Your SlideShare is downloading. ×
0
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Os bolechas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
530
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
13
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. OS BOLECHAS VISITAN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDAEstou seguro de que moitos de vós tedes oído falar de Sogama e que incluso sabedes cal é a súa actividade en Galicia, que non éoutra que a de dar tratamento ao lixo que xeramos nos nosos fogares. Agora ben, cántos coñecedes o Complexo Medioambientalde Cerceda? Vístelo algunha vez? Sabedes que se fai cos residuos que chegan alí?O máis probable é que nunca visitárades estas instalacións, xa que, por cuestións de seguridade, só poden acceder ás mesmas osescolares maiores de 9 anos, pero a través dos nosos amigos “Os Bolechas” teredes a oportunidade de realizar unha viaxe, casereal, ao lugar no que acaban os desperdicios que producimos nas nosas casas para ser aproveitados de novo. Con este obxectivo,en Sogama separamos, por un lado, os materiais que poden ser transformados en novos produtos, remitíndoos aos centrosrecicladores, e, por outro, a parte non reciclable (por exemplo, restos de alimentos, pañais, roupa vella en mal estado, etc), queconvertemos en enerxía eléctrica. Por certo, sabiades que coa enerxía producida neste Complexo Medioambiental se podesubministrar electricidade a aproximadamente 100.000 vivendas? Ademais, a produción desta enerxía faise dunha forma limpa,sen que afecte ao medio ambiente. E como logra isto Sogama? Pois a través duns sistemas que depuran os gases que se emiten áatmosfera, evitando que estes contaminen o aire que respiramos. Así, o tratamento do lixo non carrexa problemas para o contornono que vivimos.Pero, a pesar do labor que leva a cabo Sogama, a colaboración de todos nós resulta esencial para que ao Complexo chegue amenor cantidade de residuos posible. E como podemos axudar? Pois poñendo en marcha os tres erres, isto é, reducindo o lixo queproducimos a cotío, reutilizando os materiales o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e clasificando enorixe os distintos materiais a fin de depositar cada tipoloxía no contedor correspondente. Recordade, no amarelo, os envases deplástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro; e no xenérico, o que xanon se pode reciclar.Coidar hoxe o medio ambiente é protexer o noso futuro. Os Bolechas enséñannos cómo facelo. Luis Lamas Novo Presidente SOGAMA
  • 2. Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa
  • 3. que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama Edicións A NOSA TERRA
  • 4. 4 CONTEDOR XENÉRICO Os Bolechas queren saber onde vai o lixo que producimos nas nosas casas. Diariamente botamos nos contedores da rúa toneladas de lixo: espiñas, ósos, latas, bolsas, envases, trapos, cartóns... Onde vai todo isto?
  • 5. PLANTA TERMOELÉCTRICA Unha grande parte do lixo que 5 producimos en Galicia vai ao Complexo Medioambiental de Sogama, que está no concello de Cerceda, entre Santiago e PLANTA DEELABORACIÓN DE CDR A Coruña, onde PLANTA DE SECADO recibe o tratamento que veremos nas páxinas seguintes. ALMACÉN DE CDR PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE ENVASES LIXEIROS
  • 6. 6 Os concellos que están lonxe do Complexo Medioambiental de Sogama levan o seu lixo á planta de transferencia máis próxima. En Galicia hai 37. As plantas de transferencia son instalacións pechadas nas que os camións municipais descargan o lixo que recollen na rúa. Desde estas plantas é transportado a Cerceda. Este lixo vai xa separado: o procedente do contedor amarelo por un lado e o procedente do contedor xenérico por outro. O contedor de lixo xenérico é normalmente de cor verde.
  • 7. 7PLANTA DE TRANSFERENCIA
  • 8. 8 O lixo que os camións municipais levan ás plantas de transferencia deposítase en contedores grandes e transportábeis. CONTEDOR TRANSPORTÁBEL
  • 9. 9 UN TREN EQUIVALE A 30 CAMIÓNSOs contedores transportábeis van en camión ou en tren desde as plantasde transferencia a Cerceda. O tren é moito máis respectuoso co medioambiente, mais non pasa por todos os concellos.
  • 10. 10 O tren e os camións descargan os contedores en Sogama. O lixo procedente dos OS ENVASES LIXEIROS contedores SON OS ENVASES DE PLÁSTICO, AS LATAS E OS amarelos vai á BRIKS. Planta de Clasificación de Envases Lixeiros. Nesta planta selecciónanse automaticamente segundo o tipo de envase.
  • 11. AÍNDA QUE OS ENVASES SON SELECCIONADOS 11 POR MÁQUINAS, HAI QUE REVISALOSMANUALMENTE, PORQUE PODE ESCAPAR ALGÚN MAL SELECCIONADO.
  • 12. 12 Unha vez clasificados os envases procedentes do contedor amarelo, pasan por unha máquina que os empaqueta para envialos a reciclar. ENVASES EMPAQUETADOS
  • 13. 13Cos envases reciclados fanse outras cousas que volvemos utilizar: bolsas,roupa, mobiliario urbano, sinais de tránsito, bancos para parques,caldeiros, etc. A reciclaxe é unha boa maneira de aproveitarmos o lixo.
  • 14. 14 ENVASES PAPEL E CARTÓN XENÉRICO LIXEIROS VIDRO Para poder reciclar o lixo, é imprescindíbel separalo antes na casa, porque, se botamos os envases lixeiros mesturados cos outros residuos, non se poderán reciclar.
  • 15. XENÉRICO PAPEL E CARTÓN 15 ENVASES LIXEIROSVIDRONa rúa, debemos botar cada cousa no seu contedor. A Sogama sóchega o lixo dos contedores xenéricos e amarelos. O vidro, o papel e ocartón recólleos o concello ou empresas que os envían a reciclar.
  • 16. 16
  • 17. O lixo xenérico que 17chega a Sogamadescárgase na Plantade Elaboración deCombustíbel.En total, chega cadadía ás instalacións deSogama o lixoprocedente de 294concellos galegos, oque producimos máisde dous millóns dehabitantes.
  • 18. 18 DO LIXO XENÉRICO QUE CHEGA A ESTA PLANTA, SÓ O FERRO E O ALUMINIO PODEN SER RECICLADOS. O lixo xenérico que chega á Planta de Elaboración de Combustíbel, xeralmente non se pode reciclar, por iso é moi importante que, cando merquemos algo nunha tenda, escollamos produtos reciclabéis.
  • 19. TOBEIRA 19Un guindastre recolle o lixo do foso cunha pinza xigante e bótao nunhatobeira. A parte grosa do lixo tritúrase e a parte máis fina transpórtase áplanta de secado.
  • 20. 20 A parte grosa triturada e a parte fina, xa seca, mestúranse e obtense con elas un combustíbel que se chama CDR (Combustíbel Derivado de Residuos). O CDR pasa despois á Planta Termoeléctrica, onde se queima de maneira A CANTIDADE DE ELECTRICIDADE PRODUCIDA controlada para DARÍA PARA ABASTECER 100.000 VIVENDAS. producir electricidade. Esta electricidade vai ás casas e tamén a consume a propia Sogama.
  • 21. 21Sogama emprega unha tecnoloxíaque permite reducir en grandemedida as emisións de gasescontaminantes que saen ao aire.
  • 22. 22 SACOS DE CINZAS As escouras son restos de pedras, cerámica e anacos de ladrillo que veñen mesturados co lixo. As escouras poden reutilizarse no firme das estradas. A Planta Termoeléctrica tamén produce cinzas e escouras. As cinzas almacénanse en sacos nun depósito de seguridade, porque, de momento, non se poden reutilizar. As escouras van noutro recinto e poden ser reutilizadas.
  • 23. Consellos para producir menos lixo: 23 LEVANDO A BOLSA DA CASA, PARA NON USAR BOLSAS DE PLÁSTICO. APROVEITANDO AS SOBRAS DA COMIDA, NON TIRÁNDOAS. USANDO PANOS DE TEA, NON DE PAPEL.. Tratar o lixo que producimos costa moito diñeiro e deteriora o medio ambiente. Por iso é importantísimo reducilo. Canto menos lixo produzamos, mellor. Todos podemos axudar, como Carlos, Pili e Braulio.
  • 24. 24 RESIDUOS ORGÁNICOS: FOLLAS, PAUS, RESTOS DE COMIDA... Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense aproveitar os residuos orgánicos para facer compost doméstico, que é un fertilizante natural para plantas e cultivos.
  • 25. 25 NO COMPOSTEIRO OS COMPOST RESTOS CHEGAN A 60 ° DE TEMPERATURAO compost faise mesturando nun composteiro residuos vexetais e residuosda cociña. Despois reméxese esta mestura durante varias semanas,humedécese, e, cando estiver pronta, quítase pola parte de abaixo.
  • 26. 26 Temos que mudar os hábitos de consumo, para producirmos menos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo cero. Os fabricantes e comerciantes producirían moito menos lixo, eliminando envases e envoltorios innecesarios. Nós tamén podemos colaborar adquirindo produtos con pouca embalaxe e escollendo materiais reciclábeis e reciclados.
  • 27. O máis importante é pór en práctica os tres R: 27Reducindo. Reutilizando. Separando paraPor exemplo, Por exemplo, debuxando Reciclar.mercando produtos polas dúas caras do Botando o lixo noque non veñan papel ou en papeis caldeiro e contedorenvasados. vellos. que corresponda.
  • 28. 28 Lembra: No Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda, trátase a maior parte do lixo que producimos en Galicia. Os envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks) pódense reciclar. Para poder reciclar os residuos, é imprescindíbel separalos antes na casa. A Sogama chega o lixo que producen máis de dous millóns de habitantes de 294 concellos galegos.
  • 29. 29Temos que mudar os hábitos de consumo para producirmenos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo CERO é ameta que debemos conseguir.Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódenseaproveitar os residuos orgánicos para facer compostdoméstico.Para protexer o medio ambiente, lembra sempre os tresR: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
  • 30. Libros publicados na colección Os Bolechas pelexan cunha avespa OS BOLECHAS: Os Bolechas van a un festival Os Bolechas lavan o can Os Bolechas van en caravana Os Bolechas xogan ás escondidas Os Bolechas rifan no cuarto de baño Os Bolechas van ao cine Os Bolechas teñen unha curmá Os Bolechas fan maxia Os Bolechas van ao médico Libros publicados na colección Os Bolechas van ao supermercado OS BOLECHAS van de viaxe: Os Bolechas van de excursión Buscan a Linda en Pontevedra Os Bolechas van á praia A moeda de Lugo Os Bolechas van pola rúa Primeiro amor en Ferrol Os Bolechas teñen medo A vaca da Amaía Os Bolechas xogan co ordenador O castelo encantado d’O Porriño Os Bolechas van mercar roupa Carreiras en Poio Os Bolechas cortan o pelo O tesouro de Baiona Os Bolechas van ao circo Os Bolechas van á aldea Libros publicados na colección© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A. Os Bolechas van á piscina OS BOLECHAS queren saber...: Os Bolechas van de acampada que é o aireDeseño da colección, texto e debuxos Os Bolechas van a un cumpreanos que é a enerxíade Pepe Carreiro Os Bolechas van de pesca que é a auga Os Bolechas teñen gato que é o lixoISBN: 000000 Os Bolechas fan pis que é o soloD.L.: VG-000000 Os Bolechas fan un carro cómo é un parque de bombeirosImpresión e encadernación: Os Bolechas están namorados cómo é a policía localComercial Gráfica Nós, S.A.Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo Os Bolechas perderon o can cómo é unha biblioteca Os Bolechas van ao parque de atraccións cómo é un acuario Os Bolechas vaná hamburguesería Cómo é un castro Os Bolechas xogan ao baloncesto

×