• Like
Cantigas novas de amigo 2005 2006
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

Cantigas novas de amigo 2005 2006

  • 587 views
Published

 

Published in Technology
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
587
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
9
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Cantigas novas de amigo Literatura Galega 3º B, C, D Curso 2005-2006
  • 2. Meu amigo, meu amor, quedo soa e con dolor. Teño o corazón ferido! Meu amor, meu amigo, quedo soa e sen sentido. Teño o corazón ferido! Quedo soa e con dolor pola mañá e no solpor. Teño o corazón ferido! Quedo soa e sen sentido e non hai ninguén comigo. Teño o corazón ferido! (Cristina Calle, 3º A)
  • 3. Os brancos paxaros recórdanme a ti e hoxe estou triste ca non estás aquí. E morro de amor. Os puros paxaros recordos me tran e hoxe estou triste, sen ti paso o verán. E morro de amor. E hoxe estou triste ca non estás aquí, volve, meu amigo, sen ti non podo vivir. E morro de amor. E hoxe estou triste, sen ti non paso o verán; vanse lonxe os paxaros, xa non volverán. E morro de amor. (Luís Darriba, 3º A)
  • 4. Lonxe estou, madre, do meu amigo que se foi loitar ás terras de Vigo. Que soa me sinto! Lonxe estou, madre, do meu amado que foi loitar moi ben armado. Que soa me sinto! Que se foi loitar ás terras de Vigo para abater a todo inimigo. Que soa me sinto! Que foi loitar moi ben armado para abater a todo desalmado. Que soa me sinto! (Pablo Caride, 3º A )
  • 5. Des que eu vi a meu amigo eu namoreime nun suspiro. Eu louca por el ando! Des que eu toquei a meu amado eu namoreime de contado. Eu louca por el ando! Eu namoreime nun suspiro eu eu irei velo a Vigo. Eu louca por el ando! Eu namoreime de contado e irei aló para que estea ao meu lado. Eu louca por el ando! (Laura Rodríguez, 3º A)
  • 6. Onte marchou o seu amigo pola beira do río Miño. Volverá? Onte marchou o seu amado, pola beira do regato. Volverá? Pola beira do río Miño, encontrou outra amiga. Volverá? Pola beira do regato, encontrou outra amada. Volverá? (Blanca Rosa González, 3º A)
  • 7. Choraba a louçana, choraba a velida, no monte agardaba a fermosa perdida. Ai, e o seu amigo marchou! Choraba a velida, choraba a louçana, no monte agardaba a fermosa agachada. Ai, e o seu amigo marchou! No monte agardaba a fermosa perdida. O cervo do monte xa non a quería. Ai, e o seu amigo marchou! No monte agardaba a fermosa agachada. O cervo do monte xa non a amaba. Ai, e o seu amigo marchou! (Carla Rodríguez, 3º A)
  • 8. Onte fun a Vigo para ver ao meu amigo. E irei a Vigo. Onte fun ao faro para ver ao meu amad E irei a Vigo. Para ver ao meu amigo, e só vin un cervo ferido. E irei a Vigo. Para ver ao meu amado, e só vin un cervo sangrado. E irei a Vigo. (Luís Valle, 3º A)
  • 9. Gustaríame saber, flores do prado, a que hora chegará o meu amado. Eu por el agardo. Gustaríame saber, flores de Vigo, a que hora chegará o meu amigo. Eu por el agardo. A que hora chegará o meu amado. E, ai Deus, que chegue louçano. Eu por el agardo. A que hora chegará o meu amigo. E, ai Deus, que chegue velido. Eu por el agardo. (Alejandro Rodríguez, 3º A)
  • 10. Ondas, nas que a louçana lavaba a trenza na alborada e por el morría. Ondas, nas que a velida lavaba a trenza na mañanciña e por el morría. Lavaba a trenza na alborada mentres el a observaba e por el morría. Lavaba a trenza na mañanciña mentres el a espía e por el morría. (Ainhoa Alzola, 3º B)
  • 11. Unha moza moi velida ao seu amigo non esquecía. E cando volverá? Unha moza moi louçana ao seu amigo esperaba. E cando volverá? Ao seu amigo non esquecía xa que el na guerra ía. E cando volverá? Ao seu amigo esperaba xa que el na guerra estaba. E cando volverá? (Marta Álvarez, 3º B)
  • 12. Fostes, mia filha, á fontana fría buscando ao amigo que non aparecía. Mia velida, mia louçana. Fostes, mia filha, á fría fontana, buscando ao amigo que tanto amabas. Mia velida, mia louçana. Buscando o amigo que nom aparecía volviches cedo coa alma ferida. Mia velida, mia louçana. Buscando o amigo que tanto amabas, volviches cedo coa alma magoada. Mia velida, mia louçana. (Marta Iglesias, 3º A)
  • 13. Coitada ando, mia madre, por meu amigo, que me dixo que xa non quere estar comigo, Coitada de amores. Coitada, mia madre, ando por meu amado, que xa non quere estar ao meu lado. Coitada de amores. Que me dixo que xa non quere estar comigo, chorarei por meu amor perdido. Coitada de amores. Que xa non quere estar ao meu lado, chorarei por meu amor rematado. Coitada de amores. (Enma González, 3º B)
  • 14. E na fonte, doncela belida choraba, bagullas amargas caían á auga. — Onde estás, meu amigo? E na fonte, doncela belida salaiaba, caían á auga bagullas salgadas. — Onde estás, meu amigo? Bagullas amargas caían á auga, un cervo do monte paseniño expiraba. — Onde estás, meu amigo? Caían á auga bagullas salgadas, un cervo do monte paseniño finaba. — Onde estás, meu amigo? (Sara Martínez, 3ª B)
  • 15. Madre, que pasou co meu amigo? Hai tempo que marchou e non volveu comigo. Deus sabe que non o esquezo. Madre, que pasou co meu amado? Hai tempo que marchou e non dá voltado. Deus sabe que non o esquezo. Hai tempo que marchou e non volveu comigo. Vivo desde aquela co corazón ferido. Deus sabe que non o esquezo. Hai tempo que marchou e non dá voltado, Vivo desde aquela co corazón magoado. Deus sabe que non o esquezo. (Artur Martínez, 3º B)
  • 16. Non me guardedes, mia madre velida, de ir ve ao meu amigo á romaría. Morrerei namorada! Non me guardedes, mia madre louçana, de ir ver ao meu amigo á fontana. Morrerei namorada! De ir ver ao meu amigo á romaría Arela, ai, de cotío a alma miña. Morrerei namorada! De ir ver ao meu amigo á fontana Arela, ai, de cotío miña alma. Morrerei namorada! (Lucía Pérez, 3º B)
  • 17. Nunca fora tan leda e louçana desque o cervo bebeu na auga. — Madre, o cervo vin. Nunca fora tan louçana e leda desque o cervo bebera nela. — Madre, o cervo vin. Desque o cervo bebeu na auga alí vou lavar as delgadas. — Madre, o cervo vin. Desque o cervo bebera nela, Alí vou lavar mias garcetas. — Madre, o cervo vin. (Eva Rodríguez, 3º B)
  • 18. Aquí vexo eu, filla, o teu amigo, o que sempre dis que quere estar contigo. Leda dos amores véxote eu. Aquí vexo eu, filla, o teu amado, o que sempre di que quere estar ao teu lado. Leda dos amores véxote eu. O que sempre dis que quere estar contigo e nos seus ollos ves que non che ten mentido. Leda dos amores véxote eu. O que sempre dis que quere estar ao teu lado e ves nos seus ollos que é moito amado. Leda dos amores véxote eu. (Belén Vázquez-Monxardín, 3º B)
  • 19. Meu amado querido, o corazón teño partido. — Máis non podo vivir. Meu amado buscado, o corazón teño danado. — Máis non podo vivir. O corazón teño partido, sen ti late intranquilo. — Máis non podo vivir. O corazón teño danado, sen ti late alterado. — Máis non podo vivir. (Rodrigo Tugores, 3º B )
  • 20. Nas augas do río tranquilo refléxase o meu amigo. Meu amor ti es. Nas augas do río durmido refléxase o meu querido. Meu amor ti es. Refléxase o meu amigo polo que eu tanto suspiro. Meu amor ti es. Refléxase o meu querido polo que eu perdo o sentido. Meu amor ti es. (Sara Verea, 3º C)
  • 21. Aquí levo esperando non sei cantos anos. Espero no faro a chegada do amado. Aquí sigo agardando moito máis do desexado Espero no faro a chegada do amado. Non sei cantos anos, moitos barcos levan pasado. Espero no faro a chegada do amado. Moito máis do desexado en ningún barco vén o amado. Espero no faro a chegada do amado. (Iago Morgade, 3º C)
  • 22. Mar, mareas do meu amor, traédeme o meu amigo, o que marchou co solpor. E sigo agardando! Mar, mareas do meu corazón, traédeme o meu amigo, o que marchou coa miña flor. E sigo agardando! Traédeme o meu amigo, o que marchou co solpor, traédemo de volta, san e cheo de amor. E sigo agardando! Traédeme o meu amigo, o que marchou coa miña flor, traédemo de volta, san e sen ningunha dor. E sigo agardando! (Aida Fernández, 3º D)
  • 23. Fun unha tarde os cabelos lavar e atopei ao meu amigo que me convidou a bailar, para nunca volver. Fun unha tarde os cabelos peitear, e atopei ao meu amado que xa me quixera levar, para nunca volver E atopei ao meu amigo que me convidou a bailar, leveoume consigo a un olvidado lugar, para nunca volver. E atopei ao meu amado que xa me quixera levar e levoume consigo para nunca regresar, para nunca volver. (Claudia Díaz, 3º D)
  • 24. Tanto amo ao meu amigo porque sempre está comigo. Leda de amor estou! Tanto amo ao meu amado porque sempre está ao meu lado. Leda de amor estou! Porque sempre está comigo eu toleo polo meu amigo. Leda de amor estou! Porque sempre está ao meu lado toliña estou polo meu amado. Leda de amor estou! (Ágata Gavilán, 3º D)
  • 25. Ai flores minhas, que tanto amor vos dei, vistes todas o mal que o pasei, Que un día chegarei ao mar! Ai flores minhas, amor vos dei tanto, vistes todas que xa non canto, Que un día chegarei ao mar! Vistes todas o mal que o pasei por culpa dese día no que me namorei. Que un día chegarei ao mar! Vistes todas que xa non canto desde o día que o vin no alto. Que un día chegarei ao mar! (Lidia López, 3º D)
  • 26. Mentres na noite eu paseaba, polo meu amigo moito choraba. E moita tristura teño! Mentres na escuridade eu camiñaba polo meu amigo me lamentaba. E moita tristura teño! Polo meu amigo moito choraba, as súas apertas recordaba. E moita tristura teño! Polo meu amigo me lamentaba, os seus bicos eu añoraba. E moita tristura teño. (Raquel Fernández, 3º D )