamundialdelasmujeres.org/revendications/cmicfolder.2006-01- 13.7149178479/cmicarticle 5 Obxectivos conformes ás modificacións realizadas durante o VI Encontro Internacional celebrado en Lima do 2 ao 9 de xullo de 2006. - 28 -
  28. 28. Participación en Rede♦ Seguir construíndo e fortalecendo un amplo proceso de educación popular onde todas as mulleres poidan analizar por si mesmas e para elas mesmas, as causas da súa opresión, da súa discriminación e as posibles alternativas.♦ Pór en práctica as reivindicacións e as alternativas comúns aos movementos das mulleres do mundo, a escala local, rexional, nacional e internacional, arredor dos temas da pobreza e de violencia cara as mulleres.♦ Exercer presións políticas sobre os gobernos e as institucións políticas multilaterais para que leven a cabo as modificacións precisas para mellorar as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo, incluíndo unha política de desarme e de resolución pacífica de conflitos, a fin de todas as impunidades e da corrupción, o uso da violación como arma de guerra, as ocupacións e a presenza militar estranxeira ao igual que a imposición de bloqueos político e económicos.♦ Rexeitar e denunciar as institucións internacionais financeiras, económicas e militares que empobrecen e marxinan ás mulleres e/ou incrementan a violencia cara elas. Traballar con propostas institucionais alternativas.♦ Levar á poboación no seu conxunto, a outros sectores da sociedade e aos movementos sociais a apoiar e realizar os cambios que sexan precisos para mellorar a posición, as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo enteiro.♦ Elaborar e instrumentar accións e propostas feministas con miras a denunciar as corporacións, institucións económicas e financeiras e gobernos que propician a explotación e a degradación dos recursos naturais, o cambio climático e a perda da biodiversidade. Loitar pola soberanía na xestión dos recursos ambientais que conduza a un modelo de desenvolvemento que atenda as necesidades fundamentais das xeracións presentes e futuras. - 29 -
  29. 29. Marcha Mundial das Mulleres 1.3.3. Valores6 ♦ O liderazgo da organización está en mans das mulleres. ♦ Todas as rexións do mundo comparten o liderazgo da acción ♦ Os grupos participantes activos únense ás metas, valores, obxectivos e ao plan de acción global pero son autónomos no que toca á organización das accións nos seus respectivos países. ♦ Recoñecen, respectan e valoran a diversidade (realidades das mulleres, os países, os enfoques políticos e as estratexias de acción) dos movementos das mulleres. 1.3.4. Estrutura da Marcha Mundial das Mulleres A Marcha Mundial das Mulleres está formado polos seguintes Órganos de tomade decisións: Secretariado Internacional. Órgano de Coordinación Mundial da Marcha. Está composto por unha Coordinadora, unha Axente de Enlace e unha Comunicadora. Comité Internacional. Defende activamente os intereses e decisións da MMM. Este Comité, que se xunta dúas veces ao ano e funciona de xeito colexial, está composto por 9 mulleres, representantes electas provintes das distintas rexións do mundo. As súas funcións son ter representatividade rexional e defender os intereses globais da Marcha. As actuais membras foron elixidas durante o 7º Encontro Internacional celebrado en Vigo, outubro de 2008 agás as representantes de Europa que foron elixidas na xuntanza da Coordinación Rexional Europea (febreiro de 2009). Grupos de traballo e Colectivos Internacionais7. A MMM constituíu 3 colectivos: Colectivo Alianzas e Mundialización; Colectivo Comunicacións; Colectivo Paz e desmilitarización e 3 grupos de 6 Valores conformes ás modificacións realizadas durante o VI Encontro Internacional celebrado en Lima do 2 ao 9 de xullo de 2006. 7 Decisións tomadas no IV Encontro Internacional da MMM que tivo lugar na India (Marzo de 2003). - 30 -
  30. 30. Participación en Rede traballo: Violencia cara as Mulleres, Grupo de traballo sobre as alternativas feministas e Grupo de traballo sobre os dereitos das lesbianas. Coordinacións Nacionais da MMM. Están formadas polos diversos grupos participantes da Marcha nun país ou rexión e constitúen a base organizativa da MMM. Son entes autónomos e independentes no que ao seu funcionamento, as súas orientacións e accións nacionais se refire pero están adheridos aos principios e valores da Marcha. As súas responsabilidades, ademais do seu traballo nacional e rexional, son as seguintes: educación popular e de mobilización así como a realización das accións aprobadas durante os Encontros Internacionais da Marcha; toma de posición pública sobre temas políticos; comunicación entre os grupos participantes (en coordinación co Secretariado); a execución das orientacións e decisións tomadas nos Encontros Internacionais (xunto ao Secretariado e ao Comité Internacional) e a implicación nos grupos de traballo e colectivos creados no plano internacional. Asemade, espérase que administren a lista de grupos adheridos, participen na vida democrática da MMM e manteñan unha comunicación fluída co Secretariado Internacional para informar das accións e actividades que levan a cabo no marco da Marcha. Na actualidade, están adheridos á Marcha máis de 5000 grupos repartidos en arredor de 200 países e territorios organizados por rexións: África (51), América (46), Asia-Oceanía (51), Europa (32) e Medio oriente- Mundo árabe (21). 1.3.5. Encontros e Accións da Marcha Mundial das Mulleres As Accións Internacionais son propostas desde o Secretariado Internacional,despois de acordadas nas xuntanzas co Comité Internacional en base a 2 puntos:decisións tomadas no Encontro Internacional no que se decidiu a Acción Internacionaldesde todas as rexións e proposta das coordinadoras da rexión na que se vai realizar amobilización, xa que son estas as que teñen que ocuparse das accións, espazos, datas etoda a infraestrutura loxística que require unha Acción Internacional. Pola súa parte, o Secretariado Internacional é o órgano encargado dacoordinación e difusión das accións a nivel internacional así como da execucióndaquelas actividades que transcenden ás Coordinadoras Nacionais. Cada unha destas - 31 -
  31. 31. Marcha Mundial das Mulleresrealiza as accións marcadas polo Secretariado Internacional pero tendo en conta a súarealidade concreta, con autonomía total para decidir se levar a cabo as propostas tal cal,modificalas, engadir novas actividades ou desenvolver outras, respectando sempre oespírito e obxectivos da Acción Mundial. A nivel rexional, as accións concrétanse en xuntanzas territoriais, onde asCoordinadoras Nacionais (CN) desa rexión organizan actividades e mobilizacións decarácter rexional pero sen perder de vista a Acción Internacional, é dicir, o globaladáptase as circunstancias locais. Todas as Accións da MMM dan comezo o 8 de marzo (Día Internacional daMuller) e rematan o 17 de outubro (Día Internacional para a Erradicación da pobreza).Asemade, son días sinalados no seu calendario o 24 de maio (Día Internacional dasMulleres pola Paz e o Desarme) e o 25 de novembro (Día Internacional contra aViolencia de Xénero). Todas estas datas teñen un carácter simbólico xa que representanas principais loitas da Marcha. Desde o seu nacemento, estas son as principais accións levadas a cabo polaMMM a nivel mundial:1998 Encontro Internacional preparatorio á MMM no ano 20002000 Washington New-York 3º Encontro Internacional celebrado en Montreal: A mundialización é sexista. O foro das2001 mulleres demóstrao! Foro Global de ONGs: O financiamento para o dereito a un desenvolvemento sustentable con2002 equidade (Monterrei- México).2002 Participación no Foro Social Mundial en Porto Alegre (Brasil).2003 A Marcha Mundial das Mulleres no Foro Social Europeo. As Mulleres do Mundo fronte á Organización Mundial do Comercio (OMC). 4º Encontro2003 Internacional (New Delhi- India).2004 Foro Social Mundial en India2004 Encontro Europeo en Vigo (Galicia).2004 5º Encontro Internacional en Kigali (Rwanda). II Acción Internacional: Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade8, Solidariedade Blog,2005 As 24 horas de Solidariedade Feminista, Relevo Mundial, Confección global dunha manta de retais. 6º Encontro Internacional en Lima (Perú). Acordo do Plan Estratéxico 2007-10 que desdobra os2006 temas fundamentais da loita da Marcha en catro campos de acción: ben común e acceso aos recursos, violencia contra as mulleres, paz e desmilitarización e traballo das mulleres.2008 7º Encontro Internacional en Vigo (Galicia).2009 8 de marzo: accións organizadas por CN da Marcha e grupos participantes 8 http://www.marchamundialdelasmujeres.org/publications/charte/es/ - 32 -
  32. 32. Participación en Rede III Acción Internacional que se está a celebrar entre o 8 de marzo e o 17 de outubro. Proxecto:2010 Creación das Camiñantes e Chamando á Acción: Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres! A organización de cada unha destas Accións require da colaboración e o traballoconxunto das estruturas globais e rexionais da MMM. Así, corresponde ao SecretariadoInternacional recibir e coordinar as accións das Coordinadoras Nacionais e, tarefa súa étamén a difusión das diferentes actividades a levar a cabo. Cada unha destas Acciónsconta cunha web propia, ao marxe da web da MMM e ao igual que nesta o contido estáen inglés, francés e castelán. Nela atópase información relativa ao evento e ás distintasactuacións que se van a desenvolver9. Asemade, encargase da imaxe corporativa doevento (logotipos, cartelería...). Este material será empregado como apoio nas campañasde difusión que se desenvolvan en cada rexión. Ao igual que acontecía coas actividades,o material de difusión pode ser adaptado polas CN. Por exemplo, no caso galego,segundo nos comentaron membros da Coordinadora Galega, os recursos humanos eeconómicos dos que dispoñen en cada momento, son elementos primordiais á hora dedecidir que medios de organización e difusión van empregar. Así por exemplo, para aAcción do 2010 aprobaron a principios de ano as liñas xerais de programación e unesbozo das actividades a realizar e en que lugares. Con respecto á difusión, os mediosempregados son a páxina web, o mailing (contactos comarcais e nacionais), medios decomunicación convencionais, charlas de divulgación... No referente á participación,traballan en dous niveis: rexional e comarcal. A nivel rexional contactan coasorganizacións que integran a Coordinadora Galega e a nivel comarcal co tecidoasociativo da mesma. As Accións Internacións lévanse a cabo cada 5 anos e a través delas buscandifundir e mobilizar non só as mulleres senón tamén á opinión pública, tanto a nivellocal como global. Pola contra, os Encontros están concebidos máis de cara ao traballo eao debate dentro do propio Movemento. Xunto a estes eventos propios, destacar a súaparticipación en todo tipo de foros, tanto a nivel rexional como internacional. Todoestas actuacións teñen lugar en calquera parte do planeta, pondo de manifesto, non só ocarácter global da MMM, senón tamén que calquera espazo é válido para a interacción, 9 http://www.mmm2010.info/ - 33 -
  33. 33. Marcha Mundial das Mullereso diálogo e a toma de decisións, sen que estas teñan que ser adoptadas“obrigatoriamente”en centros de poder que por, outra parte, na Marcha non existen. 1.3.6. Campos De Acción Os campos de acción da MMM son: a paz e a desmilitarización, o tráfico sexual,o dereito das lesbianas, as alternativas económicas feministas, as alianzas emundialización e a comunicación como eixos prioritarios. Neste eido destacamos osseguintes feitos: ♦ Declaración das Mulleres pola Soberanía Alimentaria (Nyéléni, 2007). ♦ O Colectivo sobre a paz e a militarización. A súa función é elaborar unha política de intervención da Marcha neste ámbito (producir informes, asegurar a participación da MMM nas mobilizacións contra a militarización e os conflitos armados...). ♦ Loita contra a pobreza. ♦ Colectivo sobre as Comunicacións. A función deste é asegurar a circulación da información entre o Secretariado, o Comité Internacional e as Coordinadoras Nacionais, editar un boletín de enlace internacional, velar pola actualización e o enriquecemento do sitio Web e elaborar unha política de acción destinada á Rede de Alerta. A MMM loita para a erradicación da pobreza e a violencia de xénero. Paraacadar os seus fins non escatima esforzos de cara a establecer alianzas tanto conorganismos sociais en xeral, como con movementos de mulleres e feministas,independentemente de que os seus obxectivos sexan os mesmos ou non. Se algo definea este Movemento e a comunicación horizontal, xa que os acordos que adoptan son porconsenso e se este non se acada, tal como me comentaba un membro da CoordinadoraGalega, o tema apártase ata un momento máis propicio para a súa abordaxe. Isto é, a untempo unha complicación, xa que dificulta a toma de decisións pero é tamén unhariqueza, xa que as voces de todas as mulleres, independentemente da súa raza, condiciónsocial, relixión, lugar de procedencia teñen o mesmo valor. - 34 -
  34. 34. Participación en Rede Asemade, esta argumentación de base é importante para explicar dúascircunstancias, unha de ámbito xeral e outra relativa a súa política de comunicación. Noámbito xeral, a MMM promove a participación das mulleres de a pé fronte a aquelascon cargos políticos ou con recoñecemento público, ás do Sur fronte ás do Norte, as queviven en zonas de conflito fronte as que viven en paz, as que proceden de territoriosonde o feminismo practicamente non existe fronte a aquelas onde este está presente navida política. Con respecto á estratexia de comunicación e ao valor que lle outorgan a súa web,esta, segundo o Secretariado Internacional, é empregada como un medio de expresiónpropio a través do cal transmitir o seu discurso cara a sociedade. En canto as súasfuncións, son as seguintes: divulgar novas e novidades, textos políticos, facilitar oacceso aos materiais de comunicación das Accións, apoiar aos movementos aliados efacer circular as novas que reciben dos grupos participantes e Coordinadoras Nacionaisde todo o mundo. Con todo e sendo conscientes das mulleres que forman parte da Marcha e dasdificultades que moitas delas teñen para o acceso e uso de internet, o alcance destaferramenta é limitado. Debido a isto compaxinan a difusión a través da rede con outrosmedios, tales como publicacións e o traballo directo coas propias mulleres. Así, no laborde base da organización adquire especial importancia a educación popular, xa que através das experiencias cotiás das mulleres, expresadas por elas mesmas, resulta máisdoado comprender as causas comúns dos temas e problemas e como as diferenzas setransforman en desigualdades. Ao mesmo tempo, facilita o compartir experiencias econstruír novos saberes (Marcha, 2008). Por último, sinalar que a Marcha Mundial das Mulleres é un movemento vivo,en constante construción e continua retroalimentación, onde todo é pensado erepensado, ao tempo que se adapta as circunstancias do momento, tal é o caso dosobxectivos, valores e campos de acción, pero sempre sen perder de vista os seus finsprincipais. O mesmo acontece coas Coordinadoras Nacionais, algunhas desaparecen,outras son creadas; as súas motivacións defiren, dependendo da rexión: toma deconciencia, por parte das mulleres da súa situación de opresión, participación demulleres que anteriormente non participaban no movemento de mulleres, unificación do - 35 -
  35. 35. Marcha Mundial das Mulleresmovemento de mulleres ou creación de vínculos entre o movemento de mulleres eoutros movementos sociais, por citar só algunhas (MMM, 2008). 1.3.7. A Marcha Mundial das Mulleres en Galicia Na actualidade, a MMM en Galicia está formada por 30 organizacións (14 decarácter autonómico e 16 comarcais)10 e un número indefinido de mulleres a títuloindividual provintes de sectores sociais e ideolóxicos diversos. A actividade da MMM no noso país, comezou no ano 2000, ano no que seconstitúe a Coordinadora Galega e participan na Mobilización Europea celebrada enBruxelas (Bélxica). Nun principio, foron 41 as organizacións adscritas en Galicia. O seuprimeiro acto arrincou de distintos puntos de Santiago baixo o lema “2000 razóns paramarchar”e simbolizou a unión das feministas galegas que vían a Marcha como unha“rede internacional que lles daba forza nas súas reivindicacións e as unía co resto dasmulleres do planeta que estaban decididas a erradicar coas súas loitas, a pobreza e aviolencia” (MMM-Galiza) No mes de outubro do mesmo ano, convocaron a I Folga de Traballo Doméstico,acompañado dun paro laboral de dúas horas que só tivo repercusión real en cidadescomo Ferrol e Vigo pero que foi importante porque, segundo elas, conseguiron implicar,non só ás organizacións feministas senón tamén aos sindicatos e diversos movementosda esquerda galega. Obxectivos o Sensibilizar á poboación sobre as diferentes situacións e discriminacións que viven as mulleres, tanto a nivel local como global. o Debater e procurar acordos e propostas alternativas para mellorar a vida das mulleres. Estrutura e funcionamento A MMM-Galiza constitúese baixo a forma xurídica de Asociación en marzo de2000. A súa estrutura horizontal está formada por unha Coordinadora Nacional (CN) e 6 10 Datos facilitados pola Asesora Financeira da MMM-Galiza. - 36 -
  36. 36. Participación en RedeCoordinadoras Locais (CL). Da CN forman parte representantes de organizacións decarácter autonómico, representantes das coordinadoras locais e a responsable dofinanciamento, mentres que nas CL participan representantes de organizacións decarácter local ou comarcal, mulleres independentes e mulleres a título individual (estaspertencen a algunha organización participante pero colaboran a nivel persoal). O funcionamento da MMM-Galiza é complexo por dúas razóns principais: atoma de decisións por consenso e o feito de que unha mesma organización podeparticipar como entidade autonómica e comarcal (é o caso dos sindicatos que tanto podeestar adherida a organización xeral como as distintas delegacións comarcais). A CN reúnese cunha periodicidade mensual. O medio empregado para acomunicación dentro da Asociación é principalmente o correo electrónico. Con respecto ao financiamento, o 90% do mesmo procede de subvenciónspúblicas e o 10% restante das cotas (50€ organizacións comarcais, 100€ organizaciónsnacionais e as mulleres independentes ou a título individual non pagan), lotería deNadal e venda de produtos diversos. Desde a súa constitución, A Coordinadora Galega combina a súa implicaciónnas campañas a nivel mundial (participación nos Encontros Internacionais, CartaMundial das Mulleres para a Humanidade, Manta Mundial da Solidariedade...) e odeseño de campañas propias adecuadas á realidade galega. As reivindicacións de carácter local, nun principio, foron recollidas no que elasdenominan “A nosa táboa reivindicativa11” e estas agrúpanse arredor de 5 grandestemas: defensa dos dereitos laborais e outros medios de subsistencia das mulleres,contra a pobreza e a exclusión social, contra a violencia de xénero, polos dereitossexuais, de saúde e reprodutivos e polo remate de todo tipo de discriminación. Na actualidade, estas reivindicacións mudaron e na Asamblea Nacional quecelebraron en Abril de 2009 decidiron que o documento de referencia da MMM-Galizaía ser a Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, aprobada no V EncontroInternacional da MMM (Ruanda, 2004) así como os valores e obxectivos ratificados noVI Encontro Internacional da MMM en Lima (Perú, 2006). 11 http://www.feminismo.info/webgalego/a-marcha-na-galiza/a-nosa-taboa-reivindicativa.html - 37 -
  37. 37. Marcha Mundial das Mulleres Accións da MMM-Galiza O esforzo da MMM-Galiza dirixise fundamentalmente a dous públicos: asociedade galega en xeral e ás mulleres en particular. Un ano importante para a Marcha en Galicia foi o 2004 xa que en Maio, a cidadede Vigo acolleu o Encontro Europeo da Marcha Mundial das Mulleres. Este contou cunaforo de máis de 40.000 mulleres galegas e de toda Europa. Asemade, en Outubro tivolugar o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. A MMM-Galiza como toda organización tivo e ten altos e baixos na súaandaina. Así, nos seus comezos conseguiu non só agrupar a 41 entidades senón taménimplicar ao movemento sindical e organizacións de esquerdas. Con todo, o punto máisálxido da súa historia foi o ano 2004. Nese ano, o traballo colaborativo das diferentesorganizacións e mulleres fixeron posible a celebración dun Encontro Europeo e outroInternacional. Desde ese momento, a participación está a minguar e hoxe a Marcha nonoso país conta só con 30 organizacións. Esta falta de participación, é debido non aunha falta de interese ou porque os obxectivos da Asociación foran acadados senón, talcomo sinalan membros da mesma, por un cansazo xeneralizado nas organizaciónsmembros ante a falta de tempo para facer fronte, non só ás dificultades das súasentidades senón tamén ás da Marcha. Esta situación, en parte, é compensada coaparticipación das persoas individuais que “facilitan a súa articulación ao tempo quecontribúen a aportarlle flexibilidade”. 2. ANTECEDENTES A presenza feminina na rede constitúe un corpus teórico abundante no quepriman, por un lado, as aproximacións desde a descrición sobre contidos por e para asmulleres e, polo outro, aquelas outras que o fan desde a teoría do ciberfeminismo. Este éo caso de Una exploración de la praxis feminista en España: nuevas tecnologías ynuevos espacios de relación desde el ciberfeminismo, un artigo de Núñez (2008) ondeanaliza as dúas redes de mulleres con máis peso en España: Mujeres en Red e E-mujerese a súa vinculación con diferentes correntes dentro do ciberfeminismo. Un artigo de interese porque permite identificar experiencias reais cun corpusteórico específico. Con todo, a presente investigación encadrase máis no ámbito - 38 -
  38. 38. Participación en Rededescritivo e de contidos. Nesta liña, cabe mencionar o texto de Susana Rostagnol (2003)Organizaciones de mujeres, redes y tics onde fai, en primeiro lugar, un recorridohistórico dos movementos de mulleres en internet para logo describir algúns dos máisimportantes de América Latina. Centrándose en estudos sobre redes electrónicas de mulleres, debese facerreferencia ao II Congreso Online del Observatorio para la CiberSociedad (2004) emáis concretamente ao grupo de traballo Inclusión, Diversidad y Equidad de Género:creando REDES hispanas para el desarrollo. Este grupo centrou o seu traballo eninternet e as redes de mulleres e nel foron presentadas diversas comunicacións, das que,para este estudo, se toman como referencia as seguintes: ♦ Redes electrónicas de mujeres como nuevos espacios de participación (González & Burkle). Este traballo permitiu as súas autoras identificar, analizar e caracterizar unha serie de webs creadas por organizacións femininas dos cinco continentes. Para iso empregaron a análise cualitativa do contido, recursos e estruturas das páxinas. A principal conclusión desta investigación foi que as web seleccionadas constituían comunidades virtuais de mulleres creadas e desenvolvidas para o intercambio de información e comunicación. Asemade, todas elas posibilitaban a participación social. ♦ La globalización, los colectivos de mujeres y la reconfiguración del Estado nación: el interés común y las sociedades del conocimiento (Elías Mortera). Investigación sobre as diferenzas rexionais, o desenvolvemento tecnolóxico e as Redes. O obxecto deste (concibido como un estudo exploratorio) busca dar resposta a cuestións tales como, de que xeito influíron as TIC no interese colectivo e proxectos compartidos na formación e capacitación en xénero e na defensa dos dereitos humanos das mulleres? Para iso a autora analizou dous casos: a Red de Formación en Mujeres y Desarrollo e a Campaña Las Multilaterales en la Mira de las Mujeres. Mencionar tamén, a investigación Analysing the Internet and the PublicSphere: The Case of Womenslink (ODonnell, 2001). Esta levouse a cabo ao longo de2 anos e medio, e o seu cometido era analizar a lista de correo Womenslink, a queestaban adheridas organizacións de mulleres, tanto en Irlanda do Norte como naRepública de Irlanda. Co obxecto de profundar no coñecemento de internet, analizaron - 39 -
  39. 39. Marcha Mundial das Mullereso contido das mensaxes en relacións ás seguintes variables: vínculos coa esfera pública,participación política, relación local-global, relacións sociais (os medios alternativos eninternet axudan a crear, ampliar e/ou fortalecer redes de apoio), características daspersoas que participan, uso e interactividade en internet e relación entre o contido e asexperiencias das usuarias. A principal conclusión do estudo foi que o uso destas ferramentas conta cunhaserie de vantaxes pero tamén existen barreiras que diminúen a participación. Entre asvantaxes sinalan o aumento da súa consideración como medios de comunicaciónalternativos. Por último, aínda que non se trata dun estudo de investigación, cómpre referir acomunicación El nuevo pensamiento feminista en la red: información, gestión yparticipación (Barranquero, 2003) na que, ademais de facer un percorrido pola historiado feminismo e ciberfeminismo, expón unha serie de propostas que, desde o seu puntode vista, son básicas para “conectar e consolidar o movemento na rede. Deste modosinala que “as novas tecnoloxías da información non deben ser un campo a conquistarsenón a protexer” e, polo mesmo, cómpre tecer redes e conectar o distante. Tamén falada necesidade de empregar a rede como instrumento de difusión e participación, asícomo facer uso dela de cara a “estimular a autocrítica e a reforma”. Por último,menciona a importancia de buscar un equilibrio entre o optimismo (a rede como asolución a todas as desigualdades) e o pesimismo (ferramenta de sometemento eperpetuación dos valores patriarcais e androcéntricos); e o papel da rede como garanteda liberdade de expresión, a democracia e a igualdade. De cara a acadar o anterior,engade que é importante manter un compromiso para que “as TIC permitan adiversidade, a interdependencia no canto da exclusividade, a segmentación e aestratificación. Os estudos e comunicacións aquí destacadas, serven como base e guión para aconstrución da presente investigación, centrada no estudo dunha soa organización “AMarcha Mundial das Mulleres” desde un enfoque descritivo, baseado principalmente, naanálise dos espazos propios na rede, pero sen ignorar as aproximacións teóricas relativasao movemento feminista e ciberfeminista. - 40 -
  40. 40. METODOLOXÍA 1. FORMULACIÓN DO PROBLEMA DE INVESTIGACIÓN O primeiro paso para a realización desta Tese de Master foi decidir, entre aoferta de temas propostos, aquel no que tivera maior interese persoal. No meu caso,decanteime por Xénero e TIC, xa que conto con formación previa en xénero. Unha vezque me foi asignado un titor, expúxenlle a esta, o asunto sobre o que me gustaríatraballar: A Marcha Mundial das Mulleres. Despois de varias xuntanzas coa titora e daelaboración dun índice de contidos, puiden formular o problema, os obxectivos dainvestigación, así como definir os interrogantes aos que pretendía dar resposta pormedio desta. 2. RECOMPILACIÓN BIBLIOGRÁFICA Paralelo a este proceso, fixen unha revisión bibliográfica exhaustiva sobre aMarcha Mundial das Mulleres, así como doutros temas que me axudaran a entender aidiosincrasia deste Movemento: feminismo e ciberfeminismo, presenza das mulleres nosmedios de comunicación convencionais e na rede, movementos sociais e internet,debate global versus local, redes de mulleres... Asemade, busquei estudos e ouinvestigación que me puideran servir de guía e orientación na miña tese. Algúns dos artigos e documentos consultados foron proporcionados pola titoraque me aconsellou, á hora de facer a busca, centrarme en bibliografía recente. Istoúltimo non foi doado, xa que os artigos de maior interese, ben pola relevancia do autor/aou pola cantidade de documentos recentes que os referenciaban, eran anteriores ao2005. Asemade, chegou un momento en que a nova documentación atopada nonaportaba nada de interese xa que repetía o mesmo que artigos vistos con anterioridade.Chegado este punto, dei por rematada a revisión bibliográfica. Á vista do anterior, semella que o corpus teórico fundamental en relación a estetema foi escrito entre os anos 1995 e 2005, período de xeneralización das TIC, no queademais tiveron lugar outros dous feitos históricos relevantes en relación ao obxecto de - 42 -
  41. 41. Participación en Redeestudo: Beijing, 1995 e Marcha 2000, primeiro acto oficial da Marcha Mundial dasMulleres. Tamén consultei documentación relativa á elaboración e deseño deinvestigacións e estudos que me orientaran desde un punto de vista metodolóxico. Feito o anterior, comecei coa construción e redacción do marco teórico desteestudo. A fundamentación teórica e os antecedentes constitúen os elementos base aosque acudir na interpretación dos resultados obtidos tras a análise de contido efectuada. 3. DEFINICIÓN DO ESTUDO DE INVESTIGACIÓN Ao tempo que elaboraba e reelaboraba o marco teórico, comecei a definir o tipode estudo a realizar. Este encádrase nos estudos descritivos, xa que a miña pretensión éanalizar as estratexias que leva a cabo a MMM de cara a súa ocupación da web,mediante a observación dos seus espazos na Rede. De aí que o título do estudo sexa“Marcha Mundial das Mulleres: participación en Rede, en clara alusión a internet perotamén a súa estrutura: grupos autónomos que participan e interactúan (tecen redes) decara a acadar unha meta común: o fin da pobreza e a violencia contra as mulleres. Con respecto ás técnicas para a recompilación de datos, as empregadas foron: aanálise de contido e a entrevista estruturada. 3.1 Análise de contido A análise de contido, segundo Andréu (2001) é unha técnica de interpretación detextos (escritos, gravados, pintados, filmados...) onde poden existir rexistro de datos,transcrición de entrevistas, discursos, documentos, vídeos, etc. O denominador comúndestes é a súa capacidade para aloxar un contido que lido e interpretado de modoaxeitado, contribúe á adquisición de coñecemento sobre o fenómeno ou aspecto queestamos a estudar. Esta análise pode ser tanto cuantitativa como cualitativa; neste estudoconcreto, a análise efectuada é cualitativa, xa que o interese do mesmo céntrase nainterpretación da información obtida e en relacionala cos fundamentos teóricos e osdatos aportados polas entrevistas realizadas. Nun primeiro momento, a mostra desta investigación ía ser a webhttp://www.marchamundialdelasmujeres.org na súa versión en castelán, por ser este o - 43 -

×