• Save
OS COMETAS E OS ASTEROIDES
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

OS COMETAS E OS ASTEROIDES

on

  • 700 views

Presentación

Presentación

Statistics

Views

Total Views
700
Views on SlideShare
696
Embed Views
4

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

2 Embeds 4

http://xdyeaah.blogspot.com 3
http://www.slideshare.net 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

OS COMETAS E OS ASTEROIDES OS COMETAS E OS ASTEROIDES Presentation Transcript

  • OS COMETAS E  OS ASTEROIDES Carla Río Vea
  • ASTEROIDES Son unha serie de obxectos rochosos ou metálicos que orbitan ao redor do Sol, a maioria no cinto principal, entre Marte e Xúpiter . Aos asteroides tamén se lles chama planetas menores.
  • O máis grande é Ceres, con 1.000 Km. de diámetro. Despois Vesta e Pallas, con 525. Ida ten uns 115 Km. de punta a punta e gaspra non chega aos 35. Ceres Gaspra
  • A maior parte dos asteroides e cometas coñecidos xiran ao redor do Sol nunha agrupación que se coñece co nome de cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter . Este cinto está a unha distancia do Sol comprendida entre 2 e 3,5 unidades astronómicas (ua), e os seus períodos de revolución están entre 3 e 6 anos.
  • ALGÚNS TIPOS DE ASTEROIDES ASASTEROIDES RADIO DISTANCIA AO SOL   DESCUBRIMENT O CERES 457 km. 413.900.000 km. 1801 PALLAS 261 km. 414.000.000 km. 1802 VESTA 262 km. 353.400.000 km. 1807 HYGÍEA 215 km. 470.300.000 km. 1849 EUNOMIA 136 km. 395.500.000 km. 1851 PSYCHE 132 km. 437.100.000 km. 1852 EUROPA 152 km. 436.300.00 km. 1858 SILVIA 136 km. 512.500.000 km. 1866 IDA 58 x 23 km. 270.000.000 km. 1884 DAVIDA 168 km. 475.400.000 km. 903 INTERAMNIA 167 km. 458.100.000 km. 19101 GASPRA 17 x 10 km. 205.000.000 km. 1916
  • COMETAS   Os cometas son corpos fráxiles e pequenos, de forma irregular, formados por unha mestura de substancias duras e gases conxelados. En xeral, a órbita dos cometas é moito máis alargada que a dos planetas. Nunha punta pódenos achegar ao Sol e, na outra, afastalos máis aló da órbita de Plutón. Cando os cometas achéganse ao Sol e quéntanse, os gases se evaporan, desprenden partículas sólidas e forman a cabeleira. Cando se volven a afastar, arrefríanse, os gases xéanse e a cola desaparece. En cada pasada perden materia. Finalmente, só queda o núcleo rochoso. Crese que hai asteroides que son nucleos pelados de cometas.
  •     Hai cometas con períodos orbitais curtos e, outros, longos. Hainos que non superan nunca a órbita de Xúpiter e outros que se afastan moito, ata que abandonan o Sistema Solar e xa non volven. Cometa Hale-Boop
  • O cometa Kohouotek, que pasou preto da Terra en xaneiro de 1974. Fora detectado moi lonxe, cando atravesaba a órbita de Xúpiter . O cometa Encke, de órbita curta, achégase cada tres anos e tres meses. Unicamente vese cun bo telescopio.
  • En cambio, o cometa Halley, que nos visita cada 76 anos, e o Rigollet, que o fai cada 156, son aínda máis brillantes. Halley
  • A nube de Oort   é unha nube esférica de cometas e asteroides hipotética,  que se atopa nos límites do Sistema  Solar,case a un ano luz do Sol.
  • O suceso de Tunguska foi unha explosión aérea de moi alta potencia ocorrida en Tunguska  o día 30 de xuño de 1908. O fenómeno de Tunguska alentou máis de 30 hipótese e teorías do ocorrido. A detonación, similar á dunha arma termonuclear de elevada potencia, foi atribuída a un obxecto celeste. Debido a que non se recuperou ningún fragmento, manéxase a teoría de que foi un cometa que estaría formado de xeo. Ao non alcanzar a superficie, non se produciu cráter. O bólido -duns 80m. de diámetro e probablemente rochoso- detonou no aire. Incendiou e derrubou árbores nunha área de 2150 km². Durante varios días, as noites eran tan brillantes en partes de Rusia e Europa que se podía ler sen necesidade de luz artificial.
  • O Shoemaker-Levy 9 foi un cometa que chocou con Xúpiter en 1994. Os impactos proporcionaron nova información sobre Xúpiter e destacaron o seu papel na redución de lixo espacial do sistema solar interior. Isto xerou unha gran cobertura nos medios de comunicación até tal punto que o SL9 fíxose popular. O Shoemaker-Levy 9 :
  • En xullo de 1992 a órbita do SL9 pasou xunto ao límite e de Xúpiter e as forzas de marea presionaron até esnaquizar ao cometa, que posteriormente foi observado como unha serie de fragmentos de até 2 km de diámetro, os cales terminaron chocando co hemisferio sur de Xúpiter entre os días 16 e 22 de xullo de 1994.
  • Un inmenso e cegador fogonazo converteu a noite en día. As cámaras de seguridade da Universidade de Utah recolleron o que parece ser a caída dun meteorito, a medianoite do mércores, 18 de novembro  sobre o estado norteamericano. O resplandor foi tan intenso que puido ser visto por centos de quilómetros. Algúns expertos apuntan a que podería tratarse dunha das rocas das Leónidas, unha famosa choiva de meteoros que cada ano é visible por estas datas. Explosión de un meteorito sobre Utah. As Leónidas caracterízanse por ser moi veloces (sobrevoan o firmamento a unha velocidade de 71 quilómetros por segundo, máis de 50.000 por hora) e, xeralmente, deixan un gran ronsel. Cando a órbita do cometa alcanza o punto máis próximo ao Sol, chamado perihelio, arroxa unha gran cantidade de material. Si a Terra pasa nese momento pola cola de desperdicios, a choiva é monumental.