Analise dos Resultados das Eleccións ao Parlamento de Galiza 2009

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Analise dos Resultados das Eleccións ao Parlamento de Galiza 2009 - Presentation Transcript

    1. Análise dos resultados das Eleccións ao Parlamento de Galiza 2009 Marzo do 2009
    2. Algunhas cousas publicadas Xornais e internet
    3. O que si prevían as enquisas e os datos Remontada do PP desde despois do Voto estimado (Galiza) verán pasado. 60 PP Maior fidelidade de voto e menor PSOE 50 indecisión na dereita. BNG 40 IU PSOE e BNG por baixo do resultado UPyD 30 de 2005. Outros En branco 20 Maior fragmentación do voto, Tendencia PP especialmente na Coruña (TeGa e 10 Tendencia PSOE UPyD). Tendencia BNG 0 Fraqueza dos apoios do bipartito nas 31/05/2005 31/05/2006 31/05/2007 30/05/2008 30/05/2009 provincias máis populosas. Solicitudes de voto por correo (CER) Desmobilización do voto máis 2,5% concienciado e crítico (solicitudes de 2,0% voto por correo), para o que se 1,5% proxectaba unha participación máxima 1,0% do 65% (3 puntos menos que a media 0,5% de 2005). De ser así outro voto 0,0% diferente a este debeu participar por xuñ-99 99 xuñ-99 99 mar-00 00 out-01 01 maio-03 03 mar-04 04 xuñ-04 04 xuñ-05 05 maio-07 07 mar-08 08 mar-09 09 riba do 70% para explicar a media. Eur Mun Xer Aut Mun Xer Eur Aut Mun Xer Aut
    4. CER e CERA ou como confundir a xente A propia web institucional da Xunta e case todos os medios de comunicación tiraron, interesadamente ou non pero con efectos na opinión pública en calquera caso, interpretacións parcialmente equivocadas sobre os resultados. O erro consiste en comparar datos heteroxéneos, pois nos resultados deste ano só tiñan en conta o CER e nos de 2005 sumaron CER+CERA. Cando se fala de abstención, e dado que no CERA hai moita máis que no CER, o erro anterior transmite un aumento da participación esaxerado. Fronte aos 6 ou 7 puntos de suba da participación que se comentaron a realidade é que no CER a participación aumentou só 2,4 puntos. Pola mesma razón tamén alteraron a lectura dos resultados das principais forzas. Se comparamos só o CER a baixada do BNG é de 40.000 votos, maior que a do PSOE que é de 27.000. E no CER o PP non repetiu resultado: sumou 56.000 votos máis. No CERA o PSOE sumou 41.000 votos máis, de xeito que sube votos en termos absolutos malia a diminuír a porcentaxe. O BNG sumou na diáspora 3.000 votos, o que non altera cualitativamente o seu resultado. O PP sumou 28.000 votos que elevan o seu crecemento a 84.000 votos máis en total. O PP foi o principal prexudicado pola esixencia de acreditación adicional no voto do CERA. Traducido a porcentaxes sobre o voto emitido é evidente que a maior caída porcentual corresponderá ao BNG, o que supón, ao ser o que ten dos tres a porcentaxe máis baixa, a caída relativa de maior intensidade.
    5. Suba moderada da participación Fronte aos 6 ou 7 puntos de suba da Participación no CER participación que comentaron todos os medios a realidade é que no CER a 76 participación aumentou só 2,4 puntos: 74 do 68,1% ao 70,5%. 72 70 A suba da participación foi maior nas 2005 68 provincias do Sur e menor nas do 2009 66 Norte. 64 62 Esta división N-S na análise dos 60 resultados xa se rexistrou desde hai C LU OU PO GZ uns anos, (rompendo a tradicional análise Atlántica-Interior ou urbana- rural), e coincidía co avanzo da esquerda, nomeadamente do PSOE e nomeadamente en Lugo, e as derrotas do PP tanto en Madrid como en Galiza. Podería tratarse por tanto dun primeiro indicador de que a abstención está relacionada co electorado de esquerda.
    6. Galiza Urbana e Nova vs. Rural e Vella O BNG xa é máis votado no rural que nas cidades. Isto xa ocorrera en 2005, se mediramos o apoio electoral en porcentaxe sobre o censo e non sobre o voto emitido. Na Galiza urbana e nova o BNG obtén só a metade da porcentaxe de voto obtida no seu máximo histórico de 1997 (do 29% ao 15%). Aínda que mellore nas provincias de Lugo e Ourense o BNG tamén retrocede en porcentaxe no conxunto da Galiza rural a respecto de 2005 (do 19% ao 17%). É a primeira vez que o BNG baixa pero o PSOE non sube. A esquerda e o cambio abstivéronse.
    7. Vitoria dunha forza de esquerda Fene e As Pontes son os dous únicos concellos da Galiza máis urbana en que a primeira forza nas urnas non foi o PP. Son os dous concellos onde a esquerda sumou historicamente máis votos (até 2/3 do total). Nestes concellos de tradición industrial gañou o PSOE e o BNG retrocedeu. O mapa é indicativo da caída do bipartito nas provincias máis poboadas, urbanas e novas (C e PO).
    8. Os resultados en perspectiva Análise de resultados históricos
    9. Abstención Evolución da abstención 65 60 55 50 45 40 35 30 Mínimo en 25 Coruña, A Lugo Ourense Pontevedra Galiza autonómicas 20 1977 1979 1979 1981 1982 1983 1985 1986 1987 1987 1989 1989 1989 1991 1993 1993 1994 1995 1996 1997 1999 1999 2000 2001 2003 2004 2004 2005 2007 2008 2009 Catro Xer Xer Mun Aut Xer Mun Aut Xer Eur Mun Eur Xer Aut Mun Xer Aut Eur Mun Xer Aut Eur Mun Xer Aut Mun Xer Eur Aut Mun Xer Aut eleccións con máis participación
    10. Abstención A abstención alcanza en todas as provincias o mínimo histórico nunhas eleccións autonómicas (porcentaxes calculadas sobre o censo electoral de residentes, CER). Pero o dato da abstención para toda GZ só é o quinto máis baixo tras as catro eleccións xerais máis disputadas (1993, 1996, 2004 e 2008). En relación ás autonómicas de 2005: A abstención diminúe menos nas provincias de PO e OU (o sur do País). En relación ás xerais de 2004 e 2008: A abstención medra máis nas provincias de C e PO (GZ occidental). En relación ás municipais de 2007: A abstención diminúe menos na provincia de LU.
    11. Dereita vs. esquerda Diferenza entre o voto á dereita e á esquerda 60 1º avance Coruña, A Lugo Ourense Pontevedra Galiza 50 da dereita tras perder 40 Goberno 30 Central e 20 Xunta 10 As 4 0 provincias -10 iguálanse por vez -20 1977 1979 1979 1981 1982 1983 1985 1986 1987 1987 1989 1989 1989 1991 1993 1993 1994 1995 1996 1997 1999 1999 2000 2001 2003 2004 2004 2005 2007 2008 2009 primeira Xer Xer Mun Aut Xer Mun Aut Xer Eur Mun Eur Xer Aut Mun Xer Aut Eur Mun Xer Aut Eur Mun Xer Aut Mun Xer Eur Aut Mun Xer Aut 2003: 1ª vitoria clara da O cambio de 2005 sustentouse esquerda tras o Prestige no máx. histórico da esquerda
    12. Dereita vs. esquerda A dereita gaña á esquerda en todas as provincias (porcentaxes agregadas calculadas sobre o voto a candidaturas). Invértese a situación de hai un ano nas xerais, onde por vez primeira a esquerda gañara en todas as provincias. É a primeira vez que as catro provincias galegas se comportan igual no confronto dereita-esquerda, tras unha longa historia de mellores rexistros da esquerda en C e PO, provincias ás que moi recentemente se tiña achegado LU. En relación ás autonómicas de 2005: A dereita aumenta moito en C e PO e algo tamén en LU, manténdose en OU. En relación ás xerais de 2004 e 2008: Ídem. A dereita aumenta moito en C e PO. En LU aumenta en relación a 2008 e se mantén a respecto de 2004. Entre ambas eleccións xerais o PSOE e Pepe Blanco melloraran notablemente nesta provincia. En OU a dereita aumenta un pouco en relación a 2008, aínda que se sitúa moi por baixo do nivel que mantiña en 2004. En relación ás municipais de 2007: A dereita logra os maiores avances en C e LU. precisamente nas que maior poder municipal lograran PSOE e BNG, con reflexo nas respectivas Deputacións provinciais. En PO esquerda e dereita manteñen posicións, e a esquerda mellora lixeiramente en OU.
    13. Concentración nas 3 primeiras forzas Máxima concentración do voto Evolución da concentración electoral (3 forzas) 100 95 Maior 90 fragmenta- 85 ción e 80 pluralismo 75 na Coruña 70 65 60 55 Coruña, A Lugo Ourense Pontevedra Galiza 50 1977 1979 1981 1982 1985 1986 1989 1989 1993 1993 1996 1997 2000 2001 2004 2005 2008 2009 Xer Xer Aut Xer Aut Xer Xer Aut Xer Aut Xer Aut Xer Aut Xer Aut Xer Aut
    14. Concentración nas 3 primeiras forzas A concentración de voto nas tres primeiras forzas (PP, PSOE e BNG) redúcese a niveis das xerais de 2004, tras ter atinxido máximos históricos nas últimas xerais de 2008 e nas autonómicas de 2005 (as do cambio bipartito). O conxunto das opcións minoritarias (tamén o voto en branco) recuperaron voto e impediron a reedición deste fenómeno de concentración ou voto útil, que foi un dos factores que permitira o cambio en 2005. En relación ás autonómicas de 2005: A redución da concentración do voto nas forzas con representación parlamentaria rexístrase nas catro provincias, pero é moito máis acusada na C (por efecto fundamentalmente de TeGa e do voto en branco).
    15. Forzas españolas vs. forzas galegas Distancia entre as forzas españolas e as galegas 100 Coruña, A Lugo Ourense Pontevedra Galiza 90 Mesmo nivel 80 Ciclo electoral de 20 anos 1989-2009 de voto a Coalición 70 forzas Galega: galegas que 60 maior en 1989 presenza en 50 Lugo e 40 Ourense 30 1981 1985 1989 1993 1997 2001 2005 2009 Aut Aut Aut Aut Aut Aut Aut Aut Máximo do nacionalismo e do BNG sustentado na Coruña e Pontevedra
    16. Forzas españolas vs. forzas galegas O nivel de voto a forzas propias do país retorna ao nivel de 1989. Tripla coincidencia: xusto despois do bienio tripartito, acabado de se refundar o Partido Popular e coa vitoria dun novo candidato da dereita (Fraga). Nestas eleccións de 2009 rexístrase o nivel de voto a forzas galegas máis parello das catro provincias desde aquela data. En 1989 o nacionalismo galego concorrera por separado ás eleccións (5 deputados o BNG, 2 Coalición Galega, 2 o PSG-EG e ningún o PNG-PG. Total: 9 deputados, 3 menos que agora pola maior incidencia da fragmentación daquela). En relación ás autonómicas de 2005: Diminúe o nivel de voto a forzas galegas de forma parella en C e PO (a C inclúe o resultado de TeGa). En OU mantense e en LU mellora.
    17. Volatilidade Volatilidade total entre eleccións do mesmo tipo (Porcentaxe mínima do censo que muda o seu comportamento electoral) 28,5 30 23,1 25 19,9 18,2 20 17,8 17,0 16,1 15,3 13,8 15 13,0 12,9 9,1 9,8 9,1 8,5 10 7,6 7,2 5,9 5,7 5,6 5,1 4,7 3,9 3,3 5 2,7 0 X79 M79 A81 X82 A85 X86 E87 M87 E89 X89 A89 M91 X93 A93 E94 M95 X96 A97 E99 M99 X00 A01 M03 X04 E04 A05 M07 X08 A09 Estas eleccións foron pouco volátiles, xa que só unha baixa porcentaxe do censo parece ter cambiado de comportamento electoral. Un mínimo do 5% do electorado, que é menos que o 7% de hai 3 anos e medio e unha magnitude moi semellante á cifra das autonómicas de 2001. A volatilidade medida a nivel agregado galego é só un mínimo que pode agochar variacións maiores de signo ou sentido diferente que se compensan unhas con outras.
    18. Volatilidade Volatilidade entre partidos e abstención entre eleccións do mesmo tipo (Porcentaxe mínima do censo que cambiou os partidos pola abstención ou viceversa) 30 Entre os partidos Entre os partidos e a abstención 15,3 25 15,3 20 18,5 7,6 9,0 15 15,6 9,7 13,8 3,3 13,2 6,5 7,6 10 10,5 10,5 5,6 4,1 8,8 8,4 7,9 3,4 5 5,3 6,5 5,3 3,5 2,4 5,6 3,0 5,0 5,4 4,2 2,6 3,9 3,9 3,3 3,7 1,9 0 X79 M79 A81 X82 A85 X86 E87 M87 E89 X89 A89 M91 X93 A93 E94 M95 X96 A97 E99 M99 X00 A01 M03 X04 E04 A05 M07 X08 A09 Dos 5 puntos de volatilidade total 3 puntos corresponden a movementos entre os partidos e só 2 a movementos con orixe ou destino na abstención. Nos comicios autonómicos, coa única excepción das eleccións do cambio en 2005, sempre predominou a volatilidade entre os partidos. Pola contra, naquela vitoria da esquerda foi máis relevante a volatilidade vinculada coa abstención/participación.
    19. Volatilidade Volatilidade entre dereita e esquerda entre eleccións do mesmo tipo (Porcentaxe mínima do censo que cambiou dun lado a outro do espectro ideolóxico) 30 Restante Entre a Dereita e a Esquerda 22,1 25 18,5 20 11,5 12,9 12,0 8,8 15 9,3 12,6 9,3 7,9 11,5 10 7,0 5,9 6,7 5,3 8,4 8,2 4,2 2,9 5 6,8 6,4 3,9 5,8 3,3 5,1 5,2 5,3 4,0 3,4 4,6 4,5 4,3 3,5 3,2 3,5 2,3 2,2 2,1 2,1 2,7 2,5 0 X79 M79 A81 X82 A85 X86 E87 M87 E89 X89 A89 M91 X93 A93 E94 M95 X96 A97 E99 M99 X00 A01 M03 X04 E04 A05 M07 X08 A09 Dos 5 puntos de volatilidade total 3,5 corresponden a movementos ou transvasamentos entre a esquerda e a dereita (o resultado final destas eleccións permite presupor iso e non viceversa). O 70% da volatilidade responde a xente que cruzou a raia que separa a esquerda da dereita. É a maior proporción desta natureza rexistrada en todas as eleccións autonómicas. Polo tanto foi moito menos importante a volatilidade intrabloques (na esquerda, entre PSOE e BNG).
    20. Volatilidade Volatilidade entre partidos españois e galegos entre eleccións do mesmo tipo (Porcentaxe mínima do censo que cambiou forzas propias por alleas ou viceversa) 30 Restante Entre partidos españois e galegos 19,5 25 18,5 20 11,5 12,2 12,0 8,8 15 9,3 12,6 6,5 5,5 11,5 10 3,9 2,9 9,1 3,6 8,4 8,2 3,2 7,5 7,3 4,3 5 6,8 6,3 5,4 6,0 2,8 4,6 3,9 5,9 5,8 5,2 3,5 4,9 4,6 2,2 4,4 3,0 2,7 2,2 2,7 0 X79 M79 A81 X82 A85 X86 E87 M87 E89 X89 A89 M91 X93 A93 E94 M95 X96 A97 E99 M99 X00 A01 M03 X04 E04 A05 M07 X08 A09 Dos 5 puntos de volatilidade total só 1,5 corresponden a movementos de voto entre forzas propias e alleas, representando o mínimo histórico da serie de eleccións autonómicas, moi próximo do valor de 2001. Porén, nesta ocasión o BNG tivo que compartir votos no bloque das forzas galegas con TeGa, polo que a súa perda foi maior. Desde 2001 o neto destes transvasamentos veñen favorecendo sistematicamente ás forzas estatais en detrimento das galegas.
    21. Volatilidade Volatilidade das correntes electorais entre eleccións autonómicas (Porcentaxe mínima do censo que gaña ou perde cada opción electoral) 25 BNG 20 6,9 IU 15 7,6 7,3 PSOE 10 Galeguistas 5 8,6 2,7 7,9 7,2 2,1 2,5 3,3 2,5 2,1 UCD/CDS 0 -2,2 -2,3 -3,9 -2,6 -5,6 -2,9 -7,9 -1,8 -5 -2,0 -4,6 PP+UPyD -3,0 -10 Outros / Indep. -4,1 -15 -12,2 Brancos -20 Abstencións -25 A85 A89 A93 A97 A01 A05 A09 En 2009 baixan a abstención, o BNG e o PSOE, por esta orde, e suben o PP, UPyD, TeGa e outras forzas minoritarias, tamén por esta orde. En 2005 o PSOE patrimonializara todas as subas, que foron a costa da abstención, do PP, e apenas do BNG. O BNG encadea desde 2001 perdas consecutivas (3 retrocesos en 8 anos). En 2009 o PSOE volve entrar en perdas, entanto o PP faino en ganancias. A partir de agora súmanse dous ciclos alcistas da dereita (autonómico e estatal).
    22. Volatilidade Volatilidade BNG,PSOE,abstención entre eleccións do mesmo tipo (Porcentaxe mínima do censo que gaña ou perde cada opción electoral) 25 Abstencións PSOE BNG 20 15 10 5 0 -5 -10 -15 -20 X89 A89 M91 X93 A93 E94 M95 X96 A97 E99 M99 X00 A01 M03 X04 E04 A05 M07 X08 A09 O BNG medrou durante 11 anos, desde 1989 até 2000. Desde 2001 e até 2009, coa única excepción das municipais 2003 (post-Prestige) e dun resultado neutro en 2008 no Congreso (non así no Senado), sempre decreceu. O ciclo do PSOE é o anverso da mesma moeda. Desde as autonómicas de 1993 ao 2000 perde apoio, e desde o 2001 até 2008 gañouno.
    23. Volatilidade Volatilidade PP, PSOE,abstención entre eleccións do mesmo tipo (Porcentaxe mínima do censo que gaña ou perde cada opción electoral) 25 Abstencións PP+UPyD PSOE 20 15 10 5 0 -5 -10 -15 -20 X89 A89 M91 X93 A93 E94 M95 X96 A97 E99 M99 X00 A01 M03 X04 E04 A05 M07 X08 A09 En 2009 rexístrase a primeira suba da dereita en GZ desde que Aznar lograra a maioría absoluta en 2000. Desde 1993, ano da primeira grande polarización arredor do bipartidismo, as subas da dereita corresponden total ou parcialmente a perdas do PSOE, e viceversa. Asistimos a un período no que a batalla electoral principal se libra entre esquerda e dereita no centro do espectro ideolóxico.
    24. Análise territorial Mapas de porcentaxe censal e evolución do voto
    25. Abstención Maior abstención nas provincias occidentais e maior en Lugo que en Ourense. A Coruña, Ferrol, e Eume son as principais comarcas abstencionistas. Outras zonas onde tamén é alta a abstención son: a montaña de Pontevedra sur, Lugo e o macizo ourensán. Outros concellos abstencionistas importantes:Vigo, Marín, Ribeira.
    26. Partido Popular O PP logra traducir en votos máis da metade do CER en máis de 20 concellos. As zonas máis amplas onde acada menos apoios son: Ferrol, Eume, A Coruña, Bergantiños,Vigo, Allariz e montaña de Lugo.
    27. Partido Socialista Obrero Español O PSOE presenta un perfil de menor a maior voto de Oeste a Leste, con algunhas excepcións Tamén aparece como máis votado en Lugo que en Ourense (salvo na capital, a cidade onde máis sobe).
    28. Bloque Nacionalista Galego O BNG atopa os seus principais apoios no centro e interior da provincia ourensá. Salientan outros concellos como San Sadurniño, Vilasantar, Zas, Dodro, Riotorto, e A Pobra do Brollón. Logra elevadas porcentaxes de electores en áreas como A Mariña, Meira, Lemos, Chantada, Bergantiños, Soneira, Barbanza, Morrazo, e O Condado. É mínimo o voto nacionalista en Ferrol, Valdeorras, Ribeira Sacra ourensá e montaña de Lugo.
    29. Unión Progreso y Democracia A UPyD alcanza os seus apoios máis significativos nas principais aglomeracións urbanas galegas e as súas áreas de influencia, ás que se lle suman as comarcas de A Mariña, Lugo, Valdeorras, A Estrada, Deza, Rías Baixas, O Condado e Baixo Miño.
    30. Esquerda Unida – Izquierda Unida O voto a EU-IU tamén está vinculado á Galiza urbana, pero de forma máis restrinxida e concentrada, fundamentalmente no Eixo Atlántico (provincias de A Coruña e Pontevedra). Salientan novos focos de voto na Limia.
    31. Terra Galega O voto a TeGA restrínxese practicamente ás provincias norteñas, cunha tímida penetración en terras da capital ourensán. Os seus apoios concéntranse arredor dos asentamentos municipais de Ferrolterra, Bergantiños e comarca de Sarria.
    32. Voto en Branco O voto en branco presenta tamén unha forte relación cos concellos máis urbanos e densos, así como cos principais eixos de comunicación. Porén, é apreciábel a súa concentración no Norte, nomeadamente na área coruñesa e no eixo da AP-9 da provincia da Coruña. Outras comarcas: A Mariña, Terra Cha, Eume, Bergantiños, Muros-Noia, A Estrada, Pontevedra e Vigo.
    33. Correlacións territoriais das % de voto Abstención Nulos Brancos PP PSOE BNG UPyD EU-IU TeGa Outros 1,000 Abstención -0,303 1,000 Nulos 0,465 -0,083 1,000 Brancos -0,705 0,152 -0,521 1,000 PP -0,224 0,141 0,114 -0,277 1,000 PSOE -0,296 0,157 -0,175 -0,017 -0,321 1,000 BNG 0,430 -0,224 0,776 -0,451 0,097 -0,219 1,000 UPyD 0,449 -0,110 0,509 -0,533 0,099 -0,156 0,617 1,000 EU-IU 0,421 -0,286 -0,045 -0,381 -0,199 -0,212 -0,106 0,065 1,000 TeGa 0,207 0,076 0,369 -0,340 0,055 0,101 0,359 0,361 -0,176 1,000 Outros UPyD, EU-IU, TeGa e o voto en branco acadan maiores porcentaxes onde máis importante é a abstención: nas zonas urbanas, que é onde o PP colleita menores porcentaxes de voto (sobre o censo). O PSOE alcanza maiores apoios onde PP e BNG obteñen os menores. Non existen diferenzas territoriais entre a distribución do voto ao PP e ao BNG.
    34. Evolución da Abstención 2005-2009 A abstención reduciuse en practicamente toda Galiza excepto nuns poucos concellos puntuais e en concellos da Terra de Burón, Courel e Trives. Os maiores incrementos de participación déronse nas provincias do sur. Practicamente toda Pontevedra ve aumentar a participación.
    35. Evolución do PP 2005-2009 O avanzo do PP é notorio en todo o occidente galego, case todos os concellos da Coruña e Pontevedra e tamén nas cidades e e comarcas máis populosas. O seu retroceso é patente nas provincias orientais, nomeadamente na maior parte dos concellos rurais destas provincias.
    36. Evolución do PSOE 2005-2009 O PSOE retrocede en amplas zonas do país, incluíndo todas as cidades e áreas urbanas agás Ourense. Destacan ademais as perdas nas comarcas da Mariña, Sarria, Betanzos, Soneira, Barbanza, Rías Baixas, Celanova e Trives. Os avanzos a destacar sitúanse no Carballiño, os Ancares, e en menor medida Baixa Limia e Tabeirós-Terra de Montes.
    37. Evolución do BNG 2005-2009 O BNG retrocede de forma notábel na provincia da Coruña, con especial incidencia nas cidades e nas comarcas máis populosas: A Coruña, Ferrol, Santiago, Barbanza e Bergantiños. Perde apoios electorais tamén en todas as Rías Baixas, con especial incidencia no Morrazo. Tamén diminúe nas cidades de Lugo e Ourense e nos seus concellos de influencia. Pola contra, aumenta na maioría dos concellos da provincia de Ourense, agás Verín e Valdeorras, en Lugo Sur e na Mariña lucense.
    38. Evolución de EU-IU 2005-2009 Agás o forte retroceso en Ferrolterra EU–IU aumenta apoios en case todo o Eixo Atlántico Galego e, en xeral, nos concellos máis populosos. Salientan os avanzos na Mariña Occidental, A Limia, Ponteareas e varios concellos do Salnés. Tamén experimenta caídas importantes en Ames, Arzúa e Carballo.
    39. Evolución do voto en branco 2005-2009 O voto en branco non se reduce en ningunha cidade e practicamente en ningún dos concellos máis poboados. O seu aumento concéntrase claramente nas provincias norteñas, concretamente nas comarcas e concellos das áreas de influencia da Coruña e de Lugo.
    40. Correlacións territoriais das variacións 2005-2009 Abstención Nulos Brancos PP PSOE BNG EU-IU Outros 1,000 Abstención -0,046 1,000 Nulos 0,234 0,113 1,000 Brancos -0,305 0,034 0,141 1,000 PP -0,219 -0,017 -0,207 -0,476 1,000 PSOE -0,201 0,015 -0,280 -0,473 0,018 1,000 BNG -0,035 0,105 0,073 0,269 -0,232 0,040 1,000 EU-IU -0,031 -0,122 0,018 -0,128 -0,204 -0,350 -0,342 1,000 Outros As variacións do PP a respecto de 2005 levan aparelladas variacións de signo contrario tanto do PSOE como do BNG nos mesmos concellos. O mesmo fenómeno rexístrase entre o BNG e EU-IU e as forzas minoritarias. Onde os primeiros soben os segundos baixan e viceversa. O PP é a forza que máis varía cando variamos a abstención ao longo dos concellos.
    41. BNG Evolución en función de variábeis socioeconómicas
    42. Hábitat
    43. Idade
    44. Galego
    45. Paro
    46. Renda
    47. Produtividade
    48. Características do retroceso electoral Varios fenómenos socioeconómicos se relacionan co comportamento electoral do BNG nestas eleccións, e probabilidade tamén coas causas que o motivaron: Retrocesos: Rexístranse entre a poboación máis urbana e nova e que menos usa o galego. Avanzos: Rexístranse entre a poboación máis rural e vella e que máis usa o galego. Nun segundo plano, con moita menor claridade: Retrocesos: Rexístranse en concellos onde a distribución da riqueza é máis desigual, onde maior é a renda e a poboación parada aumentou entre 2004 e 2008 (sen datos para 2009). Avanzos: Rexístranse en concellos con produtividade superior á media de Galiza (concellos industriais, presenza sindical, empresas de enclave).
    49. Fontes Xunta de Galicia – Resultados provisionais: http://resultadoseleccions.xunta.es/ Ministerio del Interior – Resultados electorales: http://www.elecciones.mir.es/MIR/jsp/resultados/index.htm Vieiros – O mapa do voto: http://www.vieiros.com/nova/72494/o-mapa-do-voto- tendencias-e-viraxes-que-abrollaron-o-1m Infografistas: http://infografistas.blogspot.com/ Facebook: http://www.facebook.com/ Anuario Socioeconómico Caixanova Anuario Económico La Caixa
    50. Autoría e licenza Autor: http://www.xing.com/ profile/Carlos_Neira Cortizas Texto completo da licenza: http://creativecommo ns.org/licenses/by- sa/3.0/legalcode
    SlideShare Zeitgeist 2009

    + Calidonia HIberniaCalidonia HIbernia Nominate

    custom

    814 views, 0 favs, 5 embeds more stats

    Análise dos resultados das eleccións ao Parlament more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 814
      • 781 on SlideShare
      • 33 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 15
    Most viewed embeds
    • 25 views on http://xgaliza.blogspot.com
    • 4 views on http://www.temposdixital.com
    • 2 views on file://
    • 1 views on http://www.xgaliza.blogspot.com
    • 1 views on http://209.85.129.132

    more

    All embeds
    • 25 views on http://xgaliza.blogspot.com
    • 4 views on http://www.temposdixital.com
    • 2 views on file://
    • 1 views on http://www.xgaliza.blogspot.com
    • 1 views on http://209.85.129.132

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories