Ollos de aula. Nº 9
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Ollos de aula. Nº 9

on

  • 4,558 views

Nº 9 de "Ollos de Aula", a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Outubro 2013

Nº 9 de "Ollos de Aula", a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Outubro 2013

Statistics

Views

Total Views
4,558
Views on SlideShare
557
Embed Views
4,001

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

34 Embeds 4,001

http://anpapontedosbrozos.blogspot.com.es 1870
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es 805
http://aeeidebarrionovo.blogspot.com.es 460
http://abeiradaspalabras.blogspot.com.es 238
http://anpaouteirodevea.blogspot.com.es 205
http://www.edu.xunta.es 93
http://linguademontes.blogspot.com.es 73
http://abuguina.wordpress.com 64
http://anpapontedosbrozos.blogspot.com 56
http://www.linguademontes.blogspot.com.es 33
http://abeiradaspalabras.blogspot.com 14
http://trafegandoronseis.blogspot.com 14
http://cloud.feedly.com 13
http://www.anpapontedosbrozos.blogspot.com.es 11
http://reader.aol.com 8
http://anpaouteirodevea.blogspot.com 5
http://ednlbaixominho.blogaliza.org 5
http://aeeidebarrionovo.blogspot.com 5
http://anpapontedosbrozos.blogspot.de 4
http://trafegandoronseis.blogspot.de 3
http://linguademontes.blogspot.com 3
http://www.trafegandoronseis.blogspot.com.es 3
http://www.anpaouteirodevea.blogspot.com.es 2
http://trafegandoronseis.blogspot.hu 2
http://etikeles.blogaliza.org 2
http://blogsaverroes.juntadeandalucia.es 2
http://linguademontes.blogspot.co.uk 1
http://trafegandoronseis.blogspot.pt 1
http://anpapontedosbrozos.blogspot.se 1
http://abeiradaspalabras.blogspot.de 1
http://trafegandoronseis.blogspot.com.ar 1
http://trafegandoronseis.blogspot.ru 1
http://translate.googleusercontent.com 1
http://abeiradaspalabras.blogspot.it 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

CC Attribution-NonCommercial-ShareAlike LicenseCC Attribution-NonCommercial-ShareAlike LicenseCC Attribution-NonCommercial-ShareAlike License

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Ollos de aula. Nº 9 Ollos de aula. Nº 9 Document Transcript

  • deaula OllOs ANO II - Nº 9 - Outubro 2013 Revista para as familias do alumnado Actividades extraescolares: cantas e cales? Comeza un novo curso Por unha escola inclusiva
  • 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com Dende setembro está nos quioscos Oink, a revista do Xabarín Club. Ten periodicidade mensual, custa 3 euros e está pensada para rapaces/zas de 6 a 15 anos (máis información na páxina 7 ou en www. revistaoink.com/) Tes curiosidade polas palabras? Buscas unha ferramenta para que os teus fillos/as xoguen e aprendan cousas da nosa lingua? Entón tes que visitar www.portaldaspalabras.org/ Un estudo sobre publicidade, realizado polo profesor da Universidade de Vigo Alberto Pena, chega á conclusión de que “o galego vende”. Alguén tiña algunha dúbida? Orgullosos/as da nosa lingua! Unha aplicación deseñada polo Consello da Cultura Galega permíteche levar a cultura galega no peto. Podes descargala gratis para iPhone e iPad dende http://ir.gl/d26c46 (axiña tamén para Android). Co outono volven os Encontros dos Axóuxeres, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística chea de historias, música e diversión para nenos/ as menores de 6 anos. Consulta os lugares e o calendario en http:// ir.gl/c9b6fc. Búscanse voluntarios/as para ensinar galego. Se andas pola zona da Coruña e tes o CELGA 4, ao mellor interésache. Tes toda a información en http://ir.gl/9e3600
  • As actividades extraescolares deben ser, entre outras, un espazo de novas experiencias, de aprender a gozar do lecer e do tempo libre, a satisfacer gustos e intereses; unha oportunidade para a toma de res- ponsabilidades, para fomentar o diálogo e a negociación; orientadas á interacción, á socialización, á creación de redes afectivas. Isto é facer amizade. Pero sen que se convertan nun traballo a maiores… Ninguén pode prescindir do tempo para estar coas súas amizades en contextos de liberdade, no que poida ter autonomía para crear, tomar decisións individuais e en grupo, negociar, coñecer e usar regras so- ciais, etc. Cadaquén terá os seus tempos e as súas necesidades, de aí que a decisión de «cantas» sexa algo que haberá que valorar dentro de cada familia cos seus fillos e fillas. O «cales» dependerá das prioridades e necesi- dades de cada neno e nena. Á marxe da activi- dade en si, ás veces pode resultarnos interesante que interaccione cos compañeiros/as do contorno escolar, pero fóra das rutinas da aula; e outras que se atope con persoas novas coas que teña a afinidade da actividade na que participa. En todo caso, a elección de can- tas e cales debe ser un proceso no que o neno ou a nena implicados teñan o prota- gonismo que merecen, pois son os propios interesados, sen caer nos tópicos de que fagan o que fan todos/as, ou a ilusión dalgún membro da familia, ou o que nos pareza que é o mellor. 3 A pregunta ? Responde: Mª Montserrat Castro Rodríguez [Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña] Actividades extraescolares: cantas e cales?
  • Facendo visible a diversidade Nós somos desas nais e pais aos que un día o futuro se lles puxo moi negro. O noso fillo foi diagnosticado con autismo cando tiña dous anos e medio. Comezou entón unha viaxe que tiña como punto de partida o descoñecemento absoluto sobre o mundo da diversidade funcional. 4 O tema Olga Lalín e Xosé M. Durán Profesores e pais dun neno con autismo Cando recibimos o diagnóstico, tivemos que aceptar a nova realidade e procurar os apoios máis ade- cuados para que o pequeno puidese medrar nas mellores condicións. Manuel comezou a asistir a un centro de atención temperá antes da súa escola- rización. Isto foi fundamental para que chegase á escola con algunhas aprendizaxes adquiridas. A súa terapeuta, Esther Medraño, e nós mesmos pensa- mos que o máis adecuado era a escola pública da nosa vila. En setembro de 2011 empezou Educación Infantil pola quenda de necesidades educativas especiais. Como pais, buscamos a nor- malización da vida de Manuel na súa contorna natural, cos seus irmáns e curmáns, cos seus amigos, na súa vila. Non es- quezamos que os nenos/as con necesidades especiais primeiro teñen necesidades comúns: xogar, aprender, recibir cariño... A escola pública pode e debe, conforme mesmo á legalidade, dar os apoios para que o neno/a “diferente” teña as mesmas oportunidades cós demais. Os beneficios da inclusión educa- tiva van nas dúas direccións; os outros nenos/as tamén apren- den dos diferentes e no futuro terán acadados os recursos persoais para poder construír unha sociedade máis xusta e
  • levan adiante, mais, ante todo, que- remos subliñar que o noso fillo é un neno. Explicar as circunstancias que determinan certos comportamentos tradúcese normalmente en com- prensión e axuda por parte de todos/as. Ao comezo de curso pre- ocupámonos polos libros, polo grupo no que vai estar, polas actividades extraescolares, coma todo o mundo, pero tamén nos toca falar coa Dirección do cen- tro e coa Inspección Educativa para saber se haberá os apoios que corresponden por lei. Un ano tras outro, por desgraza, pasamos por este proceso. Comprobamos, con tristeza, que a asistencia ao alumnado máis vulnerable non é una prio- ridade para o sistema. Por iso non queda outra que insistir en que é obriga da Administración responder e implementar un sistema educativo que vele pola igualdade de todo o alumnado. “Que veña ben, que iso é o máis importante”, pensamos todos cando sabemos que imos ter un fillo/a… e, polo que poida pasar, deberiamos engadir “e se vén con algún trastorno, síndrome ou enfermidade, que nos com- prenda a sociedade e que acep- te o noso fillo/a”. 5 solidaria. Coñecerán o significado de respectar os demais. Ao adoptar un sistema educativo no que todos teñan cabida, aceptamos a vida como é, coa súa diversidade. A comprensión da comunidade educa- tiva, especialmente das direccións dos centros e das outras familias, é fun- damental para que a calidade de vida dos nenos/as con necesidades especiais sexa a mellor posible. O noso fillo ten unhas características determinadas e é a nosa responsabilidade comunicar a súa condición e os tratamentos que se Non esquezamos que os nenos/as con necesidades especiais primeiro teñen necesidades comúns
  • Continuamos o noso percorrido (case infinito!) polos labirintos terminolóxicos da educación. Hoxe imos falar dun grupo de profesores/as que se agachan baixo as siglas PT (Pedagoxía Terapéutica) e AL (Audición e Linguaxe). O profesorado con estas especialidades traballa con alumnado de infantil, primaria e secundaria co seguinte obxectivo: atender a aqueles con necesidades educativas especiais (palabras que tamén teñen as súas siglas: NEE). Estas son un saco sen fondo no que se inclúen discapacidades físicas, psíquicas, altas capacidades, problemas coa pronuncia de determinados sons, problemas de conduta, déficit de atención, dislexia, etc. É dicir, que nas súas mans están todos aqueles rapaces que, sexa pola causa que sexa, non entran no molde estándar do sistema. Os docentes de PT e AL traballan co seu alumnado, ás veces, de xeito individualizado fóra do grupo-clase, e noutras ocasións dentro da aula co profesor/a correspondente. Asesoran tamén aos pais e nais dos rapaces con NEE. O seu labor é fundamental para que poidamos dicir que o noso sistema educativo ofrece igualdade de oportunidades. 6 Lines Salgado Palabras do ensino {PT e AL}
  • Tonino de Miguel Salas e Paolo Domeniconi [Editorial OQO]. Un pingüín que decide viaxar e chegar ao deserto, vivir aventuras e soñar co descoñecido. Pero, claro, como normalmente su- cede, adoitamos querer o que non temos e valorar o que tiñamos unha vez perdido; e así lle ocorre tamén ao noso protagonista, quen sentirá morriña do seu e dos seus. Dende a portada ata as ilustra- cións cheas de cor e enerxía, encantaravos este álbum rimado. 7 Dende setembro podemos coñecer e visi- tar a Casa Museo Manuel María –Casa de Hortas- en Outeiro de Rei, centro da memo- ria deste poeta e tamén da cultura da Terra Chá. Un xeito de profundar no perfil dunha das persoas máis coñecidas da cultura contemporánea. A biografía de Manuel María percórrese polas estancias da súa casa, cun conxunto documental de toda a súa traxectoria vital e literaria, unha biblioteca de máis de doce mil volumes, e obxectos que o escritor viviu. Contará tamén cun arquivo virtual que acollerá datos e documentacións, fotos, dedica- torias, actos... para a construción dun centro documental do que a casa será sé. CADENCIASGracia Santorum Para gozar Para visitar Para ler... Tamén dende este mes de setembro os máis cativos po- derán gozar cunha revista integramente en galego pen- sada para eles e elas: Oink recolle o espírito do Xabarín Club, famoso programa da TVG. Unha revista mensual de gran tamaño con 56 páxinas de contidos variados e con autores tan importantes como Kiko da Silva, Miguel Robledo, Miguelanxo Prado, Pinto & Chinto, Fernando Iglesias, Andrés Meixide, Yolanda Sánchez Fidalgo, Mi- guel Porto e Jacobo Fernández .
  • Desde a CGENDL, regresamos para compartir con vós as angueiras dun novo curso. Subimos outra vez as persianas, colocamos os pupitres, deseñamos proxectos educativos que enchan de ilusión as aulas de Galicia. Sabemos que o noso oficio nunca foi doado: porque educar ben as crianzas implica un esforzo constante de renovación pedagóxica no que deben colaborar non só os profesionais do ensino, senón toda a comunidade escolar, especialmente as familias. Regresamos porque somos partidarios/as da diversidade cultural e lingüística, porque estamos a favor do dereito democrático do alumnado a recibir aulas en galego, sen pexas nin prexuízos, para que o día de mañá as nosas fillas e fillos poidan exercer a escolla dun idioma tan útil como calquera outro, porque na escola non lles ensinamos a ignoralo. Regresamos para dicir en voz alta que seguimos orgullosas e orgu- llosos do noso, orgullosas e orgullosos do galego. E Ollos de aula conta convosco para as medras. Da lingua Tempo de medras 8