• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Montefurado
 

Montefurado

on

  • 921 views

 

Statistics

Views

Total Views
921
Views on SlideShare
905
Embed Views
16

Actions

Likes
0
Downloads
5
Comments
0

2 Embeds 16

http://www.blogoteca.com 15
http://www.slideshare.net 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Montefurado Montefurado Presentation Transcript

    • MONTEFURADO Felipe Vázquez Fernández 2º C
      • INTRODUCCIÓN AO TEMA:
      “ Galicia é un antigo zócalo de non menos de 140 millóns de anos, que dende o final do Terciario adquire os seus límites actuais”, durante estes 140 millóns de anos o que nos chamamos Galicia sófreo moitas transformacións. Dende o efecto dos axentes xeolóxicos esternos ata o efecto da acción dos seres vivos. Os humanos vimos provocando cambios salientábeis na nosa terra dende hai uns quince milleiros de anos. Somos nós en gran medida os responsables da actual fauna e flora galega na cal se extinguiron as especies por mor da acción antrópica como o caso do oso pardo e a case extinción do gato montés, a xineta, as nutrías e moitas aves rapaces.
    • Toda acción humana ten un impacto ambiental, máis grande ou máis pequeno, pero o home faga o que faga sempre alterará o medio. Por vos por un exemplo, se nos votamos a correr por un prado o noso paso seguramente mataremos varias plantas e insectos. Co paso do tempo, a poboación galega aumentou e cada vez os galegos necesitaron máis campos de cultivo, máis cabezas de gando, máis materias primas e máis peixe. Así dende os primeiros poboados nas zonas altas e por mor da invasión romana os actuais galegos foron ocupando as zonas baixas e fértiles modificando o terreo. Pódenos parecer que nas últimas cinco décadas a humanidade modificou totalmente o que nos chamamos natureza, pero no caso de zonas habitadas dende hai miles de anos como é o caso de Galicia o que nos chamamos natural non é máis que o resultado do paso do tempo cun desenvolvemento humano máis ou menos sostible.
      • As grandes obras de enxeñería dos
      • nosos tempos as cales adoitamos chamarlles “faraónicas”, tal vez están mal adxectivadas pois verdadeiramente os grandes construtores da antigüidade non foron os exipcios senón os romanos. Durante centos de anos foron a superpotencia mundial por excelencia, do que eles pensaban que era todo mundo, creando toda clase de obras civís e militares dende o Muro de Adriano ata o acueduto de Ávila.
      • No ano 16 a. C. os romanos conquistaron o que chamarían Gallaecia, xa levaban dous séculos na península, e empregaron esta zona do nordés como unha inmensa mina. A nosa terra naqueles tempos era rica en ouro, tras a esquilma romana, non queda nada. Para conseguir extraer o prezado material, tiveron que realizar grandes obras de enxeñería que ben poderían lindar en canto a impacto ambiental as modernas autopistas .
      No caso das Médulas derrubaron totalmente un monte polo soado método de “Ruina Montiun”, no caso de Montefurado lograron alterar durante mil setecentos anos o curso do río Sil ata que no século XX o río voltou, por mor dunha crecida, ao seu curso natural inundando unha zona habitada durante eses anos. E sobre este descoñecido caso do que vou a falar.
    • MONTEFURADO : No século II d. C. durante o mandato do emperador Trajano os enxeñeiros romanos propuxéronse facer unha das obras máis impresionantes ata o momento. Cunha tecnoloxía moi inferior a actual decidiron desviar o caudal dun dos ríos máis importantes de toda Gallaecia, un río que nas súas augas transportaba pebidas de ouro. Debido a necesidade do dourado metal as autoridades destinaron todo o necesario para que comezaran as obras. Así e tras litros e litros de suor dos traballadores escravos, dos cales tal vez descendamos, conseguiron facer un túnel de 120 metros de longo e de 20 por vinde de ancho e alto. A técnica empregada para conseguir facer o túnel é coñecida como “técnica do lume”, consistente en quentar a rocha ata acadar temperaturas moi altas para despois arrefriala con auga e que a brusquidade do cambio térmico rachara de xeito fácil e inmediato o macizo rochoso, para redondealo posteriormente con ferramentas metálicas, cuxas pegadas poden observarse aínda agora nalgúns puntos.
    • Unha vez variado o caudal do río os escravos traballarían no curso agora seco. Peneirando e buscando ente os sedimentos as prezadas pebidas de ouro. Pensase que tal vez tamén conseguiron crear un sistema secar o túnel probabelmente durante o verán e así recoller as pebidas depositadas durante o ano empregándoo de balsa de decantación
      • “ Esta hipótese que pode semellar lendaria e con pouco fundamento, atopou un valedor na figura do enxeñeiro belga Henry Steven, que o 25 de abril de 1918, solicitou unha autorización para facer unha desviación do río Sil, en Montefurado, “dejando el cauce seco durante el verano empleando un canal y túnel abiertos de antiguo construyendo unha presa en el origen del canal situado auguas abajo de la estación de ferrocarril de Montefurado.”
      • Para vixiar a tanta man de obra escrava e evitar posibles roubos as autoridades destinaron a un continxente e creáronse fortalezas que rodeaban a zona. Unha das actuais aldeas cércanas a Montefurado chamase “Sesmil” pola súa situación estratéxica e a toponimia pensase que tal vez foi en tempos un campamento no cal residía nin mas nin menos que seis mil soldados romanos, todo un exército.
      • Os romanos non se preocupaban moito polo impacto ambiental dunha terra que non era a súa, actualmente nós tampouco nos preocupamos demasiado por ela, por iso pese aos milleiros de anos transcorridos podémonos facer unha idea do impacto ambiental do proxecto mineiro.
    • O POSIBLE IMPACTO AMBIENTAL DE MONTEFURADO : Para examinar o alcance do ocorrido hai uns mil oitocentos anos segmentarei os cambios rematados polo home neste en tres grandes apartados: 1- Alteracións do marco físico: As obras de construción do túnel causaron unha grave erosión do terreo e provocaron toneladas de escombros o seu traslado e extracción provocou a contaminación da atmosfera por partículas . Co posterior cambio do curso do río produciuse a inundación dalgunhas zonas e a desecación doutras. As paredes dos muros do túnel sufriron un proceso de erosión e metereorización; un descoido do mantemento das medidas correctoras e o paso do tempo provocaron que durante o ano 1934 se derrubase o túnel. Así as rochas taponaron o paso da auga e esta votou ao seu curso natural asolagando zonas que pola súa riqueza foran habitadas dende século II ata o XX. Tamén se casou durante a realización da “técnica do lume” grandes combustións que darían lugar a unha contaminación atmosférica por moléculas(CO2, CO...)
      • 2-Alteracións do marco biótico:
      • As colosais obras provocaron a desaparición do hábitat propicio para moitas especias salvaxes. Durante a construción do túnel e a posterior extracción mineira deforestáronse bosques próximos. Así mesmo ao empresar a auga e facer canles tamén se afectou o hábitat e as condicións de vida das especies acuáticas da zona. Posibelmente os novos poboadores introduciran tamén cultivos na zona algúns dos cales se cultivan ata os nosos días, entre outras cousas na zona hai cultivos de vide e oliva.
      • 3- Alteracións do marco social:
      • O gran incremento da poboación humana(soldados, auxiliares, escravos, comerciantes...) produciu que na zona se crearan novos núcleos de poboación, que co tempo deron lugar as actuais aldeas. A existencia dunha gran cantidade de poboación non adicada a agricultura e gandería derivou na necesidade de que outra xente producira alimentos para eles. Así a par dos núcleo mineiro e debido os beneficios aportados pola mina creouse aumentou o comercio da zona.
      • CONCLUSIÓN:
      • Hai quiñentos anos os recursos minerais de boa parte de América Latina eran virxes, pero para conseguir ouro os españois explotaron moi fortemente eses recursos chegando en moitos casos a esgotalos e empregando como man de obra escrava aos nativos da zona. Mil douscentos anos antes os romanos fixeron iso mesmo en Galicia, esgotando todo o ouro da zona e realizando obras de gran impacto ambiental. Actualmente esta ocorrendo isto mesmo noutras zonas do mundo, como na caso dos países árabes, os cales están sendo invadidos por un exercito colonialista invasor para obter o desexado petróleo(o ouro dos nosos tempos)
      • Dende o comezo da humanidade o home leva facendo todo o necesario para conseguir o que necesita. Levamos dous millóns de anos modificando impunemente a terra, moitas veces sen pararnos a pensar antes nas consecuencias.
      • O que agora é unha zona pouco habitada en Ourense en tempos foi unha das minas máis grandes dun dos maiores imperios do mundo, pódenos parecer que o impacto ambiental non foi grande xa que o tempo difuminou as consecuencias da inmensa construción, pero alterou de forma irreversible a zona.
      • Despois de tantos anos xogando como se foramos donos da Terra, cada vez somos máis perigosos para ela. A nosa tecnoloxía permítenos alterala cada vez máis. Tal vez sexa o momento de que o home comece a plantexar mellor os cambios que vai facer sobre a terra, pois vano afectar.
      • Actualmente eses cambios son calculados por espertos mediante a valoración do impacto ambiental e existe unha lexislación que rexe a materia. O mellor o xa temos todo na man para deixar de facer tantas barbaridades, posibelmente tan só nos falte pensar un pouco menos en nos mesmo e máis no ben común da Terra en conxunto.
      • BIBLIOGRAFÍA:
      • -Libro de Ciencias da Terra e do Medio da editorial Rodeira( ISBN 84-8116-925-0)
      • -Apuntes da clase
      • -Separata e Libro de Historia da editorial Vicens Vives de 2º de bacharelato(ISBN 978-84-316-7280-5)
      • -Materiais entregados no “Curso de Evaluación de Impacto Ambiental” para o colexio de veterinarios. Da conferencia: La conservación del Medio Ambien en Galicia y los estudios de impacto ambiental”(Ferrol, 17 de novembro do 1997, poñente D. Juan Rodríguez Silvar)
      • En internet:
      • http://www.xunta.es/Dog/Dog2002.nsf/FichaContenido/7982?OpenDocument
      • http://www.pueblos-espana.org/galicia/lugo/montefurado/
      • http://traianus.rediris.es/textos/mineria01.htm
      • http://www.osil.info/index.php?tim=1-01-2008&ID=2629