SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
ACHEGAS SOBRE A SITUACIÓN DO
      GALEGO NO ÁMBITO EDUCATIVO



    Charter for Regional or
     Minority Languages


                   Madrid, 6 de xullo de 2011



                                                                             1
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
ACHEGAS DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL (EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA) SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO NO ENSINO PARA O
Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea das Linguas Rexionais e
Minoritarias (CELRM)




      0- Presentación


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
(CGENDL) é un colectivo integrado por ENDL (actualmente denominados EDLG) de
centros de ensino públicos, privados e concertados de toda Galicia. A CGENDL naceu
en abril de 2009 coa idea de coordinar e fomentar actividades e experiencias dos
equipos, ao tempo que lles serve de voz pública. A CGENDL está formada por
profesorado de ideoloxías moi plurais mais unidas por un mesmo ideario lingüístico: a
normalización da lingua galega. A CGENDL non ten ánimo de lucro e os seus membros
participan nela dunha forma voluntarista.


    Os Equipos de Normalización Lingüística (ENL) foron creados pola administración
educativa en 1991 coa finalidade de promover o uso do galego nos centros educativos
galegos. No ano 2007 pasaron a chamarse Equipos de Normalización e Dinamización
Lingüística (ENDL) e no 2010 pasaron a ser Equipos de Dinamización da Lingua Galega
(EDLG)1.




1
  Os equipos están formados por un docente coordinador/a, un mínimo de tres
membros do profesorado e do alumnado (agás no ensino infantil e primario) e un do
persoal non docente.

                                                                                   2
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
1- Situación do galego no ensino trala última modificación lexislativa (Decreto
        79/2010 de 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de
        Galicia)
Este Decreto supuxo a ruptura dunha situación de consenso político en canto á
normalización en xeral, e ao ámbito do ensino en particular, que se materializou no
Plan xeral para a normalización da lingua galega (PXNLG2) aprobado por unanimidade
por todos os partidos políticos do Parlamento Galego o 21 de setembro de 2004.
Seguindo ese Plan xeral (PXNLG) aprobouse un decreto (Decreto 124/20073) que
estaba en vigor cando se realizou o Informe sobre o cumprimento da CELRM en 2008,
pero foi mudado aos dous anos por estoutro moito máis regresivo que pon en perigo
non só a pervivencia da lingua, senón tamén a adquisición dunha mínima
competencia en galego entre as xeracións máis novas.
O Decreto actualmente en vigor creou unha enorme polémica e foi recorrido por
diversas entidades. Resulta, ao entender da CGENDL, un retroceso obxectivo nos
intentos de normalizar a lingua galega no ensino xa desde a súa planificación, que se
pode cualificar de perniciosa debido a:
    a- Non parte da análise da realidade sociolingüística de Galicia, na que existen
        dúas linguas que non están na mesma situación.
    b- O devandito Decreto 79/2010 non nace para avanzar na LNL, senón para
        derogar, por motivos políticos e non pedagóxicos, un decreto anterior (Decreto
        124/2007), responsable dos avances dos que se dá conta no III Informe para a
        avaliación da CERLM, sen que previamente fosen avaliados os resultados da
        súa aplicación e sen demostrar que fose inadecuado para acadar os fins que


2
  O PXNLG conclúe que o Decreto 247/95 para a normalización do galego no ensino era insuficiente para
conseguir os obxectivos para os que fora aprobado: que o ensino obrigatorio garantise unha
competencia plena no idioma galego e repercutise de forma efectiva na súa adopción como lingua
habitual por parte das novas xeracións.
3
  Este Decreto (124/2007) Establecía unha oferta educativa en galego en preescolar (0-3 anos) e na
educación infantil para todos os nenos e nenas galegofalantes e fixaba, como mínimo, un terzo do
horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua
predominante fose o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se fose incrementando
progresivamente. Na educación primaria e secundaria, obrigatoria e post-obrigatoria buscaba garantir
que, como mínimo, o alumnado recibise o 50% da súa docencia en galego. Supoñía un avance fronte ao
anterior Decreto (247/1995) que supuxo un primeiro chanzo no labor de normalizar a lingua no ensino
ao desenvolver a Lei 3/1983i de normalización lingüística(LNL) e determinaba que se debía empregar,
con carácter xeral, a lingua propia de Galicia como lingua da administración educativa e establecía a
impartición de dúas materias, como mínimo, en galego.

                                                                                                   3
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
perseguía. Quere aparecer como salvador dun hipotético problema creado polo
        decreto anterior que, os membros da CGENDL, que estamos a diario nos
        centros de ensino, constatamos que non existía. Na redacción do documento
        insisten en xustificar a necesidade dun novo con argumentos como:
           a. Alúdese a que o Decreto 124/2007 foi considerado non conforme a
               dereito polo Consello Consultivo baseándose en lecturas parciais e
               interesadas do informe deste organismo cando realmente este órgano
               fixo unha recomendacións que se tiveron en conta na redacción final
               deste mesmo.
           b. Critica o modelo anterior porque non establecía uns mínimos en
               castelán, a lingua maioritaria, acusándoo de modificar o modelo de
               conxunción de linguas, algo que é falso. Di textualmente: O Decreto
               124/2007, do 28 de xuño, orientouse nomeadamente cara á obtención
               dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio,
               sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias
               impartidas en lingua castelá, o cal podería chegar a cambiar o modelo
               de conxunción de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da
               autonomía e aceptado por todos os galegos e galegas. (DOG Nº 97
               Martes, 25 de maio de 2010, páx. 9242). Obviamente, as medidas de
               discriminación positiva deberán ser para a lingua minorizada.
   c-   O texto contradí, pese ao que sinala na “exposición de motivos”, os preceptos
        da LNL (Lei de normalización lingüística ) xa que restrinxe o uso do galego
        (lingua minorizada) como lingua vehicular e como lingua da administración
        educativa e fixa mínimos para o castelán (lingua hexemónica).
   d- Deixa de ser un Decreto coma os anteriores destinado a promocionar o galego
        no sistema educativo e aparece como o Decreto do plurilingüismo, abríndolle a
        posibilidade para que os centros de ensino ofrezan un terzo das materias en
        lingua estranxeira, nomeadamente en inglés. As horas restantes repartiríanse
        “equitativamente” entre castelán e galego mais isto é un camiño para a
        eliminación de horas en materias da lingua minorizada, xa que os centros que
        se acollen ás seccións bilingües, na súa maioría, imparten en inglés as materias
        que se deberían dar en galego deixando para esta lingua as materias que non

                                                                                      4
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
usan libros de texto ou que son consideradas polas familias como “menos
        importantes” para a educación dos seus fillos/as, por exemplo educación física
        e música.
    e- A intención anti-normalizadora é tal que ata eliminan a palabra “normalización”
        do nome dos propios Equipos de normalización (e dinamización) lingüística,
        que pasamos a ser “Equipos de dinamización da lingua galega”.
Existen diversos aspectos que demostran que con este Decreto se produce unha
involución na normalización do galego nas diferentes etapas do ensino non
universitario e que está a ter consecuencias xa palpables:
    1- Educación infantil: O decreto lexisla impedindo que se cumpran os obxectivos
        marcados no currículo de Infantil, ao non regular nin permitir aos centros que
        deseñen as accións pedagóxicas encamiñadas a conseguir que o alumnado
        domine as dúas linguas oficiais. Obrígase a utilizar a lingua predominante,
        quedando a minorizada sen a promoción necesaria para que se acaden os
        obxectivos. Os nenos e nenas dominan a que xa coñecen, sendo moi difícil que
        en contornos castelán-falantes aprendan o galego. Isto deriva de que no
        Decreto 124/2007 a lingua da contorna era establecida polo claustro tendo en
        conta parámetros obxectivos (datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia,
        Instituto Galego de Estatística, etc.) e tamén a información que achegasen as
        familias; agora só se atende a isto último como único criterio para establecer a
        “lingua materna4” baixo un criterio falaz de liberdade de escolla5; e non se
        prevén situacións como a posibilidade de que esa información non coincida
        coas observacións do profesorado na aula, que a lingua da familia non sexa
        ningunha das linguas oficiais, que o pai e a nai se comuniquen en linguas
        diferentes, que os prexuízos lingüísticos das familias condicionen a resposta,

4
  Este primeiro curso de aplicación determinouse a lingua materna mediante unha enquisa de moi
dubidosa validez, pasando agora fixar a consulta ás familias baixo unha nova “Lei de Convivencia” que
busca darlle cobertura legal a calquera consulta para determinar a elección da lingua vehicular no
ensino.
5
  Moitas familias mostran o seu descontento con estas medidas de carácter regresivo, sobre todo as que
afectan ao ensino infantil, nas que se vende “liberdade de escolla para os pais/nais” que non é real no
caso dos que pretenden que a lingua do ensino sexa o galego. Hai estudos (coma o do sindicato
STEG) que refliten que houbo un 40% dos pais e nais que non foron respectados cando escolleron o
ensino da lingua galega para os seus fillos. A maioría constatan que con esta medida os seus fillos están
perdendo o contacto coa lingua máis desprestixiada e desfavorecida.


                                                                                                        5
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
etc. Así a escolla da lingua materna a través dunha enquisa, previa á matrícula
       dos nenos e nenas de tres anos, deixa fóra a realidade sociolingüística de
       moitas familias, que teñen como lingua materna o galego. Ademais, a nova
       normativa apunta que “se atenderá de xeito individualizado o alumnado que
       non teña coñecemento suficiente na lingua predominante na aula” pero esta
       medida é disgregadora porque impide a integración dos nenos e nenas na aula,
       obxectivo fundamental da Educación Infantil.
   2- Educación Primaria: Redúcese o número de horas impartidas en galego.
       Concédeselle ao alumnado liberdade para romper a dinámica pedagóxica das
       materias en canto á utilización das linguas e abre as portas para que non se
       imparta en galego ningunha materia máis que a propia de lingua, ao posibilitar
       que a través de proxectos de innovación se impartan en inglés as materias en
       galego estipuladas no Decreto.
   3- Educación Secundaria: Redúcese o número de horas impartidas en galego, xa
       que se imparten, de xeito obrigatorio, en galego dúas materias (Ciencias da
       Natureza/Bioloxía e Xeoloxía; Ciencias Sociais/Xeografía e historia) e en
       castelán tres (Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química). Isto supón a
       premeditada eliminación do galego do ámbico científico-tecnolóxico, ao
       tempo que redunda en que haxa máis horas en castelán que en galego para
       materias que a maioría de pais e nais consideran fundamentais para a
       educación dos seus fillos e fillas.
   4- Medidas como as de que o alumnado poida usar a lingua da súa preferencia
       nas aulas indican un retroceso non só con respecto ao Decreto 124/2007 senón
       incluso con respecto ao Decreto 247/1995 no que se dicía que “se procuraría”
       que nas materias en galego o alumnado empregase esta lingua. Así contradise
       de novo a Lei de normalización lingüística (artigo 14) que indica que ao remate
       do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística nos
       dous idiomas oficiais, algo imposible cando se deixa que o alumnado decida en
       cal idioma se quere expresar, xa que a competencia implica dominio activo a
       nivel escrito e tamén oral, algo dificilmente alcanzable se non se practica.
   5- Exención de lingua galega: concédese exención de lingua galega durante dous
       cursos académicos a partir do 3º ciclo de Educación Primaria para o alumnado

                                                                                      6
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
que proveña de fóra da comunidade galega; porén, esta exención non se ofrece
        para o castelán en alumnado que descoñeza este idioma6.
    6- Escaseza de materiais en lingua galega. Estamos diante dun decreto que, pese
        a desenvolver a LNL, promociona materiais educativos na outra lingua oficial e
        en linguas estranxeiras, feito que derivou en que varios grupos editoriais
        abandonasen a publicación de materiais en galego ao non contar co respaldo
        da administración. Xa no primeiro curso de aplicación real do decreto
        obsérvase a ausencia total de novos materiais de aula -libros de texto, recursos
        de apoio, etc.- nas materias que o decreto asigna ao castelán en primaria e
        secundaria7, sendo máis acuciantes as carencias en recursos para a adquisición
        da lecto-escritura no ensino infantil.


Esta situación de restrición do galego no ensino, fronte á progresividade que se pedía
na LNL, estanos levando a unha situación de falta de competencia do alumnado na
lingua propia de Galicia, impedindo que se cumpra o que establecía a propia LNL (art.
10) e mais os currículos das diferentes etapas que sinalan que o alumnado debe
dominar as dúas linguas da comunidade, e, polo tanto, acelerando un proceso de
perda de falantes, sobre todo nos ámbitos urbanos, que constatan todos os estudos
feitos ata o momento (Real Academia Galega, Instituto Galego de Estatística, Consello
da Cultura Galega…)


Tal e como se pode ver no dossier de prensa que acompañamos, a aprobación deste
Decreto foi motivo de contestación social e ao mesmo tempo dun intento de
xustificación por parte da administración que conseguiu facerlle chegar á sociedade a
mensaxe de que cumpría poñerlle límites á lingua minorizada e ademais que moitas
medidas de protección no ensino supoñían un ataque contra a poboación.




6
  Asemade, resulta contraditorio que, por exemplo, alumnado lusófono estea exento de galego (idioma
da mesma base lingüística ca o portugués) e si teña que cursar a outra lingua oficial de Galicia.
7
  Hai que ter en conta que estas materias poderían impartirse en galego se os pais decidisen mudar as
obrigatorias en galego polas obrigatorias en castelán.

                                                                                                        7
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
De feito as intencións da administración non pasan só por un cambio lexislativo como
foi este decreto senón que a falta de interese na normalización da lingua galega
detéctase en moitas outras accións, tal e como indicamos na seguinte epígrafe.


3. Outras medidas que impiden a normalización do galego no ensino
Os ataques cara ao galego e o pouco interese na súa defensa e promoción
evidéncianse tamén noutros aspectos que demostran que non hai unha aposta clara
pola nosa lingua no ensino, ámbito clave para a súa recuperación:
a) Eliminación do proxecto piloto de inmersión en infantil denominado “liñas de
galego” que posibilitaba aos centros de ensino ofertar aulas con ensino na lingua
minorizada. Esta medida (proposta no PXNLG) contaba cun amplo apoio das familias e
con resultados académicos excelentes, era ademais, na maioria dos casos, a única
posibilidade de que o alumnado urbano puidese achegarse á lingua galega para
adquirir unhas mínimas competencias.

b) Eliminación das Galescolas (Escolas infantís para a etapa 0-3 anos) nas que era
garantido un ensino maoiritariamente en galego (podía chegarse aos ⅔ de ensino en
galego, non a un 100%, tal e como indica o goberno actual).
c) Exención nas probas de selectividade na materia de lingua e literatura galegas para
o alumnado que curse 1º de bacharelato no estranxeiro (mais obriga de examinarse de
lingua e literatura castelá)
d) Falta de apoio á publicación editorial en galego, o que derivou nunha redución
drástica dos fondos dedicados a este aspecto.
e) En canto ao profesorado tamén se produciron importantes reducións na necesidade
de demostrar o coñecemento da lingua minorizada e propia de Galicia, xa que as
probas de competencia en lingua galega deixaron de ser eliminatorias para o acceso ao
funcionariado, incluído o docente, na comunidade autónoma.
f) Redución do uso da lingua dentro da propia administración educativa,
desenvolvendo accións contrarias á presenza da lingua minoritaria na documentación




                                                                                    8
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
oficial da comunidade autónoma e tendo cada vez máis presenza a documentación
monolingüe en castelán expedida pola administración educativa galega8.
g) A eliminación do galego nas novas tecnoloxías para o ensino:
            a. O mundo científico e tecnolóxico, máis vinculado ás TICs e
                 tradicionalmente cun maior número de recursos relacionados con elas,
                 impártese exclusivamente en castelán, co que non só se marxina o
                 galego do mundo científico (a mensaxe é que as novas tecnoloxías falan
                 en castelán) senón que se impide por esta vía a creación de material e
                 recursos relacionados coas TICs, tanto no ámbito do profesorado que
                 imparte estas materias (non poden elaborar material en galego para
                 unha área que se imparte en castelán) coma no institucional (a Xunta
                 non promove material en galego para estas áreas).
            b. A implantación do Proxecto Abalar9 provocou outro retroceso
                 importante da presenza da lingua galega nas aulas. Os materiais que se
                 incluíron no Servidor de Recursos da aula Abalar son moi escasos para
                 todas as materias, e están maioritariamente en castelán. Sirva como
                 exemplo que para a materia de lingua galega tan só hai no servidor dous
                 recursos (moi, moi pobres) para a ESO. A Xunta non promoveu a
                 creación de recursos TIC, e nin sequera se molestou en traducir ao
                 galego o material que hai en castelán. Abandonouse a creación de
                 material específico en galego, e mesmo na área de Lingua Galega e
                 Literatura houbo unha desidia total. O uso de Internet nas aulas Abalar
                 tamén supón unha marxinación do galego, pois tanto a prensa dixital
                 coma as principais fontes de información ignoran por completo a nosa
                 lingua; e non hai por parte da Xunta unha alternativa que tenda a
                 compensar este desfase que converte o galego en invisible
            c. Os recursos que había ata agora no Portal Educativo da Xunta de
                 Galicia, moitos deles en galego, foron retirados sen aviso ningún. Deste

8
  Un exemplo claro disto está na documentación necesaria para solicitar os campamentos de inglés de
verán que se ofrece só en castelán por ser xestionada por unha empresa de Madrid a pesar de emitirse
pola Consellería de educación e dirixirse a familias da comunidade galega exclusivamente.
9
  ABALAR é, en palabras da Consellería de Educación, “o proxecto que substancia a estratexia para a
integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de
intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria”.

                                                                                                   9
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
xeito, proxectos coma o Proxecto Biosfera, que estaba traducido ó
               galego no Portal Educativo e dispoñible para o uso en Ciencias da
               Natureza, foron retirados e na actualidade para poder utilizar ese
               material de gran valor didáctico é necesario acudir ó portal do MEC, que
               ten ese material en castelán. E isto pasa nunha materia que aínda se
               imparte en galego; en Matemáticas e Tecnoloxía a ausencia de material
               en galego é total.
h) Recortes orzamentarios para o fomento da lingua. No último curso houbo unha
redución do 20% do orzamento destinado aos proxectos de fomento do uso da lingua
galega que deseñan e desenvolven os Equipos de normalización e dinamización
lingüística.
En conclusión pódese dicir que houbo un claro retroceso da presenza do galego na
educación infantil, primaria e secundaria a través do decreto vixente (se o decreto
124/2007 contiña deficiencias respecto aos compromisos asinados na Carta Europea, o
novo decreto do 2010 presenta moitas máis por ser moito máis restritivo respecto aos
dereitos da lingua minorizada, contendo propostas que entran en contradición e
mesmo incumpren a Lei de Normalización Lingüística vixente). A filosofía que subxace
de fondo é a eliminación de calquera iniciativa de "discriminación positiva" para o
galego, xa que se parte de que é o castelán a lingua que sofre discriminación polo que
as medidas do actual goberno diríxense a conseguir o "reequilibrio" co que
supostamente acabou a implantación do decreto 124/2007. Para facer isto pártese do
imcumprimento dos compromisos unánimes do Parlamento Galego recollidos no Plan
Xeral da Lingua Galega de 2004 e adóptanse medidas como permitir que os pais e nais
decidan a lingua ou asegurar que o galego nunca supere o castelán na carga lectiva,
feito que redunda na discriminación histórica que sufriu o galego no ensino.

Santiago de Compostela, 5 de xullo do 2011.




Valentina Formoso Gosende (Coordinadora xeral da CGENDL)




                                                                                    10
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

More Related Content

What's hot

Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoAspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoManuel Vilariño
 
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica   Nova Escola GalegaA Cuestion Linguistica   Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica Nova Escola GalegaSanti P
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasRomán Landín
 
Decreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNDecreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNemera
 
Cig informa sentenza
Cig informa sentenzaCig informa sentenza
Cig informa sentenzacenlf
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes linguaxenevra
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativacenlf
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Coordinadora Galega ENDL
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
Lingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicaciónLingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicaciónAnxo Lorenzo
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaAnxo Lorenzo
 
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüísticoO concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüísticoAnxo Lorenzo
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XXxenevra
 
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases DecretoDitame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases Decretocenlf
 

What's hot (17)

Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoAspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
 
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica   Nova Escola GalegaA Cuestion Linguistica   Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
 
Decreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNDecreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióN
 
Cig informa sentenza
Cig informa sentenzaCig informa sentenza
Cig informa sentenza
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes lingua
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativa
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Plc
PlcPlc
Plc
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
Lingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicaciónLingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicación
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
 
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüísticoO concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XX
 
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases DecretoDitame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases Decreto
 

Similar to Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm

150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2guest169558
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2guest169558
 
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríANota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríAgalefas
 
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...cenlf
 
Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010cenlf
 
NormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticaNormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticacenlf
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoSanti P
 
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaPolíticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaAnxo Lorenzo
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galiciafajuma12
 
Posicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico EndlPosicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico Endlcenlf
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Coordinadora Galega ENDL
 
Emendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr GalegoEmendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr Galegocenlf
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...Santi P
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Coronacenlf
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 

Similar to Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm (20)

150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2
 
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríANota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
 
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
 
Novo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensinoNovo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensino
 
Normalizacion
NormalizacionNormalizacion
Normalizacion
 
Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010
 
NormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticaNormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíStica
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
 
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaPolíticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
 
A Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no EnsinoA Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no Ensino
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
 
Posicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico EndlPosicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico Endl
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
 
Emendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr GalegoEmendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr Galego
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 

More from Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

More from Coordinadora Galega ENDL (20)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 

Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm

  • 1. ACHEGAS SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO NO ÁMBITO EDUCATIVO Charter for Regional or Minority Languages Madrid, 6 de xullo de 2011 1 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 2. ACHEGAS DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL (EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA) SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO NO ENSINO PARA O Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM) 0- Presentación A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) é un colectivo integrado por ENDL (actualmente denominados EDLG) de centros de ensino públicos, privados e concertados de toda Galicia. A CGENDL naceu en abril de 2009 coa idea de coordinar e fomentar actividades e experiencias dos equipos, ao tempo que lles serve de voz pública. A CGENDL está formada por profesorado de ideoloxías moi plurais mais unidas por un mesmo ideario lingüístico: a normalización da lingua galega. A CGENDL non ten ánimo de lucro e os seus membros participan nela dunha forma voluntarista. Os Equipos de Normalización Lingüística (ENL) foron creados pola administración educativa en 1991 coa finalidade de promover o uso do galego nos centros educativos galegos. No ano 2007 pasaron a chamarse Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) e no 2010 pasaron a ser Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)1. 1 Os equipos están formados por un docente coordinador/a, un mínimo de tres membros do profesorado e do alumnado (agás no ensino infantil e primario) e un do persoal non docente. 2 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 3. 1- Situación do galego no ensino trala última modificación lexislativa (Decreto 79/2010 de 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia) Este Decreto supuxo a ruptura dunha situación de consenso político en canto á normalización en xeral, e ao ámbito do ensino en particular, que se materializou no Plan xeral para a normalización da lingua galega (PXNLG2) aprobado por unanimidade por todos os partidos políticos do Parlamento Galego o 21 de setembro de 2004. Seguindo ese Plan xeral (PXNLG) aprobouse un decreto (Decreto 124/20073) que estaba en vigor cando se realizou o Informe sobre o cumprimento da CELRM en 2008, pero foi mudado aos dous anos por estoutro moito máis regresivo que pon en perigo non só a pervivencia da lingua, senón tamén a adquisición dunha mínima competencia en galego entre as xeracións máis novas. O Decreto actualmente en vigor creou unha enorme polémica e foi recorrido por diversas entidades. Resulta, ao entender da CGENDL, un retroceso obxectivo nos intentos de normalizar a lingua galega no ensino xa desde a súa planificación, que se pode cualificar de perniciosa debido a: a- Non parte da análise da realidade sociolingüística de Galicia, na que existen dúas linguas que non están na mesma situación. b- O devandito Decreto 79/2010 non nace para avanzar na LNL, senón para derogar, por motivos políticos e non pedagóxicos, un decreto anterior (Decreto 124/2007), responsable dos avances dos que se dá conta no III Informe para a avaliación da CERLM, sen que previamente fosen avaliados os resultados da súa aplicación e sen demostrar que fose inadecuado para acadar os fins que 2 O PXNLG conclúe que o Decreto 247/95 para a normalización do galego no ensino era insuficiente para conseguir os obxectivos para os que fora aprobado: que o ensino obrigatorio garantise unha competencia plena no idioma galego e repercutise de forma efectiva na súa adopción como lingua habitual por parte das novas xeracións. 3 Este Decreto (124/2007) Establecía unha oferta educativa en galego en preescolar (0-3 anos) e na educación infantil para todos os nenos e nenas galegofalantes e fixaba, como mínimo, un terzo do horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua predominante fose o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se fose incrementando progresivamente. Na educación primaria e secundaria, obrigatoria e post-obrigatoria buscaba garantir que, como mínimo, o alumnado recibise o 50% da súa docencia en galego. Supoñía un avance fronte ao anterior Decreto (247/1995) que supuxo un primeiro chanzo no labor de normalizar a lingua no ensino ao desenvolver a Lei 3/1983i de normalización lingüística(LNL) e determinaba que se debía empregar, con carácter xeral, a lingua propia de Galicia como lingua da administración educativa e establecía a impartición de dúas materias, como mínimo, en galego. 3 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 4. perseguía. Quere aparecer como salvador dun hipotético problema creado polo decreto anterior que, os membros da CGENDL, que estamos a diario nos centros de ensino, constatamos que non existía. Na redacción do documento insisten en xustificar a necesidade dun novo con argumentos como: a. Alúdese a que o Decreto 124/2007 foi considerado non conforme a dereito polo Consello Consultivo baseándose en lecturas parciais e interesadas do informe deste organismo cando realmente este órgano fixo unha recomendacións que se tiveron en conta na redacción final deste mesmo. b. Critica o modelo anterior porque non establecía uns mínimos en castelán, a lingua maioritaria, acusándoo de modificar o modelo de conxunción de linguas, algo que é falso. Di textualmente: O Decreto 124/2007, do 28 de xuño, orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá, o cal podería chegar a cambiar o modelo de conxunción de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonomía e aceptado por todos os galegos e galegas. (DOG Nº 97 Martes, 25 de maio de 2010, páx. 9242). Obviamente, as medidas de discriminación positiva deberán ser para a lingua minorizada. c- O texto contradí, pese ao que sinala na “exposición de motivos”, os preceptos da LNL (Lei de normalización lingüística ) xa que restrinxe o uso do galego (lingua minorizada) como lingua vehicular e como lingua da administración educativa e fixa mínimos para o castelán (lingua hexemónica). d- Deixa de ser un Decreto coma os anteriores destinado a promocionar o galego no sistema educativo e aparece como o Decreto do plurilingüismo, abríndolle a posibilidade para que os centros de ensino ofrezan un terzo das materias en lingua estranxeira, nomeadamente en inglés. As horas restantes repartiríanse “equitativamente” entre castelán e galego mais isto é un camiño para a eliminación de horas en materias da lingua minorizada, xa que os centros que se acollen ás seccións bilingües, na súa maioría, imparten en inglés as materias que se deberían dar en galego deixando para esta lingua as materias que non 4 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 5. usan libros de texto ou que son consideradas polas familias como “menos importantes” para a educación dos seus fillos/as, por exemplo educación física e música. e- A intención anti-normalizadora é tal que ata eliminan a palabra “normalización” do nome dos propios Equipos de normalización (e dinamización) lingüística, que pasamos a ser “Equipos de dinamización da lingua galega”. Existen diversos aspectos que demostran que con este Decreto se produce unha involución na normalización do galego nas diferentes etapas do ensino non universitario e que está a ter consecuencias xa palpables: 1- Educación infantil: O decreto lexisla impedindo que se cumpran os obxectivos marcados no currículo de Infantil, ao non regular nin permitir aos centros que deseñen as accións pedagóxicas encamiñadas a conseguir que o alumnado domine as dúas linguas oficiais. Obrígase a utilizar a lingua predominante, quedando a minorizada sen a promoción necesaria para que se acaden os obxectivos. Os nenos e nenas dominan a que xa coñecen, sendo moi difícil que en contornos castelán-falantes aprendan o galego. Isto deriva de que no Decreto 124/2007 a lingua da contorna era establecida polo claustro tendo en conta parámetros obxectivos (datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia, Instituto Galego de Estatística, etc.) e tamén a información que achegasen as familias; agora só se atende a isto último como único criterio para establecer a “lingua materna4” baixo un criterio falaz de liberdade de escolla5; e non se prevén situacións como a posibilidade de que esa información non coincida coas observacións do profesorado na aula, que a lingua da familia non sexa ningunha das linguas oficiais, que o pai e a nai se comuniquen en linguas diferentes, que os prexuízos lingüísticos das familias condicionen a resposta, 4 Este primeiro curso de aplicación determinouse a lingua materna mediante unha enquisa de moi dubidosa validez, pasando agora fixar a consulta ás familias baixo unha nova “Lei de Convivencia” que busca darlle cobertura legal a calquera consulta para determinar a elección da lingua vehicular no ensino. 5 Moitas familias mostran o seu descontento con estas medidas de carácter regresivo, sobre todo as que afectan ao ensino infantil, nas que se vende “liberdade de escolla para os pais/nais” que non é real no caso dos que pretenden que a lingua do ensino sexa o galego. Hai estudos (coma o do sindicato STEG) que refliten que houbo un 40% dos pais e nais que non foron respectados cando escolleron o ensino da lingua galega para os seus fillos. A maioría constatan que con esta medida os seus fillos están perdendo o contacto coa lingua máis desprestixiada e desfavorecida. 5 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 6. etc. Así a escolla da lingua materna a través dunha enquisa, previa á matrícula dos nenos e nenas de tres anos, deixa fóra a realidade sociolingüística de moitas familias, que teñen como lingua materna o galego. Ademais, a nova normativa apunta que “se atenderá de xeito individualizado o alumnado que non teña coñecemento suficiente na lingua predominante na aula” pero esta medida é disgregadora porque impide a integración dos nenos e nenas na aula, obxectivo fundamental da Educación Infantil. 2- Educación Primaria: Redúcese o número de horas impartidas en galego. Concédeselle ao alumnado liberdade para romper a dinámica pedagóxica das materias en canto á utilización das linguas e abre as portas para que non se imparta en galego ningunha materia máis que a propia de lingua, ao posibilitar que a través de proxectos de innovación se impartan en inglés as materias en galego estipuladas no Decreto. 3- Educación Secundaria: Redúcese o número de horas impartidas en galego, xa que se imparten, de xeito obrigatorio, en galego dúas materias (Ciencias da Natureza/Bioloxía e Xeoloxía; Ciencias Sociais/Xeografía e historia) e en castelán tres (Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química). Isto supón a premeditada eliminación do galego do ámbico científico-tecnolóxico, ao tempo que redunda en que haxa máis horas en castelán que en galego para materias que a maioría de pais e nais consideran fundamentais para a educación dos seus fillos e fillas. 4- Medidas como as de que o alumnado poida usar a lingua da súa preferencia nas aulas indican un retroceso non só con respecto ao Decreto 124/2007 senón incluso con respecto ao Decreto 247/1995 no que se dicía que “se procuraría” que nas materias en galego o alumnado empregase esta lingua. Así contradise de novo a Lei de normalización lingüística (artigo 14) que indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais, algo imposible cando se deixa que o alumnado decida en cal idioma se quere expresar, xa que a competencia implica dominio activo a nivel escrito e tamén oral, algo dificilmente alcanzable se non se practica. 5- Exención de lingua galega: concédese exención de lingua galega durante dous cursos académicos a partir do 3º ciclo de Educación Primaria para o alumnado 6 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 7. que proveña de fóra da comunidade galega; porén, esta exención non se ofrece para o castelán en alumnado que descoñeza este idioma6. 6- Escaseza de materiais en lingua galega. Estamos diante dun decreto que, pese a desenvolver a LNL, promociona materiais educativos na outra lingua oficial e en linguas estranxeiras, feito que derivou en que varios grupos editoriais abandonasen a publicación de materiais en galego ao non contar co respaldo da administración. Xa no primeiro curso de aplicación real do decreto obsérvase a ausencia total de novos materiais de aula -libros de texto, recursos de apoio, etc.- nas materias que o decreto asigna ao castelán en primaria e secundaria7, sendo máis acuciantes as carencias en recursos para a adquisición da lecto-escritura no ensino infantil. Esta situación de restrición do galego no ensino, fronte á progresividade que se pedía na LNL, estanos levando a unha situación de falta de competencia do alumnado na lingua propia de Galicia, impedindo que se cumpra o que establecía a propia LNL (art. 10) e mais os currículos das diferentes etapas que sinalan que o alumnado debe dominar as dúas linguas da comunidade, e, polo tanto, acelerando un proceso de perda de falantes, sobre todo nos ámbitos urbanos, que constatan todos os estudos feitos ata o momento (Real Academia Galega, Instituto Galego de Estatística, Consello da Cultura Galega…) Tal e como se pode ver no dossier de prensa que acompañamos, a aprobación deste Decreto foi motivo de contestación social e ao mesmo tempo dun intento de xustificación por parte da administración que conseguiu facerlle chegar á sociedade a mensaxe de que cumpría poñerlle límites á lingua minorizada e ademais que moitas medidas de protección no ensino supoñían un ataque contra a poboación. 6 Asemade, resulta contraditorio que, por exemplo, alumnado lusófono estea exento de galego (idioma da mesma base lingüística ca o portugués) e si teña que cursar a outra lingua oficial de Galicia. 7 Hai que ter en conta que estas materias poderían impartirse en galego se os pais decidisen mudar as obrigatorias en galego polas obrigatorias en castelán. 7 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 8. De feito as intencións da administración non pasan só por un cambio lexislativo como foi este decreto senón que a falta de interese na normalización da lingua galega detéctase en moitas outras accións, tal e como indicamos na seguinte epígrafe. 3. Outras medidas que impiden a normalización do galego no ensino Os ataques cara ao galego e o pouco interese na súa defensa e promoción evidéncianse tamén noutros aspectos que demostran que non hai unha aposta clara pola nosa lingua no ensino, ámbito clave para a súa recuperación: a) Eliminación do proxecto piloto de inmersión en infantil denominado “liñas de galego” que posibilitaba aos centros de ensino ofertar aulas con ensino na lingua minorizada. Esta medida (proposta no PXNLG) contaba cun amplo apoio das familias e con resultados académicos excelentes, era ademais, na maioria dos casos, a única posibilidade de que o alumnado urbano puidese achegarse á lingua galega para adquirir unhas mínimas competencias. b) Eliminación das Galescolas (Escolas infantís para a etapa 0-3 anos) nas que era garantido un ensino maoiritariamente en galego (podía chegarse aos ⅔ de ensino en galego, non a un 100%, tal e como indica o goberno actual). c) Exención nas probas de selectividade na materia de lingua e literatura galegas para o alumnado que curse 1º de bacharelato no estranxeiro (mais obriga de examinarse de lingua e literatura castelá) d) Falta de apoio á publicación editorial en galego, o que derivou nunha redución drástica dos fondos dedicados a este aspecto. e) En canto ao profesorado tamén se produciron importantes reducións na necesidade de demostrar o coñecemento da lingua minorizada e propia de Galicia, xa que as probas de competencia en lingua galega deixaron de ser eliminatorias para o acceso ao funcionariado, incluído o docente, na comunidade autónoma. f) Redución do uso da lingua dentro da propia administración educativa, desenvolvendo accións contrarias á presenza da lingua minoritaria na documentación 8 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 9. oficial da comunidade autónoma e tendo cada vez máis presenza a documentación monolingüe en castelán expedida pola administración educativa galega8. g) A eliminación do galego nas novas tecnoloxías para o ensino: a. O mundo científico e tecnolóxico, máis vinculado ás TICs e tradicionalmente cun maior número de recursos relacionados con elas, impártese exclusivamente en castelán, co que non só se marxina o galego do mundo científico (a mensaxe é que as novas tecnoloxías falan en castelán) senón que se impide por esta vía a creación de material e recursos relacionados coas TICs, tanto no ámbito do profesorado que imparte estas materias (non poden elaborar material en galego para unha área que se imparte en castelán) coma no institucional (a Xunta non promove material en galego para estas áreas). b. A implantación do Proxecto Abalar9 provocou outro retroceso importante da presenza da lingua galega nas aulas. Os materiais que se incluíron no Servidor de Recursos da aula Abalar son moi escasos para todas as materias, e están maioritariamente en castelán. Sirva como exemplo que para a materia de lingua galega tan só hai no servidor dous recursos (moi, moi pobres) para a ESO. A Xunta non promoveu a creación de recursos TIC, e nin sequera se molestou en traducir ao galego o material que hai en castelán. Abandonouse a creación de material específico en galego, e mesmo na área de Lingua Galega e Literatura houbo unha desidia total. O uso de Internet nas aulas Abalar tamén supón unha marxinación do galego, pois tanto a prensa dixital coma as principais fontes de información ignoran por completo a nosa lingua; e non hai por parte da Xunta unha alternativa que tenda a compensar este desfase que converte o galego en invisible c. Os recursos que había ata agora no Portal Educativo da Xunta de Galicia, moitos deles en galego, foron retirados sen aviso ningún. Deste 8 Un exemplo claro disto está na documentación necesaria para solicitar os campamentos de inglés de verán que se ofrece só en castelán por ser xestionada por unha empresa de Madrid a pesar de emitirse pola Consellería de educación e dirixirse a familias da comunidade galega exclusivamente. 9 ABALAR é, en palabras da Consellería de Educación, “o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria”. 9 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • 10. xeito, proxectos coma o Proxecto Biosfera, que estaba traducido ó galego no Portal Educativo e dispoñible para o uso en Ciencias da Natureza, foron retirados e na actualidade para poder utilizar ese material de gran valor didáctico é necesario acudir ó portal do MEC, que ten ese material en castelán. E isto pasa nunha materia que aínda se imparte en galego; en Matemáticas e Tecnoloxía a ausencia de material en galego é total. h) Recortes orzamentarios para o fomento da lingua. No último curso houbo unha redución do 20% do orzamento destinado aos proxectos de fomento do uso da lingua galega que deseñan e desenvolven os Equipos de normalización e dinamización lingüística. En conclusión pódese dicir que houbo un claro retroceso da presenza do galego na educación infantil, primaria e secundaria a través do decreto vixente (se o decreto 124/2007 contiña deficiencias respecto aos compromisos asinados na Carta Europea, o novo decreto do 2010 presenta moitas máis por ser moito máis restritivo respecto aos dereitos da lingua minorizada, contendo propostas que entran en contradición e mesmo incumpren a Lei de Normalización Lingüística vixente). A filosofía que subxace de fondo é a eliminación de calquera iniciativa de "discriminación positiva" para o galego, xa que se parte de que é o castelán a lingua que sofre discriminación polo que as medidas do actual goberno diríxense a conseguir o "reequilibrio" co que supostamente acabou a implantación do decreto 124/2007. Para facer isto pártese do imcumprimento dos compromisos unánimes do Parlamento Galego recollidos no Plan Xeral da Lingua Galega de 2004 e adóptanse medidas como permitir que os pais e nais decidan a lingua ou asegurar que o galego nunca supere o castelán na carga lectiva, feito que redunda na discriminación histórica que sufriu o galego no ensino. Santiago de Compostela, 5 de xullo do 2011. Valentina Formoso Gosende (Coordinadora xeral da CGENDL) 10 Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística