Your SlideShare is downloading. ×
Os xogos de sempre na Escola da Capela
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Os xogos de sempre na Escola da Capela

1,443
views

Published on

Escolma descritiva de xogos tradicionais e populares editada polo CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela) e o Centro de Interpretación dos Xogos Tradicionais Brinquedos. Coordina Xabier López García.

Escolma descritiva de xogos tradicionais e populares editada polo CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela) e o Centro de Interpretación dos Xogos Tradicionais Brinquedos. Coordina Xabier López García.

Published in: Education

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
1,443
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
20
Actions
Shares
0
Downloads
12
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Os xogos de sempre na escola da Capela CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIROCENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS BRINQUEDOS
  • 2. EDITA: CEIP Mosteiro de Caaveiro As Neves. 15613 A Capela. A Coruña Correo-e: ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es Web: www.centros.edu.xunta.es/ceipmosteirodecaaveiroCOORDINACIÓN: Xabier López GarcíaDESEÑO: XaniñoDEBUXO “Brinquedos: Cuchi SoutoIMAXES: Xabier López GarcíaTEXTOS: Ana Mª Castro Limeres, Antón Cortizas Amado, Nieves Freire Sánchez, Secundino García Mera, María del Carmen González Pardo, Xabier López García e María del Carmen Rey FoleREALIZACIÓN GRÁFICA: Xaniño (www.xani.net)
  • 3. limiar Xogar é unha necesidade do ser humano. Nos últimos tempos adóitase escoitar que as nenas e os nenos de hoxe non saben xogar. Pero realmente nós, as persoas que traballamos no ensino, facemos algo para que isto non aconteza, preocupámonos por ensinar a xogar? Ao longo do curso escolar 2005-06, a metade do claustro do CEIP Mosteiro de Caaveiro traballou na creación do Centro de interpretación de xogos tradicionais “Brinquedos”, que finalmente foi inaugurado o día de San Xoán do ano 2006. É un espazo, un parque situado en tres zonas do patio, no que se poden practicar ata vinte e cinco xogos tradicionais todos os días do ano. Con esta publicación ofrecemos os xogos que compoñen este recurso educativo creado no colexio da Capela, así como as normas polas que se desenvolven os mesmos. Agora só agardamos 3 que o noso alumnado disfrute practicando os xogos de sempre. Tamén levamos tres anos divulgando esta experiencia e seguiremos a facelo, tentando que nos patios dos centros escolares galegos se vaian creando e marcando espazos para a práctica cotiá destes xogos que forman parte do noso patrimonio cultural.
  • 4. o aro NOME DO XOGO: O aro. MATERIAL: Aros circulares metálicos e guías para conducilos. ESPAZO: Terreo chan cun percorrido marcado no mesmo.4 • Pódese xogar individualmente ou facendo relevos en equipos. • Cada xogador ou equipo disporá dun aro e unha guía. • Acórdase quen empeza o xogo. • Débese roular o aro e impulsalo coa guía. • Os xogadores conducirán o aro seguindo o percorrido marcado. • Se alguén se sae do percorrido, terá que comezar dende o inicio. • Variante: introducir algún atranco no camiño.
  • 5. a billardaNOME DO XOGO: A billarda (A estornela).MATERIAL: Dous paus redondos, de 2 cmde grosor: o palán, de 30 a 40 cmde longo e unha billarda ou billa,de 15 cm, aguzada nos extremos.ESPAZO: Terreo extenso, chan,sen vexetación nin obstáculos.• Pódese xogar individualmente ou por equipos.• O obxectivo é acadar un número de puntos previamente pactado.• Para conseguilo lanzarase a billarda o máis lonxe posible..• Márcase o lugar de saída, con dúas pedras (as cepas), de tres ou catro dedos de altura, separadas algo menos cá lonxitude do palán.• As persoas que xogan lanzan a billa cara ás cepas, dende 6 m de distancia.• A persoa que deixe a billarda máis cerca das cepas empezará o xogo.• O atacante ponse onde as cepas, co palán nunha man e a billa na outra. 5• Lanzará a billarda ao aire e tentará darlle antes de que caia.• Nese momento berrará “Palán de billarda” e pousará o palán enriba das cepas.• Os contrarios tentarán chapar (pillar) a billa o antes posible, mesmo no aire.• Desde o lugar en que a pillen, lanzarana para aproximala ás cepas.• O atacante terá tres oportunidades de seguir afastando a billarda, baténdolle co palán nun extremo, para que salte, e rematándoa no aire.• A partires da segunda tentativa, a billa sempre será golpeada desde o chan.• Esgotados os tres intentos procederase a pedir puntos. Un punto é a medida do palán.• O atacante calculará os paláns de distancia que hai entre a billarda e as cepas, e pedirá eses tantos, procurando non excederse.• O contrario pode dicir “douchas” (se está de acordo, neste caso os puntos son para si) ou “mídeas”(se non o está, e os puntos serán para o posuidor do palán).• Sempre lanzará o mesmo xogador ata que se perda a vez.• Pérdese a quenda: - Se o contrario pilla a billarda no aire. - Se ao devolver a billa, esta bate no palán, nas cepas, pasa por abaixo do palán ou queda a menos de un metro de distancia das cepas. - Se o atacante falla tres veces sen lle dar ao palán. - Se a billarda, logo dos tres avances, queda a menos de un palán das cepas.
  • 6. as bólas NOME DO XOGO: As bólas. MATERIAL: Bólas de vidro. ESPAZO: Lugar de terra, amplo, chan e sen obstáculos.6 Descríbense aquí dúas modalidades: OS TRES TOPES • As persoas que xogan teñen cadansúa bóla. • Ríscase unha raia na terra, os xogadores afástanse dela un paso e lanzan a bóla á raia, para decidir a orde de participación. • Empezan todos os xogadores colocados na raia que riscaron no chan. • O obxectivo é bater tres veces contra a bóla dalgún compañeiro, que quedará eliminado. Os golpes non se poden dar seguidos a unha mesma bóla. O GUA • Faise un pequeno covo na terra. • Cadaquén lanza a súa bóla ao chou. • Por orde bótase a bóla contra a dalgunha das outras persoas que xogan, tentando darlle unha restra de cinco topes, evitando recibilos. • Os golpes teñen estes nomes: 1º, 2º, 3º, truque, matruque, pés (ambas bólas deben quedar afastadas dous pés), bóla, pasebóla e gua (a bóla debe entrar no gua). • Quedarán eliminadas as persoas que recibiran todos os golpes.
  • 7. os bolosNOME DO XOGO: Os bolos.MATERIAL: Fito, lastra,bólas de madeirae 7 bolos.ESPAZO: Terreo chanaberto e sen obstáculos.• Descríbese aquí a modalidade dos “Birlos ao canteiro”.• Pódese xogar en parellas ou en equipos. 7• As partidas son a 60 puntos.• No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar os birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra.• Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha man. No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito.• Para lanzar respéctanse as quendas acordadas.• O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible.• Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m• Puntúase do seguinte xeito: - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m• Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o “birle”, que é un lanzamento rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos.• Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un.• Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primeiro na seguinte quenda.• O lanzamento da bóla pode ser “á pedrada” (de arriba cara abaixo) ou “á rebolada” (lateralmente, en paralelo ao chan, a xeito de gancho).
  • 8. Botar a china NOME DO XOGO: Botar a china. MATERIAL: Un coio pequeno. ESPAZO: Calquera, a poder ser chan. • Para comezar un xogo sempre hai que designar quen é o pandote ou ben facer equipos. • As sortes de botar son as modalidades que se utilizan para establecer eses criterios. • Participan dous xogadores, un fronte a outro. • Un deles, coas mans ocultas tras do lombo, agocha unha pedriña nunha delas. • De seguido amosa os puños pechados. • O compañeiro toca nun dos puños. • Se atina onde está a pedra, escollerá o xogador que lle interese para o seu equipo.8
  • 9. o briléNOME DO XOGO: O brilé.MATERIAL: Pelota de pouca dureza.ESPAZO: Rectángulo dividido en dúas partes iguais. 9• Fórmanse dous equipos co mesmo número de xogadores.• Cada equipo colócase nunha das dúas zonas do terreo de xogo.• O xogo consiste en lanzar a pelota coas mans contra un xogador contrario, sen que bata no chan, tentando darlle e que non a poida coller.• A persoa “brilada” pasa a xogar detrás da raia do fondo do terreo contrario.• Cando a un equipo lle “brílan” a todos os seus membros o xogo daráse por rematado. Os lanzamentos realízanse coas mans.• Cando hai xogadores brilados, podeselles lanzar a pelota a estes, para que a relancen dende atrás.
  • 10. Carreira de sacos NOME DO XOGO: Carreira de sacos. MATERIAL: Sacos. ESPAZO: Rectángulo marcado no chan. • Márcanse no rectángulo unha liña de saída e outra de chegada; a distancia entre ambas será variábel, dependendo da idade das persoas que xoguen. • Na liña de saída, cada xogador métese de pé nun saco, agarrando coas súas mans a parte aberta dos mesmos. • Cando se indique o comezo do xogo, iniciarán unha carreira dando pulos ata chegaren á liña de chegada. • Variante: - Fanse equipos de varios xogadores. - Colócanse a metade na saída e a outra metade na chegada. - Fanse relevos entre os xogadores do mesmo equipo, cada vez que un deles chegue á liña oposta.10
  • 11. As catro esquinasNOME DO XOGO: As catro esquinas (Buscalume).MATERIAL: Non se precisa.ESPAZO: Rectángulo con marcas para cada esquina. 11• O pandote sitúase no centro do rectángulo, mentras que os demais ocupan cadansúa esquina.• Cando se escoite un sinal, todos deberán cambiar de esquina, procurando que o pandote non pille ningunha denantes ca eles.• Ningún xogador pode volver á marca da que saíu.• Variantes: - Apandando dúas persoas. - Non podendo ocupar as esquinas máis próximas. - “Hai lume?” * O pandote preguntará: “Hai lume?”. * Os demais responderanlle: “Naquela casa que hai fume”. * Daquela seguirase o mesmo proceso có comentado no comezo.
  • 12. As chapas NOME DO XOGO: As chapas. MATERIAL: Taponciños de refrescos. ESPAZO: Terreo chan no que se debuxa un camiño con ou sen atrancos.12 • Participan un máximo de seis xogadores. • Bótanse sortes para ver quen empeza. • As chapas lánzanse dándolles un golpiño coas unllas, para avanzar ao longo do camiño que está marcado no chan. • Cada persoa que xoga golpea unha vez a súa chapa. • Se a chapa sae fóra do camiño, o xogador terá que volver outra vez ao principio do camiño. • Gaña quen antes chegue á meta. • Variante: colocar os seguintes atrancos no camiño: - Cárcere: unha vez sen tirar. - Pozo: dúas veces sen tirar. - Morte: comezar de novo o xogo. - Areas movedizas: tres veces sen tirar.
  • 13. a chaveNOME DO XOGO: A chave.MATERIAL: Unha chave e cinco pellos.ESPAZO: Terreo liso. 13• A eira da chave é un corredor dun mínimo de 10 m de longo por 3 m de ancho. No fondal, onde se chanta a chave, haberá un parapeto de madeira, para evitar que os pellos se perdan.• Xogan dous equipos de dous ou tres xogadores cada un.• Cada xogador lanzará cinco pellos desde unha distancia de 10,5 metros, podendo reducila en función da idade das persoas que participen no xogo.• O xogo consiste en lanzar alternativamente un de cada equipo os cinco pellos para que xire a pa da chave.• Sempre que a pa dea unha volta completa, o equipo anótase un tanto.• Cando lanzaron todos os xogadores, complétase un xogo.• A partida de chave xógase a seis xogos completos.• No caso de empate realízase un sétimo xogo de desempate.• Cando está a lanzar o primeiro xogador dun equipo, o seu compañeiro estará a carón da chave para recoller os pellos ou colocar a chave en posición correcta.
  • 14. a corda NOME DO XOGO: A corda. MATERIAL: Corda lixeira duns 3 metros de lonxitude. ESPAZO: Terreo liso sen obstáculos.14 • O catálogo de xogos de saltar á corda é moi extenso. • Descríbese aquí o chamado “Rei–rei”. • Xogan un mínimo de tres persoas. • Dúas persoas dan á corda, mentres a terceira salta. • Pódese dar balanceando a corda ou facéndoa xirar con volta completa. • As persoas que dan cantarán: “Rei, rei, cantos anos durarei?. Vinte e cinco, non o sei. Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito ...” • Quen salta deberá facelo, procurando saltar o maior número de veces posible. • Cando salte mal e a corda non dea a volta, deixaralle o lugar a outra persoa das que están a dar.
  • 15. O cravoNOME DO XOGO: O cravo.MATERIAL: Cravo grande de ferro.ESPAZO: Zona de terra con círculos ou cuadriláteros numerados.• Márcanse na terra varios círculos ou cuadriláteros numerados, as casas.• Cada círculo terá sobre dos 40 cm de diámetro.• Establécese a quenda de xogo.• O que empece lanzará o cravo para chantalo dentro do círculo número un.• Se o consigue, poñerase nese círculo e lanzará ao círculo número dous.• Así sucesivamente ata chegar ao último círculo.• Se o cravo non se chanta, cédese a vez ao seguinte.• O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando á casa número dous. 15
  • 16. a goma NOME DO XOGO: A goma. MATERIAL: Unha goma elástica de 3 m unida polos extremos. ESPAZO: Terreo chan. • Participan un mínimo de tres xogadores; dous deles colocaranse un fronte ao outro, situados no interior da goma, que ambos os dous suxeitan coas pernas. • O terceiro xogador salta alternativamente dun lado a outro da goma, gardando o equilibrio e superando diferentes alturas da goma. • Outras veces débese prender a corda cos pés, estirala e cruzala. Os brincos fanse sempre pisando primeiro cun pé e logo co outro. • Quen perda o equilibrio e caia ou quen pise a goma cando non deba, pasará a ser un dos que suxeiten a goma.16
  • 17. as lombasNOME DO XOGO: As lombas.MATERIAL: Ningún.ESPAZO: Calquera, a poder ser deterra ou un campeiro. 17• O pandote colócase dobrando o corpo pola cintura e apoiando os cóbados nas coxas.• Saltarán por riba, escarranchando as pernas e pousando as mans no lombo.• As persoas que xogan choutan sobre o lombo do pandote, dicindo e facendo á vez que saltan: - “Á unha, saltar a mula” (pousar só as mans). - “Ás dúas, salto e pégoche un couce” (saltar e darlle cun pé no cu). - “Ás tres, a cruz de San Andrés” (saltar e caer en equilibrio coas pernas abertas e os brazos en cruz). - “Ás catro, cuada que te parto” (saltar e dar co cu no lombo do pandote). - “Ás cinco, maior ou menor brinco” (saltar adiante ou atrás do que se indique). - “Ás seis, “meis” (saltar, beliscando no lombo). - “Ás sete, cachete” (saltar dando palmada no cu). - “Ás oito, pan, viño e biscoito” (saltar, dar co pé no cu e unha cuada no lombo ao pandote). - “Ás nove, abre o paraugas que chove” (saltar, facendo que abren un paraugas namentras van polo aire). - “Ás dez, estatuas unha e outra vez” (saltar quedando estáticos ao caer e sen se tocar entre eles).
  • 18. a mariola NOME DO XOGO: A mariola (Chapa ou truco). MATERIAL: Pedra ou lousa plana. ESPAZO: Superficie lisa na que se debuxa unha figura con varias casas.18 • Aconséllase que xoguen de dúas a seis persoas. • As casas das mariolas estarán numeradas correlativamente • Bótanse sortes para ver quen empeza. • Lánzase a lousa á división que ten o número un. • O xogo consiste en ir desprazando a lousa a través do percorrido numerado, empurrándoa co pé. • O desprazamento dos xogadores faise á pata coxa. • Se un xogador lanza a chapa fóra das casas ou tripa algunha raia, cederá a súa vez. • Cando volva xogar farao lanzando á casa na que fallara. • Variantes: - Empurrar a chapa golpeándoa co pé, tendo os dous pés no chan. - Pasar todas as casas á pata coxa e pillar a lousa no camiño de volta.
  • 19. o muíñoNOME DO XOGO: O muíño (O alquerque).MATERIAL: Nove fichas para cada xogador.ESPAZO: Cadrados riscados chan, con vinte e catro marcas. 19• Xogan dúas persoas, pero tamén se pode xogar por parellas.• Cada xogador ou parella ten nove fichas.• Despois de botar sortes, van colocando alternativamente as súas fichas.• A estratexia vai encamiñada a aliñar tres fichas.• Pódense colocar en liña recta ou en diagonal.• Cando están colocadas todas, moveranse en sentido de avance dun punto a outro contiguo.• O xogador que coloca tres fichas en liña fai un muíño e “sópralle” unha ficha ao compañeiro.• Non se pode repetir un muíño feito anteriormente.• Remata o xogo cando ao perdedor só lle quedan dúas fichas.
  • 20. o pano NOME DO XOGO: O pano. MATERIAL: Un pano de man. ESPAZO: Rectángulo dividido en dúas partes iguais.20 • Fórmanse dous equipos, numerados correlativamente. • Unha persoa fai de xuíz e terma do pano, nun lateral da liña media. • Os xogadores colócanse detrás das liñas de fondo do terreo de xogo. • O xuíz presenta o pano co brazo estendido e dirá un número. • Os xogadores de cada equipo que teñan ese número correrán ata a liña central e procurarán coller o pano e escapar cara á súa liña de saída sen seren pillados polo contrario. • Pero tamén se pode pillar ou tocar ao contrario mentres este escapa co pano. • E aínda pódese provocar que o contrario invada o seu campo antes de que teña pillado o pano. • O xogador que non consegue levar o pano ao seu terreo queda eliminado. Inmediatamente outro do seu mesmo equipo acumula o seu número. • Perde o equipo que queda sen xogadores.
  • 21. os pelourosNOME DO XOGO: Os pelouros.MATERIAL: Cinco pedriñas lisas e ben redondeadas.ESPAZO: Terreo cómodo e liso.• Xogan varias persoas de xeito individual.• Lánzanse os cinco pelouros ao aire, tentando coller un (a “coutadeira”).• Déixanse os outro catro pelouros no chan.• Lánzase a coutadeira ao aire, procurando coller un pelouro do chan máis a coutadeira, antes de que esta caia.• Seguirase este proceso ata apañar todos os pelouros do chan, un a un.• Nunha segunda fase, apáñanse os pelouros dous a dous.• De seguido, apáñanse tres e despois o que quedou só.• Rematarase collendo os catro pelouros dunha mesma vez, máis a coutadeira.• O xogador que falle pasaralle a vez ao seguinte. 21
  • 22. O peón NOME DO XOGO: O peón (A buxaina, o trompo). MATERIAL: Peóns con cadansúa piola. ESPAZO: Terreo duro no que se marcan tres liñas equidistantes.22 • Para definir a quenda, todos botan a bailar o seu peón ao mesmo tempo. • Aquel xogador a quen lle baile menos tempo o seu peón, será o pandote. • Colócase o peón do pandote na liña central. • Divídense os xogadores en dous equipos, cada un nunha das liñas. • Todos á vez bailarán o peón e collerano nas súas mans. • Sen que pare de bailar lanzarano contra o peón que está no chan. • O xogo consiste en facer que o peón do chan atravese a liña contraria, dándolle golpes co peón que teñen bailando nas mans. • Variante: marcando un círculo e xogando individualmente, tentarán botar fóra do círculo o peón do pandote.
  • 23. os pésNOME DO XOGO: Os pés.MATERIAL: Non se precisa.ESPAZO: Calquera, a poder ser chan. 23• As sortes de botar son unha fase previa ao xogo real.• Algunhas delas utilízanse para definir ao chou a composición dos equipos que van xogar.• Dous xogadores de fronte, situados a 5 m de distancia.• Vanse aproximando alternativamente avanzando: - A lonxitude dun pé (dicindo “ouro”). - O ancho dun pé (dicindo “prata”). - A punta dun pé sobre a o outro pé (dicindo “picos”).• Cando un deles pode montar o pé libre encima do pé do compañeiro e despois atravesalo no espazo que hai entrambos, dirá “Monta e cabe” e será el quen comece a escolla.
  • 24. A pita cega NOME DO XOGO: A pita cega. MATERIAL: Pano para vendar os ollos. ESPAZO: Recinto sen obstáculos. • Rífase para saber quen será a pita cega. • Os demais xogadores forman unha roda. • Vendanselle os ollos á pita cega, que se sitúa no medio da roda. • Establécese o seguinte diálogo: - Pita cega, que perdiches?. - Unha agulla e un dedal. - Pois dá tres voltas e os atoparás. • A pita cega dá tres voltas e despois, cos brazos á fronte, tentará pillar a alguén da roda. • Apalpando tentará descubrir quen é. • Se atina, o descuberto pasará a ser a nova pita cega.24 • Variante. xógase en recinto pechado sen formar roda. Neste caso os xogadores poden fuxir da pita cega e mesmo encirrala.
  • 25. A porcaNOME DO XOGO: A porca(O pino).MATERIAL: Paus da porca(cacheiras) e porcas (pinos).ESPAZO: Terreo aberto,amplo, con buratos en círculo,un deles máis grande.• Aconséllase que participen como moito sete xogadores.• Cada xogador terá un pau da porca, pau de madeira semellante ao do hóckey.• A porca é unha bóla de madeira duns 7 cm de diámetro.• Hai varios buratos na terra: un que está no centro, chamado “cortello” ou “curral”, 25 sendo moito máis grande cós outros. Estoutros seis círculos pequenos concéntricos son os “nichos”; miden unha cuarta de diámetro e terán catro ou cinco dedos de fondo.• Ten que haber un “porqueiro” no “curral” cunha porca.• Os demais xogadores colócanse en cadanseu nicho.• O porqueiro lanza a porca ao aire: - Se cae no curral, todos cambian de nicho, mentres o porqueiro tentará introducir ben o cabo da cacheira ben a porca en calquera dos nichos. - Se cae fóra do curral, o porqueiro tentará introducir a porca en calquera nicho, levándoa coa cacheira. Os demais procurarán impedirllo, sempre coa cacheira.• Cando o porqueiro consiga introducir a cacheira ou a porca nalgún nicho, haberá cambio de porqueiro.• Pasará a ser porqueiro aquela persoa que quedou sen nicho.• Se o porqueiro non consegue o seu obxectivo, irá de novo ao curral para continuar co xogo.• Variante: - Xogan todos contra o porqueiro, que defenderá o curral; neste caso non haberá nichos. As persoas que xogan tentarán colaborar para introducir a porca no curral. Aquela que o consiga pasará a ser o seguinte porqueiro.
  • 26. a ra NOME DO XOGO: A ra. MATERIAL: Moble coas pezas da ra e dez pellos. ESPAZO: Terreo liso cunha marca a 3 ou 3,5 m da ra.26 • Dimensións do moble da ra: - 80 a 90 cm de altura. - 50 a 60 cm de ancho. - 50 a 60 cm de fondo. • Os pellos son uns discos de ferro de 5 cm de diámetro. • O mesado constará dunha ra, dúas pontes, un muíño e un número variable de furados de máis de 5 cm de diámetro. • Baixo o mesado haberá unha gabeta, dividida en tantos compartimentos coma furados e pezas teña o mesado. • Cada compartimento terá marcada unha puntuación. • O mesado estará protexido por madeiras, tanto no fondal coma nos laterais. • Xógase individualmente ou ben en equipos. • O obxectivo é introducir os pellos na boca da ra ou nalgún dos furados que ten o moble. • Cada xogador lanza cinco pellos e sumará os puntos obtidos en cada lanzamento. • A distancia de lanzamento pódese acurtar en función da idade das persoas participantes. • A partida xogarase a un número de puntos acordado previamente.
  • 27. tiro de cordaNOME DO XOGO: Tiro de corda (Turra-soga).MATERIAL: Corda resistente de 10 a 20 m de lonxitude e un pano.ESPAZO: Terreo liso e amplo, con tres riscos equidistantes.• Os participantes repártense en dous equipos de igual número de xogadores.• Estírase a corda, atando un pano no medio da mesma.• Colócase o centro da corda na marca que está no medio.• Cada equipo agarra a corda por un dos lados.• Tirarán con forza cara ao seu lado.• Gañará o equipo que sexa capaz de pasar o pano sobre o risco do seu lado.• Variante: turrando da corda, colocados de costas todas as persoas de ambos equipos. 27
  • 28. Tres en raia NOME DO XOGO: Tres en raia (As leiriñas). MATERIAL: Dous conxuntos de tres pezas diferentes cada un. ESPAZO: Cadrado riscado no chan, con nove marcas.28 • Xogan dúas persoas. • O primeiro movemento é colocar unha peza no punto central. • Alternativamente, os dous xogadores irán colocando as súas pezas na marca que desexen. • Trátase de que un xogador consiga situar tres pezas en liña. • As pezas pódense colocar en liña recta ou en diagonal. • Variante: colocando a primeira peza en calquera das marcas.
  • 29. os zancosNOME DO XOGO: Os zancos (As andas, as trécolas).MATERIAL: Paus de madeira cuns topes para pousar os pés.ESPAZO: Campo amplo e chan.• A altura dos zancos debe superar os ombros dos xogadores, unha vez subidos neles.• Particípase individualmente ou ben en equipos.• Débese percorrer un traxecto marcado previamente.• Pódese camiñar nos zancos cara a adiante ou ben cara a atrás.• Quen caia deberá comezar de novo.• De xogar en equipos será facendo relevos.• Variante: introducindo obstáculos no percorrido. 29
  • 30. A zorregada co cinto NOME DO XOGO: A zorregada co cinto (O lorcho). MATERIAL: Un obxecto lixeiro para levar na man. ESPAZO: Calquera, sen obstáculos.30 • Fórmase unha roda de xogadores sentados no chan. • Haberá alguén que estará de pé, fóra da roda. • Esta persoa dá voltas ao redor da roda, levando algo na man (un periódico dobrado, por exemplo). • Cando lle pareza deixará caer o obxecto detrás dunha das persoas que están sentadas. • O xogador pillará o obxecto, erguerase o máis axiña posible e correrá tras do pandote, tentando golpealo suavemente co obxecto (da cintura para abaixo). • A persoa que escapa terá que dar tres voltas antes de sentar no sitio que deixou libre o seu compañeiro. • A persoa que persigue poderá golpear á que fuxe, tantas veces como poida, ao longo desas tres voltas. • Unha vez rematadas as tres voltas, a persoa que perseguía continuará o xogo do mesmo xeito realizado ao comezar o mesmo.
  • 31. Brinquedos • Xogar non é perder o tempo. • Xogar non é facer cousas inútiles. • Xogar non é repetir ate a saciedade unha e outra formas de enredar. • Xogar é unha necesidade. • Xogar é unha aprendizaxe imprescindible para a vida. • Xogando apréndense por imitación e ensaio as máis importantes destrezas. • O xogo tradicional: - Transmite a cultura dun país. - Axuda á socialización dos individuos. - Fomenta as relacións entre iguais e entre diferentes xeracións. - Desenvolve a imaxinación, a fantasía e mais a inventiva. 31 - Invita a participar: quen xoga, xoga como todos. - É un modo óptimo de coñecemento do arredor. • A Escola sabe de todas estas características. • A Escola sabe, ademais, que o xogo, alén de actores, necesita tamén de escenarios, de espazos marcados para a súa práctica. Por iso demos en facer Brinquedos, un Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais. • Brinquedos trata de recuperar e potenciar este tipo de actividades lúdicas. • Brinquedos foi deseñado: - Para que xoguedes. - Para que aprendades. - Para que gocedes. - Para que vivades.
  • 32. SUBVENCIONA: