Your SlideShare is downloading. ×
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil

125

Published on

Guía biográfica e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Guía biográfica e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
125
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Bebeteca Esmeralda Herba pequerrechiña que con medo surrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por qué de ser pequena te me avergonzas ti? O Universo sería máis pequeno sin ti! (Nimbos, Xosé María Díaz Castro) LETRAS GALEGAS 2014 Xosé María Díaz Castro (1914 – 1990) Biblioteca de la Diputación de A Coruña
  • 2. A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou dedicar, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas de 2014 a Xosé María Díaz Castro (1914–1990). . O presidente da RAG destacou a Díaz Castro como “un poeta clásico e telúrico”. Quen foi homenaxeado? Rosalía de Castro (1963), Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón Paz, Curros Enríquez, López Cuevillas, Antonio Noriega Varela, Valladares Núñez, Gonzalo López Abente, Valentín Lamas Carvajal, Manuel Lago González, Viqueira Cortón, Manuel Pintos Villar, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Antonio López Ferreiro, Manuel Antonio, Alfonso X O Sabio, Vicente Risco, Luís Amado Carballo, Manuel Leiras Pulpeiro, Cotarelo Valledor, Antón Losada Diéguez, Aquilino Iglesia Alvariño, Francisca H. Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza-Brey, Blanco-Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste, Xesús Ferro Couselo, Ánxel Fole, Martín Codax, Roberto Blanco Torres, Manuel Murguía, Eladio Rodríguez, Frei Martín Sarmiento, Antón Avilés de Taramancos, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Varela Vázquez, Manuel Lugrís, María Mariño, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro e Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño, Xosé María Díaz Castro (2014).
  • 3. Por que o 17 de maio? O 20 de marzo de 1963 Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da RAG, presentaron nesta institución que se declarase o 17 de maio de cada ano “Día das Letras Galegas” como data para recoller o latexo material da actividade intelectual galega. Ese ano celebrábase o centenario da publicación dos “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea. Propúxose o 17 de maio, ao ignorarse a data de publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía llo dedicou ao poeta Fernán Caballero. Por que Xosé María Díaz Castro? Porque, como dixo Ramón González-Alegre, director da revista Alba, Xosé María foi “un poeta de verdade”. A súa poesía salienta pola economía expresiva, depurada técnica, intimismo e, por un fondo espiritualismo cristián que se combina cun certo panteísmo. Facedor dunha poesía rural e labrega como é a vida dos seus veciños de aldea, a súa poética clásica, que se incluíu na célebre Xeración do 36, reflexiona sobre a existencia do ser humano, a relixión e a natureza. Tamén, Alfonso Blanco Torrado, non dubida en dicir que Díaz Castro é un dos poetas máis importantes da Galicia de posguerra. De feito, o seu libro Nimbos representa, segundo palabras de Méndez Ferrín, “un dos cumes da poesía galega posterior á guerra civil”, chegando a se converter nunha obra de gran influencia na poesía galega contemporánea, que con apenas medio século ás súas costas, xa se considera un libro clásico da poesía galega. Por outra banda, non podemos esquecer, tampouco, o seu gran labor coma tradutor. En definitiva, Díaz Castro contribuíu brillantemente a tornar máis visible a tradición literaria galega, e por iso se lle dedica este 17 de maio, o Día das Letras Galegas.
  • 4. Quen é Xosé María Díaz Castro? Xosé María Díaz Castro naceu, en febreiro de 1914, na parroquia dos Vilares (Guitiriz) no seo dunha familia labrega. Fillo de Isidro Díaz Calvo e María Manuela Castro López, foi o terceiro de catro irmáns (Antonio, María e Serafín). Estudou na escola “habanera”, ata ingresar no seminario conciliar de Mondoñedo en 1929. Foi chamado a filas pola súa quinta, e destinárono ao corpo de sanidade militar na Coruña. Despois dunha semana na fronte de Asturias, na Guerra Civil, pasou destinado á clínica militar do Hospital de Pontevedra. Pasados os anos da guerra volve ao seminario, pero só uns meses. Acada o título de bacharelato en 1945, e logo licénciase en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, especializándose en linguas modernas. Comeza, entón, a súa etapa de profesor de linguas no colexio privado León XIII de Vilagarcía de Arousa. En 1948 marcha para Madrid, onde traballou como tradutor no Ministerio da Gobernación. Máis tarde, exerceu en diversos organismos oficiais como o Consello Superior de Investigacións Científicas ou o Instituto de Cultura Hispánica, onde estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG. Entrementres, en 1954, aos 40 anos, casa con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, con quen tivo tres fillos, José Mari, Maite e Íñigo. Á súa xubilación, retornará a Galicia. Falece en Lugo en outubro de 1990. Con que obras conta? Gañador do primeiro premio de Poesía Galega nos Xogos Florais de Betanzos de 1946, Díaz Castro foi autor dun único libro, o poemario Nimbos (1961), que consta de 32 poemas agrupados en sete epígrafes. Neste libro reclama, sobre todo no poema Penélope, o espertar dunha Galicia durmida. Se ben, publicou poemas ou artigos de crítica e ensaio en diversas publicacións como Lluvia de rosas, Estafeta literaria, La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba, Ínsula ou Dorna. Ademais, deixou un amplo caudal de obra inédita, como os cadernos de poesía: Follas verdes e Follas ô aire, así como o poemario Sombras radiantes e Melodía. Por outra banda, Díaz Castro, foi un constante tradutor tanto ao español coma ao galego, e tamén desde estas dúas linguas a outras como o inglés e o francés, de textos poéticos de autores galegos como Rosalía, Iglesia Alvariño, Bouza Brey ou el mesmo. Este é o caso da colaboración coa profesora e crítica Françoise Pechère para compoñer o volume Terre d’Espagne, que inclúe un amplo abano de poemas galegos, vascos, cataláns e casteláns, coa pretensión de representar, a diversidade cultural de España.

×