• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
 

Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)

on

  • 448 views

 

Statistics

Views

Total Views
448
Views on SlideShare
448
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010) Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010) Document Transcript

    • GUÍA DIDÁCTICABACHARELATO VISITAS ÁS INSTALACIÓNS DE SOGAMA www.sogama.es
    • ÍNDICEINTRODUCCIÓN PRESENTACIÓN 3 OBXECTIVOS PERSEGUIDOS 3 A QUEN VAI DIRIXIDA 4 METODOLOXÍA 4 SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN 4 AVALIACIÓN 4CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS 5 MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS EN GALICIA 7 MODELO SOGAMA 8 REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA 9 COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA 10 RECICLAXE DE ENVASES LIXEIROS 11 MATERIAIS E RECURSOS 12ACTIVIDADES (3) 13-14GLOSARIO DE TERMOS 15RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA 17 www.sogama.es
    • INTRODUCCIÓN PRESENTACIÓN O aumento do nivel de vida e o cambio nos nosos hábitos de consumo constitúen unha ameaza para o medio ambiente, especialmente no eido do esgotamento de recursos naturais e na elevada xeración de residuos. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e tornar a tendencia crecente dos últimos anos. A estratexia das tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) resulta neste sentido fundamental. A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en diante SOGAMA) é unha empresa pública autonómica que xestiona e trata a maior parte dos residuos domésticos producidos en Galicia. A finalidade básica da guía é dar unha formación previa aos escolares de Bacharelato antes da súa visita a SOGAMA, tanto no OBXECTIVOS PERSEGUIDOS relativo á xestión dos residuos urbanos como no funcionamento do Complexo Os obxectivos específicos desta guía didáctica Medioambiental de Cerceda e da rede de son os seguintes: Plantas de Transferencia. - Contribuír ao coñecemento e sensibilización do alumnado en materia de residuos. - Orientar aos alumnos e alumnas cara a actitudes persoais máis positivas e correctas no referente á xestión dos residuos. - Contribuír a aumentar os coñecementos dos escolares sobre as instalacións de SOGAMA e o traballo que nelas se realiza. - Concienciar ao alumnado sobre a importancia do consumo responsable, a redución da produción de lixo e a recollida selectiva, fomentando hábitos de selección de residuos en orixe e depósito correcto dos mesmos nos diferentes colectores. www.sogama.es
    • INTRODUCCIÓN A QUEN VAI DIRIXIDA SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN Os contidos da guía están dirixidos ao A guía didáctica presenta unha sinxela alumnado que cursa Bacharelato. estrutura onde se introducen diversos contidos tales como conceptos básicos de residuos, A guía ofrece ao equipo docente material para modelos de xestión de residuos urbanos a formación básica dos estudantes, tanto en existentes en Galicia e operativa do Complexo conceptos xerais de residuos como na xestión Medioambiental de Cerceda e da rede de dos mesmos acometida por SOGAMA. Débese Plantas de Transferencia. A primeira etapa, de ter en conta que esta guía didáctica e a lectura comprensiva, levarase a cabo no temática que aborda, dado o seu carácter horario dunha clase (50 minutos); mentres a transversal, pode ser tratada en calquera área segunda etapa, de actividades orientadas ao do currículo formativo, polo que sería afianzamento dos conceptos adquiridos polo interesante a implicación de todo o alumnado, realizarase no tempo equivalente a profesorado. outra clase (50 minutos). É importante tamén mencionar que a formación en canto á axeitada xestión de AVALIACIÓN residuos non é unha cuestión específica da escola, polo que a información e participación A través das actividades propostas, o do ámbito familiar será de gran apoio para que profesorado poderá avaliar os coñecementos os escolares interioricen as boas prácticas cos que contan os alumnos en materia de medioambientais. xestión e tratamento de residuos por parte de SOGAMA. METODOLOXÍA A presente guía está deseñada e enfocada cara a formación previa do alumnado antes da visita á infraestrutura industrial de Sogama. O emprego da mesma permitirá que os escolares afiancen coñecementos básicos sobre os residuos e a súa axeitada separación, así como sobre o labor de Sogama. A guía débese abordar mediante unha lectura comprensiva da mesma na que participen profesor e alumnos, constituíndose no primeiro achegamento ás instalacións desta entidade pública. A realización das actividades propostas na última parte deste documento servirá para asimilar e relacionar a información aportada. www.sogama.es
    • CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS ¿Que son os residuos urbanos? Os residuos urbanos son “aqueles xerados nos ¿Que é SOGAMA? domicilios particulares, comercios, oficinas e SOGAMA é unha empresa pública autonómica, servizos, así como todos aqueles que non creada no ano 1992 e participada nun 51% pola teñan a cualificación de perigosos e que, pola Xunta de Galicia e no 49% restante polo grupo súa natureza ou composición, sexan Gas Natural. asimilables aos producidos nos anteriores lugares ou actividades”. A prioridade de SOGAMA é a xestión e o tratamento sostibles dos residuos urbanos Teñen tamén a consideración de residuos producidos en Galicia. urbanos os seguintes: SOGAMA participa tamén en actividades · Os residuos procedentes da limpeza de vías destinadas á protección e conservación do públicas, zonas verdes, áreas recreativas e medio ambiente en xeral. praias. · Animais domésticos mortos, así como mobles, ¿Que son os residuos? utensilios e vehículos abandonados. · Residuos e escombros procedentes de obras Un residuo é “calquera substancia ou obxecto menores de construción e reparación do que o seu posuidor se desprenda ou teña a domiciliaria. intención ou obriga de desprenderse”. * Para máis información ver a Ley 10/1998 (estatal), de ¿Cantos residuos urbanos se producen e de 21 de abril, de Residuos, ou a Lei 10/2008 que están compostos? (galega), de 3 de novembro, de residuos de O aumento do nivel de vida e as prácticas de Galicia. consumo vinculadas á adquisición de produtos de “usar e tirar” supuxeron a transformación ¿Como se clasifican os residuos? dos hábitos de comportamento da poboación, Os residuos pódense clasificar: sen ter en conta a repercusión sobre o medio ambiente (contaminación, esgotamento de · Segundo o risco para a saúde ou o medio recursos naturais...), dando lugar a ambiente, en: modificacións na xeración e composición dos - Inertes. residuos urbanos. - Perigosos. - Radioactivos. Segundo o novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición · Segundo a súa natureza física ou estado, en: pública), en Galicia xéranse 1,216 quilogramos - Sólidos. de residuos urbanos por habitante e día, o que - Líquidos. supón que cada un de nós orixina unha media - Gasosos. de 444 quilogramos ó ano de residuos. · Segundo a súa orixe ou lugar de xeración, en: - Agropecuarios. - Mineiros. - Industriais. - Sanitarios. - Urbanos. www.sogama.es
    • CONTIDOS A composición media dos residuos urbanos en Galicia, segundo o citado Plan, é a reflectida no seguinte gráfico. OUTROS 15,43% VOLUMINOSOS FRACCIÓN ORGÁNICA 4,22% 41,63% VIDRO 6,35% PAPEL E CARTÓN 17,65% ENVASES LIXEIROS 14,72% Os “tres erres” Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos caracterizada pola excesiva produción dos mesmos. O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “3 erres”: - REDUCIR: a redución radica en cambiar a conduta cotiá para xerar unha menor cantidade de residuos. Debemos adoptar hábitos de “non desperdicio”, incrementar o emprego de envases retornables, rexeitar as bolsas da compra, evitar produtos de usar e tirar... - REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que poden ser empregados por outras persoas (libros, roupa...) e outros teñen usos alternativos (botellas, SOGAMA engade un cuarto “R”, tarros, caixas de cartón...), o que supón empregalas que é a Recuperación enerxética da para usos non previstos nun primeiro momento. parte non reciclable dos residuos. - RECICLAR: a reciclaxe é o aproveitamento dos materiais contidos nos residuos para elaborar novos produtos, o que contribúe á preservación dos recursos naturais e ao aforro do consumo de auga e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos precisa da colaboración dos cidadáns nos sistemas de recollida selectiva. Planta Termoeléctrica www.sogama.es
    • CONTIDOS MODELO SOGAMA Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva: COLECTORES RESIDUOS CONDICIÓNS DE DEPÓSITO ENVASES DE VIDRO Sen tapóns, cortizas ou tapas - Botellas de vidro Non depositar lámpadas, espellos, - Tarros e frascos de vidro cristais de ventás, louza ou vasos Colector vidro PAPEL E CARTÓN - Envases / caixas de cartón Sen bolsas de plástico - Bolsas de papel Sen papeis ou cartóns sucios - Papel de envolver limpo Sen grapas, espirais... - Follas, xornais, revistas, cadernos... Colector papel/cartón ENVASES LIXEIROS Non depositar residuos que non sexan - Botellas e botes de plástico envases (bolígrafos, xoguetes...) - Envoltorios de plástico ou aluminio nin envases de residuos industriais, - Latas de conserva e bebida hospitalarios ou perigosos (botes de - Briks de zume, leite... pintura, medicamentos, latas de - Bandexas de porexpan ou cortiza branca aceites de coche.) Colector amarelo RESTO - Residuos orgánicos Non depositar materiais que dispoñen - Cueiros, compresas ou papeis sucios dun proceso de recollida selectiva - Outros residuos sen un proceso nin residuos voluminosos de recollida selectiva Colector xenérico Os residuos que os cidadáns depositan nos tren ou camión, e en axeitadas condicións colectores habilitados na vía pública son hixiénicas e de seguridade, ao Complexo recollidos de xeito separado polos propios Medioambiental de Cerceda. concellos ou empresas designadas, transportando os envases de vidro e o papel e Ademais dos colectores instalados na rúa, cartón directamente aos centros de reciclaxe. moitos dos Concellos contan cunhas instalacións chamadas “puntos limpos”, nas Os residuos dos colectores amarelos e cales os cidadáns poden depositar residuos xenéricos (estes últimos habitualmente de cor que precisan dunha xestión específica, ben verde) trasládanse por parte dos servizos de polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou recollida municipal á planta de transferencia pola súa composición (pilas, fluorescentes, máis próxima, onde se traspasan a colectores aceites, disolventes e outros residuos de maior capacidade para desprazalos, por perigosos). www.sogama.es
    • CONTIDOS COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA · Planta Termoeléctrica: O CDR introdúcese en dúas caldeiras de leito O Complexo Medioambiental de SOGAMA en fluído circulante e queimase en presenza de Cerceda ten unha capacidade de tratamento osíxeno e a temperaturas superiores a 850ºC, de entre 500.000 e 550.000 toneladas de diminuíndo así a emisión de dioxinas e furanos. residuos ao ano, contando –entre outras– coas Ademais, nesta instalación, que conta cunha seguintes instalacións: potencia instalada de 50 MW, producindo enerxía eléctrica suficiente para abastecer · Planta automatizada de clasificación de 100.000 vivendas, utilízanse innovadores envases lixeiros: sistemas de depuración de gases tales como É a única instalación do Complexo onde se cal apagada, carbón activo e filtros de mangas, xestiona a bolsa amarela. Os residuos que permiten que os niveis de emisión á procedentes dos colectores amarelos (bolsa atmosfera estean moi por debaixo dos límites amarela) descárganse e son clasificados legais, garantindo un proceso totalmente mecanicamente mediante correntes de respectuoso co medio ambiente e a saúde das Foucault, electroimáns e lectores ópticos persoas. segundo os diferentes tipos de materiais: aluminio, ferro e os distintos tipos de plástico A media das emisións á atmosfera no primeiro respectivamente. Unha vez separados, pasan semestre de 2010 son as seguintes: pola inspección dos traballadores para corrixir posibles erros, sendo inmediatamente Cantidades Cantidades prensados e embalados para remitir aos Emisións Unidades emitidas emitidas Límite legal centros de reciclado. (caldeira A) (caldeira B) Partículas mg/Nm3 1,98 0,72 30 · Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos: NO2 mg/Nm3 95,8 86,3 400 É onde se reciben os residuos depositados SO2 mg/Nm3 6,68 2,74 200 pola cidadanía nos colectores xenéricos (bolsa negra), introducíndoos nuns fosos de grandes CO mg/Nm3 16,52 16,38 100 dimensións. Aquí, tras separar mecanicamente os metais (ferro e aluminio), comeza un COT mg C/Nm3 3,12 2,24 20 proceso de acondicionamento (triturado e Dioxinas e furanos ng (concentración) ITEQ/Nm3 0,03 0,01 0,1 secado) dos residuos non reciclables para convertelos nun combustible, o Combustible HCI mg/Nm3 2,24 2,78 60 Derivado de Residuos (CDR), que se emprega HF mg/Nm3 <1 1 4 logo na Planta Termoeléctrica. Cd + TI mg/Nm3 <0,02 <0,02 0,05 · Planta de Coxeneración: Emprega gas natural para producir enerxía Hg mg/Nm3 <0,01 <0,01 0,05 eléctrica e calor para o secado do CDR. Conta Sb+As+Pb+Cr+Co mg/Nm3 0,09 0,08 0,5 +Cu+Mh+Ni+V con 6 motores cunha potencia instalada de 22 MW. Ademais, o Complexo conta cunha serie de instalacións auxiliares como son as balsas de pluviais, tres depuradoras (dúas biolóxicas e unha fisicoquímica), un depósito controlado para as cinzas resultantes da valorización enerxética, e outro depósito para as escouras, así como un sistema de lavado de gases. www.sogama.es
    • ACTIVIDADES ACTIVIDADE 1 Nome da actividade: Comprobación dos diferentes plásticos Lugar de realización: Aula Explicación da actividade: ¿Reparaches algunha vez na cantidade de plásticos Planta de Clasificación de Envases de SOGAMA. que existen? Antes de envialos aos distintos centros Coa realización desta actividade tes que determinar de reciclaxe, os plásticos deben ser separados en dez minutos de que tipo de plástico (PET, PEBD, segundo a súa tipoloxía. Esta é a tarefa realizada na PEAD, PVC, PP, PS) está feito cada un dos obxectos que se sinalan na seguinte táboa. OBXECTO TIPO DE PLÁSTICO Botella de auga Bolsa Botella de lixivia Botella de aceite Papel film Bote de xel www.sogama.es
    • ACTIVIDADES ACTIVIDADE 2 Nome da actividade: Explicación da actividade: Redacción sobre os residuos e a súa xestión En 10 páxinas como máximo (1.500 palabras) fai unha redacción sobre o que aprendiches nesta guía: ¿que Lugar de realización: son os residuos?, ¿como é a súa correcta Aula separación?, ¿que é SOGAMA?, ¿como concienciarías á xente en canto á conveniencia de reducir, reutilizar e separar para reciclar? Expón aqueles aspectos da xestión do lixo que che gustaría ver e aprender na visita ás instalacións de SOGAMA. ACTIVIDADE 3 Nome da actividade: Explicación da actividade: Investigación sobre a xestión dos residuos urbanos en Como puideches comprobar, debido ao noso cambio España e en Europa de vida e de hábitos de consumo cada vez xeramos máis residuos, moitos deles son reciclables. Lugar de realización: Recompila, a través de internet, estatísticas sobre a Aula xestión dos residuos urbanos en España e en Europa, sinalando a fonte (INE, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino...). Compara os resultados obtidos cos dos teus compañeiros e identifica as principais variables de interese. www.sogama.es
    • GLOSARIO DE TERMOS · Biodegradable: · Lector óptico: Que pode ser descomposto polas bacterias e En plantas de clasificación de residuos, son outros organismos da natureza. equipos que empregan infravermellos para identificar os distintos tipos de materiais en · Cinza: función da súa densidade e cor, permitindo a Residuo pulverulento dunha combustión súa posterior separación mediante golpes de formado polas substancias minerais non vento. volátiles presentes no combustible. · Colector: · Materiais férricos e materiais alumínicos: Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio Recipiente de metal ou plástico disposto para o constitúen o seu elemento principal, podendo depósito de residuos e a súa recollida. presentar ademais outros elementos. · Correntes de Foucault: · Materia orgánica: Fenómeno eléctrico empregado nas plantas de En relación cos residuos, restos de alimentos clasificación de envases para xerar un campo de orixe animal ou vexetal facilmente que repele os materiais que conteñen aluminio, fermentables e susceptibles de compostar, é permitindo a súa segregación do resto. dicir, de transformar en abono natural. · Dioxinas e furanos: · Medio ambiente: Son compostos químicos xerados a partir de Conxunto de circunstancias físicas, culturais, procesos de combustión que implican ao cloro. económicas e sociais nas que vive unha persoa Son estables quimicamente, pouco ou unha poboación. biodegradables e moi solubles nas graxas, tendendo a acumularse en solos, sedimentos e · Planta Termoeléctrica: tecidos orgánicos, podendo penetrar na cadea Instalación empregada para a xeración de alimentaria. enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor de determinados combustibles. · Electroimán: No caso da planta de Sogama, emprégase o Imán artificial que xera un campo magnético combustible derivado de residuos (CDR). eléctrico intermitente. · Escouras: · Planta de Transferencia: Tamén denominadas estacións de Referido á incineración de residuos, son os transferencia, son instalacións destinadas ao residuos sólidos (pedras, vidros, cerámica...) transvase dos residuos urbanos desde os que non arden na caldeira. camións de recollida domiciliaria a colectores · Foso: de transporte de gran capacidade. Concavidade ou fondura que serve de almacén temporal dos residuos procedentes da bolsa · Recollida selectiva: Sistema de recollida separada dun negra. determinado tipo de residuo susceptible de · Hábito: reciclar ou valorizar independentemente do Acción que se realiza de xeito regular e por resto. costume, normalmente pola frecuente repetición da mesma. www.sogama.es
    • RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA As principais indicacións que debedes ter en Ademais: conta á hora de visitar as instalacións de Sogama son as seguintes: · O condutor do autobús debe aparcar o vehículo fronte ás oficinas do Complexo, sen · Traede calzado pechado, senón non molestar ao tránsito doutros vehículos. No poderiades acceder ás mesmas. recinto do Complexo, o autobús non pode circular a máis de 30 km/h. · Apagade os móbiles, pódense deteriorar. · En caso de que algunha persoa portase · No percorrido polas instalacións non podedes marcapasos e/ou aparatos similares, ten que comer, nin beber, nin fumar. comunicarllo ao guía da visita antes do inicio · Seguide en todo momento as instrucións dos desta e seguir as súas indicacións. guías de Sogama. · Daránsevos medidas de protección, que tedes que empregar e devolver en bo estado. Nas instalacións é obrigatorio o uso de casco e chaleco, agás dentro do autobús. · Se no percorrido vos perdedes e desligades do grupo, comunicádeo ao primeiro traballador que encontredes. · Non toquedes/manipuledes ningún obxecto das instalacións. Está prohibido tocar residuos ou sacar estes fóra do Complexo. · Non toquedes nin vos acheguedes a equipos e vehículos en movemento. · Non vos situedes baixo cargas suspendidas. www.sogama.es
    • CONTIDOS MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO Neste modelo, os envases lixeiros sepáranse para enviar aos centros recicladores, e os DE RESIDUOS EN GALICIA residuos que non poden ser reciclados aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica O sistema de xestión e tratamento de residuos renovable (valorización enerxética). urbanos maioritario en Galicia é o modelo SOGAMA, asociado ao Complexo En Galicia existen ademais outras dúas plantas Medioambiental de Cerceda e á rede de de tratamento que están orientadas a un Plantas de Transferencia distribuídas polo modelo de recollida diferenciada de residuos conxunto do territorio galego. A este sistema orgánicos e residuos inorgánicos. Trátase das están adheridos 294 concellos galegos, que plantas de: supoñen arredor do 82% dos residuos urbanos producidos na nosa Comunidade. · Nostián, que xestiona os residuos urbanos da cidade de A Coruña e área metropolitana Este modelo supón a recollida diferenciada dos (Consorcio de As Mariñas), aglutinando a un envases lixeiros (colector amarelo) e da total de 9 concellos. fracción resto (colector xenérico), a maiores da recollida selectiva doutros materiais (envases · Lousame, que xestiona os residuos urbanos de vidro, papel e cartón, pilas, voluminosos...). de 9 concellos que constitúen a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. 1· Modelo SOGAMA 2· Modelo Nostián 3· Modelo Lousame www.sogama.es
    • CONTIDOS REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA Actualmente, o territorio galego conta con 37 plantas de transferencias, das cales un total de 20 están baixo a titularidade de SOGAMA. As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase en catro fases: Fase I: O camión de recollida domiciliaria Fase II: Unha vez situado na posición correcta, accede ao recinto e, despois de ser pesado, realiza a descarga dos residuos sobre a tolva. sobe ata un andar superior. Fase III: Un sinxelo émbolo introduce os RU no Fase IV: Finalizada a descarga a instalación colector, sen empacamento nin apertura de queda pechada esperando a chegada do bolsas ou calquera outra manipulación. seguinte camión de recollida. www.sogama.es
    • CONTIDOS RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS Para acadar unha boa reciclaxe dos envases O plástico é un material altamente reciclable, lixeiros (bolsa amarela) é moi importante a permitindo un aforro considerable de petróleo, correcta separación en orixe, pois o proceso de aínda que non tódolos plásticos son iguais. Na reciclaxe realízase segundo os distintos tipos seguinte táboa recóllense os principais tipos de materiais. de plástico de uso doméstico e os seus usos. PRINCIPAIS TIPOS DE PLÁSTICO DE USO DOMÉSTICO SÍMBOLO DENOMINACIÓN OBXECTOS ORIXINAIS OBXECTOS RECICLADOS Sacos de durmir, anoraks, 1 Botellas de Polietileno Tereftalato alfombras, caixas, bebidas carbónicas solas de zapatos... PET Sacos industriais, 2 Produtos de limpeza Polietileno de Alta Densidade envases de deterxentes, e envases de cosméticos cubos, bidóns... PEAD Botellas de produtos de 3 Canalizacións, fibras, Policloruro de vinilo limpeza, xampú, aceites, solas e perfís... embalaxes... PVC 4 Polietileno Bolsas, películas, Bolsas para o lixo, de Baixa Densidade sacos, bidóns... canalizacións de rego, perfís... PEBD 5 Polipropileno Tapóns Caixas PP 6 Poliestireno Vasos, tarros e embalaxe Bandexas, papeleiras PS O aceiro e o aluminio, que conteñen os Os briks son envases formados por unha envases metálicos, son materiais reciclables lámina múltiple que pode combinar tres tipos polo que se envían aos centros recicladores de materiais (plástico, cartón e aluminio) e que onde se transforman en materia prima. O se poden aproveitar conxuntamente (para a aproveitamento destes metais é amplo e deles fabricación de aglomerado para mobiliario) ou pódense obter tubos de escape, bombonas de de forma separada (aproveitando o cartón para gas, estantes, novas latas, parafusos, fabricar bolsas, sacos e cartón ondulado). bicicletas, motores... www.sogama.es
    • CONTIDOS MATERIAIS E RECURSOS Os principais enlaces onde se pode ampliar a información tratada na presente guía son os seguintes: www.sogama.es http://sirga.medioambiente.xunta.es www.ecoembes.com www.ecovidrio.com www.ecopilas.es www.marm.es www.sigre.es www.sogarisa.es/ Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión. Apúntate aquí. Ademais, pódese completar información coa - Real Decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo lectura e coñecemento da lexislación vixente que se revisan os obxectivos de reciclado e na materia, resaltando a seguinte normativa: valorización establecidos na Lei 11/1997, e polo que se modifica Regulamento para o seu - Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo desenvolvemento e execución, aprobada polo e do Consello, do 19 de novembro de 2008, Real Decreto 782/1998, do 30 de abril. sobre os residuos. - Real Decreto 782/1998, do 30 de abril, polo - Directiva 2004/12/CE do Parlamento Europeo que se aproba o regulamento para o e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, pola desenvolvemento e execución da Lei 11/97 de que se modifica a directiva 94/62/CE relativa envases e residuos de envases. aos envases e residuos de envases. - Lei 11/1997, do 2 de abril, de envases e - Lei 10/1998, do 21 de abril, básica de residuos. residuos de envases. - Plan Nacional Integrado de Residuos - Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos (2008-2015). de Galicia. - Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición pública). www.sogama.es
    • GLOSARIO DE TERMOS · Retornable: Que se pode volver a levar ao sitio de onde saíu. · Tratamento de residuos: Operación ou conxunto de operacións de cambio das características físicas, químicas ou biolóxicas dun residuo para reducir ou neutralizar as substancias perigosas que contén, recuperar materias ou substancias valorizables, facilitar o uso como fonte de enerxía ou favorecer a súa eliminación. · Valorización: Considérase o procedemento que permite o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer en perigo a saúde humana e sen empregar métodos que poidan causar dano ao medio ambiente. · Vertedoiro: Lugar final de disposición dos residuos, ao cal só deberían chegar residuos que non puideran ser reutilizados, reciclados ou valorizados. · Xestión de residuos: Conxunto de operacións encamiñadas a dar aos residuos xerados o destino global máis adecuado desde a dimensión ambiental, económica e social. Comprende as operacións de depósito previo, recollida, transporte, almacenamento temporal, aproveitamento, valorización e eliminación. www.sogama.es