Xosé luis franco grande

161 views
121 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
161
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Xosé luis franco grande

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Xosé Luís Franco Grande Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 5 de diciembre de 2012
  2. 2. Xosé Luis Franco Grande 1. Os seus primeiros pasos na vida foron dados en plena guerra civil e na inmediata posguerra. Que quedou na vida e na obra de Vostede daquelas circunstancias? Como lembra aqueles anos? Lembro vagamente, nuns casos, e moi vivamente noutros, as dificultades económicas máis elementais, por exemplo, un pan que chamaban de carioca, que nin os porcos o comían, así como as colleitas de viño que se perdían enteiras por mor de non haber por entón produtos efectivos contra as diversas enfermidades da viña. Tamén lembro que case nin había xoguetes, agás que os fixésemos os rapaces. E o peor de todo, porque se quedou gravado na miña conciencia para sempre: as prédicas dos xesuítas (a “misión” que lle chamaban) pintando o inferno de maneira que as boas xentes choraban. Un destes xesuítas (o P. Céspedes, que era de Carrión de los Condes), nunha sesión de auténtica paranoia, flaxelouse en público, no altar maior da igrexa de Santa María de Tebra (Tomiño), que era a miña parroquia, para que axente vise como se mortificaba. Nunca o poderei esquecer. Era o ano 1944, tiña eu oito anos 2. Naceu Vostede nun ambiente familiar intelectual. Ser fillo de mestres e mergullado naquel mundo de cultura e docente até que punto influíu en Vostede? Por que non se inclinou pola profesión dos seus proxenitores? Na miña família había grande respecto pola cultura, por saber, por ler. Meus pais non tiñan unha grande biblioteca, pero si libros que eu lin e que contribuíron a que logo seguise lendo. Entre eles estaba “Follas Novas”.Tamén o crego de Tebra, D. José Areal Bugarín –que foi meu profesor de latín mentres estudei “por libre”-, que me deixaba libros, axudou un pouco. Non seguín a carreira dos meus pais porque a miña vocación, moi clara por entón, eran as letras. Pensaba facer xornalismo, pero non puido ser porque meu pais non tiñan posibles para mandarme a Madrid. Empecei Filosofía e Letras en Santiago, que deixei axiña por Dereito, porque, por aquel entón, aquela Facultade nada tiña que ver coa Filosofía nin coas Letras.miércoles 5 de diciembre de 2012
  3. 3. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 3. Aquel mundo cultural, socio-político... dos anos cincuenta en Compostela foron os que determinaron o seu compromiso coa nosa cultura e co noso país? Que supuxo aquel fervor dos anos cincuenta e sesenta para o futuro de Galiza e da súa cultura? Que supuxo Para Vostede aquela “loita pola dignidade nacional de Galicia”? Xa antes de ir para Santiago eu tiña unha moi clara vocación galeguista. Influíra moito en min o meu oculista Antón Beiras (tío de X.M. Beiras, a quen ía coñecer moi logo en Santiago, no ano 1954) que me deixou moitos libros que eu non podía atopar nas librerías, que tivo moitas conversas comigo sobre Galicia, a súa lingua, a súa cultura e os seus problemas en xeral. Por iso, eu cheguei a Santiago en procura de algo que estaba no ambiente, se ben non tiña moi claro que era. E un día, a primeiros do curso 1954-55, coñecín a Ramón Lugrís, a Gonzalo R. Mourullo, a Baliñas, AS Vidán Torreira, a Perejil e outros moitos, como xa teño referido no meu libro “Os anos escuros” . E con eles a homes da xeración anterior –Ramón Piñeiro, Garcia Sabell e outros- e aínda da anterior á destes, como D. Ramón Otero Pedrayo. De xeito que alí tiven a sorte de vivir entre xentes das tres xeracións: isto foi unha sorte, un verdadeiro privilexio. E penso que foi D. Ramón Otero Pedrayo, coa súa fina intuición, o que primeiro viu que naqueles anos estaba collendo feitura unha nova xeración galeguista –a da continuidade. Díxoo moi claramente en 1957 no Circulo Mercantil de Santiago. Supuxo para min aquel ambiente verme no eixo da reconstrución do galeguismo que Franco e o seu réxime coidaron acabado. Cousa curiosa: a maioría daqueles rapaces de entón eramos fillos de mestres, a clase máis perseguida pola represión franquista. Non todo estaba atado e ben atado. O que veu despois –o asociacionismo dos anos sesenta e setenta- foi continuidade, por toda Galicia, do que en Santiago comezamos. En realidade, se confrontamos as actividades iniciais de Santiago coas das asociacións posteriores, vemos que son practicamente as mesmas, e aínda desenvolvidas polas mesmas persoas (Rodríguez Pardo, García Bodaño, eu mesmo) incorporadas agora ás directivas desas asociacións. 4. Tan mal se enxergaba a situación do noso idioma para que Vostede, un estudante de Dereito, se mergullase nos anos sesenta na lexicografía do galego e dar á luz un dicionario tan empregado até os anos oitenta? Unha cousa nada ten que ver coa outra. Fixen ese dicionario porque mo pediron como unha especie de acto de servizo ao país. Foron Piñeiro e Paco del Riego, coa historia de que como eu–segundo eles dicían- era un home disciplinado faría o traballo nun tempo moi escaso (coido que seis meses), porque querían que “Galaxia” sacase o dicionario antes do que Leandro Carré –xa que había noticias de que este o pensaba sacar axiña. Esa é toda a historia.miércoles 5 de diciembre de 2012
  4. 4. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 5. Vostede deuse a coñecer na nosa lírica naquelas “Festas Minervais” que tan boas plumas forneceron para a poesía galega. Que nos podería contar daquel Certame? Como se sentiu ao ser recoñecido nun certame que antes e despois gañaron célebres escritores e escritoras galeg@s ? Paréceme que foi un revulsivo na medida en que era por entón o único certame universitario, o único, que eu lembre, que incluía a lingua galega (se ben non ao principio) e porque chegou a ter dimensión popular pode que pola solemnidade con que sempre se celebrou. A vaidade nunca foi o meu forte. Eu servín ao meu país dende moi diversos postos. E sígoo facendo hoxe. E así seguirei mentres teña folgos 6. Sabemos que da súa pluma saíron varias pezas teatrais, mais por que Xosé Luis Franco Grande soamente se fala da de “Vieiro choído”? Moi sinxelo: nunca me pareceron boas. 7. Sempre recoñeceu que a súa profesión lle impedira dedicarse de cheo á literatura, o “manter a relación cos lectores e dicirlles que aínda está vivo”. Canto queda escrito e aínda por escribir por Vostede? Non lle gustaría mergullarse na narrativa ou hai algo entre mans deste xénero literario? O feito, está feito. O que estea por vir é un arcano. Sigo traballando. Acabo de rematar un novo libro: “Outra política para outros tempos”, sobre federalismo, ou sexa, sobre unha posible solución federal para Galicia e para España. Custoume moito traballo, aínda que é un libro máis ben breve. Iso quere dicir que vou vello e que cada día custa máis escribir. Faremos o que se poida. Pero non deixa de ser curioso verificar que nos anos cincuenta federalistas en Galicia eramos Piñeiro, Lugrís, pode que Beiras e non sei se Gonzalo R. Mourullo. Agora tododiós é federalista, incluídos o señoritos de ”El País”, que está descubrindo, con moito retraso, o federalismo. 8. A súa frase “Alégrame ter sido un elemento de concordia e non de discordia” segue aínda a ter vixencia? Xamais tivo que remar a contraconrrente e converterse en alguén incómodo para outras persoas por moita concordia que pretendese? Asi é –o que non quere dicir que non sexa moi polémico no que digo ou escribo, pois teño o vicio de dicir o que penso, xa que non teño votos que recadar ni xefe do que dependa. Ou sexa, son un home libre. E ben sei que ás veces digo, ou escribo, cousas que proen. Pero a quen lle proa, que se rasque.miércoles 5 de diciembre de 2012
  5. 5. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 9. O personaxe de Ramón Piñeiro sempre está omnipresente nos persoeiros das nosas letras e do galeguismo de antes e mesmo despois da entrada de democracia. Tan forte foi o seu pensamento e o seu adoutrinamento? Xosé Luis Franco Moi forte e determinante. Os libros de Miguel Barros e de Xesús Alonso Montero, así como o de Xosé Manuel Dasilva, iluminan o problema. Estes son traballos serios, non sectarios. Son de agradecer. Grande 10. Cando a alguén o nomean “Fillo predilecto” do seu pobo sente que xa tocou o ceu ou iso é un pulo máis para seguir o vieiro polo que o recoñecen a un? O de “fillo predilecto” foi unha cortesía, que agradezo moito, duns rapaces de Tomiño moi simpáticos e dunha alcaldesa que debera seguir na alcaldía de Tomiño moitos, moitos anos. Esas cousas non son “o meu natural”, que dicía un veciño meu de situacións que non lle gustaban. Pero non podía negarme e refugar un nomeamento no que moitas persoas puxeran tanta ilusión. Isto tampouco sería “o meu natural”. 11. Non podiamos deixar de lado un tema profesional no que Vostede se viu inmiscido e que tanto balbordo está a montar na actualidade. Vostede nalgún momento foi asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo. Que nos podería falar da situación anterior e presente do sector bancario e, por que non, da desaparición desa tan sobranceira caixa viguesa? Na situación anterior, a Caixa de Vigo foi unha entidade solvente, ben administrada e moi útil á sociedade galega. Os problemas, para min, empezaron coas fusións, sempre empuxadas, e ás veces forzadas, polos políticos inútiles que tivo e ten Galicia. E a guinda foi a fusión con Caixa Galicia: a Xunta pensaba que ía ter un banco ao seu dispor fusionando esas entidades, e o que obtivo foi unha catástrofe para o país por non ter idea da realidade ou, mellor, porque da realidade só vían o que a eles lles interesaba e estaban cegos para o demais (unha situación financeira que non aconsellaba ningunha fusión). Principal culpable: a Xunta, unha Xunta de inútiles que lle está saíndo moi cara ao país. Pero que o país segue votando. ¡Manda carallo!miércoles 5 de diciembre de 2012
  6. 6. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 12. Nas nosas terras estradenses aínda resoan aquelas palabras reivindicativas a prol do noso idioma que Vostede pronunciou cando lle entregaron o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e que o propio Secretario Xeral de Política Lingüística tivo que escoitar. Segue a mantelas íntegras ou ben aínda lle quedarían cousas que reivindicar perante os órganos que deberían dar ao noso idioma o estatus merecente? Claro que seguen vixentes. Dixen entón, se mal non lembro, que os nosos políticos de hoxe son monicreques, non políticos. E con monicreques non hai moito futuro. 13. E para finalizarmos, como enxerga Vostede o futuro do noso idioma e da nosa literatura? Penso que o futuro de galego depende dunha boa política lingüística, que non hai, porque non lle interesa á Xunta. (Tampouco fixo neste sentido unha boa política o bipartito, non o esquezamos). E non lle interesa porque, dende o presidente ao último monicreque –o de Cultura, por exemplo- son uns ignorantes absolutos; non saben nada de Galicia; non teñen a menor idea do que significa unha lingua propia; Galicia non lles importa o máis mínimo. Para eles, Galicia e a súa autonomía redúcense a un tingladiño que serve para ter nas mans uns fíos que moven a certas marionetas. As Deputacións sérvenlles para un fins determinados, por iso as defenden, e a autonomía para outros, e por iso non se opoñen a ela. Pero baléirana de contido canto poden ou lles esixa Xénova. O que importa é manter o tingladiño. Nesas circunstancias, e mentres non saibamos cambialas, o futuro é imperfecto, por suposto. Pero un aprendeu de pequeno do filósofo danés, Sören Kierkegaard, que a fe é a máis alta dimensión do ser humano. Hai que manter esa fe, a fe creadora, a fe que cómpre para calquera empresa grande (e aínda para as pequenas). Xosé Luís Franco Grandemiércoles 5 de diciembre de 2012
  7. 7. A R IO IO N ES T CUmiércoles 5 de diciembre de 2012
  8. 8. Un personaxe galego e Un p a obra un estranxeiro? ficci ersonax unh ón c o qu e de cien /-a e gos? Ramón Piñeiro – e se i cia- a utor gale Albert Camus. dent /ha raria ifiqu Un lite N ovas Con e? . Fo llas ning os alía Unh a pel ún. R ícula ent o Son de ci ne um l? dema n mo tábe siada Un lien os os Unha obr a teatral? boas s as sa as iad Son dem asiadas a d em s. boas. s S on bo a obr a u nh s? Cal é a sú - a e xeiro a fonte d u t or/ ran sía . inspiraci e a a ia est Poe A vida (a ón? n/h erar U it súa al a esperan egria, a tristura, l e –A za, a inc os soños, ilk erteza, a .R R.M do ser hu fraxilida mano...) demiércoles 5 de diciembre de 2012
  9. 9. ? Un feito histórico? Un lugar para visitar? e ut opía a Unh licia Ilustración e a un lugar para descansar? a Ga Revolución Unh lega Calquera ga Francesa Un tipo de músi Unha ca ca? Un l nción? ugar axeit Clásica- Outro entretemento lectu ado para A terceir ademais da literatura? ra? a Sinfoní a Calq (Beethov a Coidar as miñas viñas uera en) de albariño. ? Un/h b ano a quen autor/- l/ur ? rura taña se id a con ? ndo mon entif eal izar Mu Pode ique P raia / on se comb que c ? eio por r ro e ativo o Camus anc que s. N . odo úen de cl e buscad Un ibir o que a r T arida or e scr q uixe e xcl de. Poder o o que todmiércoles 5 de diciembre de 2012

×