• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
A Arquitectura en Galicia
 

A Arquitectura en Galicia

on

  • 284 views

Trabajo realizado por Jorge García de 1º de Bachillerato

Trabajo realizado por Jorge García de 1º de Bachillerato

Statistics

Views

Total Views
284
Views on SlideShare
284
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    A Arquitectura en Galicia A Arquitectura en Galicia Presentation Transcript

    • Edificacións emblemáticas galegas.
    • Romano.Torre de Hércules. Construírona os romanos como faro de navegación no século II D.C. segundo indica a inscripción ós pes da torre e as referenzas documentais que sobre a ciudade de Brigantium revelan a existenza dun faro da época de Trajano. A torre perdeu, posiblemente, o seu uso marítimo, durante a Idade Media ó convertirse nunha fortificación. Será no século XVII cando o Duque de Uceda – 1682 – se encargue a súa restauración arquitectónica ó arquitecto Amaro Antune, quen construíu unha escada de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior onde sitúa dous pequenas torreciñas para soporta os fanais. No reinado de Carlos IV realizase unha reconstrucción completa. A obra neoclásica rematouse en 1791 e dirixíuna Eustaquio Giannini. A torre foi antes de acomete-la reforma, un corpo prismático con base cadrada, cuxo exterior presentaba un muro de pedra con dous portas na parte baixa e ventás asimétricas que o recorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estructura romana, pero con escadas de madeira que pertencían á restauración do edificio, armonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e ventás.
    • A Torre deHércules
    • Muralla de Lugo. Lucus Augusti, a actual cidade de Lugo, fundouna o emperador Augusto como poboación romana e capital do convento xurídico lucense, durante as guerras cántabras entre os anos 26 y 24 antes de Cristo. Debeu surxir coma unha cidade campamental, a partir da tradicional organización reticular de distribución urbana, propia dos campamentos militares do exército romano. Ó largo da etapa imperial adquiríu importancia pola súa situación estratéxica entre as poboacións tamén romanas de León, Astorga e Braga, así como por distribuir as calzadas que acercaban á costa do nordeste peninsular. O seu amurallamento realizouse no século III, cubrindo co recinto unha extensión superior á da misma cidade, ata encerrar máis de 30 hectáreas, incluíndo terras de labor dentro da zona fortificada. Isto orixinou unha grande muralla con oitenta e cinco torreóns circulais e numerosas portas das que se conservan catro romanas, cunha lonxitude total de 2.140 m. Algúns destes torreóns conserva os ventanais que deberon ter en dous pisos superiores nos que remataban orixinalmente. A súa estructura é de laxa de pizarra e sillares de granito, segundo as zoas, cun grosor que lle permite un amplo camiño superior de ronda. Neste século liberouse das numerosas construccións que teiña adosadas.
    • Muralla de Lugo.
    • Románico.Catedral de Santiago de Compostela. Iglesia prerrománica. Durante o reinado de Alfonso III, ante o número crecente de peregrinos e as pequenas dimensións da igrexa, decidióse a construcción dunha edificación, de estilo prerrománico e máis amplia ca anterior. En verano do 997 Santiago de Compostela atacouna Almanzor, despois de que, temendo as súas intencións, o obispo Pedro de Mezonzo evacuara a ciudade. Almanzor e os seus huestes musulmáns quemaron o templo prerrománico dedicado a Santiago, respetando o sepulcro. Eso permitíu a continuidade do Camiño de Santiago. Hacia o ano 1000 volveu construírse polo obispo Pedro de Mezonzo. Iglesia románica. O templo do século X tamén resultou insuficiente para atender as numerosas peregrinacións que acudían a Santiago de Compostela. Baixo o impulso do rey Alfonso VI e do obispo Diego Peláez iniciaronse as obras dunha gran catedral románica no ano 1075, a cargo dos mestres de obra Bernardo o Vello e o seu axudante Galperinus Robertus con medio centear de canteiros, segundo o Codex Calixtinus. En 1101 abandoa a ciudade de Compostela o mestre Esteban deixando completadas as capelas do deambulatorio e iniciadas as obras da fachada das Platerías. Desde este momento continuaronse con regularidade os traballos, e durante as duas primeiras décadas do século XII remataronse os traballos dos brazos do cruceiro (en 1111), ata a colocación da última pedra, que, se atendemos as indicacións do Codex Calixtinus, tivo lugar no ano 1122.
    • Catedral de Santiago deCompostela Fachada do Obradoiro. A plaza do Obradoiro á que da esta fachada fai alusión ó obradoiro de canteiros que funcionaba na plaza durante a construcción da catedral. Para protexer o Pórtico da Gloria do deterioro que estaba sufrindo polas inclemencias meteorolóxicas, esta fachada e as súas torres xa tiñan varias reformas desde o século XVI. No século XVIII decidíuse construir a actual fachada barroca, obra de Fernando de Casas Novoa. Conta cuns grandes ventanais acristalados que permiten iluminar a antiga fachada románica e encuentrase entre as torres das Campás e da Carraca. No medio deo corpo central está o Apóstolo Santiago e un nivel máis abaixo os seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro, todos vestidos de peregrinos. No medio, a urna (representación do sepulcro atopado) e a estrela (representación das luminarias que viu o ermitaño Pelayo) entre anxos e nubes. Na torre da dereita está María Salomé, madre de Santiago, e na torre da esquerda o seu pai, Zebedeo. Sobre a balaustrada desta parte esquerda pode verse a santa Susana e san Xoan e sobre a da dereita a santa Bárbara e Santiago o Menor. Para subir ata a entrada da fachada encontrase unha escada, realizada no século XVII por Ginés Martínez, de estilo renacentista inspirada na de Jacopo Vignola do Palacio Farnesio, en forma de rombo con duas rampas que rodean a entrada á antiga cripta románica do século XII do mestre Mateo, denominada popularmente «catedral Vella». Entre o plano existente da fachada do Obradoiro e a antiga portalada románica (pórtico da Gloria) encuentrase un nártex cuberto. Esta fachada converteuse nun símbolo da catedral e da ciudade de Santiago de Compostela. Proba da súa representatividade é o grabado que aparece no reverso das monedas españolas de 1, 2 e 5 céntimos de euro.
    • Catedral de Santiago deCompostela.
    • Igrexa de Santa María de Cambre. Igrexa monacal de tres naves, cruceiro e xirola con cinco capelas en torno á maior. Pese á confluenza de elementos románicos e protogóticos como a xirola, o templo pode ser encadrado entre as obras del século XII, en pleno estilo Románico. Deste período conserva a súa estructura de muros con estribos, arcos faxóns e formeiros e a fachada principal, todo en sillería de granito. As capelas absidiaies de planta semicircular cobrense con bóvedas de cascarón ou cuarto de esfera, sobre nervios con clave colgante, comunicándose coa xirola por arcos apuntados. A teitume de madeira, apoiase no entramado de arcos de medio punto peraltados, elevados a súa vez sobre columnas adosadas ós pilares. No tramo central da fachada, encontranse tres elementos singulares: a espadaña, o rosetón románico con arquitos de ferradura e a bela portada co Agnus Dei no tímpano, catro columnas acodiladas nas xambas e enmarcándoo todo as arquivoltas semicirculares, traballadas con pequenas flores e animais fantásticos. Moi estudiada polos historiadores, datan a fundación do Monasteiro na Alta Idade Media, coñecendose documentos do ano 942. A igrexa levantouse sobre unha antiga ermita merced á poderosa familia Traba, sendo o seu constructor Miguel Pérez, quen deixou taiado nos sillares o seu nome e o ano 1194.
    • Igrexa de Santa María de Cambre.
    • Monasterio de Oseira. O monasteiro de Oseira fundárona os benedictinos en 1137, adherínronse á orde cisterciense poucos anos despois. San Bernardo mandou desde Claraval a un grupo de monxes para instruir na nova regla ós fundadores, cara o 1140. Situado nun paraxe inaccesible da provincia de Ourense, nos séculos XII e XIII levantouse o templo seguindo o modelo da Catedral de Santiago con xirola na cabeceira, así como a tipoloxía da orde, con nave central abovedada en canón, sen triforio e decoración moi elemental con capiteis xeometrizados. No centro do cruceiro construíuse a finais do século XIII unha gran cúpula sobre nervios, apoiada en trompas, obra atribuida a un monxe chamado Fernán Martínez. As capelas da xirola, sufriron diversas reformas, conservándose so unha románica. A finais do século XV iniciouse a construcción da actual sala capitular, con catro columnas centrais de fustes estriados e retorcidos, dos que arrancan faces de nervios entrelazados por terceletes nunha caprichosa e orixinal bóveda. Un incendio arruinou o monasteiro no século XVI, iniciándose unha larga restauración, na que se levantou o coro os pes do templo, os claustros e a nova fachada barroca da igrexa coas duas torres campanario, en 1647. O conxunto conta con tres claustros, o dos pináculos, o dos medallóns e o dos cabaleiros, que trala desamortización de 1835, quedaron en estado ruinoso. O monumental conxunto empezouse a restaurar en 1930, ataos nosos días.
    • Monasterio de Oseira.
    • Gótico.Igrexa de San Francisco deBetanzos. A súa construcción debese ó Conde D. Fernán Pérez de Andrade en 1387. No século XIX quedou abandoado trala desamortización, exceptuandoo da subasta de bens eclesiásticos, pasando a ser propiedade municipal. Os franciscanos volveron a ocupalo en 1914. É o templo gótico franciscano máis interesante de Galicia. Declarouse Monumento Nacional en 1919. Ten planta de cruz latina cunha soa larga nave e arcos transversais cos faldóns de madeira do tellado directamente apoiados sobre eles, cuxo hoco central do cruceiro tamén cúbrese directamente con madeira. Os saíntes brazos do mesmo teñen bóvedas de canón apuntado. A cabeceira, de planta poligonal, con amplos muros laterais e testero formado por cinco estreitos e altos panos rectos entre contrafortes de ángulo, está cuberta con bóveda de nervios en abanico entre os cales nacen catro panos verticais, calados por altísimas ventás divididas con finos maineis, tendo o central un rosetón no alto.
    • Igrexa de San Francisco deBetanzos.
    • Igrexa de Santa Clara dePontevedra. Os documentos do convento remontan o seu orixe ó século XIV, sabéndose que en 1362 aínda non estaba feita a cabeceira. Sen embargo, o templo, cunha soa nave e cabeceira poligonal, refíxose, en gran parte durante o barroco, cando construíu a bóveda de canón da primeira. A capela maior, cos peldaños delanteiros paralelos, teñen arco de ingreso apuntado, doblado, de perfil rectangular, sobre haz de tres semicolumnas por lado, con basamento a base de "colgantes" e capiteis animados, con monstruos. Cúbrese a bóveda de abanico con florón na clave e nervios de perfil triangular, que rematan en baquetón recorrido por un delgado filete descansan en columnas acodilladas de capiteis animados. No zócalo, baixo os amplos ventanais apuntados e amaineados, recorre o seu perímetro unha serie de arquitos apuntados. No seu exterior os contrafortes das esquinas, con resaltos, recóllense por líneas oblicuas nos seus laterais. Só vese ó exterior o muro do evanxelio, no que tralas reformas barrocas conservanse ventanais, aleros e a portada gótica. Esta ten arquivoltas apuntadas, sobre dous pares de columnas acodilladas, sen tímpano. Na outra arquivolta, no lado dereito, represetanse enumerados a partir da clave unha figura con escarcela a maneria de cesta e un bastón, San Pedro coas chaves, un ánxel tocando a trompeta e unha figura desnuda xunto a unha cabeza monstruosa, todo a modo de sinxelo Xuizo Final.
    • Igrexa de Santa Clara dePontevedra.
    • Renacemento.Colexio do Cardenal de Monforte de Lemos. O Colexio do Cardenal de Monforte de Lemos (Lugo), debe os seus oríxes ó Cardenal Rodrigo de Castro, cuxa infancia transcurríu en dita cidada. En xullo de 1593, o Cardenal viaxa a Madrid onde visita ó provincial dos xesuitas para facer a escritura de fundación e dotación do Colexio. Nese documento consta da cesión dun conxunto de reliquias á institución. Compositivamente tratase dun conxunto manierista, ordeado cos claustros ós lados do templo "vignolesco" cuberto con cúpula, recordando na súa monumentalidad á Escorial.
    • Colexio do Cardenal de Monforte de Lemos.
    • Barroco.Igrexa de Santa María da Pastoriza - Arteixo  Aínda que as intervencións máis importantes realizadas na igrexa de Santa María de Pastoriza datan do século XVII, no seu interior encontramos elementos que nos permiten falar dun orixen anterior, en torno ó século XIII, e incluso máis remoto. Santuario de gran devoción, celebra en outubro unha popular romería en honor á Virxe.  Desde o punto de vista arquitectónico o templo consta dunha soa nave con dous capelas situadas nos seus laterais. A fachada estructurase en dous corpos independentes que rematan nun campanario, estando toda ela ornamentada con motivos clásicos. No seu interior, o altar maior consta dun retablo barroco, con columnas salomónicas decorado con motivos vexetais.
    • Igrexa de Santa María da Pastoriza - Arteixo
    • Capela e claustro do hospital de San Roque. A capela comenzouse en 1517 dedicada a San Roque para pedir polo fin da peste que nese ano propagabase por Galicia e concluída sesenta años despois, tras cincuenta e tres de paro. É de planta única e ábside octogonal. O hospital fundouse en 1577, a raíz doutra peste que asolou a ciudad de Santiago, cun claustro de maior riqueza artística que a mesma capela. O contrato de construcción da capela é de 1570, o acta de fundación e dotación do Hospital polo Arzobispo D. Francisco Blanco de 1577, e o acta de cesión de terreos para a construcción do hospital de 1578. No primeiro terzo do século XIX, o hospital sufríu unha restauración completa, como indican as inscripcións que se len no friso e sobre unha das columnas do claustro. O claustro de órden dórico, é dunha elegante sencillez. Ten catro arcos por lado, que descansan en hermosas columnas dunha soa peza. Os tre altares son Churriguerescos. No maior venerase a imaxe do Santo e as de San Cosme e San Damián, que tamén adorna a porta do edificio. Os colateraiis están dedicados a Nosa Sra. de Monserrat el do Evanxelio, e a San Sebastián o da Epístola. A fachada actual que non pode ser máis sencilla fíxose a mediados do século XVII como demostra a inscripción que ten enriba da porta: " Esta portada realizouse coa limosna dos cofrades do Sr. S. Roque e de Antonio Freijóo Mayordomo que foi catro anos pola súa deboción. Ano de 1642".
    • Capela e claustro do hospital de San Roque.
    • Convento de San Francisco de Compostela. Un dos máis grandes monasteiros de Santiago de Compostela, o dos franciscanos, contruíuse fora das murallas medievais da cidade no período gótico. Daquela época so restan en pe varios arcos do primitivo claustro. A reforma de monasteiro na idade moderna, completouse coa construcción do monumental templo de San Francisco a mediados do século XVIII, con proxecto de 1741 e dirección de obra de Simón Rodríguez, un dos máis importantes artistas do barroco galego. A airada denuncia dos benedictinos de San Martín Pinario polo voluminoso tamaño da obra, obligou a rebaixar o terreo do novo templo, proxectado con planta rectangular, unha alta nave central abovedada en canón e cúpula no cruceiro. Pero o máis significativo da igrexa “barroca” de San Francisco, é precisamente o seu “anti-barroco”, unha corrente de diseño de aplacados xeométricos como única ornamentación da arquitectura, alexada dos motivos clásicos ou naturalistas do momento. No século XIX, Melchor de Prado adosoulle á fachada unha estructura neoclásica.
    • Convento de San Francisco de Compostela.
    • NeoclásicoA Colexiata. Os templos de planta basilical, recuperáronse no neoclasicismo francés as pantallas de columnas, propias do pasado paleocristiano, en lugar dos pilares. Juan de Villanueva utilizou este recurso tipolóxico no oratorio do Cabaleiro de Gracia. Na obra viguesa, a pegada de Villanueva é palpable, cunha planta casi idéntica á dun proxecto de basílica no construido do arquitecto madrileño. A fachada, polo contrario alexase das solucións do século XVIII, para definir o novo tipo de fría composición que repetirase nos novos tempos da primeira mitade doséculo XIX. Unhas fachadas de rigurosa ordeación modular e xeométrica, con planos lixeiramente resaltados nos que destacan ou rehundense cadrados, hornaciñas e medallóns lisos. A Colexiata de Vigo utiliza a orde toscana nas súas columnas o que lle proporciona un porte monumental, acentuado por altos e voluminosos plintos cúbicos. Este purismo clásico, tan axeno ó galego, é o resultado da evolución dos postulados racionalistas da Ilustración, hacia un pragmatismo obsesionado coa composición codificada. As ventás trátanse como meras perforacións nas bóvedas e nos muros, a pilastra casi desaparece, chegándose a unha situación de tensa frialdade emocional.
    • A Colexiata.
    • Igrexa de San Xulian de Ferrol. É un templo proxectado polo arquitecto académico Julián Sánchez Bort, a partir do ano 1763, para a nova barriada que levantabase na cidade de Ferrol. Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos e compositivos propios do Renacemiento, reformados na obra final. Ten planta de cruz grega, cuberta cunha gran cúpula, que non deixa ver o seu cascarón ó exterior. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo, con dous corpos superpostos e xambas de saíntes sillares, enmarcada por dous altas torres. A pegada italiana preséntase na obra deste académico, autor tamén da nova fachada da catedral de Lugo, unha arquitectura que non é auténticamente neoclásica, pese a desenvolverse en pleno proceso da Ilustración, seguindo pautas artísticas da Academia de San Fernando. A estructura urbá do novo barrio da Magdalena, concebida por Jorge Juan e completada polo mesmo Sánchez Bort, responde a unha retícula con dous plazas simétricas, de ela destacan dous mazás nas que construíeronse este templo de San Xulián e o teatro Xofre, frente á portada do Arsenal Naval, construída igualmente por este arquitecto.
    • Igrexa de San Xulián de Ferrol.
    • Eclecticismo.Teatro García Barbón. A cidade de Vigo contou desde mediados do século XIX cun teatro no seu ensanche urbano, chamado primeiro “Romea”, logo “Cervantes” e finalmente “Rosalía de Castro”, cuxo último propietario foi don José García Barbón, ata que un incendio o destruíu en febreiro de 1910. Para sustituílo, os sucesores do Sr. García Barbón encargaron o arquitecto Antonio Palacios un ambicioso proxecto de complexo cultural formado por dous salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escada, seguíndo o modelo da Opera de París. O imaxinativo e ecléctico Palacios non defraudou coa grandiosidade nin coa calidade artística da súa nova obra, iniciada en 1913, á que deu unha imaxe “xarneriana” na fachada principal á rúa Policarpo Sanz. O 23 de abril de 1927 inaugurabase coa ópera “Madame Pompadour”. Os muros exteriores do teatro “García Barbón” construíronse en bloques de granito. A platea da sala apoiouse sobre unha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados, un auténtico alarde técnico. Varios salóns superpostos, decorados luxosamente e unidos pola suntuosa escada central, completan este “templo” social da burguesía viguesa. Nos últimos anos rehabilitouse para centro cultural pola entidade bancaria da que é propiedade.
    • Teatro García Barbón.
    • Modernismo.A terraza de Sada. O estilo “Art Nouveau”, coñecido en España como “Modernismo”, tIvo en Galicia excelentes exemplos de singulares obras arquitectónicas. Unha de elas é a coñecida como “La Terraza” na población costeira de Sada, provincia de A Coruña. Tratase dun quiosco-restaurante, inicialmente construído nos xardíns de Méndez Nuñez de A Coruña, polo arquitecto Antonio López Hernandez en 1912. Tras unha serie de reformas e añadidos, acabou sendo traslada ó paseo marítimo de Sada, onde hoxe conservase. Esta fráxil estructura de madeira, ferro e cristal, ten dous plantas cerradas por unha membrana acristalada e policroma, con un diseño de rítmicos módulos verticais. Nas súas formas ondulantes e ovaladas adivínase a inspiración naturalista do estilo modernista, a súa fina estructura metálica recorda ós emparrados das vides galegas, creando uns alegres ambentes propios para a finalidade de ocio e recreo do edificio. Pese a ser construído como unha arquitectura “efímera”, o seu traslado e restauración convertérona nun auténtico monumento ó liviano.
    • A terraza de Sada.
    • Arquitectura militar.Castelo de Monterrei. Este monumental conxunto fortificado, no que asentaronse os linaxes dos Ulloa, os Zúñiga, os Viedma, os Fonseca, os Acevedo e os Duques de Alba, foi enclave estratéxico desde a Idade Media na fronteira con Portugal. A “Acrópole” máis grande de Galicia fórmase por tres recintos amurallados sobre unha alargada loma, nas cercanías de Verín (Ourense). No recinto superior encerrabase a poboación medieval, conservándose o palacio renacentista, a torre do Homenaxe do século XV, a Torre das Damas, os restos do hospital de peregrinos e a igrexa gótica de Santa María. Estas construcciós debense en gran medida a D. Sancho Sánchez de Ulloa, primer Conde de Monterrey en tempo dos Reyes Católicos.
    • Castelo de Monterrei.
    • Castelo de San Antón de A Coruña. Sobre un pequeno illote, na ría de A Coruña, edificouse a finais da Idade Media unha capela dedicada a San Antón, na que recollíase ós navegantes enfermos do mal gangrenoso “Fogo de San Antón”. Este illote foi maís tarde empregado como lazareto, lugar de confinamento dos viaxeiros sospechosos de padecer lepra. No século XX uniuse a terra, deixando de ser una illa. En 1960 o ministerio do Exército o sucedeu o Ayuntamiento, tras unha larga etapa como prisión militar. En 1964 convirteuse en Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.
    • A casa galega. 1.- VIVENDAS MARIÑEIRAS.- Casas en poboacións costeiras das rías galegas, das provincias de A Coruña e Pontevedra. Son estreitas construccións de dous plantas en cuxos baixos hay soportais e locais para gardar os útiles de pesca. No piso alto está a vivenda con galerías acristaladas, corredores de madeira ou patines de cantería. 3.- A PALLOZA.- A máis ancestral construcción vernácula de Galicia, encontramola nas montañas de Lugo, en poblacións como Piornedo. O seu orixe e planta ovalada relaciónanse coas cabanas prehistóricas dos castros galegos. Os muros son grosos e baixos, cubríndose con paxa (colmo). No seu interior o espazo único contén a vivenda, os establos para o gando e o paxar. Todo colabora a crear un medio climático templado, frente ó frío exterior.
    • A casa galega. Vivendas mariñeiras. A palloza.
    • A casa galega. 3.- A CASA DE LUGO.- Casas “bloque” de forma prismática, con grosos muros e escasos hocos que aíslan a vivienda da crudeza climática nas altas chairas do interior de Galicia, na provincia de Lugo. Os animales e a cociña (lareira) están situados na planta baixa, mentres que o piso alto destinase a vivienda. Construense con sillería ou mampostería e cubertas de losas de pizarra. 4.- A CASA DE A CORUÑA.- É o modelo de edificio rural máis común no campo galego. Son construccións de mampostería, con sillares nos elementos principais, cubertas con tella. Trátanse de agrupacións volumétricas en torno a un núcleo central, no que está la vivenda dunha ou dous plantas. Nos corpos adosados encóntrase as cadras, os graneros, o paxar e os almacéns. Son edificios agrícolas diseminados polas zoas de fértiles cultivos.
    • A casa galega. A casa de A Coruña. A casa de Lugo.