Your SlideShare is downloading. ×
Ollos de aula. Nº 8
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Ollos de aula. Nº 8

10,139
views

Published on

Nº 8 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Xuño 2013

Nº 8 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Xuño 2013

Published in: Education, Technology, Travel

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
10,139
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
107
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. deaulaOllOs ANO I - Nº 8 - Xuño 2013Que é unprexuízolingüístico?Revista para as familias do alumnadoXa estánaquí asvacacións!Chegao verán, eagora que?
  • 2. 2Revista editada pola CGENDLwww.coordinadoraendl.orgollosdeaula@gmail.comDeseño-maquetacion:tallerdd.comSe buscas consellospara elixir as lecturasdos teus fillos para estasvacacións, non podesdeixar de consultaro blog Brabádegos,o portal da literaturainfantil e xuvenil. http://ir.gl/8cc2da.Este verán os nenos/as de 16 concellospoderán gozar napiscina ou praiafluvial do programaAugalingua, organizadopola SXPL. Mira oslugares e os días enhttp://ir.gl/e7a09cQueres saber o quese leva? Entón tesque visitar o mediode tendencias madein Galicia: www.disquecool.comAcaba de publicarseen inglés a primeiraedición de Cantaresgallegos de Rosalía deCastro. Orgullosos/as donoso e orgullosos/as dogalego!Andas buscando uncaderno de actividadespara o teu fillo/a? Poisse ten entre 3 e 10 anosao mellor interésacheBababum. Podes veloen http://ir.gl/b0b8e0A CordinadoraGalega de EquiposNormalizacióne DinamizaciónLingüística deséxavosa todos e todas unhasboas vacacións!
  • 3. Un prexuízo, tal e como a palabra xa nos mostra, é un xuízo previo,unha opinión ou unha crítica que se emite antes de ter os coñece-mentos suficientes para fundamentala. Os prexuízos existiron sempree seguen existindo hoxe en día, e afectan a todas as persoas, sen dis-tinción de razas, culturas ou clases sociais. Os prexuízos son negativosporque nos impiden comprender a realidade, lévannos a percibir omundo de xeito distorsionado e falso. Engánannos.Hai casos moi claros de prexuízos que hoxe en día están máis oumenos superados, como por exemplo a crenza na inferioridade dal-gunhas razas ou dalgúns xéneros. Así,durante anos a xente pensou queas persoas negras eran inferio-res ao resto, e iso propiciouque fosen explo-tadas e escravi-zadas. Ou queas mulleres fosenconsideradas seres infe-riores aos homes, e iso axudou a que en moitas ocasións non fosentidas en conta.Sobre a lingua galega existen tamén certos prexuízos, algúns moiarraigados no pensamento colectivo, que cómpre desenmascarar.Non hai espazo aquí para facelo. Pero é unha tarefa que cada quenpode levar a cabo de maneira autónoma. Necesitará honradez con-sigo mesmo, a suficiente como para non querer enganarse. Taméndeberá desconfiar das opinións alleas, mesmo no caso de que parezanmaioritarias, que todo o mundo pense dunha forma determinadanon implica que iso sexa o correcto. Hai anos “todo o mundo” críaque a terra era plana, e agora sabemos que iso non é así. E deberáinformarse, ler, consultar Internet, e se cadra descubrirá que algunhasopinións negativas sobre a lingua galega non teñen fundamento, sonfalsas, son froito de prexuízos.3A pregunta?Responde: Manuel Núñez Singala[Director do Servizo de Normalización Lingüísticada Universidade de Santiago]Que é un prexuízo lingüístico?
  • 4. As vacacións de verán xaestán aquí. Para as crianzasé un momento de ledicia eposibilidades infinitas dedivertimento. Porén, paramoitas familias supón unincremento da dificultade decoordinar os novos horarioscoas responsabilidadeslaborais, alén de que astarefas domésticas e oscoidados non cesan nunca.Esta situación obriga areorganizar os tempos epensar estratexias quesirvan á cohesión familiare ao divertimento dascrianzas sen deixar delado as responsabilidadesderivadas do traballo,tanto remunerado comadoméstico. Para evitar queeste proceso derive enfrustracións e malestares, éimportante considerar certascuestións:4O temaTania Merelas Iglesias[Educadora social e pedagoga]Chega o verán,e agora que?1Corresponsabilidade no fogare nos coidados. A colaboración ereparto equitativo nas tarefas do-mésticas e de coidados permite unhamellor organización dos tempos. Omantemento do fogar non é respon-sabilidade exclusiva das mulleres,senón de todas as persoas que nelconviven, incluídas as máis pequenase pequenos. É importante educar nacorresponsabilidade dende idadestemperás, xa que través da partici-pación en pequenas tarefas as nosasfillas e fillos van gañando autonomíapersoal e valorando a importancia decoidar(se).2Exploración da rede de apoios.A nivel institucional é importantecoñecer os recursos, servizos e pro-gramas que existen no noso concello,tanto de carácter público coma deiniciativa privada. A concellería ou de-partamento de educación pode infor-marnos das actividades programadaspara o verán. Igualmente, as bibliote-cas municipais e os centros culturaisson recursos locais dos que cómprecoñecer a programación, pois adoitanofrecer alternativas interesantes. Noeido privado, o movemento asocia-
  • 5. 5tivo da nosa localidade (asociacións de veciñas eveciños, asociacións culturais, clubes deportivos…)tamén é un referente ao que achegarnos. A nivelinformal, certas persoas do noso entorno próximopoden botarnos unha man. Avoas e avós asumenesta axuda ao longo do ano, e de forma especialno verán, o cal permite afianzar a súa relación coasnosas fillas e fillos e alimentar un vínculo interxene-racional enriquecedor. Mais a responsabilidade doscoidados e da súa educación non pode ser delega-da totalmente en persoas alleas aos proxenitores.3Divertimento e aprendizaxe. Na elección dasactividades hai que evitar a imposición de criteriosadultos e contar coa opinión das crian-zas, coñecer os seus intereses e valoraren que medida poden ser satisfei-tos. As vacacións non deben serunha extensión do tempo escolar,polo que debemos equilibrar apresenza do divertimento edas aprendizaxes, evitandosobresaturar as axendas infantís.Xogando tamén se aprende.4Tempo e lecer en fami-lia. A creación de espazos etempos compartidos ondeafloren intereses ou hobbiesdos que poidan participarconxuntamente nais, paise crianzas favorece a ad-quisición de aprendizaxesfundamentais e contribúe ácohesión familiar.
  • 6. Despois do “sprint” final de exames e no-tas, remata o curso. Ou moito me engano,ou durante as vindeiras semanas imos fartarnos de escoi-tar nos medios de comunicación e nas conversas particu-lares frases tipo: “Son demasiadas vacacións… Noutrospaíses non é así… A ver que facemos cos nenos…” Aestas argumentacións contestamos con datos obxectivos:os días de vacacións de verán en España son practica-mente idénticos aos do resto dos países europeos. Sóvarían, nalgún caso, as datas de inicio ou fin, por mo-tivos climáticos. Os días non lectivos ao longo do cursoson tamén moi semellantes, aínda que a distribución sicambia en función das festividades e tradicións de cadazona. E alguén discute a conveniencia do descanso? Nonse trata de facer aquí un “eloxio da preguiza”, comoLafargue, pero está claro que os nosos nenos están cadavez máis estresados por xornadas infinitas cheas de acti-vidades escolares e extraescolares. É necesario recuperara calma e gozar de actividades para as que o ritmo diarionon deixa espazo: a lectura, o cine, a música, os depor-tes… e a conversa. O verdadeiro problema é o axustedos horarios laborais, cada vez máis esixentes, coa vidafamiliar. Esa conciliación é moi complexa, e máis esteano, cos recortes en actividades de lecer gratuitas porparte das institucións públicas. Pero non carguemos nosnosos rapaces a responsabilidade da solución. Iso tócallea outros. Bo verán!6Lines SalgadoPalabras do ensino{VACACIÓNS}
  • 7. Montañas na cama é un álbum que publicouOQO con texto de Maricuela e ilustracións deSonya Wimmer. Un libro que aborda a sexuali-dade con humor, naturalidade e sensibilidade,posto que por medio de metáforas descubriremoscomo o amor dos pais se manifesta con tenrura ecomo, sen evitar a innegable educación que debe-mos dar aos nosos fillos e fillas, o enfoque destadebe suxeitarse á súa idade e á súa capacidadecognitiva.7Rosalía pequeniña. Gozar dos poemas deRosalía grazas á marabillosa voz de Uxía Sen-lle. En formato álbum, coas alegres ilustraciónsde Marina Seoane, publicado por Galaxia,achegámonos á nosa poeta con dez poemasadaptados para unha nena que soña ser poeta,rebelde e rebuldeira que chama pola alborada.Unha xoia para escoitar, para ler, para admirar,e para logo profundar na figura máis importan-te da nosa literatura.CADENCIASGracia SantorumPara explicarPara primeir@s lector@sPara escoitarO señor Corpo quere xogar, de Alicia Borrás Sanjurjo,con tipografía en letras maiúsculas moi apropiada parainiciarse na lectura, descobre en cada páxina unha partedo corpo humano para que o lectorado máis novo adquiranovos coñecementos sobre este e saiba algo máis de simesmo. Ilustrado profusamente por Rodrigo Chao, cadalector novo levará o seu propio ritmo de lectura, grazasá poesía textual que contará as tarefas cotiás ás que cadaparte do corpo está destinado.
  • 8. 8Vai rematando o curso, e as familias temos que ir pensando notempo de lecer, nesa pausa estival que debería permitirnos unhaconvivencia relaxada coas nosas fillas e fillos máis alá das rutinasacadémicas e da ditadura dos reloxos. Porque as vacacións taménson imprescindibles desde un punto de vista emocional e educati-vo, en canto permiten desenvolver outro ritmo de vida e outras ex-periencias que van máis alá da monotonía dos horarios escolares.É hora, se cadra, de ir “desprogramando” a nosa axenda, de respi-rar fondo e de preparar unha maleta simbólica, onde caiban soñose ilusións, libros e viaxes, horas de praia e de montaña, bicicletase táboas de surf, roupa de baño e calzado cómodo, concertos aoaire libre e tardes sen fin diante do mar, coa xente que queremos enos quere.E na maleta deste verán, que vos desexamos feliz, non esqueza-des levar aquilo que nos distingue e nos fai únicos no mundo: esalingua que tamén quere saír de vacacións, e acompañarnos nesashoras nas que construímos castelos na praia ou botamos unhasoneca á sombra dun carballo.Porque sería ben triste que gardásemos a nosa linguacomo se fose roupa de inverno, e noncomo un idioma queanda descalzo polaarea.Da linguaA maleta do verán