• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Ollos de aula. Nº 7
 

Ollos de aula. Nº 7

on

  • 823 views

Nº 7 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio 2013.

Nº 7 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio 2013.

Statistics

Views

Total Views
823
Views on SlideShare
498
Embed Views
325

Actions

Likes
1
Downloads
1
Comments
0

11 Embeds 325

http://laboresvarios.blogspot.com.es 300
http://laboresvarios.blogspot.com 15
http://lareando.blogspot.com.es 2
http://abeiradaspalabras.blogspot.com.es 1
http://www.bicodaria.com 1
http://laboresvarios.blogspot.ca 1
http://laboresvarios.blogspot.hu 1
http://www.blogoteca.com 1
http://www.laboresvarios.blogspot.com.es 1
http://laboresvarios.blogspot.de 1
http://carballopequeno.blogspot.com.es 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Ollos de aula. Nº 7 Ollos de aula. Nº 7 Document Transcript

    • deaulaOllOs ANO I - Nº 7 - Maio 2013Maio,mes dalinguaRevista para as familias do alumnadoA que idadelle compro o móbil?Letras 2013:RobertoVidal Bolaño
    • 2Revista editada pola CGENDLwww.coordinadoraendl.orgollosdeaula@gmail.comIlustración portada:CaramuxobUSCatermos, a base dedatos terminolóxica daUSC, acaba de presentara súa aplicación paraiPhone e iPad. Podesdescargala en http://ir.gl/4cf3ee e buscarentre máis de 150.000palabras!Tres agrupacións(Xacarandaina, O Fiadeiroe Cantigas e Agarimos)acaban de propoñer acandidatura do baile ea danza tradicional deGalicia como patrimonioinmaterial da humanidade.Orgullosos/as do noso!No mes de maio oCentro DramáticoGalego estará dexira por toda Galiciarepresentando Díassen gloria, de VidalBolaño. Tes toda ainformación en www.centrodramatico.orgO 17 de maio taméné o día de internet.Non deixes de visitarMancomún (www.mancomún.org), aweb que aglutinaas iniciativas sobresoftware libre e fontesabertas que se están adesenvolver en Galicia.Este ano o Día dasLetras Galegas estádedicado a RobertoVidal Bolaño. Todo oque queiras sobre elpodes atopalo enhttp://ir.gl/d11aeSe queres xogos popula-res para poder gozalosco teu fillo/a, non perdashttp://ir.gl/50d894, unrecuncho que amoreaxogos de onte, de hoxe ede sempre.
    • Para a compra dun móbil, igual que para outras moitas cousas, nonexisten idades concretas senón que depende de cada neno/a e decada situación. Por regra xeral, só se lle debe comprar un móbil a unfillo/a cando vexamos que de verdade o necesita ou esteamos verda-deiramente convencidos de que vai facer un bo uso del.É verdade que un móbil pode ser moi útil tanto para os nenos/ascomo para os pais/nais, xa que eles poden usalo en caso de necesida-de e a nós permítenos telos localizados. Pero non é menos certo queos teléfonos de hoxe son “máis ca teléfonos”, son aparatos completí-simos que permiten facer fotos, grabar vídeos, conectarse a internet,acceder ás redes sociais…, polo que é fundamental asegurarnos deque o noso fillo/a é suficientemente maduro como para facer un usoresponsable del.Aínda que, como diciamos ao comezo, non existen idades concretaspara comprarlles o seu primeiro móbil, si que é certo que se desacon-sella facelo antes dos 12 anos (aínda que máis da metade dos nenos/as de 11 anos xa teñen un) e que se recomenda agardar a que teñanentre 14 e 16 anos. De todos os xeitos, e independentemente da ida-de, é sempre conveniente limitarlles o seu uso (que o empreguen uni-camente cando saen sós, que non o leven ao colexio…), controlarlleso gasto e, sobre todo, educalos nos perigos e ameazas derivadas dunmal uso.3A pregunta? A que idade lle compro o primeiro móbil?
    • O feito de que se lembreno Día das Letras Galegasde 2013 a Roberto VidalBolaño (Santiago, 1950-2002) é unha novidade,porque nos 50 anos quecumpre esta celebraciónnunca antes se dedicaraa un autor teatral. Destexeito, a Real AcademiaGalega fai xustiza a undos escritores galegosmáis importantes doséculo XX e, asemade,ao mundo do teatro,outorgándolle aimportancia que merecedentro da nosa cultura.4O temaLuis Gómez Aldegunde[Profesor de Lingua e literatura galega no CPI dos Dices(Rois-A Coruña)]Vidal Bolaño,Día das Letras Galegas 2013Roberto Vidal Bolaño foi un pioneiro, porquefundou a primeira compañía de teatro profe-sional que houbo en Galicia. Unha circunstan-cia persoal precipitou ese paso: el xa contabacun grupo afeccionado, Teatro Antroido, ecando o despediron do banco no que traba-llaba decidiu probar sorte cunha compañíaprofesional. Acompañárono naquela aventuraa actriz Laura Ponte, que daquela era a súamuller, e o actor Rodrigo Roel. A primeiraobra que representaron como profesionais foiLaudamuco, señor de ningures, estreada enSantiago en 1978.O achegamento de Roberto Vidal Bolaño aoteatro foi múltiple: autor, actor, director, pro-dutor e iluminador. A mesma variedade pode-mos atopala nunha obra que foi labrando ataalcanzar uns textos de calidade extraordinariae recoñecida con numerosos premios.Bolaño loitou tamén pola creación dunhacompañía de teatro institucional que viu a luzno ano 1984: o Centro Dramático Galego. Aprimeira obra dun autor galego que estrearao CDG tiña que ser de Vidal Bolaño (Agasallode sombras, nese mesmo ano). Neste 2013 opropio CDG dedícalle en exclusiva a súa tem-pada con Días sen gloria e Touporroutou dalúa e do sol.O seu enfrontamento co poder político, quecriticou abertamente na obra Caprice desdieux, e a falta de apoio dos compañeiros deprofesión fixeron que se afastase do teatro
    • 5nun silencio que se prolongou durante 8 anos.Esta paréntese amarga aproveitouna, porén, paradedicarse a outra das súas paixóns: o cine. Escribiuguións e participou en series para a televisión -Ma-reas vivas, por exemplo- e en filmes coma A linguadas bolboretas.Con Belén Quintáns fundou Teatro do Aquí en1992 e o seu regreso aos escenarios tivo lugar coaprodución Saxo tenor, unha obra que rende home-naxe ao barrio santiagués de Vista Alegre, no quenacera. Nesta montaxe podemos atopar algunhasdas constantes da súa obra dramática, coma aspersonaxes estrafalarias, perdedores nun ambientemarxinal para os que Vidal Bolaño sempre atopamomentos de tenrura e de grandeza.A cidade e o camiño de Santiago constitúen outrodos esteos da súa escrita. Á parte das xa citadas,temos o exemplo de Doentes, os enfermos expul-sados no Hostal dos Reis Católicos que vagan polasrúas compostelás. Pola súa parte, o camiño francésé un elemento fundamental en Días sen gloria eo que el consideraba o seu mellor texto, As actasescuras, xira arredor da controversia sobre os restosque se gardan na cripta da catedral.Vidal Bolaño foi un home dun grande compromisocoa nosa lingua, coa nosa cultura e coa sociedadedo seu momen- to. Este ano apareceron moitosestudos que poden axudarnos a entender esta fi-gura icónica da nosa literatura. Entre eles están osde Xosé Manuel Fernández Castro,Laura Tato ou Camilo Fran-co. [Para máis información,pode verse o vídeo coordina-do polo autor do artigo:http://ir.gl/7f2abf]
    • 6Lines SalgadoPalabras do ensino{FLEXIBILIZACIÓN}Cando falamos de flexibilización dentrodo ámbito escolar, estamos referíndonosaos cambios que se poden introducir notempo de escolarización dun alumno. Édicir, que podemos alongar ou reducir aduración dunha etapa educativa, sempree cando haxa un motivo que o xustifique.Os destinatarios desta medida sonnormalmente estudantes de necesidadeseducativas especiais, ou sexa, alumnos/as de altas capacidadesintelectuais, alumnos/as con discapacidade oualumnado con trastornosgraves de conduta.Pódese flexibilizar apermanencia dun nenoou nena xa na educacióninfantil, tanto paraadiantar a súa entradaen primaria como paramantelo un curso máisen infantil. Para poderrealizar unha flexibilizacióné necesario ter uninforme psicopedagóxico,a autorización da inspección e oconsentimento dos pais ou titores legais.Existen, ademais, limitacións legais segundoa etapa educativa ou o curso afectados.
    • A nena á que non deixaban ser feliz [MiguelÁngel Alonso Diz e Luz Beloso, Ed. A porta ver-de do sétimo andar]. Unha nena que unicamentequere ser feliz e que terá que loitar por alcanzaro seu soño, enfrontándose a xuízos, cobizas etentacións e exhibindo argumentos inapelables.O triunfo dos valores e da liberdade persoal anteunha xustiza inxusta nun álbum que observa pe-gadas dos máis grandes e clásicos escritores uni-versais. Ilustracións con corazón que simbolizanmaxicamente o paso da historia que lemos.7Todos os anos enfrontámonos a un novo reto: sabermosmáis do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. Aseditoriais galegas preparan un feixe de ensaios que nos ache-gan o autor e que nos facilitan enormemente o camiño. Esteano contamos con Un chapeu negro e un nariz de pallasopublicado pola editorial Galaxia, texto e documental que nosintroduce tanto na personalidade como na escrita deste xenioteatral. Así, ambos convértense nunha ferramenta imprescin-dible para explorar o mundo de Roberto Vidal Bolaño.CADENCIASGracia SantorumPara lerPara xogarPara sabermos máisTastarabás [Antón Cortizas, Ed. Xerais]. Unha obraimprescindible de consulta na que TODO, absolutamen-te todo, sobre xogos populares está incluído: brincar nomundo animal, no mundo vexetal, co mundo imaxinario,brinquedos de enxeño, de desprazamento, sonoros, cons-trucións... Todo isto e moito máis nunha obra de máis de1000 páxinas con centos de fotografías que recollen unanaco importante da nosa propia historia, esas tradiciónsque non debemos deixar morrer.
    • 8O vindeiro 17 de maio imos celebrar o Día das Letras Galegas, dedicadoeste ano á figura do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño;mais desde a CGENDL non pretendemos que esta conmemoración resulteunha especie de rito oficial no que participan unicamente algúns ilustresintelectuais, senón que nos gustaría que fose unha festa colectiva na quepoden participar activamente as familias do noso alumnado.Que podemos facer todos nós arredor das Letras Galegas? En primeirolugar, ser conscientes de que podemos estar orgullosos de contarmos cun-ha cultura propia, moderna e contemporánea, e que se pode converter (apouco que lle concedamos un mínimo apoio) nun dos sectores económicosmáis puxantes do país. Porque a cultura galega ofrece traballo a moitosprofesionais relacionados coa industria da edición e da comunicación, dasartes plásticas e musicais, do cine e do teatro, da banda deseñada e o des-eño gráfico. Xente, case toda ela, chea de talento e iniciativa.Por iso, animámosvos a que, neste mes das Letras Galegas, fagades unhaaposta en positivo pola lingua e a literatura de Galicia; as opcións que senos ofrecen resultan, desde logo, múltiples e variadas: desde a posta enescena das obras de Roberto Vidal Bolaño, pasando pola celebración dasFeiras do Libro ou a lembranza de Cantares gallegos de Rosalía de Castro,obra que cumpre 150 anos da súa primeira edición.E, sobre todo, aproveitemos esta ocasión para visitarmosunha libraría e agasallar as persoas queridas cun librona nosa lingua. Esa será, dende logo, amaior mostra de gloriadestes días.Da linguaDías de gloria