Slideshow transcript
Slide 2: Durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro do 2007, o promotor retirou con pa mecánica unha capa de area que variaba, segundo a zona, entre os 60cm e os 2m de altura. Esta é a parcela na que se pretenden construír 26 vivendas (parcela nº 2).
Slide 4: O luns 3 de setembro de 2007, a empresa de arqueoloxía AXA, contratada e pagada polo promotor urbanístico, comeza as escavacións das sondaxes nesta parcela, na que vemos e fotografiamos unha serie de irregularidades:
Slide 5: Irregularidade nº1 A xa mencionada retirada de area con pa mecánica de entre 60cm e 2m de altura, dependendo da zona.
Slide 6: Irregularidade nº1
Slide 7: Irregularidade nº2 Afectación de capas arqueoloxicamente fértiles, con destrución de estruturas do castro
Slide 8: Irregularidade nº2 capas arqueoloxicamente fértiles Area de cor negra 8
Slide 9: Irregularidade nº3 • Observamos a pa mecánica furando a poucos metros da sondaxe nº2, na que xa estaban saíndo muros dunha casa castrexa. Esta gabia,sorprendentemente, era máis profunda que a da sondaxe. Pouco despois, a gabia foi tapada. Ó día seguinte comezaron a sondaxe nº 7 na gabia que taparan o día anterior.
Slide 10: Irregularidade nº3 gabia Sondaxe 2
Slide 11: Irregularidade nº3 Sondaxe 2
Slide 12: Irregularidade nº3 gabia
Slide 13: Irregularidade nº3 gabia tapada
Slide 14: Irregularidade nº3 Sondaxe 7 sobre gabia tapada
Slide 15: Irregularidade nº4 • A práctica anterior, segundo informacións dos veciños, repetiuse en máis zonas, concretamente onde se fixo a sondaxe nº 5. Nesta sondaxe é onde puidemos ver, en días posteriores, como saía area branca (moderna) en capas de area negra (arqueoloxicamente fértiles).
Slide 16: Irregularidade nº4
Slide 17: Irregularidade nº5 • Todos os movementos de terra anteriores ao dia 3 de setembro fixéronse sen o preceptivo control arqueolóxico.
Slide 18: QUE DIN OS INFORMES sobre estas 5 irregularidades?.
Slide 19: • Nada, os informes non mencionan nada destas irregularidades, tampouco mencionan a retirada de area nin o uso da pa mecánica. • Entre os feitos que ocultan e os datos que falsean até pode parecer que as escavacións foron impecables.
Slide 20: Proxecto de sondaxe • Neste proxecto non se solicita nin se menciona en ningún momento o uso de pa mecánica nin a retirada da capa de area.
Slide 21: Proxecto de sondaxe • Repítese, iso si, en numerosas ocasións que as escavacións van ser feitas por medios manuais.
Slide 22: Proxecto de sondaxe páxina 8
Slide 23: Proxecto de sondaxe páxina11
Slide 25: Exp. Nº10575 informe valorativo • Unha vez feitas as sondaxes, no informe valorativo comprobamos que non só se oculta o emprego dunha pa mecánica senón que tamén se ignora a retirada de entre 60cm a 2m de area que cubría o xacemento.
Slide 26: informe valorativo páxina 8
Slide 27: informe valorativo páxina 9
Slide 28: informe valorativo páxina10
Slide 29: Está claro, non se utilizaron medios mecánicos.
Slide 30: informe valorativo páxina 14
Slide 31: Colmatación moderna, onde?
Slide 32: informe valorativo páxina 14
Slide 33: Area con raíces e cor clariña, onde?
Slide 34: Capa 1. A area clariña e con raíces, a area marrón e mesmo algunha area de cor negra con restos arqueolóxicos, cando chegaron os arqueólogos xa non estaba no xacemento, senón no entullo de Morás.
Slide 35: entullo de Morás.
Slide 36: entullo de Morás. Muíño plano
Slide 37: entullo de Morás. Roda de muíño
Slide 38: informe valorativo páxina 14
Slide 39: Capa2. A area solta non nos sorprende que se atope despois do peiteado feito pola pa mecánica. É máis, estamos seguros de que na sondaxe nº7 a area estaba solta até ben abaixo.
Slide 40: peiteado feito pola pa mecánica
Slide 41: informe valorativo páxina 14
Slide 42: Nivel 2 Este é o nivel no que quedou a maior parte da superficie do xacemento, tralo traballo que fixo a pa mecánica.
Slide 43: Irregularidade nº2 capas arqueoloxicamente fértiles Area de cor negra 43
Slide 44: As capas arqueoloxicamente fértiles, teñen a area de cor negra.
Slide 45: capas arqueoloxicamente fértiles Area de cor negra.
Slide 46: capas arqueoloxicamente fértiles Area de cor negra.
Slide 47: informe valorativo páxina 16
Slide 48: Sondaxe 2 a rocha a 50 /70cm ??
Slide 49: Sondaxe 2: a rocha a 50 /70cm ??
Slide 50: Na sondaxe 2, como evidencian as fotografías, non se chegou a esa profundidade. A rocha aparece xa a unha profundidade de 10 cm.
Slide 51: informe valorativo páxina 16
Slide 52: Supoñemos que o “burato de poste moderno” ao que se fai referencia é para xustificar a presenza de area branca onde só tiña que aparecer area negra. Se nos fixamos nas fotos onde se ven as sondaxes nº 5 e 8, vese que esa area branca non ocupa un burato de poste da sondaxe nº 5, senón que é unha gabia que se prolonga até a sondaxe nº 8 .
Slide 53: capas arqueoloxicamente fértiles area de cor negra. Area branca moderna
Slide 54: Sondaxe 8 Sondaxe 5 Area branca
Slide 55: informe valorativo páxina 17
Slide 56: Sondaxe 2 colmatación moderna, onde ??
Slide 57: Como podemos observar nas fotografías non hai nin a máis mínima pegada de colmatación moderna.
Slide 58: páxina 28
Slide 59: Sondaxe 1
Slide 60: No SixPac podemos ver que xustamente nesa zona non había ningunha vivenda; era unha zona de horta. A causa da destrución, non sería outra?
Slide 61: informe valorativo páxina 28
Slide 62: Por fin lemos unha medida que se corresponde coa realidade. Lembremos que nesta mesma sondaxe, anteriormente fálase de que a rocha se encontraba a 70 cm e que había unha colmatación moderna de 50cm.
Slide 63: 10 cm 70cm??? Sondaxes 2 -2a
Slide 64: O muro conserva unha fiada de pedra, como moi ben recolle o texto e como se pode apreciar na fotografía, onde por certo tamén se aprecian as pegadas dos dentes da pa mecánica, tanto nas pedras do muro como na rocha.
Slide 66: informe valorativo páxina 30
Slide 67: Esta sondaxe nº 7 foi feita na gabia que a pa mecánica abrira e posteriormente tapou, como xa explicamos anteriormente.
Slide 69: gabia tapada
Slide 70: Sondaxe 7
Slide 72: Das Conclusións provisionais , nós tiramos as seguintes:
Slide 73: • O xacemento é de gran magnitude e en toda a parcela 2 había construcións .
Slide 74: • As estruturas arrasadas consideramos que foron como consecuencia do uso dunha pa mecánica.
Slide 75: • O feito de non mencionar nunca a utilización da pa mecánica, fainos sospeitar que a referencia ás ocupacións modernas e ás hortas sexa unha desculpa para xustificar a destrución das estruturas do castro.
Slide 76: Os arqueólogos, pagados polo construtor, aconsellan que se escave todo o xacemento. Patrimonio e a Delegación, a pesar de ter información sobre estas irregularidades, consenten que sexan os mesmos arqueólogos os que fagan as novas escavacións.
Slide 77: Á vista da consideración que posibilitaría a destrución do xacemento para poder edificar, intuímos que esta morea de irregularidades e de falsidades non foron casuais.
Slide 78: NÓS MIRAMOS POR EL, AÍNDA QUE NO LO PUXERON DIFÍCIL.



Add a comment on Slide 1
If you have a SlideShare account, login to comment; else you can comment as a guest- Favorites & Groups
Showing 1-50 of 0 (more)